01. Proposta de ditame para a Comisión informativa especial de contas
02. Certificacións bancarias de saldo
07. Conta de resultado económico-patrimonial
08. LIQUIDACIÓN INGRESOS E GASTOS
9. Estado de mudanzas no patrimonio neto
Ildefonso Piñeiro Díaz. Artigo publicado no seu día en La Voz de Galicia. Edición Lemos. O autor foi concelleiro en Chantada durante máis dunha década e tenente de alcalde polo BNG entre 2007 e 2011. En 2015 deixou a primeira liña da política local, aínda que participou na campaña de Por Chantada-CUP.
Ás veces cando non coñecemos a orixe dunha frase, dunha expresión, dun dito, achacámosllo a ¨aquel¨ , como ¨aquel¨ que dixo, que dixo aquel. Se aínda así non queda claro, dicimos que é un proverbio chinés. Así que vou comezar este relato cunha verdade coma un templo que seica é unha sentenza desa nacionalidade: ¨a primeira vez que me enganes a culpa é túa, a segunda é miña…”. Eu engado que se me contas varias veces a mesma milonga, teño a obriga de, polo menos, tentar demostrar que o que dis non é certo.
As falsidades, as medias verdades ou simplemente dicir o que me convén, por moito que se repitan, nunca se poden converter en verdades. Unha verdade é unha verdade dígaa Agamenón ou o seu porqueiro.
A estas alturas, ao mellor, estámonos preguntando a que ¨corafio¨ vén esto.
Pois vén a propósito das herdanzas, o soniquete que nos repite día sí e día tamén o recén elixido alcalde de Chantada. Non se cansa de dicir que recibiu unha ¨rémora¨, economicamente falando, do anterior goberno municipal, do bipartito que gobernou Chantada unha lexislatura, si, digo ben, unha lexislatura, catro anos, no período 2007-2011. E quero desde este medio aclarar algunhas cousas … e por suposto falar de herdanzas.
En primeiro lugar lembrar que este alcalde gobernou en Chantada desde o ano 1996 até o 2007 baixo as siglas do Partido Popular, unha obviedade, pero como desde hai anos que Manuel Varela non milita nel, parece querer esquecer. Axudémoslle a facer memoria e analicemos algúns datos, non como defensa senón como algo para que se saiba, despois cada quen que saque as súas conclusións. Por certo, o que vou dicir, non o digo eu, dino todos os informes que son públicos e que se poden consultar no Concello, no Ministerio de Facenda, ou no Consello de Contas.
Entre 1996 e 2003, todos sabemos quen gobernaba este municipio, el parece que quere esquecelo , e segundo informes do Consello de Contas, o Concello non rendeu as súas contas nese período. No ano 1999, hai un balanzo negativo de máis de 9 millóns (aínda se contaba en pesetas).
No ano 2001, hai un resultado orzamentario negativo. Prevense uns ingresos de 734 millóns de ptas, contráense obrigas, é dicir, gastan 778 millóns e o curioso e que só se recadan 575 millóns. Hai que dicir tamén que se recoñecen extraxudicialmente máis de 268 millóns de ptas.
No ano 2002 aparecen 16 millóns de ptas de exceso e iso supuxo un gasto a maiores. Neste ano o Concello non respectou os seus propios acordos, non hai máis que ver os múltiples expedientes de modificación de créditos e de préstamos de investimento sen ningunha contrapartida de investimento produtivo. Revisando as X.G.L. da época poderémonos dar conta de que nin sequera respectaron os seus propios acordos. Díxose daquelas que ¨sobre algunhas facturas volverase facer unha investigación exhaustiva para averiguar a efectiva débeda cos provedores, dado que á maioría delas fáltalle a conformidade á realización da obra ou a prestación do servizo. Curioso, empezábanse a facer obras e ninguén asinaba. Isto chegou até o ano 2006.
