Apresentación do libro de Xabier Pérez Davila [audio]

Para accederes ao audio íntegro coa apresentación do libro de Xabier Pérez Davila, que transcorreu o 26 de xuño de 2021 no Círculo Recreativo Cultural (Casino) de Chantada preme na seguinte ligazón: https://bit.ly/3AaQrV9

 

IMG-20210627-WA0002

Momento da apresentación do libro de Xabier Pérez Davila Socialismo en Europa 2020 (Compostela: Laiovento). De esquerda a direita: Olga Otero, integrante de Por Chantada e da secretaría das persoas maiores do SLG; Xabier Pérez Davila, economista e escritor que colabora coa CIG e con MODEPEN; Antom Fente Parada, voceiro de Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular. Foto: arquivo Por Chantada.

Podedes mercar o libro nas librarías Mago e Central de Chantada.

Para leres unha entrevista ao autor elaborada pola prestixiosa revista Sin Permiso preme aquí: SP – entrevista a Xabier Pérez Davila – libro socialismo 

Para leres outra entrevista, no Nós Diario: https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/capital-quen-goberna-economia-nesta-ambito-non-existe-democracia/20201030211759108004.html

Para accederes á sinopse da editora Laiovento preme aquí: https://laiovento.gal/CATALOGO/1057/SOCIALISMO-EN-EUROPA-2020.html

207574694_4352375014814186_823122077569179170_n

Apresentación de dous libros e debate participativo o próximo 14 de setembro

 

Desde Por Chantada-CUP impulsamos máis un acto para reflexionar sobre o tempo e o lugar que nos tocou vivir. Desta volta será o 14 DE SETEMBRO ás 19:30 horas no Círculo Recreativo e Cultural de Chantada (Casino).

Trátase de ouvirmos e debatermos cos autores de dous dos ensaios fundamentais publicados na nosa Terra neste 2018: O colapso territorial en Galiza de Xose Constenla e O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega de David Rodríguez.

Xosé Constenla Vela (Compostela, 1980) licenciouse e doutorouse en Xeografía pola USC, exercendo actualmente como docente na UVigo e de León, após o seu paso pola universidade Carlos III de Madrid e a UdC. É tamén autor de (Re)Imaxinando o universo urbano. De Baltimore a Santiago de Compostela e hai uns meses, en marzo, estivo connosco precisamente para falarmos de modelos de xestión do #territorio na secuencia da declaración #BIC da #RibeiraSacra. Precisamente, froito daquel debate foron as alegacións que apresentamos ao expediente e que intitulamos Os indíxenas imos comer turismo. Agora, Xosé Constenla achéganos o seu novo ensaio O colapso territorial en Galiza, galardoado co Premio Ramón Piñeiro de ensaio no ano 2017.

David Rodríguez (Vigo, 1975) é deseñador gráfico. Publicou teatro radiofónico como O Bamban (2007) ou Nunca me esquecerei de ti (2010), o poemario Lapidarias, os versos escuros (2010) e partipou de ensaios colectivos como Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural (2010), A praza é nosa (2011), 15-M. O pobo indignado (2011), Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado exceção (2012), Entrementres. Ensaios para unha nova cultura política (2014). Desde 2005 mantén tamén a súa bitácora persoal O Funambulista Coxo que peneirou en papel nun volume publicado en 2012 e intitulado Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crac financeiro. No tocante a O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega estamos perante un monllo de reflexións imprescindíbeis e necesarias sobre o noso aquí e agora como pobo.

#SomosAlternativa #CUPChantada

https://porchantada.wordpress.com/

 

Se nos queres axudar a promover o acto colando cartaces nos teus espazos de relacionamento social , o cal agradecemos de antemán, podes imprimir o seguinte PDF: cartaz definitivo.

Poemario: “Andar ás apóutegas” de Rafa Lobelle

Podes ler xa en formato dixital Andar ás apóutegas, o libro de Rafa Lobelle, membro de Por Chantada. Rafa Lobelle é historiador, profesor no ensino secundario e poeta afincado en Vilameá, un lugar da parroquia de Santa Cruz de Viana (Chantada). Poesía onde o íntimo, o social e o conflito entre a vella cultura do rural que esmorece e a posmodernidade se ligan nunha maravillosa amálgama creativa.

[Libro] Capitalismo e turismo en España. Do “miragre económico” á “grande crise”

Con Capitalismo y turismo en España. Del “milagro económico” a la “gran crisis” comezamos a artellar unha pequena sección de recursos que pomposamente denominamos “biblioteca”. Libros, reflexións ou documentais para pensar e construír unha cidadanía crítica.

Descarga aquí o libro en formato pdf aquí: Capitalismo y turismo en España

Preme en ler máis para veres unha reseña sobre o libro. Seguir lendo