A ausencia de debate social e de atención mediática e política sobre a PAC dá a medida da orfandade política do sector primario e do mundo rural.
A sobrevivencia de centos de granxas e do modo de vida de centos de familias está en xogo, mais tamén que haxa fumo e vida en centos de aldeas e parroquias do interior galego.
A Xunta NON axuda as persoas que se queren incorporar á actividade agrícola ou gandeira e que cumpren os requisitos para ter esta axuda, nun país que perde SAU e explotacións e onde 6 de cada 10 persoas que teñen granxa nestes momentos estarán xubiladas en 2030.
Mentres outros partidos están entregados á especulación coas listaxes dos comicios municipais ou enfrascados na carreira caciquil de votos por cimento, Por Chantada continúa decote acarón dos problemas da viciñanza e procurando solucións para os problemas do interior galego.
Vacas en pastoreo extensivo e con produción de leite ecolóxico na parroquia de Esmoriz. Foto: Por Chantada – Interior Galego Vivo.
A Xunta castiga a produción en ecolóxico contravindo a estratexia comunitaria.
No día de hoxe rexistramosMoción do grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo par a dotación de fondos por parte da Xunta aos planos de mellora, incorporacións e á produción ecolóxica na campaña 2022 e para o período 2023-2027 dentro da aliña de desenvolvemento da PAC. Esta acción súmase a outras anteriores, por exemplo na sesión ordinario do pleno de 24 de setembro de 2020 aprobamos por unanimidade a Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP a prol dunha PAC axeitada para o interior galego. O documento de 10 páxinas propuña liñas de acción para unha PAC axeitada aos intereses e ao territorio galegos no período 2023-2027.
Así pois, e infelizmente, a Corporación de Chantada foi un dos escasos foros institucionais onde houbo algo de debate cando se estaba no período de negociacións, aínda que fose pola insistencia dePor Chantada, sobre esta cuestión de vital importancia para o sector primario e para o interior galego. A ausencia de debate social e de atención mediática e política sobre a PAC dá a medida da orfandade política do sector primario e do mundo rural.
A PAC contén o Pacto Verde cuxo alvo é atinxir 25% da SAU dos 27 estados membros da UE de produción ecolóxica en 2030 e traduciuse en 2022 na liña de axudas da Consellaría de Medio Rural que, ao ser de concorrencia competitiva e estabelecer unha priorización de 2 pontos para as exploracións de montaña e de 1 ponto para as situadas en Rede Natura, deixou fóra, de por si, a meirande parte das pequenas granxas de leite e de pequenos produtores de horta e de carte de vacún, mais tamén a producións de ovino e cabrún en ecolóxico.
É dunha manifesta e incomprensíbel irresponsabilidade deixar fóra desde a Xunta ao 43% das hectares solicitantes, nomeadamente cando desde maio tiñan os dados na Consellaría e había fundos do PDR. A falta de planificación crónica no agro galego e a intensidade das axudas através da PAC e de fundos nacionais para a agricultora ecolóxica noutros estados da UE (Alemaña, Dinamarca, Austria, Franza…) sitúa nun beco sen saída a agricultura ecolóxica galega se se exclúe destas axudas.
Afondando no exposto, a perda das axudas á produción ecolóxica asóciase a risco de feche de exploracións, nomeadamente naquelas con solicitantes de nova incorporación polo castiga aínda máis a aquelas iniciativas da mocidade e, daquela, con futuro no territorio. Estas persoas cómpre saber que renunicaron ás axudas agroambientais que viñan cobrando en convencional por seren incompatíbeis coa ecolóxcio, aumentaron o gasto en asesoramento entre 1.200 e 1.400 euros, cotas de inscrición no CRAEGA (450 euros en media), corrección de incidencias na transición e adaotacións (milleiros de euros), maior custe nos insumos (só no penso 15 céntimos en quilo), perda de ingresos inicial polo descenso da produción… En síntese, é deixar desamparado e co cu ao ar as iniciativas máis valentes e de futuro por unha desastrosa previsión.
