Resumo pleno ordinario 1 de decembro de 2023 [audio e vídeo]

Asistiron os 13 concelleiros, a interventora e o secretario accidentais e o conserxe. Só unha persoa asistiu como público comezando ás 20:05 horas.

AUDIO DO PLENO COMPLETO: https://drive.google.com/file/d/1jmiIMkAsrdeq1MLe-fbxk19cl6vUnNEr/view?usp=share_link

Acta oficial do pleno en PDF: Acta_pleno_011222

DOCUMENTACIÓN E POSICIÓNS DE POR CHANTADA – INTERIOR GALEGO VIVO NO PLENO

1.- Aprobación da acta da sesión anterior

Acta pleno_061022

Cuestión de orde: se unha moción é ditaminada favorabelmente pola comisión ten que incluírse na orde do día. Debería ser o ponto 7º de acordo co ROF (art. 93 ROF e 97 e 126; entre outros supletorios coma o 135, 136 e 137).

Art. 93.

La consideración de cada punto incluido en el orden del día comenzará con la lectura, íntegra o en extracto, por el Secretario, del dictamen formulado por la Comisión Informativa correspondiente o, si se trata de un asunto urgente, no dictaminado por la misma, de la proposición que se somete al Pleno. A solicitud de cualquier grupo deberá darse lectura íntegra a aquellas partes del expediente o del informe o dictamen de la Comisión que se considere conveniente para mejor comprensión.

Si nadie solicitare la palabra tras la lectura, el asunto se someterá directamente a votación.

Artigo 97

1. Dictamen, es la propuesta sometida al Pleno tras el estudio del expediente por la Comisión Informativa. Contiene una parte expositiva y un acuerdo a adoptar.

Art. 126.

1. Los dictámenes de las Comisiones informativas tienen carácter preceptivo y no vinculante.

2. En supuestos de urgencia, el Pleno o la Comisión de Gobierno, podrá adoptar acuerdos sobre asuntos no dictaminados por la correspondiente Comisión informativa, pero, en estos casos, del acuerdo adoptado deberá darse cuenta a la Comisión informativa en la primera sesión que se celebre. A propuesta de cualquiera de los miembros de la Comisión informativa, el asunto deberá ser incluido en el orden del día del siguiente Pleno con objeto de que éste delibere sobre la urgencia acordada, en ejercicio de sus atribuciones de control y fiscalización.

APROBADA POR UNANIMIDADE.

2. Modificación Ordenanza Fiscal da Taxa pola Rede de Sumidoiros e a Taxa pola Subministración de auga. Actualización de tarifas. Exte.: G1206/2022

21.- PROPOSTA IPC REDE SUMIDOIROS-SUBMINISTRACION AUGA 2023

22.- Informe_ INTERVENCION 2022-0024

23.- Comunicación_2022-S-866

No 2022 Viaqua vai recadar en Chantada, segundo os padróns bimestrais publicados polo Concello, 785.000 euros. Coa suba do 8,9% do IPC do desastroso contrato, que vostede (lembremos) ampliou ao máximo legal permitido, Viaqua vai embolsar 70.000 euros máis en 2023, é dicir, para o ano esta empresa extraerá de Chantada 853.910 euros.

No entanto, temos os sumidoiros atascados, rede aínda de fibrocemento, falta de separación de pluviais e fecais e unha depuradora insuficiente. Negocio redondo a privatización da auga: socialización dos problemas, ausencia de investimentos e privatización dos gaños.

Non mencionemos as parroquias sen abastecemento nen saneamento, a ausencia dun plan de seca… Non esquecemos tampouco a venda de auga ilegal e de custas ao Concello. Tivo consecuencias? Nen un expediente se abriu. Igualmente, non hai cláusulas sociais para aplicar a quen máis sofre con esta crise e a crecente desigualdade que vostedes tamén levaron ás ordenanzas da auga: rebaixa para grandes consumidores, suba do 8.9% para todos os demais e 853.910 euros en 2023 para unha empresa que non deixa nada en Chantada e que se demostrou que fomentou, cando se chamaba Aquagest, a corrupción.

Coas privatizacións fixo vostede un pan coma unha bica.

APROBADO cos votos a favor do PP (7), os votos en contra de Por Chantada (2) e a abstención do PSOE (4).

3. Acordo Regulador do Prezo Público pola prestación do servizo: Madrugadores.-Exte: G1171/2022.

1.- Resolución_ACORDO REGULADOR_PREZO PUBLICO Madrugadores

2.- Informe_INTERVENCION 2022-0025

3.- Informe_ECONOMICO-FINANCEIRO SERVIZO MAGRUGADOES

Vaia por diante que esta medida é unha medida incluída no noso programa e que, portanto, apoiamos en canto servizo e mesmo celebramos que, finalmente, se faga nos dous colexios e non só nun. No entanto, hai que sinalar que a competencia é da Xunta da Galiza. A mostra é que tiveron que pedir autorización para poder exercer unha competencia impropria. Aquí a Xunta fala de conciliar da boca para fóra, poden consultar en Castela e León, onde goberna o mesmo partido, e si que oferta a CA o servizo por 16 euros ao mes e 3 euros ao día os esporádicos. Na Galiza, outros concellos coma Cambados teñen un prezo, para o servizo mensual (sen almorzo), de 4 euros ao mes desde 2015.

Neste sentido, achamos que podería reducirse a contía do servizo asumindo maior carga o Concello, xa que, segundo o informe de intervención, coas cotas actuais o Concello só asumiría 9.000 euros como custe do servizo (diferenza ingresos – gasto). Aínda que neses cálculos para bonificacións por exclusión social e familias numerosas aínda non se descontan 1000 euros e os dados de partido tiveron pouca participación e non son reais (pouca participación nos Inquéritos feitos nos CEIP)…

Sexa como for, tamén é máis xusto demandar a declaración da renda a ter que pedir informes nos servizos sociais e recoller dalgún xeito os criterios de renda e que só atende a situacións de exclusión social sen progresividade e alimentando unha visión de inxustiza nas políticas sociais en determinadas faixas da poboación, que, con recursos xustos aínda que traballan duro, vense excluídas sempre das bonificacións porque estas só atenden a casos extremos.

Como remarcamos na comisión informativa, desexamos tamén que o servizo sexa de xestión directa e non privatizado.

Entrando xa prorpiamente no texto da ordenanza, cómpre comezar unha reflexión, xa que a calidade das leis, dos decretos e das normativas configura un chanzo fundamental da seguranza xurídica e da calidade democrática dun estado de direito. No entanto, semella que este criterio non é todo o observado que se debera no marco das institucións do Reino de España. En particular, as ordenanzas do Concello de Chantada, ora por antigüidade, ora por redaccións feitas ás présas ou copiando por outras, merecerían unha revisión en conxunto para a súa mellora co que gañariamos todos. Non é unha cuestión esta necesariamente de cores políticas, aínda que si recollen decisións políticas, senón que refiro fundamentalmente a que sexan precisas, claras e sobretudo coherentes.

Para comezar, unha ordenanza que se fundamenta na corresponsabilidade e no III Plano de igualdade do Concello de Chaantada (PIOM) debería empregar a linguaxe inclusiva. Porén, o artigo 3º fala de pais e de titores, mais non de mais e tiroras, e fala de nenos, mais non de nenas. Son cousiñas, mais están aí e aínda no anterior pleno se lles advertiu que hai que mellorar no uso da linguaxe.

Como defendemos nas comisións informativas debería haber unha única ordenanza para o servizo, que se expuxese ao público como determina a lei, e non un regulamento que, amais, colide con aspectos da ordenanza. Por exemplo, a ordenanza regula as baixas, mais non as altas no servizo. O regulamento recolle as altas mais non o anexo co documento normalizado que cita. Fálase de expulsar a quen non pague dous meses do servizo, mais os recibos serán na modalidade permanente trimestrais o que é totalmente incongruente. Amais, recibos trimestrais supoñen unha contía importante para moitas familias, pois semella que sempre lexislamos desde unha posición pouco consciente da situación económica de moitas familias.

De por parte, se hai almorzo hai que regular a dieta. Debemos pór por escrito a aposta por produtos de proximidade e de temporada sempre que for posíbel mais por unha dieta elaborada por unha especialista en nutrición infantil que haberá que programar cunha temporalidade transparente.

En definitiva, un servizo necesario, mais ímonos ver na obriga de apresentar alegacións para mellorar a ordenanza, tanto na súa congruencia interna, canto na mellora do servizo que regula.

APROBADO cos votos a favor do PP (7) e a abstención do PSOE (4) e Por Chantada (2).

4. Regulamento Organizativo do Servizo de Madrugadores do Concello de Chantada.- Aprobación Inicial.-G1171/2022

1.- Resolución_REGULAMENTO DO SERVIZO DE MADRUGADORES

2.- Informe_SECRETARIA 2022-0032 [REGULAMENTO SERVIZO MADRUGADORES]

3.- REGULAMENTO SERVIZO MADRUGADORES

En primeiro lugar, atendendo aos dramáticos dados de emprego da lingua galega entre a mocidade, deberíase estabelecer como lingua vehicular do servizo a lingua galega. Tampouco hai referencia á formación ou perfil que terán os adultos do servizo, así como ás súas funcións.

