Resumo do pleno extraordinario urxente correspondente ao 6 de maio de 2021

 

A sesión extraordinaria urxente do Pleno da Corporación de Chantada, correspondente ao pasado 6 de maio de 2021, comezou ás 13:35 horas coa presenza do secretario accidental e da interventora, así como de 12 concelleiros. Manuel Diéguez (PP) incorporouse a escasos minutos de comezar a sesión.

Captura de pantalla 2019-04-21 a las 10.27.36

Podes consultar o audio íntegro do Pleno aquí: 

https://drive.google.com/file/d/1sUhwT8H7b5IO2US4lTw5ep0IEw_dgaP6/view?usp=sharing

 

1.-Pronunciamento do Pleno sobre da Urxencia da Sesión.

Decreto 2021-0342 [PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE 070521]

Comeza o alcalde lembrando que lles faltan informes sectoriais da Deputación e de Fomento e mentres non se teñan estes informes non se pode comezar co expediente, porque non hai dispoñibilidade de terreos. Por iso, reparan Secretaría e Intervención. O alcalde non pode levantalo, ten que ser o Pleno, para gañar días e comezar a obra cren que debe facerse este Pleno, pois farían falla 4 meses para finalizar e pór en servizo a obra o 1 de outubro de 2021. Aínda que a empresa que o gaga lle poda levar menos. 

Acusa á Deputación e Fomento de enredar e andar pedindo diferentes cousas en diferentes momentos [non consta tal extremo por nengún lado do expediente que se nos remitiu]. O Concello de Chantada é unha administración seria que vai repor todo ben. O de Fomento agarda que se faga axiña e pensa que será favorábel e o da Deputación só falta unha certificación de Secretaría.

Se estes informes non chegasen habería que renunciar á obra, como xa lle dixo á Xunta, para que esta poida investir estes fundos europeus noutro lugar e a ver se a conxuntura permite que se reserven novamente en 2022, que é dubidoso segundo Manuel Varela

Para Raquel López, o seu grupo ratificará a urxencia como sempre fai, mais non entende agora as présas e que se convoque a sesión a unha hora incomprensíbel e que xera transtorno a moitos concelleiros porque interfire no seu horario laboral.

Desde Por Chantada cuestiónase a xustificación da urxencia que fai o alcalde, fálase de que é unha « necesidade que se ten creado a través dos anos», mais iso non xustifica un pleno extraordinario urxente. Sobre a falta de sectoriais entende que, se como di o alcalde, van chegar os sectoriais nos próximos días podería vir este asunto á sesión ordinaria do Pleno ou, en todo caso, a unha extraordinaria con todos os informes xa polo que non se entende por que hai que aprobar isto xa.

Lorenzo Varela escúdase en que queren ter todo preparado para poder adxudicar a obra antes do 15 de xuño, polo que se esperan máis podería non cumprirse ese prazo. Fano así porque non hai neste momento outra alternativa. Ou se fai isto e se crean postos de traballo en Chantada ou se mata este Concello para toda a vida.

Votación da urxencia:

A FAVOR: 11 (PP e PSOE)

EN CONTRA: 2 (POR CHANTADA)

2.-Expediente de contratación para LMT Soterrada de 20KV e Centro de Seccionamento para o Polígono Empresarial de Os Acivros.

Cómpre aclarar moi ben que é o que debía votar o Pleno neste ponto xa que o alcalde quere facer demagoxia con este tema para ocultar o tempo que perderon e os seus erros de xestión. Como se desprende da documentación que achegamos, só a máis importante do expediente que está incompleto dito sexa de paso, o que o Pleno debía votar era erguer ou non un reparo suspensivo da tramitación do expediente, formulado pola Intervención municipal ao seren os informes de Secretaría negativos sinalando unha irregularidade manifesta, que é comezar unha actuación sen dispor dos terreos previamente.

Proposta de acordo ao Pleno para aprobación do expediente

Reparo 13/2021 da Intervención. FISCALIZACION INTERVENCION FASE A

Informe 7/2021 de Secretaría (negativo)

Prego de contratación LMT Acivros

Acordo XGL-APROBACION PROXECTO LMT

MEMORIA MELLORA

Informe técnico de supervisión do proxecto e viabilidade LMTS Os Acivros

Proxecto LMT Os Acivros. Versión 2

Ao comezar o debate do asunto a interventora sinala que hai varias erratas. Cores aclara que na temeridade púxose 30 meses e eran 30 días e o procedemento é aberto simplificado e hai algún corta e pega máis que xa fica agora correxido.

Comeza intervindo o PSOE, por medio de Daniel Camiñas. Felicítase pola obra e xa no 2018 levaron os socialistas isto ao Parlamento e no 2019 trouxeron moción ao Pleno para facer o que finalmente ten pensado facer o PP, que daquela votou en contra.

Isto vaise facer cunha subvención da Xunta, aprobada o 9 de outubro de 2020 e que saiu no DOG do 23 de outubro de 2020. A redacción do proxecto encárgase o 29 de xaneiro e rexístrase o mesmo no Concello o 28 de abril. Con respeito ao Concello vén ben que a liña sexa soterrada, xa que redunda nun menor impacto paisaxístico, mais xéralle dúbidas o trazado escollido para a liña, pois o máis rectilíneo sería o da N-540 e non meterse no casco urbano e facer quiebros. A separata de mellora parécelles ben, mais xéralle dúbidas o procedemento porque a vía do Bairro da Ponte é da Deputación e a vía debería ser, como xa se dixo no Pleno en máis dunha ocasión, debería ser peonil e só para residentes facendo unha nova ponte no río Asma.  Voltar pór aí formigón semella pouco axeitado

O informe de supervisión do proxecto fala dos informes sectoriais necesarios. Constan algús informes, segundo este, que non están no expediente, como o de Patrimonio e o da Confederación Hidrográfica. Amais, ve irregular como se xestionou o expediente, pois o 5 de maio fan a provicencia, a memoria, a separata de mellora e convócase o Pleno perante o reparo suspensivo. Todo isto en apenas horas.

Canto aos informes, o informe de secretaría xa se di que “non se pode informar de xeito favorábel” e incide na existencia de erros de copia e pega nese informe, que xa sinalou a interventora mais queren facer a observación novamente de que se teña coidado á hora de facer estes documentos. O prego de cláusulas administrativas só está en castelán e debería estar tamén en galego. Non é tanto pedir Obra informe de intervención tamén é negativo ao non contaren cos terreos como marca a lei.

Así as cousas, a proposta de acordo no ponto 1º pídelle aos 13 concelleiros levantar reparos coas responsabilidades que iso trae consigo, segundo a LBRL, e con todos os informes en contra… todo por non tramitar ben o expediente. Na falta de procedemento nunca terán o apoio do PSOE. No ponto 5º da proposta faise responsábel a Diego Otero Veiga, o cal é ilegal segundo o artigo 76.2 da LCSP. O artigo 62.2 di expresamente “en los contratos de obras, las facultades del responsable del contrato serán ejercidas por el Director Facultativo conforme con lo dispuesto en los artículos 237 a 246“. Así pois, o nomeamento ten que recaer no director de obra. Estamos na crónica de sempre: traen ao Pleno faltas flagrantes e ilegalidades. [A interventora fala co alcalde deste asunto]. As cousas importantes hainas que facer especialmente ben. Se corrixe o ponto 5º abteranse e se non votarán en contra.

Varela dille que lle diga cal é o ponto 5º. O director de obra vai ser o que vai ser e aparecerá o nome de Diego Otero porque no seu momento, cando se fixo a petición coa AECH foi el e, por iso, aparecerá. A el dixéronllo cando viña para o Pleno e non daba crédito, xa que nen el nen nengún dos que estamos aquí podemos ser directores de obra ao non sermos enxeñeiros. No 2018 e no 2019 a fase 2 fíxoa SUPLUSA, que para iso vendías as parecelas e, daquela, debería facerse cargo da submistración eléctrica do polígono de Chantada. Era cousa da Deputación e de Industria non do Concello. Como pasaba o tempo, AECH, conxuntamente con dúas ou tres empresas do Polígono e o Concello, puxéronse de acordo para facer a solicitude a partir do Concello de Chantada e fixeron xestións na Xunta enviando unha memoria das obras que había que realizar. Sobre o trazado el non é técnico e fíxoo a empresa Naturgy, que escolleu a opción máis favorábel. Ese proxecto enviouse á Xunta e esta ofereceu até 1 millón de euros. O presidente de AECH, Néstor Quiroga, e o alcalde foron á Deputación de Lugo e alí dinlles que se vai liquidar SUPLUSA e que xa verían se lle podían dar no 2021 algo ou non. As parcelas do Polígono estanse acabando e é o Polígono máis rendíbel dos que desenvolveu SUPLUSA, segundo se dixo na Deputación, e perigando o subministro e requeríndose outra ampliación o Concello pon o resto, o que non poña a Xunta. A Deputación dixo que o metera o Concello no Plano Único e que tiña moito remanente. Para iso, non facía falla ir a Lugo. 

O proxecto encargábase Naturgy, mais o que fixo non levaba desglosadas as unidades de obra e houbo que modificar o proxecto de finais de 2020. Poñíanlle pegas para ver quen pedía a subvención se a empresa ou o Concello… gañas de marear e desde algúns organismos estivéronselle pondo paus nas rodas. O informe de Infraestruturas veu de forma negativa nun primeiro momento, polo tema de se era a empresa ou o Concello, e de aí a reforma do proxecto. El non asume a responsabilidade disto se algunha administración non espabila e non pasa o sectorial antes desas data e terían que renunciar

Fente pregunta como queda o ponto 5º. Varela di que o director de obra de nome é Sergio, a interventora di que se modifica. Fente pide intervir e concédeselle a quenda de palabra (min. 24.14).

Examinamos o expediente dentro do escaso lapso temporal que había ao convocarse a sesión con carácter extraordinario e urxente. Vimos que é un contrato de bastante envergadura, que contabamos xa un pouco con el pola cronoloxía que xa se referiu. A Xunta achega o 80% e o Concello 478.000€, que se pediron através do SC 1/2021 mediante crédito bancario, aprobándose a comezos deste 2021. Coincidimos tamén que é necesaria a mellora da  electrificación do polígono dos Acrivros, que é un tema que xa saiu nesta lexislatura en varias ocasións. Nese sentido, xa hai moitos meses que se anunciou que esta obra se ía facer con cargo á subvención da Xunta dun millón de euros e unha posíbel subvención da Deputación que, polo xa exposto, non se materializou.  O proxecto de Naturgy, ao que se acaba de facer referencia, que vén, polo que consta na documentación, aínda que falta documentacion neste expediente, como se fixo referencia anteriormente e non endenmos por que, fálase de informes positivos que non constan no expediente.

Manuel Varela interrompe e di que é mentira. Fente retrúcalle que non están. Daniel corrobora que non están. Varela deféndese dicindo que son unha realidade, aínda que non estean e que a el non lle gusta mentir. Fente dille que serán realidade, mais se non están no expediente este non está completo. Varela di que cando di que faltan dous son dous. O voceiro de Por Chantada di que a fe resérvase para cando se vai rezar á igrexa. Varela contesta que debe ir pouco á igrexa. Fente dille que iso é un tema persoal e que, en todo caso, a fe tense alí e non Pleno non se obra desde a fe, senón desde a razón para o que se deben fundamentar as decisións nos papeis e no que está no expediente, que debe estar ben conformado e se falta documentación haberá que recoñecer os erros. 