Ao tempo, Por Chantada e IGV subliñan que na Galiza a produción ecolóxica anda aínda arredor de 5%, moi afastada do 25% que marca o horizonte de 2030 da PAC. Este obxectivo é de importancia estratéxica para preservar a biodiversidade, reducir o exceso de fertilizantes (cada vez máis caros ao seren importados) e fitosanitarios e, en definitiva, para a seguranza e soberanía alimentares.
De por parte, o anteriormente exposto atinxe tamén a granxas e iniciativas da comarca de Chantada, xa que, aínda non habendo facendas afectadas directamente ao sermos alta montaña si que houbo denegacións por outras razóns e pode afectarnos no período da nova PAC, xa que segundo o CRAEGA temos 2 facendas de leite en ecolóxico nas parroquias de Esmoriz e Vilaúxe, así como apicultura e outras iniciativas susceptíbeis de verse afectadas. Na comarca, Taboada conta con outras facendas de leite en ecolóxico. Así as cousas, a provincia de Lugo é a que máis se xoga.
Do mesmo xeito, cómpre incidir en que coa nova PAC 2023-2027 todo isto muda e a Consellaría está negociando as axudas do período. O CRAEGA, organismo oficial da Xunta calcula 9.5 millóns de euros para dar resposta a todas as solicitudes, mais Medio Rural só quere chegar até os 7.5 millóns baixando, por un lado, as primas por hectárea, o que colide co obxectivo de Bruxelas; e, por outro lado, pondo tope por hectária mediante a degresividade.
Imaxe de arquivo dun acto sobre a PAC impulsado desde Por Chantada que contou coa presenza da eurodeputada Lídia Senra e da gandeira chantadadesa Ana Rodríguez, integrantes de Por Chantada. Foto: Por Chantada – Interior Galego Vivo.
Incorporacións e plans de mellora.
O día 3 de febreiro publicouse a resolución da convocatoria do 2022 de incorporacións, planos de mellora e pequenas explotacións. En primeiro lugar, resolveron cando xa estaba aberta a nova convocatoria do ano 2023, co cal moita xente non sabía se tiña que pedir outra vez ou non. En segundo termo, é inconcibíbel que queden fóra da axuda persoas que se queren incorporar á actividade agrícola ou gandeira e que cumpren os requisitos para ter esta axuda, nun país que perde SAU e explotacións e que ten unha falta de xente que produza alimentos moi preocupante: 6 de cada 10 persoas que teñen granxa nestes momentos, estarán xubiladas en 2030. Ao tempo, a Xunta e o marco lexislativo favorecen o acaparamento de terras por diferentes vías desde os fundos de investimento, ávidos de adquirir terras en todo o mundo.
Concretamente, os dados foron os seguintes:
Axudas
Concedidas
Denegadas
Incorporacións
353
76
Planos de mellora
485
180
Pequenas exploracións
166
67
Resulta evidente que non se está facendo unha xestión acertada dos fundos da PAC nen unha aposta desde a Xunta polo rural e por facilitar que a mocidade e novas labregas e labregos se incorporen á actividade agraria.
De esquerda a direita: Paula Verao, Antom Fente, Lidia Senra e Olga Otero nunha rolda de impresa conxunta. Foto: Por Chantada – Interior Galego Vivo.
Que demandamos que aprobe a Corporación para trasladar á Xunta?
Exiximos que a Xunta complete o orzamento da orde de axudas do ano 2022 na cantidade precisa até acadar os 5.6 millóns de euros necesarios para cobrir 100% das solicitudes apresentadas en ecolóxico e o mesmo para as axudas ás producións ecolóxicas para o novo período 2023-2027 da Política Agraria Común.
De por parte, reclamamos que se manteña o pago por hectárea para aumentar a SAU en ecolóxico e a biodiversidade produtiva apostando pola degrevisidade e o tope de hectáreas en caso de que non houber fondos suficientes, aplicando un criterio racional de xustiza fiscal e redistributiva. En consonancia co anterior, consideramos insuficiente o incremento do 10% no importe das primas con respecto ao 2015 e que se volva ao aprobado no anterior PEPAC.
