O Pleno ordinario do 20 de marzo de 2019 contou coa asistencia dos 13 concelleiros da Corporación, a secretaria (que deixará a Corporación durante un ano) e a interventora. Canto ao público, asistiron 6 persoas e un xornalista.
A favor: 7 Inta En contra: 4 CUP e PSOE Abstención: 2 PP
3.- Recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2019, sobre concesión de axuda da emerxencia social. Expediente 1359/2018.
A favor: 7 Inta En contra: 1 CUP Abstencións: 5 PSOE e PP
4.- Recoñecemento extraxudicial de crédito 2/2019, sobre concesión de axuda da emerxencia social. Expediente 1379/2018.
A favor: 7 Inta En contra: 1 CUP Abstencións: 5 PSOE e PP
5.- Recoñecemento extraxudicial de crédito 3/2019, sobre concesión de axuda da emerxencia social. Expediente 1399/2018.
A favor: 7 Inta En contra: 1 CUP Abstencións: 5 PSOE e PP
6.- Aceptación modificación das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de direito público coa Deputación de Lugo. Expediente 28/2019.
Aprobada por unanimidade cunha pequena emenda do PP no ponto 1º, aclarando que se refere ao mel non integrado na IXP (Indicación Xeográfica Protexida).
9.- Moción do grupo municipal Inta sobre a atención a mulleres con endometriose.
Aprobada a moción orixinal por unanimidadesen aceitar a emenda de Por Chantada-CUP para impulsar campañas informativas nos centros de secundaria de Chantada.
10.- MOCIÓNS E ASUNTOS DE URXENCIA.
Non se produciron.
PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN
11.- DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
12.- Dación de conta do Plano de axuste 4º Trimestre 2018.
13.- Dación de conta período medio de pago 4ºT de 2018.
14.- Dación de conta informe de morosidade 4ºT de 2018.
15.- Dación de conta execución trimestral 4ºT de 2018.
16.- DACIÓN DE CONTA DE REPAROS DE INTERVENCIÓN E OMISIÓN DE FISCALIZACION (1 a 9 de 2019).
Hoxe rexistramos unha moción, que se debaterá no Pleno ordinario de xullo, desde Por Chantada-CUP imos impulsar unha moción para respondermos á necesidade dunha rede comarcalizada de refuxio de animais na provincia de Lugo, refugando un modelo de “macrocanceira” e apostando por un outro máis descentralizado e en sintonía co tecido social xa existente no territorio. Ao, tempo é unha maneira de comarcalizar servizos e de que a nosa comarca teña un papel e sexa recoñecida á hora de fornecer servizos e diversificar a súa oferta, mellorando tamén a calidade de vida dos cidadáns, a convivencia e as zonas de soltas de cans existentes actualmente.
Listaxe de subvencións concedidas na anualidade 2017, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades asociativas culturais da comarca de Chantada por acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, en sesión celebrada o 22 de decembro de 2017, (BOP nº 4 do 5/01/2018). Esta liña de axudas totalizou, para toda a provincia 280.000€.
Entidade
Nome da actividade
Subvención
Concello
Asociación Treboada de Ideas
Posta en valor dos cruceiros e petos de ánimas do Concello de Taboada mediante as TIC
698
Chantada
Asociación cultural Amigos do Folión
Folión de carros
1.721
Chantada
Asociación cultural Argalleiras Teatro
Obradoiros de teatro e contacontos
821
Chantada
Coral polifónica de Chantada
Panxoliñas e obradoiro musical
1.145
Chantada
Asociación Cinematográfica Chantada Films
Posprodución e montaxe documentario rock bravú
937
Chantada
Asociación cultural O Castañazo
Outono cultural: concurso de cantos de taberna, exposicións, xogos tradicionais, actividade s infantís e outros
1.109
Chantada
Asociación Faro-Miño
Mostra de teatro popular Maruxa Villanueva
1.145
Chantada
Asociación cultural Irmandade cultural País do Faro (en constitución)
Publicación de Alicerces. Revista de estudos do Miño Medio.