Continúa Fente desde o ponto anterior á interrupción lembrando que ese primeiro proxecto de Naturgy non valía [decatáronse só cando a Xunta lles informa negativamente], polo que se debeu encargar outro e ese “novo” proxecto chega cando chega perdéndose meses. Agora hai moita présa por uns informes sectoriais que faltan, que en teoría o da Deputación axiña vai chegar, cando se perderon meses por non facer o desglose por unidade que é sabido e coñecido que é obrigatorio en todas as obras públicas. Despois na xustificación afírmase que vén ao Pleno para levantalo entre todos… non, vén ao Pleno porque o orzamento supera o 10% dos recursos ordinarios do Concello e existe reparo suspensivo da intervención e o informe negativo da Secretaría. Do contrario podería aprobalo a Xunta de Goberno Local, pois furtáronlle ao Pleno a competencia sobre os contratos de máis de 10% do orzamento. Non semella moi razoábel a quen lle tiraches a competencia despois, cando non queda outra, vir apoiar que dea o seu apoio. Xustificárase a decisión en que se entorpecía e resulta que hai que seguir vindo ao Pleno por facer as cousas mal.

O informe de intervención é bastante claro:
Do informe anterior e do exame do expediente despréndese que non pode acreditarse o requisito de dispoñiibilidade dos terreos para a súa normal execución. Dacordo con reiterados pronunciamentos das diferentes Xuntas Consultivas de Contratación Administrativa o requisito de dispoñibilidade dos terreos debe existir no momento da aprobación do expediente de contratación.

Daquela, procunciarse sobre algo que non sabemos se finalmente se vai dispor ou non sería outro acto de fe. E isto somado aos meses que se perderon como se explicou antes. O prazo de execución é deica o 31 de outubro e volvemos un pouco ao mesmo: unha neglixente xestión coloca a administración non beco sen saída e obriga a tirar para adiante asumindo irregularidades. Unha vez pode pasarlle a calquera. Hai que dicir que a Deputación se demora nos seus informes habitualmente, mais a solicitude por parte do Concello é do seis de abril. Varela nega a maior e di que había outros de antes. Pois tampouco están no expediente.

Nas propostas de mellora, os tempos son os que son, mais vendo o trazado habería que tentar darlle solución ao Bairro da Ponte e lembramos que o expediente chegara ao Valedor do pobo pola perigosidade para os peóns. Houbera unha reunión de Manuel Varela e Manuel Martínez na Deputación para tentar darlle unha solución e a proposta dos semáforas foi rexeitada pola sociedade civil e por nós e habería que ir a tentar facer unha ponte sobre o Asma. Varela di que as melloras non permiten facer a ponte. Fente dille que ninguén afirma iso, mais habería que tentar conseguir iso, que vén a conto porque unha das separatas de mellora da actuación que aquí se debate volve erguer o firme do Bairro da Ponte. As melloras da obra é para que non se faga daquela maneira e onde hai formigón se repoña e o aglomerado en quente onde o hai nas da Deputación. Por aí non vemos problema, mais a solución para o Bairro da Ponte polo dito e por ser Camiño de Inverno debería ser outra.

Tamén despois traiamos o da proposta de acordo que está pouco axustada a direito e mal redactada polo que se di nese ponto 5º e a competencia para erguer o reparo é do PlenoAquí intervén motu proprioa interventora, María Yebra-Pimentel, e di que non está mal redactada, o que debe mirar e que a competencia é do Pleno mais a avocación da competencia para o suposto… entón as cousas redáctanas os funcionarios non os políticos. En consecuencia, deixe de reiteradamente de faltar un pouco ao traballo dos demais. Métase politicamente, mais non fale da redacción das cousas porque erros pódeos ter calquera. Efectivamente, di Fente, el tamén comete erros. A interventora dille que el tamén algún. Fente dille que ten moitos e cando os ten asúmeos se se dá conta deles. A interventora quere pór de manifesto que hai un traballo moi grande e importante dos funcionarios no expediente e, fundamentalmente, os documentos redáctanos os funcionarios polo que lle pede a Fente respeito e que retire o de mala redacción, porque habería que ver as redaccións que fai vostede. Fente indica que retira o de mala redacción e non só iso pídelle desculpas se se sentiu ofendida. A interventora di que claro que se sente ofendida. Fente reitera as desculpas e tamén a calquera traballador que intervise no expediente e se puidese sentir aludido. A intención non era menoscabar o traballo de ninguén e tampouco o dos funcionarios nese sentido. Poden constar as desculpas na acta que non hai problema nengún. Intervén Manuel Varela para pedirlle ao voceiro da CUP que vaia rematando a súa intervención. 

Fente subliña que en todo caso hai unha cuestión que é a do ponto 5º da proposta do acordo que si que está non axustada a direito. Si, iso é un erro que recoñece a interventora. Varela di que xa está recoñecido e non fai falla que chova sobre mollado. Non é chover sobre mollado, estamos na nosa quenda de palabra e facendo referencia por vez primeira ao tema. Cando algún do PSOE dixo iso xa se retirou, vostede non ten que estar insistindoEstaba falando do asunto cando xurdiu o tema da mala redacción polo que reitera as desculpas se puido ofender a alguén, que non lle caen os aneis por facelo ou recoñecer os erros. Nesa intervención é cando di isto e está axustado ao ponto e ao que se está tratando. 

En definitiva, isto lembra a parábola do fillo pródigo. O pai unha vez perdoa ao fillo errante. Porén aquí, este Concello, a parábola repítese unha e outra vez. Non é a primeira vez que se vén con reparos e perdirnos que o levantemos con todos os informes de todos os técnicos en contra. Non entendemos como vén nestas condicións. Como non entende emita o voto, dille o alcalde. Eles teñen maioría e están de acordo en levantar este reparo. Así que vostedes voten o que queiran. Só faltaría que tivésemos que votar o que vostedes nos digan.

Daniel Camiñas para matizar pede a palabra. Na moción de 2019 xustificou que daquela era a Deputación e resulta que a calificación xurídica non mudou en nengún problema. O alcalde interrompe e o concelleiro do PSOE pídelle que non o faga fronte ao que ameaza Varela con retirarlle a palabra e pasar a votar porque non ten direito a corrixilo. Está totalmente equivocado, xa tivo a súa quenda. Está na segunda quenda. Non hai quenda nengunha, di Varela, isto non é unha moción. Si que é así, segundo o ROF, se quere lello.

Volvemos á mesma, iso no 2018 e 2019. O PP sabía desde o 23 de outubro que tiña a subvención. Vén feito facer as xestións para a subvencións, mais do 23 de outubro até o 29 de xaneiro, como dixo Antom, non se contratou o proxecto. Estívose traballando cun proxecto da empresa, señor. Entón eses tres meses xa non é culpa dos demais. No que consta no expediente, que é o que ten a oposición para facer a valoración, mandouse o primeiro oficio o día 6 de abril. Esa data non é verdade, ese día mandouse unha xustificación. Eles valoran o que está no expediente o demais é fe. Está suficientemente debatido e como lle dixo ao señor Fente Parada voten. Se esta obra, polo que a el lle sona, queda sen facer pode ser polo sectorial de Fomento e sería ben triste. Hai xente do PSOE que lles está botando unha mao na Cruña e en Madrid. Os reparos hai que levantalos para ir adiantando e non hai máis rollo que dicir. Daniel insiste en que desde outubro se perderon meses. Varela di que cando falaba dos funcionarios o señor Fente Parada non se imaxina o traballo que lle deu a 4 funcionarios isto. Daniel di que non lle cabe dúbida. O alcalde contesta que entón non lle meta a el o dedo da chaga e a responsabilidade tamén destas cousas. Un segundo, o señor Fente… nen un segundo nen nada, pasamos a votar.

 

VOTACIÓN PARA LEVANTAMENTO DE REPARO DA INTERVENCIÓN E CONTINUAR A TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE:

A FAVOR: 7 PP

ABSTENCIÓNS: 4 PSOE

EN CONTRA: 2 POR CHANTADA

 

Despois da votación e rematada a sesión, Manuel Varela dille á oposición que pode estar orgullosa e que os empresarios de Chantada van estar moi agradecidos. Fente dillo que non sexa demagogo. Aínda que o alcalde quere facelo pasar por un insulto este adxectivo, segundo a RAG non é tal cousa e en todo caso díselle que non actúe como tal non que o sexa. 

 

cropped-logo-redes-8m-blanco

Resumo do pleno ordinario do 8 de abril de 2021

 

Accede ao audio íntegro do Pleno premendo aquí (ligazón a Google Drive, debe facerse desde un computador).

 

Asisten 12 concelleiros, todos agás Manuel Diéguez do grupo popular. Asiste a interventora, o secretario accidental e outro traballador do Concello. Non hai ninguén no público e a sesión comeza ás 20:03.

 

1.- ACTAS ANTERIORES, CORRESPONDENTES ÁS SESIÓNS: ORDINARIA 28/01/2021.

Apróbase por unanimidade.

O PSOE pide mudar a orde do día para que primeiro se debatan os asuntos que trae o Goberno e a continuación as mocións. Portanto, múdase a orde de todos os pontos da sesión sen realizar unha votación a tal efeito. A orde orixinal pode consultarse no Decreto de alcaldía 213/2021 [CONVOCATORIA PLENO 08.04.2021]

PARTE RESOLUTIVA DA SESIÓN 

2.- MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA 13/2021 MEDIANTE CRÉDITO EXTRAORDINARIO 01/2021 por importe de 300.779,70€ (EXP. GESTIONA 301/2021). [Minuto 1:50 do audio]

Proposta Pleno CE 01_2021 (casa)

Informe de intervención 5_2021

Informe técnico taxación praza do Cantón

O PSOE parabeniza a Corporación e fai fincapé na vixencia da estabilidade orzamentar.

Desde Por Chantada comézase a intervención facendo fincapé en que a denominación tradicional da praza  é Praza do Cantón. Amais, descoñecemos o importe exacto do remanente de tesouraría para gastos xerais (RTGX), tal e como xa sinalamos na CI.

No seu día apoiamos a compra dos dous edificios que ían adquirirse urxentemente e que, máis dun ano despois, seguimos agardando. Cada un seguiu unha vía e neste caso existe valoración do técnico de urbanismo. Sumarán 530.000€, portanto por riba do previsto.

Por outro lado, aínda que non se iría a un PEF ao estaren suspensas as regras fiscais botamos en falla unha maior concreción sobre a estabilidade orzamentar. En todo caso, onde neste asunto vemos o maior problema é na propria valoración que xustifica a contía da proposta de acordo.

Non se achegaron as cláusulas administrativas particulares e no caso do edificio de Formoso Lamas a información foi mínima.

Entendemos que existe un erro no cálculo de 11.000€, pois os metros cadrados que se indica que ten o predio non coinciden coa superficie construída que se emprega na fórmula de cálculo polo que existe unha diferenza significativa (o resultado debería ser 311.229,75€).

Solicitamos que se retire o asunto e se revise a documentación, emitindo novo informe do técnico para explicar este desfase e tomarmos o acordo no Pleno coas máximas garantías legais

Manuel Varela di que vai usar o crédito para a compra e se hai que cambiar algo que se cambiará [sen crédito non se poden adquirir gastos]. Volve dicir que é urxente [hai un ano xa o podían ter feito e non o fixeron] e vanlle dar para diante. Alégrase pola posición do PSOE. Recoñece que non son os mellores edificos para unha biblioteca.

A FAVOR: 10 PP e PSOE   EN CONTRA: 2 Por Chantada

Apróbase.

3.- MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA 15/2021 MEDIANTE CRÉDITO EXTRAORDINARIO 02/2021 (EXP. GESTIONA 352/2021). [minuto 8:34 do audio]

 Proposta ao Pleno crédito extraordinario 2-2021

INFORMES DE INTERVENCION 2021-0007 [INFORME INTERVENCION]

O PSOE di que Parques e Xardíns é un dos servizos máis valorados pola cidadanía e que o camión é necesario. Inciden na estabilidade orzamentar novamente, como no ponto anterior.

Canto a Por Chantada, lémbrase que na comisión informativa (CI) se expuxo a seguinte información: será para adquirir mediante oferta pública un camión de segunda mao, seguramente da empresa Rabelas polo que se explicou. Aínda que, ao ser oferta pública, se aparece outro, de análogas características, con condicións máis vantaxosas  por importe inferior a 42.350€ colleríase. Segundo se nos dixo na CI novo custaría por volta de 75.000€ e melloraría os servizos municipais. En principio, parécenos ben só que descoñecemos modelos e non temos na documentación referencias para facer unha valoración das contías e se axustan ao mercado. Igualmente descoñecemos aínda o importe do RTGX que, no entanto, xa se está gastando.  Por estas razóns abstivémonos.