Por último, dunha parte, solicitamos transparencia ao Goberno da Xunta para que as decisións adoptadas sexa de coñecemento público, nomeadamente para as persoas produtoras en ecolóxico, co gallo de que poidan reconducir as súas exploracións evitando perdas económicas inxustificadas que traen consigo enormes prexuízos; e, doutra parte, exiximos dotación orzamentar suficiente para que as incorporacións e planos de mellora permitan que se incorpore á actividade agrícola ou gandeira todas aquelas persoas que cumpran os requisitos, así como acelerar a resolución das peticións desde a Consellaría de Medio Rural.
Cuestión de orde: se unha moción é ditaminada favorabelmente pola comisión ten que incluírse na orde do día. Debería ser o ponto 7º de acordo co ROF (art. 93 ROF e 97 e 126; entre outros supletorios coma o 135, 136 e 137).
Art. 93.
La consideración de cada punto incluido en el orden del día comenzará con la lectura, íntegra o en extracto, por el Secretario, del dictamen formulado por la Comisión Informativa correspondiente o, si se trata de un asunto urgente, no dictaminado por la misma, de la proposición que se somete al Pleno. A solicitud de cualquier grupo deberá darse lectura íntegra a aquellas partes del expediente o del informe o dictamen de la Comisión que se considere conveniente para mejor comprensión.
Si nadie solicitare la palabra tras la lectura, el asunto se someterá directamente a votación.
Artigo 97
1. Dictamen, es la propuesta sometida al Pleno tras el estudio del expediente por la Comisión Informativa. Contiene una parte expositiva y un acuerdo a adoptar.
Art. 126.
1. Los dictámenes de las Comisiones informativas tienen carácter preceptivo y no vinculante.
2. En supuestos de urgencia, el Pleno o la Comisión de Gobierno, podrá adoptar acuerdos sobre asuntos no dictaminados por la correspondiente Comisión informativa, pero, en estos casos, del acuerdo adoptado deberá darse cuenta a la Comisión informativa en la primera sesión que se celebre. A propuesta de cualquiera de los miembros de la Comisión informativa, el asunto deberá ser incluido en el orden del día del siguiente Pleno con objeto de que éste delibere sobre la urgencia acordada, en ejercicio de sus atribuciones de control y fiscalización.
APROBADA POR UNANIMIDADE.
2. Modificación Ordenanza Fiscal da Taxa pola Rede de Sumidoiros e a Taxa pola Subministración de auga. Actualización de tarifas. Exte.: G1206/2022
No 2022 Viaqua vai recadar en Chantada, segundo os padróns bimestrais publicados polo Concello, 785.000 euros. Coa suba do 8,9% do IPC do desastroso contrato, que vostede (lembremos) ampliou ao máximo legal permitido, Viaqua vai embolsar 70.000 euros máis en 2023, é dicir, para o ano esta empresa extraerá de Chantada 853.910 euros.
No entanto, temos os sumidoiros atascados, rede aínda de fibrocemento, falta de separación de pluviais e fecais e unha depuradora insuficiente. Negocio redondo a privatización da auga: socialización dos problemas, ausencia de investimentos e privatización dos gaños.
Non mencionemos as parroquias sen abastecemento nen saneamento, a ausencia dun plan de seca… Non esquecemos tampouco a venda de auga ilegal e de custas ao Concello. Tivo consecuencias? Nen un expediente se abriu. Igualmente, non hai cláusulas sociais para aplicar a quen máis sofre con esta crise e a crecente desigualdade que vostedes tamén levaron ás ordenanzas da auga: rebaixa para grandes consumidores, suba do 8.9% para todos os demais e 853.910 euros en 2023 para unha empresa que non deixa nada en Chantada e que se demostrou que fomentou, cando se chamaba Aquagest, a corrupción.
Coas privatizacións fixo vostede un pan coma unha bica.
APROBADO cos votos a favor do PP (7), os votos en contra de Por Chantada (2) e a abstención do PSOE (4).
3. Acordo Regulador do Prezo Público pola prestación do servizo: Madrugadores.-Exte: G1171/2022.
Vaia por diante que esta medida é unha medida incluída no noso programa e que, portanto, apoiamos en canto servizo e mesmo celebramos que, finalmente, se faga nos dous colexios e non só nun. No entanto, hai que sinalar que a competencia é da Xunta da Galiza. A mostra é que tiveron que pedir autorización para poder exercer unha competencia impropria. Aquí a Xunta fala de conciliar da boca para fóra, poden consultar en Castela e León, onde goberna o mesmo partido, e si que oferta a CA o servizo por 16 euros ao mes e 3 euros ao día os esporádicos. Na Galiza, outros concellos coma Cambados teñen un prezo, para o servizo mensual (sen almorzo), de 4 euros ao mes desde 2015.
