Manuel Varela crea o cienfuentazo chantadés

 

Hoxe apresentamos un escrito no Concello, xa que se convocou Pleno para o día 10 aínda tendo solicitado que se ubicase noutra data ao non poder existir por un compromiso laboral inescusábel, no día 10. En todo caso, queremos deste xeito explicitar e que fique rexistrada a nosa posición e se tornen públicas.

O alcalde e Inta van rectificar erros do PXOU desde a CUP no recurso de reposición que apresentamos ao ponto 6º do pleno de xaneiro contra o que dispón a secretaría municipal, que coincide no seu informe co que expuxemos sobre o procedemento  para “legalizar” o uso de oficinas. Para iso, tanto a proposta de acordo canto o informe do arquitecto, que é quen contesta as alegacións formuladas durante o período de exposición, obvian a rotundidade coa que a secretaría di que o procedente é a modifación pontoal do PXOU e non unha simple rectificación. Portanto, ententemos que estamos perante un acto administrativo cuxa nulidade de pleno direito é evidente.

Se estes días sombras e escándalos rodean a universidade non deixa de ser paradigmático que Manuel Varela recorrese a un informe da universidade que el mesmo encargou e pagou para xustificar a adopción desta posición. É o cienfuntazo chantadés: usar un argumento falaz de AUCTORITAS para agochar a verdade, a VERITAS. Un informe que mesmo pretendía eludir o carácter do acto que se quer perpretar. Consta, amais, na acta do pleno de xaneiro (páxina 9) que o proprio Manuel Varela recoñeceu que eran conscientes do presunto erro que leva 32 anos vixente: 

«Quen ten que informar é o Arquitecto e na legalidade o Secretario. Ata agora tratouse o uso de oficinas como uso comercial»

Entón eludíanse conscientemente as proprias ordenanzas municipais?

As irregularidades e o recurso a informes externos de comenencia non é unha novidade na xestión de Manuel Varela. Na década de 90, sendo tamén alcalde do Concello Manuel Lorenzo Varela, ampliouse a concesión dos sumidorios e da auga a Aquagest, a pesar do informe contrario da secretaría municipal. Varela e o seu grupo, daquela o PP, amparáronse en dous informes subscritos por dous avogados externos… contratados pola empresa Aquagest! Por algo a concesión está dentro do sumario xurídico da Pokemon.

Toda a INFORMACIÓN no seguinte PDF:

Escrito remitido ao Presidente e á Corporación antes da celebración do Pleno

Recibo-2018-E-RE-30

Por Chantada condena a discrecionalidade e opacidade coa que o alcalde emprega os fondos públicos

logo-por-chantada

 

O 22/09/2016 o xornal La Voz de Lemos informaba sobre o “Déficit nas contas do Chantada“. Segundo recollía este xornal, a directiva cesada do SD Chantada obtivo na última asemblea a maioría necesaria para aprobar unhas contas cun superávit de máis de 8.000 euros e a nova directiva demostra que o realmente existente é un déficit de máis de 9.000 euros. No mesmo corpo da nova informábase que, tanto a directiva saínte canto a entrante, existe un compromiso verbal de Manuel Varela de asumir con fondos públicos esa débeda. Ao respecto desde Por Chantada-CUP queremos facer as seguintes valoracións:

1.- A SD Chantada recibiu a subvención nominativa recollida no Orzamento de 2016 en vésperas da asemblea en que mudou a directiva, non sabemos se é unha casualidade ou unha axuda persoal do alcalde para contribuír á maquillaxe das contas.

2.- Os fondos públicos non os outorga verbalmente nin como favor persoal a persoa senón os órganos colexiados existentes na institución e só na medida en que son representantes dos cidadáns e axustándose á lexislación vixente. O contrario son as vellas prácticas herdadas do caciquismo do século XIX e que semellan resistirse a desaparecer nun país que di querer ser europeo.

