Resumo do Pleno extraordinario de 18 de xuño [audio]

A sesión extraordinaria do Pleno da Corporación non contou coa asistencia de público e comezou pasadas as 20 horas, rematando ás 23 horas aproximadamente. Asistiron 11 concelleiros, ao faltaren Cruz Fernández Rodríguez (Por Chantada) e José Luís Vázquez (PSOE) por motivos persoais ineludíbeis. Tamén estaban presentes o novo secretario (Fernando, acumulado e titular en Carballedo) e a interventora (María, até o de agora secretaria).

 

Audio da sesión aquí: https://drive.google.com/file/d/1KBHHHn9AiXjQOtC2JLxNaG7w1vUTBcr0/view?usp=sharing

 

1.- Acta anterior sesión ordinaria 30/01/2020.

Rascuño da acta do PLENO ordinario 30.01.2020.

Comeza falando o alcalde que dá a benvida ao novo secretario e felicítase de que Chantada só sufrise 25 casos de COVID-19, ficando 1 confinado e rexistrándose apenas un óbito. Manuel Diéguez tiña todo pronto para facer o pleno telemático, mais por falta da Liquidación de 2019 e ausencia de grandes asuntos non se realizou. Continúa Manuel Varela indicando que deixaron de convocar a Comisión de seguimento porque tiveron un traballo excesivo e hai moito apuro no Concello, por exemplo cos movementos do padrón e danlle saída a proxectos que estaban pendentes en urbanismo. Aínda lles levará 3-4 meses, mais ao final de ano contan ter todo ao día.

Raquel di que todos estamos ben e a pandemía evolui de xeito favorábel. Excusa a Jisi. Invoca cuestión de orde, que non se avisa a pesar de non ser o Pleno na data esperada.

Desde Por Chantada lémbrase que a moción da emerxencia climática aprobouse, ao votarse en contra da orixinal (primeira votación) e a favor da moción coa emenda por unanimidade (2ª votación). Sempre funcionamos así nesta Corporación. A antiga secretaria di que hai que revisar esa cuestión. Varela di que se aprobou a emenda e non a moción [posteriormente neste mesmo Pleno votarán contra emendas e dan a razón a que sempre se procedeu como indicamos e que, por tanto, a moción foi aprobada e estanse facendo manobras a posteriori para que non sexa así porque se equivocaron votando. Sexa como for, o que está clara é a falta de vontade para executala…]. Fente lembra que rexistraron escrito días antes para que se incorporen as súas propostas ao PACES en tramitación [o documento pode consultarse aquí: Solicitude de Por Chantada-CUP en relación co PACES]

Coas salvedades indicadas APRÓBASE A ACTA POR UNANIMIDADE.

2.- Moción Por Chantada-CUP en relación á proliferación de edificacións ruinosas (exp. G-401/2020).

Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP en relación á proliferación de edificacións ruinosas

Fente defende a moción explicando os acordos e sucintamente o desenvolvido na exposición de motivos, con especial referencia ao Programa de vivendas baleiras do IGVS. 

No PSOE din que non entenden a orde do día. Tradicionalmente situábase primeiro os pontos propostos pola equipa de goberno e logo as mocións dos grupos.

Varela di que tamén lle extrañou. O secretario di que non houbo calquera intencionalidade e que a próxima vez farase ao revés. Asinou a convocatoria desde Carballedo e quen a fixo seguiría o expediente montado para o Pleno desde as CCII sen decatarse. Canto á legalidade non apresenta problemas. A interventora acrecenta que se faría por orde de data, ao rexistrarse as mocións con moita antelación e non haber até agora plenos.

Intervén Daniel para indicar que, pola súa parte, o asunto da moción é preocupante e na exposición de motivos xa se fala do rogo do PSOE sobre edificacións ruinosas. Abandono do rural e demanda de vivenda. Hai unha frase na moción que di “xente sen vivendas e vivendas sen xente”. Non só é a vivenda, tamén servizos e situación socioeconómica boa, co Concello debendo mellorar a vida das persoas con postos de traballo e mellorando servizo, nomeadamente no rural. Ve ben o que se fala sobre o IGVS e facer o censo de edificacións ruinosas que propón Por Chantada, mais para iso o principal instrumento é o PXOM. Precisamente, na CI perguntaron pola tramitación deste, en aprobación inicial desde 2016 e se contemplan incluír políticas de rehabilitación.

Varela explica que está en marcha un plano especial para ordenar a parroquia de San Fiz e axudas para darlle unha volta e regular os desmáns que se cometeron. Falaron co responsábel deste proxecto e estudan contratar outro arquitecto para pórse con isto. Neste intre teñen dúas edificacións sobre as que actuar de emerxencia, unha en Río (Requeixo) e outra en Sobreira. En moitos casos vai ter que asumir o Concello os gastos ao descoñecerse proprietario e, noutros casos, si que se sabe a propriedade e cobraríaselle. O PP, por un lado, aceita todos os pontos da moción, xa que gostan dela, mais propoñen unha emenda in voce para suprimir os pontos 4º e 5º do acordo e inserir um novo ponto 4º. A interventora di que non se pode adoptar un acordo coa palabra “contratar”. Sobre o ponto 5º o alcalde confunde obradoiros de emprego cos obradoiros formativos propostos e di que hai que incidir na obriga de boa conservación as propriedades. Daniel di que no mes de marzo houbo xornadas da Fundación Juana de Vega sobre paisaxismo. O PXOM fai incidencia nos núcleos rurais e nas ampliacións e neste intre atópase paralizado, mais tenlles présa se ben non é fácil seguir cos ex-EPTISA [Alfonso Botana] e pode ser necesario facer unha nova contratación. Esta situación está creando prexuízos para construír novas vivenda unifamiliares pola falta de solares [non cita o problema da ilegalidade das oficinas non solucionado aínda por este Goberno ao non impulsar a modificación pontoal, como Por Chantada lle indicou no seu día].

Fente agradece a boa vontade dos grupos e propón a seguinte redacción para a emenda do PP, que Por Chantada aceita para conseguir a UNANIMIDADE:

Realizar os trámites necesarios para reforzar o servizo de urbanismo e desenvolver os acordos da moción durante 2-3 anos, a poder ser con axudas doutras AA.PP., como a Dirección Xeral de Urbanismo.

Votación emenda: UNANIMIDADE (11 a favor)

Votación moción: UNANIMIDADE (11 a favor)

APROBADA A MOCIÓN DE POR CHANTADA, coa emenda do PP, POR UNANIMIDADE.

 

3.- Moción Por Chantada-CUP en relación á inclusión de Chantada e outros territorios na DO Aceite da Galiza (exp. G-401/2020).

Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP en relación á inclusión de Chantada e outros territorios na denominación de orixe do aceite da Galiza

Emenda do PSOE á moción de Por Chantada sobre DO aceita da Galiza

Fente explica os acordos e defende a moción, remitindo tamén a partes da exposición de motivos. Lamenta que a Xunta só se circuscriba a Quiroga e lembra os testemuños históricos da produción de aceite na Galiza existindo mesmo restos de almazaras en Chantada.

Raquel di que, en termos xerais, concordan coa moción. Hai unha produción incipiente que agarda se consolide. Rexistrar a marca, como propón a moción, pode ser adiantarse, primeiro ter produción e logo comercializala. En Quiroga hoxe hai oito castes, non só a brava e a mansa e este concello ten unha entidade propria. Aquí deberíase partir da brava e da mansa e consultar especialistas sobre as potencialiades tal e como propoñen na emenda. Tamén considera o PSOE que debe mudarse a DO por unha IXP, porque sa só se acada con aceite extra virxe e deixa fóra outro tipo de produtos. A IXP defenden que é máis efectiva para producións de pequeno tamaño. Tamén cren que debe promoverse conxuntamente aceite e viño, poñendo en valor Chantada através da promoción dos seus recursos. O aceite pode ser un valor engadido.

Varela di que con esta moción está en desacordo e que non apoian nen a moción nen a proposta de acordo. Chamou ao alcalde de Quiroga e a Xunta quere cerrar xa a DO polo que hai que deixalos traballar e non molestar desde Chantada. Se sae ampliala como se fixo coa RS. Aceites Abril é quen está traballando por aquí. 

Fente agradece as achegas dos grupos á moción de Por Chantada, aínda que non partilla rebaixar a DO a IXP nen os argumentos do PP, aceita a emenda para tentar sacar un acordo de mínimos para todos. O aceite galego é un produto de excelente calidade o galego e que merece un impulso aínda que fose por reparar a doma y castración da que falou Castelao e, sobretodo, porque temos xa produtores na nosa zona e non adoptar un marco amplo redundará en que fiquen nunha posición subalterna ou envasando en Quiroga o producido realmente aquí, eivando de desenvolver procesos de transformación e procesado da oliva na nosa comarca.

