COMUNICADO DE POR CHANTADA SOBRE AS BASES QUE REGULAN A SELECCIÓN DE SEIS PRAZAS DE PEÓNS ESPECIALISTAS PARA TRABALLOS EN EVENTOS CULTURAIS

O que fai a lei, fai a trampa (ditado popular)

Por Chantada - Participación Democrática Directa

BASES PEÓNS EVENTOS CULTURAIS

DECRETO APROBACIÓN BASES PEÓNS CULTURAIS

Por Chantada considera que as bases apobadas pola Alcaldía o día 13 de xullo de 2015 non son xustas, transparentes nin equitativas. É máis valoramos que son un exemplo claro de como non debe funcionar o concello, un exemplo do emprego patrimonialista e privativo dunha institución que é de todos os chantadinos e todas as chantadinas.

Na nosa opinión calquera posto laboral no sector público debe guiarse polos criterios de mérito e igualdade, conforme ao que estabelece o artigo 36 do Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galiza: 

O acceso á función pública e aos seus corpos ou escalas realizarase mediante concurso, oposición ou concurso-oposición libre, convocados publicamente e baseados nos principios de igualdade, mérito e capacidade, sen prexuízo do que, sobre a carreira administrativa, se dispón nesta lei. Na convocatoria será necesario ter en conta o disposto polo artigo 37 da Lei 7/2004, de 15 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes.

Contratar a seis persoas respectando a igualdade nos méritos e nas capacidades é difícil atendendo á cláusula sexta das Bases, onde non se especifica quen conforma o tribunal e que transmite máis sensación de arbitrariedade que de equidade (con indenpendencia de que formalmente poda axutarse á lexislación, o importante é a ética!). Amais, lembramos que o tribunal segue pendente de designar cando xa existe a listaxe de admitidos. Entre outros evidentes trastornos, dificulta a posibilidade de recusación dos seus membros conforme aos artigos 28 e 29 da Lei 20/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Tampouco se axusta co fondo, apenas coa forma, do artigo 103 da Lei 7/1985 de 2 de abril:

O persoal laboral será seleccionado pola propia Corporación aténdose, en todo caso, ao disposto no artigo 91 e co máximo respecto ao principio de igualdade de oportunidades de cantos reúnan os requisitos exixidos.

E o mesmo podemos dicir para o artigo 91 da Lei 7/1985, que dispón o seguinte:

1.- As Corporacións locais formarán publicamente a súa oferta de emprego, axustándose aos criterios fixados na normativa básica estatal.

2.- A selección de todo o persoal, sexa funcionario ou laboral, debe realizarse de acordo coa oferta de emprego público, mediante convocatoria pública e a través do sistema de concurso, oposición ou concurso-oposición libre nos que se garantan, en todo caso, os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

Nin que dicir ten que a igualdade só se cumpre cando se dispoñen todos os medios para asegurala, como mínimo:


a.- un xurado conformado por persoas competentes na materia
, cuxa composición cando menos aproximada- se coñeza previamente;

b.- uns criterios claros de valoración das entrevistas e dos méritos (mesmo se for preciso cun anexo onde se especifique, por exemplo, que é “certificábel” e por quen no ámbito privado);

c. e, finalmente, mediante a máxima publicitación da convocatoria para o que se debe contactar co INEM local (a fin de solicitar persoas desempregadas que se axusten ao perfil) e publicar no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web (estamos no 2015 e o concello non ten nin presenza no Facebook).

Cando isto non se cumpre e se contraveñen estas indicacións é perfectamente posíbel estar dentro do marco legal vixente, mais no fondo non se cumpre a conciencia e se é consecuente coa igualdade, a equidade e a publicidade do mesmo.

 

Seguir lendo

Informe-guía do Grupo de Traballo de Acción Institucional de Por Chantada-CUP sobre os orzamentos vixentes

Nota previa: Este informe é unha continuación dos “MATERIAS FORMATIVOS DO GRUPO DE TRABALLO INSTITUCIONAL DE POR CHANTADA-CUP: O ORZAMENTO MUNICIPAL” publicado en 11 de xullo de 2015 no noso site: https://porchantada.wordpress.com/

Por Chantada - Participación Democrática Directa

Contidos do informe:

1.- Introdución: como ler os orzamentos

2.- Os orzamentos actuais por conceptos

3.- Comparativa de inversións entre os orzamentos actuais e os orzamentos de lexislaturas pasadas

1.- Introdución

Á hora de elaborar uns orzamentos a equipa de Goberno ten que observar a lexislación vixente, nomeadamente a Lei de Bases do Réxime Local e a Lei de Facenda Local.
Cando un Goberno apresenta uns orzamentos debemos ter en consideración que estes proporcionan información sobre tres cuestións, ao noso xuízo, básicas: o volume total dos recursos que xestiona esa administración, como obtén eses fondos e como prioriza o gasto público (en teoría vector diferencial entre a esquerda e a dereita).
No concello de Chantada os orzamentos vixentes son os do ano 2014, que se prorrogaron para o ano 2015. Manuel Lorenzo Varela de INTA anunciou en Televinte que contempla aprobar os novos orzamentos no mes de outubro –coa comodidade de ter maioría absoluta aínda sendo a minoría maioritaria–.