3.-  Neste momento o concello gasta tanto en pagarlle a unha empresa por xestionar o facebook do concello (3.000€ cada 6 meses) como en emerxencia social (6.000€ ao ano) ou págalle proporcionalmente máis ao concelleiro da dedicación parcial, cuxas funcións seguimos descoñecendo, que cobra un profesor da secundaria ou un médico recén incorporado á sanidade pública. Ao tempo incumpre o plano de axuste onde lle convén (transparencia na contratación, escolla da mellor oferta, incremento expoñencial do gasto en persoal, etc.), mais é celoso e rigorista na aplicación de suba de impostos como o IBI ou a creación de novas taxas. E como mostra o seguinte extracto do informe da intervención municipal (para lelo íntegro preme aquí).

subvencions-no-plano-de-axuste-1

En definitiva, Por Chantada-CUP condena a discrecionalidade coa que a alcaldía do concello de Chantada outorga os fondos públicos, así como a falta total de transparencia  e unha política económica desastrosa e irresponsábel. Se o concello asume a débeda da SD terá que facelo mediante un acordo do órgano colexiado competente e rendendo as debidas contas, alén de precisar dunha modificación orzamentar que debe pasar polo pleno.  O contrario é un emprego caciquil e espúreo das institucións, como se fosen feudos persoais e non patrimonio colectivo de toda a veciñanza de Chantada.

#SomosAlternativa #CUPChantada

Por Chantada lamenta a politización do camiño de inverno en campaña electoral

logo-por-chantada

Desde a candidatura de unidade popular Por Chantada lamentamos profundamente o incumprimento da lexislación electoral por parte de Inta e do PP, algo absolutamente execrábel e que nos devolve ao tempo do caciquismo máis cinsento. É intolerábel que se fagan inauguración en campaña electoral, máxime cando Monforte de Lemos e Chantada comparten secretario tendo advertido este nun informe que:

A data escollida, o 17 de setembro, está dentro da campaña das eleccións ao Parlamento de Galiza e hai restricións da normativa electoral para este tipo de actos se participan representantes das administracións públicas.

Nin ao PP nin a Manuel Varela lle importou este informe como semella que non lles interesa a lei, demostrando cos seus feitos día si e día tamén que están por riba dela.

Igualmente, é lamentábel que unha asociación cun fin tan nobre como promover o camiño de inverno se preste a esta burda manipulación política, tomando partido así precisamente polos mesmos políticos que, co seu desleixo crónico, nin son capaces de conservar e sinalar axeitadamente o camiño ou que seguen permitindo que o trazado histórico e a variante por Oseira continúen sendo invisibilizadas.

[PXOM] Informe sobre a rúa Taboada

Por Chantada - Participación Democrática Directa

Pódese enganar a todos pouco tempo, pódese enganar a algúns todo o tempo, pero non se pode enganar a todos todo o tempo.

A canle local  de televisión, Televinte, retransmitiu unha petición veciñal para a modificación do PXOM nas rúas do Rego e Taboada. Con tal motivo a canle tamén entrevistou ao alcalde Manuel Lorenzo Varela, por certo nas mesmas datas en que asinou o Decreto polo que se crea a nova dedicación parcial que vai custar máis de 24.000€ ao concello de Chantada. Unha dedicación para Diego Otero Veiga tal e como adiantamos no pleno de xaneiro, aínda que Varela o negaba e se negou a dar nomes…  No vídeo, que pode verse a continuación, Varela fai unha serie de afirmacións respecto das cales cómpre facer as seguintes aclaracións porque xa está ben de mentir e intoxicar aproveitándose da falta de coñecementos urbanísticos da maioría da veciñanza.

1º) A carón da rúa Taboada existe un terreo que foi cedido pola familia Soto ao concello de Chantada, sendo alcalde  Sergio Vázquez Yebra no ano 1984. A imaxe reflite ese acordo que se plasma, deseña e aproba no PXOU de 1985. En virtude deste acordo constrúese un edificio de 5 andares nesa zona na intersección da rúa Taboada coa avenida de Lugo. Na primeira das estipulacións do documento asinado o 24 de abril de 1984 lemos (FIG. 1 e FIG. 2):

13451088_656427394511443_992844764_n
FIG. 1
13419236_656427937844722_1723029669814435799_n
FIG. 2

2º) A cambio da cesión de dito terreo, como xa dixemos, o concello de Chantada acepta permitir a construción de 63 vivendas de 100 m2 nunha superficie de edificación de 7.952 m2 (5 andares: baixo máis 4 andares) nos seguintes 8 anos á aprobación do PXOU de 1985  (1985-1993). Por outras palabras, todos os actores gañaron. O concello gañaba unha zona verde de 4.980 metros cadrados (este dato é moi importante) e os propietarios podía construír 63 vivendas.