Votación emenda: a favor 4 (Por Chantada e PSOE) en contra 7 (PP)
Votación moción: a favor 4 (Por Chantada e PSOE) en contra 7 (PP)

REXEITADA a moción e a emenda.

 

4.- Moción PSOE medidas fiscais e económicas de axuda contra a crise derivada da COVID-19 (exp. G-401/2020).

Moción para a adopción de medidas fiscais e económicas de axuda contra a crise derivada da covid-19.

Emenda do grupo municipal Por Chantada ao ponto 4º da orde do día 18 de xuño de 2020

Raquel explica os termos xerais do acordo e defende que a moción é moi xeral para avaliar as posibilidades. Adiar o cobro de impostos non tería consecuencias para as arcas municipais, xa que a Deputación de Lugo seguiría facendo os ingresos. Pergunta polo orzamento para 2020.

Fente defende a emenda do seu grupo e comeza cuestionando se a crise é imputábel por inteiro á COVID-19 ou se existían dinámicas subxacentes, apontadas por diversos economistas, estando o pior por chegar. A moción achega acordos moi xenéricos, por exemplo non vemos garantido ter orzamento en 2020. Por iso inserimos unha emenda para garantir que 20% do RTGX se destine ao gasto social neste ano, aspecto en que debería coincidir o goberno e que visa concretarmos algo neste acordo, xa que o máximo que permite a lexislación vicente aprobada na secuencia da crise da COVID-19. Propomos ao goberno facer unha comisión para estudar medidas económicas no eido local, como xa explicamos na comisión informativa. O dado de remanente que se dá na moción tampouco é veraz.

Varela di que tentarán modificalo e traelo ao Pleno ordinario de xullo e antes de rematar este ano sacar xa o de 2021 [xa o de 2020 ía vir en decembro de 2019, segundo afirmara nun Pleno e seguimos en xuño sen orzamento… A lei fixa outubro como data para sacar o orzamento do seguinte ano, prazo que nunca se cumpriu na pasada lexislatura nen nesta]. Bastante a favor da moción e critica que nas reunións da comisión de seguimento se aprobeitase o falado para saír nos medios e que apareceron cousas no Facebook das que non gostaron. O adiadamento de impostos foi unha das primeiras cousas que adoptaron, aínda que aprazar para outubro ou novembro é unha navalla de dous gumes. Non se está cobrando lixo aos comercios locais que fecharon e se alguén recebeu o recibo que os contacte para non pagalo. [Poucos días despois chegou o cobro do imposto sobre vehículos, o IVTM]. Hai que estudar que facer e hai axudas do Goberno central e da Xunta. Estudar caso por caso porque os cartos saen do mesmo sitio. Evitar redudancias e usara ben os recursos públicos, pois á xente hai que ensinarlle a pescar. Van ir aldea por aldea para censar as persoas que vivan soas ou con necesidades, xa que se decataron de que é necesario. Tamén das fincas que non se limpan. Desde Servizos Sociais están facendo todo o posíbel para reparto de alimentos etc. mais en Chantada non hai tanta necesidade como nas cidades, tampouco é para alarmarse. Si hai casos extremos e non todo o mundo se deixa axudar, mais están traballando en varios casos preocupantes. Faltan centros específicos para persoas con problemas psíquicos e as grandes AA.PP. desentendéronse, polo que o Concello non lles dá dado cobertura. o RTGX é ficticio, os 2.000.000€ que se indican na moción. É irreal polos recibos incobrábeis, se ben xa se depurou bastante. A empresa que leva a executiva das multas e a Deputación axudoulles e dálles entre 350 e 400.000€ máis cada ano. Se é necesario dedicarán os 672.000€ do remanente real para gasto social e non o 20% ou máis se é necesario. Barallan desde o Goberno axudar a comercios e bares, algúns concelleiros do seu grupo propoñen vales para mercar en Chantada. Tamén é necesario arranxar pistas e en 2 anos ter as vías de comunicación decentes e con aglomerado en quente, que a Deputación vai deixar de usar porque non dan atendido a tapar buracos nas estradas provinciais. Chantada apostará polo aglomerado en quente. Pide que o PSOE retire a moción, xa que vai vir o orzamento novo.

Daniel di que non retiran a moción. 

Votación emenda: a favor 4 (Por Chantada e PSOE), en contra 7 (PP)

Votación moción: a favor 4 (Por Chantada e PSOE), en contra 7 (PP)

REXEITADA a moción e a emenda.

 

5.- Delegación de competencias do Pleno da XGL (exp. G-431/2020).

PROVIDENCIA DE ALCALDÍA

INFORME SECRETARIA 2020-0027 [INFORME SECRETARIA]

PROPOSTA DE ACORDO

O PP di que tivo que traballar arreo para facer a plataforma de contratos, que facilitará as cousas cando estexa pronta, pois facilitará contratacións e é máis doado ter apoios e non convocar plenos cada 2-3 semanas [segue sen atender a demanda de Por Chantada dunha central de contratación local. En Chantada nunca se convocan Plenos con esa periodicidade]. Defenden que é algo que se fai en todos os concellos, pois precisan axilidade para gobernar e facilitar á cidadanía as cousas. Así evitan reclamacións.

Como oposición os argumentos son outros, defende o PSOE, e teñen unhas obrigas que cumprir. O informe de secretaría non deixa constancia para procesos xa en marcha.  O secretario acumulado, Fernando, non ve inconveniente xurídico en principio. Raquel afirma que non ve necesidade de delegar na XGL os contratos, xa que nunca houbo problemas para celebrar plenos e até, coma hoxe, con pontos fora da orde do día ou documentación que chega tarde. Non aceitan os argumentos do PP, que usa a maioría absoluta para evitar que veñan asuntos ao pleno e así non hai transparencia. Este acordo implicaría que non veña a Pleno a contratación do SAF, aínda superando 10% do orzamento. O Goberno non lles informou de nada e tiveron que buscar en plataformas estatais. Lembra que o Concello foi condenado por unha sentenza polos servizos mínimos abusivos.

Desde Por Chantada non vemos a necesidade de retirar máis competencias ao Pleno e, moito menos, que todos os contratos se furten ao escrutinio do público, até aqueles que superen 10% dos recursos ordinarios. Ao noso entender, isto é unha barbaridade e como dicía Manuel Diéguez na CI faise cando hai maioría absoluta, portanto leva implícito que non existindo tal condición non se realiza porque non é o ideal e a competencia é do Pleno, que se a ten asignada é por algo. De por parte, tendo en conta as dietas das XGL de 250€ por asistente e sesión tampouco se pode falar de que exista calquera aforro. A tendencia a esvaciar o Pleno de competencias, de traer ao mesmo os mínimos asuntos posíbeis ou de levarmos sen rogos e perguntas desde xaneiro tradúcese en degradar o que debería ser o centro da política institucional local: o Pleno da Corporación.

Varela di que en gobernos de coalición estas cousas tamén se fan e que a oposición pode ir ao Concello e ver os acordos da XGL. Poden solicitalos e velos. Se visen que non é necesario isto poderían mudar de criterio, mais fano por axilidade. Tomara teñan moitos grandes contratos.

Raquel lémbralle que a solicitude dos reparos da intervención e mais os decretos da alcaldía xa a fixeron hai mes e medio e aínda non os receberan.

O alcalde retruca que iso non depende del.

Votación: a favor 7 (PP) en contra 4 (Por Chantada e PSOE).

Apróbase a transferencia da competencia para contratos do Pleno na XGL.

 

6.- Derogación Ordenanza fiscal reguladora da taxa de ocupación de terreos de uso público con cadeiras, mesas etc. con finalidade lucrativa (exp. G-369/2020).

01.- Providencia alcaldia

02.-modificacion ordenanza taxa OVP mesas 2004

03.- Informe de Secretaría

04.- INFORMES DE INTERVENCION 2020-0001

05.-PROPOSTA AO PLENO DA CORPORACIÓN

Emenda do grupo municipal socialista

Comeza defendendo a proposta de acordo o alcalde, recoñecendo que habería que facelo antes, que é un complemento de que permitiran instalar mesas e cadeiras. Cómpre ordenanza porque recoñece que hai un desbaraxuste e, aínda que favorecería a recadación a intención non é esa. Di que Chantada está preciosa, mais isto aféaa. A maioría son axeitadas, mais non poden estar así toda a vida.

