Resumo pleno ordinario 26 de xaneiro de 2023 [audio e vídeo]

 

Asistiron os 13 concelleiros, a interventora, o secretario accidental e o conserxe. Só unha persoa asistiu como público, mais era empregada do concello, comezando ás 20:05 horas.

 

Logo 2

 

AUDIO DO PLENO COMPLETO: https://drive.google.com/file/d/1EMxDAnV9x7Rg4M0uS4Qp6LHIYcsTSrJP/view?usp=share_link

 

 

 

DOCUMENTACIÓN E POSICIÓNS DE POR CHANTADA – INTERIOR GALEGO VIVO NO PLENO

1.- Aprobación da acta da sesión anterior correspondente ao 1 de decembro de 2023.

Resumo, audio e vídeo explicativo aquí: https://porchantada.wordpress.com/2023/01/25/resumo-pleno-ordinario-1-de-decembro-de-2023-audio-e-video/

Acta oficial: Acta_pleno_011222

Solicitamos que ser inclúa a xustificación de motivos das mocións, xa que consideramos que son cuestións importantes.

 

2.- Modificación Orzamentaria 05/2023.-Suplemento de Crédito 01/2023.-G069/2023.

APROBACION SC_1_2023

INFORMES DE INTERVENCION 2023-0004 [SC012023]

Non coñecemos aínda hoxe os proxectos e os investimentos que hai por detrás deste SC 1/2023 polo que se nos pide asinar un cheque en branco. O artigo 37.2 do RD 500/1990 indica que «a.- O carácter específico e determinado do gasto a realizar e a imposibilidade de demoralo a exercicios posteriores». Porén no expediente, e tampouco na CI, non se xustificou expresamente que proxectos se engloban no SC, nen se identificou a necesidade e onde se encontra fisicamente, é dicir, se é para financiamento de obras debería haber xa proxecto ou, cando menos, memoria valorada.

Por outro lado, como xa dixemos na CI vénse en ano eleitoral cun SC con cargo a RTGX de máis dun millón de euros despois de anualidades cunha execución orzamentar moi baixa, nomeadamente, no capítulo VI de investimentos.

O informe de intervención sinala con claridade, aínda que non fai os cálculos aproximados como si se facía con anterioridade e botamos de menos informe sobre a estabilidade orzamentar, que suporá romper coa regra de gasto o que pode ter incidencia no exercicio de 2024 cando se restauren as regras fiscais podendo levar a un Plano económico financeiro (PEF). O noso grupo quere subliñar que xa no exercicio 2021 se incumpriu coa estabilidade orzamentar cunha necesidade de financiamento por importe de 199.761,13€, seguramente pola desleixo total no controlo de execución de ingresos e gastos por parte do Goberno e polo emprego do RTGX. Imaxínense cal vai ser o grado de incumprimento cando en 2024 retorne o corsé da ortodoxia fiscal e a hipoteca que suporá para o período de goberno 2023-2027. Incúmprese o principio de prudencia financeira e, de feito, a intervención municipal lémbralles «a obriga de prudencia e responsabilidade na xestión financeira», se é que len os informes que teño dúbidas.

Se este millón é, fundamentalmente, para arranxar pistas, deberían ter feito máis durante toda a lexislatura (e nas lexislaturas pasadas pois leva 24 anos gobernando) e non agardar, coma os malos alumnos, ao último momento para regar a campaña con cimento.

Estamos a favor de arranxar as infraestruturas e de dotar de servizos a viciñanza, mais non destas formas de facer política onde os investimentos só existen cada catro anos como se a viciñanza fose parva.

 

APROBADO cos votos a favor do PP (7), os votos en contra de Por Chantada (2) e a abstención do PSOE (4).

 

3.- Proxecto orzamentario 2023.-G1278/2022.

Orzamentos 2023 [documentación]

Este ano o Concello recebe 10% máis de recursos pola elevación na Participación dos Tributos do Estado, os fundos PERTE mais o aumento substancial das contribucións da Xunta da Galiza que se acordou de Chantada algo máis niste 2023, aínda que sexa porque hai cita coas urnas.

No 2021 RTGX de 959.369,83€ e desde o 2019 as execucións do orzamento están moi lonxe de cifras normais, polo que fican moitos créditos sen gastar que se suman ao remanente de exercicios anteriores.

Portanto, hai máis fundos ca nunca, en parte porque se agardou até este ano para gastar e executar en investimentos (decisión política) e en parte polo contexto de crise financeira que comeza coa pandemía da COVID-19 e se espalla até a previsíbel recesión diste ano, preludio no entanto dunha coxuntura ben máis adversa a partir do ano 2024 coas subas da taxa de xuro para blindar os especuladores do BCE e polo retorno ás regras fiscais. Está todo calmo, mais é a calma do ollo do furacán.

Nesta tesitura de chegarmos cos deberes feitos (o cemento ben empregado no seu momento e non parches ou crónico desleixo de pistas) poderiamos estar falando de investimentos estratéxicos e de anteciparnos ao cenario complexo que deberemos enfrontar co agravante da perda poboacional (2023 será o último ano en que estaremos por riba dos 8000 habitantes). Porén, nada diso, pois en 24 anos de goberno a maioría dos núcleos de poboación teñen os accesos machacados.

2023 podería ser o ano da esperanza e da ilusión impulsando políticas novidosas, mais vai ser o ano do cimento, que en retrospectiva non é pouco tamaña é a miseria que arrastramos desde hai décadas cun medio rural sen rede de sumidoiro, traída de auga pública ou recollida selectiva de lixo; e cunha vila hostil para peóns e persoas con discapacidade, onde o tránsito é totalmente caótico e onde o urbanismo se caracteriza pola lei da selva.

A maiores, no tocante ao persoal, non se pode desligar o orzamento da RPT e esta deixa moito que desexar. Faltan prazas que se precisan (e moito) e falta maior dotación económica para que haxa xustiza na retribución de todo o persoal e igualdade.

Nas subvencións o terceiro sector sae trasquilado. Caritas cun alude de peticións segue con 3000 euros cando o ano pasado falaban de subir a 6000 euros, Cruz Vermella 500 euros e o Recuncho Solidario 0 euros. O fundo de emerxencia social dótase con 45.000 euros, mais no 2021 volvemos ver como a súa execución non chegou ao 50%. Ou un ve moi mal cando anda polas rúas de Chantada e coñece as historias de vida de parte das súas xentes ou a súa acción social é un estrepitoso fracaso.

De por parte, no capítulo de investimento non se detalla a que se van destinar a maior parte dos fundos e non se contou coa oposición para tratar nada sobre o orzamento municipal, xa que practican a política Juan Palomo e logo quéixanse cando a oposición alega ou interpón recursos como se tivese calquera outra vía para corrixir as eivas e deficiencias que observamos nas súas decisións políticas. Tampouco contar coa oposición mudaría nada á luz das emendas que temos apresentado durante a pandemía e que, no esencial, foron desouvidas cando eran trece liñas de actuación con múltiplas propostas para mellorar Chantada.

En conclusión, Chantada encadea dúas anualidades con orzamentos expansivos debido á conxuntura que elevou notabelmente as transferencias externas e ao aforro interno debido a unha deficiente execución orzamentar. No entanto, esta excepcionalidade non se empregar para preparar a entidade de cara ao futuro inmediato de fin da flexibilización cuantitativa e suba dos tipos de xuro e recrudecemento das regras fiscais. Portanto, perdemos unha oportunidade única de corrixir a continuada diverxencia do noso territorio do interior e rural a respeito doutros e lamentarémolo no futuro.

 

APROBADO cos votos a favor do PP (7), os votos en contra de Por Chantada (2) e  do PSOE (4).

 

4.- Aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Chantada.-G034/2023.

PROPOSTA ACORDO aprobación inicial RPT

INFORMES DE INTERVENCION 2023-0003

Estrutura, proposta e RPT CHANTADA

Valoración de postos CHANTADA

Certificado 2023-0001 [RESULTADO MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN RPT]

DECRETO 2022-1078 ADXUDICACION CONTRATO MENOR SERVICIOS ACTUALIZ

Unha RPT é algo exixíbel legalmente aos concellos e moi necesarios mais que Chantada aínda comece o 2023 sen ela só ten un responsábel tendo en conta que vostede leva 24 anos sendo alcalde. Todo ese tempo sen unha RPT cronificou problemas na estrutura e deturpou as canles legais de acceso ao emprego público con reiterados informes de interevención que durante anos advertiron da fraude legal que se cometía e dando como resultado cun grao de laboralización elevadísimo e superior ao 50% (fronte ao 30% na Xunta ou o 20% na administración do Estado) e tarefas idénticas ou semellantes atribúense nuns casos a persoal funcionario e noutros a persoal laboral violando o principio de igualdade de tratamento de traballadores.

Igualmente, a “produtividade” que agora encadramos no complemento específico revela até que pondo esta RPT non trata a todo o mundo por igual e, do mesmo xeito, entendemos que faltan prazas básicas (como persoa técnica de normalización lingüísticas e unha persoa auxiliar de biblioteca) e outros que hai son discutíbeis. Tampouco figuran cinco traballadoras da limpeza excluídas torticeiramente.

