INTERIOR GALEGO VIVO

O RURAL TEN PARTIDO!

Interior Galego Vivo é unha rede cidadá para a defensa do territorio e dos habitantes do interior galego desde a sociedade civil e o municipalismo.

igvlogo22

COLABORA  PARA  REVIVIR  O INTERIOR GALEGO 

IGV. UNHA PROPOSTA POLÍTICA QUE XORDE DESDE A SOCIEDADE CIVIL CANSA DO CONFRONTO ESTÉRIL DOS PARTIDOS SISTÉMICOS QUE IMPIDEN OS ACORDOS, PRACTICAN A DEMAGOXIA OCULTANDO OS PROBLEMAS CRÓNICOS E IMPOSIBILITAN DECISIÓNS COMÚNS.

Preme aquí para visitares a páxina de Interior Galego Vivo.

Comprometidos cun interior galego vivo

Interior Galego Vivo,  Por Chantada e AVA exixen ao Goberno central, á Deputación de Lugo e ao Concello de Chantada menos propaganda eleitoral e mellor mantemento das estradas.

  • O estado das infraestruturas é especialmente calamitoso na provincia de Lugo, con especial incidencia na comarca de Chantada.
  • Discriminar o rural deste xeito supón acelerar a perda de poboación e prexudicar a iniciativa económica das nosas comarcas do interior galego.

20221202_171407

Fotos: Por Chantada.

Interior Galego Vivo (IGV), a iniciativa das súas agrupacións Alternativa Veciñal Antas de Ulla e Por Chantada, considera que o estado da N-540 é completamente lamentábel e que asistimos a un desleixo crónico que pon en perigo a seguranza viaria e discrimina a viciñanza de Lugo e Ourense ao ser o principal eixo viario de comunicación para as dúas cidades. O desgaste do pavimento é de tal intensidade que acada xa con especial intesidade carrís de incorporación e saídas expondo a accidentes aos utentes da estrada.

Por Chantada xa solicitou no pasado o seu arranxo (2018, 2020 e 2022) e mesmo o pleno de Chantada adoptou un acordo por unanimidade neste sentido en 2018 e 2020. IGV lémbralle ao MITMA que xa en 22 de xuño de 2017 a Comisión de Seguranza Vial do Congreso aprobara unha proposición non de lei para a reforma e rehabilitación entre Guntín e Ventas de Narón e para o trecho entre Chantada e Taboada. No entanto, obsérvase unha continuidade no mal estado do firme coa conseguinte perigosidade para a condución e o incremento de avarías que requiren custosas reparacións a unha poboación que non dispón de alternativas de transporte público.

IGV dirixiuse ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para que acometa actuacións urxentes nesta vía, que conecta Ourense con Lugo e é de extrema importancia para os concellos do partido xudicial de Chantada. Cómpre considerar que as abundantes choivas e o mal estado das gabias ten contribuíndo a deteriorar aínda máis o estado da N-540.

20221202_175120

De por parte, Por Chantada dirixiuse á Deputación de Lugo para demandar o arranxo de varias estradas da súa titularidadea comezar pola LU-P-1801, unha estrada desfeita pola arroiada do regato da Porqueira, que precisa ser arranxada con urxencia procurando solucións duradeiras para previr grandes corrementos como os acontecidos e intervindo en Sernande onde hai un dique que está cedendo e a estrada fendida podendo producirse unha desgraza.

O estado das estradas provinciais no termo municipal de Chantada é unha problemática estrutural que require solucións urxentes e tamén que permitan reverter no medio-longo prazo esta situación non podendo considerarse arranxo botar grava.

20221202_172813

Por todo isto, Por Chantada considera de extrema necesidade o arranxo das seguintes estradas provinciais: LU-P-1801 (Santiago de Riba até Peares), LU-P-1002 (San Amaro – Esmoriz), LU-P-1805 (O Seixo – Esmoriz), LU-P-1806 (Rabelas – Boán), LU-P-1807 (O Seixo-LU-P-1002), LU-P-1809 (Chantada-Antas), LU-P-1815 (Viana-Comezo), LU-P-1816 (Outeiro-Viana) e LU-P-1817 (Alto de Ramos – Santa Uxía).

Finalmente, Por Chantada lamenta que o Goberno local non puxese en marcha a comisión de infraestruturas e o plano de infraestruturas que se aprobou en pleno para priorizar criterios técnicos e de premura no arranxo das estradas. Hai moitas pistas e núcleos rurais que están nun estado de abandono total. Son de especial urxencia, por citar algunhas, os accesos de San Pedro de Viana, a de Soutariz – Pincelo, Vilardamos – Burgás ou a de Sabadelle – Pedrafita.

20221202_175125

Na actualidade, o estado das estradas dificulta a actividade agrogandeira da zona, que enfronta xa incrementos nos custes de produción ao que se soma deterioro da maquinaria, problemas de patas nos animais ou de desprazamento das reses que castiga especialmente as granxas en extensivo e/ou ecolóxicas; dificulta os desprazamentos aos lugares de traballo, centros sanitarios e escolas nun contexto de altísimo envellecemento e devalo poboacional complicando tamén fixar poboación e contribuíndo para a demotanasia; dificulta a prestación de servizos no fogar como poden ser o SAF ou rehabilitación ou o fornecemento diario de produtos de primeira necesidade (pan, peixe…); e prexudica as iniciativas de turismo rural e a atracción de visitantes.

De por parte, a situación das estradas multiplica o perigo de estoupido de rodas, accidentes de tráficos con consecuencias nefastas, rotura de cárter, escape e outras avarías, lesións como escordaduras nos viandantes e, especialmente, mingua de confianza nas institucións, niste caso en concreto, perda de confianza nas institucións e nos seus gobernos.

Interior Galego Vivo lembra o informe de 2015 da Asociación Española de la Carretera que situaba a Galiza entre as cinco CCAA co firme das estradas en pior estado, situación que desde aquela altura –e en extremo lamentábel ter que subliñalo– só piorou, con especial intensidade na provincia de Lugo. Un dos viais que aquel estudo sinalaba como especialmente calamitoso era precisamente a N-540.

CHANTADA TEN FUTURO. O RURAL TEN PARTIDO.
igvlogo22

Por Chantada defenderá no pleno impulsar unha FISCALIDADE RURAL

  • Por Chantada nunha moción de doce páxinas fai unha diagnose do estado do interior galego e da necesidade dunha fiscalidade rural.
  • Por Chantada propón a modificación do mapa de axudas rexionais para, de acordo co artigo 107 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, se crien xa axudas para as provincias de Lugo, Ourense e Zamora coa máxima intensidade que o marco europeu permita a razón da súa condición ultraperiférica.
  • Asemade, propomos, pra reverter a demotanasia, instar ao Congreso e ao Senado a que impulsen unha renda básica rural e que se valore o custe real dos servizos nos diferentes territorios co gallo de planificar o financiamento municipal e autonómico en base á dispersión poboacional e o índice de avellentamento para garantir os principios constitucionais de igualdade e cohesión territorial.

IMG-20220615-WA0032

Casco antigo de Chantada. O interior galego atravesa unha encrucillada que o sitúa nunha situación de completa emerxencia. Fiscalidade rural ou demotanasia. Foto: Por Chantada.

Através dunha completa diagnose, demostramos que o interior galego está sufrindo un implacábel proceso de demotanasia, é dicir, un proceso en que as accións ou omisións políticas provocan a desaparición da poboación nun territorio, cuestión que profunda nas desigualdades sociais e territoriais, á vez que nos converte nunha zona de sacrificio, ou sexa unha área xeográfica permanentemente suxeita a dano medioambiental, espolio dos seus recursos naturais e/ou a falta de investimento económico.

Este conxunto de fenómenos provocan unha mingua de poboación e degrada as condicións de vida dos habitantes, así como os seus medios de vida. Así pois, hai unha perda de biodiversidade natural, cultural e produtiva.

