Asistiron 12 dos 13 concelleiros e concelleiras, ausentándose Cándida Carnero (PP). Tamén asisten a interventora (María) e o secretario accidental (Cores). Canto ao público, asiste unha única viciña, e o pleno comezou ás 20:03 horas do día seis de outubro de 2022, sendo a convocatoria ordinaria.
Podes escoitar o audio do Pleno grabado polo noso grupo municipal na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1uxzRK8uIdYHVXTJtqZTlhNoR4jw5Pv1K/view?usp=sharing
A) Parte resolutiva
1.- Aprobación da acta da sesión anterior: ordinaria de 4/08/22.
DOCUMENTACIÓN: Acta pleno_040822
O grupo socialista quéixase de que continuamente se convocan os plenos fóra do prazo acordado ao comezo da lexislatura. Pide respeito á oposición, xa que o pleno tiña que ser o 22 de setembro. Tamén pide que se corrixa o ponto 6.1 da acta, xa que non perguntou pola carreira de obstáculos, mais pola Gold River Race de piragüismo.
Apróbase a acta anterior, coas correccións indicadas, por unanimidade.
2.- Baixa de Obrigas Pendentes de pagamento de exercizos pechados.-Periodo 2002-2016.-Exte. G434/2022. [Audio min. 3]
DOCUMENTACIÓN: 01.- PROPOSTA BAIXA OBRIGAS EX. PECHADOS
02.- INFORME-PROPOSTA TESOURERIA BAIXA OBRIGAS EXERCICIOS PECHADOS
03.- RELACION OBRIGAS PENDENTES PECHADOS
04.- INFORMES DE INTERVENCION 2022-0017
Raquel (PSOE) di que é algo que debía levar tempo feito e que a exposición pública en xullo non é a mellor altura para que as persoas afectadas se enteren. Alégranse de que se depuren e se camiñe a unha imaxe máis fiel. Falta o inventario municipal.
Desde Por Chantada http://minuto%205 reiteramos o xa explicado da comisión informativa (CI): habitualmente estes expedientes acompáñanse tamén de baixas dos direitos pendentes de pagamento, mais valeunos a explicación que se nos deu desde Intervención: a necesidade de comezar por aquilo que desvirtúa máis a imaxe fiel e real da Facenda local e o feito de os direitos pendentes de cobro “oxídanse” ao 100% a partir do 5º ano. De por parte, hai partidas que revelan erros ou duplas contabilidades destacando varias que deberían tramitarse com subvencións. Imaxinamos que puido deberse aos sucesivos cambios que houbo na Intervención municipal ou, en xeral, a erros humanos.
En todo caso, o expedientes tramitouse conforme á legalidade e o tempo transcorrido –son facturas comprendidas entre 2022-2016– e expúxose en xullo polo que non observamos elementos anormais no procedemento. No entanto, si que é irregular que estas facturas, agás a de 2016, non entraran no mecanismo de pago a provedores do ano 2012, regulado mediante RD 4/2012, de 24 de febreiro e RDL 7/2012, do 9 de marzo, co cal se deberían ter liquidado todas as facturas pendentes de pagamento con cargo a un moi oneroso crédito co Banco Santander de funestas consecuencias para o Concello de Chantada.
Tendo en conta que o noso grupo municipal non tivo nengunha responsabilidade nesas facturas e tampouco no deseño e aprobación do plano de axuste optamos por non apoiar este asunto e absternos.
Manuel Varela di que ten no concello a oferta dunha empresa para facer as faixas de todas as parroquias de Chantada e se gostan de como traballan poderían tamén facer o inventario do patrimonio municipal e que xa teñen eles feitos uns disquetes (sic.) e sería só repasar. Van comezar en 2023 a licitar estes servizos.
VOTACIÓN: A FAVOR: PP e PSOE (10). ABSTENCIÓN: Por Chantada (2) EN CONTRA: 0.
3.- Fixación de dous días festivos locais para 2023. Ratificación se procede dos días festivos comunicados por mor da urxencia, á X.T. da Consellería de Emprego e Igualdade. [Audio minuto 9:17]
[Os días que se escolleron foron o día da Empanada e o Día do Faro (8 de setembro).]
Intervén Daniel (PSOE) para indicar que no expediente non consta nengunha decisión e, portanto, a legalidade non sería o que se di senón convalidar un acordo nulo ao ser adoptado por órgano incompetente, substraendo ao Pleno a súa compentencia (artigo 52.3 LPAC). Non serven escusas. A lei é así desde 1983 e o alcalde non é un recén chegado. Desleixo e improvisación. Enteráronse polas RRSS do Concello. A cortesía e o respeito pola oposición brilla pola súa ausencia e tampouco falaron cos axentes sociais antes de adoptar o acordo.
