Por Chantada-CUP, após integrarse na Rede Galega en Apoio ás persoas refuxiadas, súmase aos colectivos e movemento sociais que subscriben a denunica colectiva do acordo entre a UE e Turquía perante a Comisión europea, o Comisario europeo de Dereitos Humanos do Consello de Europa e o Defensor do Pobo europeo.
O texto da denuncia está baseado na vulneración dos dereitos das persoas refuxiadas e a normativa europea e internacional e foi impulsado por CEAR (Comisión Española de Axuda ao Refuxiado).
A maiores, a vindeira terza-feira día 3 de maio, ás 19 horas no CSC de Fontiñas, en Compostela, hai unha nova xuntanza co obxectivo de valorar o traballo feito até agora e marcar novas accións após a manifestación nacional que se celebrou en Compostela o pasado sábado.
Descarga aquí a denuncia de CEAR ante a Comisión europea: DENUNCIA COMISION EUROPEA