Independentemente da cuestión numérica, o certo é, que se investiron arredor de 550 millóns de ptas no ano 2001, pero resulta que no 99, 2000 e 2001, anos de goberno de Manuel Varela, non o esquezamos, aínda que el pretende facelo, contratáronse débedas por importe duns 400 millóns de ptas. Non lles parece excesivo? Eran os tempos dos cementos nas airas, nas adegas particulares, nas curradas, nos galiñeiros, e vaia vostede a saber onde. Eran os tempos en que ¨toda a terra era País”.
No ano 2003 aparece unha débeda de case 2,4 millóns de euros. O aumento dos investimentos non se equilibran como aumento de ingresos. No servizo de intervención sinálase que habería que facer axustes nos gastos de persoal, xa que deberían aumentar só nun 3,5% o que supoñía unha cantidade de 63.000 euros, pero sóbense 123.000. Non se fixo política de contención do gasto porque non se axustaron ao incremento do IPC. Se se fixese poderíanse aforrar uns 243.000 euros e serían innecesarias a suba do IBI, a nova ordenanza da plusvalía e a suba da taxa de recollida do lixo. Lémbranse de aquilo? non era daquelas o alcalde de Chantada Manuel Varela? Pediuse a todos os chantadinos pagar máis para recibir menos.
Pero, aínda hai máis. Lembremos un pouco o pasado para tratar de entender o presente para resolver o futuro. No ano 2005 hai un remanente de tesourería negativo de máis de 1,8 millóns de euros e un aforro neto negativo, moi negativo de 678.897 euros.
O Consello de Contas aconsellou, ditaminou, propuxo, e por suposto non se lle fixo caso, que o Concello se atopaba no suposto previsto polo artigo 53.1 da LBRL e que se debería aprobar un plan de saneamento financeiro nun prazo non superior aos tres anos. Por suposto non o fixeron, quen era o responsable daquela desfeita?. El non o lembra, nós si.
No ano 2006 vólvese a presentar un remanente de tesourería negativo de máis de 1,75 millóns de euros e por riba non se adoitan as medidas previstas no artigo 174 da LBRL, é dicir, proceder á redución de gastos no novo presuposto.
E chegamos por fin ao ano 2007. Ese ano houbo cambio de goberno, e atopámonos cunha débeda de case 7 millóns de euros. Así como soa. Unha débeda que se pode ver no seguinte cadro, e insisto, os datos pódense comprobar, son públicos:
As arcas municipais precisaban dun plano económico e financeiro xa que a liquidación dos diversos orzamentos incumprían o obxectivo de estabilidade orzamentaria. Cando o aforro neto é negativo, no noso caso supernegativo, está establecido, e vouno repetir, porque o establece a lei, que o deber do Pleno é aprobar un plan de saneamento. Nada disto se fixo. Gastouse máis do que se recadaba, e foi unha práctica habitual durante moitos anos. Como canta o proverbio, “come a gusto e pracenteiro, e que xexune o teu herdeiro. É dicir, como bos debedores burlaron aos seus herdeiros pero non aos seus acredores.
Como definirían esta herdanza?, deixo o cualificativo para os lectores, e teñen razón os que están a pensar por que non o dixestes antes. Nunca falamos de herdanzas, había moito que facer e pouco tempo que perder. Non vou lembrar aquí os logros do bipartito, dentro dalgún tempo alguén o reivindicará. Eu sempre o fixen e o seguirei a facer.
Con esta situación, herdanza, que se fixo?. No ano 2009 o goberno de coalición subscribe un crédito duns 606.000 euros para facer fronte ao pago de facturas atrasadas.
Do ano 2006 apróbanse de xeito extraxudicial 8.117,01 euros.