Os ingresos do concellos proceden de 4 fontes, fundamentalmente:

a.- Impostos
b.- Transferencias do Estado, da Xunta, da Deputación ou doutros organismos (XDR, FEDER, UE…).
c.- Venda de bens (se ben é discutíbel até onde isto é un ingreso ou unha merma do patrimonio público, etc.)
d.- Débeda (que é un ingreso e ao tempo un gasto a medio-longo prazo).

2.- Os orzamentos por conceptos

Liquidación do ano anterior: trátase dun informe que contén a información de cal foi o importe dos recursos (ingresos) obtidos nun ano, de onde proceden eses ingresos [liquidación do estado de ingresos], en que foron gastados eses ingresos (servizo) e por quen foron gastados (concellaría) [liquidación do estado de gastos].

Ingresos: a previsión de fondos que vai ter o concello. Aquí é onde se xoga tamén coas “previsións” para inflar os ingresos o que logo se traduce en déficit e débeda. Moitas veces os concellos non orzamentan sobre a realidade (o que se recada) senón sobre “previsións” que moitas veces se sabe xa no momento en que se fan os orzamentos que non se van cumprir aínda que entre dentro do “previsíbel” legalmente. Con isto faise “enxeñaría financeira”.

A.- Impostos directos:

IBI (Imposto de Bens Inmóbeis) ou popularmente coñecido como “a contribución“. O que cada cidadán paga pola súa vivenda e outras edificacións sexan de natureza urbana ou rural. A liquidación de 2013 este concepto era de 1.371.955€ de natureza urbana e 25.698€ de rural. O “catastrazo” deste 2015 previsibelmente fará aumentar as de natureza rural, ao igual que no Plano de axuste para o pago a provedores o Goberno central aproveitou para subir o IBI.
BICES (Bens Inmóbeis de Categorías Especiais) que se aplican a encoros, eólicos, etc.
IVTM (Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica) hai varios tramos segundo o modelo do carro e os anos do mesmo. A partir de 30 anos os carros non pagan IVTM e as persoas con discapacidade están exentas. A natureza deste imposto debe mudar radicalmente, aplicándose cunha maior progresividade segundo o valor do vehículo e cun sobrecargo segundo o que contamine.
IAE (Imposto de Actividades Económicas) un imposto que foi minguado polo Estado, xa que só o pagan as empresas que declaran ganancias superiores ao millón de euros, que son as menos dado a “enxeñaría financeira”. Chantada por este concepto recaudou só 182.840€.
Plusvalía. Imposto que se paga cando se efectúa unha compra-venda dun ben inmóbel. Pola liquidación recaudáronse 61.000€ por este concepto, aínda que en tempos se orzamentaba moito por este concepto conforme á borbulla inmobiliaria (e se producía tamén moito déficit aínda así porque Chantada non era Marbella).

B.- Impostos indirectos:
ICIO (Imposto de Construción, Instalación e Obras). É un imposto que se aplica a calquera obra que esixa licenza urbanística. Existen bonificacións para edificios con interese histórico-artístico e cultural, nomeadamente no que concerne ao casco histórico da vila.

C.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos:

Abastecemento
Saneamento
Recollida do lixo
Recollida do lixo no rural (fíxose a ordenanza para xustificar unha subida de ingresos no Plano de axuste a provedores, mais aínda non se aplicou)
Tratamento de residuos
Licenzas urbanísticas (orzamentaron 7.500€ cando na liquidación se indica que só se recaudaron 1.000€)
Licenzas de apertura de estabelecimentos
Cédulas de primeira ocupación de vivendas
Expedición de documentos
Actividades deportivas
Vaos (ordenanza antiga sen revisar)
Apertura de calas e zanxas
Ocupación de vía pública (terrazas, guindastres)
Pola utilización privativa do dominio público (Fora unha proposta na pasada lexislatura do Grupo Nacionalista para cobrar a bancos, eléctricas, etc. Está sen facer a ordenanza aínda cando se orzamentan cartos por este concepto!)
Servizos asistenciais. Axuda no fogar.
Multas e sancións (orzamentan case 20.000€ por ese concepto, evidentemente nunca se recaudou esa cantidade).