Do mesmo xeito, non vimos por nengunha parte mención aos cocientes do servizo, esta cuestión importante deberíase regular. Hoxe os textos legais que regulan os servizos sociais tenden a incluír esta cuestión. Segundo o Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia recóllese entendemos que procedería aplicar un cociente 1/20.

Mención á parte merecen os criterios de admisión que deben asociarse a puntuacións para seren obxectivos podendo reunir varios algunhas familias demandantes. Propomos asociar unha pontuación a cada criterio:

CRITERIO DE ADMISIÓN

VALORES

Familias en situación de exclusión social

40

Familias monomarentais e monoparentais cando aquela que ostente a garda e custodia e acredita estar traballando / estudando

35

Familias en que traballan / estudan os dous proxenitores ou persoas tiroras

30

Familias con crianzas que teñan recoñecido grao de discapacidade igual ou superior ao 33%

25

Familias numerosas

20

Familias onde cada proxenitor percibe 110% ou menos do SMI e acrediten traballar / estudar

15

Todas estas achegas que facemos agora na comisión e no pleno poderíanse en parte corrixir habendo vontade de diálogo previo, mais non se fixo ben coas AMPAS, que nalgúns concellos xestionan o servizo (Coles) como para facelo coa oposición…

Como xa dixemos débese refundir ordenanza e regulamento expóndose ao público durante 30 días un único documento.

APROBADO cos votos a favor do PP (7) e do PSOE (4) e a abstención de Por Chantada (2).

5. Moción do Grupo Municipal Por Chantada-CUP para inclusión prioritaria no mapa de axudas rexionais da UE das provincias de Lugo, Ourense e Zamora, atendendo ao elevado índice de avellentamento, a dispersión poboacional e á demotanasia.

MociónPCh_TFUE_demotanasia

Esta semana o Ministerio aceitou compensar a Aragón pola súa elevada produción de enerxía renovábel. Chantada e o interior galego seguen sen seren compensadas, talvez porque non temos peso político e forza para impor o que é xusto.

Non pode ser que Madrid sen nengún parque eólico e sendo o principal consumidor reciba de premio a sede fiscal das grandes corporacións. Non só iso, o modelo de Ayuso e Esperanza Aguirre foi o do dumping fiscal cunha deslealdade absoluta que lembra aquel Castelao que lle indicaba aos españolistas que «os verdadeiros separatistas sodes vós». Abofé que si, hai poucas capitais, por non dicir nengunha, que sexa tan insolidarias e nocivas para o resto do territorio. Hai que desmadrilizar a política para darlle futuro á Iberia baleirada, que non baleira, polas políticas que por acción e omisión alimentan a demotanasia.

APROBADA POR UNANIMIDADE.

6.- Moción do Grupo Municipal Socialista do Concello de Chantada para a ampliación do Polígono Industrial de “Os Acivros”.

Moción PSOE polígono

Como xa indicamos na comisión informativa parécenos unha moción ben elaborada e cuxos acordos nos semellan moi necesarios, de feito, agardamos que o ponto primeiro xa se estea dalgunha forma cumprindo. Amais, o terceiro acordo incide na necesidade de que a Xunta aposte en serio por Chantada, xa que non ten feito investimentos coa mesma intensidade ca noutras comarcas desde unha perspectiva diacrónica e sincrónica.

De feito, a Lei 3/2022, de 18 de outubro, de áreas empresariais da Galiza dispón o procedemento e a normativa para o desenvolvemento de equipamentos, aínda que o PP fíxoa non pensando en Chantada mais en como furtar a participación cidadá e tentar acurtar prazos de exposición das DIA dos macroparques eólicos, para favorecer a grandes corporacións que levan o beneficio dos nosos recursos en troca de nada.

A moción é oportuna, que non oportunista como dixo o alcalde na comisión, e agardamos que saia de aquí un acordo dos tres grupos a prol da ampliación dos Acivros.

APROBADA POR UNANIMIDADE.

7.- Moción do Grupo Municipal Por Chantada-CUP con motivo do 25N, Día Internacional pola eliminación das violencias contra as mulleres.

Moción_PCh_25N_signed

APROBADA POR UNANIMIDADE.

8.- Mocións e asuntos de Urxencia

B) Actividade de control

9.- Dación en conta de decretos da Alcaldía. Números 788 a 988

10.- Dación en conta en materia económica.

C) Rogos e preguntas de POR CHANTADA

I.- Axudas e subvencións.

1.1.- Renuncia subvención e obra de rehabilitación do edificio nº 8 da rúa Manuel Formoso Lamas para uso sociocultural (exp. 1095/2022).

Poden explicar por que deixaron perder máis de 66.000 euros dunha subvención (regulada por Orde do 17 de xaneiro de 2022) para facer a moi necesaria nova biblioteca que se comprometeron a ter nesta lexislatura?

Que alternativas barallan? Demandamos que se orzamente e execute con fundos proprios en 2023.

Resposta do alcalde: a subvención eran só 20.000 euros e van falar co GDR para facelo através dese organismo.

II.- Saúde pública e seguranza cidadá.

2.1.- Fontes Lama das Quendas.

É necesario proceder á limpeza das dúas fontes da praza da Lama das Quendas, xa que hai presenza de lixo e cristais escachados. Rogamos que o fagan coa maior brevidade.

Resposta do alcalde: xa tiveron peticións nese sentido.

2.2.- Fonte Tarrío en San Fiz.

Un particular (Construcciones Voces) apropriouse dela e privatizouna, a pesar de que a viciñanza comunicoulle mediante burofax a súa oposición. O alcalde tamén foi informado do asunto, mais pasan os meses e non temos coñecemento de que se incoase nengún expediente ou se adoptase algunha medida.

Que pensa facer a alcaldía sobre este asunto? Resposta do alcalde: non sabe nada e fala dunha traída.

2.3.- Lavadeiro de Santo Estevo cara ás Córneas.

O lavadoiro ten auga todo o ano e estase perdendo a auga ao levar roto máis de dez anos. Rogamos que interveñan para solucionar isto. Está en Santo Estevo cara ás Córneas.

Resposta do alcalde: xa foron ver.

2.4.- Rúa Benigno Ledo.

Cando e como van solventar a chapuza de aparcadoiros en batería que fixeron e que non permiten entrar e saír das garaxes á viciñanza?

Resposta do alcalde: xa avisaron á empresa.

III.- Deportes.

IV.- SERVIZOS PÚBLICOS e INSTRUCIÓN PÚBLICA.

4.1.- Servizo de atención temperá.

No pasado pleno xa formulamos algunhas cuestións sobre este servizo, nomeadamente sobre as deficiencias que detectamos no espazo que non se axustan á orde reguladora. Agora vimos que se vai facer un salva-chanzos na rúa que limita con Avelino Gómez Ledo, mais non lle vemos a utilidade se o ascensor funciona moi mal.

Cando contemplan reparar un ascensor que se estraga día si e día tamén practicamente?

Resposta do alcalde: xa pediron todo á Xunta, que di que non se use mentres non se arranxe. Cándida Carnero di que se está usando. O alcalde di que confianza absoluta até agosto en estar alí, despois parasarían ao edificio da policía local.

V.- MEDIO RURAL E MEDIO AMBIENTE.

5.1.- Arranxo de pistas.

A viciñanza, para alén das pistas que xa lle temos indicado noutros plenos, tamén nos fixo chegar as seguintes demandas:

  • Ponte Barxela – Pedrafita. Vén desde a Santa Rosa a Mosteiro vai a Pedrafita e a ponte da Barxela e vai dar ao límite de Sobrecedo (Taboada). 

  • Ponte Barxela – San Roque. Zahorra e é do Concello.

  • Cardavós – Pesqueiras

Sen resposta do alcalde.

5.2.- Carros abandonados.

Ao longo de dúas lexislaturas trouxemos en numerosas ocasións a problemática dos carros abandonados, mais continuamos sen ver resultados.

Lembramos que abandonar un vehículo na vía pública está considerado unha falta grave que debe ser sancionada conforme o artigo 106 de la Lei de Seguridade Vial e a autoridade competente de tráfico poderá ordenar a destrución e descontaminación do vehículo, trasladándoo a un Centro Autorizado de Tratamento (CAT). Todos os vehículos que sinalamos cumpren todos os requisitos: levar abandonado máis de dous meses sen que ninguén alegue nada; ter signos claros de deterioro e abandono ou levar máis dun mes estacionado (con ou sen placa de matrícula).

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello debe adoptar medidas ao ser un residuo nocivo para a saúde e o medio ambiente podendo ser sancionado (até 30.000 euros) e todos os gastos que orixine a retirada do vehículo erán por conta do condutor infractor, ou na súa falta, polo condutor habitual, arrendatario ou o titular, como último responsábel.

  • Na Rúa da Barxela, no “aparcadoiro municipal” hai varios vehículos abandonados que levan desde antes do verao.