Manuel Varela intervén para incidir en que chamaron á Asociación de empresarios (AECh) e que vían lóxico o Faro ao ser venres o día 8. Di que é excesivo dicir que non respeita a oposición, que é moi educado e que iso sobra.
Desde Por Chantada [minuto 15:20] sinalamos que máis un ano que os feriados non veñen ao Pleno. Máis un ano que non existe diálogo entre os grupos e coa sociedade para estabelecer unha norma e uns días fixos. Que a Xunta non metera a demanda por rexistro non exime de sabermos que todos os anos debemos na mesma data límite indicar os feriados e tampouco que tivemos todo un ano desde o anterior para dialogar.
Pola nosa parte consideramos que é preciso falar e consensuar para adoptar acordos co máximo respaldo democrático. Amais, ao igual que se fai noutros concellos, por exemplo o de Pantón, deberían darse axudas municipais ás festas das parroquias, pois Chantada non é só a vila e os seus festexos. Faise unha reflexión sobre as romarías como patrimonio inmaterial e que, como outro patrimonio, deberiamos reflexionar quen o vai manter e coidar doravante, se o campo se baleira. Isto incide na necesidade de intervir para manter tradicións e festexos como a romaría do San Lucas, que sen feriado nen diálogo e axudas vai camiño do esmorecemento total.
Manuel Varela dio que no segundo pleno da vindeira lexislatura poderíase decidir o día e que no 2024 e 2025 podería ser o San Lucas, ao caír na fin de semana o Faro. Porén, di que o San Lucas debería pasarse á fin de semana, que ao santo pódeselle ter calquera día a festa e pergunta quen puxo o día do santo. O santo é todo o ano. Tamén os de Líncora reclaman a Saúde e Merlán as cabras.
Ledo Cores intervén para sinalar o primeiro pleno do ano como o ideal para adoptar o acordo.
VOTACIÓN: A FAVOR: PP (6). ABSTENCIÓN: PSOE (4). EN CONTRA: Por Chantada (2).
4.- Moción do Grupo Municipal de Por Chantada-CUP sobre da declaración de loito oficial nos accidentes laborais mortais, nomeadamente no agro. RE 909. [Audio min. 20:47]
DOCUMENTACIÓN: Moción Por Chantada loito accidentes tractores.
Intervén Antom Fente, voceiro de Por Chantada, para explicar a moción [Audio min. 21:40].
Raquel (PSOE) ve un número considerábel de mortes e o noso é un concello con moita xente traballando no agro. Parécelle ben a declaración de loito e o máis importante son as medidas de prevención, sendo isto o fundamental. Van votar a favor.
Varela (PP) di que vistas as circustancias a moción ten o seu interese, mais… [comeza a divagar con anécdotas persoas onde pasou apuros co tractor]. O mellor remedio con 70 ou 80 anos é non coller o tractor. Non van apoiar senón tamén tería que facerse coas vítimas de violencia de xénero. Non van apoiar a moción. Hai pouco que facer. Di que se morrese unha persoa relevante ou moza en Chantada farían a declaración de loito de un día ou tres. Non para accidentes laborais ou violencia de xénero.
Intervén Fente para interpelar á concelleira de Igualdade e ao alcalde de que, segundo o Plano de igualdade do Concello, habería que declarar loito en caso de vítimas de violencia de xénero.
Varela di que sáese 5 ou 10 minutos, a loita ten que vir por outras circunstancias, a educación desde o berce.
VOTACIÓN: A FAVOR: Por Chantada e PSOE (6). ABSTENCIÓN: 0. EN CONTRA: PP (6). Rexeitada polo voto de calidade do alcalde.
5.- Moción do Grupo Municipal do PS de G-PSOE para un tránsito peonil seguro e accesíbel. RE 927. [Audio min. 29:30]
DOCUMENTACIÓN: Moción_PSOE_BEIRARRÚAS
Defende a moción Daniel (PSOE).
Antom Fente [Audio min. 30] indica que a moción que se nos apresenta agora casa ben coa Moción de Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular a prol de garantir un itinerario peonil accesíbel, que a pesar de demandar unicamente o cumprimento da lexislación vixente, a comezar polo texto constitucional e os direitos fundamentais nel recollidos, foi rexeitada polo voto de calidade do alcalde e do PP. Tememos, en consecuencia, que hoxe volva acontecer o mesmo.