Neste sentido, achamos que podería reducirse a contía do servizo asumindo maior carga o Concello, xa que, segundo o informe de intervención, coas cotas actuais o Concello só asumiría 9.000 euros como custe do servizo (diferenza ingresos – gasto). Aínda que neses cálculos para bonificacións por exclusión social e familias numerosas aínda non se descontan 1000 euros e os dados de partido tiveron pouca participación e non son reais (pouca participación nos Inquéritos feitos nos CEIP)…
Sexa como for, tamén é máis xusto demandar a declaración da renda a ter que pedir informes nos servizos sociais e recoller dalgún xeito os criterios de renda e que só atende a situacións de exclusión social sen progresividade e alimentando unha visión de inxustiza nas políticas sociais en determinadas faixas da poboación, que, con recursos xustos aínda que traballan duro, vense excluídas sempre das bonificacións porque estas só atenden a casos extremos.
Como remarcamos na comisión informativa, desexamos tamén que o servizo sexa de xestión directa e non privatizado.
Entrando xa prorpiamente no texto da ordenanza, cómpre comezar unha reflexión, xa que a calidade das leis, dos decretos e das normativas configura un chanzo fundamental da seguranza xurídica e da calidade democrática dun estado de direito. No entanto, semella que este criterio non é todo o observado que se debera no marco das institucións do Reino de España. En particular, as ordenanzas do Concello de Chantada, ora por antigüidade, ora por redaccións feitas ás présas ou copiando por outras, merecerían unha revisión en conxunto para a súa mellora co que gañariamos todos. Non é unha cuestión esta necesariamente de cores políticas, aínda que si recollen decisións políticas, senón que refiro fundamentalmente a que sexan precisas, claras e sobretudo coherentes.
Para comezar, unha ordenanza que se fundamenta na corresponsabilidade e no III Plano de igualdade do Concello de Chaantada (PIOM) debería empregar a linguaxe inclusiva. Porén, o artigo 3º fala de pais e de titores, mais non de mais e tiroras, e fala de nenos, mais non de nenas. Son cousiñas, mais están aí e aínda no anterior pleno se lles advertiu que hai que mellorar no uso da linguaxe.
Como defendemos nas comisións informativas debería haber unha única ordenanza para o servizo, que se expuxese ao público como determina a lei, e non un regulamento que, amais, colide con aspectos da ordenanza. Por exemplo, a ordenanza regula as baixas, mais non as altas no servizo. O regulamento recolle as altas mais non o anexo co documento normalizado que cita. Fálase de expulsar a quen non pague dous meses do servizo, mais os recibos serán na modalidade permanente trimestrais o que é totalmente incongruente. Amais, recibos trimestrais supoñen unha contía importante para moitas familias, pois semella que sempre lexislamos desde unha posición pouco consciente da situación económica de moitas familias.
De por parte, se hai almorzo hai que regular a dieta. Debemos pór por escrito a aposta por produtos de proximidade e de temporada sempre que for posíbel mais por unha dieta elaborada por unha especialista en nutrición infantil que haberá que programar cunha temporalidade transparente.
En definitiva, un servizo necesario, mais ímonos ver na obriga de apresentar alegacións para mellorar a ordenanza, tanto na súa congruencia interna, canto na mellora do servizo que regula.
APROBADO cos votos a favor do PP (7) e a abstención do PSOE (4) e Por Chantada (2).
4. Regulamento Organizativo do Servizo de Madrugadores do Concello de Chantada.- Aprobación Inicial.-G1171/2022
En primeiro lugar, atendendo aos dramáticos dados de emprego da lingua galega entre a mocidade, deberíase estabelecer como lingua vehicular do servizo a lingua galega. Tampouco hai referencia á formación ou perfil que terán os adultos do servizo, así como ás súas funcións.