D.- Transferencias correntes

Ingresos que se reciben doutras administracións –que recadan tamén impostos dos nosos cidadáns como o IVE por exemplo–. A lei fixa unha cantidades fixas que dependen da poboación, polo que a desertización demográfica alimenta un círculo vicioso (moito pero cando se conta con pésimos xestores do público) cando na Galiza interior a dispersión, a emigración da mocidade e o envellecemento recomendan xustamente todo o contrario e un plano de inversións para mudar de modelo produtivo, reforzar o tecido produtivo e fixar poboación.
Estado español: 1.631.093€
Xunta de Galiza: 623.035€
Deputación de Lugo: 24.380€
Outros: 25.000€
TOTAL TRANSFERENCIAS: 2.303.508

E.- Ingresos patrimoniais

Recursos derivados da xestión do patrimonio municipal, concesións administrativas, xuros de contas en entidades bancarias, etc.

F.- Alienación de bens

Ingresos pola venda de patrimonio municipal (polo que se perde patrimonio, aínda que se ingrese temporalmente unha cantidade económica).

G.- Inversións

Habitualmente considérase o capítulo máis político dos orzamentos, xa que recolle o que se espera recadar en investimentos doutras administracións (alén transferencias); o grado de cumprimento do programa electoral e das promesas do Goberno, etc.

H.- Remanente doutros exercicios

I.- Ingresos por operacións de crédito

 

3.- Comparativa de inversións (G)

Xunta de Galiza durante a pasada lexislatura de INTA (anos 2011-2013): tres convenios por valor de 140.430€1.
Xunta de Galiza durante a lexislatura 2007-2011 (PSOE-BNG): 19 convenios de colaboración.

Deputación de Lugo anos 2011-2013 (INTA) a través do Plano de Obras e Servizos (POS) da Deputación de Lugo:
2011: Renovación e mellora de espazos públicos da rúa Caixa de Aforros.
2012: Renovación de redes de augas e saneamento no Grupo Bo Xesús e Centulle.

Deputación de Lugo 2007-2011 (PSOE-BNG): alén da débeda do canon (que quedou nuns 5 millóns de obras en inversións), obtívose a ampliación do polígono industrial (por volta de 3 millóns de euros) e o asfaltado de rúas en Chantada e polo POS resultando en máis de 10 millóns de euros (a maior captación de investimentos da historia dos gobernos locais).

Estado español:
2011-2012: 0€
2007-2011: reforma da estrada Lugo-Ourense, incluíndo os arranxos do paseo fluvial pola concesión da competencia desa estrada para o Concello: 1,5 millóns de euros.

MATERIAS FORMATIVOS DO GRUPO DE TRABALLO INSTITUCIONAL DE POR CHANTADA-CUP: O ORZAMENTO MUNICIPAL

Como o actual goberno anunciou que no mes de outubro ten previsto apresentar os novos orzamentos, desde Por Chantada-CUP elaboramos este material explicativo para que todas as persoas que o desexen podan seguir o debate orzamentar.

A través do contacto neste site podedes enviarnos as vosas achegas ou consideracións para os vindeiros orzamentos. Para mudar a realidade é imprescindíbel crear movementos de masas robustos e implicarnos na res publica. Se os movementos de oposicion queren ser algo máis que estrelas fugaces, que se consumen tan rápido como se desbotan, terán que propugnar un proxecto integral do que queremos, así como estratexias políticas serias e críbeis para conseguir os nosos obxectivos.

logorecorte

QUE É?

É o documento que presenta os ingresos que se prevén no ano, e en que gastos se investirán os cartos.

QUÉN O ELABORA?

A equipa de goberno elabora un rascuño que é entregado aos concelleiros da oposición para o seu estudo e trabállase para logar conxuntamente o acordo en determinados pontos.

QUE PRAZOS HAI PARA A SÚA ELABORACIÓN E APROBACIÓN POLO PLENO?

O orzamento debe presentarse ao Pleno da Corporación para o seu debate e aprobación antes do 31 de decembro do ano anterior. É dicir, que o do ano 2016 debe presentarse antes do 31 de decembro de 2015. Para iso, os traballos de elaboración e entrega de documentación á oposición deben comezar durante o último trimestre do ano.

QUE PROCEDEMENTO DEBE SEGUIRSE PARA A APROBACIÓN DO ORZAMENTO?

1.- O goberno municipal entrega o rascuño aos concelleiros da oposición.

2.- O concelleiro de Facenda convoca unha comisión informativa de Facenda (formada por unha representación proporcional de todos os grupos municipais e denominada de “Economía e Facenda” no caso de Chantada), en que se dá conta do rascuño, e en que se debate o contido. O interventor e o secretario do Concello están presentes nesa comisión para aclarar calquera dúbida.

3.- A comisión emite, como de costume, un ditame. O ditame é un documento que explica o sentir dos concelleiros presentes e os votos a favor e en contra do orzamento que presentou o concelleiro de Facenda. Nese ditame poden incluírse as mudanzas que se acordaron a proposta da oposición, mais se as propostas da oposición non suman a maioría dos votos (nas comisións 4 votos), non se fai constar no ditame.