Moitas das facturas dubidosas de 2006 e 2007 ían ser revisadas para detectar anomalías e poder seren aprobadas en plenos posteriores (había facturas dos gobernos de Manuel Varela que non eramos capaces de aclarar, e debo de dicir, que nin el mesmo era capaz de facelo, non sabia de facturas de traídas de augas, de portas polas que se cobraban auténticas barrabasadas, ou da multitude de facturas que el mesmo tivo que conformar nas oficinas do Concello cando xa non exercía coma alcalde. Isto lémbrollo eu porque fun testemuña visual da sinatura desas facturas (pasou varios días asinando). O propio Manuel Varela, xa na oposición, con algo de cara dura, preguntou ao equipo de goberno por que non se liquidou todo o do ano 2006 e 2007 para deixar eses anos limpos, pero en calquera caso, valorou positiva a medida porque permitía emendar deficiencias de anos anteriores, e concluíu afirmando que o seu grupo ía votar a favor para aprobar o expediente por unanimidade, xa que parte desa facturación corresponde á súa etapa de goberno (acta de pleno de 21-07-2009)
Do ano 2007 apróbanse 245.149 euros
Deste ano, segundo o servizo de intervención, a débeda dividiuse en dous semestres, o primeiro do goberno popular de M. Varela e o segundo semestre do goberno de coalición (datos de intervención, non o dicimos nós): a débeda do goberno de coalición neste período era de 63.157 euros).
Son curiosas as recomendacións que se fan chegar nun informe de intervención desa época e que di:
¨A rebaixa do gasto público, deberá pasar por unha rebaixa drástica de gasto corrente (combustíbeis, gastos telefónicos, enerxía eléctrica, aluguer de maquinaria, pequenas reparacións, comidas do obradoiro de emprego, pinchos de todo tipo, comidas festas, comidas varias, comidas protocolarias, comidas de bandas de música, máis comidas, etc)¨.
Ben, pois segundo os datos que se poden consultar, públicos, o goberno de coalición fechou a súa andaina no ano 2011 co seguinte balanzo económico, é dicir, así lle deixamos o Concello:
Isto que significa?:
1.- Que a herdanza que recibiu de Manuel Varela (negativa) o goberno bipartito foi de case 7 millóns de euros (6.927.365 euros por ser exactos). Manuel Varela gobernou 11 anos consecutivos desde 1996, a través dunha moción de censura, até o ano 2007 arrastrando todos os ¨pufos¨ que se levan comentado.
2.- Que o goberno bipartito reduciu esa débeda en case 3 millóns de euros (2.790.493 euros) en só catro anos de goberno facendo máis investimentos ca nunca, mesmo descontando o Canon Eléctrico que por fin cobrou Chantada. Non está mal para só catro anos, pero iso tamén o deben de dicir vostedes. O importante non é reducir a débeda a calquera prezo, o importante é garantir que o que se gasta é para beneficio de Chantada porque gobernar non é simplemente xestionar o existente. Gobernar é ante todo a asunción dun compromiso: abordar os problemas da xente e comprometerse na procura de solucións. Defender os intereses da xente é concibir o goberno como instrumento de transformación para mellorar a calidade de vida e conquistar a igualdade. Gobernar non é o mesmo que mandar. Gobernar é escoitar á cidadanía, atender as súas demandas, facer fronte ás súas necesidades, ser próximos aos seus problemas e ser transparentes nas actuacións. Analicen vostedes os derradeiros catro anos de goberno de Manuel Varela .
3.- En facturas pendentes de pagar, a nosa herdanza foi de uns 3,5 millóns de euros fronte a uns 1,6 millóns que nós deixamos.
E este dato de onde sae:
No ano 2011, volve gañar as eleccións Manuel Varela e, sendo alcalde, no ano 2012 o Concello acóllese a un plan de axuste para o pago a provedores, un mecanismo do goberno central para o pagamento de facturas, ou sexa, o Concello pedirá un crédito para pagar as súas débedas cos provedores. En si, e por facer unha paréntese, xa daquelas dixemos que ese plano non ía supoñer unha axuda aos concellos senón que abría a posibilidade de pedir un crédito que deberemos devolver os cidadáns cumprindo un plan de saneamento feito en función dese préstamo. O que se fixo, unha vez máis, foi favorecer o enriquecemento da banca.