A diagnose que xustifica a necesidade dunha fiscalidade rural complétase atendendo a:

a) Envellecemento.

Ourense, Zamora e Lugo son das provincias da Unión Europea coa poboación máis envellecida e con índices de avellentamento brutais.

b) Despoboamento.

Durante o século XX, dez provincias no conxunto do Estado perderon poboación, con Lugo e Teruel á cabeza. Nas dúas décadas que levamos do século XXI o dramático récorde teno Ourense (10,88%) en termos cuantitativos, aínda que a porcentaxe de despoboamento é superior en Zamora (15,40%) e seguidas de Lugo (9.85%). Na Riberira Sacra a caída media das parroquias ribeirás de Miño e Sil foi do 40%! Para que serviron as supostas medidas de protección e dinamización por parte da Xunta na Ribeira Sacra?

c) Dispersión xeográfica.

Temos xa amplas áreas do interior galego que rozan o deserto demográfico. A dispersión xeográfica sumada ao avellentamento dispara as necesidades de gasto público social e torna máis complexa a prestación dos servizos públicos. Mentres no centro de Europa a maior parte da poboación encóntrase a menos de 15 minutos conducindo dun hospital na Península estas cifra smudan moito, encontrándose Teruel, Cuenca, Soria, Cáceres e Lugo entre as que apresentan unhas isócronas piores.

d) Mocidade, desemprego e precariado.

O precariado é un fenómeno cada vez máis xeneralizado, con amplas capas da sociedade que viven en risco de exclusión social aínda cando sexan traballadores activos. Na Galiza, a taxa de desemprego para as persoas mozas é 24,7% (2021), polo que máis que duplica a taxa xeral de desemprego, que é de 11.7%, e máis que triplica a taxa xeral da UE. No segundo semestre de 2022 19,7% da poboación entre 16 e 34 anos atópase desempregada, 8,5 puntos por riba da media total do Estado español. Asemade, as taxas de desemprego alcanzan a 55,5% das persoas de 16 a 19 anos e a 31,3% entre 20 e 24 anos. Neste contexto, explícase o elevado nivel de precariedade e parcialidade no colectivo, favorecido por traballar 71,6% da mocidade no sector servizos.

Por se o anterior fose pouco, os salarios das persoas menores de 35 anos están 20,5% por baixo da media, unha fenda salarial de 4.678 euros anuais e a diferenza coa medida estatal aumenta cada ano.

Son as xeracións máis novas as que marchan e a vaga migratoria expulsou da Galiza máis envellecida da historia 371.637 persoas entre 2009 e 2021 con especial incidencia no interior galego. Deste total, 38% eran menores de 29 ano. Emigran as camadas máis formadas e en que se fixo un investimento social por medio do ensino, afectando a expulsión de talento á capacidade para promover iniciativas produtivas e prexudica o consumo interno no interior galego.

e) Consecuencias políticas.

Ourense (37,38%), Zamora (36,3%) e Lugo (35,12%) teñen a maior porcentaxe de maiores de 65 anos, por riba do 35% do censo eleitoral, fronte ao 24% do conxunto do Estado. Por volta de 70% das persoas que pertencen á faixa etaria dos maiores de 65 anos, segundo o CIS, vota sempre e cunha altísima fidelidade, é dicir, votan sempre e case sempre ao mesmo partido, favorecendo ao bipartidismo (PP e PSOE) e, daquela, os representantes eleitos nesas provincias teñen escasos incentivos para cuestionar as políticas centralistas do Goberno central con independencia do partido que nese momento goberne e aínda menos as da Xunta. Porén, todo pode mudar, como demostran Soria (35,12%) e Teruel (31,58%) que veñen de apostar maioritariamente por formacións que desafían a demotanasia e o abandono do mundo rural.

IMG-20210310-WA0029
​Ao seu paso polos Cachóns do Asma as augas do río teñen un fedor moitos días insoportábel consecuencia da deficente depuración de augas. O Concello leva anos cunha problemática á que as diferentes administracións non lle dan solución e que nen sequera se inclúe no PACES (Plano de acción para o clima e a enerxía sustentábel).

Unha FISCALIDADE RURAL para un INTERIOR GALEGO VIVO.

Por Chantada integra o movemento cidadán Interior Galego Vivo, que leva demandando en diferentes ocasións unha fiscalidade rural que debe concretarse en planificacións e coordinacións transversais das diferentes administracións públicas partindo do direito europeu e do principio constitucional de igualdade e da cohesión territorial, pois non pode existir igualdade e equilibrio territorial sen servizos nen mocidade. Infelizmente, as propostas que fixemos chegar na última campaña das eleicións galegas ao PP, ao PSOE, ao BNG, a C’s e a UP foron desatendidas e tampouco o labor parlamentar destes partidos en Madrid ou Bruxelas se destacou por unha sensibilidade especial para a demotanasia que padece o interior galego.

O Goberno do Estado vén de anunciar tamén beneficios fiscais que se aplicarán ás tres provincias de menor densidade de poboación (Teruel, Soria e Cuenca) e que foron incluídas pola Comisión Europea no novo mapa de Axudas á Finalidade Rexional. As novas axudas actívanse xa conforme a disposición adicional 123 dos Orzamentos de 2022 e suporán reducir as cotizacións empresariais nos contratos indefinidos nun 5% nos contratos existentes no ámbito provincial, dun 15% nos novos contratos e dun 20% nos novos contratos en concellos de até 1000 habitantes (se a sede social e fiscal está nese concello). No entanto, o anunciado está aínda lonxe do tope que permite a UE.

Celebramos esta vitoria do rural, que non se entendería sen o traballo parlamentario de Teruel Existe dito sexa de paso, xa que fixou a activación destas axudas como conditio sine qua non para apoiar os próximos Orzamentos Xerais do Estado, se ben fica aínda moito por facer para termos unha fiscalidade rural de noso. No entanto, a situación de Zamora, Ourense e Lugo non é mellor e entendemos deberían acollerse a estes beneficios fiscais de igual xeito, xa que aínda tendo unha maior densidade de poboación o envellecemento e a dispersión sitúannos igualmente un escenario de recursos e dinamismo económico reducido e nunha proxección de deserto demográfico, que xa é unha realidade en moitas parroquias, concellos e mesmo comarcas do interior galego. En consecuencia, Ourense, Zamora e Lugo encóntranse de pleno direito no mesmo artigo 174 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea polo que non atopamos xustificación para que se aplique nuns territorios e noutros non.

Ao tempo, Interior Galego Vivo reclama que se abandone o indicativo de investimento por habitante co que se realizan as valoracións dos Orzamentos Xerais do Estado como fundamento único, xa que é moi lesivo para o interior galego. Demandamos, pola contra, o emprego do estándar de investimento por superficie, que deixa ben en claro a marxinación dos territorios rurais do interior. Os indicativos do PIB; a renda ou o investimento por habitantes non son bons indicadores para medir o desenvolvemento dun territorio, pois o que cómpre é valorar o custe real dos servizos para planificar o seu financiamento en base á dispersión e o índice de avellentamento se verdadeiramente se acredita na igualdade e na cohesión territorial.

Interior Galego Vivo demanda o recoñecemento de Zamora, Ourense e Lugo como territorios ultraperiféricos e subvencionábeis en virtude do seu índice de envellecemento, as proxeccións demográficas e a elevadísima dispersión demográfica que encarece a prestación de servizos públicos esenciais e reduce a igualdade de oportunidades. O PIB per cápita na maioría dos concellos tamén está nas rendas inferiores do Estado e é inferior a 75 % da media da UE, concentrándose no sul de Lugo e en Ourense a meirande parte dos concellos con maiores índices de pobreza, entre eles Chantada co 40,88% da poboación en risco de exclusión social, segundo cifras do INE.