3º) Tamén na FIG.2 faise mención a un plano onde aparece a superficie verde de 4.980 metros cadrados que aínda é de titularidade municipal a día de hoxe. Ese plano recollése no PXOU é o que segue (FIG. 3) estando representada a zona verde con círculos e figurando tamén un vial que uniría as avenidas de Monforte e Lugo e que nunca se desenvolveu. Entre ese vial e o terreo cedido ao concello figura a propriedade actual do construtor.

Do outro lado da rúa unha zona verde que non se respectou e que hoxe contén elementos altamente inflamábeis en pleno centro de Chantada, contra toda lóxica ao estar no PXOU 1985 (lembramos que vixente até a a aprobación do novo) como zona verde… como é que pasa de ser zona verde a solo urbano consolidado agora sen ningunha contraprestación para a cidadanía (por exemplo a ampliación das beirarrúas nesa parte da rúa Taboada)?

O espazo verde situado na marxe esquerda da rúa Taboada en sentido ascendente suprímese e pasa a ser edificábel cun fondo de 16 metros e 4 andares de altura, un incremento enorme da edificabilidade suprimindo unha zona verde, que se recalifica a solo urbano consolidado sen ningunha contraprestación e en detrimento da calidade paisaxística da contorna urbana do noso ámbito vilego. Con todo, imos centrarnos na marxe dereita en sentido ascendente, na propiedade municipal, mais queremos que se vaia vendo até onde é inefando este PXOM.

01.- PXOM. Vixente
FIG. 3

3º) Neste 2016 un empresario da construción local, que adquiriu no seu día o terreo contiguo ao de propiedade municipal por un prezo moi inferior ao que tería un solar ao non poderse construír nel (aprox. 60.000€), intentou anexionarse a parte pública. A cuestión saiu en pleno e Varela dixo que estaba negociando co construtor e que se nos informaría cando correspondese… Tal opacidade é, cando menos, preocupante e non consta que o concello respondese á demanda do construtor con firmeza, estando disposto a defender a titularidade pública nun contencioso dun terreo de alto valor de cambio, pola súa ubicación, e de alto valor de uso, como zona verde ou libre a carón de edificios dotacionais tan importantes como o auditorio municipal, o edificio de usos múltiplos, Televinte ou o xulgado. De feito, ese terreo estase empregando como aparcadoiro improvisado na actualidade.

4º) Pouco despois, na véspera da entrada en vigor da nova Lei do Solo de Galiza, o Goberno de Inta aproba en solitario o PXOM de Chantada aprobeitándose de que a lei electoral outorgoulle a maioría absoluta con tan só o 45% dos votos emitidos e sen ter entregado a documentación relativa ao PXOM con anterioridade á Comisión Informativa. Como fica a rúa Taboada neste novo PXOM (FIG. 4)?

Zona verde Rua Taboada Plano001
FIG. 4

5º O primeiro que observamos na FIG.4 é que as zonas verdes de 1985 desaparecen e a propiedade municipal subsúmese nunha das denominadas como áreas de reparto no PXOM, concretamente a área de reparto D1-AR-03. Mais, que é unha área de reparto? É unha superficie que sen ser zona urbana consolidada permite a través dun plano parcial ser desenvolvida urbanisticamente. Sorpresa! O terreo que se mercou a un prezo baixo aparece recalificado  e mesmo se suprime a ordenación detallada de viais e espazos verdes que contemplaba o PXOU de 1985 sen ningunha xustificación e, en palabras de Varela, habería que fiar todo á incertidume dun desenvolvemento posterior…

Por outras palabras, o alcalde pídenos aos cidadáns un acto de fe na súa palabra a que tantas veces faltou cando todos os indicios apuntan ao que apuntan e cando sabemos como foron para o interese xeral outras negociacións feitas polo señor Varela como os eólicos ou a rúa Xoan XIII. Amais, non debera aproveitarse tamén a titularidade pública do terreo para ampliar as beirarrúas da rúa Taboada e non deixar os exiguos 8 metros desde a notaría? Nótese que na parte baixa da rúa amplíase o vial mesmo por riba dunha edificación existente, hai cidadáns de primeira, de segunda e terceira en Chantada?