Pero, non nos vaiamos do tema, como se comenta, o Concello pide un crédito por valor de 2.575.468 euros para facer fronte as facturas que quedan pendentes de pago, e (oh casualidade!) se lle botamos unha ollada a acta do Pleno de 14 de marzo de 2012, onde se aproban por unanimidade esas facturas, vemos que 1.636.872 euros é a cantidade que queda pendente da etapa do goberno bipartito e que 938.596 euros pertencen a etapas de goberno de Manuel Varela. Demostrando que a herdanza en facturas é bastante máis pequena do que anda a dicir o actual alcalde de Chantada.
Como remate analicemos a derradeira conta publicada no Consello de Contas de Galiza, analicemos os datos da conta xeral correspondentes ao ano 2013, conta que se presenta no Consello de Contas de Galiza o 14 de outubro de 2014, ou sexa, despois de tres anos de goberno de Manuel Varela, e que podemos ver no seguinte enlace:
http://www.rendiciondecuentas.es/VisualizadorPortalCiudadano/VisualizadorEstadosPortal.jsp
Segundo este informe a débeda do Concello de Chantada referida ao ano 2013 (último ano fiscalizado) é de:
1.- Acredores a longo prazo: 3.951.568.09 euros
Dividida en débeda a longo prazo con entidades financeiras e con outras entidades:
(públicas ou privadas)
1.1- Débedas con entidades de crédito: 1.483.136,81 euros
1.2.- Outras débedas: 2.465.931.28 euros
2.- Acredores a curto prazo (facturas e outras): 1.773.924,02 euros
TOTAL: 5.725.492 euros
Como se comentou, no ano 2012 pídese un crédito para facer fronte á débedas adquiridas en anos anteriores (2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011).
A débeda a longo prazo (aos bancos) está incluída nesta dación de contas, e suman eses case catro millóns de euros. Lóxico, se se pide un crédito aumenta este concepto, pero, por outra banda, se a débeda a curto prazo (facturas) se paga no 2012 e queda a cero, un ano despois, é dicir 2012 – 2013 o Concello, alcalde Manuel Varela, adquiriu débedas en facturas por valor de 1.773.924 euros. Non o digo eu, dío o propio Consello de Contas á vista das propias contas do Concello.
Como se comentou, as conclusións deben sacalas vostedes, os datos están para ser vistos, confirmados, cotexados, analizados e amparados en documentos públicos.
Se Manuel Varela quere falar de herdanzas, falemos de herdanzas, pero non só das que lle conveña en cada caso, falemos do que fixo cada quen cando lle tocou facelo e analicemos 15 anos de goberno de Manuel Varela e catro anos de Goberno Bipartito. Iso é o xusto e non botar só a porcallada cara a onde che convén, estimado Alcalde.
Ti fuches responsable, en grande medida, da situación da que agora te queixas. Non o esquezas, porque se o fas corres o risco de volver a repetila
Dixen que non ía sacar conclusións, pero permítanme que sexan só dúas as que faga, ¨pódese enganar a algún todo o tempo, pódese enganar a todos algún tempo pero non se pode enganar a todos todo o tempo…. como dixo ¨aquel¨
Bien se puede perdonar a un hombre ser necio una hora, cuando hay tontos que no lo dejan de ser una hora en toda su vida… Francisco de QUEVEDO
Nota previa: esta é unha reconstrución aproximada a partir da relación de facturas que se nos remite para o control do Goberno local. Daquela, poden existir outras facturas que non explicitan ou que non é doado relacionar coa Feira do Viño stritu senso polo que esta relación será sempre inferior ao realmente dedicado á Feira do Viño de 2016 e, xa que logo, é orientativa e ten por obxecto a información da cidadanía e nunca debe considerarse como unha listaxe completa nin taxativa. De feito, seguramente aínda haxa facturas pendentes de aprobación e recoñecemento. Na pregunta que formulamos en pleno díxosenos que se barallaba un orzamento aproximado de 50.000€.