  • Nas inmediacións do pavillón, na rúa Poeta Añón, hai un vehículo destrozado que leva así moitos meses.

  • Tres abandonados na rúa Taboada, fronte á Fisioterapia Queitano.

  • Na Avenida de Ourense hai outros 2 aproximadamente á altura dos Recambios.

  • Na Costaña.

Rogamos que se adopten medidas xa.

Resposta do alcalde: a policía local tomou nota.

VI.- CULTURA E PATRIMONIO.

4.1.- Auditorio.

É necesario proceder a arranxar asentos no auditorio, xa que se afunden.

Sen resposta do alcalde.

VII.- ADMINISTRACIÓN E ASUNTOS XURÍDICOS.

7.1.- Plano estratéxico de subvencións.

Lembrámoslle máis unha vez a obriga legal que ten este Concello de dotarse dun plano estratéxico de subvencións, así como da necesidade de facer unha memoria anual das concedidas desde a alcaldía con arranxo ao disposto na lei.

Queremos que conste en acta que o principio de planificación, contemplado na Lei 40/2015 do Réxime Xurídico do Sector Público, foi reforzado en sentenza do TS (Sala do Contencioso-Administrativo), ao ditar que é requisito esencial e previo á concesión de calquera subvención o comprimento do Plano estratéxico de subvencións, contemplado no artigo 8.1 da Lei Xeral de Subvencións, polo que Chantada estaría concedendo as subvencións en nulidade o que xera unha manifesta inseguranza xurídica para as asociacións e entidades benefactoras. Seguindo a doutrina da Sentenza de 26/06/2012 a concesión dunha subvención sen o devandito plano é un vicio substancial e non formal, entrando xa que logo na nulidade do artigo 47 da LPAC.

Sen resposta do alcalde.

7.2.- Contratos limpeza.

Queremos que conste en acta que nos parece unha chapuza todo o procedemento e que condenamos a falta de transparencia e información cara ás traballadoras. Tamén nos opomos a que se subroguen cando figuran na estabilización de emprego.

Sen resposta do alcalde.

7.3.- Falta de entrega de documentación.

Xa llo dixemos no anterior pleno e reiterámolo niste. Temos pendente que se nos entreguen varios expedientes, queremos que conste en acta que levamos meses agardando documentación e isto imposibilita que exerzamos o noso labor de fiscalización do Goberno local.

Sen resposta do alcalde.

_______________________________________________________

Alcalde catastrófico. Resumo do pleno extraordinario urxente do 15 de xullo de 2021 [audio]

Captura de pantalla 2019-04-21 a las 10.27.36

Asistiron 12 concelleiros, ausentándose Daniel Camiñas (PSOE) e incorporándose coa sesión iniciada Pamela (PP). Asistiu como secretario accidental Ledo Cores e 5 persoas no público. 

Baixa o audio do pleno aquí: https://drive.google.com/file/d/1rueqASJpOTH20sNY_8MQZAqPbdQ8Hj19/view?usp=sharing

1.- Votación da urxencia da sesión.

Os voceiros dos grupos deciden renunciar ás dietas da sesión e, por unanimidade dos once concelleiros presentes, apróbase a urxencia da sesión. Neste momento incorpórase a concelleira do PP Pamela.

ACLARACIÓN:

Visto que transcorreu máis dun mes desde a saraibada e máis dunha semana da solicitude das persoas afectadas.

Visto que non existe nengún prazo administrativo que xustifique a urxencia da sesión extraordinaria nen sequera esta se xustifica por parte do alcalde como marca o artigo 79 do ROF para poder convocar unha sesión extraordinaria urxente.

Visto que procedería convocar unha sesión extraordinaria cunha antelación mínima de dous días hábiles.

O Goberno municipal  prescinde unha e outra vez dos procedementos legais estabelecidos.

2.-Escrito das viciñas e viciños proprietarios de parcelas agrícolas das parroquias de Pesqueiras, Sabadelle, San Pedro de Líncora e San Fiz de Asma atinxidos polas treboadas de saraiba dos días 15 e 16 de xuño de 2021. Solicitude de axudas directas á Consellaría de Medio Rural para paliar os danos.

DECRETO 2021-0547 [Decreto da convocatoria]

Emendas Por Chantada pleno extra urxente 15 de xullo 2021

Aquí produciuse un dos episodios máis surrealistas e bochornosos dos que temos memoria. O alcalde leu “de viva voz” unha proposta de acordo que preparou “pola mañá” en canto non permitiu que se votasen nen lesen as proposta que como emendas rexistrou, en tempo e forma, Por Chantada.

A maiores, a proposta do PP estamos certos que foi elaborada desde Santiago (Medio Rural) e nen se nos transmitiu por escrito aos grupos nen aos afectados polo que o alcalde vende a viciñanza ao partido como xa fixera na Deputación de Lugo no seu día. Nas propostas do alcalde hai propostas que non obrigan a nada á Xunta e á Consellaría de Medio Rural, botando todas as demandas sobre o Goberno central ao ser de diferente cor política. Así, procura estafar e tomar por parva a viciñanza e xogar ao tenis politicamente sen solventar a grave situación en que fican moitos damnificados. Amais, adiou calquera proposta da oposición “para o pleno ordinario” e tentou facer demagoxia, como de costume, dicindo que “aínda falei hoxe co conceselleiro”. Unha tomadura de pelo á viciñanza.

O PSOE lembrou que rexistrou unha moción sobre o asunto para o pleno ordinario e lembrou as iniciativas que levou ao parlamento galego, así como a visita que fixeron ás ribeiras in situ e que documentaron con fotos. Raquel entende que a zona catastrófica non sería aplicábel a Chantada.

Desde Por Chantada comezamos sinalando que resulta vergoñento que, nun suceso desta magnitude e transcorrido máis dun mes, non se emitise calquera comunicado oficial por parte do Concello de Chantada. Vergoña allea é o que sente Por Chantada cando ve que son os adegueiros e as viticultoras as que teñen que demandar o que esta cámara debera facer de oficio, é dicir, procurar solucións e dialogar con outras administracións para axilizar as axudas e os apoios. Fente explicou a estimación que elaborou Por Chantada, segundo os dados oficiais coñecidos, polo que as perdas en uva ascenden a máis dun millón de quilos, ao que se suman as de rianxo e froiteiras, muras e infraestruturas de modo que as axudas deberían situarse sobre 2.5 millóns de euros e a liña directa de axudas, polo menos, no millón de euros. Fente explicou tamén a lexislación actual para poder solicitar a zona catastrófica e puxo exemplos de concellos que demandaron esta figura, por exemplo no recente temporal Filomena o alcalde de Madrid e a presidenta Isabel Díaz Ayuso. Son para Madrid e para o PP as leis segundo sopre o ar? 

Explicado este contexto e achegando dados sobre a lexislación e as voluminosas perdas con cifras concretas e detalladas, Antom leu a proposta  de declaración institucional do grupo municipal por Chantada, mais o alcalde xa non lle deixou ler as propostas de actuación concretas que solicitabamos, cortando o debate e obrigando a votar e non deixando que se votasen as nosas emendas. No entanto, xa rexistramos unha moción que recolle as demandas das emendas que apresentamos e que se debaterá no pleno ordinario do 29 de xullo, xunto a outras dúas que apresentamos a maiores:

Moción Por Chantada saraiba San Fiz

Na votación optamos para votar a favor, aínda que nada tivese pés nen cabeza, polo feito de que consideramos que a Corporación debera ter a suficiente altura como para pór os intereses da viciñanza por riba das siglas, se ben este alcalde catastrófico pónnolo moi difícil e o que propuxo non son as axudas reais e directas que demanda o sector. Este goberno do PP non é o que Chantada merece nen está á altura das circunstancias.

Neste asunto, coma sempre, Manuel Lorenzo Varela e o seu Goberno seguen co piloto automático: un mes sen xestionar nen acordar nada, facendo ouvidos xordos ás propostas e demandas da oposición e tiveron que ser os afectados quen lle ensinaran a vía que debían seguir. Non sabemos se atinxiremos a declaración de zona catastrófica mais si que trafegamos e pomos en limpo que timos un alcalde catastrófico. Haberá que aplicar tamén na política local podas en verde, cicatrizantes e antifúnxicos para preservar o futuro da nosa Terra.

Votación: 

A FAVOR: Por Chantada (2) e PP (7)

Abstención: PSOE (3)

Zona catastrófica ou alcalde catastrófico

Resumo Pleno ordinario correspondente ao 30 de xaneiro 2020 [audio]

O Pleno comezou ás 20:05 horas coa presenza dos 13 concelleiros e concelleiras da Corporación, a interventora e a secretaria municipais e 3 funcionarios (un administrativo e dous policias locais). Como público asistiron sobre 20 persoas, a maioría delas ligadas co Servizo de axuda no fogar (SAF). Confire o audio do Pleno aquí: https://drive.google.com/file/d/1kTk9IHLAOy-26ch7fS3ZyqSSPlfX796O/view?usp=sharing

 

Antes de comezar a concelleira do PSOE, Raquel, invoca unha cuestión de orde para queixarse pola mudanza da data do Pleno sen avisar á oposición, do retraso no envío da documentación, non se receben as actas das Xuntas de Goberno Locais en tempo e forma, métense continuamente cousas por urxencia etc. En definitiva, estase a dificultar o labor da oposición. Manuel Varela retruca que se mudou porque tivo que asistir a Fitur e que non oculta nada. Mesmo afirma que había compañeiros do PSOE que preferían a mudanza de data. Daniel do PSOE nega que dixera iso.