A FAVOR: 10 PP e PSOE   ABSTENCIÓN: 2 Por Chantada

Apróbase.

4.- BONIFICACIÓN ICIO MECANIZADOS NANDE S.L. (EXP. GESTIONA 112/2021). [minuto 11:22]

Proposta bonificacion ICIO MECANIZADOS NANDE

FISCALIZACION DE INTERVENCION 23-2021

Informe técnico

Coa bonificación pagarase de ICIO 277,5€ de 5.272,50€

O alcalde propón tratar todas as bonificacións conxuntamente.

O PSOE defende que apoian que no Polígono se bonifique o 95% no Polígono e mantelo na ordenanza do ICIO para que haxa acordo entre PP e PSOE. Se se aplicasen as mudanzas que propuña o PP no outro Pleno estas empresaas veríanse afectada. Varela retruca que non sería retroactiva, mais concordan coa emenda do PSOE e van manter o 95%. Crean riqueza aquí e van votar a favor.

Fente lémbralle, como cuestión de orde, que por seguranza xurídica deben votarse separadamente. O secretario accidental ratifica isto último. Faise o debate conxunto, mais a votación é separada. Canto aos contidos dos pontos seméllale ben a bonificación porque son empresas locais e que están no noso Polígono. Porén, hai outro sector que se está descriminando, un un agravio comparativo cos gandeiros, xa que se lles cobra o 100% e abonan cifras elevadas polas ampliacións ou construcións das súas naves. Deberíanse ter en conta isto nas bonificacións do ICIO, por exemplo recentemente a queixaría Airas Moniz. Estas empresas non están no Polígono mais crian riqueza, emprego manteñen o rural vivo, ordenan o territorio e combaten os incendios. Para nós non é xusto excluír estábulos e naves e esta situación leva prolongándose anos e anos. Debería pedirse informe xurífico e ao entender de Por Chantada coa redacción actual da ordenanza fiscal reguladora do ICIO parécenos que o Pleno podería xa aprobar a declaración de especial interese ou utilidade municipal, mais iso non se lle está indicando ás iniciativas rurais

Manuel Varela defende que as axudas que hai para o Medio Rural de fondos europeos son tremendas e distintas das que teñen no Polígono.

A FAVOR: 12. Apróbase por unanimidade.

5.- BONIFICACIÓN ICIO ELECTRODOMÉSTICOS PERLADA S.L. (EXP. GESTIONA 111/2021). [minuto 15:53]

Proposta bonificación ICIO Perlada

Informe técnico

FISCALIZACION INTERVENCION 2021-0022

Coa bonificación pagaría 510€ de 10.200€.

A FAVOR: 12. Apróbase por unanimidade.

6.- BONIFICACIÓN ICIO NEUMÁTICOS REGAL C.B. (EXP. GESTIONA 109/2021). [minuto 16:09]

Proposta de bonificación ICIO

Informe técnico

Coa bonificación pagará apenas 74,4€ de 1.488€.

A FAVOR: 12. Apróbase por unanimidade.

7.-MODIFICACIÓNS SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS PARA 2021 (EXP. GESTIONA 313/2021). [minuto 16:20]

Proposta ao Pleno de modificación das subvencións nominativas para 2021

Informe_2021-0006 [INFORME DE INTERVENCION]

Proposta MODIFICACION SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS 2021

Raquel López di que son asociacións importantes e fala de pasos na boa dirección porque as bandas teñen agora subvencións e se pon fin aos convenios. Di que faltan subvencións para outras entidades e tende a mao para acordar co PP o futuro da Casa da Música cando corresponda e entendendo o valor que ten para o Concello. O Recuncho Solidario, a Irmandade Cultural País do Faro e a SD Chantada precisan subvencións e falan de vulnerabilidade pola ausencia de Plano estratéxico de subvencións.

Desde o grupo municipal Por Chantada entendemos que a administración debía dar exemplo cumprindo a lei e que a ausencia de Plano estratéxico de subvencións fai que as entidades non teñan seguranza  xurídica para as axudas. Non só non tempos o Plano estratéxico, senón que levamso anos sen memoria, cando o alcalde debería facer un informe anual e non o fai desde 2018. Entón, isto non é un capricho senón que é o marco legal: a Lei 38/2003, xeral de subvencións, o Real Decreto 887/2006, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, as proprias Bases de execución do orzamento para este exercicio 2021 e o artigo 8 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do Sector Público. Este marco legal obriga a termos un Plano estratéxico de subvencións, mais o segundo e último aprobouse en marzo de 2019. Todo un marco legal que ampara as subvencións e o incumprimento por parte do Goberno, deberíase aprobar antes das proprias subvencións, pon en risco as subvencións se houber unha denuncia.

Por outra banda, seguimos insistindo na necesidade de aprobar máis axudas, sobretodo para o terceiro sector, pois coa crise as necesidades ás que están facendo fronte desde O Curruncho Solidario ou Caritas están aumentando moito e moitas veces derivándoselles casos desde os proprios Servizos Sociais do Concello. Estamos nun momento en que toda axuda é pouca tamén no sentido de evitar saírmos da crise máis vulnerábeis, é dicir máis divididos e con maior desigualdade.

Parécennos ben estas axudas, naturalmente, mais consideramos que se debería ter aprobado o Plano estratéxico de subvencións, así como as memorias anuais por parte da alcaldía, e ser escrupulosos no cumprimento da lexislación. Fente pregunta, por último, pola subvención da AECH, que sobe 2.000€ e non se explicou na CI.

Varela di que se lles sobe polo traballo que están realizando. Pouco son 5.000€ para unha asociación de empresarios. Adianta que o Concello vai sacar unha liña de axudas para os estabelecementos que sufriron coa pandemía, en coordinación coa Xunta da Galiza. Beneficiará a 65 estabelecementos.

A FAVOR: 10 PP e PSOE. ABSTENCIÓN: 2 Por Chantada.

Apróbase.

8.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POR CHANTADA-CUP, SOBRE AS INMATRICULACIÓNS DE BENS POLA IGREXA CATÓLICA NO CONCELLO (EXP. GESTIONA 276/2021). [minuto 23:00]

Moción Por Chantada inmatriculacións de bens pola Igrexa no noso Concello

Emenda PSOE a moción de Por Chantada.

O voceiro de Por Chantada defende a moción através da súa exposición de motivos [minuto 24:57].

Desde o PSOE, Daniel Camiñas di que o seu grupo concorda co problema que se expón na moción. Critica o poder inmobiliario da Igrexa, que é enorme e explica moitas cousas. Explica as mudanzas de 1997 e os acordos do nacionalismo centrípeto e centrífugo, pois era a época en que Aznar falaba catalán na intimidade. Cometéronse auténticos sacrilexios, como na mesquita de Córdoba. Do 1997 a 2015 varios xuízos ratificaron as ilegalidades cometidas. Recalca que foi unha proposición do PSOE a que abre esta vía e indica que nengún dos 100 bens que hai en Chantada con máis título que a certificación eclesial e 54 só con uso relixioso. Ven positivo tamén a proposta de Por Chantada de abrir o mosteiro de San Salvador de Asma.

A emenda quere aclarar e mellorar o texto e recalca que é de xustiza mudar a Lei de Facenda Locais para que as confesións paguen o IBI polos bens de uso relixioso [difícil do ponto de vista do direito internacional ao ser o acordo entre o Reino de España e o Vaticano ratificado por dous estados soberanos e que colidiría con esa reforma do direito interno] O Concello ten pendente facer o inventario de bens.

Manuel Lorenzo Varela anuncia que non van aprobar a moción. Se traballan nisto terían que deixar de facer outras cousas. Defende a Aznar, di que reflectiu o que había desde o século XIX. Fai dous meses o Goberno de Pedro Sánchez decretou a inmatriculación e está todo en perfeito estado. Queren saber cales son eses bens que hai en Chantada e traballar para ver se están ben ou non. El é unha persoa crente, mais non un “papanatas”. Tenlle cariño á educación que, coma Antom, recebeu no Seminario de Lugo e non lle quere dar paus á Igrexa. Van reclamar ao Goberno central toda a documentación.

Fente di que o lugar de culto non xustifica per se a inmatriculación. Esta moción non vai contra a Igrexa como deixa caír. O que se defende é que se hai uns bens públicos, que son do pobo, débense defender. Hai moito patrimonio abandonado. 

Di que o Concello pode comprar corenta e cincuenta casas reitorias e polas en valor. Por iso a moción defende o mosteiro de San Salvador de Asma. Iso son palabras maiores, o dono pide millón e medio  de euros. O mosteiro defende que hai que falar con Cultura e que lle meta a mao eles teñen outra prioridadesA moción defende que abra catro días ao mes non que se compre. Iso é privadoA lei obriga a abrir os BIC catro veces ao mes, fíxose por exemplo en Meirás. Non se quere meter noutro Meirás, cando goberne Por Chantada… non abandonan o mosteiro. Por aquí pasou outra xente e non mirou para el tampouco, non quere dicir que non se preocupen polo mosteiro, mais teñen outras prioridades e están facendo centos de cousas. Fente insiste en que nesa moción non se pide que gaste nada o Concello.

Daniel di que o coherente con iso sería ter toda a información e, en consecuencia, votar a prol da moción e da emenda.

El formulou na Corporación que houbo que se apropriou de bens do franquismo: a casa sindical era do Sindicato Vertical. Cos musulmáns, cos Testemuños de Jheová ninguén se mete… ou cos sindicatos. Por que non nos metemos con iso?

Daniel di que é do patrimonio sindical acumulado ese edifico. Lei mal feita, defende o alcalde. Jisi intervén para dicir que o edificio da Cruz Vermella era da UXT na República. Daniel pasa a ler as emendas do PSOE á moción de Por Chantada.

Manuel Varela di que está disposto a apoiar un ponto único e fan unha emenda in voce 

O Goberno local de Chantada dirixirase ao Goberno Central conxuntamente con outros concellos da provincia para recabar información dos bens inmatriculados da Igrexa.

Todo aquilo que non sexa da Igrexa vai ser o primeiro en defendelo. Porque esta moción é un totum revolutum e el e os seus compañeiros teñen moitísimo traballo e a oposición non se dá conta. Fente insiste no mosteiro. Non se compromete co do mosteiro de San Salvador de Asma. 

O PSOE retira a súa emenda.

VOTACIÓN EMENDA PP: 12 UNANIMIDADE.

VOTACIÓN ACORDO: 12 UNANIMIDADE.

Apróbase co ponto único da emenda do PP.

9.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POR CHANTADA-CUP, A PROL DE EMPREGO E SERVIZOS DIGNOS NO EIDO DA ATENCIÓN Á DEPENDENCIA. (EXP. GESTIONA 276/2021). [minuto 51:25]

Moción Por Chantada coidados e SAF no rural_signed

Fente defende a moción, para coidar a quen coida [minuto 53:30]. Os direitos das traballadoras e mellorar a atención dos coidados. Un modelo de coidados no rural e non un modelo urbano, defendendo o cohousing para a comarca, que xa defendemos na plataforma Interior Galego Vivo. Lembrou o programa eleitoral de defensa dos servizos públicos, sen éxito á vista da privatización do SAF. O Centro de día o único de titularidade pública na comarca está lonxe do volume de poboación maior de 70 anos que supera as 2.000 persoas. As redes familiares aínda funcionan, mais todo está cambiando.