Raquel di que cada no se racada menos e as terrazas son de maior tamaño e máis. Varela di que así se lles mete diñeiro no peto. Cobramos impostos ou facilitamos? Raquel di que son pouco máis de 2.000€. O Concello está moi saneado e sen cobrar polas terrazas. Di que a nova ordenanza debería estar antes de fin de ano ou de marzo ou abril, antes de cobrar 2021. A interventora aclara que depende do período de devengo. A emenda coa data non a aceitan. Manuel Diéguez di que hai dous temas, o económico e a ordenación. Non queren queimar a hostalaría como fai o concello de Lugo, que cobran cada mes. Varela fala tamén da limpeza, pois deixan o solo sen varrer e cheo de cabichas. Deben desinfectar e limpar á noite e o Concello xa as desinfectou dúas veces. Raquel di que é insuficiente. 

Na CI perguntamos polo PEF e polo Plano de axuste non sabemos se agora se podería aclarar a situación en que nos encontramos neste eido. A interventora di que falemos con ela e que nos aclara o que sexa, mais non dá o dado no Pleno. En 2019 recaudouse 2.346,74€ nesta taxa, un valor ínfimo e desaxustado ao que ocorre na maioría dos Concellos, ao tempo que proliferaron problemas sobre regulación, material e extensión do mobiliario para uso lucrativo no espazo público. Urxe pois traballar, como demandamos en reiteradas ocasións en criar ordenanzas reguladora e fiscal axeitadas. A emenda non debería apresentar problemas para o Goberno se se indica que sexa antes de rematar o ano. De por parte, que esta sexa a única medida aprobada polo goberno até o momento no plano económico para confrontar a depresión económica en que estamos comezando a submerxirnos parécenos dunha pobreza absoluta. Varela di que non sexamos alarmistas. Retrúcaselle que non é unha opinión de nos, mais a análise de diferentes economistas de renome. Parécenos ben a emenda apresentada polo Grupo socialista e estas novas ordenanzas xunto a un pacote de medidas real e ben fundamentado para confrontar a crise deberían ser obxecto da comisión que propuxemos anteriormente. Manuel Diéguez lembra que é obrigatorio recoller as terrazas polas noites, case nengún local o fai. Varela di que teme a merma das transferencias directas do Estado e da Xunta para vindeiros anos. A xestión dos impostos pode redundar ou non na hostelaría, se o que se recauda se destina a orquestras non se lles axuda, se callar, mais se se destina a axudas para harmonizar terrazas e coidar o impacto visual estarase facendo ben, polo que non é só o que se cobra senón que se fai cos impostos.

 

Votación emenda: UNANIMIDADE.

Votación acordo: UNANIMIDADE.

Apróbase a supresión do imposto para 2020 e acórdase facer unha nova ordenanza por UNANIMIDADE.

 

7.- Modificación Ordenanza IAE (exp. G-368/2020).

01.-PROVIDENCIA DE ALCALDÍA

02.-INFORMES DE INTERVENCION 2020-0003 [INFORME DE SECRETARIA E INTERVENCION]

03.- PROPOSTA AO PLENO DA CORPORACIÓN

04.-TEXTO REFUNDIDO ORDENANZA FISCAL IAE

Daniel di que faltaba unha ordenanza na documentación. Defende que este traballo técnico mellora o que había, mais é unha mágoa que tivese que ser a Deputación quen avisara disto. Falta Sabadelle nas parroquias. Varela interrompe para dicir que a estrada quedou ben. Raquel retruca que aínda vai estar mellor. Continúa Daniel que, entrando nas cifras, non hai mudanzas e non hai informe de intervención. No orzamento para 2021, en tempo e forma, debería o Goberno revisar as ordenanzas e aprobar reformas fiscais como a do IBI. Hai moita normativa pendente de facer por parte do Goberno: terrazas, axudas de emerxencia social, tránsito, animais domésticos ou transparencia. Lembra o Informe de controlo financeiro da anterior interventora, que indicaba que faltaban ordenanzas e outras estaban desfasadas, por exemplo a de voos, augas etc.

Non vemos coherente, nen se nos explicou na CI, por que no rural se tributa con 1 e con 0.7 na vila e no polígonoVarela di que o das parroquias é para a presa de Belesar e os eólicos e que o índice de situación podería ser até dun 3 e pico. Polas parroquias adiante ninguén cotiza polo índice de situación ao non superaren o millón de euros de facturación. A Deputación pedía un índice único para o IAE e eles non quren. Como xa dixemos na CI é unha chapuza ter dúas ordenanzas fiscais para un mesmo imposto e que isto se arrastre desde 2001 e 2003 fala da desidia do Goberno. Como sinalamos ese día deberíase tirar ao comezo de cada ano unha revisión das ordenanzas fiscais e demais normativa municipal e pendurala no site do Concello, como se fai onde a administración local funciona con eficiencia e transparencia. Isto xa se tería que ter corrixido hai moito tempo. Hai unha parte técnica en calquera ordenanza, mais tamén política, como demostra o debate do anterior ponto. Difícil neste caso facerse idea clara das magnitudes, porén son decisións que se deben adoptar a quen e canto se lle cobra e a que destinamos os recursos que temosA interventora di que Susana foi quen a redactou e está disposta a aclarar en calquera momento o detalle do texto.

Varela di que en Chantada houbo un goberno progresista durante catro anos e que non as tocou. Eles tamén son moi progresistas en todo o bon sentido da palabra. Raquel retruca que ele tamén. Fente dille que puideron facer un goberno de concentración e progreso. Para Progreso chega o de Lugo di Varela. Daniel defende que estas modificacións tributarias deberían vir co novo orzamento, en tempo e forma, para debater sobre o réxime fiscal que queremos. Varela di que comezarán en outubro. A interventora di se iso vai constar en acta. Fente di que xa constaba o ano pasado, que as actas terman do que lles poñan.

Votación texto refundido ordenanza IAE: a favor 10 (PP e PSOE) Abstención: 1 (Por Chantada).

Apróbase o texto refundido da ordenanza do IAE.

 

8.- Modificación orzamentar 14/2020, Transferencia de crédito 8/2020. Importe 120.140,43€ (exp. G-357/2020).

01 PROVIDENCIA

02 MEMORIA MP 142020 TC 08-2020 INTERESES SENTENZA

03.- RC PARA TRANSFERENCIA INTERESES

04.- MODIFICACIONS ORZAMENTARIAS 2020-0014 [INFORME DE INTERVENCIÓN MP 142020 TC 082020]

05.-PROPOSTA MP142020 TC 082020 INTERESES SENTENZA

Informe de Por Chantada sobre o desfalco de Manuel Varela coas obras ilegais de maio 2015 (xuño 2020)

Varela di que xa é un tema do que se falou suficiente. Raquel indica que o triste é ter que pagar todos estes xuros por facer as cousas mal. O alcalde di que cando se ía ao confesionario, hai tempo que non vai, se lle dicía “anda hijo, vete y no peques más”. Non o volverán facer. Esta cantidade evitaríase pagando antes, mais houbo quen os aconsellou ir ao xulgado. O Consello consultivo dixo que se podía pagar sen problema ningún e agora toca pagar os xuros da sentenza e máis a demora. Se esa obra se contratase con custo, IVE e 16% de beneficio industrial e 13% de gastos xerais por aí andaría a cousa [como se demostra no noso informe isto é rotundamente falso e existe informe da intervención municipal que o desmente rotunda e categoricamente]. 

Desde Por Chantada lémbrase que falamos de 120.140,43€ para abonar unha sentenza 254/2019 a Fevisa, que segue contratando co concello e aínda figura nas facturas reparadas que veñen hoxe no seguinte ponto da orde do día, por importe de 36.143,58€. Por certo, non houbo tanta celeridade para abonar outras sentenzas pendentes de execución. Vese que hai sentenzas de primeira e de segunda para o Goberno. Varela interrompe a exposición para indicar que habería que coller todo o RTGX [o que ía ir para gasto social hai un anaco?] e o Plano Único e destinar un millón de euros a arranxar pistas, mais, para facelo ben, non volver repetir os erros daquela, fixérono así para aforrar e non estivo ben. Os pagos a Fevisa son para 3 rúas con aglomerado en quente, xa que era a mellor oferta. Iso si, o detalle de levalos ao xulgado non lles gostou nada. 