1.037
Chantada
Asociación cultural veciñal deportiva Lugdunum
Talleres, charlas e viaxes culturais
929
Chantada
Círculo recreativo cultural de Chantada
Magosto
421
Chantada
Asociación educativo-cultural Airoá Comunicación
Obradoiros interxeracionais en TIC’s para mulleres do rural
1.217
Chantada
Asociación amigos de Manuel Jorge de Chantada
Actividade educativo-cultural para a recuperación da figura do arquitecto e pintor chantadés Manuel Jorge
1.001
Chantada
Asociación amigos do románico da comarca de Chantada
Acto cultural na igrexa románica de Pesqueiras e apresentación do libro de Manuel Regal Ledo no auditorio municipal de Chantada
812
TOTAL CHANTADA
12.993
4.54%
Asociación Cultural O Garabullo
Ruta do penedo do mouro
983
Carballedo
TOTAL CARBALLEDO
983
0.35%
TOTAL COMARCA
13.976
4.89%
Notas:
Amigos do Folión recebe, como é ben sabido, cadansúa axuda pública da Xunta e do Concello de Chantada. Cómpre lembrar que conta con declaración de Festa de interese turístico, categoría que, proximamente, esperemos que tamén atinxa o noso Entroido Ribeirao. Así as cousas, a entidade organizadora do Folión de carros recebeu en 2017, vía administración local, un total de 10.500€ (P.O.: 334.489.01), ao que se engaden estes 1.721€ (as Deputacións entran dentro da administración local).
A Coral Polifónica tamén recebe fondos do Concello: 3.000€ (P.O.: 334.489.01).
A Asociación Cultural O Castanhazo recebe do Concello 3.000€ (P.O.: 334.489.01) de subvención nominativa ao que cómpre engadir, en 2017, 1.500€ vía pago dunha factura emitida directamente sen convenio nen acordo de nengún tipo que foi reparada pola intervención municipal e precisou pasar polo Pleno vía Recoñecemento extraxudicial de crédito.
A Asociación Faro-Miño recebe do Concello 3.000€ sen convenio, contrato nen subvención nominativa aprobada. Faise mediante o abono de facturas directas e polo mesmo conceito có que agora se subvenciona desde o ente provincial.
Listaxe de subvencións concedidas na anualidade 2017, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades e clubes desportivos da comarca de Chantada por acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, en sesión celebrada o 29 de decembro de 2017, de “Conceder as subvencións individualizadas que se mencionan nas listaxes que se anexan así como a desestimación das subvencións que así mesmo figuran nas respectivas listaxes.” (BOP nº 10 do 13/01/2018). Esta liña de axudas totalizou, para toda a provincia 485.000€.
Cónstanos tamén que hai entidades culturais que aínda non perceberon a subveción de cultura da anualidade 2016, após numerosos requerimentos de documentación. Algo grave é que fala por si mesmo do funcionamento do ente púbico.
Entidade
Nome da actividade
Subvención
Concello
Escolas Deportivas de Chantada
Fútbol Sala
3.684,00
Chantada
Escolas Deportivas de Chantada
Fútbol
1.269,00
Chantada
Clube Billar Círculo Chantada
BILLAR
4.000,00
Chantada
Círculo Recreativo de Xadrez
Xadrez
3.000,00
Chantada
Círculo Recreativo de Xadrez
Torneo Internacional de xadrez memorial Dragan Paunovic
916
Chantada
Club SD Chantada
Fútbol
2.599,00
Chantada
Club Tenis Chantada
Tenis
1.852,00
Chantada
Club Xadrez de Chantada
Campionato xadres de colexicos
539
Chantada
TOTAL CHANTADA
17.859
3,68%
Taboada Club de Fútbol
FÚTBOL
2.087,00
Taboada
Club Ciclista Túzaros
CICLISMO
1.885,00
Taboada
CD Atlético Taboada
Fútbol
1.795,00
Taboada
TOTAL TABOADA
5.767
1,18%
Club Natación Escualos
Natación
1.275,00
Carballedo
Club Natación Escualos
Travesía a nado desafío encoro de Peares
916
Carballedo
TOTAL CARBALLEDO
2.191
0,45%
TOTAL COMARCA
25.817
5,32%
Notas:
As Escolas Deportivas de Chantada recebían tamén subvención nominativa do Concello para contratacións externas a pesar de que os salarios, instalación, etc. eran, a todos os efeitos, suportados polo ente local. A fórmula defendíase para ter capacidade de federarse e competir. No entanto, nos últimos orzamentos, e por presións da intervención municipal perante a irregularidade do sistema, optouse por asumir directamente toda a xestión a partir de setembro de 2018. Resta por ver se isto se consolida ou non. Portanto, a estes 4.953€ cómpre engadir unha contía moitísimo máis elevada da achega ou gasto que lle supón ao Concello.