Abusouse dos servizos mínimos contra as traballadoras do Consorcio en folga ao igual que fixo o Concello de Chantada coas traballadoras do SAF. Defendemos os direitos de todas as traballadoras. Hai un abuso e haille que dar unha solución concreta, non vale dicir non queremos OPE porque a propria Comisión europea presiona. Unha solución é unha OPE con moitas prazas que reforce servizos existentes actualmente e outra como persoal a extinguir. A convocatoria tal e como está non é un proceso de consolidación e a concelleira mente cando di que “con estudar un pouquiño” se consolida a praza. Outra cousa é non querer OPE, nen persoal a extinguir, nen proceso selectivo de nengún tipo e manter o posto actual. Os que pasamos por procesos selectivos para o emprego público sabemos que forma parte das regras a mobilidade. En todo caso, nengunha traballadora pode após anos de servizo ficar na rúa baixo nengún conceito, por iso hai que dar solucións e non vagas palabras. Unha solución ponderada como a de persoal a extinguir.

Canto á situación do SAF teñen aí un anaco dunha entrevista en Praza pública cun testemuño terríbel dunha traballadora. En Chantada hai cuestións que afectan ao convenio, EPIs, subrogación, xornada laboral, pagos dos quilómetros, permisos que se perderon, xeolocalización permanente (condenada pola Audiencia Nacional). A concelleira e o alcalde deben reunir a mesa de seguimento, verificar os incumprimentos e darlles solución. Ao comezo do contrato é o mellor momento para solventar os problemas do servizo.

Outra cuestión é o cofinanciamento, que ten recoñecido o alcalde de Chantada e outros alcalde. Os concellos están achegando moita carga financeira e logo a Xunta saca peito de boa xestión. O SAF en 2021 orzamentouse en 915.000€ e a Consellaría só dá 9.7€ por hora fornte aos 18€ de custe real.  O mesmo para o centro de día e a escola infantil. Hai que actualizar os módulos e pedilo como concello sen entrar nas disputas entre quen está en Madrid e en Santiago. O importante é solucionar os problemas dos cidadáns.

Quedou ben explicada, di Raquel.

Esta moción admite seis ou sete mocións. Así aforreille traballo, retruca Fente. Mestúrase o SAF, coa Escola Infantil e o Centro de Día… Non puido asistir a Lugo á reunión coa Conselleira de política social, mais anunciou que van tratar de abordar doutro xeito as horas do SAF [o mesmo día que os alcaldes do PP foron facer o paripé diante da Deputación polas pistas, que eles tampouco arranxan, e que logo derivaría nunha polémica entre Tomé e Elena Candia, onde o primeiro foi acusado de machismo por mofarse da vestimenta da voceira popular no ente provincial]. O diñeiro sempre o poñen os mesmos, el non paga nengunha obra. O diñeiro que saia de onde queira mais estase castigando os concellos.

A COVID, di Raquel, mostrou situacións límite e precariedade, de xeito especial en concellos coma no noso no eido da dependencia. Apoian os pontos 1, 2 e 3 da moción. Tamén o que apoia o financiamento reformado, os 5 e 6. O banco de tempo levábano no programa eleitoral de 2015 e 2019, que é o ponto 7º. No DOG do 31 de marzo viña unha subvención para actividades de acción voluntaria.  Sobre o SAF lembran a súa repulsa á privatización, que é máis cara e apoian as queixas das traballadoras. Grave o despedimento de dúas traballadoras ultimamente en período de baixa laboral. Era prevesíbel porque a empresa busca o beneficio. Señores do PP  de verdade non se senten na necesidade de revisar se as empresas fan as cousas ben e dialogar coa empresa e as traballadoras? É a obriga do Goberno e faltoulles diálogo desde o comezo e para outros aspectos que se mencionan moción ben que reaccionaron. A incerteza que algúns viven agora foi o medo que as traballadoras do SAF sentiron tamén. Apoiaran portanto os pontos 4 e 8. 

Van rexeitar esta moción, porque poderían ser cinco ou sete. Este grupo de goberno fai seguimento da empresa e desde os Servizos Sociais chámase aos utentes cada certo tempo. Como se traga que de trinta persoas que están traballando haxa 24 de baixas? Ou como ten que marcharse unha coordinadora que sufriu acoso? Vostedes teñen información dunha persoa ou dúas, mais non toda a xente do SAF se comporta así. Non entende nada a esta xente, tan mal se trataban e queren volver ao Concello. A Coordinadora di que é insoportábel e dubida das atencións que lle fan ás persoas maiores dúas, ou tres ou catro. Cando hoube a greve e puñan pola atención polos nosos maiores, por que non se mobilizaron logo con elas? Estaban dez ou vinte e catro persoas de Chantada ben coñecidas. Varela di que se hai algunha movida no Centro de día as familias todas estarían ao pé do canón defendendo as traballadoras. Tamén poden vostedes falar coa empresa sen problema nengún. Vostedes contrastaron estas cousas que están dicindo? Falen con propriedade. Eles non van permitir que se maltrate aos nosos avós e pais. Son concelleiros, poden contrastar información e non vir con versións que poñen os pelos de ponta. Non se pode defender a todo o mundo igual, a quen anda por aí facendo o que non debe. Con respeito ao Consorcio di que desde o PP traen a súa moción e non lle importa ir xunto a Feijoo reclamar e que lle chegaron solicitudes ao Senado. Defende que no Centro de día sigan as persoas que están traballando alí para non mudarlle os coidados aos nosos maiores. Que a xente pase polos exames e aprobe para cumprir a normativa e acusa os sindicatos CIG, UXT e CCOO que foron os que meteron cizaña e teñen a razón porque hai fraude de lei.

Cándida defende que non é certo o que se di do SAF e que desde o comezo se tentou contar con elas e a resposta foi o insulto. Insultos que aínda a día de hoxe receben e nunca as deixaron de lado. Non se pode comparar o SAF co Consorcio, se lle ben unha empresa privada ela non lle ten medo.

Raquel tenta rebater e lembra que a baixa médica dáa un médico e houbo despido improcedente. Varela insiste en que como explica que de 30 persoas estean 24 de baixa? Non sabe que médico dá as baixas. Jisi di que non é normal, mais hai algo falla e se ten unha empresa e de 30 se lle poñen 24 de baixa algo falla e debería revisar que. Varela rise e Cándida di que mellor cala.

Fente fai fincapé en que non se falou de maltrato aos maiores, senón de direitos dos traballadores. Tanto as traballadoras do SAF canto as do Consorcio. Tamén hai que falar das obrigas, di o alcalde, e as obrigas? Efectivamente, contesta Fente, tamén hai obrigas, ora ben podendo haber casos como en calquera outro oficio… hai no Concello traballadores que traballan máis e que traballan menos, funcionarios que traballan máis e que traballan menos, concelleiros que traballan máis e que traballan menos… E profesores, interrompe Varela. Efectivamente, o meu gremio é coma os outros. Neste gremio concreto, as mulleres deben manexar pesos e co pesar do tempo destrózase a columna e hai veñen as baixas médicas, igual que as traballadoras das conserveiras aos cincuenta anos estaban desfeitas, que imos dicir que eran unhas nugallás? Non. Varela interrompe e que non imos entrar en máis historias porque non veñen a conto. Entón non fagamos demagoxia. Varela di que está suficientemente debatido o asunto. Entón digan se apoian os direitos de todas as traballadoras ou non. Imos votar a moción, vale?, insiste o alcalde.

A FAVOR: 6 (Por Chantada e PSOE)

EN CONTRA: 6 (PP)

O alcalde aplica o voto de calidade para desfacer o empate polo que a moción é rexeitada.

A favor.

10.-MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POR CHANTADA-CUP, PLARA DECLARAR ESPAZO NATURAL DE INTERESE LOCAL OS CACHÓNS DO ASMA E IMPULSAR MEDIDAS A PROL DA VEXETACIÓN RIPÍCOLA NOS TREITOS FLUVIAIS URBANOS DA PLANTACIÓN DE FROITEIRAS NOS ESPAZOS E PARQUES PÚBLICOS E DO IMPULSO DA CATALOGACIÓN DE ÁRBORES SENLLEIRAS. (EXP. GESTIONA 276/2021). [minuto 1:21:10]

Moción Por Chantada ENIL Cachóns do Asma_revista_signed

Fente dispóns os diferentes aspectos da moción de Por Chantada. O nexo de unión é a emerxencia climática e o Goberno estatal acaba de pronunciarse a prol da neutralidade carbónica. Tamén defenderamos aquí a moción polas estradas de coberta vexetal e logo veu o PACES, que non foi do noso agrade e sobre o que fixemos propostas. O interior galego está vivindo unha grande transformación: dunha banda, o incremento paulatino do turismo, que de non planificarse terá un impacto negativo sobre o territorio; e, doutro lado, un fenómeno de acaparamento de terras informal, aínda que crecente e proliferán as especies pirofitas e pérdese SAU, produción de alimentos e extensivo. Pola distribución da terra no noso país deberíase ir ao extensivo e á calidade. Os fundos da UE e a opacidade coa que se están xestionando lévannos a un panorama desalentador. Nas hortas das ribeiras do Asma pulamos na liña das declaracións internacionais que buscan a recuperación deses espazos. Faise referencia a Avelino Gómez Ledo e o seu texto sobre os Cachóns do Asma e ao POMF de San Fiz ao que Por Chantada alegou. Queremos pór na mesa un espazo esquecido e que cómpre pór en valor. O ideal sería incluílo no POMF para que o que prometen inversións asociadas: criar unha senda peonil e restaurar os muíños e a “Fábrica de Luz” do Evaristo, exemplo de patrimonio industrial, como o dos curtidos estudado por Claudio Otero e que algún día haberá que facerlle xustiza. Co ENIL habería un plano de conservación e o alcalde debería presionar a Xunta para a súa inclusión no POMF. Outro tema que conecta coas árbores son as árbores senlleiras, como o carballo de Paderne. Con seres vivos con centos de anos e existindo o catálogo de árbores senelleiras non se entende o desleixo do Concello de Chantada ao longo do tempo sobre esta cuestión. As árbores como dadoras de vida, como futuro, como combate á mudanza climática. A restauración dos elementos patrimoniais e dos Cachóns do Asma, que deben conservarse e darse a coñecer. Diversificar e mudar o enfoque de promoción turística, Chantada non só son as riberias e como porta da Ribeira Sacra debemos reter máis os visitantes e non ser lugar de paso mediante a difusión dos nosos valores. Atraer un turismo sustentábel e de calidade para preservar aqueles elementos que nos fan merecedores de atención desde toda Europa para que o turismo redunde positivamente e non deteriorando os elementos que nos fan merecedores de atención.

Difícil equilibrio entre contorna, territorio e economía. A sobrevivencia da viciñanza e o turismo. Os Cachóns do Asma paraxe privilexiada. A pergunta que se fai o PSOE é que protección achega o ENIL. Como reclamo e preferencia nas subvencións o único. Celebran que se mudara na moción a mención a unha lei derogada. Cuestionan as alegacións ao POMF, pois non está apresentado. Serían alegacións á avaliación ambiental estratéxica. Din que o artigo 29.6 requeriría a conformidade expresa dos proprietarios afectados. Cuestionan que Por Chantada coñeza a súa opinión. Solicitan que retiren a moción, pois estes procesos son complexos e habería que coñecer primeiro a opinión dos proprietarios.

Habería que falar coa Confederación Hidrográfica. Vai bastante por San Fiz e ve que as Ouvenzas fican abandonadas. Hai 20 anos todas traballadas e hoxe un manto verde. Defende as adegas contra o criterio da APLU. Van facer a rota por Vía Romana e  Nogueira, conservar e rozar ese vieiro. O futuro é complexo se a mocidade non se agarra ao medio rural e con gañas de traballar. Pídelle a Antom que dea exemplo que ten ribeira na casa. Están pondo cerdeiras. Conchi aclara que son decorativas e que van pór máis árbores froiteiras. Se retira a moción ben e se non votarán en contra.