Pola nosa banda, o cumprimento da legalidade non merece maior debate neste caso e, tamén pola complementariedade exposta, só podemos apoiar a proposta e incidir en que non nos deteremos até que se faga valer a IGUALDADE de direitos de todas as persoas, tamén daquelas con mobilidade reducida e cuxo direito á mobilidade se ve conculcado sistematicamente en Chantada.
Ven fantasmas onde non os hai e le está orgulloso da vila de Chantada. O formigón impreso en pendente dá mal resultado. A fisura da Avenida de Monforte está en garantía. Noutros temas haberá que volver á baldosa. Di que o lastro e as beirarrúas do Cantón non respeitan a mobilidade. Fixeron rebaixas e xa correxiron moitas cousas. Na rúa hai que atender ao que se vai e con un ollo no pé e di que as reclamacións non van ir adiante, quen queira cartos que se poña a traballar. Tamén lle pide á oposición que lle pase a listaxe de onde hai que faver rebaixes. Van apoiar a moción, aínda que hai moito enxeñeiro e arquitecto.
VOTACIÓN: UNANIMIDADE.
6. Mocións e Asuntos de Urxencia. [Audio min. 40:47]
Raquel xustifica a urxencia en que é a primeira que traen no mandato e que non tería sentido traela no pleno de novembro.
VOTACIÓN DA URXENCIA: UNANIMIDADE.
DOCUMENTACIÓN: MOCIÓN RECLAMANDO A VACINACIÓN DAS PERSOAS MAIORES DE 80 ANOS NOS CENTROS DE SAÚDE OU PACS
Polo grupo municipal do PSOE defende Raquel [Audio min. 41:24].
Fente fai unha defensa cerrada dos servizos públicos para unha sociedade máis xusta e con menor desigualdade fronte ao criterio economicista do PP. Sinala a falta de empatía da Xunta exercendo a violencia, simbólica se queremos mais violencia, sobre unha faixa etaria, especialmente vulnerábel e penalizando as persoas do rural. Pagar taxis coas pensións máis baixas do Estado. Se se vai facer a repesca nos centros de primaria, habería que facer todo o proceso xa aí e corrixir as lagoas na atención primaria. Non se aprendeu nada da pandemía e a sanidade privada cada vez ten máis clientes.
Varela (PP) defende que hai que optimizar recursos e que logo haberá repesca nos PAC. El vai levar a mai a Monforte e a muller o pai a Ourense. Até lles irían á casa se quixesen. Queremos potenciar o hospital de Monforte hai que darlle traballo. Os da terceira idade xa están vacinados e defende que a vacinación na Galiza foi das mellores no conxunto de Europa. De momento hai que deixar seguir facendo e optimizar recursos. Refere un debate que se deu recentemente no senado.
Raquel (PSOE) dubida que a repesca sexa optimizar e que a cantidade de xente a vacinar xa se sabe. Necesítanse máis recursos e para iso fan fallar impostos e que pague máis o que máis ten.
Varela (PP) concorda, mais tamén con deixarlle cartos no peto a quen ten pouco. No fondo teñen razón, mais optimizar recursos.
VOTACIÓN: A FAVOR: Por Chantada e PSOE (6). ABSTENCIÓN: 0. EN CONTRA: PP (6). Rexeitada polo voto de calidade do alcalde.
B) Actividade de control
7.- Dación en conta de Resolucións da Alcaldía.
8.- Dación en conta en materia económica.
C) Rogos e preguntas [Audio min. 56]
8.1.- Rogos e perguntas PSOE.
8.1.2.- Biblioteca: horarios e nova biblioteca.
Varela di que van asinar estes días convenio coa Xunta. Pamela di que os sábados si que abre que quen se queixa nunca foi a ela.
8.1.3.- Linguaxe sexista nos folletos das Escolas municipais de Chantada.
Diego Otero di que foi a área de Deportes e que o fixo un técnico, que se debeu despistar, e que as Escolas son para todo o mundo. Preocúpalle o acoso e non unha palabra en feminino. Varela di que os xenéricos é retorcer e repite unha e outra vez que o PSOE goberna en Madrid con UnidAs Podemos, que debería ser Unidos e Unidas Podemos.
8.1.4.- Baldeado das rúas.