Asemade, Interior Galego Vivo entende que a Xunta debe destinar parte do incremento do financiamento autonómico, que recollen os vindeiros Orzamentos Xerais do Estado, a un reforzo efectivo dos apoios ao sector primario e a unha mellora da atención primaria e da oferta educativa, adaptada á nosa estrutura económica, a rehabilitación de vivenda no rural para uso social, a reforzo dos Centros de Desenvolvemento Rural, a impulso á conciliación e a unha política forestal asociada a unha ordenación do territorio racional e que favoreza a fixación da mocidade apoiando os seus proxectos de vida.

Finalmente, cabe perguntarse se as comarcas do interior galego poden continuar permitíndose o luxo de non disporen de voz nas institucións, xa que os deputados galegos e as senadoras galegas actuais non demandaron algo tan elemental e de xustiza como as reducións nas cotizacións empresariais que si conseguiron Teruel Existe e Soria Ya! na secuencia das negociacións dos Orzamentos Xerais do Estado. Tampouco ouvimos voces galegas na Eurocámara pedindo unha fiscalidade rural e políticas agrícolas que garantan a fixación de poboación e o equilibrio territorial.

paso RM NG fondo paso Sernande
O Miño ao seu paso por Cartemil (Santa María de Nogueira) estase vendo atinxido por unha falta de regulación das embarcacións a motor (perdas de aceite, combustíbel, ruídos…) e os verquidos son frecuentes ao careceren as parroquias de sistema de depuración. A Confederación Hidrográfica segue a ser moi pouco transparente e as diferentes administracións non se cordinan para solventar un problema que contradi na práctica a recente declaración de Reserva de Biosfera. Ríos cada vez con menos flora e fauna autóctona poden ser reserva de biosfera?

As propostas da nosa moción.

1.- Demandar do Estado español a modificación do mapa de axudas rexionais 2022-2027, incluído no plan territorial de transición xusta no contexto do Regulamento sobre o Fundo de Transición Xusta no marco das Directrices sobre as axudas de finalidade rexional revisadas (DAR), e a súa notificación á Comisión europea co fin de aplicar un aumento da intensidade máxima das axudas para as provincias de Lugo, Ourense e Zamora atendendo ao elevado índice de avellentamento, á dispersión poboacional e á demotanasia que sofren estes territorios.

2.- Dirixirse ao Goberno central para que as provincias de Zamora, Ourense e Lugo sexan consideradas rexións ultraperiféricas e, portanto, subvencionábeis, de acordo co artigo 107 do TFUE e tamén para que o Goberno defenda a modificación do TFUE para dotar de maiores axudas ao equilibrio territorial e ao mundo rural.

3.- Solicitar da Xunta da Galiza que incremento do financiamento autonómico, que recollen os Orzamentos Xerais do Estado, se traduza nun reforzo dos apoios ao sector primario e nunha mellora da atención primaria e da oferta educativa, adaptada á nosa estrutura económica, rehabilitación de vivenda no rural para uso social, reforzo dos Centros de Desenvolvemento Rural, impulso á conciliación e unha política forestal asociada a unha ordenación do territorio racional e que favoreza a fixación da mocidade apoiando os seus proxectos de vida.

4.-Propor ao Congreso, como cámara lexislativa, e ao Senado, como cámara de representación territorial, para que se impulse un marco lexislativo que ancore o despregue dunha fiscalidade rural e dunha renda básica rural como pago social pola xestión sustentábel e a garantía de soberanía alimentar que supoñen as comunidades rurais.

5.- Instar ao Congreso, como cámara lexislativa, e ao Senado, como cámara de representación territorial, para que se valore o custe real dos servizos nos diferentes territorios co gallo de planificar o financiamento municipal e autonómico en base á dispersión poboacional e o índice de avellentamento para garantir os principios constitucionais de igualdade e cohesión territorial.

MociónPCh_TFUE_demotanasia

GRUPO MUNICIPAL POR CHANTADA – CANDIDATURA DE UNIDADE POPULAR

#ofuturotenpartido
#mellorarChantada
#avozdorural

Comprometidos cun interior galego vivo

Rapazas e rapaces, o noso vento non é noso

Artigo de Antom Fente Parada, voceiro de Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular.

 

EOLICOS_IGV

I. Roubáronnos o vento desde Elsinor a Esmelle

“A nosa Terra non é nosa, rapaces”. Tan sintética canto profunda era esta estampa de Castelao, onde retrataba o drama da emigración e do espolio da Galiza no seu tempo. Moitos anos máis tarde, no extinto xornal Galicia hoxe, Xosé Manuel Beiras Torrado escribía un artigo intitulado “Nen sequer o vento é noso” e defendía a vixencia da estampa do rianxeiro «só que graficamente transmutada pola traumática metamorfose social que extermina aos retratados nela: xa cáseque non hai labregos no agro nen picariños nas aldeas, mais o protagonista simbolizado daquela polo home do machado é este povo, e ise, malia que maltreito, aínda alenta e loita e brada que a nosa Terra non é nosa.»

No Incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca o mindoniense Álvaro Cunqueiro retoma a maxistral traxedia de Shakespeare. Nunha altura da obra o coro di «Non hai no mundo lugar máis venteado que Elsinor» e, certamente, a nosa é unha Terra rica, mais empobrecida e atravesada polo drama migratorio e a perda de servizos e, se non lle pomos remedio, de futuro para o interior galego. Retomo o texto de Beiras:

En Elsinor-Galiza, neste país hamletián onde os haxa, no lugar máis venteado da fisterra europea, todo estivo sempre aberto ao mar e ao vento tamén. Este povo sempre coidou que o mar e o vento eran libres. Até que viñeron forasteiros e pecháronnolos. Non nos pechamos nós ao mar e ao vento. Viñeron outros de fóra, chegaron de Terra Ancha e inda mesmo de máis lonxe, e non satisfeitos con nos desposuíren da xente, o gado, os ríos e o xardín, pecháronnos tamén as portas de acceso ao mar e ao vento que coidabamos seren bens libres ao noso dispor. Até o mar e o vento fóronnos vedados e espoliados.

 

A literatura como arma cargada de futuro para entendermos o crecente acaparamento de terras que padece o interior galego ou, para que darlle máis voltas, o espolio neocolonial. As nosa comarca –escríbolles desde a Terra de Asma– tamén ten escritores coevos que narran o drama e a urxencia de organizarnos e tecer alternativas. Colle a palabra o coro narrativo do romance Evanxeos apócrifos de Rafa Lobelle, onde Esmelle é o símbolo dun rural comesto polo inverno:

O esquecemento xa comezou a traballar, a xogar as súas cartas, vexan senón como o inverno sepulta nun silencio branco todas estas aldeas ata o punto de que ás veces, mesmo parece que poden chegar a desaparecer completamente baixo a neve para sempre, sen deixar nin o máis mínimo rastro. Tampouco pasaría nada, quizais incluso ninguén se decatase do acontecido, ninguén advertiría o asasinato de algo que xa está morto.

(…) Isto acabouse, non hai máis, pois entón non nos resistamos nun combate estéril que non nos vai levar a nada. Abandonemos nós este mundo antes de perecer con el. Por ese é o único fado que lle agarda a todo isto. Morrer. Ficar para sempre no sitio. Quedar enterrado para nunca volver entre as neves do próximo inverno.

Esa resignación, propia de boa parte das maltreitas sociedades civís do interior galego, esa apatía, é o contrario do que nos pide a cantautora Ses: Opoñerse á extinción. A continuada aldraxe que padece a nosa Terra precisa dunha resposta cívica organizada e así o acreditamos desde a plataforma Interior Galego Vivo (IGV), aberta á participación de persoas e colectivos coa única finalidade de dignificar o interior galego e construír futuro para nós e as vindeiras xeracións. Depende de nós sentar os alicerces dunha nova primavera.