Do mesmo xeito, non vimos por nengunha parte mención aos cocientes do servizo, esta cuestión importante deberíase regular. Hoxe os textos legais que regulan os servizos sociais tenden a incluír esta cuestión. Segundo o Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia recóllese entendemos que procedería aplicar un cociente 1/20.
Mención á parte merecen os criterios de admisión que deben asociarse a puntuacións para seren obxectivos podendo reunir varios algunhas familias demandantes. Propomos asociar unha pontuación a cada criterio:
CRITERIO DE ADMISIÓN
VALORES
Familias en situación de exclusión social
40
Familias monomarentais e monoparentais cando aquela que ostente a garda e custodia e acredita estar traballando / estudando
35
Familias en que traballan / estudan os dous proxenitores ou persoas tiroras
30
Familias con crianzas que teñan recoñecido grao de discapacidade igual ou superior ao 33%
25
Familias numerosas
20
Familias onde cada proxenitor percibe 110% ou menos do SMI e acrediten traballar / estudar
15
Todas estas achegas que facemos agora na comisión e no pleno poderíanse en parte corrixir habendo vontade de diálogo previo, mais non se fixo ben coas AMPAS, que nalgúns concellos xestionan o servizo (Coles) como para facelo coa oposición…
Como xa dixemos débese refundir ordenanza e regulamento expóndose ao público durante 30 días un único documento.
APROBADO cos votos a favor do PP (7) e do PSOE (4) e a abstención de Por Chantada (2).
5. Moción do Grupo Municipal Por Chantada-CUP para inclusión prioritaria no mapa de axudas rexionais da UE das provincias de Lugo, Ourense e Zamora, atendendo ao elevado índice de avellentamento, a dispersión poboacional e á demotanasia.
Esta semana o Ministerio aceitou compensar a Aragón pola súa elevada produción de enerxía renovábel. Chantada e o interior galego seguen sen seren compensadas, talvez porque non temos peso político e forza para impor o que é xusto.
Non pode ser que Madrid sen nengún parque eólico e sendo o principal consumidor reciba de premio a sede fiscal das grandes corporacións. Non só iso, o modelo de Ayuso e Esperanza Aguirre foi o do dumping fiscal cunha deslealdade absoluta que lembra aquel Castelao que lle indicaba aos españolistas que «os verdadeiros separatistas sodes vós». Abofé que si, hai poucas capitais, por non dicir nengunha, que sexa tan insolidarias e nocivas para o resto do territorio. Hai que desmadrilizar a política para darlle futuro á Iberia baleirada, que non baleira, polas políticas que por acción e omisión alimentan a demotanasia.
APROBADA POR UNANIMIDADE.
6.- Moción do Grupo Municipal Socialista do Concello de Chantada para a ampliación do Polígono Industrial de “Os Acivros”.
Como xa indicamos na comisión informativa parécenos unha moción ben elaborada e cuxos acordos nos semellan moi necesarios, de feito, agardamos que o ponto primeiro xa se estea dalgunha forma cumprindo. Amais, o terceiro acordo incide na necesidade de que a Xunta aposte en serio por Chantada, xa que non ten feito investimentos coa mesma intensidade ca noutras comarcas desde unha perspectiva diacrónica e sincrónica.
De feito, a Lei 3/2022, de 18 de outubro, de áreas empresariais da Galiza dispón o procedemento e a normativa para o desenvolvemento de equipamentos, aínda que o PP fíxoa non pensando en Chantada mais en como furtar a participación cidadá e tentar acurtar prazos de exposición das DIA dos macroparques eólicos, para favorecer a grandes corporacións que levan o beneficio dos nosos recursos en troca de nada.
A moción é oportuna, que non oportunista como dixo o alcalde na comisión, e agardamos que saia de aquí un acordo dos tres grupos a prol da ampliación dos Acivros.
APROBADA POR UNANIMIDADE.
7.- Moción do Grupo Municipal Por Chantada-CUP con motivo do 25N, Día Internacional pola eliminación das violencias contra as mulleres.
9.- Dación en conta de decretos da Alcaldía. Números 788 a 988
10.- Dación en conta en materia económica.
C) Rogos e preguntas de POR CHANTADA
I.- Axudas e subvencións.