No inicio do procedemento falaríase cos proprietarios, loxicamente. Habería que perguntarse, en todo caso, se as diferentes administracións cando aprobaron a declaración BIC ou a Reservade Biosfera para a Ribeira Sacra falaron con todos os proprietarios ou se fixeron unha exposición pública duns documentos que moitas veces a xente descoñece na súa forma e no seu contido. Varela interrompe para dicir que están traballando na parroqua de San Fiz e que se vai ben seguirán pola marxe direita do Asma, en San Pedro de Líncora. Pode ser un exemplo para toda a Ribeira Sacra o que fai a Xunta e o Concello de Chantada, un exemplo até coa cantidade de adegas que hai feitas, algunhas non van ter posibilidades de sobreviver que xa se falará no seu momento. Tamén cara Santiago da riba. Hai que atraer inversores, como o xogador do Real Madrid que mercou a ribeira do Rato. Falarlles de ecoloxía e de produtos típicos e saudábeis. Senón o futuro é negro. A lei de mobilización de terras agrarias tampouco notifica moito… xa veremos o resultado de todo isto. Dá maior protección o ENIL? Deulle máis protección o BIC ao mosteiro de San Salvador? Se as leis están no papel e non se aplican na práctica non dan resultado. Entendemos que os proprietarios gañarían cunha actuación global neste espazo. Canto ás árbores facemos fincapé nas marxes do río AsmaInsiste o alcalde que no río hai que ter permisos da Confederación. Fente lémbralle o traballo desenvolvido a este respeito por concellos como Allariz, cómpre ter vontade e moverse. Están actuando nunha zona do río Asma, o que non se poden é facer cargo do río inteiro. A moción non dí iso, só fala do tramo urbano. O POMF alegouse, efectivametne e achegamos propostas. Eles conseguiron coa súa alegación algunhas cousas e algunhas cousas de Por Chantada tamén se aceitan. Entendemos que un bo momento para aprobar a inclusión dos Cachóns no POMF sería este. Ao alcalde parécelle extemporáneo total. Fente pergúntalle cando será entón o momento. Dille que cando se aprobe. Desde Por Chantada lémbranlle que as inversións van xa indicadas na proposta actual. Deixe que se aprobe como patrimonio da Humanidade e a partir de aí comezarán a traballar, mais vostede siga co seu. Que remedio. Segue coa moción para adiante? Si.

A FAVOR: 2 (Por Chantada)

EN CONTRA: 6 (PP)

ABSTENCIÓN: 4 (PSOE)

Rexeitada.

11.- MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE CHANTADA SOBRE MOBILIDADE URBANA E TRANSPORTE PÚBLICO.- (EXP. GESTIONA 276/2021). [minuto 1:47:08]

Moción PSOE sobre mobilidade urbana e transporte público

Daniel, do grupo socialista, defende que hai un interese crecente da sociedade por máis e mellores espazos públicos, o que reforzou a pandemía da COVID-19. As carencias de Chantada teñen orixe na ausencia total de política urbanística: rúas sen solo para equipamentos públicos… se actuamos melloramos a vila para o futuro. Defenden unha senda peonil e ciclista na LU-533 e que pode facerse co Plano Move da Xunta. Tamén ampliar o paseo fluvial cara o mercado gandeiro, defendendo que é unha obra sinxela e arraxando luminarias, pavimento e mobiliario urbano. Xa viron que se acolleron ao Fondo de compensación ambiental para arranxar as luminarias e parécelles ben. Xa no pasado mandato debateuse nesta corporación sobre as liñas de transporte [mocións de Por Chantada que podedes consultar aquí, aquí e alegacións no tocante á comarca de Chantada que podedes ler aquí]. Coa COVID reducíronse frecuencias. Trouxeron moción sobre o tránsito urbano antes de pasar os 100 días de goberno e agora sintentizan aquela proposta solicitando un estudo de mobilidade e a ordenanza de circulación.

Das liñas xa falamos da CI e dos problemas de transporte e se certos servizos deben antender só á rendibilidade. Lembramos a nosa proposta de transporte baixo demanda para as contornas rurais, coma en Suíza e Euskadi. Da análise desta moción partillamos o mantemento do paseo fluvial, que levamos reclamando en varios plenos; o itineriario ciclista do ponto primeiro, que nos parece razoábel como se fai en tantos outros lugares; tamén, efectivamente, é moi necesaria unha reconsideración da mobilidade en toda a vila de Chantada, especialmente nas rúas Xoán XXIII e contiguas e Santa Ana. Eis o núcleo onde cómpre actuar coa maior celeridade. Porén non nos convence no primeiro ponto a referencia á senda peonil na LU-533 convécenos moito menos. Imos tentar explicar o porqué.

Habilitar un paseo a carón da estrada LU-533 entre o cemiterio e o cruce da estrada que sube a Adaúlfe ten varios inconvenientes:

  • É un traxecto en que os vehículos circulan a grande velocidade, pois non está limitada a velocidade a 50 km/h. por non ser núcleo urbano.

  • O tránsito inclúe todo tipo de vehículos, incluído os pesados, sendo habituais os camións que circulan por esta vía.

  • Nese traxecto encóntrase unha saída de camións dunha planta de formigón que, por certo, foi feita como foi feita.

  • Nunha parte dese traxecto está permitido a manobra de adiantamento, polo que o risco para os peóns vese incrementado.

Para alén do indicado habería que ir a un proceso longo dadas as competencias da Xunta para poder intervir nela e ter o visto bon dos enxeñeiros de estradas da Xunta e da Xefatura de Tráfico. Por iso, existen alternativas para que os veciños poidan ir camiñar sen pór en risco a súa saúde transitando por esta vía LU-533. O Concello podería incentivalas revisando e mantendo os camiños de ser necesario:

  • Pola parte de Merlán e San Fiz hai varios camiños paralelos a esta estrada que se poden transitar dende Chantada: dende Marín, subindo pola canteira do Carneiro cara Lamamarín ou ben cara Basán ou Pousada; desde Lamamarín pódese ir por Meixide Pequeno cara Meixide Grande e volver pola Cancela… ben directamente outra vez cara Lamamarín ou transitando a pista que leva até Fontes, para regresar por Lamamarín ou por Rolle, ou incluso directamente de Fontes a Basán.

  • Pola parte de San Pedro de Líncora hai alternativas tamén suficientes, sen necesidade de utilizar a LU-533 para camiñar. Neste caso habería que comezar a pensar en dar servizo aos veciños do Convento que carecen de beirarrúa desde A Ponte, tal e como leva exixindo a viciñanza. Sería mais lóxico habilitar un paso para peóns entre a Ponte e A Portada, tamén perigoso para os peóns, que daría servizo para os veciños ademais de dar tamén ás persoas que camiñan por ese lugar.

EMENDA in voce: suprimir “peonil” no ponto 1.

Esa zona non é perigosa. En 2001 a Consellaría de Política Territorial puña como inconveniente os enlaces. Chegar ás ribeiras é inviábel, habería que facer pasarelas sobre o Asma. Ao pasar o cemiterio non hai espazo até pasar a curva e a fábrica de formigón… habería que expropriar na estrada de Adaúlfe… Para ampliar até o mercado gandeiro dependemos da Confederación e habería que expropriar o chalé da familia de Madrid, pois esa zona é estreita e perigosa [non contemplan peonalizar o bairro da Ponte e pular por unha nova ponte como presionou Por Chantada e numerosas asociacións na lexislatura pasada]. Non se compromete a iso. As obras de mantemento non as comparte. Pode haber cousas pontoais, mais reparan o máis rápido posíbel. Canto ao tema de trasnportes houbo alegacións e está o transporte escolar. Para o interurbano difícil que se manteñan as liñas anteriores. As familias do estudantado quéixanse, mais logo non usan o servizo. Habería que xuntar 40 persoas, que o fagan os pais ou fágano desde a oposición. Non se compromete a iso. No tránsito agora hai que limitar a 30 a velocidade até 2024 e pedíronlle estudo á local. Cando se entregue pintarán as zonas. Rexeitan a moción porque xa están traballando nela.

Agradece o PSOE as achegas. Partilla con Antom o conceito de servizo público e que haberá que ir ao servizo baixo demanda. A respeito da LU-533 as que se fan co Plano Move van en plataforma diferenciada e nas zonas perigosas sempre protexidas. Ese camiño úsase máis que as alternativas formuladas desde Por Chantada porque é máis chairo para as persoas maiores.

[Abandona o pleno a interventora]

Continúa Daniel que hai solucións técnicas para o tema dos enlaces e podería entroncar cos Cachóns do Asma dos que falaba Antom. Jisi intervén para indicar que hai un camiño público ao pasar FP, dando a volta por baixo da ponte do río. Daniel di tamén que hai solucións técnicas para o mercado gandeiro e que non pode haber 9 expedientes de responsabilidade patrimonial por caídas. Varela di que hai quen se quere aproveitar das caídas. No transporte os lotes garanten a rendibilidade e o alcalde di que como debe ser. O estudo da policía local non é o mesmo que un estudo de mobilidade de verdade e serio. Cada vez imos a pior na vila e isto non é algo partidista.

O alcalde retruca que non fala cos viciños e cos turistas, pois alucinan con Chantada e marchan case chorando. Está fachendoso do seu concello e de Centulle. Se van falando así de Chantada é mellor que fiquen na casa. Daniel di que non tersiverxe as palabras, que está namorado do seu concello. Leve a xente á Alameda, a San Fiz… que lle leven a el aos visitantes que xa lles vende a moto.

A FAVOR: 4 (PSOE)

EN CONTRA: 6 (PP)

ABSTENCIÓN: 2  (Por Chantada)

Rexeitada.

12.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR A PROL DE PARALIZAR E DEIXAR SEN EFECTO A OPE APROBADA POLA XUNTA DE GALICIA NO QUE SE REFIRE AOS POSTOS DE TRABALLO DO CENTRO DE DÍA E A ESCOLA INFANTIL DO NOSO CONCELLO. (EXP. GESTIONA 276/2021). [minuto 2:14:00]

 Moción PP

Emenda PSOE á moción do PP

A cousa está clara é xa o debatimos na moción do… e nós imos apoiar isto con todo o empeño. Daranlle leña á propria Consellaría e son centros que non dan problema nengún. Queren somar esforzos desde Chantada con esta “declaración” e é un drama cambiarlle as coidadoras aos maiores. Estarían encantados de que se poda consolidar a maioría dos postos de traballo, mais complicado.

Falou coa concelleira afectada sobre a moción e a emenda desde o PSOE. Invoca o réxime incompatibilidades por interese persoal no asunto de dúas concelleiras, de acordo cos artigos 76 da LBRL, do 21 do ROF e . Pede que o aclare o secretario.

Cándida Carnero di que son dúas concelleiras, mais que só ela traballa en Chantada. O secretario accidental entende que só debería ausentarse a concelleira Cándida Carnero que é a que traballa en Chantada.

Entende a preocupación das concelleiras polo seu futuro laboral e lembra que 57 dos traballadores do Concello de Chantada son indefinidos e temporais. A Xunta tivo moitos anos para solucionar este ano através de oposicións libres e en igualdade de oportunidades. Por Chantad falaba na páxina 6 da súa moción de persoal a extinguir, mais ela acredita que fai referencia só a axencias públicas do Estado. Fala da viciada orixe da consecución dos postos e subliña que son as mulleres as máis castigadas polos problemas laborais. Defende que a moción puido vir redactada conxuntamente por PP e PSOE.

Con nós non houbo nengún diálogo previo sobre esta moción que non entemos a súa xustificación, pois non achega solucións [rexistramos o día 8 a nosa moción e o 13 esta]. Paralizar a OPE non é factíbel sen unha alternativa. Sobre a cuestión que invoca Raquel do persoal a extinguir entende Fente que co marco actual éo, mais en todo caso non é xurista. É unha vía a explorar e outra é defender unha OPE con máis prazas porque é unha forma de garantir que a maioría do persoal poida ter o seu posto. O principal é que non fique xente na rúa. Falouse antes de sindicatos, a CNT (precisamente unha das máis atinxidas polas expropriacións) está ao pé do canón. Por que non fala tamén do CSIC di o alcalde, só fala dos de esquerda. A moción busca quedar ben e non gardar un peso, mais non achega solucións. Como dixemos, no rascuño de convocatoria que vimos irase a unha oposición e logo concurso.aberá que ter aprobado 50% de cada parte (xeral e específica) e, amais, superarían o proceso unha cantidade de persoas bastante inferior ás traballadoras e traballadores en activo. Apenas as persoas aprobadas pasarían á fase de concurso e non se lle tería en conta a experiencia, xa que logo non é un proceso de consolidación o que vende a Xunta. Na nosa moción si que dabamos alternativas, como persoal a extinguir ou ampliar prazas na OPE sen deixar a ninguén atrás. Sobre o vicio de orixe nos postos de traballo, tan común nas administracións, a culpa non pode recaír en quen se presenta coas regras que as AAPP lle poñen en cada momento, mais sobre quen permite e incentiva esas prácticas, os responsábeis políticos. É a administración quen comete a fraude de lei.

