maiores
Rendición de contas das actuacións de Por Chantada durante a crise do COVID-19 [última actualización 07/06/2020]
Na presente entrada da nosa bitácora iremos rendendo contas das principais actuacións desenvolvidas desde o noso grupo municipal en relación coa crise sanitaria derivada do COVID-19. Neste sentido, a nosa actuación caracterízase por brindar a nosa total disposición a colaborar co Goberno municipal para a mellor resolución da crise mediante a achega de propostas.
- Propostas de Interior Galego Vivo ante a crise do coronavirus (13/03/2020).
- Interior Galego Vivo: FAQ Ninguén é unha illa. Preguntas e respostas para o mundo rural perante a crise do coronavirus (15/03/2020).
- Propostas de Por Chantada-CUP para actuación desde o Goberno municipal perante a emerxencia sanitaria derivada do COVID-19. (21/03/2020)
- Proposta de protocolo para o SAF no Concello de Chantada a aplicar durante a crise do COVID-19. (22/03/2020)
- Documento achegas Por Chantada comisión seguimento 24 de marzo de 2020 (24 de marzo de 2020)
- Proposta de protocolo para a limpeza viaria no Concello de Chantada a aplicar durante a crise do COVID-19 (27/03/2020)
- “Estamos mellor no rural na crise do coronavirus?“, artigo en Nós Diario de Paula Verao (Agroma Sober) e Antom Fente (Por Chantada) sobre a crise e a situación no rural (30/03/2020).
- Parte diario da situación sanitaria en Chantada a partir do 1 de abril de 2020 nas nosas RRSS e até que o Concello de Chantada dea conta da mesma nas canles oficiais, así como información variada de utilidade á cidadanía.
- Comunicado de imprensa sobre a residencia de Chantada (02/04/2020, publicado o día 4).
- Resumo das axudas supramunicipais ás que vos podedes acolller [COVID-19] (07/04/2020).
- Proposta de protocolo para reparto de máscaras no Concello de Chantada a aplicar durante a crise do COVID-19 (18/04/2020).
- Consideracións ante a emerxencia sanitaria e a crise social e económica pola COVID19 da plataforma Por un Interior Galego Vivo (IGV) (19/04/2020).
- Decálogo de propostas urxentes perante a evolución da crise da COVID-19 e o novo cenario de confinamento. (22/04/2020).
- Propostas derivadas da Comisión de seguimento da crise da COVID-19 do día 24 de abril. (25/04/2020)
- FAQ #fase1: perguntas e respostas frecuentes sobre a Fase 1 do desconfinamento progresivo. (09/05/2020).
- Por Chantada denuncia a privatización do SAF en plena pandemía (2/06/2020).
- Solicitude de Por Chantada-CUP en relación co PACES (07/06/2020).
Estamos tamén en permanente contacto coas candidaturas e entidades da plataforma Por un Interior Galego Vivo para partillarmos propostas e informacións.
Consideramos tamén interesante a seguinte información, que sintetiza cuestións, do ámbito sanitario (consulta máis información básica para a cidadanía aquí: https://porchantada.wordpress.com/2020/04/11/blindar-o-rural-covid-19-recomendacions/):
Queremos, por último, reiterar os chamamentos á calma e a importancia de guiarnos por informacións contrastadas e facer caso das disposicións das autoridades sanitarias. Para calquera cuestión que nos queirades facer chegar podedes contactarnos ben através do formulario de contacto da nosa bitácora ou ben nas redes sociais.
#ficanacasa #apoiomutuo #solidariedade
Manuel Varela e o PP queren privarizar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)
Existe unanimidade en Chantada sobre o bon facer das traballadoras e traballadores do SAF, así como do seu grande labor. Este servizo, actualmente público, é esencial ao axudar e coidar a persoas maiores que viven soas nas súas casas. Doutro xeito, moitas destas persoas, nomeadamente no rural, veríanse imposibilitadas para seguir vivendo nas súas casas e/ou sen recursos para contratar a prezos de mercado un servizo análogo (as pensións na provincia de Lugo están 400€/mes por baixo da media estatal!). Tamén é un servizo esencial para as familias con maiores que precisan axuda no eido dos coidados.