Hai por tanto moitas cuestións e decisións que son políticas e que explican disparidade de criterios á hora de dotar financeiramente as prazas ou de indicar os requisitos formais de formación. Todo isto trae consigo que sexa necesario alegar para mellorar esta proposta inicial e adoptar aquelas medidas que foren necesarias para contribuír a igualdade.

 

O alcalde tenta amparar nunha empresa as súas escollas e decisións persoais, mais non cola. Abonda coller a RPT de Salceda de Caselas, feita pola mesma empresa e con páxinas inteiras de corta e pega, para comprobar como as valoracións dos postos e, en consecuencia os complementos e os salarios, varían substancialmente na maioría dos postos. Desde logo, en Salceda non hai casos flagrantes de traballadores que se discriminan en relación con compañeiros polo mesmo traballo (retribución relativa) e, por norma xeral, son superiores as retribucións absolutas. Esta desigualdade só pode explicarse ou ben por favoritismo ou ben por non ter dedicado o tempo suficiente para ponderar e estudar o documento garantindo uns baremos equivalentes para todas persoas traballadoras do mesmo corpo.

Entrando nas contías, os Servizos Sociais están por baixo dos emolumentos que receben noutros concellos mentres outras prazas están moi por riba, por exemplo as de arquitecto. En xeral dotaron economicamente ben os postos que xa estaban mellor retribuídos e foron tisaños con aqueles postos financeiramente pior dotados. Xusto o revés do que é xusto e en consonancia coas privatizacións que afectaron só a mulleres e as que tiñan as piores condicións laborais (SAF e limpeza).

En definitiva, esta RPT quere saír do atolladeiro ao que levou o desleixo de décadas de pasar de todo coa mínima factura e malia ter a oposición da CIG, esquecendo que debe responder á estrutura realmente existente así como a necesaria e desexábel e aí débense observar os direitos de todas e todos.

 

APROBADO cos votos a favor do PP (7), os votos en contra de Por Chantada (2) e  do PSOE (4).

 

 

5.- Mocións e asuntos de urxencia.

B) Actividade de control

6.- Dación en conta de decretos da Alcaldía. Números 995 a 1147 de 2022 e 1 a 63 de 2023.

7.- Reparos de Intervención do 27 ao 38.-Xaneiro.-G370/2021.

8.- Control Financeiro exercicio 2021.-Informe 2022-0027.-Exte.-G237/2022.

INTERVENCION 2022-0027 [CONTROL FINANCIERO 2021]

ACTA SELECCION DE EXPEDIENTES

INFORME SERVIZO SELECCION PERSOAL EXERCICIO 2021

INFORME SERVIZO DE CONTRATACIÓN LISTADO CONTRATOS EXERCICIO 2021

INFORME LICENZAS TRAMITADAS A EFECTOS DE CONTROL ECONÓMICO FINANCEIRO EXERCIZO 2021

 

Asinálase o expediente 77/2022 con, cando menos, 1482767,46 euros en facturas reparadas e di a interventora que se advirte [ao alcalde] que debe levar a cabo unha actuación correctora inmediata, pois incumpre a LCSP ao non tramitar os expedientes de contratación, supérase o límite do contrato menor, fracciónase o obxecto do contrato ou é plurianual.

Tampouco se cumpre coas obrigas de publicidade activa da Lei de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno (que nolo digan a nós) nen se fai un correcto seguimento dos prazos de garantía e das condicións de execución das obras e servizos.

No tocante ao persoal, non se somete a fiscalización previa, non se cumpre cos principios de publicidade activa e a documetanción non ten asento do rexistro municipal.

 

  • Que pensan facer para corrixir estas graves iregularidades? Non concreta nada. Só di que sempre intentan corrixir as irregularidades.

  • Contemplan elaborar un novo convenio colectivo xa que en 12 anos ininterrompidos de goberno continuou co convenio do bipartito que sempre deosta tantoSen resposta.

 

9.- Informe Resumo exercicio 2021 nº 2022-0028.-Exte.-G476/2021.

INFORMES DE INTERVENCION 2022-0028 [INFORME RESUMO 2021]

INFORMES DE INTERVENCION 2021-0009 [INFORME RESUMO]

 

C) Rogos e preguntas

I.- Axudas e subvencións.

1.1.- Temporal da Noitevella.

Un Noitevella un fenómeno climático de intensidade notábel sacudiu o noso territorio. O alcalde anunciou na imprensa que “estudaría” demandar a zona catastrófica para Chantada.

  • Que pasos concretos para alén da declaración no xornal deron niste sentidoRecoñece que a declaración é inviábel e que a Xunta faga estudo para através da FEGAMP solventar deficiencias e que se non o conseguen terán que desviar parte dos fondos que tiñan pensado dedicar a pistas a estas cuestións. Lamenta que os vehículos afectados polo temporal se pagasen a 1000 euros e a 1800 euros polo Consorcio. Di que a xente ten que ter os seguros ben e non queixarse.

  • Por que en San Fiz desantederon a nosa proposta (o nome correcto é zona de desastre natural) e se negaron en redondo a actuar? Sen reposta.

II.- Saúde pública e seguranza cidadá.

III.- Deportes.

3.1.- Piscina.

A piscina tivo que fecharse ao anegarse. 

  • Cal foi o alcance dos destrozos? Cobre todo o seguro? Abrem o 30 de xaneiro. Agardan que o seguro cubra todo.

  • Reabren o 1 de febreiro? Arranxaron o vaso que ten areas no fundo que saen das xuntas dos azulexos que están sen recintar desde hai anos? Porque non se fixo aprobeitando este parón? Non fixeron esta actuación. Non saben explicar por que non.

  • Desde que se aplicou a suba pola modificación da ordenanza o padrón non deixou de diminuír mes a mes. Isto xa non é novo e reflicte desencanto coa xestión das piscinas. Que pensan facer ao respeito?

Padrón piscinas (exp. 50/2021)

Decembro 2022 (D-1088/2022)*

10.637,05

Novembro 2022 (D- 1006//2022)*

11.052,86

Outubro 2022 (D- 897/2022)*

11.074,46

Setembro 2022 (D-795/2022)*

10.746,76

Agosto 2022 (D-678/2022 de 19/08)*

10.861,96

Xullo 2022 (D-sn/2022 de 28/07)*

10.725,66

Xuño 2022 (D-494//2022 de 9/06)*

9.347,81

Maio 2022 (D-356-2022 de 24/07)

9.172,59

Abril 2022 (D-2652022)

9.390,54

Marzo 2022 (D-198/2022)

9.074,04

Febreiro 2022 (D-113/2022)

9.008,39

Xaneiro 2022

8.403,49

* Aplícanse as taxas após a suba no tarifario derivada da modificación da ordenanza fiscal reguladora.

Di que volverán subir a recadación e que volven abrir a sauna como medida para atraer máis xente.

 

3.2.- Pista pádel pavillón.

A). Había varias pandillas de mozos e mozas que utilizaban a pista deportiva (4 canastras e 2 portarías) que estaba situada detrás do pavillón para ir xogar ao fútbol ou ao baloncesto.

  • Onde se van ubicar as canchas de baloncesto e fútbol que se eliminaron para instalar a pista de pádel detrás do pavillón? De momento non teñen ubicación.

  • Onde van poder ir xogar a baloncesto ou fútbol estes mozos e mozas a partir de agoraNon contestan.

B)Porque motivo está a nova pista de pádel orientada NE-SO, exactamente igual que a pista das piscinas, se é nesa dirección por onde se pon o sol, e despois das queixas por este motivo que se supón tamén recibirían vostedesTivo que facerse así polo terreo.

 

3.3.- Pavillón.

Hai un cristal roto no ximnasio do pavillón que leva así moito tempo e xa llo dixeramos nunha ocasión. Cando pensan arranxaloNon hai que arranxar, hai que evitar que se rompan.

329750419_1267829874088984_7084233695712960212_n

 

IV.- SERVIZOS PÚBLICOS e INSTRUCIÓN PÚBLICA.

4.1.- Servizo MADRUGA.

Contabamos coa resolución das alegacións neste pleno para pór en marcha o servizo no mes de febreiro.

  • Por que atrasan a súa posta en marcha cando ao comezo dicían que se ía comezar o antes posíbel? Farase un pleno extraordinario antes de rematar o mes.

  • Que demanda houbo en cada colexio? Non se demanda almorzo desde as familias.

  • Poden explicar por que van privatizar o servizo coa empresa Vitae animación que non se caracteriza precisamente polas súas boas condicións laboraisContarán cunha empresa para comezar.

 

V.- MEDIO RURAL E MEDIO AMBIENTE.

5.1.- . Pista Seoane que sube da 1002 (exp. 451/2022 por procedemento aberto simplificado. Fevisa Vías y Obras S.L. 97300 euros con axuda de AGADER: Camiños Seoane 1, Soane 2 no Lote1: 88.200€- e Arcos -lote2: 9100€; expedientes relacionados 116/2022 (solicitude), 535/22 P; 732/2022 C; 776/2022 PS; 1052/2022 Cxus. Ampliación de garantía 12 meses). 

  • Quen recepcionou a obra para facer o pago e a conta xustificativaO director da obra. Senén Prieto.

  • Por que o groso do firme non se corresponde co proxecto e após dous meses xa ten fochancas. Xaquín di que non ten.