Ten razón Antom, di Cándida Carnero. O de persoal a extinguir é unha das solucións e proceso de consolidación real e non esta oposición. Recoñece que non vén na moción. Non piden ser fixas pola cara e no 2007 o 90% aprobou un preoceso selectivo e contratáronas por obra e servizo e prolongouse 14 anos. Recoñece que a CNT está co picachón e conseguiu xa varias sentenzas en primeira instancia. Varela di que no 2007 houbo xente que quedou fixa, que foi o 10 ou o 15%. Non entende por que o resto non. Os 57 que dicía Raquel do Concello vén agora a relación de postos de traballo (RPT) ao mellor non somos capaces de asumilos.

Votación EMENDA PSOE:

A FAVOR: 9 (PP e PSOE)

ABSTENCIÓN: 2 (Por Chantada)

VOTACIÓN ASUNTO:

A FAVOR: 9 (PP e PSOE)

ABSTENCIÓN: 2 (Por Chantada)

Aprobada coa emenda do PSOE.

13.- MOCIÓNS E ASUNTOS DE URXENCIA. [minuto 2:30:15]

Manuel Varela defende que a acta da sesión plenaria do 30/7/2020 debe aprobarse porque non veu por un erro ao coincidir coa incorporación do novo secretario, Fernando, acumulado en Carballedo.

Fente di que se remitiu no día de hoxe polo que non puideron lela e debería deixarse para o seguinte pleno, pois non van votar algo que non puideron ler. Varela di que a van aprobar e se algúen ten algunha cousa que a diga despois [despois de aprobada non pode modificarse].

Votación da urxencia:

NON SE VOTOU A URXENCIA!

Votación acta:

A FAVOR: 10 (PP e PSOE)

EN CONTRA: 2 Por Chantada.

PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN:

14.- DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (DECRETOS 31/2021 A 206/2021).

15.- ROGOS E PREGUNTAS.

15.1.- Rogos e perguntas do grupo socialista. [minuto 2:31:30]

15.2.- ROGOS E PERGUNTAS DO GRUPO MUNICIPAL POR CHANTADA – CANDIDATURA DE UNIDADE POPULAR [minuto 3:21:27]

I.- Saúde pública e seguranza cidadá.
1.- Baños públicos Sangoñedo.
Por que se manteñen abertos ao público cando levan meses sen limpar e cal é a razón de que non se licite a súa limpeza se seguen abertos ao público nun estado de insalubridade total?
Asdeme e os rapaces do campo de fútbol encargábanse da limpeza e agora xa non poden facer iso. Vaia cidadáns temos tamén. Xa se están limpando agora novamente.
2.- Produtos químicos na rúa Xoán XXIII.
O 10 de marzo a empresa Viaqua desenvolveu unha limpeza na rúa Xoán XXIII.  Poden especificarnos que produto se empregou nesta limpeza e por que nos carteis que se puxeron na rúa non se especificou e se advertiu do seu uso, tal e como debe facerse cando se empregan produtos desta natureza? Non sabe, auga a presión con algo.
3.- Rogamos que o polbeiro que se sitúa por volta de Tras dos Fornos se reubique na zona peonil (Rúa do Comercio) por seguranza e para favorecer o tránsito.
4.- Escrito da Comunidade de Propietarios do edificio nº 115 da Avda. De Monforte reiterando solicitude de reparación de danos producidos por mor da caída dunha parede no baixo da citada edificación que atribúen a bolsas de auga procedentes do regato de Castropousada.
    • Emitiuse xa informe da Policia Local con reportaxe fotográfica e informe do arquitecto do servizo de urbanismo? Non sabe. Viu unha reportaxe da Comunidade. O técnico de urbanismo debería ter feito tamén o seu.
    • Que contemplan facer? ​O Concello non ten a culpa.
    • Contemplan algunha actuación en relación coas bolsas de auga procedentes do regato de Castropousada? ​Está na mao da Confederación Hidrográfica.
5.- Beirarrúas Avenida de Monforte.
Arraxáronse e deixáronse uns saíntes metálicos para colocar unha varanda que xa propiciaron varias caídas. Nen se sinalizou correctamente nen se tomaron as medidas oportunas. O valo fecha a finca contigua ou que obxecto ten? Co alumeado vese ben como se fose día non hai perigo.
6.- Sumidoiros.
É a enésima vez que formulamos o rogo para a limpeza dos sumidoiros na vila de Chantada. No anterior pleno díxosenos que estaban comezando e que ían vixiar, pois ben a vixilancia foi escasa porque fóra nunha rúa ou dúas segue todo igual. ​Pola Avenida de Lugo, Santa Ana e Ourense andiveron. Ensonoulle el mesmo fotos ao responsábel de Viaqua e se seguen así retiraránselle os 3.000€ que cobra a empresa por este servizo.
7.- Limpeza bairro Santa Mariña.
Rogamos novamente, coma no pleno pasado, que o servizo de limpeza chegue ao bairro da Santa Mariña ao ser igualmente núcleo urbano.
8.- Limpeza solares.
Moitos solares están sen limpar e o prazo para facelo aproxímase. Estase notificando axeitadamente? Emitiuse bandoCores informa de que se está notificando.
Na rúa do Parque existe un solar cheo de maleza, demandando a viciñanza xa por dúas veces a súa limpeza e segue sen limpar. Van adoptar medidas? (Cores) Hai dous, un limpo e o outro regular e pendente de notificar.
9.- Praza Santa Ana.
O firme está cada vez máis deteriorado ao ser unha actuación pensada para un espazo peonil que non suporta o tránsito de vehículos. Achamos que esta praza que progresivamente se destrouzou, aínda por riba a un elevado custo, require solucións e unha actuación que debe contemplarse no conxunto da reorganización do tránsito e humanización da nosa vila. Rogamos que arranxen o firme de Santa Ana e pensen nun proxecto e mostramos a nosa colaboración a tal efeito. Váiselle dar unha volta para que tire outro ano e logo aplicarlle formigón ou aglomerado en quente.
10.- Parque do mercado gandeiro.
Leva meses con cristais rotos e é un perigo para calquera neno polo deterioro dos seus elementos. A ubicación non se axeita nada para un parque e dado que non reúne as condicións mínimas de seguranza debería sinalizarse e fecharse ao público. (Conchi) Vaillo dicir ao servizo de limpeza e queren arranxar alí outra zona. Indica que os elementos do parque infantil están en perfeito estado e que non hai perigo.
II.- IGUALDADE.
11.- Por que non se nos convidou ao acto institucional do 8M desde o Goberno municipal? Non sabe, non leva isoRaquel aclara que ao PSOE si que lle chegou o convite.
12.- Polamiúda.
 O 8M a asociación local Polamiúda organizou unha manifestación que foi comunicada, en tempo e forma, á Subdelegación do Goberno e tamén ao Concello de Chantada, a pesar de non existir a obriga, especificando o percorrido exacto e detallado para desenvolvela en tres columnas e garantir a distancia de seguranza. O proprio 8M a asociación púxose en contacto coa Policía Local e co alcalde, informándoselle de que non previran nada e que cortarían o tránsito nun só carril, obrigando a desenvolver o acto en dúas columnas. Que explicación dan ao ocorrido? Chegou comunicación, mais se non metes antes de 24 horas escrito dáse por bo o comunicado… A policía local, por seguranza, aplicou un mellor criterio e a rapaza que falou comigo entendeuno. Logo, outra non. Hai xente que non entende nen quere entender e busca o conflito onde non o hai.
13.- Terceiro sector e Servizos Sociais.
Entidades como Caritas e O Recuncho Solidario están recebendo un volume crecente de persoas con necesidades, moitas derivadas desde os Servizos Sociais do proprio Concello. Rogamos, como xa lle transmitimos no documento de proposta para o Orzamento 2021, que reforcen as axudas ao terceiro sector. Hai que contrastar versións, hai cousas sen pés nen cabeza [en referencia a que o Concello deriva persoas a Caritas ou ao Recuncho, extremo negado pola concelleira de Servizos Sociais, Cándida Carnero, nunha pergunta anterior do grupo socialista sobre Caritas]. ​Aquí non é o lugar de dar nomes e apelidos, contesta Fente, mais está suficientemente contrastado.
III.- Medio ambiente.
14.- Rede Natura.
Por que non solicitaron as axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos para concellos incluídos na Rede Natura 2000 (fondos FEADER)3? Por exemplo, o concello viciño de Sober recibirá 20.000€ para eliminar especies invasoras. Diso que se encarguen Medio Rural e o Xaquín.
15.- SOGAMA.
Acolleuse o Concello de Chantada á bonificación no canon unitario para o tratamento de refugallos domésticos en 2021? O prazo remataba o 1/03/2021 e pagaríase 6,98€ menos por cada tonelada. NonCores intervén para indicar que existe acordo plenario de hai dous anos, mais que non é tan rendíbel como parece.
IV.- SUBVENCIÓNS.
16.- Perda de 20.000€ no Plano Único 2017.
O 26 de xaneiro celebrouse un pleno da Deputación de Lugo onde se deu a coñecer que o Concello de Chantada perdeu o direito ao cobro de 20.000€ do Plano Único 2017 [Ponte de Vilameá en Argozón]. Deixando de parte o lamentábel feito de que a Deputación pague os fondos aos concellos con tanto atraso, poden dar a súa versión sobre este feito? Foi unha obra para a que non chegou a tempo o informe sectoria da Confederación Hidrográfica, que agora si que xa está. ​Fente retruca se se pediu coa debida antelación ou a última hora.  (Diego Otero) Pedírono no 2018 e chegou no 2019.
17.- Acolléronse as subvencións destinadas a criazón ou mellora de infraestruturas da Xunta? [Orde do 5 de marzo, DOG 8/3/2021, (código de procedemento MT300A)Plano Marco, xa están previstas a de Bermún e a de Río Pedroso ao Romeo, ambas con aglomerado.
V.- MEDIO RURAL.
18.- A Sariña.
Rexistramos solicitude nos pasados días sobre o afundimento de parte da estrada que une Soutariz con Pincelo na parroquia da Sariña. Rogamos que se arranxe inmediatamente ou se corte ao tránsito, pois, como lle fixemos chegar por rexistro, representa un perigo serio ao descoñecerse a solidez do firme restante. É da Deputación. A eles díxollo un viciño de Portotide e chamou o capataz da Deputación.
VI.- SENTENZAS E CUESTIÓNS XURÍDICAS.
19.- Responsabilidade patrimonial.
No Decreto 175/2021, de 17 de marzo, figura o pago da sentenza  do procedemento abreviado 93/2020 do Xulgado Contencioso Administrativo N. 1 de Lugo de data 4 de febreiro de 2.021 que falla estimar a solicitude de María Reyes Blanco Calvo fronte ao Concello de Chantada e condena a este ao pago dunha indemnización por responsabilidade patrimonial por importe de 4.582,86 € mais os xuros legais devengados desde o 3/05/2019. Poden explicar isto? Foi por unha caída [por non tramitarse o expediente de responsabilidade patrimonial o que trouxo consigo que agora se tramitaran varios pendentes].
VII.- Administración.
20.- Tratamento de dados.
O Decreto 119/2021 de 23 de febreiro formaliza un contrato menor de case 18.000 euros para o tratamento arquivístico dos dados municipais (arquivo municipal). Entendemos que o procedente sería integrar no Gestiona o arquivo da información en formato dixital.
Cores entende que ao ser unha base de dados é viábel.
21.- PERGUNTA ESCRITA SANTA MARIÑA
Os postes son de Naturgy. (Diego) Son de Fenosa. (Varela) Non, de Telefónica e de Naturgy e deben retiralos. Os bordes aínda levarán aglomerado en quente. El non é arquitecto, encarga os proxectos e se hai dúbidas pergunta.  A oposición debería agardar a que rematen as obras e se hai defeitos indicalo, pois aínda faltan 5 centímetros de algomerado en quente.

