Moción de POR CHANTADA-CUP para respondermos á necesidade dunha rede comarcalizada de refuxio de animais na provincia de Lugo

Hoxe rexistramos unha moción, que se debaterá no Pleno ordinario de xullo, desde Por Chantada-CUP imos impulsar unha moción para respondermos á necesidade dunha rede comarcalizada de refuxio de animais na provincia de Lugo, refugando un modelo de “macrocanceira” e apostando por un outro máis descentralizado e en sintonía co tecido social xa existente no territorio. Ao, tempo é unha maneira de comarcalizar servizos e de que a nosa comarca teña un papel e sexa recoñecida á hora de fornecer servizos e diversificar a súa oferta, mellorando tamén a calidade de vida dos cidadáns, a convivencia e as zonas de soltas de cans existentes actualmente.

Podes ler a nosa moción (PDF) aquí:

Moción para responder á necesidade dunha rede comarcalizada de refuxios de animais na provincia de Lugo

 

#SomosAlternativa #CUPChantada

As CUP’s de Lugo e a Ribeira Sacra animamos á participación na asemblea de En Marea

GZ

As candidaturas de unidade popular da provincia de Lugo e da Ribeira Sacra, redes nas que participamos para defendernos de problemas comúns, queremos un espazo de confluencia, de adscrición individual, para construír a verdadeira unidade popular en Galiza.

Para esta fin de semana, cup’s como Por Chantada, Agroma Sober, Esperta Monforte, Lugonovo ou Son de Manzaneda vimos de acordar facer chamamento conxunto a participar na asemblea de En Marea.

“As candidaturas de unidade popular da provincia agrupadas na Rede Lugo animan á participación na asemblea de En Marea que se vai celebrar o vindeiro 15 de maio, xa que é unha oportunidade para afondar na democratización dun espazo de confluencia que contribúa á construción da verdadeira unidade popular en Galiza.

A participación colectiva é decisiva para reforzar un proxecto que derrote ao PP e configure un polo popular para aplicar alternativas ás políticas que agreden á maioría social. Un espazo que ten que asentarse no municipalismo e nos movementos cívicos para sumar vontades e complicidades, construíndo en común e desde a radicalidade democrática o futuro deste país dende a unidade na diversidade.”

http://enmarea.gal/inscribete-na-asemblea-xeral-de-en-marea/

As candidaturas de unidade popular de Lugo comezamos a coordinarnos para resolver problemas comúns

Por Chantada - Participación Democrática Directa

O pasado domingo, día 2 de abril, xuntámonos representantes das candidaturas de Lugo, tanto cargos institucionais como membros das diversas plataformas cidadás. Desde Por Chantada-CUP valoramos positivamente a xuntanza e pulamos para que sexa o comenzo dunha fraternal colaboración nas problemáticas que afectan á veciñanza dos nosos concellos.

Afondamos así na posta en común dos problemas que confrontamos no distrito electoral de Lugo como a nova Lei do solo –que en Chantada coincide coa aprobación inicial o 18 de marzo do PXOM, na véspera da entrada da nova lei e cuxa aprobación inicial aínda non saíu no DOG–; o Catastrazo, que supuxo no noso termo municipal unha suba de máis de 300% no rural da carga impositiva do IBI; o ferrocarril e a desvertebración territorial, que afecta especialmente á nosa comarca; a defensa da contorna natural, nomeadamente as concas fluviais do Miño e do Sil; as consecuencias nefatas do TTIP para o noso tecido produtivo e para a Ribeira Sacra, pois suporía a desaparición das D.O.; a liquidación do sector agro-gandeiro fronte á pasividade dos nosos alcaldes cómplices de palabra, obra e omisión en boa medida da desfeita; a desfeita demográfica ou emigración da mocidade

Debullando os problemas avogamos por estabelecer métodos de colaboración e construír unidade popular para botar ao PP da Xunta de Galiza, para o que se acordou constituír unha rede estábel de colaboración entre as diversas candidaturas para unificar voz e criterios con posicións unificadas en asuntos comúns fronte ás diversas administracións.

Hai que lembrar que recentemente a Deputación aprobou o seu orzamento anual, que supera os 90 millóns de euros e dos que Chantada non recibirá un só euro alén das transferencias obrigadas, polo que semella que pouco importan as dedicacións que aprobe o Goberno da absoluta de Inta.

Coincidimos os presentes en que é precisa a unidade na diversidade, ou sexa construír unidade popular real, desde a participación democrática, directa e individual, de todas as persoas que así o desexen. En consecuencia, e perante as eleccións ao parlamento de Galiza, decidimos impulsar unha única candidatura unitaria segundo os principios de radicalidade democrática, a participación directa da cidadanía e o noso código ético e de acordo coas iniciativas galegas existentes.