  • Tendo en conta que se lle concedeu a obra a esa empresa por procedemento aberto simplificado amparándose naampliación de garantía de 12 meses a que agardan para activar a garantía? Recoñecen que hai unha balsa de auga onda o cemiterio de Laxe, mais ca do resto está ben. [só hai que ver a foto e como días despois taparon a fochanca]

324119750_1078397426359758_5122564136808922281_n

 

 

5.2.- PE MAXAL.

  • Apresetaron alegacións ao PE Maxal que impactará de cheo cunha LAT no noso territorio? Alegaron algo en relación coa LAT Maxal-Belesar? Teñen prevalencia. Fente lémbralle que os concellos teñen competencias en urbanismo e insrumentos de planificación urbanística. O alcalde contesta que xa hai moitas torretas de alta tensión.

5.3.- Carros abandonados.

En anteriores plenos indicamos varios vehículos que deben ser retirados ao estren abandonados na vía pública e conforme o artigo 106 da Lei de Seguridade Vial. Adoptaron algunha medida? Sen resposta.

 

5.4.- Plásticos nas pólas polo paseo por mor da chea.

Revisarán.

 

5.5.-  Papeleiras nas rúas.

En moitas non hai para botar deposicións de cans. Non se contesta ao caso e négase a maior.

 

 

VI.- CULTURA E PATRIMONIO.

4.1.- Mosteiro de San Salvador de Asma.

Temos elaborado varias propostas e iniciativas encol o Mosteiro de San Salvador de Asma e a última vez díxosenos que a Xunta disporía dunha partida para investir no 2023. Houbo algún avanceO alcalde asegura que nistes días falará do asunto con Alfonso Rueda e Fente retruca que xa sabe que vai vir a Chantada.

 

VII.- ADMINISTRACIÓN E ASUNTOS XURÍDICOS.

7.1.- Plano estratéxico de subvencións.

Levamos varios plenos e mesmo ano lembrándolles a obriga legal que ten este Concello de dotarse dun plano estratéxico de subvencións, así como da necesidade de facer unha memoria anual das concedidas desde a alcaldía con arranxo ao disposto na lei.

Queremos que conste en acta que o principio de planificación, contemplado na Lei 40/2015 do Réxime Xurídico do Sector Público, foi reforzado en sentenza do TS (Sala do Contencioso-Administrativo), ao ditar que é requisito esencial e previo á concesión de calquera subvención o comprimento do Plano estratéxico de subvencións, contemplado no artigo 8.1 da Lei Xeral de Subvencións, polo que Chantada estaría concedendo as subvencións en nulidade o que xera unha manifesta inseguranza xurídica para as asociacións e entidades benefactoras. Seguindo a doutrina da Sentenza de 26/06/2012 a concesión dunha subvención sen o devandito plano é un vicio substancial e non formal, entrando xa que logo na nulidade do artigo 47 da LPAC.

7.3.- Falta de entrega de documentación.

Queremos que conste en acta que levamos meses agardando documentación e que non se nos dá acceso aos expedientes, isto imposibilita que exerzamos o noso labor de fiscalización do Goberno local tal e como vimos reiterando nos últimos tres plenos. Falou co secretario para que a pase mais que non pode un funcionario facer 1000 fotocopias. Fente dille que é dar acceso através do Gestiona e o que non hai é vontade nen interese algún na transparencia e no cumprimento da lei.

_______________________________________________________

 

igvlogo22

 

 

 

Por Chantada demanda que a Xunta dota de fondos os planos de mellora, incorporacións e á produción ecolóxica

  • A ausencia de debate social e de atención mediática e política sobre a PAC dá a medida da orfandade política do sector primario e do mundo rural.
  • A sobrevivencia de centos de granxas e do modo de vida de centos de familias está en xogo, mais tamén que haxa fumo e vida en centos de aldeas e parroquias do interior galego.
  • A Xunta NON axuda as persoas que se queren incorporar á actividade agrícola ou gandeira e que cumpren os requisitos para ter esta axuda, nun país que perde SAU e explotacións e onde 6 de cada 10 persoas que teñen granxa nestes momentos estarán xubiladas en 2030.
  •  Mentres outros partidos están entregados á especulación coas listaxes dos comicios municipais ou enfrascados na carreira caciquil de votos por cimento, Por Chantada continúa decote acarón dos problemas da viciñanza e procurando solucións para os problemas do interior galego.

Vacas_Vitor_Esmoriz

Vacas en pastoreo extensivo e con produción de leite ecolóxico na parroquia de Esmoriz. Foto: Por Chantada – Interior Galego Vivo.

A Xunta castiga a produción en ecolóxico contravindo a estratexia comunitaria.

 
No día de hoxe rexistramos Moción do grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo par a dotación de fondos por parte da Xunta aos planos de mellora, incorporacións e á produción ecolóxica na campaña 2022 e para o período 2023-2027 dentro da aliña de desenvolvemento da PAC. Esta acción súmase a outras anteriores, por exemplo na sesión ordinario do pleno de 24 de setembro de 2020 aprobamos por unanimidade a Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP a prol dunha PAC axeitada para o interior galego. O documento de 10 páxinas propuña liñas de acción para unha PAC axeitada aos intereses e ao territorio galegos no período 2023-2027.

 

Así pois, e infelizmente, a Corporación de Chantada foi un dos escasos foros institucionais onde houbo algo de debate cando se estaba no período de negociacións, aínda que fose pola insistencia de Por Chantada, sobre esta cuestión de vital importancia para o sector primario e para o interior galego. A ausencia de debate social e de atención mediática e política sobre a PAC dá a medida da orfandade política do sector primario e do mundo rural.

 
A PAC contén o Pacto Verde cuxo alvo é atinxir 25% da SAU dos 27 estados membros da UE de produción ecolóxica en 2030 e traduciuse en 2022 na liña de axudas da Consellaría de Medio Rural que, ao ser de concorrencia competitiva e estabelecer unha priorización de 2 pontos para as exploracións de montaña e de 1 ponto para as situadas en Rede Natura, deixou fóra, de por si, a meirande parte das pequenas granxas de leite e de pequenos produtores de horta e de carte de vacún, mais tamén a producións de ovino e cabrún en ecolóxico.

 

É dunha manifesta e incomprensíbel irresponsabilidade deixar fóra desde a Xunta ao 43% das hectares solicitantes, nomeadamente cando desde maio tiñan os dados na Consellaría e había fundos do PDR. A falta de planificación crónica no agro galego e a intensidade das axudas através da PAC e de fundos nacionais para a agricultora ecolóxica noutros estados da UE (Alemaña, Dinamarca, Austria, Franza…) sitúa nun beco sen saída a agricultura ecolóxica galega se se exclúe destas axudas.

Afondando no exposto, a perda das axudas á produción ecolóxica asóciase a risco de feche de exploracións, nomeadamente naquelas con solicitantes de nova incorporación polo castiga aínda máis a aquelas iniciativas da mocidade e, daquela, con futuro no territorio. Estas persoas cómpre saber que renunicaron ás axudas agroambientais que viñan cobrando en convencional por seren incompatíbeis coa ecolóxcio, aumentaron o gasto en asesoramento entre 1.200 e 1.400 euros, cotas de inscrición no CRAEGA (450 euros en media), corrección de incidencias na transición e adaotacións (milleiros de euros), maior custe nos insumos (só no penso 15 céntimos en quilo), perda de ingresos inicial polo descenso da produción… En síntese, é deixar desamparado e co cu ao ar as iniciativas máis valentes e de futuro por unha desastrosa previsión.

Ao tempo, Por Chantada e IGV subliñan que na Galiza a produción ecolóxica anda aínda arredor de 5%, moi afastada do 25% que marca o horizonte de 2030 da PAC. Este obxectivo é de importancia estratéxica para preservar a biodiversidade, reducir o exceso de fertilizantes (cada vez máis caros ao seren importados) e fitosanitarios e, en definitiva, para a seguranza e soberanía alimentares.

De por parte, o anteriormente exposto atinxe tamén a granxas e iniciativas da comarca de Chantada, xa que, aínda non habendo facendas afectadas directamente ao sermos alta montaña si que houbo denegacións por outras razóns e pode afectarnos no período da nova PAC, xa que segundo o CRAEGA temos 2 facendas de leite en ecolóxico nas parroquias de Esmoriz e Vilaúxe, así como apicultura e outras iniciativas susceptíbeis de verse afectadas. Na comarca, Taboada conta con outras facendas de leite en ecolóxico. Así as cousas, a provincia de Lugo é a que máis se xoga.

 
Do mesmo xeito, cómpre incidir en que coa nova PAC 2023-2027 todo isto muda e a Consellaría está negociando as axudas do período. O CRAEGA, organismo oficial da Xunta calcula 9.5 millóns de euros para dar resposta a todas as solicitudes, mais Medio Rural só quere chegar até os 7.5 millóns baixando, por un lado, as primas por hectárea, o que colide co obxectivo de Bruxelas; e, por outro lado, pondo tope por hectária mediante a degresividade.
 
45803819_343488529561288_3118119426235301888_n
Imaxe de arquivo dun acto sobre a PAC impulsado desde Por Chantada que contou coa presenza da eurodeputada Lídia Senra e da gandeira chantadadesa Ana Rodríguez, integrantes de Por Chantada. Foto: Por Chantada – Interior Galego Vivo.
 
 
 
 

Incorporacións e plans de mellora.