 

II.- A farsa (1995-2007).

De 1995 a 2007 as concesións a empresas galegas non chegaban ao 15% da potencia autorizada, pois foron enormes grupos transnacionais os que se fixeron coa maior parte das concesións eólicas: Entrecanales (34%), Iberdrola (20%), Enel (12.5%), ACS de Florentino Pérez (7.5%) e FCC (4.5%). A maior parte invadían montes viciñais en man común e o 39% estaban en espazos naturais protexidos, como o noso pai Faro. Os impactos ambientais e sociais eran “externalidades”.

Por outras palabras, cinco grupos absorberon 78.5% da potencia autorizada neses anos sen deixar nada ou case nada nos territorios atinxidos. Se non acreditan no que lles digo lean A propiedade do vento galego. O desenvolvemento do sector eólico en Galiza (1995-2011) de Rosa María Regueiro.

Porén, no país do Faro sabémolo ben. O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza anulou a declaración de utilidade pública, que aprobara o Goberno de Manuel Fraga no 2003, para expropriar o monte na parroquia de Argozón, pois os maxistrados cuestionaban que a exploración eléctrica por parte de Enerfín fose de maior interese social que o aproveitamento secular que lle deu a viciñanza ao monte co pastoreo en extensivo e do negocio da madeira. No entanto, a “utilidade pública” é o recurso das empresas para chantaxear ós proprietarios: ou aceitas as migallas ou exprópiese!

Por aqueles anos, chegaba a Chantada tamén un goberno bipartito de PSOE e BNG que, coma o de Compostela, durou apenas catro anos. Suficientes, para retratar que “negociación” estabelecera anteriormente o Goberno de Manuel Varela (PP) do parque eólico do Faro. Se co PP no Concello a empresa Enerfín pagara pola licenza de construción do parque 174.000€ coa revisión aplicada polo bipartito foron 450.000€. «Case cinco veces máis!», como me relatara o amigo Ildefonso Piñeiro, tenente de alcalde naquela altura. Era 2008. Ao ano seguinte os investimentos reais superaron os dous millóns de euros.

III.- A traxedia (2008-2023)

No 2005 chegara o bipartito á Xunta e no 2007, por iniciativa do BNG, apróbase un decreto que muda o marco normativo, abrindo as portas á participación de capital público e dos proprietarios dos montes. Tamén somete o seu trámite ao escrutinio cidadán. Porén, no 2009 a Xunta volve ás mans do PP e anúlase o concurso eólico impulsando unha nova lexislación que, nos últimos anos, foi novamente reformada para “simplificar” os trámites e facilitar a aprobación dos parques, moitos fragmentados indecentemente para evitar superar os 50MW, que obrigan a que o seu trámite teña que pasar por Madrid, como teñen recollido diversas sentenzas do TSXG.

O ultraliberalismo do Goberno de Feijóo lexisla a medida do grande capital proprietario do sector eólico e arremete contra a participación pública e a resposta cidadá. A lexislación que regula os eólicos aínda é a Lei 8/2009, mais viuse profundamente modificada pola Lei 5/2017 de fomento de implantación de iniciativas empresariais, que desde Por Chantada e outros colectivos no seu día alcumamos como Lei de predación da Galiza.

Este mesmo ano, Feijóo emendouse a si mesmo para servir ó lobby eólico ao aprobar a Lei 9/2021 de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica. Inclúe unha disposición adicional que permite poñer parques eólicos en zonas que non estexan incluídas no Plano sectorial eólico de 1997. Novamente a sabedoría popular: non dan pontada sen fío.

En decembro de 2020 trinta e seis proxectos superaban os 50 MW e somaban 2.500 MW con especial protagonismo para Greenalia, onde traballa como directiva Beatriz Mato, ex-concelleira de Medio Ambiente de Núñez Feijóo. Para facérmonos unha idea en 2017 a potencia eólica total era de 23.005 MW. Amais, cando se aprobou o Plano sectorial eólico (1997) os aeroxeradores non chegaban a 1 MW e eran torres de 35-50 metros. Agora falamos de 5.4 ou 5.7 MW e 200 metros de altura na ponta da pé. Parques como os do Faro están esgotando a vida útil (20 anos) e os muíños serán substituídos por uns novos que, na práctica, é instalar un parque novo cos seus novos impactos ambientais e sociais.

Hoxe Acciona, Iberdrola, Enel-Endesa e Naturgy deteñen 55% da potencia eólica instalada e o 88% pertence a grandes grupos ou fundos de investimento estranxeiros. A concentración de capitais cada vez é maior e os proprietarios reais dos nosos muíños de vento –mentres, dito sexa de pasaxe, deixamos caír os muíños de auga e, en xeral, o noso patrimonio–  están en Luxemburgo, en Bélxica, nos EUA, na China ou en Qatar.

Os beneficios para uns poucos que nunca o noso chan pisaron son elevados e o agardado maná dos fondos Next Generation anima ao capital-risco a procurar altos rendementos sen que importe o espolio do territorio e sen calquera contrapartida para os indíxenas que aínda resistimos (tamén as linguas murmuradoras que dicía a cantiga, aqueles hipócritas que retratou Celso Emilio na Viaxe ao país dos ananos). Por iso, Interior Galego Vivo asinou o manifesto Aldeas con horizonte, que aglutinou a máis de 50 colectivos, e no que se expoñen os quince principios mínimos que deben rexer o novo marco normativo sobre o desenvolvemento eólico na Galiza se queremos defender un rural vivo.

IV.- Termos voz de noso.

estado das estradas no rural na comarca de Chantada é calamitoso, tanto as da Deputación canto as de titularidade municipal. É a propria viciñanza quen ten que sinalizar fochancas perigosas para a seguranza vial. Non hai moito tempo a Xunta gastaba milleiros de euros nunha campaña publicitaria intitulada Volve ao rural. O rural é unha sorte de topos ou tópico recorrente no relato dos grandes partidos, mais a práctica diverxe e non existen apenas compensacións para as poboacións que manteñen o territorio (por canto tempo?).  

Xa no XVIII brumario Karl Marx advertía que a historia se repite, e, se non se opón ao espolio un bloco histórico alternativo, condenaranos e deixará eivada a nosa Terra e o futuro: espolio eólico, turismo predador sen racionalizar, abandono dos pequenos e medianos produtores, mingua de servizos públicos… É o momento de organizármonos.

Mentres o interior galego é vítima dun crecente acaparamento de terras e sofre unha ordenación do territorio que favorece o espolio. As principais empresas pagan os impostos (poucos) en Madrid. Aquí non queda nada, nen o vento. Madrid recebe os impostos e o resto do territorio é o coto de caza, La España vaciada que denuncia Teruel Existe. Hoxe Madrid é a única comunidade autónoma sen parques eólicos e, conforme os dados do último informe (2016) da Asociación de Empresas de Enerxías Renovábeis (APPA), dos 33.167 MW de potencia renovábel instalada no Estado apenas 165 MW se localizaban na Comunidade de Madrid, menos dun 0,50%. Semella que algúns teñen claro que onde se come non se caga.

O andazo actual é, portanto, aínda máis espoliador e letal. O Sindicato Labrego Galego impulsa asembleas informativas nas terras de Camba sobre o parque eólico do Maxal, que afectará a Antas, Taboada e Rodeiro. Este último concello verase afectado por outro parque e Chantada leva anos sendo atravesada por novas liñas de alta tensión sen nengunha compesación e, proximamente, chegaranos outra procedente do Picato.