A maiores, o PXOM ten a obriga de estabelecer unhas regras xerais para ese hipotético desenvolvemento da área de reparto D1-AR-03 que contempla (FIG. 5):

Zona verde Rua Taboada Ficha002
FIG. 5

6º) O primeiro que chama a atención na FIG. 5 é que dos 4.900 metros cadrados que tiña o concello en 1985 agora só se contemplaría unha zona verde de 2.500 metros cadrados polo que o concello perdería a metade da superficie e, aínda por riba até se permítese que a zona verde se vincule ao carón do río Asma. Curiosamente, disto non nos di nada o señor Manuel Varela, só que “os cidadáns poden estar tranquilos”.

Por exemplo, noutras áreas de reparto, por exemplo a D1-AR-06 e D1-AR-10, xa se debuxan nas propias áreas de reparto as zonas verdes e até novos viais, o cal tería todo o sentido no presente caso.  No caso de D1-AR-10 refírese a zona que está en fronte ao bar Tropic que, en caso de desenvolverse, leva a zona verde asociada (FIG. 6). No tocante a D1-AR-10 encóntrase fronte ao bar Silt e contempla xa non só unha zona verde senón tamén novo vial que a une coa outra zona de desenvolvemento paralela: D1-AR-05 (FIG. 7).

Que demostra isto? Que o feito de non marcar como zona verde a parcela de titularidade municipal é unha decisión política que, polas palabras do propio Varela, se debe a supostas “negociacións” con empresarios, nada transparentes nin beneficiosas para o interese xeral polo que intuímos.

D1-AR-10
FIG. 6
D1-AR-05
FIG. 7

Seguro que podemos as chantadinas e os chantadinos estar tranquilos cando temos un PXOM do que nos esconden cousas tan graves e serias como estas? Canto vale a palabra de INTA e do señor Varela? Seguro que menos que os decretos que aprobou ás agochadas para unha dedicación de 25.000€ e o pago de multas por velocidade con cargo a fondos públicos…  Ao mellor  refírese á tranquilidade de INTA coas eivas da Casa da Música, incapaces de pedir en 5 anos de goberno un informe do técnico municipal até que se fixo pola nosa iniciativa… Ou falarán da flema coa que votaron en contra da nosa proposta para baixar o IBI, bonificar instalacións agro-gandeiras e aplicar bonificacións para familias numerosas?

#SomosAlternativa  #CUPChantada

 

Outras novas na páxina de Por Chantada-CUP relacionadas co PXOM

ALEGACIÓNS-TIPO PARA O RURAL

RESUMO DO ACTO DE POR CHANTADA SOBRE O PXOM

O PXOM E CHANTADA: CRONOLOXÍA DUN DESASTRE

RESUMO DO PLENO EXTRAORDINARIO (E ACCIDENTADO) SOBRE O PXOM

ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS E INSTRUCIÓNS PARA FORMULAR ALEGACIÓNS AO PXOM

INTERVENCIÓN DO VOCEIRO DA CUP, ANTOM FENTE, NO PLENO SOBRE O PXOM (PDF)

DECLARACIÓNS DO VOCEIRO DA CUP EN TELEVINTE SOBRE O PLENO DO PXOM (YOUTUBE)

MAPA XERAL SOLO URBANO

MAPA XERAL SOLO RURAL

 

STOP á impunidade! Coa corrupción e o caciquismo tolerancia 0

suso otero
Foto: El Progreso

A candidatura de unidade popular Por Chantada reitera, como vén defendo desde a súa creación, que coa corrupción e co caciquismo non pode haber tolerancia social, pois hipoteca o futuro colectivo para beneficio duns poucos.

Lamentamos que após dúas sentenzas firmes, a última da sala II do Tribunal Supremo, o alcalde de Monterroso sexa incapaz de apresentar a súa demisión polo ben da imaxe do seu concello, que é dos cidadáns e non seu, e polo ben da Galiza interior, asociada aínda co caciquismo e coa mala praxe política, precisamente por casos como este en que se abusa da autoridade para retirar multas a quen conveña.