Lamentamos profundamente ter que facer nós este traballo e exercicio de transparencia que debería ser esixíbel a calquera goberno eleito democraticamente.
#SomosAlternativa #CUPChantada
Empresa e ou concepto | Partida Orzamentar | Cantidade € | Data e órgano que aproba a factura | Número da factura |
Val do Asma | 330.227.99 | 400 | XGL 05/04/2016 | 792 |
Garrafon.com | 338.226.09 | 750 | XGL 05/04/2016 | 757 |
Coctel premios Feira | 330.226.01 | 2.475 | XGL 05/04/2016 | 771 |
Premios feira | 330.226.01 | 605,59 | XGL 05/04/2016 | 774 |
Sermos Galiza | 330.226.02 | 605 | XGL 05/04/2016 | 775 |
La Voz de Galicia | 920.226.02 | 847 | XGL 05/04/2016 | 738 |
Madeira para caseta | 330.226.09 | 718,99 | XGL 05/04/2016 | 776 |
Radio e aluguer vados publicitarios | 330.226.02 | 4175,71 | XGL 05/04/2016 | 778 |
Trebol Musical S.L. | 338.226.02 | 8833 | XGL 05/04/2016 | 782 |
Yucatan e carpa | 338.226.09 | 7260 | XGL 05/04/2016 | 783 |
El Correo Gallego | 330.226.02 | 617,10 | XGL 05/04/2016 | 784 |
Ineditors Grupo Towers | 338.226.02 | 242 | XGL 03/05/2016 | 797 |
El Progreso | 330.226.09 | 299,99 | XGL 03/05/2016 | 804 |
Radio Popular | 338.226.02 | 1.210 | XGL 03/05/2016 | 823 |
Charleston Big Band S.L. | 338.226.09 | 4.658,50 | XGL 03/05/2016 | 830 |
Asociación cultural DR. Anchoa | 338.226.09 | 900 | XGL 03/05/2016 | 831 |
Asociación cultural charanga N.B.A | 338.226.09 | 1.500 | XGL 03/05/2016 | 832 |
Campo Galego | 338.226.02 | 133,10 | XGL 03/05/2016 | 833 |
Radio Faro (SER) | 338.226.02 | 1.107,15 | XGL 03/05/2016 | 898 |
Galicia Confidencial | 338.226.02 | 242 | XGL 03/05/2016 | 901 |
Sociedad Española Radiodifusión S.l. | 338.226.02 | 1.017,25 | XGL 03/05/2016 | 906 e 907 |
Beta MLJ S.L. | 338.227.99 | 1.222,10 | XGL 03/05/2016 | 911 |
El Progreso | 338.226.02 | 726 | XGL 03/05/2016 | 912 |
Vicente Diéguez Simón | 338.227.99 | 2.348,61 | XGL 03/05/2016 | 914 |
La Voz de Galicia | 338.226.02 | 556,6 | XGL 03/05/2016 | 921 e 922 |
V Televisión | 338.226.02 | 370,56 | XGL 03/05/2016 | 923 |
La Voz de Galicia | 338.226.02 | 1.681 | XGL 03/05/2016 | 924 |
José Gallego Álvarez | 338.226.09 | 6.751,80 | XGL 03/05/2016 | 845 |
La Región | 338.226.02 | 786,50 | XGL 03/05/2016 | 867 |
Sagon S.L Publicidad | 338.226.02 | 665,50 | XGL 03/05/2016 | 884 |
UNIPREX S.A.U | 338.226.02 | 338,80 | XGL 03/05/2016 | 893 |
Tecniart Galicia S.L. | 338.226.02 | 1.996’44 | XGL 07/06/2016 | 927 |
Sar Comunicaciones XXI | 338.226.02 | 363 | XGL 07/06/2016 | 928 |
La Opinión Coruña S.L. | 920.226.02 | 242,02 | XGL 05/07/2016 | 956 |
Erp publicidad S.L. | 338.226.02 | 235,95 | XGL 06/09/2016 | 1376 |
Actualizado en 22/09/2016 ás 11:11.