4.- O alcalde convoca un pleno extraordinario no prazo mínimo de dous días desde que o expediente completo está pronto e a disposición de todos os concelleiros.

5.- O pleno debate e soemte a votación o orzamento. Se o pleno o forman 13 concelleiros, como é o caso de Chantada, a maioría absoluta decide, ou sexa 7 concelleiros (estean ou non presentes todas e todos)

6.- O orzamento é aprobado provisoriamente.

MAIS QUE SIGNIFICA QUE O ORZAMENTO SE APROBA “PROVISORIAMENTE”?

Que existe un prazo marcado pola Lei, de 15 días (hábiles), para que calquera cidadán examine libremente o orzamento, encanto se encontra en exposición pública e poda presentar reclamacións e o considera pertinente.

UNHA VEZ FECHADO O PRAZO PARA APRESENTAR RECLAMACIÓNS, QUE ACONTECE?

1. Que o concelleiro de Facenda debe convocar novamente a comisión de Facenda para estudar as reclamacións e un informe técnico do Interventor e do Secretario explicará as razóns técnicas que existen para admitir as reclamacións ou para rexeitalas.

2. No entanto, os concelleiros da equipa de goberno poden aceitar ou non as opinións dos técnicos, mais sendo conscientes, no caso de que non as aceiten, de que contraveñen os principios da legalidade en que sempre deben fundamentarse tanto o Interventor como o Secretario.

3. O alcalde convoca máis un pleno para estimar ou non as reclamacións apresentadas. E a maioría decide novamente (7/13).

4. Final,ente, o orzamento fica definitivamente aprobado.

CANDO O ORZAMENTO ESTÁ DEFINITIVAMENTE APROBADO, XA NON SE PODE FACER NADA?

A Lei aínda permite que se apresente un RECURSO DE REPOSICIÓN, que consiste en apresentar ante o órgano que o aprobou –o Pleno xa que logo– un escrito explicando as razóns polas que non se está de acordo. Os concelleiros que votaron que NON ao orzamento poden presentar este recurso. E calquera cidadán que presentara reclamacións, e non llas admitiran, tamén.

E SE O PLENO REXEITA O RECURSO DE REPOSICIÓN?

Pode acontecer se a maioría o decide: 7 sobre 13. Mais a Lei aínda dá outra oportunidade: apresentar un recurso perante o Tribunal do Contencioso Administrativo.

_____________________ LÉXICO A TER EN CONTA PARA FALAR DO ORZAMENTO DE ACORDO Á LEXISLACIÓN VIXENTE:

ORZAMENTO DE INGRESOS: a parte do orzamento municipal que contén unicamente os ingresos previstos.

ORZAMENTO DE GASTOS: é a outra parte do orzamento municipal, a que contén os gastos xerais.

CAPÍTULOS: os grandes blocos en que se divide o orzamento.

Nos Ingresos hai 7, que son:

Capítulo 1, Impostos directos (IBI, Impostos sobre vehículos, Imposto sobre plusvalías, Imposto sobre actividades Económicas)

Capítulo 2, Impostos indirectos (o Imposto sobre construcións)

Capítulo 3, Taxas e outros ingresos (taxas de cemiterio, de recollida de lixo, de instalacións deportivas, de licenzas de apertura, de concesión de licencias urbanísticas, de vados, de prezo público de la gardería, multas de tráfico, etc.)

Capítulo 4, Transferencias correntes (cartos que se recibe do Estado)

Capítulo 5, Ingresos Patrimoniais (cartos que se ingresa pola venda ou alienación do patrimonio municipal: terreos, edificios, etc.)

Capítulo 6, Transferencias de capital (as subvenciones que se esperan)

Capítulo 7, Pasivos financeiros (cartos obtidos de empréstimos bancarios)

En Gastos tamén hai 7, que son:

Capítulo 1, Gastos de Persoal (retribucións, Seguridade Social, gratificacións, contratacións, produtividade, formación, etc.)

Capítulo 2, Gastos de Bens correntes e servizos (todos os correspondentes ao funcionamento xeral do concello: luz, agua, gas, material de oficina, recollida de lixo, mantemento de vehículos, limpeza, teléfonos, programas culturais, programas para os nosos maiores, etc.)

Capítulo 3, Gastos financeiros (os xuros que se pagan polos empréstimos bancarios)

Capítulo 4, Transferencias correntes (as subvenciones ás asociacións)

Non existe o capítulo 5

Capítulo 6, Inversións reais (cartos que se gastarán en obras públicas)

Capítulo 7, Pasivos financeiros (a amortización anual dos empréstimos bancarios) Os gastos poden clasificarse de dúas maneiras. Unha, por capítulos ou grandes blocos que xa vimos e outra polas súas funcións, ou sexa, a xestión municipal divídese en grandes áreas (funcións) e cada unha delas ten uns gastos. Cada función ten asignado un número propio e unha denominación.