Hoxe (26/05/2016) coñecemos polo xornal El Progreso que “Jesús Otero apela ao Constitucional para manter a alcaldía de Monterroso” representando o pior da vella política incapaz de demitir polo ben do seu concello e da veciñanza.

Aferrados ao cargo pase o que pase, este e outros comportamentos son ao tempo os responsábeis desa imaxe de impunidade do vello caciquismo que se traduce en abulia e parálise do tecido social e que tapia calquera saída de futuro para os nosos concellos.

Uns concellos do interior de Lugo onde os escándalos de corrupción e abuso de autoridade se suceden. Hai uns días era o caso de Pantón en relación co PXOM e agora mentres en Monterroso hai un alcalde condenado por quitar multas, en Chantada temos un alcalde que asina decretos e que paga multas de velocidade aos seus traballadores:

Decreto da alcaldía nº 63 do 14 de abril de 2016: https://porchantada.files.wordpress.com/2016/05/multa-de-trc3a1fico.pdf

multa tráfico decreto alcalde

A mocidade e as maiorías sociais que queremos unha nova política que nos permita ter futuro na nosa Terra e non ter que emigrar non nos merecemos que o caciquismo siga destruíndo o futuro colectivo con total impunidade.

Desde Por Chantada-CUP solicitamos a demisión do alcalde de Monterroso, porque é un imperativo ético, e solicitamos que Manuel Varela dea explicacións, xa non só polas amizades perigosas dos Inta, mais tamén por procedementos como o pago de multas por exceso de velocidade a traballadores do concello de Chantada cos cartos de todas e todos.

que voltem para a casa
Queremos futuro para tod@s, tamén para os que emigraron, e non covertirnos nun deserto verde.

Resumo do pleno ordinario do 9 de maio de 2016

Por Chantada - Participación Democrática Directa

O pleno ordinario de maio comezou ás 20 horas coa presenza de 10 concelleiros. En total, finalmente, asistiron, 12 concelleiros ausentándose Cándida Carnero do grupo Inta e Goyanes do PP. Como público, alén de Televinte, só asistiu unha persoa.

A continuación facemos un detallado resumo do pleno.

Seguir lendo

Vídeos de Televinte sobre o pleno ordinario do 18 de xaneiro de 2016

2.- Debate sobre o Orzamento 2016

O portavoz de Por Chantada explicou en Televinte o voto contrario ao‪#‎Orzamento‬, un dos puntos do pasado pleno ordinario. Se o desexares, podes ler as intervencións plenarias sobre esta asunto aquí: I.- O orzamento da resaca…da borracheira electoral e II.-Intervención II sobre o orzamento da resaca

4.- Debate sobre a dedicación exclusiva

Neste punto, desde Por Chantada-CUP, temos que valorar a suba do soldo do alcalde, como se dun funcionario se tratase, conxuntamente coa creación dunha dedicación de 4 horas diarias para un concelleiro que nin sequera ostenta ningunha tenencia de alcaldía e que vai percibir 1.500€ mensuais por 4 horas de traballo en canto a mocidade local vive a realidade do desemprego e da precaridade percibindo menos de 600€ no mellor dos casos, cando non facendo as maletas e emigrando.

5.- Expediente de modificación de crédito: suplemento de crédito 1/2016

Desde a candidatura de unidade popular Por Chantada afirmamos que se traen a pleno facturas por valor de 631.486’97€, das cales só había no orzamento de 2015 dotación orzamentar para 120.840’40€. Porén, resulta que se gastaron 510.646’57€ (P.O. 450.610.00 Arranxo camiños municipais), non previstos, e que se pretenden aprobar vencido xa o exercicio 2015.

7.- Plano estratéxico de subvencións do concello de Chantada período 2016-2017

Desde Por Chantada emitimos un voto contrario ao Plano estratéxico de subvencións após pedir a súa retirada para elaboralo participadamente e contar co tecido social da vila do Asma. INTA votou en contra de deixalo sobre a mesa en canto a CUP e o PSOE votamos a favor.
Na segunda votación, xa sobre a proposta orixinal de INTA, emitimos un voto contrario por ser un documento feito ás carreiras, sobre os prazos e sen contido real nin co rigor que require un Plano de calquera tipo.