A raíz do problema está en obras desenvolvidas no período eleitoral de 2015 por valor de 631.486,97€ contratadas de palabra e sen crédito que o Consello Consultivo da Galiza ratificou como nulas de pleno direito en novembro de 2016. Imputábanse unha serie de actuacións en camiños, contratadas contratadas de palabra e sen crédito, ao remanente de tesouraría sen telo aprobado a través da conta xeral e tendo só no orzamento de 2015 unha dotación orzamentar de 120.840,40€ para tal fin. Isto nun contexto onde o concello de Chantada se encontraba nun plano de axuste tendo que amortizar importantes cantidades de débeda. Indicaba o Consello Consultivo que «debe aboarse ás empresas contratistas os traballos que efectivamente fosen realizados e recibidos de conformidade pola Administración, previa a súa valoración polos servizos técnicos do Concello» e b) «o artigo 35.1 contempla do mesmo xeito a obriga que corresponde á parte culpábel de indemnizar á contraria os danos e perdas que esta tivese sufrido, en consonancia co disposto no artigo 102.4 da LRXPAC». Por último, salientaban desde o organismo consultivo que «na proposta remitida o Concello recoñece que se procederá ao pagamento aos contratistas remitindo a “un trámite posterior” deste xeito, tal como consta, tal cuestión será resolta nun expediente instruído para tal efecto».
O expediente en cuestión, polo que se aprobou o pago, fíxose polo valor íntegro e non por algo máis de 400.000€ como indicaba a intervención municipal, cómpre lembrar que a xurisprudencia considera que na factura directa se inclúe un evidente beneficio industrial que debe calcularse e subtraerse das mesmas no caso de declarárense nulas de pleno direito. A diversa xurisprudencia parecer situar por volta dun mínimo de 10% ese lucro que habería que extraer e sobre o que calcular os xuros de demora.
Contra todas estas prácticas intermediamos diferentes recursos sen que se chegase en nengún momento a adoptar responsabilidades por parte de ninguén e o resultado é que imos pagar sobre 800.000€, ou sexa o duplo do que se debería e segue sen aparecer responsabilidade por parte de ningúen, a pesar de que todo gasto sen consignación orzamentar vicia de nulidade e existe responsabilidade por parte de quen permite estas práctica.
Os xuros de demora, os 120.140,43€, deberían pagalos os que cometeron, sendo totalmente conscientes do que facían, as irregularidades, a comezar polo alcalde, e non o conxunto da cidadanía de Chantada. Este é, sen dúbida, un dos episodios máis lamentábeis aos que asistimos.

Solicitamos votación nominal: artigo 102 do ROF.

 

Votación nominal: a favor 4 (Por Chantada e PSOE); en contra 7 (PP).

Rexeitada a votación nominal.

Votación pago 120.140,43€ da sentenza a FEVISA: a favor 7 (PP); en contra 4 (Por Chantada e PSOE).

Aprobado o ponto.

 

9.- Recoñecemento extraxudicial de crédito 23/2020 e 28/2020. Importe 267.465,79€ (exp. G-352/2020).

1.-PROVIDENCIA APROBACION FACTURAS

2.- 20200610_F_2020_23

3.- REPAROS 2020-0017 [FISCALIZACION REC INTERVENCIÓN]

4.-PROVIDENCIA APROBACION FACTURAS F202028

5.- 20200611_F_2020_28

6.-REPAROS 2020-0019 [FISCALIZACION INTERVENCION]

7.- PROPOSTA AO PLENO

8.-PROPUESTA APROB FACTS PLENO

 

O grupo socialista lembra que chegan REC pleno após pleno xunto a reparos da intervención. Hai máis facturas deste tipo? A interventora di que fican polo menos as da luz. Varela di que queren outra comercializadora. No ano eleitoral 6 millóns de orzamento e máis dun millón sen executar e iso vailles repercutir na regra de gasto. Non entende como veñen facturas de 2018 (luz), que xunto as de 2019 que xa deberían estar pagas conforman estes REC. Neste 2020 pensan que a situación será diferente, van deixar partida de 200.000€ para imprevistos. Aínda agora teñen que erguer tres muros, un de 18.000€ indo para as Córneas, que é urxente porque hai perigo. Outros dous de emerxencia nas ribeiras. Van facer orzamentos máis sinxelos e flexíbeis. Raquel di que se lle ocorren solucións para o que lle convén. Varela di que queren facelo así… os funcionarios cobran para traballar. Diñeiro para isto e sen tocar os 600.000€ do RTGX e, se a oposición o merce, consultaráselle. Raquel di que sigan os consellos e eviten máis reparos de intervención. 

Fente di que o valor das facturas é de 267.465,79€. Entendemos que deberían votarse por separdo os dous REC e non viren nun único ponto da orde do día, ou así fixemos sempre até o de agora. Non se remitiron as facturas orixinais e só unha relación, polo que non puidemos cotexar no expediente a conformidade das mesmas e a natureza do concepto, algo elemental. Figuran algunhas, como unha de SOGAMA, sen importe na proposta de acordo polo que non sabemos se é erro e habería que corrixir ou a que responde, porque tampouco se explicou na CI a pesar de chegar a documentación fóra de prazo e non no momento da convocatoria. Estas deficiencias aconsellarían retirar o ponto da orde do día e traelo ao pleno ordinario de xullo coas debidas garantías. A interventora di que se hai un erro van revisar, que será erro de transcrición porque primeiro reteñen crédito. A partir de agora poden solicitar e daranse as facturas.

A intervención, a pesar de que pola incorporación recente, non pode comprobar os eventuais fraccionamentos dos contratos e se existía crédito para os memos do 2019, efectúa reparos por omisión de requisitos e trámites esenciais e por omisión de fiscalización das fases A e D de varios contratos menores, para alén de aconsellar a inmediata licitación dos servizos e subministros. Esta é unha longa batalla que levamos aquí reclamando, mesmo propondo unha central de contratación local, para que se cumpra a LCSP e se deixe de usar como regra xeral o contrato menor e contravindo a lei. O REC é un mecanismo excepcional que, á luz dos que desenvolvemos neste Concello anualmente, fica ás claras que se converteu nun método sistemático para realizar gastos sen a suficiente consignación orzamentar e sen atender ao procedemento legalmente estabelecido.

O alcalde deféndese dicindo que había chamadas para cobrar en 2011 e 2012 e que agora non chama ninguén. Raquel di que en 2007 a xente tamén chamaba. Varela di que se responsabiliza de 400.000€ dos 6.000.000 de débeda. Non hai por onde collelo. [Sobre o tema das débedas do Concello na primeira etapa de Manuel Varela no PP e a posterior débeda viva no goberno PSOE-BNG pódese consultar o seguinte informe de Por Chantada que desmente os dados do alcalde e tamén estoutro]

10.- Modificación pontoal do PXOU da delimitación do núcleo rural de Alemparte, parroquia de Mariz (exp. G-310/2017).

A documentación entregouse fóra de prazo. Este asunto xa veu ao pleno con anterioridade. Dado o volume da documentación non se sobe a este resumo.

Varela lembra que xa viñera doutra vez e que faltaban 2-3 informes sectoriais. Non ía na CI mais ten urxencia… A viciñanza ten que comezar a facer ben as cousas. Agora saír desta situación e ser máis vixiantes co cumprimento das licenzas.

Raquel di que un posíbel derrube conmove a calquera, mais edificaron fóra de proxecto e non se comprende a falta de advertencia do Concello. O informe da secretaría advertía da irregularidade da ampliación e falaba de “desvío de poder”. Non poden obviar a traxedia da familia, mais non poden tapar os ollos a ese informe xurídico.

Varela di que contemplan áreas de expansión, que a xente as demanda aínda que así pagarán máis IBI, ao pagar urbano e non rústico. Para o Concello mellor.

No seu día existía un informe de secretaría que falaba de desviación de poder, por iso no Pleno ordinario de 12 de marzo de 2018 votamos en contra. Cando volveu en 2019 cos informes favorábeis votamos a favor e agora, sendo estes favorábeis mantemos o criterio, se ben estas prácticas urbanísticas deberiamos desterralas e comezar a traballar nun horizonte de urbanismo que conserve o patrimonio e ordene axeitadamente o territorio cousa que o PXOM en tramitación tampouco persegue.

Votación MP Alemparte: a favor 8 (Por Chantada e PP), abstención 3 (PSOE).

Apróbase a MP de Alemparte.

 

ROGOS E PERGUNTAS

Ao ser extraordinaria non hai rogos e perguntas, mais na CI desde Por Chantada demandamos que houbese e Manuel Diéguez, de acordo cos voceiros da oposición, fixou que se puidesen realizar 5 perguntas por grupo.

Rogos e perguntas PSOE.

1.- Marquesiñas. A Deputación volve facer petición e reiteran a solicitude de Santa Rosa en Sabadelle, xa que hai rapaces. Diéguez di que iso xa está na acta do pleno anterior. A Xunta tamén dá.

