En días pasados, a eurodeputada Lidia Senra e a deputada Paula Verao apresentaron en Arcos un interesante libro a prol da igualdade entre mulleres e homes. Aquela ocasión aprobeitámola para facerlle chegar a Lidia Senra as nosas inquedanzas sobre a opacidade e a falta de transparencia na xestión da declaración BIC da Ribeira Sacra. Desta arte, Lídia Senra denunciou na Comisión Europea a falta de participación das comunidades afectadas no BIC Ribeira Sacra, en consonancia co que xa expuxemos desde a CUP nas nosas alegacións.
A eurodeputada entende que é censurábel que a Xunta da Galiza non estexa a informar sobre o procedimento e consecuencias de declarar a área Ben de Interese Cultural precisamente aos habitantes dos territorios atinxidos. A este respeito, Senra lembrou que as conclusións europeas de gobernanza participativa no patrimonio cultural son inequívocas e inclúen que se promova a participación das partes interesadas nas decisións.
Pódese acceder a unha copia da pregunta rexistrada na Comisión Europea por Lídia Senra aquí: PE-BIC-Ribeira-Sacra-040518
O acto que impulsamos desde Por Chantada-CUP sobre a declaración BIC e o seu impacto no territorio contou cunha nutrida asistencia, demostrando o interesese e as inquedanzas que este suscita na poboación.
A eurodeputada Lídia Senra remitiu a Por Chantada-CUP, ao SLG e a Asociación de viciños Torre de Arcos a pergunta formulada no parlamento europeu así como o escrito de resposta.
Imaxe tomada no exterior do muíño da Alameda o 20 de xaneiro de 2017 nun acto impulsado desde Por Chantada-CUP para informar aos medios e á viciñanza sobre o impacto do proxecto de vertidos ao río Enviande. O acto celebrouse nas inmediacións do muíño debido a que o Goberno de Manuel Lorenzo Varela negouse a ceder o interior das instalacións. De esquerda a direita: Paula Verao, deputada de En Marea no parlamento galego; Antom Fente, voceiro da CUP; Lídia Senra, eurodeputada de AGEE; e Olga Otero, da Asociación de Viciños Torre de Arcos.
A ex-secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, cuxa representante local Belén Conde tamén participou da loita veciñal por deter os vertidos, alertou en Bruxelas de que a queixaría podería danar zonas naturais protexidas e tamén a auga de granxas e traídas veciñais, como a Comunidade de regantes de Casteda. Natural de Brollón, Lidia tamén cuestionou se a CE pensa que dita empresa pode compaxinar a súa actividade e este novo vertido ao río co respecto as áreas protexidas pola Directiva de Hábitats.
Pois ben, a resposta chegou da man do Comisario europeo de Medio Ambiente, asuntos marítimos e pesca, Karmenu Vella e é do seguinte teor:
En virtude da Directiva de Hábitats é responsabilidade das autoridades competentes dos Estados membros asegurarse, por medio dunha avaliación axeitada, de que calquera plano ou proxecto que poda afectar de forma apreciábel un lugar Natura 2000 non cause perxuízo á integridade dese lugar.
De por parte, a fabricación de produtos lácteos é unha das actividades enumeradas no anexo II da Directiva de avaliación de impacto ambiental. Por conseguinte, antes de autorizar un proxecto, as autoridades competentes deben determinar se este debe someterse a unha avaliación de impacto.
A Comisión non ten coñecemento do proxecto a que se refire a súa señoría e, á luz da información facilitada, non está en condicións de determinar se esas obrigas se cumpriron no presente caso.
Por máis abastamento, o exposto vén coincidir en boa medida coas teses expostas desde Por Chantada-CUP. O noso grupo non só constatou a pasividade do goberno municipal, senón que rexistrou en parcería coa Asociación de viciños Torre de Arcos no seu día unhas alegacións perante a Confederación hidrográfica que seguen, a día de hoxe, sen seren contestadas nas que solitabamos precisamente o informe de impacto ambiental.
Agora, á luz da resposta do maltés Karmenu Vella, consideramos que este informe de impacto ambiental é totalmete necesario e de obrigado esixencia nun proxecto destas características e dimensións. Igualmente, é extremadamente preocupante como continúa sen realizarse un axeitado tratamento dos vertidos e persiste con total impunidade a contaminación dos nosos ríos entre a dilación inexplicábel da Confederación e a pasividade da Xunta. A auga e a calidade da mesma vai ser un ben cada vez máis escaso nun cadro de mudanza climática, sendo a Península o territorio europeo que máis vai sofrer o seu impacto.
Pola súa banda, a deputada soberina de En Marea, Paula Vázquez Verao, tamén redactou unha pregunta, para resposta oral no pleno e na Comisión do Parlamento Galego, en que lle reclama á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que explique se vai esixir o sometemento do proxecto de vertido ao río Enviande a estudo de impacto ambiental e que nel se contemplen as alternativas posíbeis, informando cumpridamente á cidadanía. Cando se resolva daremos cumprida información.