No Orzamento para 2017 a área 340 “Administración xeral de deportes” representaba o 8’02% do total do gasto, ou sexa, 51’66€/hab. En total, falamos de 441.920,68€, que representa un aumento de 62.248’32€ a respeito do Orzamento de 2016 (hai que ver logo a execución real na liquidación orzamentar do 2017 que adoita diferir sensibelmente do orzamentado, por exemplo no Orzamento de 2016 ficou máis dun millón de euros sen executar). O gasto da área 340 repártase no Orzamento 2017 do seguinte xeito:
Salarios e complementos: 251.242,53
Aluguer edificios e maquinaria: 15.000€
Transporte e carburante: 51.000€
Enerxía eléctrica: 30.000€
Material e gastos varios: 4.650€
Actividades culturais e deportivas: 1.500€
Limpeza: 10.528’15€
Cloro piscinas: 2.500€
Vestiario: 16.400€
Subcontratas: 1.000€
A institucións sen ánimo de lucro: 57.600€
A maiores existen outras partidas doutras áreas que tamén se destinan a unha finalidade deportiva e que, por falta de vagar, non podemos agora rastrexar e cuantificar. No entanto, fica a presente achega como unha aproximación bastante real do gasto público local en actividade desportiva.
A SD Chantada recebe tamén 15.000€ do concello mediante subvención nominativa, o que totaliza 17.599€ en 2017.
O Círculo Recreativo de Xadrez contou cunha subvención nominativa do Concello por valor de 2.500€ en 2017, o que totaliza 6.416€ públicos.
O Club Tenis Chantada recebeu en 2017 tamén 1.000€ (subvención nominativa) do Concello de Chantada o que soma 2.852€ de fondos públicos de entes locais (as Deputacións computan como administración local).
Foto Roi Fernández para La Voz de Lemos (15/04/2006).
Desde a candidatura de unidade popular lamentamos que o Goberno municipal sexa incapaz de adotar medidas no tocante ao lixo: vertedeiros incontrolados en todas as parroquias, taxas de recollida selectiva ínfimas, problemas de recollida do lixo no rural, incumprimento da normativa do ponto limpo, ausencia de planificación….
Por Chantada considera que non é de recibo que se culpabilice a veciñanza, que demostrou con iniciativas cidadás de recollida voluntaria e limpeza dos montes sensibilidade e iniciativa, mentres se obvian as serias deficiencias no servizoe as reponsabilidades do Goberno. Por exemplo, foi Manuel Varela e non os veciños quen nos conduciu a un modelo privatizado da xestión e tratamento do lixo, máis caro e deficiente que o desenvolvido noutros concellos con xestión pública. Se non se predica co exemplo de pouco valen os brindes ao sol e a situación só empiorará.
Fronte á inacción e a desidia de Inta temos análises e propostas pensadas para o beneficio da veciñanza e feitas desde a aplicación do sentido común. É de lamentar que desde o Goberno con moitos máis medios se sexa incapaz de propor, implantar ou desenvolver políticas para avanzarmos colectivamente e situar a Chantada no lugar que lle corresponde.