2.- Verquidos Sangoñedo. Hai problemas na rede de saneamento? Varela di que se vai corrixir cando se poña en marcha o saneamento. O problema é que alí baixa o de Asdeme, Ponto Limpo e Machado e sempre dá problemas. A bomba está funcionando, mais veñen cousas que non deberían vir. O tubo é de 75 e debía ser de 125 ou 140. Aí o bombeo ten que seguir polo campo de futebol e Viaqua di que é imposíbel de destupir. A rede de saneamento non funciona por falta de fornecemento eléctrico.

3.- Perguntas COVID-19. Desinfección terrazas: varios hostaleiros comunicaron ausencia de desinfección, imos ben mais non baixar a garda. Entrega máscaras: xa se poden facer máis entregas. Pamela di que de momento aos negocios e facer compra para distribuír en setembro e outubro (colexios etc.) pola gripe. Vixilancia: polas mañás a xente non obra ben. O anterior fin de semana a policía local tivo que ir fechar e na zona de antiga xente de máis nun local e chamaron os viciños. Limpeza polígono: todas as vías é un perigo. O alcalde recoñece que só está un tractor, hai que contratar outro para mediados de xullo. Empezaron desde Vilaúxe e logo Adá e Quinzán. Xa hai que volver… estes días nas parroquias de San Fiz. A Deputación xa comezou tamén, antes viña pasando en xuño e xa veremos se non hai que volver en outubro. O idóneo é ter dous tractores e andar todo o ano. Agora xardíns anda limpando campos das festas, como estas non se celebraron. En Penasillás e Muradelle fíxoo a viciñanza. En Rabelas non e en Sabadelle limpou o Julio. Concepción di que polas eleicións do día 12 tamén teñen que limpar os locais. Varela di que o de Adá está perdido. Xaquín di que ao de Axulfe tamén lle chega ben.

4.- Casa escola Vilaúxe. Varela aclara que faltaba informe da Confederación Hidrográfica para pasar a de Mondín, non entende como é necesario para isto para unha obra nunha casa da escola. Agora tocaralle a Mondín o investimento do Plano único. Lémbralle ao PSOE que o polígono tamén o ten que limpar a Deputación, a súa parte.

5.- Brigada incendios. Sairá publicada convocatoria na segunda feira.

 

Rogos e perguntas Por Chantada.

Rúa do Mesó Mogay. Comunicáronse obras no mes de setembro, en que van consistir?

Pendente terreo do Chamari e do Delgado para adecentalo, será iso. Facer aparcadoiro con saída á Santa Mariña e que desaparezan os carros do parque Eloísa Ribadulla.

• Escola Moredo. Cando estiman comezar as obras? Esta a AO do Concello xa reservada e dispoñíbel?

Plano único 2019. En canto cheguen os permisos comezan as obras. Diego di que para o Entroido de 2021 estará listo.

• Rogamos que se nos envíen os decretos da alcaldía desde xaneiro e os reparos de intervención desde maio de 2019, xa que aínda non recibimos nada e é un volume de información dificilmente manexábel se se remite 2 días antes da sesión plenaria ordinaria.

Que vaiamos polo Concello.

Pista Aspai. Xa durante a campaña de 2015 a viciñanza de Aspai se queixaba do abandono da pista que dá acceso ao lugar e comunicaba que existía compromiso incumprido por parte do Goberno de Manuel Varela de arranxo desde había anos. Cinco anos despois a situación é calamitosa e nos días de auga é totalmente intransitábel, mesmo supondo unha eiva seria para o transporte escolar. Rogamos o seu arranxo inmediato, ao menos as fochancas actualmente existentes, como previo paso á rexeneración total dos accesos a Aspai desde a pista do Alto de Ramos (a LU-P-1817), que por certo tamén precisa arranxo. Tamén precisa arranxo urxente a de Sandiás a Nogueira.

No 2015 arranxouse a que vén de Quintá do Monte. Para a semana arranxan con aglomerado en quente a de Fornas da Cruz.

• Rozado gabias.
Tendo en conta o alto crecemento da maleza nas gabias polas condicións metereolóxicas que comprometen seriamente a visibilidade.
Tendo en conta o seu compromiso no pasado ano de mellorar a eficiencia e adiantar o comezo do rozado.
Tendo en conta que existen dous tractores municipais para tal efeito e que están parados.
Cando teñen previsto comezar co rozado mecánico das gabias e que criterios seguen para priorizar unhas áreas sobre outras? Por onde comezarán e cando?

Contan ter brigada de 6-8 persoas máis 7-8 do plano único sería o ideal. Xente preparada. Até agora non podían facelo. A RPT vanse pór a tope con ela par tela en setembro.

Peonalización casco antigo.

Están xa os sinais para peonalizar a rúa do Comercio e o Cantón en principio, con acceso para o Concello.

[Audio] Acto formativo Por Chantada-CUP sobre as pensións

 

 

A pasada sexta-feira 16 de novembro impulsamos máis un acto formativo desde Por Chantada-CUP. Deixamos, coma de costume, información sobre o acto, nesta caso o audio íntegro coas intervencións dos relatores e do público. Que preste!

 

https://drive.google.com/open?id=1_gKY0oKpbG2Qzj6Nn8x2PldgZrZQQF0A

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 #SomosAlternativa #CUPChantada 

Crónica do pleno ordinario de setembro

Por Chantada - Participación Democrática Directa

Asisten o señor secretario, que deixará o concello, o interventor, a recadadora e todos os concelleiros, incorporándose un de Inta comezado o pleno.

1.- ACTAS ANTERIORES, correspondentes ás sesións do 11 de xullo (ordinaria) e do 31 de agosto (extraordiaria) 

Min. 0:15.

acta-pleno-11-07-2016-completa

acta-pleno-sorteo-31-de-agosto-de-2016

[Aprovadas por unanimidade]

2.- CONTA XERAL DE 2015 

Min. 0:32.

Consulta a documentación íntegra da Conta Xeral de 2015 premendo nesta ligazón e aquí a certificación do secretario de que non se rexistraron alegacións na exposición pública da mesma:  certificacion-exp-publica-conta-xeral.

Intervención e análise da Conta Xeral 2015 do voceiro de Por Chantada-CUP en PDF: intervencion-sobre-o-estado-do-concello-conta-xeral-2015.

[A FAVOR: 6 (Inta), ABSTENCIÓN: 2 (PP) e EN CONTRA: 4 (Por Chantada-CUP e PSOE)]

3.- Aprobación provisional da modificación pontoal do PXOU no lugar de Esmoriz

Documentación da modificación do PXOU (EPTISA):  adf_modificacion-puntual_chantada-_nr-esmoriz_-julio-2016_completo-con-anexosxullo16dilix

Min. 7:45

[A Favor: 11 (Inta, PP e PSOE), Abstención: 1 (Por Chantada-CUP)]

4.- Modificación dos estatutos do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Documentación:

a.- informes-organismos-e-exposicion-publica

b.- oficio-e-acordo-inicial

c.- texto-resultante-a-aprobar

Min. 14

[A Favor: 8 (Inta e PP), Abstención: 3 (PSOE) e En Contra: 1 (Por Chantada-CUP)]

5.- Moción do grupo Por Chantada-CUP para a adopción de medidas de apoio ao campo galego.

Consulta aquí o texto íntegro en PDF da Moción de Por Chantada-CUP para a adopción de medidas de apoio ao campo galego.

Min. 25

[A Favor: 4 (Por Chantada-CUP e PSOE), En Contra: 8 (Inta e PP)]

6.- Moción do grupo municipal socialista para a recadación de impostos locais.

Consulta aquí o texto íntegro en PDF da Moción do PSOE para a recadación de impostos locais.

Min. 47:15

UNANIMIDADE

PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN

7.- Dación de contas de resolucións da alcaldía.

8.- Dación de conta de informe de seguimento do plano de axuste do segundo trimestre de 2016.

informe-plan-ajuste-2t2016-1

9.- Dación de conta do informe de morosidade do 2º trimestre de 2016.

informe-morosidade-2t2016

10.- Dación de conta do período medio de pago do segundo trimestre de 2016.

pmp-2t2016

11.- Dación de conta da execución orzamentar do 2º trimestre de 2016.

execucion-2t2016

12.- Rogos e preguntas

(ver audio min. 50:50)

[Crónica] Pleno ordinario de xullo de 2016

 

Por Chantada - Participación Democrática Directa

 

O de xullo é o pleno ordinario no que o Goberno chega co chip das ferias, pois é o previo ás vacacións oficiais do alcalde e, habitualmente, ten escasa carga. Isto determinou tamén a súa brevidade. Comezando ás 20:04 horas e rematando sobre as 23:00 horas. O concelleiro do PP Manuel Javier Goyanes incorporouse co pleno xa comezado e o de INTA Diego Otero Veiga non asistiu ao encontrarse de vacacións en Sevilla, a pesar de comezar a traballar aínda o día 1 de xuño, o que xunto á negativa de Manuel Varela de facer públicas as súas funcións, amparándose na maioría absoluta con pouco máis do 40% dos votos, é unha evidente falta de respecto á cidadanía de Chantada e unha concepción da política a desterrar.