1.1.- Renuncia subvención e obra de rehabilitación do edificio nº 8 da rúa Manuel Formoso Lamas para uso sociocultural (exp. 1095/2022).
Poden explicar por que deixaron perder máis de 66.000 euros dunha subvención (regulada por Orde do 17 de xaneiro de 2022) para facer a moi necesaria nova biblioteca que se comprometeron a ter nesta lexislatura?
Que alternativas barallan? Demandamos que se orzamente e execute con fundos proprios en 2023.
Resposta do alcalde: a subvención eran só 20.000 euros e van falar co GDR para facelo através dese organismo.
II.- Saúde pública e seguranza cidadá.
2.1.- Fontes Lama das Quendas.
É necesario proceder á limpeza das dúas fontes da praza da Lama das Quendas, xa que hai presenza de lixo e cristais escachados. Rogamos que o fagan coa maior brevidade.
Resposta do alcalde: xa tiveron peticións nese sentido.
2.2.- Fonte Tarrío en San Fiz.
Un particular (Construcciones Voces) apropriouse dela e privatizouna, a pesar de que a viciñanza comunicoulle mediante burofax a súa oposición. O alcalde tamén foi informado do asunto, mais pasan os meses e non temos coñecemento de que se incoase nengún expediente ou se adoptase algunha medida.
Que pensa facer a alcaldía sobre este asunto? Resposta do alcalde: non sabe nada e fala dunha traída.
2.3.- Lavadeiro de Santo Estevo cara ás Córneas.
O lavadoiro ten auga todo o ano e estase perdendo a auga ao levar roto máis de dez anos. Rogamos que interveñan para solucionar isto. Está en Santo Estevo cara ás Córneas.
Resposta do alcalde: xa foron ver.
2.4.- Rúa Benigno Ledo.
Cando e como van solventar a chapuza de aparcadoiros en batería que fixeron e que non permiten entrar e saír das garaxes á viciñanza?
Resposta do alcalde: xa avisaron á empresa.
III.- Deportes.
IV.- SERVIZOS PÚBLICOS e INSTRUCIÓN PÚBLICA.
4.1.- Servizo de atención temperá.
No pasado pleno xa formulamos algunhas cuestións sobre este servizo, nomeadamente sobre as deficiencias que detectamos no espazo que non se axustan á orde reguladora. Agora vimos que se vai facer un salva-chanzos na rúa que limita con Avelino Gómez Ledo, mais non lle vemos a utilidade se o ascensor funciona moi mal.
Cando contemplan reparar un ascensor que se estraga día si e día tamén practicamente?
Resposta do alcalde: xa pediron todo á Xunta, que di que non se use mentres non se arranxe. Cándida Carnero di que se está usando. O alcalde di que confianza absoluta até agosto en estar alí, despois parasarían ao edificio da policía local.
V.- MEDIO RURAL E MEDIO AMBIENTE.
5.1.- Arranxo de pistas.
A viciñanza, para alén das pistas que xa lle temos indicado noutros plenos, tamén nos fixo chegar as seguintes demandas:
Ponte Barxela – Pedrafita. Vén desde a Santa Rosa a Mosteiro vai a Pedrafita e a ponte da Barxela e vai dar ao límite de Sobrecedo (Taboada).
Ponte Barxela – San Roque. Zahorra e é do Concello.
Cardavós – Pesqueiras
Sen resposta do alcalde.
5.2.- Carros abandonados.
Ao longo de dúas lexislaturas trouxemos en numerosas ocasións a problemática dos carros abandonados, mais continuamos sen ver resultados.
Lembramos que abandonar un vehículo na vía pública está considerado unha falta grave que debe ser sancionada conforme o artigo 106 de la Lei de Seguridade Vial e a autoridade competente de tráfico poderá ordenar a destrución e descontaminación do vehículo, trasladándoo a un Centro Autorizado de Tratamento (CAT). Todos os vehículos que sinalamos cumpren todos os requisitos: levar abandonado máis de dous meses sen que ninguén alegue nada; ter signos claros de deterioro e abandono ou levar máis dun mes estacionado (con ou sen placa de matrícula).