8.- Modificación das medidas do Plano de axuste aprobado como consecuencia da operación de endebedamento derivada do RD/Lei 4/2012

Un dos puntos do pasado pleno foi a modificación do plano de axuste. Aproveitamos o punto para criticar o plano de axuste a nivel macro (como parte dunha estratexia de facernos pagar vía impostos o rescate encuberto ao Estado español para pagar as inxeccións de capital a cambio de nada aos bancos e especuladores) e a nivel micro (cun desenvolvemento moi desigual do acordado e que se centrou na creación de taxas e subos de impostos de natureza regresiva -obviando a aplicación desa mesma “austeridade” na propia administración e sen a transparencia axeitada na contratación, etc.-). Por estas razóns, nin apoiariamos o plano de axuste tal e como se elaborou no seu momento (sen coñecer tan sequera a taxa de xuro que ía pagar o concello) nin tampouco calquera modificación.

Tampouco se pode vender como un logro saír dun plano de axuste cando quen nos meteu nel (o que supón devolver máis de 3.000.000€) foron as políticas desenvolvidas por Manuel Varela na súa etapa no PP, responsábeis de xerar un volume de débeda que lastrou as contas do concello.

A explicación é sinxela: cando deixou o concello, após 11 anos desde 1996 cando chegou a alcadía mediante moción de censura, a débeda ascendía a 6.900.000€ con 3.427.365€ en facturas pendentes de pago. Ao cabo, esa situación foi a que “obrigou” a recorrer a un plano de axuste, toda vez que 4 anos despois -cando con INTA regresa á alcaldía- as facturas pendentes de pago ascenden a 1.636.872€ das que 938.596€ son aínda da etapa de Varela no PP tal e como reflexa a acta en que se aproba o Plano de axuste ao que vota favorabelmente o propio Varela sen pór reparo algún a estes datos.

13.- Moción do Grupo Municipal por Chantada-CUP para que o Goberno Municipal comapreza en sesión plenaria extraordinaria e monotemática para explicar porque non se seguiu o mantemento do edificio da casa da música conforme o disposto no libro do edificio

16.- Rogos e preguntas

16.1.- PSOE

16.2.- PP e Por Chantada-CUP

As contas do concello (I): o financiamento da prensa

Por Chantada - Participación Democrática Directa

Última actualización: 14/o3/2017 (10:55 horas)

Coñecer as contas dos organismos públicos consideramos que é algo fundamental e, desde logo, coherente coa nosa aposta pola participación cidadá, a ética na política e a transparencia. Por iso, esta entrada inaugura unha nova sección na nosa páxina web destinada a dar a coñecer as contas do concello.

Nesta primeira aproximación imos detallar o que se leva gastado, desde a nosa entrada no concello, en diversos conceptos relacionados con medios de comunicación privados: publicidade, subscricións a xornais, axudas sen convenio ou mediante convenio se chegase a darse o caso, etc. O cómputo exténdese, neste caso, desde xuño de 2015.

EMPRESA

CONCEPTO

P.O.

Data emisión

SUBTOTAL

TOTAL

TELEVINTE

C. 3º trimestre

330.226.09

1/10/2015

3.630€

La Voz

Patronais 2015

330.226.02

31/08/2015

987’36€

El Progreso

Anuncio RS

330.226.02

30/06/2015

736€

El Progreso

Anuncio RS

330.226.02

30/06/2015

363€

El Progreso

Chantada verán

330.226.02

31/08/2015

605€

El Progreso

Anuncio festas

330.226.02

31/08/2015

665’50€

La Voz

Anuncios maio

920.226.02

31/08/2015

289’19€

El Progreso

Anuncio laboral

920.226.02

10/06/2015

212’96€

El Progreso

Anuncio PEP

920.226.02

31/05/2015

212’96€

La Voz

Subscrición

920.220.01

01/07/2015

189€

La Voz

Anuncio maio

920.226.02

31/05/2015

289.19€

La Voz

Anuncio Castañazo Rock

338.226.09

31/10/2015

130.68€

Editorial Compostela

2210 Conc. de Chantada (Gala Galegos)

430.226.02

31/10/2015

121€

El Progreso

Anuncios verán

430.226.02

30/09/2015

847

El Progreso

Subscr. Biblio.