Resumo do Pleno ordinario de novembro de 2019 [Audio]

 

 

Asistiron 11 concelleiros, ausentándose Manuel Diéguez do PP e María Varela do PSOE. Tamén asistiron a secretaria, a interventora e un funcionario. O Pleno comezou ás 9:35 horas e finalizou ás 12:36 horas. Como público, só asistiron dúas persoas e non houbo presenza da imprensa.

 

Audio do Pleno: https://drive.google.com/open?id=1nts08qOgZ1Ee5yRLHGh7i-5K3Xm_OAVI

 

1.- Actas anteriores, correspondentes ás sesións: Ordinaria do día 03/10/2019, extraordinario de 17/10/2019, extraordinarias urxentes dos días 21/10/2019, 29/10/2019 e 04/11/2019 (sorteo mesas). [Audio min. 0-3]

Acta PLENO ordinario 3_10_2019

O resumo da sesión do 3/10/2019 pode escoitarse premendo na seguinte ligazón: resumo pleno ordinario outubro 2019.

 

Neste ponto, desde Por Chantada salientamos que nos parecía excesivo e, sen correspondencia noutros concellos, celebrar 3 plenos polo sorteo das mesas eleitorais. O noso voceiro propuxo que non se cobrasen os plenos dos sorteos eleitorais e, após un pequeno debate, decidiuse que non se cobrarían os dous extraordinarios urxentes convocados por este motivo.

 

 

2.- Modificación ordenanza fiscal da taxa pola rede de sumidoiros e a taxa pola subministración de auga (G-1123/2019). [Audio min. 3-14:04]

PROPOSTA IPC  REDE SUMIDOIROS-SUBMINISTRACIÓN AUGA

FISCALIZACION DE INTERVENCION 2019-0117 [INFORME ACTUALIZACION IPC

Informe_INFORME XURÍDICO

Escrito Viaqua

 

Subirá, portanto, 0.5 conforme ao IPC. Contrasta que esta ordenanza sempre se actualice co desleixo que se ten coas demais. A empresa, que vendeu auga ilegalmente e sen contador, segue facendo o que quere e a intervención municipal xa solicitou dúas veces por escrito unha auditoría externa que o alcalde segue sen facer.

 

A favor: 6 (PP). En contra: 0. Abstencións: 5 (CUP e PSOE).

 

3.- Suplemento de crédito 05/2019 por importe de 80.719,97€ (expediente G.-1021/2019). [Audio min. 14:20-21:53]

Reclamación Por Chantada-CUP SC 5_2019

INFORME ALEGACIÓNS AO SUPLEMENTO CREDITO 05/2019

PROPOSTA ALEGACIÓN DO SUPLEMENTO CREDITO 05/2019

O 29/11/2019 xa se publicou no BOP a aprobación defintiva. Son múltiplas actuacións feitas en período eleitoral, sen dispor de crédito e contravindo tamén a LCSP no tocante aos contratos menores. Os argumentos do alcalde merecen ser escoitados, esta convencidísimo de quen non hai quen lles gañe e se gastando isto conseguen nas próximas a maioría estaría orgulloso e son uns “fenómenos”.

Un proceder que xa se desenvolveu en 2015, daquela con máis de 650.000€, aos que cómpre somar agora por volta de 150.000€ dunha sentenza xudicial en conceito de xuros de demora cando, de facerlle caso á interventora, terían que ter abonado 400.000 e non 600.000€. Claro que son cartos de todos e así paga calquera.

 

(Votábase rexeitar a alegación de Por Chantada-CUP ao Suplemento 5/2019): a favor 6 (PP). En contra: 5 (CUP e PSOE). Abstencións: 0.

 

 

4.- Modificación horarios sesións plenarias. [Audio min. 22:03-31:10]

PROPOSTA ALCALDÍA MODIFICACIÓN HORARIOS CONVOCATORIA PLENO.doc

DECRETO 2019-0541 [DECRETO modificación horario Xunta de Goberno Local.doc]

Emendas de Por Chantada ao ponto 2 da Comisión Informativa de Réxime Interior de 25 de novembro

 

O PSOE tamén apresentou unha emenda antes xusto de iniciar o Pleno, que non podemos pór ao entregársenos en papel. En todo caso tampouco foi aceite. Por Chantada demandaba que os plenos fosen o venres ás 20 horas. O alcalde dixo que a súa proposta era innegociábel e que se facía para atender a dous compañeiros seus que traballan na empresa privada e non na pública, que eses non teñen problema (en alusións a algúns integrantes da oposición).

 

Votación emenda Por Chantada-CUP (mudanza día Pleno de xoves a venres): a favor 2 (CUP), abstención 2 (PSOE) e en contra 6 (PP).

Votación emenda PSOE (mudanza comisións informativas para a tarde): a favor 5 (PSOE e CUP), abtencións 0 e en contra: 6 (PP).

Votación proposta PP (mudanza horario Pleno das 9:30 para as 20:00 horas): a favor 6 (PP), abstención: 3 (PSOE) e en contra 2 (CUP).

 

 

5- Moción grupo municipal Por Chantada-CUP para a adopción de medidas a prol da igualdade. [Audio min. 31:39-44:03]

Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP para a adopción de medidas a prol da igualdade_signed

A favor: 5 (CUP e PSOE). En contra: 6 (PP).

6.- Moción de Por Chantada-CUP sobre a adopción de medidas necesarias na escola infantil e para ampliación das prazas públicas. [Audio min. 44:10-1:04:4]

Moción de Por Chantada-CUP sobre adopción de medidas necesarias na Escola Infantil e para ampliación das prazas públicas

A favor: 5 (CUP e PSOE). En contra: 6 (PP).

7.- Moción que apresenta do grupo municipal socialista do Concello de Chantada sobre transparencia e bo goberno. [Audio min. 1:04:12-1:27:27]

Moción PSG-PSOE sobre transparencia e bo goberno.

A favor: 5 (CUP e PSOE). En contra: 6 (PP).

 

 

8.- Moción do grupo municipal socialista do Concello de Chantada sobre o subministro eléctrico no polígono dos Acivros. [Audio min. 1:28:00-1:49:30]

Moción PSG-PSOE sobre o subministro eléctrico no polígono industrial dos acivros.

O PP culpa á Deputación e o PSOE á Consellaría de Industria, centrando nisto o debate. Sae tamén a problemática dun gandeiro de Camporramiro. Por Chantada propón que se mude o acordo para exixir á Xunta e á Deputación á resolución do problema. Non se acepta.

A favor: 5 (CUP e PSOE). En contra: 6 (PP).

9.- Mocións e asuntos de urxencia.

Non se produciron.

10.- Dación de conta de resolucións da alcaldía.

11.- Dación de conta do acordo de incorporación en conxunto dos funcionarios que perciben asistencia sanitaria por ADESLAS ao Réxime Xeral da Seguridade Social.

Este asunto non debería figurar na orde do día do Pleno, si na comisión informativa. O que debería figurar é a mudanza de horario das Xuntas de Goberno Local (XGL).

12.- Dación de conta de informe de control financeiro de acordo co Plan anual financeiro para o exercicio 2018. [2:20:25-2:22:00]

FISCALIZACION DE INTERVENCION 2019-0089 [CONTROL FINANCIERO PROVISIONAL 2018]

Precioso o documento. Non deixa títere con cabeza e revela máis unha vez a súa deficiente xestión, con aspectos gravísimos. Paga a pena lelo. Aclarámoslle ao alcalde que a interventora xa pediu auditoria externa sobre a empresa dúas veces. Tamén que moitas ordenanzas actuais, que xa están feitas, non se actualizan nen se aplican.

13.- Dación de conta da resolución da alcaldía pola que se aproba o Plano de Igualdade entre Mulleres e homes do Concello de Chantada. Expediente 1132/2019. [2:22:00-2:23:22]

III PIan Igualdade_Concello de Chantada

Valoración e emendas de Por Chantada-CUP ao III PIOM

II Plan_Igualdade_de_Oportunidades_Chantada

Propostas Actividades Plan de Igualdade de Chantada

Por Decreto 515/2019 de 8 de novembro (exp. 1145/2019) aprobaron F/2019/33, correspondente á elaboración do III PIOM por importe de 4.495,15€. O compromiso de ingreso efectuado polo Instituto da Muller e para a igualdade de oportunidades e a FEMP, para o Plan de Igualdade ten un por importe de 3.703,00 €. Puxo o Concello os 792,15€ de diferenza? Si. Cuestionamos tamén que se afirme que se cumpriu 70% do II PIOM.

14.- ROGOS E PREGUNTAS.

14.1.- Preguntas PSOE. [Audio min. 1:50:00-2:20:26]

14.2.- Rogos e perguntas Por Chantada-CUP.

0.- Perguntas por escrito Pleno outubro. [2:23:23-2:24:00 + 2:52:56-3:01:06]

PREGUNTAS DE POR CHANTADA-CUP por escrito para o Pleno ordinario de setembro 2019_signed Foron presentadas conforme ao ROF e deberían terse respondido xa no outro Pleno.

1.- Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se regulan os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas da Galiza. [2:24:00-2:24:50]

Analizaron o novo Decreto da Xunta e como pode impactar na xestión da piscina? Responde Diego Otero (PP) indicando que está en estudo e que no site de Sanidade hai novos protocolos. Xa está feito o das piscinas interiores e con revisión da inspección de sanidade.

2.-Consello escolar CEIP de Requeixo. [2:24:50-2:28:25]

A quinta-feira 7 de novembro celebrouse Consello escolar no CEIP Xoán de Requeixo, para aprobar o seu Plano Xeral Anual (PXA). Novamente, ninguén do Goberno se dignou en aparecer e iso, que no pasado Pleno ordinario, trouxemos a cuestión do IES Lama das Quendas, onde levan anos sen aparecer. [Panela indica que se disculpou]

Na páxina 55 do devandito documento hai unha referencia a unha obra de accesibilidade na escola non desenvolvida polo Concello. Concretamente dise:

Neste curso, creouse unha unidade específica de educación especial, resaltar que aínda que contamos con todos os recursos, tanto humanos como materiais, a aula non está funcionado, debido a que non hai acceso a ela debido ás barreiras arquitectónicas existentes. Era un compromiso do Concello eliminalas durante este verán, pero seguimos á espera. A dirección do centro fixo todas as xestións que estaban na súa man, pero non se conseguiu nada ata o momento. A Xefatura Territorial é coñecedora deste problema, xunto con Inspección e unidade técnica (enviouse un escrito solicitando se solventase o problema con data 1 de outubro de 2019).

Poden explicar por que é que non se desenvolveu esta actuación e cando teñen pensado pórlle remedio a esta deficiencia? [Varela di que non é competencia municipal e que o farán, en todo caso no Nadal]

Agora, o Consello Escolar, por unanimidade, aprobou unha queixa ao Concello dado o incumprimento continuado de diferentes intervencións de mantemento e outras de accesibilidade (RE-08/11/2019). Xa o 19/04/2019 remitiuse desde a Dirección escrito ao Concello solicitando unha rampla que dese acceso ao edificio antigo do colexio, onde se localiza a xa mencionada unidade de educación especial, para pícaros con NEAE, algúns deles con mobilidade reducida. Deron compromiso verbal, como fan sempre, mais aínda non fixeron nada e a aula está inutilizada por este motivo.