1.- Actas anteriores, correspondentes ás sesións: Ordinaria do día 28/11/2019.

Rascuño acta Pleno 28/11/2019

Desde o PSOE din que no ponto do horario dos Plenos se abstiveron e que no ponto 8º na intervención non se indica.

Por parte de Por Chantada, indícase que as actas deberían paxinarse para podermos indicar as deficiencias detectadas con maior axilidade. Na quenda de debate da epígrafe 3ª (p. 9) contestouse polo noso grupo que é falso que se emitira recurso no último día do prazo, senón que se fixo ao comezo do mesmo. Isto non se recolle na acta. Na páxina 21, quenda de debate da epígrafe 8ª, propuxemos exixir á Deputación e á Xunta o arranxo das deficiencias do Polígono (fronte as discrepancias entre PP e PSOE) e tampouco se recolle na acta. Na páxina 24, rogos e perguntas do noso grupo, indícase nunha cuestión que nos contesta o señor Manuel Diéguez Carballo, algo bastante improbábel tendo en conta que non asistiu ao Pleno. Na seguinte pergunta non se recolle que a concelleira Cruz Fernández Rodríguez desmentiu que só se queixase unha persoa do asunto da rúa do Parque ao existir escrito da Comunidade Viciñal rexistrado no Concello no seu día.

Con estas modificacións, apróbase a acta por unanimidade.

2.- Inadmisión Recurso Potestativo de reposición de Por Chantada-CUP. Expediente Suplemento de Crédito 05/2019 (G-1021/2019).

Recurso de reposición de Por Chantada-CUP ao SC 5/2019

Informe resurso Suplemento de crédito 5/2019

PROPOSTA DE ACORDO AO PLENO

  • Desde o PSOE din que é a terceira vez que este asunto vén ao Pleno e reiteran os seus argumentos. É algo grave, obras en período eleitoral que se queren blanquear co SC 5/2019. Cando se inadmitira a reclamación de Por Chantada xa dixeron que faltaba ir ao fondo da cuestión e agora reiterase o mesmo. Agora arguméntase que non cabe apresentalo e desde o grupo municipal socialista son respeituosos co informe xurídico. O triste son as actuacións e revisión de fondo.

Desde Por Chantada explícase que este asunto xa foi debatido anteriormente, ou máis ben a oposición fixo un monólogo e o Goberno obviou calquera resposta e explicación ao caso, algo ao que nos ten acostumados. Como na medicina premoderna ou na economía ordoliberal contemporánea, para calquera doenza a receita sempre é a mesma: aplicar máis unha sangría ao paciente aínda que se vexa que iso só fai piorar o seu estado.

Novamente non se nos contesta a nada do fundo do asunto, obviando que se incumpriu a LCSP, que se abusou do fraccionamento e do contrato menor, ou que foron obras desenvolvidas en pleno período eleitoral e polos motivos expostos nos diferentes recursos apresentados susceptíbeis de seren declaradas nulas de pleno de direito e dar lugar a un expediente de oficio de depuración de responsabilidades.

Esta forma de xerir os asuntos públicos, tapar as irregularidades que son continuadas e sistemáticas, e negar calquera diálogo ou revisión para solucionar deficiencias é irresponsábel e contribúe a xudicializar a política e non a mellorar a xestión.

Solicitamos a votación nominal (art. 102 do ROF) e en contra de desestimar o noso recurso potestativo de reposición.

 

Votación nominal: a favor Por Chantada e PSOE (6); en contra PP (7).

Votación inadmisión recurso potestativo de reposición de Por Chantada-CUP: a favor PP (7); en contra Por Chantada (2); abstencións PSOE (4).

 

3.- Aprobación expediente contratación SAF, expediente G-37/2020.

01 PROVIDENCIA DE MODIFICACIÓN DO INFORME

02 FISCALIZACION DE INTERVENCION 2020-0009 [INFORME ECONOMICO-FINANCIERO SAF

03 INFORME TRABALLADOR SOCIAL

04 RESUMEN PPTO PRORROGADO 2020

05 FISCALIZACION DE INTERVENCION 2020-0011 [RECURSOS ORDINARIOS DO ORZAMENTO

06 ESTUDO ECONÓMICO SAF CHANTADA FINAL

07 memoria xustificativa

08 informe insuficiencia medios saf

09 informe non división lotes saf

10 PCAP SAF

11 PPT SAF

12 RC CONTRATO SERVIZOS SAF

13 LIBRO INFORMES SECRETARIA 2020-0005 [INFORME DE SECRETARIA]

14 FISCALIZACION DE INTERVENCION 2020-0012 [FASE A CONTRATO SAF CONFORME ARTI

15 FISCALIZACION DE INTERVENCION 2020-0013 [FASE A FISCALIZACION PLIEGOS SAF]

16 PROPOSTA DE ACORDO AO PLENO DA CORPORACIÓN

Desde o PSOE cualifican este ponto como outro capítulo da agonía e morte do SAF de Chantada. Abraiados perante esta licitación sen o orzamento para 2020. Trangallada con Modificación de crédito e Transferencia de crédito. Só con o SAF o 8% do orzamento non nato xa comprometido e a isto engadirlle o ponto de urxencia sen informar nen falar. Raquel acusa de incompetencia e comodidade ao PP. Comprometen xa entre 15-20% do orzamento sen sequera debatelo. Externalizan un servizo facéndoo un 10% máis caro do que supuña a xestión pública, só en IVE 36.000€, ao que cómpre engadir un coordinador do servizo e 5% de beneficio industrial.

Os pregos provocan dúbidas na bancada socialista, polas súas ambigüidades. A cláusula 27ª debería ser máis concreta nos limites da subcontratación. A situación das traballadoras non se sabe ben como fica <<tenas aquí>>. Raquel acusa ao PP de dicir que non mudaría a situación, mais non ve que se manteña o convenio actual con 6-7 días de LD, asistencia a familiares no médico, trienios… iso recóllese no convenio colectivo.

Faltan medidas claras no controlo do servizo e sobre a empresa. A mesa de contratación non a debe presidir o alcalde, só debería estar integrada por técnicos e non a concelleira 4 anos como responsábel.

Unha chapuza con aleivosía de quen espera a pasar as eleicións para externalizar, cun orzamento hipotecado e mostrando incompetencia para favorecer o lucro empresarial. Un ataque á xestión pública. Conflito laboral desde outubro e cercenando o direito á greve con servizos mínimos abusivos de máis de 90% e denegando todas as licenzas sen piedade e solventando os continuos reparos de intervención. O único responsábelk é a equipa de goberno e o alcalde.

Desde Por Chantada-CUP comézase con retranca, dicindo que as bases son bastantes rigorosas, vindo de vostedes, vese que renderon os 1.800€ do bufete de avogados que contrataron. En todo caso, nen se pode ocultar a privatización até, cando menos, 2024, nen a mingua de direitos laborais, nen moito menos que imos pagar moito máis que coa xestión directa e pública 100% do servizo. Isto sen contarmos que se negaron a calquera diálogo ou consulta coa oposición e desouviron estudar a criazón dunha empresa pública, que mesmo podería ser mancomunada con concellos limítrofes.
No prego de cláusulas administrativas particulares na cláusula 1 pon moi claro que «O Servizo de Axuda no Fogar é un servizo público de carácter local consistente en oferecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia (…)» co cal están dicindo que é un servizo público e a súa vez estano privatizando, isto é unha contradición moi clara.
É curioso ver que para ceder parcelas do público ao privado a lexislación é ben flexíbel e pouco importa que se incremente o gasto e que nos vaia saír máis caro. Iso si, para reverter privatizacións os concellos teñen que facer pinchacarneiros e xustificar moi ben a poupanza económica. A súa aposta estratéxica sempre foi favorecer o privado en detrimento do público, aínda que funcionase pior (lémbrese o caso das piscinas, por exemplo) e saíse en condicións ruinosas para o conxunto dos contribuíntes. Daquela, non partillamos os fracos argumentos da motivación da necesidade (Memoria, 9.c e Informe insuficiencia de medios), cando existen numerosas alternativas, que nen foron valoradas: estudar a criazón dunha empresa pública, racionalizar a distribución dos fogares e do servizo, impulsar cadrantes anuais das traballadoras e unha bolsa de reserva horas para cobrir eventualidades (baixas, imprevistos, asuntos proprios…), máis traballadores mediante RTP etc.