Iso si, cando Por Chantada levou ao pleno unha moción para estabelecermos unha taxa municipal nas instalacións de transporte e enerxía, Manuel Varela, novamente, dixo que non. Era 2017 nun momento onde o servizo da débeda era descomunal e as inversións reais ridículas. Os pasivos financeiros foron 950.576,85 €, mentres que dos 477.896,73 € orzamentados para inversións boa parte non se executou e ficou como remanente (un clásico da súa xestión menos nos anos eleitorais). Fechábase o círculo destinando o remanente (RTGX) en 2018 para o pago de débeda novamente. Logo veu o Catastrazo, que supuxo elevar a recadación anual en máis de 600.000€, e as eléctricas seguen a día de hoxe sen pagar. Rapaces, os nosos concellos non son nosos!

Comezabamos este artigo apelando á sabedoría popular que tan finamente recollía, con lirismo e humorismo, a pluma de Castelao. Rematemos tamén con esa mesma sabedoría popular que na nosa zona sempre tivo claro a lei do funil das elites, que deixa o ancho para uns poucos e o estreito para a maioría.  Precisamos dunha ordenación do territorio e de políticas que eviten que o interior galego se converta nun deserto perde e pardo, ou sexa, un territorio despoboado ao servizo do capital-risco unha vez exterminados os untermenschen indíxenas. Para iso só hai un camiño: termos voz de noso.

 

Comprometidos cun interior galego vivo

Resumo das axudas supramunicipais ás que vos podedes acolller [COVID-19]

Na nosa vontade de achegar ideas e información útil e de continuarmos o noso labor, agora toca desde a casa, deixámosvos un resumo 𝗱𝗲 𝗮𝘅𝘂𝗱𝗮𝘀 𝘀𝘂𝗽𝗿𝗮𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗶𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗶𝗿 𝗮𝗰𝘁𝘂𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗻𝗱𝗼. Trátase de informar de medidas ás que vos podedes acoller. Toda a información foi sacada dos Reais Decretos, do DOG e, en definitiva, de fontes contrastadas. Xa que non podemos caer nos titulares que poñen moitos xornais e paxinas webs, que tratan de confundir e dividir ou transmiten informacións que non se corresponden co contido real dos documentos lexislativos. Nestes días tan complexos para todas e todos é tempo de arremangarse a arrimarmos o ombreiro, cadaquén co que poida. A comisión política de Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular quere agradecer a colaboración das entidades integrantes da plataforma Por un Interior Galego Vivo (IGV) para elaborar este documento, nomeadamente aos compañeiros de Courel Vivo.

Grazas de corazón a todas e todos os que estades contribuíndo, na primeira liña ou ficando na casa, que hoxe fique un día menos ca onte!

 

Última actualización: 12/06/2020.

 

Índice de contidos:

1.- Ingreso Mínimo Vital (IMV).

2.- Apoio de suprimentos básicos e aprazamentos de luz.

3.- Moratoria de hipotecas para xente que estexa desempregada ou reducise os ingresos.

4.- Axuda  a autonomos, por cesamento de actividade por Coronavirus.

5.- Adiamento de Impostos por Coronavirus para autónomos.

6.- Moratoria da Cota de Autónomos por Coronavirus.

7.- Creditos para autónomos no sector turístico ou hosteleiro polo Coronavirus.

8.- Préstamos IGAPE E ICO con motivo da COVID 19

9.- Bono social eléctrico para autónomos pola crise da COVID-19.

10.- Reparto de mascarillas FFP2 co obxecto da súa posterior distribución no ámbito do sector do transporte (listaxe da provincia de Lugo)

11.- Listado de hoteis a disposición de sanitarios.

12.- Adiamento e axudas ao alugeiro.

13.- Emprego agrario e deducións IRPF para o sector agrario (módulos).

14.- Adinato ERTEs da Xunta da Galiza.

15.- Subsidio extraordinario para persoas empregadas no fogar polo cese ou redución de actividade.

16.- Anteparos para taxis.

17.- Axudas para proprietarias e proprietarios de abellas.

18.- Plano de dixitalización para empresas (páxinas web, posicionamento, mercadotecnia…).

19.- Conciliación da vida laboral e familiar.

20.- Antecipo PAC e axudas comisión de apertura.

 

1.- Ingreso mínimo vital (IMV).

2.- Apoio de suprimentos básicos e aprazamentos de luz.

Ninguén sen luz nen auga: un mes sen cortes de servizos de enerxía eléctrica, Internet, telefone, nen auga para as familias máis vulnerábeis. Implementaron un mes de moratoria para evitar a interrupción da subministración de servizos ás familias máis vulnerábeis. Durante ese mes os subministradores de enerxía, gas natural e auga non poderán suspender a subministración a aqueles consumidores vulnerábeis ou en risco de exclusión social. Quedarse  sen traballo ou ingresar menos pola crise, durante o estado de alarma, ningunha compañía poderá cortarche as subministracións.

Segundo o RDL 11/2020 di no Art. 44. Suspensión de facturas de electricidade, gas natural e produtos derivados do petróleo:

Excepcionalmente e mentres estea en vigor o estado de alarma, os puntos de subministración de enerxía eléctrica, gas natural, gases manufacturados, titularidade de autónomos e PEMES, poderán solicitar, por medios que non supoñan desprazamento físico, ao seu comercializador ou, no seu caso, ao seu distribuidor, a suspensión do pago das facturas que correspondan a períodos de facturación que conteñan días integrados no estado de alarma.
Unha vez finalizado devandito estado de alarma, as cantidades debidas regularizaranse a partes iguais nas facturas emitidas polas comercializadoras de electricidade e gas natural e as distribuidoras de gases manufacturados e gases licuados do petróleo por canalización, correspondentes aos períodos de facturación nos que se integren o seguintes seis meses.

O novo paquete de medidas trata de garantir as subministracións básicas a máis fogares. Así, amplíase o colectivo de potenciais perceptores do bono social eléctrico, como os autónomos que cesen a súa actividade ou vexan reducidos os seus ingresos en máis dun 75%. Ademais, nun contexto no que, por unha maior permanencia no fogar derivada das medidas de contención e polo desenvolvemento no mesmo de actividades profesionais que, normalmente, se realizan fóra da vivenda habitual, estabelécense medidas para garantir a continuidade das subministracións enerxéticas e de auga no fogar, prohibíndose a súa suspensión por motivos distintos á seguridade da subministración. Ademais, o período durante o que estexa en vigor o estado de alarma non computará a efectos dos prazos dos procedementos de suspensión da subministración iniciados con anterioridade.

3.- Moratoria de hipotecas para xente que estexa desempregada ou reducise os ingresos.

Calquera persoa que se atope nunha situación de vulnerabilidade, calquera cidadán que debido á crise do coronavirus se vexa en situación de non poder pagar a súa hipoteca, terá este direito asegurado. Así pois, ponse en marcha unha moratoria do pago durante a cal a entidade acredora non poderá esixir o pago da cota hipotecaria nin de ningún dos conceptos que a integran (amortización de capital, pago de xuros, etc.), sen incrementar a débeda con máis xuros e recargas.

Cando será posíbel solicitar a moratoria das hipotecas?
Desde o momento en que o debedor pase a atoparse nos supostos de vulnerabilidade económica até 15 días despois da vixencia do Real Decreto Lei, que é dun mes prorrogábel segundo as circunstancias. Para pór en marcha o proceso deberá presentar unha solicitude á entidade financeira que concedese o préstamo, acompañándoa cos documentos que acreditan a súa situación de vulnerabilidade.Supostos de vulnerabilidade:

  1. Que o debedor hipotecario pase a estar en situación de desemprego ou, en caso de ser empresario ou profesional, sufra unha perda substancial dos seus ingresos ou unha caída substancial das súas vendas.
  2.  Que o conxunto dos ingresos dos membros da unidade familiar non supere, con carácter xeral, o límite de tres veces o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples), con incrementos por fillos a cargo ou familiares con discapacidade ou en situación de dependencia.
  3.  Que a cota hipotecaria máis os gastos e subministracións básicas resulte superior a 35 % dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar.
  4.  Que, a consecuencia da emerxencia sanitaria, a unidade familiar sufrira unha alteración significativa das súas circunstancias económicas.