Confira tamén outros artigos relacionados:
As contas do concello I: o financiamento da imprensa
As contas do concello II: o gasto telefónico
As contas do concello III: canto gasta o concello de Chantada en festas?
As contas do concello IV: gastos repetitivos e periódicos
Mediante o Decreto da alcaldía 57/2016, de 5 de abril de 2016, apróbase a seguinte retención de crédito para gastos repetitivos e periódicos para a anualidade presente. En aras de ir clarificando as contas municipais, reproducimos o contido de dito decreto no que figuran algunhas partidas que figuran mes a mes na relación de facturas aprobadas en Xunta de Goberno.
Preme en seguir lendo para veres o decreto ou confíreo en pdf aquí: Decreto alcaldía 57_2016 Retención de crédito gastos repetitivos e periódicos
Desde a candidatura de unidade popular Por Chantada xa fixemos públicas as contas da nosa campaña no seu momento (podes consultalas aquí: Os números da nosa campaña). Agora queremos facer público o que percebimos mediante subveción aos grupos políticos para relacións coa cidadanía desde o concello e mais as dietas que cobra o noso concelleiro en aras da transparencia.
A continuación introducimos unha táboa que sintetiza o percibido por cada grupo cada ano da lexislatura.
Grupo |
2015 |
2016 |
2017 |
2018 |
2019 |
TOTAL |
INTA |
4.850 |
5.400 |
2.700 (6 meses) | |||
PSOE |
2.725 |
3.000 |
1.500 (6 meses) | |||
PP |
2.675 |
2.400 |
1.200 (6 meses) | |||
Por Chantada-CUP |
0 |
1.800 |
900 (6 meses) |
Dietas percebidas polos concelleiros desde o 2º Semestre de 2015 até o 31/06/2017 |
||||
Nome |
Plenos |
XGL |
Comisións |
NETO |
José Castor Novoa Fernández |
17 |
46 |
23 |
4.550,1 |
Cándida Carnero Blanco |
15 |
47 |
22 |
5.589 |
Manuel Diéguez Carballo |
14 |
38 |
12 |
4.374 |
Pamela Fernández Águila |
16 |
46 |
13 |
5.151,6 |
Diego Otero Veiga* |
5* |
6* |
656,10* |
|
Juan A. Diéguez Fernández |
16 |
25 |
2.435,4 |
|
Raquel López Rodríguez |
16 |
26 |
2.430 |
|
María Jesús Rodríguez López |
15 |
19 |
2.016,5 |
|
Héctor Ledo Rodríguez |
13 |
3 |
1.093,5 |
|
Francisco J. Rodríguez Medela |
18 |
26 |
2.211,3 |
|
M. J. Goyanes Cereijo |
13 |
1 |
996,3 |
|
Antom Fente Parada |
14 |
12 |
1.603,8 |
|
* Só percibe dietas até a data en que comeza a percibir a dedicación parcial, por seren percepcións incompatíbeis, a partir da cal deixa de asistir tamén ás Comisións. Por esa mesma razón o alcalde non figura nesta táboa. |
Como acaba de facer público EuropaPress o concello de Chantada é un dos concellos galegos que máis gasta en festas, en proporción ao seu orzamento. E iso que os datos que oferece EuropaPress son de trazo groso sen teren en conta que hai gastos no Orzamento de 2014 ou de 2016 que, vinculándose a festexos, non figuran na partida orzamentar específica de festas. Así pois, desde Por Chantada pareceunos atinado aclarar, na medida do posíbel, canto gasta o concello de Chantada por este concepto, así como reiterar as advertencias que temos feito de que estes gastos non se corresponden coa incidencia económica dos festexos xa que non é unicamente cuestión de cartos senón de enfoques.