No Prego de cláusulas administrativas particulares do contrato do SAF do Concello de Chantada (PCAP), na cláusula 21ª indícase que o local da empresa podería estar en Chantada ou nos Concellos limítrofes. Entendemos que debería estar si ou si na vila do Asma, xa que estamos falando dun desembolso económico moi importante por parte da cidadanía.
Canto ao custo, estipúlase un custo de 3.639.571,36€ para o período 2020-2024, que achamos, no entanto, insuficiente e irreal (AO 231.227.99.04). A comezar porque nen contempla o IPC nem as subas salariais. Non obstante, se imos ao Anexo I do mesmo documento xa se fala de 4.199.505,41€ atendendo ao 20% das modificacións (909.892,84€ por ano con IVE incluído do 4% + 20% das modificacións). Por outras palabras, o lucro mínimo da empresa vai ser de 209.976€ durante a vixencia do contrato, aínda coas contas que se aquí se nos presentan. Unha aposta segura.
Porén, na CI díxoselle á miña irmá Cruz que as 66 persoas en listaxe de agarda entraban no cómputo actual e non no 20% das modificacións contempadas no PCAP, porén iso contradise coas traballadoras calculadas, xa que por cada traballador do SAF hai entre 1 e 4 utentes dependendo das horas estipuladas. Á parte habería que computar os quilómetros polo que incrementaría o prezo que se nos trae hoxe aquí.

SUPOSTO DE CÁCULO
Supoñendo que os utentes da listaxe de agarda son dependentes de grao 2 corresponderíalles 2horas diarias, isto suporía 10 horas a semana , 40 ao mes, 480 o ano e por 66 usuarios farían un total de 31.680 horas. Se multiplicamos as horas, sen contar feriados nen fins de semana, obtemos un custo de 551.232€ (31680×17,40= 551.232€) ao que habería que engadirlle os quilómetros a percorrer para atender a estes dependentes a maiores (unha media de 15km diarios x 5 días=75; semanais x4=300; mensualesx12=3.600 anuais x 66 usuarios=237.600×0,19km=45.144€): 45.144€. Falamos entón de 596.376€ anuais que non se están computando neste momento. Por outras palabras, mais 2.385.504€ no período de vixencia do contrato que, sen o 20% de modificacións, ascendería a 6.025.075,36€ e co 20% a 6.585.009,41‬ no total.

Estas discrepancias, falamos de máis de dous millóns de euros o cal non é peccata minuta, moito me temo que vai ser como o que falamos das horas. Nós indicabámoslle que andarían sobre 18€ e vostedes falaban de 14 ou 15. Resulta que aproximamos moito mellor. Claro que admitir un custo de 1.646.253€ suporía deitar por terra a suficiencia dos medios financeiros e imposibilitaría a privatización nestes termos.

De por parte, contémplase nos pregos que se debería cobrir o servizo de 8:00 a 22:00, cando o mesmo traballador social estima que a maioría dos fogares só queren o servizo de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00, entón cal sería o motivo da ampliación do horario se xa se contemplaba por necesidades do servizo en casos específicos?

Na memoria xustificativa fálase da adecuación á normativa laboral do convenio sectorial de aplicación dos contratos do persoal traballador do servizo. Por unha banda, dise que teñen que pasar coas mesmas condicións que teñen no Concello e, pola outra, dise que se lles ten que aplicar o convenio estatal de axuda no fogar prexudicando as traballadoras, xa que perderían dereitos pasando do convenio de persoal laboral a outro inferior. Nos pregos non observamos que se especifique o convenio de aplicación, que defendemos debe ser o galego, tal e como reclamou a delegada sindical das traballadoras. Só se recolle na epígrafe 7ª da Memoria (p. 9) que debe ser o Convenio Colectivo laboral do sector da axuda no fogar na Galiza, mais ponse entre parénteses.

Igualemente, quero salientar que existe solicitude de días por lactancia (13, RE 4779) dunha traballadora, da que tomou razón a XGL do 9/1/2020- No entanto, cal foi a nosa surpresa ao comprobarmos que non aparece na subrogación, a pesar de levar prestando os seus servizos no concello de Chantada dende o ano 2017. Pouco importa editar o III PIOM se logo actuamos deste xeito e non respeitamos unha baixa por maternidade de alguén que aprobou o exame da bolsa e solicitou a licenza por lactancia á que, evidentemente, ten direito. Esta é a conciliación e a igualdade que vostedes queren promover? Pola contra, outra traballadora que se apresenta por vez primeira á bolsa e, aínda negándose 3 veces a traballar alegando motivos persoais, nen se bota fóra da bolsa e resulta que si figura na subrogación. Isto non é para nada coherente. En todo caso, recapaciten en inclúan as dúas.

Tampouco o é nomear responsábel do contrato a concelleira de Servizos Sociais e que logo sexa suplente na mesa de contratación, cando ao noso xuízo, ambas figuras (a presidencia da mesa e o responsábel deberían coincidir).

Como lle dixemos no seu día, saía máis barato privatizar o Goberno, incapaz de xerir o servizo, do que o proprio servizo… claro que este Goberno se callar xa é máis privado e privativo do que un conxunto de servidores públicos ligados polo compromiso de fideicomiso cos seus cidadáns. Ou por que non levaron isto no programa e incumpren todo o que levaron nel?

Mantemos o voto en contra xa emitido na CI.

 

Por parte do PP dise que se se vai á CI será para vir informados e non con retaílas para estar en contra do que se fai en Monforte, Saviñao, Sarria ou Ribadeo. O PSOE debería usar outro tipo de adxectivos e non insultar, Varela acúsaos de na CI afirmaren que é o que queren as traballadoras. Raquel tenta contestar. Varela dille que non o interrompa. Están aquí as traballadoras e van mellorar e é falso que non se reuniran con elas, tal e como recolleu a imprensa. Non van dar máis explicacións, traballan para os cidadáns. Manteñen o voto da CI.

Raquel intervén para acusar a Varela de terxiversar as súas palabras, na CI a pergunta era se todo ficaba como estaba como é que segue a greve das traballadoras do SAF. Varela aféalle que siga insultando, que por ese camiño o PSOE de Chantada vai moi ben.

A favor: PP (7).   En contra: Por Chantada e PSOE (6).

Neste momento sae a maior parte do público e comeza a manifestación do SAF nas rúas contiguas á sala de Plenos.

4.- Aprobación de facturas mediante recoñecemento extraxudicial de crédito (REC 01/2020) por importe de 74.378,83 69.978.63€. Expediente 42/2020.

Informe de fiscalización_OMISION DE FISCALIZACION 2020-0001 [OMISION FISCALIZACION FACTURAS REC 01-2020 OF 01-2020]

01 PROVIDENCIA APROBACION FACTURA

02 PROPUESTA RESOLUCION APROB FACT PLENO A FISCALIZAR

03 MEMORIA XUSTIFICATIVA

04 PROPUESTA APROB FACT PLENO

Raquel acusa a Varela de mentir na CI ao dicir que eran sancións da CH e resulta que son facturas. Varela deféndese dicindo que non dixo iso, entendería mal.

Prosegue o PSOE dicindo que son 70.000€ de gastos que non se planificaron. Constantemente ocorre isto e o Concello está submido nun caos absoluto. Reparos por fraccionamento de contratos supón estar no fío do arame con adxudicación continuas ás mesmas empresas.

Desde Por Chantada dise que non podía faltar á cita un REC, que totaliza desta volta 74.378,83€ (69.978,63€ en facturas mais 4.400,20€ en sancións da Confederación Hidrográfica, outro clásico). Veñen acompañadas dunha Omisión de fiscalización 1/2020, de 24 de xaneiro, da intervención municipal, para comezarmos ben o ano. Dinos ese documento que non existía crédito axeitado e suficiente para esas facturas e que se incumpriron varias disposicións da lexislación, como o RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno ou a LCSP. Existen mesmo 3 facturas emitidas por comunidades de bens que non poden contratar con entes públicos e outras que fan referencia a gastos recorrentes e que superaron o ano polo que se incumpre o deber de licitación con transparencia, igualdade e publicidade. Tamén nos di que existen facturas pendentes de tramitar que son anteriores ás que imos aprobar, incumpríndose a prelación de pagos.

Non sería especialmente grave se acontecese unha vez, mais esquecéronse de dicir na Memoria xustificativa REC 01/2020, de 24 de xaneiro, asinada polo alcalde, que isto non é excepción senón norma. E que o uso e abuso do contrato menor é un procedemento sui generis da súa xestión, a pesar dalgunha moción que lle temos traído, como a de febreiro de 2016, Moción para a adopción de protocolos de transparencia e eficiencia nos servizos económicos do Concello de Chantada, nomeadamente no relativo á contratación e seguimento dos contratos menores. Folga dicer que se negaron a aprobala, como desouviron a nosa proposta máis recente, en 2019, de impulsar unha Central de Contratación Local.

Deberían lembrar tamén que a axilidade e eficiencia que invocan non pode contradicir as leis, pois vostede non é Luís XIV para dicer «L’Etat ce moi». Por exemplo, teñen a empresa que xere as RRSS 6 meses sen cobrar (parte vén agora a este REC 1/2020) e resulta que xa cando se contratou lle advertimos que era necesario facer unha licitación. Se iso é “eficiencia”… máis ben son probas continuadas e palpábeis da súa deficiente xestión.