O día 3 de febreiro publicouse a resolución da convocatoria do 2022 de incorporacións, planos de mellora e pequenas explotacións. En primeiro lugar, resolveron cando xa estaba aberta a nova convocatoria do ano 2023, co cal moita xente non sabía se tiña que pedir outra vez ou non. En segundo termo, é inconcibíbel que queden fóra da axuda persoas que se queren incorporar á actividade agrícola ou gandeira e que cumpren os requisitos para ter esta axuda, nun país que perde SAU e explotacións e que ten unha falta de xente que produza alimentos moi preocupante: 6 de cada 10 persoas que teñen granxa nestes momentos, estarán xubiladas en 2030. Ao tempo, a Xunta e o marco lexislativo favorecen o acaparamento de terras por diferentes vías desde os fundos de investimento, ávidos de adquirir terras en todo o mundo.

Concretamente, os dados foron os seguintes:

Axudas

Concedidas

Denegadas

Incorporacións

353

76

Planos de mellora

485

180

Pequenas exploracións

166

67

Resulta evidente que non se está facendo unha xestión acertada dos fundos da PAC nen unha aposta desde a Xunta polo rural e por facilitar que a mocidade e novas labregas e labregos se incorporen á actividade agraria.

 

20170120_124333_2656x1494-768x432

 

De esquerda a direita: Paula Verao, Antom Fente, Lidia Senra e Olga Otero nunha rolda de impresa conxunta. Foto: Por Chantada – Interior Galego Vivo.

 

Que demandamos que aprobe a Corporación para trasladar á Xunta?

Exiximos que a Xunta complete o orzamento da orde de axudas do ano 2022 na cantidade precisa até acadar os 5.6 millóns de euros necesarios para cobrir 100% das solicitudes apresentadas en ecolóxico e o mesmo para as axudas ás producións ecolóxicas para o novo período 2023-2027 da Política Agraria Común.

De por parte, reclamamos que se manteña o pago por hectárea para aumentar a SAU en ecolóxico e a biodiversidade produtiva apostando pola degrevisidade e o tope de hectáreas en caso de que non houber fondos suficientes, aplicando un criterio racional de xustiza fiscal e redistributiva. En consonancia co anterior, consideramos insuficiente o incremento do 10% no importe das primas con respecto ao 2015 e que se volva ao aprobado no anterior PEPAC.

Por último, dunha parte, solicitamos transparencia ao Goberno da Xunta para que as decisións adoptadas sexa de coñecemento público, nomeadamente para as persoas produtoras en ecolóxico, co gallo de que poidan reconducir as súas exploracións evitando perdas económicas inxustificadas que traen consigo enormes prexuízos; e, doutra parte, exiximos dotación orzamentar suficiente para que as incorporacións e planos de mellora permitan que se incorpore á actividade agrícola ou gandeira todas aquelas persoas que cumpran os requisitos, así como acelerar a resolución das peticións desde a Consellaría de Medio Rural.

 

 

MOCIÓN ÍNTEGRA EN PDF: Moción_PCh_PAC-ECO

 

GRUPO MUNICIPAL POR CHANTADA – INTERIOR GALEGO VIVO.

PCh_logo_2023

Interior Galego Vivo,  Por Chantada e AVA exixen ao Goberno central, á Deputación de Lugo e ao Concello de Chantada menos propaganda eleitoral e mellor mantemento das estradas.

  • O estado das infraestruturas é especialmente calamitoso na provincia de Lugo, con especial incidencia na comarca de Chantada.
  • Discriminar o rural deste xeito supón acelerar a perda de poboación e prexudicar a iniciativa económica das nosas comarcas do interior galego.

20221202_171407

Fotos: Por Chantada.

Interior Galego Vivo (IGV), a iniciativa das súas agrupacións Alternativa Veciñal Antas de Ulla e Por Chantada, considera que o estado da N-540 é completamente lamentábel e que asistimos a un desleixo crónico que pon en perigo a seguranza viaria e discrimina a viciñanza de Lugo e Ourense ao ser o principal eixo viario de comunicación para as dúas cidades. O desgaste do pavimento é de tal intensidade que acada xa con especial intesidade carrís de incorporación e saídas expondo a accidentes aos utentes da estrada.

Por Chantada xa solicitou no pasado o seu arranxo (2018, 2020 e 2022) e mesmo o pleno de Chantada adoptou un acordo por unanimidade neste sentido en 2018 e 2020. IGV lémbralle ao MITMA que xa en 22 de xuño de 2017 a Comisión de Seguranza Vial do Congreso aprobara unha proposición non de lei para a reforma e rehabilitación entre Guntín e Ventas de Narón e para o trecho entre Chantada e Taboada. No entanto, obsérvase unha continuidade no mal estado do firme coa conseguinte perigosidade para a condución e o incremento de avarías que requiren custosas reparacións a unha poboación que non dispón de alternativas de transporte público.

IGV dirixiuse ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para que acometa actuacións urxentes nesta vía, que conecta Ourense con Lugo e é de extrema importancia para os concellos do partido xudicial de Chantada. Cómpre considerar que as abundantes choivas e o mal estado das gabias ten contribuíndo a deteriorar aínda máis o estado da N-540.

20221202_175120

De por parte, Por Chantada dirixiuse á Deputación de Lugo para demandar o arranxo de varias estradas da súa titularidadea comezar pola LU-P-1801, unha estrada desfeita pola arroiada do regato da Porqueira, que precisa ser arranxada con urxencia procurando solucións duradeiras para previr grandes corrementos como os acontecidos e intervindo en Sernande onde hai un dique que está cedendo e a estrada fendida podendo producirse unha desgraza.

O estado das estradas provinciais no termo municipal de Chantada é unha problemática estrutural que require solucións urxentes e tamén que permitan reverter no medio-longo prazo esta situación non podendo considerarse arranxo botar grava.

20221202_172813

Por todo isto, Por Chantada considera de extrema necesidade o arranxo das seguintes estradas provinciais: LU-P-1801 (Santiago de Riba até Peares), LU-P-1002 (San Amaro – Esmoriz), LU-P-1805 (O Seixo – Esmoriz), LU-P-1806 (Rabelas – Boán), LU-P-1807 (O Seixo-LU-P-1002), LU-P-1809 (Chantada-Antas), LU-P-1815 (Viana-Comezo), LU-P-1816 (Outeiro-Viana) e LU-P-1817 (Alto de Ramos – Santa Uxía).

Finalmente, Por Chantada lamenta que o Goberno local non puxese en marcha a comisión de infraestruturas e o plano de infraestruturas que se aprobou en pleno para priorizar criterios técnicos e de premura no arranxo das estradas. Hai moitas pistas e núcleos rurais que están nun estado de abandono total. Son de especial urxencia, por citar algunhas, os accesos de San Pedro de Viana, a de Soutariz – Pincelo, Vilardamos – Burgás ou a de Sabadelle – Pedrafita.

20221202_175125

Na actualidade, o estado das estradas dificulta a actividade agrogandeira da zona, que enfronta xa incrementos nos custes de produción ao que se soma deterioro da maquinaria, problemas de patas nos animais ou de desprazamento das reses que castiga especialmente as granxas en extensivo e/ou ecolóxicas; dificulta os desprazamentos aos lugares de traballo, centros sanitarios e escolas nun contexto de altísimo envellecemento e devalo poboacional complicando tamén fixar poboación e contribuíndo para a demotanasia; dificulta a prestación de servizos no fogar como poden ser o SAF ou rehabilitación ou o fornecemento diario de produtos de primeira necesidade (pan, peixe…); e prexudica as iniciativas de turismo rural e a atracción de visitantes.

De por parte, a situación das estradas multiplica o perigo de estoupido de rodas, accidentes de tráficos con consecuencias nefastas, rotura de cárter, escape e outras avarías, lesións como escordaduras nos viandantes e, especialmente, mingua de confianza nas institucións, niste caso en concreto, perda de confianza nas institucións e nos seus gobernos.

Interior Galego Vivo lembra o informe de 2015 da Asociación Española de la Carretera que situaba a Galiza entre as cinco CCAA co firme das estradas en pior estado, situación que desde aquela altura –e en extremo lamentábel ter que subliñalo– só piorou, con especial intensidade na provincia de Lugo. Un dos viais que aquel estudo sinalaba como especialmente calamitoso era precisamente a N-540.

CHANTADA TEN FUTURO. O RURAL TEN PARTIDO.
igvlogo22

Por Chantada defenderá no pleno impulsar unha FISCALIDADE RURAL

  • Por Chantada nunha moción de doce páxinas fai unha diagnose do estado do interior galego e da necesidade dunha fiscalidade rural.
  • Por Chantada propón a modificación do mapa de axudas rexionais para, de acordo co artigo 107 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, se crien xa axudas para as provincias de Lugo, Ourense e Zamora coa máxima intensidade que o marco europeu permita a razón da súa condición ultraperiférica.
  • Asemade, propomos, pra reverter a demotanasia, instar ao Congreso e ao Senado a que impulsen unha renda básica rural e que se valore o custe real dos servizos nos diferentes territorios co gallo de planificar o financiamento municipal e autonómico en base á dispersión poboacional e o índice de avellentamento para garantir os principios constitucionais de igualdade e cohesión territorial.

