Apresentación do libro de Xabier Pérez Davila [audio]

Para accederes ao audio íntegro coa apresentación do libro de Xabier Pérez Davila, que transcorreu o 26 de xuño de 2021 no Círculo Recreativo Cultural (Casino) de Chantada preme na seguinte ligazón: https://bit.ly/3AaQrV9

 

IMG-20210627-WA0002

Momento da apresentación do libro de Xabier Pérez Davila Socialismo en Europa 2020 (Compostela: Laiovento). De esquerda a direita: Olga Otero, integrante de Por Chantada e da secretaría das persoas maiores do SLG; Xabier Pérez Davila, economista e escritor que colabora coa CIG e con MODEPEN; Antom Fente Parada, voceiro de Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular. Foto: arquivo Por Chantada.

Podedes mercar o libro nas librarías Mago e Central de Chantada.

Para leres unha entrevista ao autor elaborada pola prestixiosa revista Sin Permiso preme aquí: SP – entrevista a Xabier Pérez Davila – libro socialismo 

Para leres outra entrevista, no Nós Diario: https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/capital-quen-goberna-economia-nesta-ambito-non-existe-democracia/20201030211759108004.html

Para accederes á sinopse da editora Laiovento preme aquí: https://laiovento.gal/CATALOGO/1057/SOCIALISMO-EN-EUROPA-2020.html

207574694_4352375014814186_823122077569179170_n

Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP para a adopción de medidas a prol da igualdade.

 

No día de hoxe rexistramos Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP para a adopción de medidas a prol da igualdade. A moción debaterase no vindeira sesión ordinaria do Pleno do Concello de Chantada,a celebrar na quinta feira 28 de novembro, xunto á Moción de Por Chantada-CUP sobre adopción de medidas na escola infantil e para a ampliación das prazas públicas.

 

Desde o noso grupo, recollemos unha serie de demandas que, en síntese, visan exixir un financiamento local suficiente e xusto para desenvolver as competencias municipais contra a violencia machista; elaborarmos unha Ordenanza municipal de Chantada para a igualdade na diversidade; facer da prevención unha política prioritaria e transversal; dotar de recursos orzamentares municipais á loita contra a violencia de xénero; deseñar un plano de acción específico para a coeducación e o respeito desde a infancia e a adolescencia; atender ao machismo no desporto; e que o Concello non subvencione entidades que empreguen o corpo das mulleres de xeito sexista como reclamo publicitario.

Podes consultar a moción íntegra aquí: Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP para a adopción de medidas a prol da igualdade.

 

 

Por Chantada-CUP apresentará 3 mocións no pleno ordinario de xaneiro (23/01/2017)

logo-por-chantada

ORDE DO DÍA DEFINITIVA: convocatoria-orde-do-dia-definitiva

O vindeiro 23 de xaneiro celébrase a sesión ordinaria do pleno de Chantada, atrasada a petición de Inta xa que debera celebrarse o día 9 de xaneiro, mais alegaban certar coas vacacións. A pesar do notábel atraso na convocatoria das comisións informativas, que se mudaron de día sen previo aviso, o Goberno non trasladou ningún asunto para ser tratado e continúa a procurar subterfuxios de diversa índole para dificultar o labor de oposición de Por Chantada-CUP, cuxo voceiro está actualmente traballando no estranxeiro ao igual que moita da nosa mocidade emigrada que pouco lle importa ao indolente Desgoberno municipal.

Desde Por Chantada-CUP trasladamos 3 mocións ao vindeiro pleno que explicamos suscintamente e que poden consultarse en PDF nesta mesma entrada. Para comezar dicir que están pensadas tamén no marco da aprobación do novo marco orzamentar para este 2017 que, como é habitual, chegará tamén con notábel atraso e fóra de prazo.

1.- Moción de Por Chantada-CUP para a mellora e ampliación da biblioteca municipal. Con esta moción, que recolle peticións que nos trasladaron usuarios e mocidade organizada do noso concello, queremos sentar as bases para a construción dun espazo digno para a consulta e o estudo, a recuperación do arquivo municipal e a reorganización e racionalización da Casa da Cultura, etc.

2.- Moción para impulsar a creacion dunha mesa local de coordinacion interinstitucional fronte a violencia de xenero . Con esta moción tentamos achegar unha proposta concreta, xa en andamento nalgunha comarca galega, para o combate da violencia doméstica e da lacra da violencia de xénero xa que ano a ano vemos que os minutos de silencio e as declaracións institucionais de pouco serven sen medios e disposicións concretas.

3.- Moción de Por Chantada-CUP para a restitución do acceso universal ao sistema estatal de saude e plano de choque contra a exclusion no concello de Chantada. Con esta proposta visamos defender a universalidade dos servizos públicos, nomeadamente da sanidade, trasladando a nosa visión local a outras instancias e, ao tempo, comprometéndonos cun humilde e perfectamente asumíbel plano de choque local contra a crecente exclusión social (o Reino de España é o estado europeu onde máis inzou a desigualdade desde 2008 e o sul de Lugo é o territorio coas taxas de exclusión social máis elevadas da Galiza).

A orde do día foi modificada grazas a nosa petición de que inclúa a rendición de contas da suposta “urxencia” do pleno extraordinario de decembro que, finalmente, ficou en nada.

Tamén trasladaremos numerosas cuestións, preguntas e rogos como vén sendo habitual e ficamos á vosa disposición para calquera suxerencia, pois entre tod@s construímos Chantada.

#SomosAlternativa #CUPChantada

https://www.facebook.com/PorChantada/?fref=ts