Pola súa banda, o PP recoñece na figura de Manuel Varela que a oposición ten parte de razón. Porén, xa verán que difícil é gobernar cando lles toque. A plataforma de contratación do Estado mirárona, mais saia máis caro. En todo caso, eles están alegres porque aínda facendo REC non teñen que ir a operacións de crédito como en 2011. Non hai un millón de euros de débeda, iso era en 2018, agora case non hai a imprensa non pode mentir así. Sempre miran as melloras ofertas e peden 3 prezos para poupar aí cartos. Todos os subministradores baixaron os prezos porque pagamos máis ou menos ao día. Nas facturas do REC anterior había cousas do obradoiro de emprego e van solicitar outro e se houbese orzamento non o poderían contemplar aínda e terían que ir a unha modificación de crédito.

A favor: PP (7) En contra: Por Chantada e PSOE (6).

5.- Moción do grupo municipal socialista sobre servizos no rural. Expediente G-36/2020.

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE SERVIZOS NO RURAL

Defende a moción do PSOE Raquel. Di que visa mellorar o rural. A primeira parte céntrase nos servizos básicos e urxentes (traídas de auga e saneamento). Case todo o rural sen elas. Problemas na época de seca.

Interrompe Varela (PP) para indicar que as traballadoras do SAF perderon a razón pola manifestación vergoñenta que están facendo. Outros sindicatos non defenden isto e dálle pena, vaia país que estamos criando. Acusa á oposición de alentar estas actitudes coas súas intervencións.

Continua Raquel. Non foron capaces de escoller unha parroquia, daí a súa proposta de comisión para facer baremos e reflectir nos orzamentos as máis urxentes. Os pontos 3º e 4º son menos urxentes. Trátase do convenio da FEGAMP e envexan a Sober polo proxecto de fibra óptica en todas as súas parroquias. Isto require anos, trataríase de sentar as bases.

Desde Por Chantada ven a moción interesante. No tema da auga existen numerosas problemáticas en diferentes lugares. Podemos cáseque dicer que non hai parroquia sen conflitos ou deficiencias na auga, porque cada vez fican menos viciños, a auga non se “busca” e o mantemento das traídas é insuficiente (ao tempo que aumentan as necesidades). Todo o noso apoio á creación desa comisión para o estudo das necesidades de cada parroquia en saneamento e auga. Cómpre lembrar que concellos con 500 ou 600 habitantes da provincia de Ourense levan 20 anos con saneamento integral e Chantada con máis de 8.000 habitantes ten o 90% do rural sen el, sen colectores do lixo para reciclar e con moitos lugares que no verao fican sen auga.

Tamén apoiamos a demanda de fibra óptica ao Goberno do Estado e á Xunta da Galiza, outro campo onde se manifesta a desigualdade e o abandono que padece o interior galego e que é fundamental para moitas empresas e explotacións, cada vez máis. O problema é que a fibra óptica para os lugares do noso Concello sería unha millonada e temémonos que o rural ficaría novamente cun servizo de terceira ou cuarta categoría. En Laponia foi a propria comunidade a que puxo a fibra óptica con fondos europeos.

O máis factíbel é estudar fórmulas para que o Concello poida ter unha conexión óptima e de balde e que a espalle ao rural, mais para iso é necesario dotármonos de nodos e infraestrutura. Este debería ser o camiño e a dirección na que traballar. Poden consultar con Xinzo de Limia, que puxo tiradas de fibra óptica municipal.

A Mancomunidade de Santa Águeda (San Amaro, Coles, Vilamarín etc.) ten pontos de graza e de balde nos concellos. No Macizo Central, dez concellos, van pór a Internet de balde por apenas 3.000€ cada un, para un proxecto semellante que financia 90% o GDR. Aquí, en Chantada, levamos anos sen ver un peso do GDR porque este rexeita proxectos deficientes e pouco interesantes.

No que discordamos, pois, desta moción é no convenio entre AMTEGA e a FEGAMP. En primeiro lugar, porque existen outras alternativas a estudar. Por exemplo, o Proxecto Guifi.net, que surxiu en Catalunya e outorga banda ancha a prezos irrisorios con nodos funcionando no Courel ou en Sarria xa (o custe por utente e ano é sobre 70-90€) e máis de 100.000 utentes no Estado. É unha rede libre e aberta toda vez nos dotemos da infraestrutura. En Euskadi, concellos de Bildu, contan con rede de balde para todos os empadronados e un informático que xestiona a rede e nas horas que lle sobran traballa para o Concello. O prezo son 10€ por utente. Aquí, neste Concello, temos un informático e facemos contratacións externas para calquera reparación e mantemento de computadores. Algo falla… mais para chegar a iso primeiro traballaron, insisto, en dotarse da infraestrutura certa para a súa orografía e necesidades reais.

O convenio da FEGAMP é unha chapuza porque non ten en conta a cobertura, por non falar que o prazo remata esta semana e se atenderán as demandas por orde de chegada (coma sempre imos tarde). Exixiríannos dúas cousas para que sexa a rede de balde para o Concello: informar dalgunha aldea sen cobertura de nengún tipo na actualidade e ceder 10 m2 de finca para a torre de celosía, que instala RTGAL, empresa pública. Onde temos esa finca en tan pouco tempo e ben ubicada? A Xunta dá, como máximo, 30.000€ para a acometida eléctrica, xa que os emprazamentos ideais distan normalmente do subministro.

Tampouco indican que compañía vai dar o servizo, xa que sae a concurso a posteriori. Pode resultar enton que a empresa X teña pouca rede de cobertura no noso ámbito e non solvente para nada as nosas necesidades.

É máis, vendo o convenio temos claro que isto non vai solucionar nada e temos que buscarnos a vida con iniciativas e medidas máis audaces. Claro que nengunha delas está na axenda deste goberno… De todas formas a torre de celosía si sería una boa adquisición que permitiría, ao ser do Concello, impulsar unha radio local e outros usos, aínda que non nos solventase a problemática da Internet.

O PP di que lle parece ben a moción e que na CI de urbanismo poden estudar isto conxuntamente cos orzamentos. O 50% do canon enerxético estaba previsto para saneamento e o resto para outras cousas necesarias no Concello, mais non se fixo así. O GDR investiu no centro de día máis de 200.000€ e este ano 180.000€ en Palas, non todos os anos vai levar Chantada partidas, sobretudo lévaas para servizos sociais. Insta a reunirse antes dos orzamentos e estudar as cantidades a destinar. Tamén fala de traer a auga desde o Faro, que sería un investimento importante e necesario, ora é inviábel atender 300 núcleos sen saneamento habitados. Rexeitan a moción, mais estudarán as necesidades.

A favor: Por Chantada e PSOE (6). En contra: PP (7).

6.- Moción de Por Chantada-CUP por uns servizos sanitarios dignos para o interior galego. Expediente G-36/2020.

Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP por uns servizos sanitarios dignos para o interior galego.

Defende a moción de Por Chantada Antom Fente que le os acordos e fai unha síntese da exposición de motivos e as iniciativas que leva desenvolvendo Por Chantada neste eido.

Raquel (PSOE) di que nos últimos anos o PP leva atacando moito a sanidade pública, que se está desmantelando e o tema da pediatría tócalle a Chantada en primeira liña. A política debe buscar solucións: ambulancias, listaxes de agarda etc. Monforte pode ser o seguinte, como xa se indicou na defensa da moción. En Verín rectificouse pola presión popular, mais lamentábel ouvir que <<un parto non é un infarto>>. Apoian a moción na defensa da sanidade pública e as manifestacións.

O PP, por medio de Varela, di que receben mocións do PP e que non as traen ao Pleno. A moción anterior atinxe a Chantada, esta non. Sobre as transferencias de capital aos concellos a infección vén de atrás, xa que o Goberno central non financia ben as CCAA e a Deputación de Lugo está discriminada pola extensión, 92.000 millóns fronte os 160 millóns da Cruña. Lévano defendendo na FEGAMP, mais non os atenden. A ver se o defende tamén no Senado. O tema de Verín correxirase e espera que non volva ocorrer. Non hai cartos. Que loite o PSOE agora que está en Madrid. O tema da dependencia non se dotou de forma suficiente. A CCAA paga 9’70€, o utente 2€ e até os 17-18 hora ten que pagalo o Concello sen receber máis do 13% dos fondos do Estado. Que suban até o 25%. Lamenta moito e na situación que está agora terá que berrar con estas cuestións, mais vir ao Concello dicir que hai que facer cousas cando pagamos impostos coma todos e logo pagamos máis pola porta de atrás, pagamos duplamente. Sobre Portugal e o hospital privado de Chaves tiñan que ir a Porto ou a Verín por cobertura europea. En Portugal fano ben actualmente, mais o norte está abandonado.

A favor: Por Chantada e PSOE (6). En contra: PP (7).

7.- Moción de Por Chantada-CUP para declarar a emerxencia climática no Concello de Chantada e sobre adopción de medidas no eido local para un horizonte sen carbono. Expediente G-36/2020.