IMG-20220615-WA0032

Casco antigo de Chantada. O interior galego atravesa unha encrucillada que o sitúa nunha situación de completa emerxencia. Fiscalidade rural ou demotanasia. Foto: Por Chantada.

Através dunha completa diagnose, demostramos que o interior galego está sufrindo un implacábel proceso de demotanasia, é dicir, un proceso en que as accións ou omisións políticas provocan a desaparición da poboación nun territorio, cuestión que profunda nas desigualdades sociais e territoriais, á vez que nos converte nunha zona de sacrificio, ou sexa unha área xeográfica permanentemente suxeita a dano medioambiental, espolio dos seus recursos naturais e/ou a falta de investimento económico.

Este conxunto de fenómenos provocan unha mingua de poboación e degrada as condicións de vida dos habitantes, así como os seus medios de vida. Así pois, hai unha perda de biodiversidade natural, cultural e produtiva.

A diagnose que xustifica a necesidade dunha fiscalidade rural complétase atendendo a:

a) Envellecemento.

Ourense, Zamora e Lugo son das provincias da Unión Europea coa poboación máis envellecida e con índices de avellentamento brutais.

b) Despoboamento.

Durante o século XX, dez provincias no conxunto do Estado perderon poboación, con Lugo e Teruel á cabeza. Nas dúas décadas que levamos do século XXI o dramático récorde teno Ourense (10,88%) en termos cuantitativos, aínda que a porcentaxe de despoboamento é superior en Zamora (15,40%) e seguidas de Lugo (9.85%). Na Riberira Sacra a caída media das parroquias ribeirás de Miño e Sil foi do 40%! Para que serviron as supostas medidas de protección e dinamización por parte da Xunta na Ribeira Sacra?

c) Dispersión xeográfica.

Temos xa amplas áreas do interior galego que rozan o deserto demográfico. A dispersión xeográfica sumada ao avellentamento dispara as necesidades de gasto público social e torna máis complexa a prestación dos servizos públicos. Mentres no centro de Europa a maior parte da poboación encóntrase a menos de 15 minutos conducindo dun hospital na Península estas cifra smudan moito, encontrándose Teruel, Cuenca, Soria, Cáceres e Lugo entre as que apresentan unhas isócronas piores.

d) Mocidade, desemprego e precariado.

O precariado é un fenómeno cada vez máis xeneralizado, con amplas capas da sociedade que viven en risco de exclusión social aínda cando sexan traballadores activos. Na Galiza, a taxa de desemprego para as persoas mozas é 24,7% (2021), polo que máis que duplica a taxa xeral de desemprego, que é de 11.7%, e máis que triplica a taxa xeral da UE. No segundo semestre de 2022 19,7% da poboación entre 16 e 34 anos atópase desempregada, 8,5 puntos por riba da media total do Estado español. Asemade, as taxas de desemprego alcanzan a 55,5% das persoas de 16 a 19 anos e a 31,3% entre 20 e 24 anos. Neste contexto, explícase o elevado nivel de precariedade e parcialidade no colectivo, favorecido por traballar 71,6% da mocidade no sector servizos.

Por se o anterior fose pouco, os salarios das persoas menores de 35 anos están 20,5% por baixo da media, unha fenda salarial de 4.678 euros anuais e a diferenza coa medida estatal aumenta cada ano.

Son as xeracións máis novas as que marchan e a vaga migratoria expulsou da Galiza máis envellecida da historia 371.637 persoas entre 2009 e 2021 con especial incidencia no interior galego. Deste total, 38% eran menores de 29 ano. Emigran as camadas máis formadas e en que se fixo un investimento social por medio do ensino, afectando a expulsión de talento á capacidade para promover iniciativas produtivas e prexudica o consumo interno no interior galego.

e) Consecuencias políticas.

Ourense (37,38%), Zamora (36,3%) e Lugo (35,12%) teñen a maior porcentaxe de maiores de 65 anos, por riba do 35% do censo eleitoral, fronte ao 24% do conxunto do Estado. Por volta de 70% das persoas que pertencen á faixa etaria dos maiores de 65 anos, segundo o CIS, vota sempre e cunha altísima fidelidade, é dicir, votan sempre e case sempre ao mesmo partido, favorecendo ao bipartidismo (PP e PSOE) e, daquela, os representantes eleitos nesas provincias teñen escasos incentivos para cuestionar as políticas centralistas do Goberno central con independencia do partido que nese momento goberne e aínda menos as da Xunta. Porén, todo pode mudar, como demostran Soria (35,12%) e Teruel (31,58%) que veñen de apostar maioritariamente por formacións que desafían a demotanasia e o abandono do mundo rural.

IMG-20210310-WA0029
​Ao seu paso polos Cachóns do Asma as augas do río teñen un fedor moitos días insoportábel consecuencia da deficente depuración de augas. O Concello leva anos cunha problemática á que as diferentes administracións non lle dan solución e que nen sequera se inclúe no PACES (Plano de acción para o clima e a enerxía sustentábel).

Unha FISCALIDADE RURAL para un INTERIOR GALEGO VIVO.

Por Chantada integra o movemento cidadán Interior Galego Vivo, que leva demandando en diferentes ocasións unha fiscalidade rural que debe concretarse en planificacións e coordinacións transversais das diferentes administracións públicas partindo do direito europeu e do principio constitucional de igualdade e da cohesión territorial, pois non pode existir igualdade e equilibrio territorial sen servizos nen mocidade. Infelizmente, as propostas que fixemos chegar na última campaña das eleicións galegas ao PP, ao PSOE, ao BNG, a C’s e a UP foron desatendidas e tampouco o labor parlamentar destes partidos en Madrid ou Bruxelas se destacou por unha sensibilidade especial para a demotanasia que padece o interior galego.

O Goberno do Estado vén de anunciar tamén beneficios fiscais que se aplicarán ás tres provincias de menor densidade de poboación (Teruel, Soria e Cuenca) e que foron incluídas pola Comisión Europea no novo mapa de Axudas á Finalidade Rexional. As novas axudas actívanse xa conforme a disposición adicional 123 dos Orzamentos de 2022 e suporán reducir as cotizacións empresariais nos contratos indefinidos nun 5% nos contratos existentes no ámbito provincial, dun 15% nos novos contratos e dun 20% nos novos contratos en concellos de até 1000 habitantes (se a sede social e fiscal está nese concello). No entanto, o anunciado está aínda lonxe do tope que permite a UE.

Celebramos esta vitoria do rural, que non se entendería sen o traballo parlamentario de Teruel Existe dito sexa de paso, xa que fixou a activación destas axudas como conditio sine qua non para apoiar os próximos Orzamentos Xerais do Estado, se ben fica aínda moito por facer para termos unha fiscalidade rural de noso. No entanto, a situación de Zamora, Ourense e Lugo non é mellor e entendemos deberían acollerse a estes beneficios fiscais de igual xeito, xa que aínda tendo unha maior densidade de poboación o envellecemento e a dispersión sitúannos igualmente un escenario de recursos e dinamismo económico reducido e nunha proxección de deserto demográfico, que xa é unha realidade en moitas parroquias, concellos e mesmo comarcas do interior galego. En consecuencia, Ourense, Zamora e Lugo encóntranse de pleno direito no mesmo artigo 174 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea polo que non atopamos xustificación para que se aplique nuns territorios e noutros non.

Ao tempo, Interior Galego Vivo reclama que se abandone o indicativo de investimento por habitante co que se realizan as valoracións dos Orzamentos Xerais do Estado como fundamento único, xa que é moi lesivo para o interior galego. Demandamos, pola contra, o emprego do estándar de investimento por superficie, que deixa ben en claro a marxinación dos territorios rurais do interior. Os indicativos do PIB; a renda ou o investimento por habitantes non son bons indicadores para medir o desenvolvemento dun territorio, pois o que cómpre é valorar o custe real dos servizos para planificar o seu financiamento en base á dispersión e o índice de avellentamento se verdadeiramente se acredita na igualdade e na cohesión territorial.

Interior Galego Vivo demanda o recoñecemento de Zamora, Ourense e Lugo como territorios ultraperiféricos e subvencionábeis en virtude do seu índice de envellecemento, as proxeccións demográficas e a elevadísima dispersión demográfica que encarece a prestación de servizos públicos esenciais e reduce a igualdade de oportunidades. O PIB per cápita na maioría dos concellos tamén está nas rendas inferiores do Estado e é inferior a 75 % da media da UE, concentrándose no sul de Lugo e en Ourense a meirande parte dos concellos con maiores índices de pobreza, entre eles Chantada co 40,88% da poboación en risco de exclusión social, segundo cifras do INE.

Asemade, Interior Galego Vivo entende que a Xunta debe destinar parte do incremento do financiamento autonómico, que recollen os vindeiros Orzamentos Xerais do Estado, a un reforzo efectivo dos apoios ao sector primario e a unha mellora da atención primaria e da oferta educativa, adaptada á nosa estrutura económica, a rehabilitación de vivenda no rural para uso social, a reforzo dos Centros de Desenvolvemento Rural, a impulso á conciliación e a unha política forestal asociada a unha ordenación do territorio racional e que favoreza a fixación da mocidade apoiando os seus proxectos de vida.