Entenderase que se produciu unha alteración significativa das circunstancias económicas cando o esforzo que represente a carga hipotecaria sobre a renda familiar se multiplicou por polo menos 1,3. E que se produciu unha caída substancial das vendas cando esta caída sexa polo menos de 40%. 

4.- Axuda  a autonomos, por cesamento de actividade por Coronavirus.

Esta medida foi aprobada co Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo e será aplicábel a todos os autónomos que teñan perdas severas polo Coronavirus . Decreta que polo cesamento de actividade quedarán  exentos de pagar as súas cotas á Seguridade Social durante un mes prorrogábel até o último día do mes en que finalice devandito estado de alarma. Tamén se decreta unha axuda para estes autónomos, que se calculará con 70 % da base reguladora ou con 70 % da base mínima de cotización cando non se dispoña do tempo mínimo cotizado para optar a ela. Os beneficiarios serán os afectados cuxa actividade sexa suspensa debido ao anuncio do estado de alarma ou cuxa facturación se reducise polo menos en 75% en relación coa facturación media do período anterior de seis meses.  En caso de que se alargue, esta sería a duración da prestación.
desempleo autonomos coronavirus

5.- Adiamento de Impostos por Coronavirus para autónomos.

Coa aprobación do Real Decreto  Lei 7/2020, os impostos que un autónomo pode pospor até os 6 meses á hora de realizar o pago son tanto o IVE (Modelo 303) como o IRPF (tanto en estimación directa co Modelo 130 como en estimación obxectiva coModelo 131) para contribuír á súa liquidez nestes momentos. Debemos ter en conta que é unha moratoria e non unha exención co que, tarde ou cedo, teremos que pagalos. Tendes máis dados na páxina da Axencia Tributaria de como proceder con este trámite.
O adiamento destas cotas para os autónomos polo Coronavirus está suxeito aos seguintes puntos:
  1. A data de aplicación desta medida vai desde a aprobación do decreto ata o 30 de maio de 2020.
  2. Poderanse aprazar os pagos como máximo 6 meses.
  3. Durante os 3 primeiros meses de demora non haberá xuros de ningún tipo.
  4. O máximo permitido nesta débeda co Estado é de 30.000 euros.
  5. Só se poderán acoller as empresas con volume de facturación non superior a 6.010.121,04 euros no ano 2019.
Tamén se poderan aprazar as debedes con Facenda. Mira como facelo neste enlace.

6.- Moratoria da Cota de Autónomos por Coronavirus.

Esta medida foi moi demandada por todo o colectivo e, por fin a día 31 de marzo, decretouse unha moratoria sen xuros para todo o colectivo. Poderán solicitala até o 30 de xuño de 2020, aquelas cuxo prazo regulamentario de ingreso teña lugar entre os meses de abril, maio e xuño de 2020. Só será aplicada a todos os autónomos que non se acolleron á axuda por cesamento de actividade, xa que nesta contémplase que os pagos á Seguridade Social están suspensos. As solicitudes de moratoria deberán comunicarse á TGSS dentro dos 10 primeiros días naturais dos prazos regulamentarios de ingreso. Amais, poderase solicitar unha moratoria sen xuros no pago da cota do mes de marzo ou dos días traballados. Devolveríase de oficio a cotización desde o 14 de marzo, día no que se decretou o Estado de Alarma.
Coa aplicación GOHU (baixar nos dispostivos móbiles desde Google Play Store e Apple Store) tendes acceso á información da Xunta para empresas e autónomos. A Resolución do 31 de marzo (DOG nº 64) permite solicitar préstamos para pago de salarios, facturas, alugueiro e impostos. Entre 3000 e 200.000€ por beneficiario con 1.5% de xuro amortizábeis até 4 anos e cun ano de carencia. Máis información accedendo á Oficina do autónomo.

7.- Creditos para autónomos no sector turístico ou hosteleiro polo Coronavirus.

O estado decretou axudas mediante créditos ICO, tanto para empresas como para autónomos, sempre que a súa actividade estexa encadrada dentro do sector turístico. Desta forma calquera autónomo que a súa actividade teña relación co turismo, a hostalaría ou o transporte poderá optar a esta axuda.
Os destinatarios non poderán estar en ningún rexistro de morosidade nin insolvencia.
  • Non poderá usar este crédito para refinanciar outros pasados ou futuros.
  • O importe máximo por autónomo e ano é de 500.000 euros.
  • O financiamento formalizarase baixo a modalidade de préstamo coas entidades acreditadas (BBVA, Santader e Cajamar).
  • Prazo de amortización de 4 anos cun máximo de 1 ano de carencia.
  • Taxa de Interese Fixo até un máximo do 1,5% (incluídas comisións).
  • Cos créditos ICO que se pon a disposición dos autónomos quérese axudar a que estes conten con máis liquidez, para poder paliar a falta de traballo nestes momentos de crises ou cumprir coas súas obrigacións económicas.

 

8.- Préstamos IGAPE e ICO con motivo da COVID 19.
Nos dous (ICO e IGAPE) están limitadas as contías máximas: 25% do volume de negocio de 2019 ou o duplo dos custes salariais de 2019. Ao seren os xuros moi baixos cómpre ver que é o que interesa máis, xa que no ICO non se subvencionan os xuros, mais si o aval. Cada un ten que ver cal se axusta mellor ás súas necesidades. No caso do ICO o banco xere todos os trámites (hai máis papeleo ca nun préstamo normal). No caso do IGAPE hai que solicitalo a este organismo (non o fai o banco, que só presta en calquera caso os cartos). Os bancos non poden aproveitar para vender seguros ou outros produtos financeiros.
  • No caso do ICO

• avalan 80% do principal (ese aval non ten custe);
• o préstamo ten un tipo de xuro que varía en función do perfil de risco da persoa e/ou empresa solicitante e de se é fixo ou variábel: entre 1,5% a  4%;
• un máximo de 5 anos e máximo 1 ano inicial de carencia (páganse os xuros e non se devolve nada do principal);
• é para as necesidades de liquidez inmediata: pagos aos que haxa que facer fronte entre os próximos 3 – 6 meses;
• é para atender as necesidades de financiamento de: pagos de salarios, facturas provedores, alugueiros, subministros, circulante, pagos a facenda e xuros;
• non pode dedicarse a cancelación de débedas preexistentes;
• o abono e os pagos fanse desde unha conta aparte. O ICO pode reclamar a xustificación de que o destino do préstamos foi realmente para o que se pediu;
• a tramitación faina toda a entidade bancaria;
• pode solicitarse para préstamos tramitados entre o 18 de marzo e o 30 de setembro.

 

  • No caso do IGAPE.

• Avala o 100% a SGR (sociedade de Garantía Recíproca: AFIGAL E SOGARPO). A SGR pode cobrar ate o 0,50% en concepto de comisión do aval e o 4% en concepto de achega ao capital social da SGR (pódese solicitar o reembolso unha vez remate a súa relación coa SGR). Estes dous importes poden formar parte do préstamo avalado.
• Reavala o IGAPE 25% do risco.
• O tipo de xuro é de 1,5%, que será subvencionado polo IGAPE e pagarase dunha soa vez.
• Un máximo de 4 anos e máximo de 1 de carencia.
• Un 35% mínimo do préstamo ten que dedicarse a pagar a: provedores, aprovisionamentos, prestación de servizos, alugueiros, nóminas, seguros sociais, gastos financeiros, impostos, seguros.
• Un máximo do 65% pode ser aplicado a cancelación de débedas bancarias e outros conceptos
• A tramitación é electrónica a través da páxina do IGAPE e preséntase con certificado dixital (vid. infra).
• Unha vez rexistrada a solicitude, o IGAPE remitiralla é entidade de crédito e á SGR. En calquera caso, é mellor ir polo banco.
• Prazo: até o 30 de setembro.