A continuación damos unha detallada crónica do mesmo.

Seguir lendo

DOSSIER GDR [OCIP]

O Observatorio Cidadán da Inversión Pública (OCIP) coa súa vontade formativa e de promoción da acción política comeza a súa andaina expondo un dossier sobre o GDR. No mesmo diferéncianse varias partes. Unha introdución sinxela para as persoas que non saiban o que é un GDR a que segue un resumo da andaina do GDR Miño-Ulloa, no que se engloba Chantada, entre os anos 2010 e 2015. Finalmente, recóllense as inversións feitas. Agardamos sexa ilustrativo e de interese e que a nosa proposta de artellar unha fronte cívica sexa recollida pola sociedade civil da comarca.

Observatorio Cidadán da Inversión Pública (OCIP) – materias formativos e de acción política:

DOSSIER GDR

Por Chantada - Participación Democrática Directa

I.- Introdución ao GDR

Que é?

O GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) é un organismo en que participan as administracións públicas (49%) e os diversos sectores da sociedade civil (51%) (empresarios, sindicatos, asociación de todo tipo…) organizados en 9 mesas sectoriais. O GDR encárgase de xestionar os fondos europeos e achegas doutras administracións, o denominado PROGRAMA LEADER, que só en 2014 e 2015 contou con 43.014.106,01€ para toda Galiza, dos cales 10.419.466,19€ se distribuíron entre os 8 GDR da provincia de Lugo e 2.424.469,50€ foron parar ao GDR7-Asociación Miño-Ulloa en que se integra a comarca de Chantada.

Porque é importante?

Nun tempo de crise é importante optimizar os escasos recursos dos que dispomos e que se gasten precisamente naquilo para o que están pensado. O GDR 7 Miño-Ulla contou con 6.288.502’22€ de euros de fondos públicos no seu orzamento ao longo dun lustro o que o sitúa cun orzamento anual en inversións moi significativo.

Por exemplo, o concello de Chantada recibiu 1.355.461,03€ por este concepto no período de aplicación do GDR 7 Miño-Ulla (2010 e 2015), que rematou o 31 de decembro de 2015. Infelizmente, lonxe de dedicarse estes fondos ao desenvolvemento rural destínanse a proxectos que deixan moito que desexar e que logo debullaremos…

Como funciona?

Conta cunha xerencia técnica e un presidente. No caso do GDR Miño-Ulloa conta con moi pouca transparencia na asignación dos fondos e na garantía da súa equidade, así como unha moi deficiente por non dicir nula rendición de contas. Os concellos rematan tendo a maioría porque asisten sempre e o reparto dos fondos e o control do PP fan que as prácticas clientelares teñan imperado.

O 2 de xullo remata o prazo para a conformación da nova candidatura que rexerá o GDR e simplemente se cobre o requisito cos vellos protagonistas e con actos formais no que a participación se reduce a cobrir un inquérito e sen convocar nin promover a participación de todo o tecido cívico e social.

O noso obxectivo non é competir no espazo “institucional” e de reparto de cadeiras “políticas”, senón en concienciar sobre a necesidade de artellar unha fronte cívica e asociativa, a comezar por Chantada mais con vocación comarcal, que actúe unida como fórmula de presión para a obtención de conquistas democráticas que nos permitan no futuro ter incidencia no desenvolvemento do GDR e as súas actuacións.

Porque agora?

Ben é certo que o GDR 7 Miño-Ulla leva un lustro funcionando. Nese tempo non soubemos ou non puidemos incidir desde a sociedade civil para reverter un funcionamento demasiado ligado coas prácticas clientelares e a opacidade. Unha nova fornada de mulleres e homes preocupados polo rural e procedentes de diversos ámbitos de activismo (veciñal, xuvenil, cultural, sindical…) coincidimos en que isto non pode seguir por este vieiro, que é preciso abrir este espazo á participación e á transparencia ou, cando menos dar a batalla.

Neste momento, decídese a configuración do GDR 5, que guiará as actuacións o próximo lustro, por iso é importante que participemos constituíndo UNHA FRONTE CÍVICA COMÚN que nos permita conquistar obxectivos modestos, mais que redundarán no beneficio de todas e todos.

O novo GDR 5 ampliará o seu ratio de acción a un espazo de 12.000 habitantes e 1.376 quilómetros cadrados, integrando os municipios de de Paradela, O Páramo, Sarria, Chantada, Taboada, Carballedo, Palas, Portomarín, Antas e Monterroso.

Que queremos?

A Candidatura de Unidade Popular – Por Chantada naceu cunha clara vocación municipalista, centrando a acción política no concello, pois é imprescindíbel artellar e definir alternativas desde a nosa realidade para mudala e para contribuír a mudar a nosa sociedade noutros ámbitos, de abaixo a arriba.

A nosa aposta é que o tecido asociativo, as pequenas empresas e sobre todo as iniciativas asociativas e de transformación do rural teñan absoluta prioridade. Para iso é imprescindíbel que o tecido asociativo que mantén a vitalidade do país do Faro faga unha fronte única esixindo un novo GDR que sexa:

transparente e equitativo na asignación dos fondos: liñas de actuación claras e ferramentas participativas ao longo de todo o período do novo GDR 5.

cos pes na terra: o foco no rural, nas iniciativas económicas e do tecido social do rural teñen que ter prioridade, por riba de grandes empresas e de institucións que gastan os fondos de desenvolvemento europeo en inversións que nin dinamizan nin gardan relación co rural.

coas portas abertas: a xerencia e a dirección do GDR 5 ten que render contas en tempo real a través dun portal na Rede moderno, eficaz e de fácil consulta, que permita tamén recoller achegas e propostas.

mediante orzamento participativo: que permita ao final de cada exercicio decidir que proxectos e liñas priorizar e a que destinar os fondos. Desde actuacións concretas a liñas xerais polas que pular para beneficiar o tecido e a maioría social.

En definitiva, demandamos aplicar o sentido común para dotármonos dun instrumento útil e eficaz para o noso territorio. Un GDR de todas e todos, que non sexa un instrumento electoral ou un apéndice partidista. Un GDR ao servizo das maiorías sociais (labregas, asociacións veciñais, culturais, xuvenís, pequenas e medianas empresas, mocidade que desexe crear unha empresa ou incorporarse á agricultura….), que aposte por pór en valor o noso territorio e as nosas formas de vida, contribuíndo a combater a tripla crise que desola o rural galego: socio-económica, de representación e demográfica.

Contacta con nós:

https://www.facebook.com/PorChantada/?fref=ts

https://porchantada.wordpress.com/sobre/

II.- O GDR MIÑO-ULLOA no período 2010-2015. Resumo

A asociación Miño-Ulloa constituíuse en 22 de xuño de 2008 e conta co CIF G27384999 estando inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións desde o 18 de novembro de 2008 co número 2008/012451-1(LU). É a encargada de desenvolver no período 2008-2015 o Grupo de Desenvolvemento Rural 7-GDR7.

A súa constitución acompañouse dun forte confronto político protagonizado especialmente por Monterroso, gobernado na altura por Gato Soengas do PSOE, e a maioría de cargos e representantes políticos adscritos ao PP. Após imporse e usar ou “inventar” tecido asociativo, vital para poder desenvolver o proceso, todo o que non estaba infiltrado ou controlado por esta formación foi desanimándose e ficando totalmente marxinado do día a día do GDR, así o tumor do caciquismo expulsou o tecido social e cívico sano que é o que debería ser protagonista do GDR, seguindo a filosofía que inspiran as diretrices da Unión Europea ao respecto.

Nacía así unha asociación Miño-Ulloa que era un instrumento do PP e dos grandes grupos de poder económico das comarcas de Chantada e da Ulloa. O seu presidente, por exemplo, é o alcalde de Taboada do PP.

Entre 2008 e 2015 manexáronse uns fondos públicos de 6.288.502’22€ distribuíndose do seguinte xeito:

ANO

Unión Europea (FEADER)

Ad. xeral do Estado

Xunta de Galiza

TOTAL

2008-2013

2.224.137,24

827.639,18

812.256,30

3.864.032,72

2014-2015

1.818.352,13

294.088,15

312.029,23

2.424.469,50

Dese montante unha parte vai a gastos de funcionamento da asociación Miño-Ulloa e outra a inversións relacionadas co “desenvolvemento rural”, aínda que xa veremos exactamente en que medida. Ao ser unha entidade colaboradora con AGADER na xestión do Programa Leader subscribiron débeda co Banco Santander e logo o citado organismo faise cargo de compensar o 100% do gasto.