CLASIFICACIÓN DOS GASTOS POR FUNCIÓNS

011 DÉBEDA PÚBLICA (todos os gastos de amortización e xuros de empréstimos bancarios)

111 ÓRGANOS DE GOBERNO (todos os gastos derivados do funcionamento dos órganos de goberno: retribucións do alcalde e dos concelleiros; dietas; contratacións de persoal para o gabinete do alcalte; atencións protocolarias, etc.)

121 ADMINISTRACIÓN XERAL (todos os gastos propios do funcionamento das dependencias municipais xerais: teléfono, auga, luz, xestoría, asesoría xurídica, persoal, equipas informáticas, material de oficina, etc.)

222 SEGURIDADE (todos os gastos que teñen que ver coa Policía Local: soldos, seguridade social, mantemento de vehículos, vestiario, combustíbel, etc.)

223 PROTECCIÓN CIVIL (os gastos deste servizo: vestiario, combustíbel, gastos xerais, etc.)

313 ACCIÓN SOCIAL (todos os gastos que teñen a ver cos Servizos Sociais: ordenados, seguridade social, comida social, mantemento do Centro de Día, contratos temporais para o Centro de Día, axudas sociais, subvención á asociación de xubilados, etc.

321 PROMOCIÓN EDUCATIVA (actuacións educativas, gastos do gabinete psicopedagóxico…)

322 PROMOCIÓN DE EMPREGO

323 PROMOCIÓN E REINSERCIÓN SOCIAL (programas de atención á mujer, programas sociais…)

413 ACCIONES PÚBLICAS RELATIVAS Á SAÚDE (campañas de fumigación…)

422 ENSINANZA (gastos da Escola Infantil: material, persoal, etc; mantemento dos colexios, subvención para a AMPA dos colexios…)

432 URBANISMO E ARQUITECTURA (gastos do persoal da oficina técnica, reparación e mantemento das infraestruturas, vestiario da brigada de obras, compra de mobiliario urbano, honorarios do arquitecto e do asesor xurídico que están contratados, etc.)

433 PARQUES E XARDÍNS (gastos de conservación dos parques e xardíns)

435 VÍAS PÚBLICAS (gastos de reurbanización das rúas, acondicionamento de camiños rurais, gastos de persoal da brigada de obras, alumeado público, etc.)

442 RECOLLIDA, ELIMINACIÓN, TRATAMENTO DO LIXO E LIMPIEZA VIARIA

443 CEMITERIO E SERVIZOS FUNERARIOS

451 PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA (sodos dos funcionarios da Casa de Cultura, produtividade, material de oficina, publicidade e propaganda, Festas, programación cultural, subvenciones ao Folión, á Feira do Viño, ao Castañazo, á Casa da Música…)

452 EDUCACIÓN FÍSICA, DEPORTES E LECER (salarios do persoal que traballa na oficina de Deportes, enerxía do polideportivo, contratación do servizo de socorrismo da piscina, subvencións aos clubes e grupos deportivos, construción de novas instalacións, etc.)

513 TRANSPORTE TERRESTRE

533 MELLORA DO MEDIO NATURAL

611 ADMINISTRACIÓN FINANCIERA (gastos de persoal da Intervención municipal; e gastos pola xestión externa dos servizos de recadación)

622 COMERCIO INTERIOR (subvención á Asociación de Comerciantes e Empresarios de Chantada)

QUE É UNHA “PARTIDA ORZAMENTAR”?

A cantidade de cartos destinada para facer fronte a uns gastos concretos. Por exemplo, na partida orzamentar “Retribucións de alcaldía e concelleiros” só se pode pagar o soldo do alcalde e dos concelleiros. Cada apuntamento, cada gasto restarase dos cartos que existen en cada partida. Por exemplo, se unha partida orzamentar consigna cartos para pagar o gasóleo do colexio público só se pode destinar para tal fin. Só o pleno pode dedidir unha modificación este sentido por maioría (7/13).

DE QUE FALAMOS CANDO DICIMOS “CRÉDITO”?

Cartos. Cada partida ten consignado un crédito, ou sexa cada partida dispón de “x” cantidade de diñeiro.

QUE SIGNIFICA, POR EXEMPLO, QUE NON HAI “CRÉDITOS SUFICIENTES NA PARTIDA 451- 15000.PRODUTIVIDADE”?

Que nesa partida onde están os cartos para pagar a produtividade dos funcionarios, poñamos por caso, que deberían dedicarse á función 451 (Promoción e Difusión da Cultura), non ten cartos abondos para tal efecto. Isto pode acontecer porque os cartos que se consignaran incialmente para esta partida se esgotaron antes do fin ano e non poderá gastarse un euro máis neste concepto a non ser que o Pleno o autorice.