330.220.01

11/11/2015

98’50

El Progreso

Anuncio

430.226.02

09/12/2015

363€

El Progreso

Prensa xaneiro

920.220.01

Sen factura

33’95€

TELEVINTE

4º trim.

430.226.02

21/12/2015

3.630

La Voz

Expo R. Figueira

920.226.02

31/12/2015

571,12

La Voz

Subscr. 01-06

920.220.01

01/01/2016

190

La Voz

Subs. Aso. Enjambre 01-06

920.220.01

01/01/2016

375

El Progreso

Biblio 01-03

920.220.01

31/01/2016

98’50

El Progreso

Anuncio extra fitur

920.226.02

31/01/2016

363

El Progreso

Anuncio conce

920.226.02

31/12/2015

363

El Progreso

Imprensa concello febreiro

920.22o.01

31/12/2015

33’95€

Editorial Compostela

3112 Fin de Ano

920.226.02

31/12/2015

121€

TELEVINTE

Promo. divulg. actividades do concello xaneiro-febreiro 2016

430.226.02

01/03/2016

2.420

 

LA VOZ DE GALICIA

bANNER 984X50 HIPERLOCAL CHANTADA 2016

920.226.02

15/03/2016

847

El Progreso de Lugo

Anuncio entroido

920.226.02

29/02/2016

605

Sermos Galiza

Banner capa

330.226.02

22/03/2016

605

605

Editorial Compostela

Promo Feira do Vinho El Correo

330.226.02

30/03/2016

617,10€

859,1

El Progreso

Feira do Viño

330.226.09

31/03/2016

299,99€

 Radio Popular S.A. Feira do viño 338.226.02 05/04/2016 1.210
Campo galego

Feira do Viño

338.226.02

05/04/2016

133,10

133,10
Radio Faro (SER) Feira do viño  338.226.02 11/04/2016 1.107,15

 Galicia Confidencial

Feira do Viño  338.226.02 12/04/2016 242 242 
Sociedade Española de Radiodifusión Feira do viño  338.226.02  12/04/2016  1.017’25€  1.017’25€

    

 El Progreso

Feira do Viño 338.226.02 13/04/2016 726
La Voz de Galicia Feira do viño  338.226.02 19/04/2016 2.238,5 6.963,82

V Televisión

Feira do Viño 338.226.02 19/04/2016 370,56 370,56
 La Región Feira do Viño 338.226.02  11/04/2016 786,50  786,50
 Televinte  Act. concello marzo-abril 16  430.226.02  03/05/2016  3.630  
El Progreso Imprensa concello 920.220.01 29/04/2016  33’95€  
El Progreso Imprensa concello 920.220.01 29/04/2016  33’95€  
El Progreso Subs. Biblioteca 920.220.01 30/04/2016 98’50€  
 El Progreso Anuncio PXOM  920.226.02 30/04/2016  638’88€
 La Voz de Galicia PXOU Chantada  920.226.00  30/04/2016  653,40€  
 Sar Comunicaciones XXI  Feira do Vinho  338.226.00  31/03/2016  363
LA Opinión A Coruña S.L. Publicidade feira do viño 2016 920.226.02 31/03/2016 955 242,02 
 Televinte Promoción, divulgación e cobertura informativa maio-xuño 330.226.02 19/07/2016  2.420  
El Progreso Anuncio Moito que ver 920.226.02 30/06/2016 363
 El Progreso Pago mes de xuño  920.220.01 29/07/2016  33,95
 La Voz de Galicia subscrición 920.220.01 01/08/2016  190
 La Voz de Galicia  anuncios PXOM 920.226.02  11/08/2016  423,50  
 El Progreso  subscrición biblioteca 920.220.01  05/08/2016  98,50
 El Progreso  anuncio PXOM 920.226.02  05/08/2016  212,96  
 El Progreso  anuncio subestación Vilela  920.226.02  05/08/2016  216,96
 El Progreso  verán turístico 920.226.02  05/08/2016 726  
 Televinte  promoción, divulgación e cobertura informativa xullo-agosto  330.226.02  31/08/2016  3.630
 Erp publicidad  publicidade feira do viño  338.226.02  01/08/2016  235,95€  235,95€
 Radio Faro-SER  anuncio patronais  330.226.02 31/08/2016  297,66 1.405,16
 SAR Comunicaciones XXI  publicidade Progreso verán  920.226.02  31/07/2016  484
Radio Popular anuncio patronais 330.226.02 05/09/2016 309,76  1.519,76
 UNIPREX SAU  anuncio patronais  330.226.02  31/08/2016  242 242
 El Progreso anuncios agosto  430.226.02  31/08/2016 1.815
Sar Comunicaciones XXI Publicidade El Progreso verán 2016 920.226.02 31/08/2016 484
 