GASTOS de FUNCIONAMENTO

Ano 2010

53.764,43

Ano 2011

81.031,01

Ano 2012

86.589,20

Ano 2013

88.129,90

2007-2013

Material de promoción do programa LEADER 2007-2013: 5.819,38€ (en 2014 e 2015 inclúese xa nos gastos de funcionamento)

Ano 2014

86.574’76€

Ano 2015

97.189’37€

En 2014 producíronse baixas de socios e en 2015 contaba con 77 socios onde se inclúen concellos, cooperativas, asociacións… As cotas no ano 2015 ascenderon a 2.850€, cantidade importante no caso das entidades sen ánimo de lucro que, amais, fican sempre fóra das axudas como se verá.

III.- INVERSIÓNS DO GDR MIÑO-ULLOA no período 2010-2015

CONCELLO DE CARBALLEDO

ANO

Promotor e proxecto

Cantidade en euros

2013

Acondicionamento casa da escola para centro social e cultural na Aguada

38.135,39€

2015

José Antonio Fernández Ferrreira. Mellora e amplicación de empresa especializada na prestación de servizos forestais

42.964,25€

TOTAL CONCELLO DE CARBALLEDO: 81.099,64€

 

CONCELLO DE CHANTADA

ANO

Promotor e proxecto

Cantidade en euros

2012

Jesús Pegerto Ledo López:

Adquicisión programa informático de identificación de sala de ordeño

9.234,50€

2012

Vía Romana S.L.:

construción dunha adega en pedra para a elaboración de viños brancos

12.339,47€

2013

ICOS, SCG:

adecuación de instalacións para aula de informática e formación

29.888,19€

2012

ICOS, SCG:

dotación de equipamento tecnolóxico

8.778€

2013

ICOS, SCG:

dotación de maquinaria en servizos de ICOS

89.033,49€

2015

ICOS, SCG

dotación de maquinaria en servizos de ICOS

68.950€

SUBTOTAL ICOS, SCG: 196.649,68

2012

Vinigalicia S.L.:

Modernización e innovación de maquinaria especializada

68.970,97€

2012

Verdechán S.L.:

equipamento maquinaria para ampliación de empresa de servizos de xardinaría

2.851,56€

2012

Concello de Chantada:

recuperación medioambiental da contorna das piscinas municipais da vila de Chantada

23.149,14€

2013

Concello de Chantada:

recuperación medioambiental da contorna das piscinas municipais da vila de Chantada

7.120,21€

2015

Concello de Chantada:

acondicionamento da antiga escola infantil para centro de día en Chantada

233.440,15

SUBTOTAL CONCELLO DE CHANTADA: 263.709,5€

2014

Orlando Otero Fernández (Camporramiro):

adquisición de maquinaria para prestación de servizos en viñedos

8.442€

2014

Gandaría Poutón S.C (Amorín, Argozón):

instalación de equipo de muxido robotizado, sistema automatizado alimentación de

5.400€

2015

Gandaría Poutón S.C (Amorín, Argozón):

instalación de equipo de muxido robotizado, sistema automatizado alimentación de

59.400€

2014

Gandaría Poutón S.C (Amorín, Argozón):

adquisición de equipos de transporte (2 remolques con eixos traccionados)

38.850€

SUBTOTAL GANDARÍA POUTÓN S.C: 103.650€

2015

Chavián S.C. (Mariz):

instalación de dous equipos de muxido robotizado, equipos informatizados

94.940,51€

2014

Maquinaria Agrícola del Noroeste S.L:

dinamización e diversificación, do sector agroforestal, ampliación, de servizo do medio rural

76.100,64€

2015

Maquinaria Agrícola del Noroeste S.L:

dinamización e diversificación, do sector agroforestal, ampliación, de servizo do medio rural

19.025,16€

SUBTOTAL MAQUINARIA AGRÍCOLA DEL NOROESTE: 95.125,8€

2014

Circuíto LEADER Miño-Ulloa de carreiras populares

2.256,93€

2015

Circuíto LEADER Miño-Ulloa de carreiras populares

9.482,72€

SUBTOTAL CARREIRAS POPULARES: 11.739,65€

TOTAL CONCELLO DE CHANTADA: 867.653,64€

 

CONCELLO DE MONTERROSO

ANO

Promotor e proxecto

Cantidade en euros

2011

Concello de Monterroso:

XX edición feira do queixo Arzúa-Ulloa. Mostra multisectorial

1.561,40€

2012

Concello de Monterroso:

rehabilitación edificio para local social en Pedraza

16.278,13€

2014

Concello de Monterroso:

instalación de dúas pistas de pádel no concello de Monterroso

26.666,55€

SUBTOTAL CONCELLO DE MONTERROSO: 44.506,08€

2012

Agritransfor Sociedade Cooperativa Galega:

creación de Agritransfor, Sociedade Cooperativa Galega de servizos Agroforestais

57.752,39€

2013

Agritransfor Sociedade Cooperativa Galega:

creación de Agritransfor, Sociedade Cooperativa Galega de servizos Agroforestais

29.363,85€

SUBTOTAL AGRITRANSFOR: 87.116,24€

2015

María Luísa Vázquez Gavieiro:

adquisición robot para muxir

53.900€

2014

José Cándido Dobarro Reboredo:

construción nave industrial para actividade de comercio maior de respostos

52.777,46€

TOTAL CONCELLO DE MONTERROSO: 238.299,78€

 

CONCELLO DE PALAS DE REI

ANO

Promotor e proxecto

Cantidade en euros

2011

Mourenza y Pardo S.L:

construción de nave industrial para sede de empresa de autobuses, servizos turísticos

52.000’95€

2014

Mourenza y Pardo S.L:

construción de nave industrial para sede de empresa de autobuses, servizos turísticos

15.075,92€

SUBTOTAL Mourenza y Pardo S.L.: 67.076,87€

2013

Asociación veciños A Capela:

construción de pista de carreiras e andadura para cabalos

58.479,30€

2013

Gavieiro e Hijos S.L:

equipamento de maquinaria para empresa de servizos agrícolas

90.778,21€

2014

Gavieiro e Hijos S.L:

innovación e desenvolvemento de novas tecnoloxías para mellora de produción

250.000€

SUBTOTAL GAVIEIRO E HIJOS S.L: 340.778,21€

2013

Concello de Palas de Rei:

XXI Edición Feira do queixo Arzúa-Ulloa. Mostra multisectorial

2.405,96€

2012

Juan Andrés Ayaso García:

adquisición ecógrafo para gando vacún e material informático

2.392,20

2014

SAT San Miguel 1001 Xuga:

mellora do benestra animal e redución de consumo de enerxía eléctrica

5.838,21€

2015

Rivas S.C:

adquisición robot para muxir

59.244,08€

2015

José Antonio Serén Blanco:

adquisición de maquinaria para prestación de servizos agrícolas e gandeiros

61.390,94€

TOTAL CONCELLO PALAS DE REI: 597.605,77€

 

CONCELLO DE PORTOMARÍN

ANO

Promotor e proxecto

Cantidade en euros

2012

Floro SAT nº1315 XUGA:

instalación dun robot para muxir

54.569,89€

2012

José Manuel Seijas Vázquez:

instalación dun robot para muxir e adquisición de pala telescópica

67.680€

2012

Aviporto S.L:

Melloras procesos en planta de abonos orgánicos con plantación de compostaxe

158.936,32€

2013

Aviporto S.L:

Melloras procesos en planta de abonos orgánicos con plantación de compostaxe

52.978,77€

SUBTOTAL: AVIPORTO S.L: 211.915,09€

2014

Manuel Pérez Grandas:

instalación de equipo para muxir robotizado, sistema de prefriado de leite

56.959,75€

2013

Concello de Portomarín

1.471,90€

TOTAL CONCELLO DE PORTOMARÍN: 392.596,63€

 

CONCELLO DE TABOADA

2012

Souto Frade S.C:

instalación de equipo para muxir robotizado, equipos informatizados para alimentación

27.875€

2013

Souto Frade S.C:

instalación de equipo para muxir robotizado, equipos informatizados para alimentación

83.625€

2015

Souto Frade S.C:

instalación de sistemas produción de enerxía renovábel para autoconsumo explotación