Con tristura e estupor é como recibimos a nova de que a Deputación de Lugo e varios alcaldes da provincia de Lugo, fundamentalmente do PSOE, participen dunha plataforma que aposta por permitir a plantación de eucalipto no interior galego. Opóñense así á idea inicial da Consellaría do Medio Rural de prohibir o eucalipto na provincia de Ourense e en 29 concellos da provincia de Lugo. Aínda máis indignante é que a Deputación vaia destinar fondos públicos para unhas xornadas onde expor “diferentes pontos de vista sobre a especie”, ou sexa pura e simple apoloxía do eucalipto.
Por Chantada-CUPcelebra que no proxecto de decreto se contemple deixar a Chantada entre os territorios onde este cultivo fica prohibido e só pode comprender esta fronte ou no servilismo ás empresas extractivas ou na ignorancia. Non sabemos o que é pior. É máis parécenos insuficiente que en toda a Galiza o eucalipto só se restrinxa na provincia de Ourense e na de Lugo nas montañas orientais, nos concellos da Ribeira Sacra e do Val de Lemos e en boa parte dos concellos do interior lucense, como os da comarca de Sarria, coincindo por certo coas áreas onde o nitens tan caro a ENCE ten máis difícil prosperar.
Un pouco de historia e perspectiva para entender o problema
Precisamente cando o goberno portugués ben de restrinxir severamente o eucalipto no seu territorio, cando menos até 2030, un cultivo desterrado do resto de Europa dito sexa de paso (FIG. 1 e FIG. 2), convén lembrar algúns dados.
FIG. 1: hectáreas destinadas ao eucalipto na Península ibérica. A pesar de estar a cola na maioría dos capítulos (pensións, salarios, etc.) Galiza lidera a produción de eucalipto.FIG. 2: distribución do Eucalyptus globulus en millerios de ha no mundo. Sendo orixinario de Australia destaca que o Estado español, fundamentalmente Galiza, e Portugal a superen amplamente. Outros estados que o cultivan teñen igualemnte unha inserción subalterna e colonial na economía do actual sistema-mundo.
Tradicionalmente, na Galiza o monte non foi unha superficie forestal, mais agrícola e pecuaria inserida no que Bouhrier descrebeu como complexo agrario das sociedades tradicionais, onde o monte tiña un papel de fornecedor de materia orgánica que, convertido en estrume polos animais, servía para fertilizar as terras de cultivo. Sabémolo ben en Chantada co uso tradiconal do toxo. Amais, o monte tiña moitísimos máis usos: lugar para as estivadas e a plantación rotatoria de cereais, para o pasto do gando, para fornecer froitos silvestres e plantas medicinais, para obter pedra e carbón, para a vaza e para obter madeira. Moitos destes usos eran colectivos, manténdose aínda áreas do noso concello comunais.
As repoboacións forestais comezaron a finais do século XIX e no XX, por razóns que nada tiñan a ver coas dinámicas propias do rural galego senón para abastecer de maderia á industria estatal e mesmo moitos terreos de mancomún foron forestados á forza no franquismo, especialmente na montaña oriental lucense. Que agora se reclame o eucalipto para non ter unha Galiza de dúas velocidades é tan ridículo canto historicamente refutado. É como pedir un encoro en Erbedeiro ou en Chouzán para que volvan os viciños.
Precisamente o que se tenta na actualidade, ao compás do despoboamento e da crise do agro, é converter o monte exclusivamente en terreo produtor de madeira, un deserto verde ao servizo das transnacionais, implantando masivamente especies e técnicas importadas e alleas á unha xestión silvícola racional e respectuosa co noso medio.
Porén, o certo é que o monte debe observarse desde outra perspectiva máis próxima aos nosos avós e menos aos koalas. O monte pode ser zona de pastoreo, especialmente nas zonas máis afastadas das aldeas onde hai extensións sen cultivar que poderían dar rendementos agro-pecuarios acollendo rabaños que limpasen o monte. De feito, Maceda de Tribes creou mesmo postos de traballo públicos con este sistema, xestionando dun xeito eficiente e racional o monte ao tempo que mantén as tradicións.