El Progreso Imprensa concello 920.220.01 agosto 33,95
La Voz de Galicia Anuncio Carmen e Folión 2016 920.226.02 05/10/2016 822,80
El Progreso Verán turístico 920.226.02 10/10/2016 363
El Progreso Imprensa concello agosto 920.220.01 agosto 33,95
El Progreso Imprensa concello 920.220.01 setembro 33,95
Sar Comunicaciones XXI Publicidade Progreso verán 2016 920.226.02 30/09/2016 1452 2.783
 SAGON SL Publicidad Publicidade especial festas 2016  330.226.02 31/08/2016  665,50 665,50
 El Progreso  Subscrición biblioteca  330.220.01  31/10/2016  98,50  
El Progreso Imprensa concello 920.220.06 novembro 67,9  
Televinte Promoción e cobertura informativa actividade concello septembro e outubro 330.226.02 31/10/2016 3025  22.395
El Progreso Anuncio Ribeira Sacra 920.226.02 12/12/2016 363  
La Voz de Galicia Orde títulos desporto 920.226.02 31/10/2016 471,9  9.525,82
El Progreso Subscrición biblioteca 920.220.01 31/01/2017 98,50
El Progreso Facturación xaneiro 920.220.01 06/02/2017 33,95 11.977,21

 

TOTAL: 54.350,19 €


A isto cumpriria engadir outros pagos doutras partidas, como xa dixemos, que se fan a medios de comunicación, nomeadamente a televisión local Televinte polo que o gasto real é sensibelmente maior do recollido na devandita partida orzamentar.
Canto se preve gastar en 2016? Non é doado estabelecer unha cantidade fixa, xa que non todas as facturas con destino á imprensa se engloban na Partida Orzamentar de “Publicidade e propaganda” (226.02), senón que poden subsumirse noutras partidas. No entanto, podemos adiantar o que o Goberno contempla gastar en “Publicidade e propaganda” de acordo co rascuño dos orzamentos que nos foi transmitido:

Publicidade e propaganda (P.O. 226.02)
330.- Ad. Xeral cultura 5.000€
338.- Festas populares e festexos 2.000€
430.- Comercio, turismo e PEMEs 6.000€
920.- Ad. Xeral 9.952€
TOTAL 29.952€

Concretamente, no caso de Televinte, ten un convenio asinado cos diferentes concellos da comarca aínda que en Chantada este non está formalizado e págase irregularmente, polo que se está pagando un servizo ou unha subvención pasándoo por un contrato menor. Por exemplo coa partida 330.226.09 “Actividades culturais e deportivas” págaselles un trimestre e coa de “publicade e propaganda” de Turismo e Pemes (440.226.02) o 4º trimestre de 2015. Esta manifesta “anomalía” xa lla fixemos saber en varias ocasións a Manuel Varela.

No caso de Taboada e Carballedo outórganlle candanseus 8.000€ anuais, en canto no caso de Chantada son 12.000 €anuais. No entanto, tendo en conta que Carballedo ten un orzamento de 1.800.000 e Chantada de máis de 5.500.000€ parécenos que desde o concello se debería facer un esforzo maior para manter unha das poucas televisións locais que aínda subsiste na actualidade, máxime cando ten base en Chantada. Non é normal que Taboada e Carballedo destinen proporcionalmente máis fondos (0’44% fronte a 0’21%) a Televinte que o concello de Chantada. De feito, aínda achegando o duplo do actual (24.000€) Chantada só igualaría (0’43%) as achegas de Taboada de Carballedo.

Moción en defensa da sanidade pública e para un servizo digno e universal no ambulatorio de Chantada

MOCIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA E PARA UN SERVIZO DIGNO E UNIVERSAL NO AMBULATORIO DE CHANTADA

Seguir lendo