Raquel lémbralle que no anterior pleno quedaran de facelo (rogo nese pleno de Por Chantada) mais que non se cumpriu. Veu aviso da Confederación, que falen da limpeza das festas, que foi moi boa. Jisi (PSOE) di que foi un desastre. Varela di que en Santa Ana non foi culpa diles. Haberá que facer cubeo coma en Monforte.
8.1.5.- Escola infantil Galiña azul.
Pergunta sobre a dotación de persoal. Varela responde que se trasladou doutros sitios onde baixou a matrícula. Dúas traballadoras máis. A ratio cúmprese. Penela di que hai 11 traballadores.
8.1.6.- Carreira de obstáculos.
Pergunta polo custe [no anterior pleno Por Chantada fixo pergunta sobre isto e díxose que organizaba o Concello]. A resposta de Diego Otero di que aínda non sabe. Raquel pergunta se as inscricións as cobrou o Concello. Diego revela que non.
8.1.7.- Autobús doazóns de sangue. Coches mal aparcados.
Haberá que multar.
8.1.8.- Pasos de peóns antigos.
Xeran confusión. Varela di que debería desaparecer agora que lle van dar tratamento de cemento ou formigón ao centro da praza de Santa Ana. Raquel di que falta un sinal de 20 km/h aí e que na Avenida de Monforte seguen as carreiras. Varela di que hai un sinal de 50 que non ten sentido, que avisou a quen leva infraestruturas en Lugo. Tamén recoñece que os sinais de 30 case non se ven, que os haberá que pór máis grandes e que sancionar a quen non ten nada non serve, que como moito unha temporada en Monterroso e saen aínda pior.
8.1.9.- Cobertura das antenas de televisión na Sariña e nos Queixeiros (repetidor de Mourelos).
Raquel explica que a viciñanza ten moi poucas canles. Varela fía a solución á fibra óptica, que avanza a moi bon ritmo e que en 2023 estará xa todo o Concello coberto. Nogueira é o máis complicado.
/_______________________________________________________/
8.2.- Rogos e perguntas Por Chantada. [Audio min. 1:25:15]
8.2.1.- Valado de aparcamentos.O 18/09/2022 até as 20 horas non se colocaron as vallas para evitar aparcamentos a partir das 7 horas do día 19 na rúa Ribeira Sacra (en fronte do Telecentro). Esta falta de antelación foi sinalada por varios viciños como molesta e pouco considerada, coincidindo a nosa formación que se deben colocar os avisos con, cando menos, 24 horas de antelación.
Varela: o normal é poñelkas pola noite ou á última hora da tarde. Penela: normalmente faise pola mañá, que pola tarde non hai persoal. Foi unha excepción.
8.2.2.- Varanda na rúa Muiñeira de Chantada. [Audio min. 1:27:00]
Na rúa Muñeira de Chantada hai unhas escadas que, por seguranza, debería colocarse unha varanda, actuación que rogamos que se faga coa máxima celeridade dado que unha caída desde esa altura podería ter consecuencias graves.
Varela: en Santa Ana tamén cómpre para onde se entra para onde estaban os Hermanos Sánchez. Canto perigoso.
8.2.3.- Parque das piscinas. [Audio min. 1:27:39]
Hai unha árbore no parque, detrás da fonte, que habería que tratar doutro xeito ou precintar, xa que actualmente os cativos desfixérona toda por dentro xogando e rompéndolle pólas. A xente chega a deixar aí deposicións e logo as crianzas xogar sendo un foco de incivismo e insalubridade. Outros tres que están a carón do paseo sofren o mesmo vandalismo en diferente medida. Non hai resposta concreta.
Rogamos adopten medidas.
8.2.4.- Parque da feira vello. [Audio min. 1:29:30]
Varios días no parque Eloísa Ribadulla con velutinas e só se precintou após picaren un pícaro mais a cidadanía chamar á Policía Local. Por que se tardou tanto e por que se suspendeu un concerto das festas cando xa se coñecía a existencia do niño con antelación? O domingo das festas cando se retirou non sabían nada Penela e Varela.
8.2.5.- Piscinas municipais. [Audio min. 1:30:00]
• Do 11 ao 19 de agosto a piscina exterior estivo fechada. Cal foi a causa e por que se tardou tanto en proceder á reapertura? Diego Otero: fallou a depuración e estaba a auga verde.
• Tivo algo que ver co exceso de cloro ou PH da auga e unha manipulación indebida dos produtos químicos? Diego Otero: hai que facer unha actuación porque o terreo cede e desnivela desde que se fixeron en 2009 as piscinas novas. Até agora conseguíase metendo máis auga todos os días pola noite. Iste ano evitouse facelo polas restricións da seca.