A lacra dos lumes custoulle á Xunta 173 millóns de euros en 2016, calculan a socialización deste impacto os que fan apoloxía do eucalipto? Véxase a evolución do gasto en incendios na Galiza que como o propio eucalito é o paradigma dunha xestión externa cunha estrutura allea ao local e aos indíxenas do rural, cuxo único papel é proporcional unha eventual e precaria man de obra (e até para iso hai que ter “padriño”):
Fonte: La Voz de Galicia
Con todo, aínda deixando o gravísimo problema dos incendios forestais a cerna do problema é que incentivar a monocultura forestal, como a Lei de montes de 2012, empobrece, polo que o efecto é precisamente o contrario ao que persegue supostamente a fronte do koala.
O eucalipto non lles deixa ver a fraga: dados que obvia a fronte do koala
A produción forestal supón por volta de 450 millóns de euros e dous terzos expórtase, cáseque todo ao resto do Estado, polo que é un sector extractor de materia prima sen transformación. Unha grande produción que non se centra no país nin xera valor engadido. En postos de traballo xera sobre 6.000 directos e 15.000 indirectos aproximadamente, bastantes menos do que o sector agrícola e pecuario a pesar da profunda crise e do abandono que sofre por parte das administracións.
A terceira parte da superficie galega (a que podemos considerar Superficie Agrícola Utilizada) xera un valor engadido aproximado de 1.300 millóns de euros, o que representa sobre 1,3€/ha. Os outros dous terzos dedícanse xa a superficie forestal producindo un valor engadido de 325 millóns, ou sexa, sobre 0,2 ou 0,3€/ha, segundo contabilicemos toda a superficie forestal ou só a arborizada. Se alén diso lle imputamo os custes externalizados que pagamos toda a cidadanía para apagar os lumes cada verán o rendemento é mesmo negativo. En conclusión, está demostrado que o valor engadido xerado por unha ha de superficie agrícola é entre 5 e 8 veces maior que o xerado por unha ha de superficie forestal e precisamente cando moitas explotacións se reorientan ben para o extensivo, ben para unha maior autonomía forraxeira precisando terras próximas o que se está fomentando é o abandono as terras tradicionais de labradío para inzalas de eucalipto.
Por Chantada-CUPacredita nun monte multifuncional e solicita que a Xunta faga unha valoración integral específica dos montes galegos como xa fixeron Extremadura ou Euskadi ao tempo que o que a Xunta, a Deputación, os concellos e os denominados “partidos” deben facer polo ben do país, sen maior demora, é aumentar os lucros obtivos polas funcións recreativas e ambientais do noso inmenso patrimonio natural que fan que Asturies e Cantabria teñan unha renda por ha de monte moi superior á da Galiza.
Que os eucaliptos nos deixen ver e valorar o noso patrimonio natural e ambiental. O eucalipto é sinónimo de deserto verde, de probreza para a maioría social deste país.
Incorporamos tamén un cadro final no que lembramos as subvencións nominativas que o concello de Chantada contemplou no orzamento de 2016 para esas mesmas entidadades non ronsel das informacións periódicas que facilitamos para cumprir o noso compromiso coa transparencia e a difusión do emprego dos fondos públicos.
Boa leitura.
#SomosAlternativa #CUPChantada
Listaxe subvencións de CULTURA da Área de Cultura, PHA, Artesanía e Deseño para o ano 2016 (entidades do concello de Chantada)
Ver resolución publicada no BOP, de onde foron tirados os dados que contén esta entrada (PDF): listaxe-subvencions-de-cultura-da-area-de-cultura-pha-artesania-e-deseno. Para ponderar correctamente dos dados repárese que o concello de Chantada conta con 2.49% da poboación do ámbito provincial (dados INE para 2014). No mesmo BOP tamén aparecen as novas bases laborais do concello de Chantada após o recurso de resosición apresentado por Por Chantada-CUP que paralizou as primeiras por irregularidades.