Datos financeiros do concello de Chantada nas pasadas lexislaturas segundo o Consello de Contas

logorecorte
Segundo este informe a débeda do Concello de Chantada referida ao ano 2013 (último ano fiscalizado) é de :
1.- Acreedores a longo plazo: 3.951.568.09 euros
Débeda a longo prazo con entidades financeiras e con outras entidades (públicas ou privadas):
1.1- Débedas con entidades de crédito: 1.483.136,81 euros
1.2.- Outras débedas: 2.465.931.28 euros

Acredores a longo prazo: débedas contraídas con terceiros cuxo prazo de exixibilidade é superior a un ano.
2.- Acredores a curto prazo (facturas e outras): 1.773.924,02 euros

Acredores a curto prazo: débedas contraídas con terceiros, cuxo prazo de exixibilidade é inferior a un ano.
TOTAL DÉBEDA: 5.725.492 EUROS

 

COMENTARIOS:
Cando INTA chegou ao goberno tiña unha débeda de 4.1 millóns, a que atopou, a famosa “herdanza”. Segundo as súas propias contas aumentouna en máis de 1.5 millóns de euros, lonxe de “sanear” as contas empeorounas a medio-longo prazo.
Esta conta preséntase no Consello de Contas de Galiza o 14 de outubro de 2014. Son as contas referidas ao ano 2013.
Hai que ter en conta que no ano 2012 se pide un crédito para facer fronte a débedas adquiridas en anos anteriores (2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011), do que xa falamos no correspondente “Informe do Grupo de Traballo institucional de Por Chantada-CUP sobre o estado das contas nas lexislaturas pasadas”.
A débeda a longo prazo (aos bancos) está incluída nesta dación de contas, e suman eses cáseque catro millóns de euros, lóxico, se se pide un crédito aumenta este concepto. Por outra banda, se a débeda a curto prazo (facturas) se paga no 2012 e quedan a cero, un ano posterior, é dicir 2012 – 2013, a xestión de INTA adquiriu débedas en facturas por valor de 1.773.924 euros.
Finalmente, subliñar que estes datos non son afirmacións de Por Chantada, senón que son datos publicados polo Consello de Contas a partir das propias contas emitidas polo Concello de Chantada. En consecuencia, estes datos son dificilmente refutábeis cando son contas rendidas polo propio concello. Outra cousa é se a súa veracidade é completa, xa que nos consta que foi e é norma en moitos concellos facer orzamentos onde hai ingresos inexistentes e diversas irregularidades.

 

FONTES:

Datos da conta xeral correspondente ao ano 2013:
http://www.rendiciondecuentas.es/VisualizadorPortalCiudadano/VisualizadorEstadosPortal.jsp

Datos da conta exercio 2012: http://www.rendiciondecuentas.es/VisualizadorPortalCiudadano/VisualizadorEstadosPortal.jsp

Datos da conta exercicio 2013: http://www.rendiciondecuentas.es/VisualizadorPortalCiudadano/VisualizadorEstadosPortal.jsp

Información censal 2014: http://www.rendiciondecuentas.es/es/consultadeentidadesycuentas/buscarEntidades/consultarEntidad.html En 2014 o concello de Chantada non rendeu contas.

Informe do Grupo de Traballo Institucional de Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular sobre o estado das contas nas lexislaturas pasadas

1.- Comparativa de como estaba o concello no ano 2007, após a derrota de Lorenzo Varela e o PP, e no ano 2011, cando INTA gaña as eleccións.

No Anexo I vese que o concello tiña unha débeda de 6.927.365€ após 11 anos de goberno ininterrompido do PP (1996-2007).

As facturas pendentes de pago ascendía a 3,4 millóns de euros.

A débeda que Chantada tiña coa Deputación de Lugo ascendía a 1,4 millóns de euros, ao non pagarse o IAE de Belesar. Ao cobrar o canon esta débeda subsumiuse, ao aprobarse que fose descontada do total a cobrar polo canon.

Ao remate da lexislatura de goberno PSOE-BNG a débeda do concello asendía a pouco máis de 4 millóns de euros, polo que esta se reduciu en cáseque 3 millóns de euros en 4 anos.

No ano 2012 o concello adopta a decisión de realizar un plano de axuste para pagar a provedores. Neste plano, aprobado por unanimidade, decídese que o Concello pida un crédito por valor de 2.575.468€ [Anexo II], podendo verse na acta que se anexa as facturas que se aproban e que entran para ser pagas (en amarelo as do goberno PSOE-BNG, posteriores a setembro de 2011, e as anteriores do goberno do PP en azul xunto ás posteriores do goberno de INTA, ou sexa anteriores ao 2007 ou posteriores a setembro de 2011) [Anexo III]. A unanimidade no voto quere dicir que todos os partidos aceptaban a validez destas facturas e a necesidade do plano de axuste.