77.712,90€

SUBTOTAL SOUTO FRADE S.C: 189.212,9€

2012

Asociación Cultural e Recreativa AS FACHAS:

creación de páxina web para asociación cultural

1.109,80€

2014

Covas 21 S.L (Jesús Boán Méndez):

posta en valor dos recursos naturais de Covas

137.500€

2015

Covas 21 S.L (Jesús Boán Méndez):

posta en valor dos recursos naturais de Covas

112.500€

SUBTOTAL COVAS 21 S.L: 250.000€

2013

Ganadería Millán S.C:

adecuación de instalacións de explotación agraria e adquisición de equipo para muxir

100.237,86€

2015

Ganadería Millán S.C:

instalación con sistemas para xerar enerxía renovábel para explotación

74.600€

SUBTOTAL GANADERÍA MILLÁN: 174.837,86€

2013

Subiela SC (Sernande):

instalación robot para ordeño

83.084,51€

2014

Subiela SC (Sernande):

adquisición dun arrimador de comida para o gando

7.055€

SUBTOTAL SUBIELA SC: 90.139,51

2014

Leitagro SC (Gondulfe):

instalación de equipo de enfriado do leite s.l

15.992,51€

2014

Miguel Pavón Reinoso:

rehabilitación e adega e plantación de viñedo en Sobrecedo

5.179,91€

2015

Miguel Pavón Reinoso:

rehabilitación e adega e plantación de viñedo en Sobrecedo

32.032,54€

SUBTOTAL MIGUEL PAVÓN REINOSO: 37.212,45€

2014

Cadahías de San Julián S.C:

adquisición de maquinaria e equipos de aforro enerxético para explotación agrícola

15.043,30

2014

Mª Teresa Jiménez Horwitz:

escola de equitación La Cruz en Taboada

31.969,43€

2015

Mª Teresa Jiménez Horwitz:

escola de equitación La Cruz en Taboada

31.901,46€

TOTAL CONCELLO DE TABOADA: 837.429,22€

 

CONCELLO DE ANTAS DE ULLA

ANO

Promotor e proxecto

Cantidade en euros

2014

Antonio Ferreiro Ferreiro:

obradoiro en recinto expositivo en queixaría e adecuación de percorrido didáctico

31.116,45€

2015

Antonio Ferreiro Ferreiro:

obradoiro en recinto expositivo en queixaría e adecuación de percorrido didáctico

44.435,50€

SUBTOTAL ANTONIO FERREIRO: 75.551,95€

2014

Miguel Ángel Meilán Otero:

adquisición de maquinaria para prestación de servizos agroambientais

24.226,02€

2014

Fernando Gómez González:

mellora tecnolóxica en granxa de vacún de leite

18.236,40€

2015

Fernando Gómez González:

mellora tecnolóxica en granxa de vacún de leite

83.692,07€

SUBTOTAL FERNANDO GÓMEZ: 101.928,47€

2014

Concello de Antas de Ulla:

XII edición feira do queixo D.O. Arzúa-Ulloa

7.503,91

TOTAL CONCELLO ANTAS DE ULLA: 209.210,35€

 

OBSERVATORIO CIDADÁN DA INVERSIÓN PÚBLICA (OCIP)

GZ

Que é o OCIP?

Observatorio cidadán da inversión pública (OCIP) é un grupo de traballo, análise e estudo que depende do Grupo de Traballo de Coordinación da candidatura de unidade popular Por Chantada.

Cal é o seu obxectivo?

Complementar a aposta pola transparencia que desenvolve a CUP no tocante ás contas do concello. Xa que logo,  o OCIP tentará seguir, explicar e facer transparentes as contas de organismos que, sen seren o concello, manexan importantes sumas de fondos públicos e, en consecuencia, inciden para ben ou para mal na nosa sociedade. Igualmente, consideramos importante que a cidadanía teña referencias para coñecer o destino dos fondos públicos, nomeadamente das axudas públicas a entes privados.

Como funciona?

Os seus integrantes desenvolven un traballo completamente desinteresado e altruísta recabando e analizando datos que son moitas veces de difícil acceso aínda tratándose de fondos públicos. Así pois, o OCIP regúlase internamente entre os seus participantes que reparten aquelas tarefas que son esenciais para o seu funcionamento e funciona por obxectivos concretos.

Como fago para participar?

Se desexas participar é moi fácil, só tes que contactar coa CUP de Chantada mostrando a túa disposición e indicando en que gostarías centrarte, a túa disponiblidade temporal e preferencias metodolóxicas, etc.

 

#SomosAlternativa #CUPChantada

 

MOCIÓN PARA A ADOPCIÓN DE PROTOCOLOS DE TRANSPARENCIA NO RELATIVO Á CONTRATACIÓN E SEGUIMENTO DOS CONTRATOS MENORES

corrupción

Descarga aquí o contido íntegro da nosa Moción para a adopción de protocolos de transparencia e eficiencia nos servizos económicos. Curiosamente ao pleno ordinario de marzo tamén chegará un convenio entre a Deputación de Lugo e o concello de Chantada para cumprir coas novas disposicións legais sobre transparencia. A hipocrisía como bandeira, depois de rexeitar hai máis de medio ano a nosa Moción para a implantación de códigos de transparencia e Participación Cidadá na Administración Local. As tretas da vella política contan a cada paso cun recorrido menor.

Seguir lendo

Moción para impulsar un proceso de fusión entre as entidades locais de Chantada, Carballedo e Taboada

Consulta en pdf a nosa Moción para impulsar un proceso de fusión entre as entidades locais de Chantada

 

@CUPChantada #SomosAlternativa

As contas do concello II: o gasto telefónico

12729189_1129643640381306_6698104046186652847_n

En decembro do pasado ano inauguramos unha nova sección no site de Por Chantada que intitulamos “As contas do concello” e na que imos debullando diversos aspectos das contas públicas, en aras da transparencia e do coñecemento dos cidadáns. Coñecer as contas dos organismos públicos consideramos que é algo fundamental e, desde logo, coherente coa nosa aposta pola participación cidadá, a ética na política e a transparencia.

A primeira entrega dedicámoslla ao financiamento da prensa e irase actualizando periódicamente. Tamén  achegamos a documentación relativa ao Orzamento de 2016, contra o que apresentamos alegacións após votar negativamente no pleno (ver resumo do pleno aquí). Esta nova entrega céntrase no gasto telefónico do concello de Chantada.

 

Servizos de telecomunicacións (P.O. 221.00)
330.- Ad. xeral cultura 3.500€
920. Ad. xeral 20.000€
TOTAL ORZAMENTO 2016: 23.500€
TOTAL 2014 (Liquidación conta xeral)

24.716’46€

No novo orzamento de 2016 debullado por partidas vemos como a partida orzamentar 221.00 se corresponde sempre con Servizos de telecomunicación. Esta aplicación pode encontrarse en dúas áreas a Administración xeral de cultura (330) con 3.500€ e a Administración xeral con 20.000€. Así, para 2016 contémplase gastar 23.500€ en “servizos de telecomunicación” fronte aos 24.716’46€ que se gastaron realmente no ano de 2014, segundo a liquidación do exercicio aprovada no mes de outubro de 2015 en sesión plenaria e da que demos conta no seu día.

Outro mecanismo para fiscalizar o gasto real é o seguimento das relación de facturas aprobadas en Xunta de Goberno Local, cuxa acta se nos fai chegar desde a secretaría do concello de Chantada. Así, en 2015, na administración xeral figuran gastos telefónicos contraídos coa empresa R, a actual concesionaria, por valor dunha media mensual de por volta de 1.500€ (1476’58€ concretamente) para os meses de xuño, xullo e setembro (aos únicos que, polo de pronto tivemos acceso como deixamos constancia no ANEXO I).

Xa que logo, o concello de Chantada gasta máis de 1.000€ mensuais en teléfono. Concretamente, en 2014 superou os 2.000€ mensuais. Para este 2016  na Administración xeral orzaméntase unha cantidade que, vendo o volume das facturas, polo de pronto semella axustarse coa realidade alén do elevada que poda parecernos. O máis grave é que non podemos dicir o mesmo dos 3.500€ da área de cultura. No orzamento prorrogado para 2015 (o de  2014) contémplase unha P.O. semellante á referida e non nos consta en 2015 ningunha xustificación da mesma mediante facturas aprobadas no órgano correspondente.

ANEXO I

Mes

Cantidade

Xuño

1.437’73€

Xullo

1.455’87€

Agosto

1.515’81€

Setemnbro

1.496’9

TOTAL CUATRIMESTRE

5.906’33€

PROXECCIÓN 12 MESES (x3)

17.718’99€ (total orzamentado: 20.000€)

GASTO TOTAL 2014

24.716’46€