• Hai unha filtración. Diego Otero: van levantar o perímetro o ano que vén e por gravidade que asente durante meses, ao non poder meter máquinas alí. Veu Sanidade e deulles o aviso.
8.2.6.- Servizo de atención temperá (preveñen arranxar o edifico da policía local). [Audio min. 1:31:34]
Despois de inspeccionar a Casa da Xuventude en días pasados á ultima hora da tarde:
Por que se levou para a Casa da xuventude cando o Concello ten edificios e é un emprazamento que se axeita pouco? Manuel Varela: está falado coa Xunta e van tentar arranxar o edificio da policía local e levará un ano ou máis. O edificio da xuventude non vén que teña moito uso e todos os edificios públicos están para seren gastos.
Comprobamos que non está adaptado para persoas con mobilidade reducida. O ascensor está avariado desde abril xa e, desde que fixeron a solicitude, aínda teñen que agardar mes e medio, segundo o xefe territorial de Servizos Sociais.
Hai entón agora en todos os andares servizos para persoas con mobilidade reducida? É para nenos e xente moza o servizo entraría a cadeira de rodas. Para xente maior hai un centro privado na Avenida de Monforte. Derivacións de pediatras e persoas especializadas para corrixir certas cuestións das rapazas e rapaces.
Cúmprese o Decreto que regula o Servizo de atención temperá tocante a obstáculos e elementos saíntes?
Non sabe dicir se se cumpre o decreto, mais van facer o posíbel para prestar o servizo aos tres concellos da zona. Agora tempo limitado de dous meses e contan ampliar. Dificuldades para encontrar fisioterapeuta e díxolle a Xunta que metesen un diplomado en infantil, que tamén vale de momento.
8.2.7.- Auga. [Audio min. 1:34:59]
Por que no 4º bimestre houbo unha suba tan notábel do padrón a respeito do resto do ano (144.000 fronte 129.000)? Houbo venda a terceiros? A xente que veu de ferias en xullo e agosto duplica o consumo.
8.2.8.- Limpeza instalacións municipais. [Audio min. 1:35:51]
No anterior pleno perguntamos pola privatización do servizo de limpeza e non se recoñeceu a problemática existente e que agora, na CI, é xa pública, xa que se ben o lote 1 se licitou con Mantelnor Limpiezas SL no lote 2 un recurso de Faro foi acollido favorabelmente polo Tribunal de recursos contractuais da Galiza. Por que nos esconderon a situación? Están as traballadoras atinxidas pola privatización do servizos informadas desta circunstancia? O alcalde pergunta que traballadoras. As subrogadas dille Fente. Varela di que serano pola empresa concesionaria, non lles afecta. O tempo dilátase e ninguén as informa de nada, unha incertidume innecesaria e coida que habería que telas informado.
8.2.9.- Río Asma tramo urbano. [Audio min. 1:37:10]
Están facendo seguimento da actuación da CHMS e valoraron o proxecto? Estivo co presidente dúas ou tres veces [Quiroga] e pedíronlle que o limpase (sic.) hai dous anos. Eles saberán que teñen os seus técnicos, imaxina que ben el non é técnico. Fíxolles facer a solicitude a Aguas de Galicia polo tema medioambietnal e alégranse.
Quen se vai facer cargo do afundimento do firme xunto ao paseo da Alameda por parte dun camión da empresa concesionaria da actuación da CHMS? Tendo en conta o furado de notábeis dimensións e fundura e que nesa parte introdúcense vehículos con periodicidade elevada, non se deberían adoptar medidas por seguranza? Cun coche non se afunde aquilo e arranxouno a empresa que tamén afectou a un xardín e deben restituílo.
8.2.10.- Liña de alta tensión do Maxal. [Audio min. 1:39:10]
Está en exposición. Como vai informar o Concello á viciñanza? Van formular alegacións? Manuel Varela: está no Concello o proxecto tamén. Desde antes do Pazo Piñeiro a Belesar sotérrana. É o que sabe el e parécelle ben. Do resto que se poñan de acordo e paguen ben á cidadanía as empresas e non ten nada máis que dicir. Todos istes proxectos teñen prevalencia e o que non concorde que se dirixa á Xunta. Fente di que o Concello tamén pode alegar. Que alegas? Que a luz está barata? Chantada sóbranlle LAT, iso está claro, e hai unha que vén do Faro que é só é dunha empresa (Enerfin). Partidario das enerxías limpas.