Finalmente, cabe perguntarse se as comarcas do interior galego poden continuar permitíndose o luxo de non disporen de voz nas institucións, xa que os deputados galegos e as senadoras galegas actuais non demandaron algo tan elemental e de xustiza como as reducións nas cotizacións empresariais que si conseguiron Teruel Existe e Soria Ya! na secuencia das negociacións dos Orzamentos Xerais do Estado. Tampouco ouvimos voces galegas na Eurocámara pedindo unha fiscalidade rural e políticas agrícolas que garantan a fixación de poboación e o equilibrio territorial.

paso RM NG fondo paso Sernande
O Miño ao seu paso por Cartemil (Santa María de Nogueira) estase vendo atinxido por unha falta de regulación das embarcacións a motor (perdas de aceite, combustíbel, ruídos…) e os verquidos son frecuentes ao careceren as parroquias de sistema de depuración. A Confederación Hidrográfica segue a ser moi pouco transparente e as diferentes administracións non se cordinan para solventar un problema que contradi na práctica a recente declaración de Reserva de Biosfera. Ríos cada vez con menos flora e fauna autóctona poden ser reserva de biosfera?

As propostas da nosa moción.

1.- Demandar do Estado español a modificación do mapa de axudas rexionais 2022-2027, incluído no plan territorial de transición xusta no contexto do Regulamento sobre o Fundo de Transición Xusta no marco das Directrices sobre as axudas de finalidade rexional revisadas (DAR), e a súa notificación á Comisión europea co fin de aplicar un aumento da intensidade máxima das axudas para as provincias de Lugo, Ourense e Zamora atendendo ao elevado índice de avellentamento, á dispersión poboacional e á demotanasia que sofren estes territorios.

2.- Dirixirse ao Goberno central para que as provincias de Zamora, Ourense e Lugo sexan consideradas rexións ultraperiféricas e, portanto, subvencionábeis, de acordo co artigo 107 do TFUE e tamén para que o Goberno defenda a modificación do TFUE para dotar de maiores axudas ao equilibrio territorial e ao mundo rural.

3.- Solicitar da Xunta da Galiza que incremento do financiamento autonómico, que recollen os Orzamentos Xerais do Estado, se traduza nun reforzo dos apoios ao sector primario e nunha mellora da atención primaria e da oferta educativa, adaptada á nosa estrutura económica, rehabilitación de vivenda no rural para uso social, reforzo dos Centros de Desenvolvemento Rural, impulso á conciliación e unha política forestal asociada a unha ordenación do territorio racional e que favoreza a fixación da mocidade apoiando os seus proxectos de vida.

4.-Propor ao Congreso, como cámara lexislativa, e ao Senado, como cámara de representación territorial, para que se impulse un marco lexislativo que ancore o despregue dunha fiscalidade rural e dunha renda básica rural como pago social pola xestión sustentábel e a garantía de soberanía alimentar que supoñen as comunidades rurais.

5.- Instar ao Congreso, como cámara lexislativa, e ao Senado, como cámara de representación territorial, para que se valore o custe real dos servizos nos diferentes territorios co gallo de planificar o financiamento municipal e autonómico en base á dispersión poboacional e o índice de avellentamento para garantir os principios constitucionais de igualdade e cohesión territorial.

MociónPCh_TFUE_demotanasia

GRUPO MUNICIPAL POR CHANTADA – CANDIDATURA DE UNIDADE POPULAR

#ofuturotenpartido
#mellorarChantada
#avozdorural

Comprometidos cun interior galego vivo

Resumo do pleno do 6 de outubro de 2022

Captura de pantalla 2019-04-21 a las 10.27.36

Asistiron 12 dos 13 concelleiros e concelleiras, ausentándose Cándida Carnero (PP). Tamén asisten a interventora (María) e o secretario accidental (Cores). Canto ao público, asiste unha única viciña, e o pleno comezou ás 20:03 horas do día seis de outubro de 2022, sendo a convocatoria ordinaria.

Podes escoitar o audio do Pleno grabado polo noso grupo municipal na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1uxzRK8uIdYHVXTJtqZTlhNoR4jw5Pv1K/view?usp=sharing

A) Parte resolutiva

1.- Aprobación da acta da sesión anterior: ordinaria de 4/08/22.

DOCUMENTACIÓN: Acta pleno_040822

O grupo socialista quéixase de que continuamente se convocan os plenos fóra do prazo acordado ao comezo da lexislatura. Pide respeito á oposición, xa que o pleno tiña que ser o 22 de setembro. Tamén pide que se corrixa o ponto 6.1 da acta, xa que non perguntou pola carreira de obstáculos, mais pola Gold River Race de piragüismo.

Apróbase a acta anterior, coas correccións indicadas, por unanimidade.

2.- Baixa de Obrigas Pendentes de pagamento de exercizos pechados.-Periodo 2002-2016.-Exte. G434/2022. [Audio min. 3]

DOCUMENTACIÓN: 01.- PROPOSTA BAIXA OBRIGAS EX. PECHADOS

02.- INFORME-PROPOSTA TESOURERIA BAIXA OBRIGAS EXERCICIOS PECHADOS

03.- RELACION OBRIGAS PENDENTES PECHADOS

04.- INFORMES DE INTERVENCION 2022-0017

Raquel (PSOE) di que é algo que debía levar tempo feito e que a exposición pública en xullo non é a mellor altura para que as persoas afectadas se enteren. Alégranse de que se depuren e se camiñe a unha imaxe máis fiel. Falta o inventario municipal.

Desde Por Chantada http://minuto%205 reiteramos o xa explicado da comisión informativa (CI):  habitualmente estes expedientes acompáñanse tamén de baixas dos direitos pendentes de pagamento, mais valeunos a explicación que se nos deu desde Intervención: a necesidade de comezar por aquilo que desvirtúa máis a imaxe fiel e real da Facenda local e o feito de os direitos pendentes de cobro “oxídanse” ao 100% a partir do 5º ano. De por parte, hai partidas que revelan erros ou duplas contabilidades destacando varias que deberían tramitarse com subvencións. Imaxinamos que puido deberse aos sucesivos cambios que houbo na Intervención municipal ou, en xeral, a erros humanos.

En todo caso, o expedientes tramitouse conforme á legalidade e o tempo transcorrido –son facturas comprendidas entre 2022-2016– e expúxose en xullo polo que non observamos elementos anormais no procedemento. No entanto, si que é irregular que estas facturas, agás a de 2016, non entraran no mecanismo de pago a provedores do ano 2012, regulado mediante RD 4/2012, de 24 de febreiro e RDL 7/2012, do 9 de marzo, co cal se deberían ter liquidado todas as facturas pendentes de pagamento con cargo a un moi oneroso crédito co Banco Santander de funestas consecuencias para o Concello de Chantada.

Tendo en conta que o noso grupo municipal non tivo nengunha responsabilidade nesas facturas e tampouco no deseño e aprobación do plano de axuste optamos por non apoiar este asunto e absternos.

Manuel Varela di que ten no concello a oferta dunha empresa para facer as faixas de todas as parroquias de Chantada e se gostan de como traballan poderían tamén facer o inventario do patrimonio municipal e que xa teñen eles feitos uns disquetes (sic.) e sería só repasar. Van comezar en 2023 a licitar estes servizos.

VOTACIÓNA FAVOR: PP e PSOE (10). ABSTENCIÓN: Por Chantada (2) EN CONTRA: 0.

3.- Fixación de dous días festivos locais para 2023. Ratificación se procede dos días festivos comunicados por mor da urxencia, á X.T. da Consellería de Emprego e Igualdade. [Audio minuto 9:17]

[Os días que se escolleron foron o día da Empanada e o Día do Faro (8 de setembro).]

Intervén Daniel (PSOE) para indicar que no expediente non consta nengunha decisión e, portanto, a legalidade non sería o que se di senón convalidar un acordo nulo ao ser adoptado por órgano incompetente, substraendo ao Pleno a súa compentencia (artigo 52.3 LPAC). Non serven escusas. A lei é así desde 1983 e o alcalde non é un recén chegado. Desleixo e improvisación. Enteráronse polas RRSS do Concello. A cortesía e o respeito pola oposición brilla pola súa ausencia e tampouco falaron cos axentes sociais antes de adoptar o acordo.

Manuel Varela intervén para incidir en que chamaron á Asociación de empresarios (AECh) e que vían lóxico o Faro ao ser venres o día 8. Di que é excesivo dicir que non respeita a oposición, que é moi educado e que iso sobra.

Desde Por Chantada [minuto 15:20] sinalamos que máis un ano que os feriados non veñen ao Pleno. Máis un ano que non existe diálogo entre os grupos e coa sociedade para estabelecer unha norma e uns días fixos. Que a Xunta non metera a demanda por rexistro non exime de sabermos que todos os anos debemos na mesma data límite indicar os feriados e tampouco que tivemos todo un ano desde o anterior para dialogar.
Pola nosa parte consideramos que é preciso falar e consensuar para adoptar acordos co máximo respaldo democrático. Amais, ao igual que se fai noutros concellos, por exemplo o de Pantón, deberían darse axudas municipais ás festas das parroquias, pois Chantada non é só a vila e os seus festexos. Faise unha reflexión sobre as romarías como patrimonio inmaterial e que, como outro patrimonio, deberiamos reflexionar quen o vai manter e coidar doravante, se o campo se baleira. Isto incide na necesidade de intervir para manter tradicións e festexos como a romaría do San Lucas, que sen feriado nen diálogo e axudas vai camiño do esmorecemento total.

