Resumo pleno ordinario de maio 2018

 

Com algo de atraso subimos o áudio do pleno ordinario de maio de 2018, a modo de resumo, co resultado das votacións. Asistiron a secretaria, a interventora accidental, 12 concelleiros (todos agás Héctor do PSOE) e 4 persoas como público xunto a dous xornalistas de Televinte. Eis, pois, a ligazón para acceder ao áudio do Pleno:

https://www.dropbox.com/s/quhb4wddheeurrj/Pleno%20ordin%C3%A1rio%20maio%202018.WAV?dl=0

 

1.- Aprobación da acta da sesión anterior: extraordinaria de data 10 de abril de 2018Aprobada

A favor: 11 (Inta, PSOE e PP)

En contra: 1 (CUP)

 

ACTA PLENO EXTRAORDINARIO 10-04-2018

 

2.- Recoñecemento extraxudicial de crédito 3/2018 (EXP. G-507/2018). Aprobado.

A favor: 7 Inta

Abstención: 2 PP

En contra: 3 CUP e PSOE

 

Proposta aprobación Facturas REC 3/2018

Proposta aprobación facturas REC 03-2018

 

3.- Modificación Plano estratéxico subvencións 2017-2019 (EXP. 506/2018). Aprobado.

 

A favor: 9 Inta e PP

En contra: 3 CUP e PSOE

 

4.- Aprobación inicial do orzamento do Concello de Chantada exercicio 2018 (EXP 8/2018). Aprobado.

A favor: 7 Inta

Abstencións: 2 PP

En contra: 3 CUP e PSOE.

 

Documentación Orzamento 2018.

Alegacións apresentadas por Por Chantada-CUP após o pleno.

 

 

5.- Adhesión xenérica do Concello de Chantada á central de contratación do Estado (EXP. G-520/2018). Aprobado.

A favor: 9 Inta e PP

En contra: 3 CUP e PSOE

 

6.- Adhesión do Concello de Chantada á central de contratación da FEMP (EXP. G-519/2018). Aprobado.

A favor: 9 Inta e PP

En contra: 3 CUP e PSOE

 

7.- Ratificación Decreto 172/2018 de solicitude de subvención para a promoción do uso da lingua galegaAprobado por UNANIMIDADE.

 

8.- Moción de Por Chantada-CUP para a adopción de medidas en apoio do sector da castaña. Aprobada cunha pequena emenda do PP por UNANIMIDADE.

Moción de Por Chantada-CUP para a adopción de medidas en apoio do sector da castanha.

 

 

9.- Mocións e asuntos de urxencia.

Non se contemplan.

 

PARTE DE CONTROLO DA XESTIÓN

10.- Dación de conta de resolucións da alcaldía.

 

11.- Dación de conta de reparos de intervención 6 a 14 de 2018.

A Fiscalización da Intervención (FI) 32/2018 e RI 7/2018 volven incidir no fraccionamento e no incumprimento do TRLCSP, facturas por importen de 152.037.15€, podendo estarmos perante actos nulos de pleno direito (artigo 47.1e da Lei 39/2015 de 1 de outubro e 32 TRLCSP.

 

12.- Dación de conta Plano de axuste 1º Trimestre de 2018.

FISCALIZACION DE INTERVENCION 2018-0048 [INFORME INTERVENCION SEGUEMENTO PLANO AXUSTE 1T 2018]

 

13.- Dación de conta Período Medio de Pago 1º Trimestre de 2018.

PERIODO MEDIO PAGO 1T2018

 

14.- Dación de conta Informe Morosidade 1º Trimestre de 2018.

Informe morosidad 1T-2018

 

15.- Dación de conta execución trimestral 1º Trimestre de 2018.

 

16.- Rogos e perguntas.

 

 

Coñece as nosas propostas para o pleno ordinario do 9 de maio

Por Chantada - Participación Democrática Directa

O vindeiro luns día 9 de maio celebrarase o pleno ordinario de maio. Desde Por Chantada levaremos a este pleno tres mocións que conteñen propostas achamos que vitais para a nosa vila.

Na proposta íntegra de nova ordenanza que anexamos propomos, entre outras cuestións de relevancia, rebaixar o tipo xeral do IBI rústico ao mínimo legal do 0’3%, aplicar bonificacións a aquelas vivendas que fan esforzos para cumprir coa eficiencia enerxética, a familias numerosas, ou bonificacións entre 90-95% para os inmóbeis ligados a explicacións gandeiras ou núcleos tradicionais do medio rural recoñecidos polo ordenamento urbanístico como tales. Trátase, en suma, dunha proposta de ordenanza fiscal moito máis completa e actualizada que a existente, que mesmo insire certa progresividade e que, de aplicarse, suporía unha baixada deste imposto para máis do 95% dos veciños.

Alén do exposto formularemos coma sempre moitas outras cuestións relacionadas con asuntos que nos fan chegar desde a veciñanza, o último aínda onte, ou relacionados coa nosa función fiscalizadora do Goberno atrapado nas vellas inercias da inacción que sempre lle foron propias e que a maioría absoluta só fixo aumentar.

De especial relevancia son a nosa proposta de regulamento para o auditorio municipal ou as nosas consideracións sobre o estado, deficiencias e alternativas para a Casa da música, a raíz dun informe do arquitecto municipal que conseguimos que se fixera mal que ben a raíz dunha proposta que apresentamos en xaneiro. A respecto da proposta sobre o regulamento municipal desde o concelleiro de cultura de Inta fixo afirmacións sesgadas sobre a mesma. Entregámola en xaneiro sen obtermos resposta e primando as asociacións e o seu uso aberto a todas e todos. Publicaremos ambas as propostas xunto co resumo do pleno.

 

Aprobeitamos tamén para denunciar que a concelleira de servizos socias levase as bases que rexirán o reparto de alimentos só a Xunta de Goberno Local sen contar coas propostas da oposición nin atreverse a debaterse en pleno esta cuestión de vital trascendencia.

#SomosAlternativa #CUPChantada