(Última actualización 19/01/2017 ás 12:45 horas)
ENTIDADE
CONCEPTO
CANTIDADE
SUBVENCIONS PARA ENTIDADES ASOCIATIVAS CULTURAIS. CATEGORÍA ANUAIS PERMANENTES
Asociación cultural Amigos do Folión
Folión de carros
1.284
Asociación cultural O Castanhazo
Concurso cantos de taberna, obradoiro de regueifas, magosto e outros
1.177
Asociación Cultural Faro-Miño
Mostra de teatro popular Maruxa Villanueva
1.043
Asociación cultural Airoá Comunicación
Proxecto documental O Moredo: a resistencia do Entroido Ribeirao
1.060
Asociación cultural Irmandade Cultural País do Faro
Publicación revista Alicerces
1.016
Banda de música de Chantada
Concertos, II Ciclo de outono e exposición
953
Asociación Cultural Casa da Música
Aulas de música, baile e danza
926
Associação Cultural Liviao de Marrao
Foliada, rodaxe e produción dun clip e exposicións
908
Asociación cinematográfica Chantada Films
Rodaxe dunha curtametraxe
846
Coral Polifónica Chantada
Curso de técnicas vocais, linguaxe musical, solfeo e vocalización
812
Asociación de viciños San Xoán da Alameda
Actividades culturais 2016
Desestimada
TOTAL CHANTADA
10.025 (4.01% do total)
SUBVENCIONS PARA ENTIDADES ASOCIATIVAS CULTURAIS. CATEGORÍA EVENTOS
Centro de animación e desenvolvemento cultural Santo Tomé de Merlán
Feira das cabras de Merlán
697
Asociación cultural O Castanhazo
Castanhazo infantil: obradoiro e actividades infantís
678
Sociedade cultural e gastronómica luso-galaica
Escolma etnográfica do Entroido Ribeirao
666
Asociación cultural Amigos do Folión
Obradoiro de recuperación e posta en valor da tradición dos carros
647
Asociación cultural Airoá Comunicación
Pingueira 2016. Encontro trendisciplinar de co-aprendizaxe en contexto
628
Asociación cultural Amigos do Románico da Comarca de Chantada
Acto cultural de igrexa de Pesqueiras románica
620
Asociación Cultural Faro-Miño
Divulgación na Internet de Ánxo Gómez Montero “Artista e Señor”
593
Asociación Treboada de Ideas
Posta en valor e divulgación na Internet dos pombais no concello de Chantada
574
Coral Polifónica Chantada
Festival panxoliñas 2016
516
Asociación de viciños San Xoán da Alameda
Viaxe cultural
397
TOTAL CHANTADA
6.016 (4.01% do total)
Contía total das subvencións deportivas por entidade
1A Festa da empanada 2016 recibiu unha subvención nomitativa de 3.000 euros da Deputación de Lugo.
2Ao que cómpre engadir o custe do mantemento das instalacións que tamén asume o concello e diversas actuacións relacionadas coas actividades da Casa da Música. Só entre xuño-decembro de 2016 no auditorio e na casa da música (incluída a reforma do ar acondicionado, limpeza cristais, pintura, electricidade…) houbo uns gastos 12.917,23€.
3 O director do documentario O Moredo, David Vázquez, recibiu do concello unha pequena colaboración mediante abonado de factura directa, de 484€. O documentario recibe tamén, através de Airoá unha pequena axuda da Deputación de Lugo,como queda reflectivo no cadro. Por súa parte, con Airoá tamén se relaciona Televinte que recibe tamén fondos municipais, sen convenio e por facturas periódicas e recorrentes, por un total de 12.100€ entre xaneiro e agosto de 2016. A Deputación tamén abonou os custes dun traballador da canle local a través do programa de emprego Ben Empregado, que financia o 100%.