Manuel Varela dio que no segundo pleno da vindeira lexislatura poderíase decidir o día e que no 2024 e 2025 podería ser o San Lucas, ao caír na fin de semana o Faro. Porén, di que o San Lucas debería pasarse á fin de semana, que ao santo pódeselle ter calquera día a festa e pergunta quen puxo o día do santo. O santo é todo o ano. Tamén os de Líncora reclaman a Saúde e Merlán as cabras.

Ledo Cores intervén para sinalar o primeiro pleno do ano como o ideal para adoptar o acordo.

VOTACIÓN: A FAVOR: PP (6). ABSTENCIÓN: PSOE (4). EN CONTRA: Por Chantada (2).

4.- Moción do Grupo Municipal de Por Chantada-CUP sobre da declaración de loito oficial nos accidentes laborais mortais, nomeadamente no agro. RE 909. [Audio min. 20:47]

DOCUMENTACIÓN: Moción Por Chantada loito accidentes tractores.

Intervén Antom Fente, voceiro de Por Chantada, para explicar a moción [Audio min. 21:40].

Raquel (PSOE) ve un número considerábel de mortes e o noso é un concello con moita xente traballando no agro. Parécelle ben a declaración de loito e o máis importante son as medidas de prevención, sendo isto o fundamental. Van votar a favor.

Varela (PP) di que vistas as circustancias a moción ten o seu interese, mais… [comeza a divagar con anécdotas persoas onde pasou apuros co tractor]. O mellor remedio con 70 ou 80 anos é non coller o tractor. Non van apoiar senón tamén tería que facerse coas vítimas de violencia de xénero. Non van apoiar a moción. Hai pouco que facer. Di que se morrese unha persoa relevante ou moza en Chantada farían a declaración de loito de un día ou tres. Non para accidentes laborais ou violencia de xénero.

Intervén Fente para interpelar á concelleira de Igualdade e ao alcalde de que, segundo o Plano de igualdade do Concello, habería que declarar loito en caso de vítimas de violencia de xénero.

Varela di que sáese 5 ou 10 minutos, a loita ten que vir por outras circunstancias, a educación desde o berce.

VOTACIÓN: A FAVOR: Por Chantada e PSOE  (6). ABSTENCIÓN: 0. EN CONTRA: PP (6). Rexeitada polo voto de calidade do alcalde.

5.- Moción do Grupo Municipal do PS de G-PSOE para un tránsito peonil seguro e accesíbel. RE 927. [Audio min. 29:30]

DOCUMENTACIÓN: Moción_PSOE_BEIRARRÚAS

Defende a  moción Daniel (PSOE).

Antom Fente [Audio min. 30] indica que a moción que se nos apresenta agora casa ben coa Moción de Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular a prol de garantir un itinerario peonil accesíbel, que a pesar de demandar unicamente o cumprimento da lexislación vixente, a comezar polo texto constitucional e os direitos fundamentais nel recollidos, foi rexeitada polo voto de calidade do alcalde e do PP. Tememos, en consecuencia, que hoxe volva acontecer o mesmo.

Pola nosa banda, o cumprimento da legalidade non merece maior debate neste caso e, tamén pola complementariedade exposta, só podemos apoiar a proposta e incidir en que non nos deteremos até que se faga valer a IGUALDADE de direitos de todas as persoas, tamén daquelas con mobilidade reducida e cuxo direito á mobilidade se ve conculcado sistematicamente en Chantada.

Ven fantasmas onde non os hai e le está orgulloso da vila de Chantada. O formigón impreso en pendente dá mal resultado. A fisura da Avenida de Monforte está en garantía. Noutros temas haberá que volver á baldosa. Di que o lastro e as beirarrúas do Cantón non respeitan a mobilidade. Fixeron rebaixas e xa correxiron moitas cousas. Na rúa hai que atender ao que se vai e con un ollo no pé  e di que as reclamacións non van ir adiante, quen queira cartos que se poña a traballar. Tamén lle pide á oposición que lle pase a listaxe de onde hai que faver rebaixes. Van apoiar a moción, aínda que hai moito enxeñeiro e arquitecto.

VOTACIÓN: UNANIMIDADE.

6. Mocións e Asuntos de Urxencia. [Audio min. 40:47]

Raquel xustifica a urxencia en que é a primeira que traen no mandato e que non tería sentido traela no pleno de novembro.

VOTACIÓN DA URXENCIA: UNANIMIDADE.

DOCUMENTACIÓN: MOCIÓN RECLAMANDO A VACINACIÓN DAS PERSOAS MAIORES DE 80 ANOS NOS CENTROS DE SAÚDE OU PACS

Polo grupo municipal do PSOE defende Raquel [Audio min. 41:24].

Fente fai unha defensa cerrada dos servizos públicos para unha sociedade máis xusta e con menor desigualdade fronte ao criterio economicista do PP. Sinala a falta de empatía da Xunta exercendo a violencia, simbólica se queremos mais violencia, sobre unha faixa etaria, especialmente vulnerábel e penalizando as persoas do rural. Pagar taxis coas pensións máis baixas do Estado. Se se vai facer a repesca nos centros de primaria, habería que facer todo o proceso xa aí e corrixir as lagoas na atención primaria. Non se aprendeu nada da pandemía e a sanidade privada cada vez ten máis clientes.

Varela (PP) defende que hai que optimizar recursos e que logo haberá repesca nos PAC. El vai levar a mai a Monforte e a muller o pai a Ourense. Até lles irían á casa se quixesen. Queremos potenciar o hospital de Monforte hai que darlle traballo. Os da terceira idade xa están vacinados e defende que a vacinación na Galiza foi das mellores no conxunto de Europa. De momento hai que deixar seguir facendo e optimizar recursos. Refere un debate que se deu recentemente no senado.

Raquel (PSOE) dubida que a repesca sexa optimizar e que a cantidade de xente a vacinar xa se sabe.  Necesítanse máis recursos e para iso fan fallar impostos e que pague máis o que máis ten.

Varela (PP) concorda, mais tamén con deixarlle cartos no peto a quen ten pouco. No fondo teñen razón, mais optimizar recursos.

VOTACIÓN: A FAVOR: Por Chantada e PSOE  (6). ABSTENCIÓN: 0. EN CONTRA: PP (6). Rexeitada polo voto de calidade do alcalde.

B) Actividade de control

7.- Dación en conta de Resolucións da Alcaldía.

8.- Dación en conta en materia económica.

C) Rogos e preguntas [Audio min. 56]

8.1.- Rogos e perguntas PSOE.

8.1.2.- Biblioteca: horarios e nova biblioteca.

Varela di que van asinar estes días convenio coa Xunta. Pamela di que os sábados si que abre que quen se queixa nunca foi a ela. 

8.1.3.- Linguaxe sexista nos folletos das Escolas municipais de Chantada.

Diego Otero di que foi a área de Deportes  e que o fixo un técnico, que se debeu despistar, e que as Escolas son para todo o mundo. Preocúpalle o acoso e non unha palabra en feminino. Varela di que os xenéricos é retorcer e repite unha e outra vez que o PSOE goberna en Madrid con UnidAs Podemos, que debería ser Unidos e Unidas Podemos. 

8.1.4.- Baldeado das rúas.

Raquel lémbralle que no anterior pleno quedaran de facelo (rogo nese pleno de Por Chantada) mais que non se cumpriu. Veu aviso da Confederación, que falen da limpeza das festas, que foi moi boa. Jisi (PSOE) di que foi un desastre. Varela di que en Santa Ana non foi culpa diles. Haberá que facer cubeo coma en Monforte.

8.1.5.- Escola infantil Galiña azul.

Pergunta sobre a dotación de persoal. Varela responde que se trasladou doutros sitios onde baixou a matrícula. Dúas traballadoras máis. A ratio cúmprese. Penela di que hai 11 traballadores.

8.1.6.- Carreira de obstáculos.

Pergunta polo custe [no anterior pleno Por Chantada fixo pergunta sobre isto e díxose que organizaba o Concello]. A resposta de Diego Otero di que aínda non sabe. Raquel pergunta se as inscricións as cobrou o Concello. Diego revela que non.

8.1.7.- Autobús doazóns de sangue. Coches mal aparcados.

Haberá que multar. 

8.1.8.- Pasos de peóns antigos.

Xeran confusión. Varela di que debería desaparecer agora que lle van dar tratamento de cemento ou formigón ao centro da praza de Santa Ana. Raquel di que falta un sinal de 20 km/h aí e que na Avenida de Monforte seguen as carreiras. Varela di que hai un sinal de 50 que non ten sentido, que avisou a quen leva infraestruturas en Lugo. Tamén recoñece que os sinais de 30 case non se ven, que os haberá que pór máis grandes e que sancionar a quen non ten nada non serve, que como moito unha temporada en Monterroso e saen aínda pior.

8.1.9.- Cobertura das antenas de televisión na Sariña e nos Queixeiros (repetidor de Mourelos).

Raquel explica que a viciñanza ten moi poucas canles. Varela fía a solución á fibra óptica, que avanza a moi bon ritmo e que en 2023 estará xa todo o Concello coberto. Nogueira é o máis complicado.