Para a tramitación do IGAPE, as instrucións están aquí: (é preciso certificado dixital)

http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/pdf/4095/raw

Hai que enviar a seguinte documentación ao IGAPE: (a entidade bancaria pedirá outra):

  • Persoas xurídicas: escritura de constitución e dos estatutos , poder do representante que presenta a solicitude, contas anuais depositadas.
  • Persoas físicas e comunidades de bens: copias da declaracións do IVE, resumo do IVE exercicio anterior. Para as comunidades de bens: Anexo III da orde de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.
  • Para a xustificación: 15 días hábiles seguintes ao da última utilización do préstamo para as finalidades previstas.

Se o importe é de menos de 30.000 euros pode chegar coa conta xustificativa simplificada do artigo 51 do Decreto 11/2009 ou poden pedir tamén, como as de máis de 30.000, a seguinte documentación dixitalizada:

1. Extracto da conta bancaria na que se abonou o préstamo
2. Facturas que se pagaron co préstamos
3. Nóminas, retencións e Seguridade Social que se pagaron co préstamo
4. Xustificantes bancarios de todos os gastos pagados co préstamo.

 

9.- Bono social eléctrico para autónomos pola crise da COVID-19

Esta é unha medida extraordinaria aprobada polo goberno para todos aqueles autónomos que cesasen a súa actividade pola crise ou ben visen reducida a súa facturación nun 75%. Débese achegar toda a información acreditada pola Axencia Tributaria á eléctrica, así como os dados persoais e familiares da vivenda. O desconto roldará 25%, mais pode ser maior se a autónomo conta con discapacitados na súa familia, membro dependente ou se é familia numerosa.
Documentación a achegar:
  • Copia do DNI ou *NIF
  • Certificado de empadroamento
  • O libro de familia
  • Certificado expedido pola Axencia Tributaria de cesamento

Se a empresa enerxética detecta algún problema na solicitude dispón de 5 días para comunicarllo ao afectado para que emende o erro ou achegue a información necesaria. Empezarase a contar este desconto no ciclo onde fose achegada toda a documentación e a empresa a aceitase como válida.

Para solicitalo hai que rechear o ANEXO lV que podes ver aquí
​​​​

10.- Reparto de mascarillas FFP2 co obxecto da súa posterior distribución no ámbito do sector do transporte (listaxe da provincia de Lugo)

Na  Orde TMA/263/2020, di:  “Artigo 2. Destinatarios finais da devandita adquisición”: as máscaras serán adquiridas para a súa posterior distribución ao persoal que presta os seus servizos no sector do transporte en áreas de risco, segundo os criterios indicados con carácter xeral polo Ministerio de Sanidade, distribuíndose aos traballadores relacionados co servizo de transporte público de competencia estatal, autonómica e local, así como aos traballadores do ámbito privado relacionados co transporte de viaxeiros e de mercadorías en todo o territorio nacional. Sae a listaxe  dos transportistas que teñen direito a elas , preme aquí.

 

11.- Listado de hoteis a disposición de sanitarios.

Os sanitarios, forzas de seguranza e outros profesionais cuxo labor é fundamental no estado de alarme e que teñan problemas á hora de estar en corentena, por exemplo familias cun só cuarto de baño na casa, poden pernoctar nos seguintes hoteis.

 

12.- Adiamento das rendas e axudas de alugueiro.

No site de FACUA (https://www.facua.org/alquilerescovid) tendes un simulador para acceder aos adiamentos, quitas e axudas no alugueiro de vivenda. A ferramenta solicita aos consumidores información sobre a súa situación económica e verifica se cumpren os dous supostos de vulnerabilidade económica estabelecidos na normativa que regula ambas moratorias. No caso de que cumpran os requerimentos, poden solicitar ao arrendador o aprazamento temporal no pago da renda se é unha empresa ou unha entidade pública e tamén se se trata dun particular propietario de máis de dez inmóbeis urbanos (excluíndo as garaxes e trasteiros) ou dunha superficie construída de máis de 1.500 m². Con todo, o RD non indica como o arrendador pode ter acceso a esta información… De non aceitar a solicitude, no prazo de sete días laborábeis, terá que oferecer ao inquilino como alternativas a recución de 50% da renda ou unha moratoria no seu pago durante até catro meses. Se o arrendador é un particular proprietario de máis de dez vivendas (ou dun número de vivendas que somen máis de 1.500 m²), o inquilino que cumpra conxuntamente os supostos de vulnerabilidade económica terá direito a solicitar unha axuda pública de até 900 euros ao mes e de até 100% da renda arrendaticia mediante un préstamo ICO até un máximo de 6 meses (“Programa de axudas transitorias”, art. 9 RDL 11/2020).

Se non aceita a petición, no prazo de sete días laborábeis terá que oferecer ao inquilino como alternativas a redución de 50% da renda ou unha moratoria no seu pago de até catro meses. No DOG nº 77 de 22 de abril de 2020 publícase a Orde do 17 de abril de 2020 pola que se modifica a Orde do 2 de agosto de 2019 pola que se estabelecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plano estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual.

 

 

13.- Emprego agrario e deducións IRPF para o sector agrario (módulos).

O Real Decreto-lei 13/2020, de 7 de abril, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes en materia de emprego agrario (BOE 08/04/2020, nº 98) ten por obxecto favorecer a contratación temporal de traballadores no sector agrario mediante o estabelecemento de medidas extraordinarias de “flexibilización” do emprego, de carácter social e laboral durante a vixencia do estado de alarme, sendo aplicábel até 30/06/2020. Os contratos laborais atinxidos serán todos aqueles de carácter temporal para desenvolver actividades en réxime alleo e dependencia en exploracións agrarias comprendidas en calquera dos códigos de CNAE proprios da actividade agraria.

Por outro lado, a Orde HAC/329/2020, de 6 de abril, pola que se reducen para o período impositivo 2019 os índices de rendemento neto aplicçaneis no método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas para as actividades agrícolas e gandeiras afectadas por diversas circunstancias excepcionais, suporá que se pagará menos na declaración da renda de 2019, dado que o Goberno publicou no BOE unha rebaixa dos módulos do IRPF no agro para aqueles profesionais que tributen no que popularmente se coñecen como “módulos” (1.000.000 de declarantes no sector). Inclúese o vacún de leite, a gandeiría extensiva de carne e a apicultura. A medida busca paliar crises de mercado e os efeitos das inclemencias metereolóxicas en diferentes territorios.

 

14.- Adianto ERTEs Xunta da Galiza.

 

 

15.- Subsidio extraordinario para persoas empregadas no fogar.

 

Segundo o Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19 as persoas que estexan rexistradas como traballadoras do fogar antes da entrada en vigor do estado de alarma, que deixaron de prestar servizos nunha ou varias moradas, total ou parcialmente, terán direito a esta nova prestación, para reducir o risco de transmisión debido á crise sanitaria Covid-19. Tamén as persoas traballadoras do fogar que foron sometidas a despedimento ou finalización de contrato durante a crise sanitaria.
Para solicitar o subsídio será necesario acreditar a perda total ou parcial da actividade cunha declaración responsábel asinada pola persoa empregadora, a carta de despedimento, a comunicación de despedimento ou a retirada do Sistema especial de empregados domésticos do Réxime Xeral de Seguridade Social.
As empregadas do fogar terán dereito a un subsidio equivalente ao 70% da súa base reguladora no caso de que a perda de actividade sexa total. Se a empregada reduce a súa xornada laboral, percibirá a parte proporcional correspondente a esa redución de xornada. O novo subsídio é compatíbel con outros ingresos por conta propia ou por conta allea, sempre que non superen, en xeral, o SMI. No entanto, será incompatíbel co subsídio por incapacidade temporal ou co cobro do Permiso Retribuído Recuperábel. Este subsídio extraordinario por falta de actividade percibirase por períodos mensuais desde a data do nacemento do direito.