Moción de Por Chantada-CUP para declarar a emerxencia climática no Concello de Chantada e sobre adopción de medidas no eido local para un horizonte sen carbono

Por parte de Por Chantada defende a moción Antom Fente expondo os acordos e sintetizando a exposición de motivos. Acéitase a emenda do PSOE.

Desde o PSOE intervén Daniel. En primeiro lugar para indicar que as traballadoras do SAF están defendendo os seus direitos. Vostedes que son tan constitucionalistas respeiten ese direito, espétalle ao PP.

Varela (PP) indica que teñen direito da subdelegación do goberno, mais xa pasan da hora e non lle vai dar leicións de ética e respeito o PSOE. Pédelle a Daniel que se limite ao ponto a tratar.

Volve intervir o PSOE. A moción parécelles oportuna polo momento en que vivemos. Cada día que pasa é unha batalla perdida e condenan as voces negacionistas da ultradireita e a direita dócil como Rajoy que mencionaba un curmán seu.  O novo Goberno estatal do PSOE ten como ponto nuclear a loita contra a mudanza climática na figura da vicepresidencia de transición ecolóxica e aprobouse a declaración de emerxencia climática e púxose enriba da mesa facer unha lei de mudanza climática en 100 días. Desde o PSOE están de acordo coa moción: emerxencia climática, fixación de carbono, medicións e debe ser tamén autonómico ao ter a Xunta as competencias exclusivas en ordenación do territorio, mais ao PP dálle igual isto, polo que agarda que se produza o cambio na Xunta. As ECV provocan sombras e mais humidade e deterioros, xiadas, caída da folla, raíces… problemas que cumpre ter en conta na elaboración do protocolo. Ofrece colaboración para facelo. O PSOE apresenta unha emenda de engádega que pasaría ao ponto 4º sobre eficiencia enerxética nos edificios públicos e para novos edificios. A construción ten unha grande pegada de carbono e espallalo a outras administracións veno ben.

O PP di que rexeita a moción. Participou como alcalde das xornadas sobre mudanza climática na Consellaría de Medio Ambiente até 2030. Desde Chantada non lle imos dirixirnos a todas as administracións. Teñen axudas de 200.000€ do Ministerio para substitución de luminarias na Avenida de Monforte con 55% de poupanza; en Uxío Novoneyra tamén novo alumeado con 75% de poupanza… Traballar todo o que pede a moción requeriría destinar todo o persoal do Concello a isto e teñen outras prioridades. Ir facendo na medida do posíbel.

A pesar do anterior, na votación – imaxinamos que por erro- a moción apróbase:

Votación moción con emenda: unanimidade.

Votación moción sen emenda: a favor Por Chantada e PSOE (6) e en contra PP (7).

8.- Mocións e asuntos de urxencia.

8.1.- Modificación orzamentar 03/2020 mediante crédito extraordinario 01/2020 de 550.000€.

Intervén Fente (Por Chantada) para pedir a explicación da urxencia, xa que é algo que <<non decidirían hoxe pola mañá ao levantarse estupendos>>.

O PP explica que a urxencia é porque aínda hoxe receberan unha das dúas ofertas dos dous edificios que se queren mercar. Defende Varela que é un tema sinxelo e tiñan intención de mercar estas casas na zona antiga desde hai tempo. A antiga Academia queren comunicala co actual Concello cun corredor e a outra para albergar biblioteca e arquivo como é debido, que o actual está nunha situación perigosísima cada vez que hai que ir buscar algo. Facer un estudo para albergar todos os servizos do Concello. Amais, hai departamentos da Xunta esperanto por estudos detallados para investir, xa que en Chantada hai moito que non se investe en edificios desta índole e están na mellor disposición de acceder a isto.

Fente pregunta que edificios son e Manuel Diéguez di que son a antiga Academia e o inmóbel onde estaba o antigo Pub Boys, o nº6 da Rúa Formoso Lamas.

Votación da urxencia: a favor: Por Chantada e PP (9). Abstención: 4 PSOE.

Varela (PP) indica que este diñeiro que se pede se o RTGX axuda xa se solventaría en 2020 e se non en 5 anos, a razón de 50.000 anos cada 6 meses e cun ano de carencia.

O PSOE critica novamente que a documentación sexa insuficiente e se remitira o mesmo día do Pleno. Xa na CI meteron ponto por urxencia e non mandaron a documentación. Tampouco receberan as XGL.

A secretaria di que pensa que se mandaron. Fente di que de novembro non teñen e Daniel di que están na sede electrónica. A secretaria di que pediu expresamente que se eneviaran, que a ela é imposíbel.

Varela (PP) di que eles non se meten niso, que é cousa de Secretaría, que chamen desde o PSOE por telefone ao Concello e se informen. Que se alguén lles nega información que llo digan.

Raquel (PSOE) defende que para operacións desta índole o orzamento debería estar aprobado e sería bon telo para isto.

Varela explica que é compromiso, polo que 2020 sería o ano de carencia e, ao mellor, ao rematar o ano de carencia xa se amortiza; non afecta ao orzamento, nen este é a panacea. O orzamento de 2019 que teñen prorrogado non é tan desastroso e Pedro Sánchez aínda traballa con orzamento de Mariano Rajoy e o deste ano a ver se ben para xuño, que é difícil, canto mellor o fagan mellor para todos.

Raquel di que compadece a Sánchez por seguir cun orzamento do PP, mais el non ten maioría absoluta como o PP en Chantada. O PSOE di que é boa idea a compra, mais non viron a documentación en tempo ao remitírselle na mesma mañá do Pleno en horario laboral.

Varela di que houbo reunión no Concello e que a da Academia chegou antonte e a outra xa a tiñan e prepararon expediente Secretaría e Intervención, que el até non estaba. Gostaríalle facere isto por unanimidade, xa que é algo para todos os cidadáns e para as sucesivas corporacións que veñan. Poden dar ideas desde a oposición. O Concello está nunha situación que podería pedir 2-3 millóns de euros de crédito, xa que a capacidade do Concello é absoluta.

Raquel insiste en que lles parece ben a compra, como sempre dixeron, mais precísase ver a documentación e non tiveron tempo material. Abstención, aínda que segura de que a compra sexa boa deben ler os informes.

Varela di que leu a documentación hoxe pola tarde, que é un expediente fácil de ler.

Fente (Por Chantada) parécenlle ben os edificos. Certa incidencia non ter o orzamento. Contraditorio dicir que non hai débeda e remanente e logo ir a crédito. A urxencia polas eleicións autonómicas para receber axudas.

Varela di que hai boa predisposición da Xunta, por aí vai ben non é por votos. Diéguez que había predentes.

Fente indica que van dar un voto de confianza polo tema da biblioteca e da accesibilidade. Non gostaron das formas, que leva a receos e a desconfianzas.

Hai que pensar en ubicar aí os sindicatos e tirar o edificio da Praza da Galiza. Vaian pensando niso, gostaríalles ver tirada aquela casa.

Fente recalca que un dos edificios en todo caso vai ser para biblioteca e arquivos.

Varela di que si, que son sobre 680 m2 en total. O do Boys 280.000€ o resto para a Academia.

A favor: Por Chantada e PP (9). Abstención: 4 PSOE.

Sobre este ponto queremos lembrar o ponto 15.7 do noso programa, do seguinte teor: <<Adquisición de edificios contiguos á Casa Consistorial para mellorar a accesibilidade e construír unha nova biblioteca>>.

PARTE DE CONTROLO DA XESTIÓN.

9.- Dación de conta de resolucións da alcaldía (Decretos 544/2019 a 47/2020).

10.- Rogos e pergunta.

10.1.- Rogos e perguntas PSOE.

(vid. audio)

10.2.- Rogos e perguntas Por Chantada.

I.- Indicacións a cuestións formuladas con anterioridade.

1.1.- Axudas ao transporte. Rogo para incrementar contías caso haxa poucas solicitudes e evitar os excesivos remanentes que están ficando nesta partida. A concelleira Concepción indica que así farán na seguinte anualidade, mais que non lle deu tempo aínda ao acabara de incorporarse en maio.

1.2.- Lama das Quendas. Pontoalízase que, tendo falado coa asociación, o que pede esta é insonorizar os locais. Contesta Manuel Varela que se vai adquirir un aparato para realizar as medicións de ruídos.

II.- Subvencións.

2.1- Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se estabelecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no medio rural e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501B).

Acolleuse o goberno a esta resolución? Con que proxecto? Pamela contesta que si, que van facer máis un mirador, neste caso en Tarrio. Fente retruca que máis un mirador… que logo hai que mantelos.

2.2.- Para actuacións de mellora paisaxística e de mellora de bens e recursos que se encontren no Camiño de Santiago (DOG, nº 229, terza feira 2 de decembro do 2019). Acolleuse o Concello a esta liña de axudas (remataba o prazo o 2/01/2020) de até 15.000€ para Concellos e 10.000€ pra persoas físicas ou xurídicas privadas (75%)? Diego Otero indica que se gastará no Casco antigo para substituír placas co nome das rúas que aínda non están en galego e unhas letras de “Chantada” para que os visitantes podan fotografarse diante da Casa da cultura. Están estudando a peonalización.