A Concellaría de Medio Ambiente do Concello debe adoptar medidas ao ser un residuo nocivo para a saúde e o medio ambiente podendo ser sancionado (até 30.000 euros) e todos os gastos que orixine a retirada do vehículo erán por conta do condutor infractor, ou na súa falta, polo condutor habitual, arrendatario ou o titular, como último responsábel.
Na Rúa da Barxela, no “aparcadoiro municipal” hai varios vehículos abandonados que levan desde antes do verao.
Nas inmediacións do pavillón, na rúa Poeta Añón, hai un vehículo destrozado que leva así moitos meses.
Tres abandonados na rúa Taboada, fronte á Fisioterapia Queitano.
Na Avenida de Ourense hai outros 2 aproximadamente á altura dos Recambios.
Na Costaña.
Rogamos que se adopten medidas xa.
Resposta do alcalde: a policía local tomou nota.
VI.- CULTURA E PATRIMONIO.
4.1.- Auditorio.
É necesario proceder a arranxar asentos no auditorio, xa que se afunden.
Sen resposta do alcalde.
VII.- ADMINISTRACIÓN E ASUNTOS XURÍDICOS.
7.1.- Plano estratéxico de subvencións.
Lembrámoslle máis unha vez a obriga legal que ten este Concello de dotarse dun plano estratéxico de subvencións, así como da necesidade de facer unha memoria anual das concedidas desde a alcaldía con arranxo ao disposto na lei.
Queremos que conste en acta que o principio de planificación, contemplado na Lei 40/2015 do Réxime Xurídico do Sector Público, foi reforzado en sentenza do TS (Sala do Contencioso-Administrativo), ao ditar que é requisito esencial e previo á concesión de calquera subvención o comprimento do Plano estratéxico de subvencións, contemplado no artigo 8.1 da Lei Xeral de Subvencións, polo que Chantada estaría concedendo as subvencións en nulidade o que xera unha manifesta inseguranza xurídica para as asociacións e entidades benefactoras. Seguindo a doutrina da Sentenza de 26/06/2012 a concesión dunha subvención sen o devandito plano é un vicio substancial e non formal, entrando xa que logo na nulidade do artigo 47 da LPAC.
Sen resposta do alcalde.
7.2.- Contratos limpeza.
Queremos que conste en acta que nos parece unha chapuza todo o procedemento e que condenamos a falta de transparencia e información cara ás traballadoras. Tamén nos opomos a que se subroguen cando figuran na estabilización de emprego.
Sen resposta do alcalde.
7.3.- Falta de entrega de documentación.
Xa llo dixemos no anterior pleno e reiterámolo niste. Temos pendente que se nos entreguen varios expedientes, queremos que conste en acta que levamos meses agardando documentación e isto imposibilita que exerzamos o noso labor de fiscalización do Goberno local.
Interior Galego Vivo é unha rede cidadá para a defensa do territorio e dos habitantes do interior galego desde a sociedade civil e o municipalismo.
COLABORA PARA REVIVIR O INTERIOR GALEGO
IGV. UNHA PROPOSTA POLÍTICA QUE XORDE DESDE A SOCIEDADE CIVIL CANSA DO CONFRONTO ESTÉRIL DOS PARTIDOS SISTÉMICOS QUE IMPIDEN OS ACORDOS, PRACTICAN A DEMAGOXIA OCULTANDO OS PROBLEMAS CRÓNICOS E IMPOSIBILITAN DECISIÓNS COMÚNS.
O estado das infraestruturas é especialmente calamitoso na provincia de Lugo, con especial incidencia na comarca de Chantada.
Discriminar o rural deste xeito supón acelerar a perda de poboación e prexudicar a iniciativa económica das nosas comarcas do interior galego.
Fotos: Por Chantada.
Interior Galego Vivo (IGV), a iniciativa das súas agrupacións Alternativa Veciñal Antas de Ulla e Por Chantada, considera que o estado da N-540 é completamente lamentábel e que asistimos a un desleixo crónico que pon en perigo a seguranza viaria e discrimina a viciñanza de Lugo e Ourense ao ser o principal eixo viario de comunicación para as dúas cidades. O desgaste do pavimento é de tal intensidade que acada xa con especial intesidade carrís de incorporación e saídas expondo a accidentes aos utentes da estrada.