Segundo EuropaPress, con datos facilitados polas entidades locais ao Ministerio de Facenda a 30 de decembro de 2015, o concello de Chantada destinou 15’60€ por habitantes neste concepto fronte aos 5’24€ que destinou Monforte de Lemos, os 6’16€ do Saviñao ou os 7’91€ por habitante de Taboada. Carballedo destina 12’33€. Así pois, Chantada é o concello da redonda cunha partida maior na aplicación orzamentaria 338 de Festas e festexos, só superado en gasto por habitante neste capítulo por Pantón (25’59€).
A continuación inserimos o mapa tirado do site da EuropaPress para que podades ver os valores nos diferentes concellos. No caso de Chantada, é evidente que o gasto non semella corresponderse nin cunha actividade cultural ben planificada, diversa e variada nin con eventos multitudinarios ou, cando menos, máis concorridos que os de outros concellos da zona (é máis as festas patronais non deixan de perder asistencia ano a ano, incluído o día do Folión de carros a unha hora intempestiva).
https://epinternet.cartodb.com/viz/681653c8-d620-11e5-8363-0e674067d321/embed_map
O gasto en festas e festexos no ano 2016
A continuación, queremos afinar máis os datos anteriormente empregados, xa que dispomos do Orzamento para 2016, contra o que apresentamos alegacións, coas súas diversas partidas. Os gastos relacionados con festas e festexos recóllense fundamentalmente en dúas grandes partidas orzamentarias dependentes da área de Cultura do concello de Chantada. Para 2016 os datos son os seguintes, segundo o orzamento:
Concepto |
Partida orzamentar |
Gasto (en euros) |
Administración xeral de cultura | 330 | 172.323,23 |
Festas e festexos | 338 | 123.300 |
TOTAL | – | 184.623,23 (21’58€/hab.) |
Porén, sería desmesurado imputar todo o orzamento da área de cultura a festas e festexos. Na Conta Xeral do 2014 obsérvase tamén un maior gasto na área de cultura como consecuencia dos xuros e a débeda asociada con gastos feitos en festexos doutras anualidades que aínda estaban sen pagar.
Desgranando a súa composición o lector pode xulgar que se pode ou non imputar a a este concepto, ao que habería que sumar a promesa de restituír no 2016 a subvención de 150€ por parroquia e ano para festas (como “medida estrela” para o rural da administración Varela, o cal xa se califica por si mesmo e ascendería a 5.400€ se as 36 parroquias do concello se acollen a esta medida- non está aínda dotada a correspondente partida de “A institucións sen ánimo de lucro” con eses cartos):
Concepto |
Gasto (en euros) |
|
Administración xeral de cultura (P.O. 330: 3’12% do Orzamento 2016 e 20’14€ por habitante) |
||
Soldos e complementos |
49.823,23€ |
|
Aluguer edificios e maquinaria |
3.000€ |
|
Prensa e publicidade |
23.500€ (14.900€ en 2014) |
|
Comida e protocolo |
2.500€ |
|
Teléfono |
3.500€ |
|
Electricidade |
3.000€ |
|
Contenciosos |
1.000€ |
|
Actividades culturais e deportivas |
14.500€ |
|
Outros |
4.700€ |
|
Dietas goberno |
1.000€ |
|
A institucións sen ánimo de lucro |
42.800€ |
|
Subcontratas |
22.000€ |
Concepto |
Gasto (en euros) |
|
Festas populares e festexos (P.O. 338: 2’23% do Orzamento 2016 e 14’41€ por habitante) |
||
Prensa e publicidade |
5.000€ |
|
Comida e protocolo |
3.000€ |
|
Actividades culturais e deportivas |
40.000€ |
|
A institucións sen ánimo de lucro |
52.500€ |
|
Subcontratas |
21.800€ |
|
Outros |
1.000€ |
A maiores habería que recorrer as diversas facturas para vermos a que se destinan concretamente eses fondos. Por exemplo, as Festas do Carme reciben máis de 30.000€ de fondos públicos e nelas gastouse máis de 11.000€ en alumeado.