2.3.- Para rehabilitar e reformar mercados municipais e prazas de abastos (DOG, 21/01/2020, 45 días para facer a solicitude e fondos FEADER, PDR). Acolleuse o goberno a esta resolución? Con que proxecto? A concelleira Pamela non ve a idoneidade de acollerse a esta resolución. Queren reorganizar a praza e apagar barreiras arquitectónicas. Pór queixos, viños e produtos locais para dinamizala. Porén, este ano correspondería facer a ordenación e logo pedir subvencións.

III.- Medio rural.

3.1- Rexistros e canalización de auga no lugar de Uriz.

Xa trouxemos hai medio ano aquí a cuestión da canalización de Uriz, producíndose inundacións pola falta de limpeza dos rexistros dadas as abundantes choivas. Rogámoslle novamente que o goberno teña en conta a situación e proceda a súa limpeza, que debería incluír a limpeza desde o manancial para asegurar tamén a existencia de auga no verao.

3.2.- Sinalización estrada San Lucas-Limiñón.

Colocáronse algúns indicadores recentemente, foi o Concello ou son privados? Manuel Varela indica que son de natureza privada.

IV.- Seguranza vial e infraestruturas.

4.1.- Fochancas na Cruz en Barrio.

Rogamos o arranxo de fochancas de dimensións considerábeis na cruz , no acceso a Barrio (parroquia de Muradelle).

4.2.- Pista de Pesqueiras-Airoá-Soilán.

Rogamos o arranxo da mesma dado o seu estado.

4.3.- Camporramiro-Polígono (a que pasa por Señorín).

Rogamos o arranxo da mesma dado o seu estado.

4.4.- Pista Río Pedroso até O Romeo.

Arranxada hai pouco xa volve ter fochancas, polo que rogamos se tomen medidas. Manuel Varela di que no cruce, polo peso do tránsito é incorrexíbel.

4.5.- Pistas da Deputación LU-P-1807 na parroquia de Brigos (Congostra Fonda e entrada a Eiriz) e LU-P-1805 (entre o Solar e Vilar de Eiriz).

Rogamos se demande á Deputación o seu arranxo, xa que hai fochancas considerábeis neses trechos da estrada e mesmo se produciron pinchazos en rodas. O PP non contesta. Os concelleiros do PSOE toman nota.

4.6.- N-540.

Apresenta importantes fochancas xa, precisamente na zona do Polígono. Rogamos que se actúe e non se volva a agardar a que estexa intransitábel para reaxir.

4.7.- Talude en Doutor Fleming.

Rogamos a rehabilitación do mesmo.

4.8.- Canto da rúa dos Pilos coa Alameda.

Non hai paseo (beirarrúa) e a vexetación da sebe entra na rúa. Rogamos que se actúe. O proprietario ten algún ao cargo do mantemento, mais deixou a poda ciscada.

4.9.- Pista de Fornas.

Comezaron os arranxos da pista de Fornas para a que se recebeu unha subvención da Xunta da Galiza segundo informou o alcalde nunha CI? Varela contesta que falou con Infraestruturas nesta semana e que, cando o tempo o permita, comezarán as obras con aglomerado en quente.

4.10.- Pista Surribas- Quinzán da Vila até o rego do Caño do muíño.

Solicítase o seu arranxo encontrándose nun estado de deterioro total.

V.- Educación.

5.1- Prescolar na casa.

Durante a pasada lexislatura, tanto sendo concelleiro educación Castor Novoa canto sendo Diego Otero, desenvolveuse o programa de Prescolar na casa. Para o mesmo o Concello outorgaba apenas unha achega de 1.300€ e a cesión dun local. No entanto, este curso aínda non se encontra operativo e, desde a asociación Antonio Gandoy, confirmáronnos que a nova concelleira non está polo labor de facer unha achega económica, aínda cando existen numerosas familias interesadas na súa existencia. Contestouse á solicitude de local formulada en 27/12/2020 en sentido negativo e sen dar alternativas e aínda o día 21/01/2020 receberan a notificación de cesión de local para xuntanza… celebrada en decembro!

  • Por que, de repente, se segue o mesmo goberno se están pondo tantos problemas con este servizo que contribúe á crianza e á conciliación e ten demanda por parte das familias?

  • Van ceder o local para que podamos ter no Concello de Chantada este servizo que contribúe para a crianza activa e a conciliación?

  • Que día e en que horario?

A concelleira Concepción di que a estas perguntas contestará noutro momento, que apostan polo público. Fente lémbralle a moción do pasado Pleno sobre a escola infantil que rexeitaron. Ao rematar o Pleno explícasenos que se quere implementar o Plano madruga e que, portanto, non acreditan que o axeitado sexa prescolar na casa e que o Telecentro tampouco é axeitado.

VI.- Patrimonio e cultura.

6.1.- Entroido ribeirao.

Declarado o Entroido Ribeirao BIC, resiste no Moredo e en Santiago de Riba, cando non fai tanto que se espallaba por Líncora, Vilauxe, A Sariña ou Nogueira. A asociación está facendo un traballo inxente e o día 9 de febreiro numerosos entroidos da Galiza visitarán a vila de Chantada. Coidamos desde o noso grupo que xa non sabemos como rogarlles que arranxen a casa escola do Moredo e o campo, así como incremente a subvención nominativa ao noso maior elemento elemento do patrimonio inmaterial xunto coa lingua e o Folión de carros.

Indícase que neste ano se vai substituír a varanda e Manuel Diéguez di que teñen compromiso de corrixir a situación e incrementar o apoio á Asociación do Entroido Ribeirao.

VII.- Medio ambiente.

7.1.- Colectores soterrados da rúa Nova.

O seu estado é deplorábel e dá má sensación nunha das entradas ao casco antigo e nunha das principais rúas da vila. Cando menos, rogamos que se baleiren.

7.2.- Decreto 615/2019 de 31 de decembro, devolución 9.971.72€ da anualidade 2018 por importe non xustificado da Rede Natura.

Os fondos da Rede Natura, outorgados pola Consellaría de Medio Ambiente, territorio e vivenda, non son suficientes para a xerir correctamente estes espazos e involucrar as poboacións locais. No entanto, sorprende que o Concello de Chantada perdese case 10.000€ por non xustificar o importe. Poden explicar isto? Varela indica que a tardanza dalgúns informes necesarios dalgúns departamentos atrasa todo e xa se queixaron na Xunta de Cultura, Patrimonio e da Confederación Hidrográfica. É imposíbel cumprir así os prazos e, para o rexedor, eran mellor transferencias directas aos concellos. Varela contesta que tiveron que readaptar cartos do Plano Único de Mondín porque a Confederación Hidrográfica exixe abastecemento de auga e complica todo para o arranxo da casa da escola. Acreditan pozo de 50 anos, mais non lles vale, e a concesión tarda un ano.

VIII.- Urbanismo.

8.1.- Decreto 578/2019, do 4 de decembro.

Polo mesmo, déixase sen efeito a encomenda fixada na resolución da alcaldía 509/2019, de 7 de novembro, e efectuase unha nova encomenda da defensa e representación do Concello de Chantada no Procedemento abreviado 331/2019 do Contencioso-administrativo, nº2 de Lugo a instancias de PRONOR Chantada S.L., a favor dos letrados da Asesoría Xurídica da Deputación Provincial. Non pasaba nada por darnos a razón no pasado Pleno de novembro cando lle advertimos que estaban cometendo unha ilegalidade e lembrámoslle que a lexislación non permite que cargos eleitos contraten a familiares directos en nengunha modalidadeNon se contesta.

8.2.- MP con ordenación detallada do PXOU en Pousada (Convenio urbanístico de planeamento coa mercantil Mirta Properties S.L.U.).

Mediante Decreto 639/2019 de 20 de decembro dáse trámite de audiencia aos titulares cadastrais afectados, total ou parcialmente, pola área de afección da MP en cumprimento do artigo 401 do Regulamento da Lei do Solo da Galiza (Decreto 143/206, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo da Galiza). No entanto o prazo fixado para alegacións ou adhesións ao convenio, 15 días, e a circunstancia de que rematase o mesmo día da reunión informativa (10 de xaneiro) invalidan o procedemento, xa que primeiro debe informarse axeitadamente e logo dar o prazo para formular alegación, se for o caso.

  • Vai o Goberno municipal convocar un novo prazo de alegacións, xa que mesmo a empresa redactora da MP recoñeceu que este procedemento era irregular? Varela di que as alegacións son despois e que só son 3 os afectados. Pode alegar calquera cidadán de Chantada.

  • Non debería na reunión informativa informar sobre Plano de como fica cada parcela e se hai mudanza do solo, posibilidade de expropriación etc.?

  • Rogamos que se poña solución a estas deficiencias e se abra un novo período de alegacións e información que siga os procedementos legais estabelecidos.

Varela di que só houbo perguntas dos concelleiros do PSOE e que noutros sitios non se informa os viciños. Neste momento sen coñecemento que se vai alegar?