Porén, sen levar iso no seu programa e non tendo cumprido aínda nada do mesmo, Manuel Varela e o actual PP de Chantada queren deteriorar e privatizar o SAF do que só lle parece interesar o rédito eleitoral. Así as cousas, esta quinta feira, tres de outubro, traen ao Pleno o comezo do proceso de privatización, cunha valoración que só ten en conta o IPC e non a realidade do custo para a cidadanía dun servizo privado.
👉🏼 As traballadoras municipais do SAF de Chantada cobran por baixo do convenio autonómico (-20%) e están gañándolle todos os xuízos laborais ao Concello.
👉🏼 O custe do Servizo de Axuda no Fogar para todos subiría 60% (vía impostos), como pasou nos dous primeiros anos en Monforte, xeraría conflitos laborais (Outeiro de Rei) ou minguaría o tempo de prestación real nos fogares (no Saviñao pasou de 60 a 45 minutos para cargar con máis usuarios ás traballadoras).
👉🏼 O problema non está nas traballadoras, senón na absolutamente neglixente xestión do servizo que fai o Goberno Local de Chantada de Manel Varela. Non o dicimos nós, testemúñao a Intervención Municipal: Reparo 14/2019 de 9 de abril, Omisión de fiscalización 10/2019 de 22 de abril, Omisión de fiscalización 7/2019 de 3 de abril ou Fiscalización de Intervención 228/2018, de 18 de decembro con Reparo 96/2018. Nun deses informes a Intervención asevera, no tocante á contratación externa dunha empresa: «cabe sinalar a gravidade da contratación, xa que se repite ao longo do tempo, non se solicita a existencia de crédito adecuado e suficiente, e descoñécese o custo das horas e o importe das contratacións efectuadas.». Consecuencia: atrasos de meses nos pagos por parte do Concello a AFA e, como consecuencia, as traballadoras externas de AFA Chantada, que cobren baixas e ferias das traballadoras municipais, sen cobrar (nalgúns fogares é o único salario que entra cada mes).
👉🏼 Dada a situación explosiva creada pola incompetencia do Goberno este fai un duplo anuncio: a privatización do SAF e a contratación dunha nova empresa até decembro, Asanis Galicia, para baixas e vacacións e que se fará cargo das traballadoras actuais de AFA Chantada. O contrato non foi público nin licitado polo que, por montante e procedemento, pode contravir a Lei de Contratos do Sector Público, no sentido que xa ten indicado a Intervención municipal.
👉🏼 As traballadoras externas, agora Asanis Galicia, van ter unhas condicións laborais que non só as prexudican a elas, mais tamén degradan o servizo e aumentan a precariedade e a explotación laboral:
👉🏼 os km ao primeiro fogar non se cobran.
👉🏼 o tempo de fogar a fogar non computa como traballado
Son estas as condicións que queren impor ás traballadoras públicas mediante a privatización do SAF? E isto só é o comezo…
Dende Por Chantada manifestamos a nosa total solidariedade cun colectivo maioritariamente feminino e xa moi castigado (funcións impropias, falta de apoio, ausencia de tabelas laborais en tempo e forma…).
A Aposta Segura de Manuel Varela era esta? Lonxe de cumprir o seu programa eleitoral e atender ás necesidades da viciñanza xeran novos problemas para non facer o seu cometido: gobernar e xestionar. Non sería máis doado privatizar o Goberno?
#StoPPrivatización #ServizosPúblicos #DefenderAmaioría #ConstruírFuturo
Cartaces en PDF para difundir: Cartaces #StoPPrivatización SAF