Cómpre lembrar que este procedemento do concello é totalmente irregular perxudicando aos propios beneficiarios pola súa discrecionalidade e arbitrariedade, ao pagar un servizo ou unha subvención encubertamente e sen garantías, pasándoo por un contrato menor. Para un maior detalle do que o concello gasta na imprensa véxase estoutra entrada da nosa bitácora: https://porchantada.wordpress.com/2015/12/17/as-contas-do-concello-i-o-financiamento-da-prensa/
4Recibe, mediante contrato asinado aínda en 2015, 750 euros mensais (9.000 euros anuais), para alén doutras axudas para o Outono cultural, etc. polo método de abonado de facturas directamente sen convenio. Por este método hai varias entidades que reciben fondos municipais, mais non os incluímos no cadro ao non podermos facer neste momento unha relación exhaustiva.
5Recibe mediante o abono de facturas directas unha substancial retribución en relación con gastos de protocolo (comidas) e outros polo Billó de ouro, principalmente. Non podemos, no entanto, dar unha cifra anual neste intre.
6Só nos consta o abono dunha factura directa por parte do concello, a nº 1726, por importe de 300€ e concepto “Realización actividades cultura 6 de agosto”.
7Non nos foi posíbel identificar na rede nada en relación coa subvención que recibe este colectivo da Deputación. Aclarar que leva recibindo apoios deste organismo desde hai xa bastantes anos.
Seguindo coa serie do Observatorio Cidadán da Inversión Pública (OCIP) facemos unha listaxe dos fondos públicos concedidos mediante subvencións en concorrencia competitiva por parte da Deputación de Lugo ás entidades deportivas chantadinas. Incorporamos tamén un cadro final no que lembramos as subvencións nominativas que o concello de Chantada contemplou no orzamento de 2016 para esas mesmas entidadades.
#SomosAlternativa #CUPChantada
Subvencións concedidas para o ano 2016 pola Deputación de Lugo, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo
NOTA PREVIA 1: Os dados foron tirados do BOP nº 287 do 16/12/2016 que pode consultarse na seguinte ligazón: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_15027_1.pdf
NOTA PREVIA 2: para ponderar correctamente os dados repárese en que o concello de Chantada conta co 2.49% da poboación do ámbito provincial da Deputación de Lugo (dados do INE para 2014).
ENTIDADE
CONCEPTO
CANTIDADE
SUBVENCIONS DEPORTIVAS PARA ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA A REALIZACION DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS
Clube ciclista chantadino
Adquisición vestimenta
596
Clube billar círculo Chantada
Adquisición material e vestimenta
566
Escolas Deportivas de Chantada
Escolas Deportivas da comarca de Chantada
892
Clube Chantada Atlético
Balompé
566
Círculo chantadino de xadrez
xadrez
714
Peña saltasebes Chantada
Atletismo: adquisición de vestimenta
685
Clube xadrez de Chantada
Xadrez: adquisición material e vestimenta
685
Castelo bike clube
Ciclismo e ciclismo de montaña
Desestimada
TOTAL CHANTADA
4704 (3.76% do total)
SUBVENCIONS DEPORTIVAS PARA ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS
Clube SD Chantada
Xornadas de convivencia, socialización, verán e Nadal: torneos de fútbol 7
760
Escolas Deportivas de Chantada
CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DA COMARCA DE CHANTADA E TORNEO COMARCAL DE FÚTBOL SALA ESCOLAR SUR DE LUGO 2016
932
Clube tenis Chantada
Torneos primavera-verán-outono 2016
789
Peña saltasebes Chantada
Carreira popular Carballedo
789
Clube xadrez de Chantada
Campionato colexios, campionato Galiza central
904
TOTAL CHANTADA
4174 (4.17% do total)
SUBVENCIONS DEPORTIVAS PARA ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA A ACTIVIDADE COMPETITIVA
Clube ciclista chantadino
ciclismo
1.100
Clube billar círculo Chantada
billar
1.173
Clube S.D. Chantada
fútbol
1.391
Clube Chantada Atlético
fútbol
1.000
Clube tenis Chantada
tenis
1.173
Círculo chantadino de xadrez
xadrez
1.210
Castelo bike clube
Ciclismo BBT e cicloturismo
desestimada
TOTAL CHANTADA
7.047 (2’56% do total)
Contía total das subvencións deportivas por entidade