Débeda do concello a xullo de 2011: 4,1 millóns de euros (frente aos case 7 que deixou en 2007).
Facturas sen pagar do goberno PSOE-BNG: 1,6 millóns de euros (non 3,4 millóns como asegurou  Manuel Lorenzo Varela). Desta cantidade, varias facturas foron rexistradas cando el xa volvía ser alcalde, polo que o anterior goberno non podía pagalas en ningún caso.

Os restantes 938.596€ que se piden no crédito corresponden a facturas do propio Varela, anteriores a 2007 e posteriores a 2011.

A isto hai que engadir o plano de axuste de 2009, desenvolvido por PSOE-BNG, por valor de 606.000€ con moitas facturas anteriores a 2007, onde só 300.000€ eran débeda cun único construtor e 160.000€ ao avogado que levou o tema do canon (en vermello no Anexo III).

No Plano de Axuste de 2009 intervención aseguraba que non había recursos propios para afrontar máis inversións reais. O concello tiña moitas factuas pendentes de pago e sen recoñecer (os gastos non figuraban en ningunha partida das contas do 2007), gastos autorizados á marxe do orzamento, etc.

Segundo intervención novamente, tamén naquela altura, o concello non tiña capacidade para normalizar as contas e non se podía recorrer ao crédito bancario, porque a lexislación impedíallo aos concellos con “aforro neto negativo”, curioso neoloxismo para a lousa da débeda, sendo entón o de Chantada de -586.474€, ao que que había que sumar os pagos pendentes e os cáseque 7 millóns de euros de débeda pública.

Peor xestión imposíbel, que se agrava con algúns outros exemplos recollidos nos Anexos IV, V, VI e VIII.

ANEXO I: Situación económica lexislatura 2007-2011

 

Anexo I situación económica lexislaturas pasadas

 

ANEXO II: Plano de axuste ano 2012. Préstamo: 2.575.468

Plano de axuste ano 2012ANEXO III: ACTA DA SESION EXTRAORDINARIA URXENTE DO PLENO DA CORPORACION DE 14 DE MARZO DE 2012: acta 14 de marzo 2012. Plan de axuste.

ANEXO IV: exemplo de facturas pendentes, neste caso correspondentes á VII Festa Homenaxe aos Xubilados (déficit de 17.064,31€)

11536506_919274988110617_1760916521450549902_o

ANEXO V: exemplo de sobrecustes nos servizos sociais

Custe do Centro de Día antes de 2007: 130.200€ por ano
Custe do Centro de Día após 2007: 25.651,80€

Débeda sen pagar do Centro de Día en 2007: 100.000€

Escola Infantil/Galescola: 41.496 euros/ano de aforro

EXTRACTO DA ACTA DO PLENO DONDE SE FAI MENCIÓN AOS GASTOS DO CENTRO DE DÍA E O PORQUE DO PASO Á REDE PUBICA

Aberto o debate pola Presidencia, o Sr. Tenente de Alcalde explica que a cesión da xestión do centro de día ao Consorcio supón moitas melloras no servizo a nivel asistencial que é o que mais nos interesa e a nivel económico. En canto ás melloras asistenciais sinala as melloras no equipo de persoal, nos recursos materiais, en educación social, traballo social, enfermaría, fisioterapia, terapia ocupacional, psicoloxía educacional, aloxamento, manutención e acompañamento, con diferenzas notables respecto ao modelo anterior. Afirma que o obxectivo é aumentar a eficacia e a eficiencia, tratando de atrasar o ingreso das persoas maiores en residencias.

En canto ao aspecto económico, argumenta o Tenente de Alcalde que no informe da Interventora se reflicten os datos anuais de gastos (137.000 euros) e ingresos (53.000 euros), co resultado presupostario de 84.920 euros, que son os gastos do Concello no ano 2006. Argumenta que co novo modelo co prezo de 40 euros/día/usuario (o que supón uns 240.000 euros por 25 usuarios), o concello achega un terzo desta parte (uns 80.000 euros), menos a subvención anual de 24.500 euros, polo que o concello asume uns gastos anuais duns 55.000 euros, case 30.000 euros menos que o ano pasado. Sinala tamén que no informe económico non constan os gastos de aluguer do centro de día, que se está a tratar de que se faga cargo o Consorcio, que a potestade tarifaria dos usuarios se regula na lei de Dependencia segundo o IPREM, e que en casos de resolución ou extinción do consorcio se creará unha comisión de seguimento que estableza as devanditas causas. Por último, conclúe afirmando que neste tipo de servizos non hai que mirar só o aspecto económico, senón tamén o asistencial, e que esta sobradamente xustificado o cambio de xestión do servizo.