8.2.11.- Obras campo da feira vello. [Audio min. 1:41:20]
Están facendo outros baños no Campo da feira vello, os terceiros, e afectando ao muro da entrada. Poden explicar en que consiste este proxecto e por que ten que facerse aí, xa que non vimos nada entre as resolucións da alcaldía nen nas actas da XGL? Parecíalles a máis axeitada, di o alcalde, Está parado e van buscar outra porque o técnico informou mal e non se pode facer aí, segundo o PXOU de 1985 por unha circunvalción proxectada, que nunca se vai facer. Os baños son unha demadna da xente desde que non se empregan os dos Pendellos.
8.2.12.- Plano estratéxico de subvencións. [Audio min. 1:42:47]
Lembrámoslle máis unha vez a obriga legal que ten este Concello de dotarse dun plano estratéxico de subvencións, así como da necesidade de facer unha memoria anual das concedidas desde a alcaldía con arranxo ao disposto na lei.
A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo reforzou o principio de planificación, contemplado na Lei 40/2015 do Réxime Xurídico do Sector Público, ao ditar que é requisito esencial e previo á concesión de calquera subvención o comprimento do Plano estratéxico de subvencións, contemplado no artigo 8.1 da Lei Xeral de Subvencións, polo que Chantada estaría concedendo as subvencións en nulidade o que xera unha manifesta inseguranza xurídica para as asociacións e entidades benefactoras. Seguindo a doutrina da Sentenza de 26/06/2012 a concesión dunha subvención sen o devandito plano é un vicio substancial e non formal, entrando xa que logo na nulidade do artigo 47 da LPAC.
[A interventora solicita que lle fagamos chegar esa sentenza.] Varela di que todo son facilidades, que o concellos dá poucas subvencións e que é moito papeleo. Fente lémbralle que máis burocracia teñen que facer as asociacións, que non teñen funcionarios, cando receben subencións das AAPP e que o plano estratéxico é case un copia e pega dun ano para outro, que non é traballo, e xa llo levamos lembrado varias anualidades.
8.2.13.- Rogo XGL: contratos SAF e limpeza. [Audio min. 1:45:25]
Ultimamente estanse celebrando máis XGL e algunhas, como a prórroga ao contrato do SAF, poderían perfeitamente terse planificado sen precisar dunha XGL só para iso. Amais, queremos que conste en acta a nosa oposición a esta prórroga, así como o descontento polo escaso seguimento das cuestións laborais. [Audio min. ]
8.2.14.- Equipamento para emerxencias por desaparicións. [Audio min. 1:45:38]
Rogo para que se dote con focos potentes e material o Concello que permitan a búsqueda durante as primeiras 24 horas, que son vitais e sen medios é moi difícil. Non é o momento de tratar isto, mais si mellorar a coordinación e tomar nota do material preciso para cando saian as subvencións para equipamento de emerxencias. Varela di que cando situacións de emerxencia hai que avisar antes de que se dea o caso, que isto máis ou menos sabíase. Fente di que non lle faga falar e lémbralle que avisou xa en 2019, en pleno confinamento, á concelleira de Servizos Sociais, Cándida Carnero, e que desde iso a viciñanza tamén se dirixiu a eles en varias ocasións. Pamela discúlpase dicindo que ese caso en particular era algo que levaban os servizos sociais do centro de saúde. O día que faltou houbo outra notificación da viciñanza e xa tiñan visita proxectada para o luns. Varela di que miraron dunha residencia, mais que o señor non quere e que dúas fillas se fan cargo del. Houbo unha mudanza na lei. Pamela explica que lle porán xeolocalizador, SAF e limpeza de choque. As 24 horas do día non poden estar. Fente lembra que se poden facer informes e envialos a outras instancias para que actúen. Xa está agora mandado, di Pamela, ao xulgado.
8.2.15.- Documentación [Audio min. 1:49:23]
Seguimos sen receber numerosa documentación que demandamos ao Concello de Chantada. Varela diríxese ao secretario accidental. Fente dille que o interpela a el e non aos funcionarios, debendo as solicitudes dirixirse a el. Varela di que se lle dea trámite o funcionariado, sempre e cando poda, que teñen acceso a todo e el non impide nada. Que para faciliar traballos que se acheguen por alí, que os funcionarios son escasos. Teñen acceso a todo através do Gestiona. Xa pediron através do Gestiona. [A interventora di que tivo que haber descordinación e Cores que o papel ten que estar en contratación].
_______________________________________________________