Confira tamén outros artigos relacionados:
As contas do concello I: o financiamento da imprensa
As contas do concello II: o gasto telefónico
En decembro do pasado ano inauguramos unha nova sección no site de Por Chantada que intitulamos “As contas do concello” e na que imos debullando diversos aspectos das contas públicas, en aras da transparencia e do coñecemento dos cidadáns. Coñecer as contas dos organismos públicos consideramos que é algo fundamental e, desde logo, coherente coa nosa aposta pola participación cidadá, a ética na política e a transparencia.
A primeira entrega dedicámoslla ao financiamento da prensa e irase actualizando periódicamente. Tamén achegamos a documentación relativa ao Orzamento de 2016, contra o que apresentamos alegacións após votar negativamente no pleno (ver resumo do pleno aquí). Esta nova entrega céntrase no gasto telefónico do concello de Chantada.
Servizos de telecomunicacións (P.O. 221.00) | |
330.- Ad. xeral cultura | 3.500€ |
920. Ad. xeral | 20.000€ |
TOTAL ORZAMENTO 2016: | 23.500€ |
TOTAL 2014 (Liquidación conta xeral) |
24.716’46€ |
No novo orzamento de 2016 debullado por partidas vemos como a partida orzamentar 221.00 se corresponde sempre con Servizos de telecomunicación. Esta aplicación pode encontrarse en dúas áreas a Administración xeral de cultura (330) con 3.500€ e a Administración xeral con 20.000€. Así, para 2016 contémplase gastar 23.500€ en “servizos de telecomunicación” fronte aos 24.716’46€ que se gastaron realmente no ano de 2014, segundo a liquidación do exercicio aprovada no mes de outubro de 2015 en sesión plenaria e da que demos conta no seu día.
Outro mecanismo para fiscalizar o gasto real é o seguimento das relación de facturas aprobadas en Xunta de Goberno Local, cuxa acta se nos fai chegar desde a secretaría do concello de Chantada. Así, en 2015, na administración xeral figuran gastos telefónicos contraídos coa empresa R, a actual concesionaria, por valor dunha media mensual de por volta de 1.500€ (1476’58€ concretamente) para os meses de xuño, xullo e setembro (aos únicos que, polo de pronto tivemos acceso como deixamos constancia no ANEXO I).
Xa que logo, o concello de Chantada gasta máis de 1.000€ mensuais en teléfono. Concretamente, en 2014 superou os 2.000€ mensuais. Para este 2016 na Administración xeral orzaméntase unha cantidade que, vendo o volume das facturas, polo de pronto semella axustarse coa realidade alén do elevada que poda parecernos. O máis grave é que non podemos dicir o mesmo dos 3.500€ da área de cultura. No orzamento prorrogado para 2015 (o de 2014) contémplase unha P.O. semellante á referida e non nos consta en 2015 ningunha xustificación da mesma mediante facturas aprobadas no órgano correspondente.
ANEXO I
Mes |
Cantidade |
Xuño |
1.437’73€ |
Xullo |
1.455’87€ |
Agosto |
1.515’81€ |
Setemnbro |
1.496’9 |
TOTAL CUATRIMESTRE |
5.906’33€ |
PROXECCIÓN 12 MESES (x3) |
17.718’99€ (total orzamentado: 20.000€) |
GASTO TOTAL 2014 |
24.716’46€ |
O pasado día 18 de xaneiro celebrouse un dos plenos máis importantes do ano, con 16 puntos na orde do día, entre eles os polémicos orzamentos cunha nova dedicación parcial de 4 horas para Diego Otero Veiga, pola que percibirá 24.070’28€ brutos (soldo máis Seguridade Social). Inicialmente prevíase que fose aínda superior. En todo caso foron moitas outras as cuestións que se trataron. Para veres o resumo íntegro preme en ler máis.
Consulta a convocatoria do pleno ordinario correspondente ao 18.01.2016 premendo no hipervínculo.