A disposición transitoria terceira estabelece que o Servizo Público de Emprego do Estado fixará no prazo dun mes, a partir da entrada en vigor deste Real decreto lei, o procedemento para a tramitación das solicitudes, que determinará as formas e o sistema de tramitación (presencial ou telemática) e os prazos de presentación.

16.- Anteparos para taxis.

Regúlanse este tipo de axudas (300.000€) para a adquisición e instalación de anteparos mediante orde do 2 de xuño publicada no DOG nº113 de 11 de xuño (consultar aquí).

Poderán ser obxecto de subvención os anteparos adquiridos e instalados entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de xullo de 2020 como un elemento de protección fronte á COVID-19, debendo consistir nun elemento non permanente e que resulte doado desmontar, de carácter transparente, e que permitirá separar a fila de prazas dianteiras, en que se sitúa a persoa condutora, do resto de filas de asentos do vehículo.

A contía que se subvencionará será a correspondente ao importe, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), que conste na factura presentada pola persoa titular da licenza xunto coa solicitude e cun importe máximo de setenta e cinco (75) euros por anteparo e vehículo.

 

17.- Axudas para proprietarias e proprietarios de abellas.

Prazo: até o 28 de xuño.

Reguladas mediante Orde do 20 de maio de 2020 pola que se estabelece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (consultar aquí o DOG).

 

18.- Plano de dixitalización para empresas (páxinas web, posicionamento, mercadotecnia…).

Prazo: até o 2 de xullo.

Reguladas mediante Resolución conxunta do 18 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (consultar aquí o DOG).

 

19.- Conciliación da vida laboral e familiar.

Prazo: até 12 de xullo.

Reguladas estas axudas mediante Resolución do 5 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se estabelecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (consultar DOG aquí). Finánciase nun 80% polo FSE.

Destinadas a proxenitores que, entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020 (período máximo subvencionábel de 8 meses), ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo (mínimo 12,5 % da xornada ou porcentaxe equivalente para o caso de que a xornada sexa a tempo parcial) para o coidado de fillos e fillas menores de 3 anos (ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %). Os ingresos da unidade familiar non poderán ser superiores a 7 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2019.

 

20.- Antecipo PAC e axudas comisión de apertura.

Prazo: até 30 de xullo.

 

 

 

Para calquera outra cuestión podes contactarnos. Saúde!

 

Comisión Política de Por Chantada-CUP.

Rendición de contas das actuacións de Por Chantada durante a crise do COVID-19 [última actualización 07/06/2020]

 

 

 

Na presente entrada da nosa bitácora iremos rendendo contas das principais actuacións desenvolvidas desde o noso grupo municipal en relación coa crise sanitaria derivada do COVID-19. Neste sentido, a nosa actuación caracterízase por brindar a nosa total disposición a colaborar co Goberno municipal para a mellor resolución da crise mediante a achega de propostas.

  1. Propostas de Interior Galego Vivo ante a crise do coronavirus (13/03/2020).
  2. Interior Galego Vivo: FAQ Ninguén é unha illa. Preguntas e respostas para o mundo rural perante a crise do coronavirus (15/03/2020).
  3. Propostas de Por Chantada-CUP para actuación desde o Goberno municipal perante a emerxencia sanitaria derivada do COVID-19. (21/03/2020)
  4. Proposta de protocolo para o SAF no Concello de Chantada a aplicar durante a crise do COVID-19. (22/03/2020)
  5. Documento achegas Por Chantada comisión seguimento 24 de marzo de 2020 (24 de marzo de 2020)
  6. Proposta de protocolo para a limpeza viaria no Concello de Chantada a aplicar durante a crise do COVID-19 (27/03/2020)
  7.  “Estamos mellor no rural na crise do coronavirus?“, artigo en Nós Diario de Paula Verao (Agroma Sober) e Antom Fente (Por Chantada) sobre a crise e a situación no rural (30/03/2020).
  8. Parte diario da situación sanitaria en Chantada a partir do 1 de abril de 2020 nas nosas RRSS e até que o Concello de Chantada dea conta da mesma nas canles oficiais, así como información variada de utilidade á cidadanía.
  9. Comunicado de imprensa sobre a residencia de Chantada (02/04/2020, publicado o día 4).
  10. Resumo das axudas supramunicipais ás que vos podedes acolller [COVID-19] (07/04/2020).
  11. Proposta de protocolo para reparto de máscaras no Concello de Chantada a aplicar durante a crise do COVID-19 (18/04/2020).
  12. Consideracións ante a emerxencia sanitaria e a crise social e económica pola COVID19 da plataforma Por un Interior Galego Vivo (IGV) (19/04/2020).
  13. Decálogo de propostas urxentes perante a evolución da crise da COVID-19 e o novo cenario de confinamento. (22/04/2020).
  14. Propostas derivadas da Comisión de seguimento da crise da COVID-19 do día 24 de abril. (25/04/2020)
  15. FAQ #fase1: perguntas e respostas frecuentes sobre a Fase 1 do desconfinamento progresivo. (09/05/2020).
  16. Por Chantada denuncia a privatización do SAF en plena pandemía (2/06/2020).
  17. Solicitude de Por Chantada-CUP en relación co PACES (07/06/2020).

Estamos tamén en permanente contacto coas candidaturas e entidades da plataforma Por un Interior Galego Vivo para partillarmos propostas e informacións.

 

Consideramos tamén interesante a seguinte información, que sintetiza cuestións, do ámbito sanitario (consulta máis información básica para a cidadanía aquí: https://porchantada.wordpress.com/2020/04/11/blindar-o-rural-covid-19-recomendacions/):

 

 

 

 

 

 

Queremos, por último, reiterar os chamamentos á calma e a importancia de guiarnos por informacións contrastadas e facer caso das disposicións das autoridades sanitarias. Para calquera cuestión que nos queirades facer chegar podedes contactarnos ben através do formulario de contacto da nosa bitácora ou ben nas redes sociais.

 

#ficanacasa #apoiomutuo #solidariedade

Por Chantada eleva emendas aos Orzamentos para 2020 da Xunta da Galiza

 

 

Através da deputada Paula Vázquez Verao, as propostas de Por Chantada-CUP chegarán ao Hórreo. Así, nos #Orzamentos2020 da #XuntadaGaliza proporanse as seguintes emendas:

💧 Mellorar a depuración e tratamento das #augas residuais.

👵Aumentar os fondos que a Xunta achega ao Servizo de Axuda no Fogar (#SAF) e rematar coa precariedade laboral no sector.

👶 Incrementar as prazas da #GaliñaAzul, xa que temos demanda, e unha partida para dotar de cociña a nosa escola.

 Dotar, con carácter prioritario, partidas para actuacións de conservación do noso #patrimonio, a comezar polo mosteiro de San Salvador de Asma.

🌏 Universalizar a #bandalarga nas comarcas rurais.

🍷 Orzamentar unha campaña específica de apoio á promoción da #viticultura e o viño galego no exterior.

 Fondo para axudas por #danos provocados por sarabias e xiadas no sector primario.

🐄 Liñas de financiamento para as #explotaciónslácteas.

🚍 Melloras no #transporte do #rural.

🌳 Dotar cun millón de euros anual o Plano de xestión da #ReservadeBiosfera #RibeiraSacra-Courel-O Iribio, así como facer unha campaña de #participación no territorio.

#Construírfuturo #InteriorGalegoVivo

Podes consultar a nota de imprensa da deputada Paula Vázquez Verao premendo aquí (PDF): Emendas orzamentos 2020 Xunta da Galiza para o sul de Lugo e o interior galego