Por Chantadaxa solicitou no pasado o seu arranxo (2018, 2020 e 2022) e mesmo o pleno de Chantada adoptou un acordo por unanimidade neste sentido en 2018 e 2020. IGV lémbralle ao MITMA que xa en 22 de xuño de 2017 a Comisión de Seguranza Vial do Congreso aprobara unha proposición non de lei para a reforma e rehabilitación entre Guntín e Ventas de Narón e para o trecho entre Chantada e Taboada. No entanto, obsérvase unha continuidade no mal estado do firme coa conseguinte perigosidade para a condución e o incremento de avarías que requiren custosas reparacións a unha poboación que non dispón de alternativas de transporte público.
IGV dirixiuse ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para que acometa actuacións urxentes nesta vía, que conecta Ourense con Lugo e é de extrema importancia para os concellos do partido xudicial de Chantada. Cómpre considerar que as abundantes choivas e o mal estado das gabias ten contribuíndo a deteriorar aínda máis o estado da N-540.
De por parte, Por Chantada dirixiuse á Deputación de Lugo para demandar o arranxo de varias estradas da súa titularidade, a comezar pola LU-P-1801, unha estrada desfeita pola arroiada do regato da Porqueira, que precisa ser arranxada con urxencia procurando solucións duradeiras para previr grandes corrementos como os acontecidos e intervindo en Sernande onde hai un dique que está cedendo e a estrada fendida podendo producirse unha desgraza.
O estado das estradas provinciais no termo municipal de Chantada é unha problemática estrutural que require solucións urxentes e tamén que permitan reverter no medio-longo prazo esta situación non podendo considerarse arranxo botar grava.
Por todo isto, Por Chantada considera de extrema necesidade o arranxo das seguintes estradas provinciais: LU-P-1801 (Santiago de Riba até Peares), LU-P-1002 (San Amaro – Esmoriz), LU-P-1805 (O Seixo – Esmoriz), LU-P-1806 (Rabelas – Boán), LU-P-1807 (O Seixo-LU-P-1002), LU-P-1809 (Chantada-Antas), LU-P-1815 (Viana-Comezo), LU-P-1816 (Outeiro-Viana) e LU-P-1817 (Alto de Ramos – Santa Uxía).
Finalmente, Por Chantada lamenta que o Goberno localnon puxese en marcha a comisión de infraestruturas e o plano de infraestruturas que se aprobou en pleno para priorizar criterios técnicos e de premura no arranxo das estradas. Hai moitas pistas e núcleos rurais que están nun estado de abandono total. Son de especial urxencia, por citar algunhas, os accesos de San Pedro de Viana, a de Soutariz – Pincelo, Vilardamos – Burgás ou a de Sabadelle – Pedrafita.
Na actualidade, o estado das estradas dificulta a actividade agrogandeira da zona, que enfronta xa incrementos nos custes de produción ao que se soma deterioro da maquinaria, problemas de patas nos animais ou de desprazamento das reses que castiga especialmente as granxas en extensivo e/ou ecolóxicas; dificulta os desprazamentos aos lugares de traballo, centros sanitarios e escolas nun contexto de altísimo envellecemento e devalo poboacional complicando tamén fixar poboación e contribuíndo para a demotanasia; dificulta a prestación de servizos no fogar como poden ser o SAF ou rehabilitación ou o fornecemento diario de produtos de primeira necesidade (pan, peixe…); e prexudica as iniciativas de turismo rural e a atracción de visitantes.
De por parte, a situación das estradas multiplica o perigo de estoupido de rodas, accidentes de tráficos con consecuencias nefastas, rotura de cárter, escape e outras avarías, lesións como escordaduras nos viandantes e, especialmente, mingua de confianza nas institucións, niste caso en concreto, perda de confianza nas institucións e nos seus gobernos.
Interior Galego Vivo lembra o informe de 2015 da Asociación Española de la Carretera que situaba a Galiza entre as cinco CCAA co firme das estradas en pior estado, situación que desde aquela altura –e en extremo lamentábel ter que subliñalo– só piorou, con especial intensidade na provincia de Lugo. Un dos viais que aquel estudo sinalaba como especialmente calamitoso era precisamente a N-540.