11429970_920213724683410_658100160032713622_nOs datos referidos tamén foron recollidos na prensa, por exemplo no xornal ultraconservador La Voz de Galicia:

535952_919390784765704_3508892989304470309_n

 

ANEXO VI: Hemeroteca sobre a débeda, os pagos atrasados e os planos de axuste

10850290_919265934778189_8390447307182501560_n

1º plano de axuste levado a cabo polo Concello no ano 2009. Millón e medio en facturas atrasadas

11351147_919383654766417_8285329423209782124_n

11402565_919386898099426_4308633824093215939_o

ANEXO VII: comparativa de ingresos e de inversións reais

11062311_919378341433615_1273767430169130228_n

11182082_919377558100360_6590025188727578273_n

ANEXO VIII: negociación eólicos

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/12/20/0003_7411003.htm

Ao final Enerfín pagou ao concello case cinco veces máis do que “negociara” o goberno do PP encabezado por Lorenzo Varela pola licenza de construción do parque eólico. Total: 450.000€ frente a 174.00€.

 

Se o desexas, podes descargar o informe en formato PDF: Estado contas lexislaturas pasadas

Informe do grupo de traballo de acción institucional de Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular sobre a evolución do gasto do goberno municipal para fixarmos posición no pleno a respecto das dedicacións e salarios do alcalde

logorecorte

Antes de máis comezar sinalando que no noso programa un dos puntos, concretamente o 6º, era “Reducir á metade o gasto en dietas e soldos do Goberno Municipal”. Evidentemente a correlación de forzas na corporación non nos permite desenvolver este punto, aínda que as nosas propostas son consecuentes con este compromiso.

A) Comparativa entre os orzamentos do ano 2011 (goberno BNG-PSOE) e ano 2014 (goberno INTA) a respecto dos gastos dos órganos de goberno

[No goberno PSOE-BNG non houbo dedicacións exclusivas, así que neste concepto inclúense as dietas por asistencias a plenos, comisións, etc. e os cartos pagos a grupos políticos].

ANO 2011: 52.489€, 0’95% do orzamento
ANO 2014: 81.164€, 1,49% do orzamento

Gastos órganos de goberno 2011

Gastos2014

 

B) Soldo do alcalde na lexislatura pasada

Na anterior lexislatura o soldo foi aprobado pola abstención do PP e co voto de calidade do alcalde: a favor INTA (5) e en contra BNG (3) e PSOE (2) [http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2012/05/08/alcalde-chantada-consigue-segunda-dejen-cobrar-sueldo/0003_20120520120508131818449.htm?idioma=galego]

Custe total (por ano): 45.708,08€

Dona Nadia Díaz Vázquez, Secretaria do Concello de Chantada
CERTIFICO:
Que polo Pleno de data 7 de maio de 2012 adoptouse, entre outros, o seguinte ACORDO:
“5.- Aprobación, si procede, de dedicación exclusiva no cargo de Alcalde a favor de don Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
Visto que a proposta quedou sobre a mesa no anterior Pleno ordinario a petición do Partido Popular e condicionado ao coñecemento da situación económica do Concello de Chantada.
Visto o informe xurídico de data 21 de febreiro de 2012. Fiscalizado o asunto sen formular reparos pola Intervención municipal.
Vista a proposta salarial da dedicación exclusiva para o posto de Alcalde, que é a seguinte:
Salario bruto anual ( 14 meses) 35.238,00 euros Seguridade Social ( 12 meses) 11.470,08 euros
Total anual: 46.708,08 euros.

Por tanto, ao mes sería:

Relación dos órganos de goberno:

Importe bruto: 2.517€
Seguridade Social a cargo da empresa: 955,84€

Isto multiplícase por 14 pagas ao ano, ao que cómpre engadir o que se cobra por diversas dietas (as desta lexislatura poden consultarse premendo aquí).

11354889_921666551204794_938505465_n11647198_921666571204792_758242762_n10149425_921666594538123_1240946899_nPROPOSTA DE POSICIONAMENTO DE POR CHANTADA-CANDIDATURA DE UNIDADE POPULAR

1.- Que o custe do goberno municipal non supere, en ningún caso, o da pasada lexislatura que xa supuña 1,49% do orzamento do concello, frente ao 0’95% da lexislatura do goberno PSOE-BNG.
2.- Que dada a situación financeira do concello e a situación de emerxencia social da sociedade chantadina, con centos de desempregados e coa emigración da mocidade, o salario do alcalde non debería superar os 1.200 euros mensuais, o duplo do que cobran a maioría dos chantadinos aos que representamos.

3.- Que as retribucións aos partidos políticos se fagan primando os grupos municipais á representación proporcional, dado que os gastos de sustento organizativo e de concorrencia electoral (campaña) son equivalentes para todas as forzas. Amais, estas “subvencións” encubertas aos partidos políticos deben xustificarse publicamente, ao igual que calquera cidadáns ten que xustificar as súas subvencións.

 

Se o desexares, podes descargar o informe en formato PDF: Informe gasto goberno municipal