As demandas urxentes do CEIP son:

  • Rampla de acceso para a unidade de educación especial coa que se comprometeron, mais segue sen facerse.

  • Inspección das instalacións eléctricas, pois o inspector da Consellaría de Industria dixo que tiñan que ser feitas inminentemente, xa que caducou a data límite para facer a revisión por parte do Concello e segue a velas vir. [Varela di que xa está pedida]

  • Limpeza das baixantes dos diferentes edificios, pois está entrando auga no comedor. [Varela di que iso é da Consellaría e que parece que as direccións teñen medo a chama á Delegación e que procuran aforrarlle os cartos]

  • Solventar as deficiencias na limpeza dos patios, nomeadamente a segunda-feira polos restos que fican da fin de semana. Este ano, na véspera de comezar o curso aínda estaba o patio sen limpar, con árbores caídas e o céspede sen rematar de cortar. [Varela nega a maior e nega isto]

  • Reposición de azulexos caídos e mantemento variado.

  • Retirada de pintadas existentes nos diferentes edificios.

  • Modificación no muro situado entre o edificio principal e o comedor.

En definitiva, que o Concello deixe a un lado o seu proverbial desleixo e o abandono total das súas responsabilidades e atenda ás necesidades dos cidadáns e do ensino público.

 

3.- Fosa séptica en Nogueira. [2:28:26-2:28:44]

Hai meses solicitamos mediante un rogo que se baleirase a fosa séptica de Nogueira, o cal se fixo, mais esta apresenta importantes fugas polos laños e fisuras coas que conta, expondo a cheiros e vertidos incontrolados as inmediacións.

Rogamos máis unha vez que se proceda, o antes posíbel, á súa reparación.

 

4.- Robaliza comunicación. [2:28:44-2:28:57]

Desde a pasada lexislatura as RRSS do Concello de Chantada están xestionadas por Robaliza Comunicación. Segundo este grupo ten entendido, a empresa acumula impagos nos últimos seis meses. Que explicación dan desde o Goberno a este atraso? [Pamela di que non é certo. Ao rematar o Pleno Pamela acláranos que había unha factura mal por parte da empresa e que xa foron abonadas algunhas delas.]

 

5.- Pista Pincelo. [2:29:03-2:29:13]

A pista de Pincelo indicámoslle no pasado Pleno que estaba con madeira caída e comunicóusenos que fora retirada. Para a nosa sorpresa comprobamos aínda o 19 de novembro, que isto non é así, e que os problemas sinalados persisten dous meses despois. Rogamos novamente que o Concello actúe.

 

6.- Pistas Caíbe e Vilardamos. [2:29:14-2:30:00]

Esta pista precisa ser arranxada con urxencia. Rogamos se faga canto for posíbel.

Tamén vimos que a pavimentación do núcleo de Vilardamos foi adxudicado a Construcións Voces por importe de 25.410€. Cando van comezar estas obras que xa se contemplaban no Plano Único da Deputación e que parte achega o Concello? [Varela indica que a Deputación achega o 100% do financiamento e que ao Concello non lle custa nada e que, canto ao inicio da obra que depende agora da empresa]

 

7.- Rúa do parque. [2:30:00-2:32:39]

Transmitimos queixa viciñal para a mellora da Rúa do parque, entre Santa Ana e o Campo da Feira Vello, que eviten o aparcamento indebido e en relación cos bolardos.

En xeral, a ordenación do tránsito urbano, primeiro ponto do programa eleitoral do PP nas pasadas municipais, segue igual que estaba. Que accións contemplan neste eido? [Varela nega que haxa problemas e que só se queixa unha viciña. Cruz lémbralle escritos da comunidade de viciños á que pertence, xa hai tres anos. Varela di que se chame á policia local]

 

8.- Biblioteca. [2:32:40-2:33:12]

Rogamos, desde este grupo municipal, que se recupere o horario de apertura en fin de semana da Biblioteca. Por que se suprimiu? [Falta de persoal, indica o alcalde]

Que xestións se fixeron para a consecución da nova biblioteca desde o Goberno? [Non hai novidades, pendentes da compra duns edificios]

9.- Alumeado público. [2:33:15-2:35:08]

Temos reiterado en varias ocasións que o alumeado público precisa dunha revisión e optimización, para alén de apostar polas lámpadas de poupanza enerxética e de mellora da eficiencia. Rogamos o arranxo do alumeado nocturno do paseo fluvial, concretamente no treito que vai dende a Ponte Peonil (altura da piscina municipal) ata a Alameda, que neste momento é inexistente e xa se acumulan varias caídas pola falta de visibilidade. [Varela di que está reposto agora. Falta unha marxe por arranxar, a direita. Di que se van gastar 198.000€ para aforro enerxético e que son independentes dos 46.000€ que se investiron en Uxío Novoneyra coa empresa Rabelas e que suporán 70% de aforro, financiándose co fondo de compensación]

 

10.- Casa da música. [2:35:08-2:35:46]

Recentemente, como consecuencia dunha caída dado o esvaradío da superficie, tivo que ser trasladada unha persoa en ambulancia. É un tema que traemos todos os invernos e segue sen solventarse. O Goberno apenas colocou un balado de obra que non solventa ren. Rogamos se feche con garantías o teito da Casa da música entre os meses de outubro e abril.

 

11.- Pista de padel. [2:35:47-2:37:17]

Falando de teitos, a coberta da pista de padel que custou 41.932€ (dos cales o Concello achegou 2.046,64€ e o resto a Deputación através do Plano Único 2018) e leva pouco feita semella que non está cumprindo axeitadamente a súa función e a auga segue penetrando.

  • Contemplan solucións? [Varela di que de momento non. Diego di que é eficiente e que non hai problemas. Diego di que o proxecto foi feito polo arquitecto e o técnico deportivo. Algo sempre entra cando fai vento. Varela di que non xoguen cando fai mal tempo, que aínda quererán ar acondicionado no verao. Hai necesidades máis urxentes]

 

12.- Rúa Rosalía de Castro. [2:37:18-2:38:26]

Cimentouse a parte da beirarrúa que caiu, mais deixáronse os balados de obras do Concello que están ciscados e dan unha imaxe lamentábel. Rogamos a súa retirada e que, no sucesivo, se fagan mellor estas actuacións. [Foi unha rotura. Vaise arranxar cando non chova con formigón impreso]

 

13.- Piscinas. [2:38:27-2:41:36]

Hai lixo e neveiras fóra e dentro do cuarto das piscinas de fóra, xunto aos baños, comida apodrecendo que ficou da Wolf race, cando temos un banco de alimentos e xa pasou o mesmo no pasado ano. Nas duchas ficou todo cheo de bulleiro, tendo que limpar o servizo municipal. Xunto ao río ficaron garrafas de auga de plástico, que remataron no curso fluvial. Desa mesma carreira ficaron varios outros elementos sen retirar. Cal é o motivo deste proceder? [Varela di que haberá que darlle un tirón de orellas á asociación e retirarlle a axuda se volven reincidir]

Na beira de fóra afundírase o terreo e non funciona a depuradora, mais aí colocouse unha lanzadeira que pesa e segue sen recoller. Rogamos que se recolla. [Diego que ficará aí para o ano pasado. Indica que as garrafas de auga se recolleron ao día seguinte]

Nas piscinas de dentro a ventilación non funciona e a condensación está derramando a madeira do vestíbulo. Rogamos que se arranxe. [Diego di que só leva 3 meses así e que se vai arranxar]

Cal é o motivo polo que a cafetaría leva meses fechada e non se licita? [Esta fechada, de momento non se vai licitar]

 

14.- Fincas expropiadas. [2:41:37-2:44:44]

Vemos que pagaron a expropiación dunha finca por tras do IES Val do Asma por valor de 89.657,38€. Que uso lle teñen contemplado dar? [Varela di que, se callar, para horta escolaar, como no grupo escolar de arriba]

Tamén na rúa Pardo Bazán, por importe de 28.411,27‬€, cal vai ser o seu destino? [Tratar comprar as fincas colindantes para facer un parque]

 

15.- Sentenza 254/2019 (120.140,43€ en xuros de demora). [2:44:45-2:46:10]

A sentenza estimatoria do xulgado Contencioso-administrativo nº1 de Lugo, de data 27/09/2019, con número 00254/2019, que ten o carácter de firme, dá dez días para a súa execución solicitando o Concello unha moratoria para facer o pago através do Orzamento de 2020. Trátase de 120.140,43€ en xuros de demora.

A que fai referencia exactamente a sentenza?

Cando teñen previsto traer a Pleno o Orzamento de 2020?

[Varela di que agora quere todo papeis, que non se fía das palabras. Que é para indemnizar a empresa FEVISA polas obras de 2015. Fente mostra a indignación que lle produce ter gasto en período eleitoral e sen crédito máis de 640.000€, a pesar de que a interventora defendía que eran pouco máis de 400.000€ o que lles correspondía a Fevisa e Oviga. Agora isto. O orzamento contemplan que veña xa en decembro se se poñen xa a traballar nel]

16.- Terrazas. [2:46:11-:2:47:14]

Volvemos facer o rogo para que se desenvolva unha ordenanza actualizada e axeitada ás nosas necesidades para as terrazas e a ocupación do espazo público. Vimos o Decreto 488/2019, de 29 de outubro polo que se dá a coñecer que no 2019 se recaudaron 5.335,60€ por este concepto, por volta de 2.000€ máis que na anualidade pasada. [Varela di que é urxente revisar o que se cobra, que é axudar demais]

17.- Reparos e omisións de fiscalización.

Non se están enviando. Lembramos un informe do anterior secretario, Baños, a instancias do noso grupo sobre este asunto. Se non se remite pedirémolos por escrito mes a mes, co cal é pior para todos e todas.

 

18.-Pronor Chantada S.L. [2:47:15-2:48:02]

Mediante Decreto 509/2019, de 7 de novembro de 2019 o Concello de Chantada encomenda a defesa xurídica do procedemento a José Antonio Carnero Blanco e non ao Servizo da Deputación de Lugo, como vén sendo habitual. Cal é o motivo? [A Deputación estalle perdendo todos os xuízos, non lles convence]

Coidamos que non é procedente que o Goberno contrate a persoas relacionadas por parentesco directo, xa que incumpre as disposicións legais. [O PP di que se consultaron e que non hai problema]

19.- Luces Nadal. [2:48:03-2:49:01]

Canto se vai gastar? [Varela di que coma o ano pasado, sobre 12.000€]

20.- Pregos privatización SAF. [2:49:02-2:50:10]

Aprobáronse? [Están niso, afirma o alcalde] Cando se van aprobar? [Virán a Pleno] Que vai pasar coas 15 traballadoras que rematarán contrato a 31/12/2019? [Indican que todas, que a ver se son capaces de anotarse á bolascurioso cando sacan unha bolsa de emprego e nen eles saben realmente que van facer-] Como se conxuga a privatización, cunha bolsa de emprego en marcha e cunha empresa externa funcionando? [O alcalde di que vai para largo, que se privatizará en maio ou máis adiante, non en xaneiro]

21.- Capela do Faro. [2:50:11-2:50:26]

Que xestións fixo o Concello perante a falla de licenza? [O presidente da Corporación unicamente sinala que se encamiñou un informe a Cultura, a petición desta Consellaría]

22.- Níveis elevadísimos de gas radon na casa do concello. [2:50:36-2:52:53]

Inquerimos se lembraban como se riran de nós cando apresentaramos a Moción de Por Chantada-CUP para impulsar un estudo sobre a incidencia do cancro no Concello de Chantada e a adopción de medidas preventivas fronte esta doenza. [Varela di que non é risa e que ninguén se riu da moción. Fente lémbralle a acta correspondente. Di que o van arranxar cuns ventiladores].

Sobre isto deixamos algúns materiais a maiores do exposto no seu día sobre a relación entre altas taxas de radon e o incremento exponencial do cancro, nomeadamente de pulmón:

4.6_WEB

ICRP_Publication_103-Annals_of_the_ICRP_37

Radon_gas_in_homes_increases_lung_cancer_risk