/_______________________________________________________/

8.2.- Rogos e perguntas Por Chantada. [Audio min. 1:25:15]

8.2.1.- Valado de aparcamentos.O 18/09/2022 até as 20 horas non se colocaron as vallas para evitar aparcamentos a partir das 7 horas do día 19 na rúa Ribeira Sacra (en fronte do Telecentro). Esta falta de antelación foi sinalada por varios viciños como molesta e pouco considerada, coincidindo a nosa formación que se deben colocar os avisos con, cando menos, 24 horas de antelación.

Varela: o normal é poñelkas pola noite ou á última hora da tarde. Penela: normalmente faise pola mañá, que pola tarde non hai persoal. Foi unha excepción. 

8.2.2.- Varanda na rúa Muiñeira de Chantada. [Audio min. 1:27:00]
Na rúa Muñeira de Chantada hai unhas escadas que, por seguranza, debería colocarse unha varanda, actuación que rogamos que se faga coa máxima celeridade dado que unha caída desde esa altura podería ter consecuencias graves.

Varela: en Santa Ana tamén cómpre para onde se entra para onde estaban os Hermanos Sánchez. Canto perigoso.

8.2.3.- Parque das piscinas. [Audio min. 1:27:39]
Hai unha árbore no parque, detrás da fonte, que habería que tratar doutro xeito ou precintar, xa que actualmente os cativos desfixérona toda por dentro xogando e rompéndolle pólas. A xente chega a deixar aí deposicións e logo as crianzas xogar sendo un foco de incivismo e insalubridade. Outros tres que están a carón do paseo sofren o mesmo vandalismo en diferente medida. Non hai resposta concreta.

Rogamos adopten medidas.

8.2.4.- Parque da feira vello. [Audio min. 1:29:30]
Varios días no parque Eloísa Ribadulla con velutinas e só se precintou após picaren un pícaro mais a cidadanía chamar á Policía Local. Por que se tardou tanto e por que se suspendeu un concerto das festas cando xa se coñecía a existencia do niño con antelación? O domingo das festas cando se retirou non sabían nada Penela e Varela.

8.2.5.- Piscinas municipais. [Audio min. 1:30:00]
• Do 11 ao 19 de agosto a piscina exterior estivo fechada. Cal foi a causa e por que se tardou tanto en proceder á reapertura? Diego Otero: fallou a depuración e estaba a auga verde.
• Tivo algo que ver co exceso de cloro ou PH da auga e unha manipulación indebida dos produtos químicos? Diego Otero: hai que facer unha actuación porque o terreo cede e desnivela desde que se fixeron en 2009 as piscinas novas. Até agora conseguíase metendo máis auga todos os días pola noite. Iste ano evitouse facelo polas restricións da seca.
• Hai unha filtración. Diego Otero: van levantar o perímetro o ano que vén e por gravidade que asente durante meses, ao non poder meter máquinas alí. Veu Sanidade e deulles o aviso.

8.2.6.- Servizo de atención temperá (preveñen arranxar o edifico da policía local). [Audio min. 1:31:34]
Despois de inspeccionar a Casa da Xuventude en días pasados á ultima hora da tarde:
Por que se levou para a Casa da xuventude cando o Concello ten edificios e é un emprazamento que se axeita pouco? Manuel Varela: está falado coa Xunta e van tentar arranxar o edificio da policía local e levará un ano ou máis. O edificio da xuventude non vén que teña moito uso e todos os edificios públicos están para seren gastos.
Comprobamos que non está adaptado para persoas con mobilidade reducida. O ascensor está avariado desde abril xa e, desde que fixeron a solicitude, aínda teñen que agardar mes e medio, segundo o xefe territorial de Servizos Sociais. 
Hai entón agora en todos os andares servizos para persoas con mobilidade reducida? É para nenos e xente moza o servizo entraría a cadeira de rodas. Para xente maior hai un centro privado na Avenida de Monforte. Derivacións de pediatras e persoas especializadas para corrixir certas cuestións das rapazas e rapaces.

Cúmprese o Decreto que regula o Servizo de atención temperá tocante a obstáculos e elementos saíntes?
 Non sabe dicir se se cumpre o decreto, mais van facer o posíbel para prestar o servizo aos tres concellos da zona. Agora tempo limitado de dous meses e contan ampliar. Dificuldades para encontrar fisioterapeuta e díxolle a Xunta que metesen un diplomado en infantil, que tamén vale de momento.

8.2.7.- Auga. [Audio min. 1:34:59]
Por que no 4º bimestre houbo unha suba tan notábel do padrón a respeito do resto do ano (144.000 fronte 129.000)? Houbo venda a terceiros? A xente que veu de ferias en xullo e agosto duplica o consumo.

8.2.8.- Limpeza instalacións municipais. [Audio min. 1:35:51]
No anterior pleno perguntamos pola privatización do servizo de limpeza e non se recoñeceu a problemática existente e que agora, na CI, é xa pública, xa que se ben o lote 1 se licitou con Mantelnor Limpiezas SL no lote 2 un recurso de Faro foi acollido favorabelmente polo Tribunal de recursos contractuais da Galiza. Por que nos esconderon a situación? Están as traballadoras atinxidas pola privatización do servizos informadas desta circunstancia? O alcalde pergunta que traballadoras. As subrogadas dille Fente. Varela di que serano pola empresa concesionaria, non lles afecta. O tempo dilátase e ninguén as informa de nada, unha incertidume innecesaria e coida que habería que telas informado.

8.2.9.- Río Asma tramo urbano. [Audio min. 1:37:10]

Están facendo seguimento da actuación da CHMS e valoraron o proxecto? Estivo co presidente dúas ou tres veces [Quiroga] e pedíronlle que o limpase (sic.) hai dous anos. Eles saberán que teñen os seus técnicos, imaxina que ben el non é técnico. Fíxolles facer a solicitude a Aguas de Galicia polo tema medioambietnal e alégranse.

Quen se vai facer cargo do afundimento do firme xunto ao paseo da Alameda por parte dun camión da empresa concesionaria da actuación da CHMS? Tendo en conta o furado de notábeis dimensións e fundura e que nesa parte introdúcense vehículos con periodicidade elevada, non se deberían adoptar medidas por seguranza? Cun coche non se afunde aquilo e arranxouno a empresa que tamén afectou a un xardín e deben restituílo. 

8.2.10.- Liña de alta tensión do Maxal. [Audio min. 1:39:10]

Está en exposición. Como vai informar o Concello á viciñanza? Van formular alegacións? Manuel Varela: está no Concello o proxecto tamén. Desde antes do Pazo Piñeiro a Belesar sotérrana. É o que sabe el e parécelle ben. Do resto que se poñan de acordo e paguen ben á cidadanía as empresas e non ten nada máis que dicir. Todos istes proxectos teñen prevalencia e o que non concorde que se dirixa á Xunta. Fente di que o Concello tamén pode alegar. Que alegas? Que a luz está barata? Chantada sóbranlle LAT, iso está claro, e hai unha que vén do Faro que é só é dunha empresa (Enerfin). Partidario das enerxías limpas.

8.2.11.- Obras campo da feira vello. [Audio min. 1:41:20]

Están facendo outros baños no Campo da feira vello, os terceiros, e afectando ao muro da entrada. Poden explicar en que consiste este proxecto e por que ten que facerse aí, xa que non vimos nada entre as resolucións da alcaldía nen nas actas da XGL? Parecíalles a máis axeitada, di o alcalde, Está parado e van buscar outra porque o técnico informou mal e non se pode facer aí, segundo o PXOU de 1985 por unha circunvalción proxectada, que nunca se vai facer. Os baños son unha demadna da xente desde que non se empregan os dos Pendellos.

8.2.12.- Plano estratéxico de subvencións. [Audio min. 1:42:47]
Lembrámoslle máis unha vez a obriga legal que ten este Concello de dotarse dun plano estratéxico de subvencións, así como da necesidade de facer unha memoria anual das concedidas desde a alcaldía con arranxo ao disposto na lei.
A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo reforzou o principio de planificación, contemplado na Lei 40/2015 do Réxime Xurídico do Sector Público, ao ditar que é requisito esencial e previo á concesión de calquera subvención o comprimento do Plano estratéxico de subvencións, contemplado no artigo 8.1 da Lei Xeral de Subvencións, polo que Chantada estaría concedendo as subvencións en nulidade o que xera unha manifesta inseguranza xurídica para as asociacións e entidades benefactoras. Seguindo a doutrina da Sentenza de 26/06/2012 a concesión dunha subvención sen o devandito plano é un vicio substancial e non formal, entrando xa que logo na nulidade do artigo 47 da LPAC.

[A interventora solicita que lle fagamos chegar esa sentenza.Varela di que todo son facilidades, que o concellos dá poucas subvencións e que é moito papeleo. Fente lémbralle que máis burocracia teñen que facer as asociacións, que non teñen funcionarios, cando receben subencións das AAPP e que o plano estratéxico é case un copia e pega dun ano para outro, que non é traballo, e xa llo levamos lembrado varias anualidades.

8.2.13.- Rogo XGL: contratos SAF e limpeza. [Audio min. 1:45:25]
Ultimamente estanse celebrando máis XGL e algunhas, como a prórroga ao contrato do SAF, poderían perfeitamente terse planificado sen precisar dunha XGL só para iso. Amais, queremos que conste en acta a nosa oposición a esta prórroga, así como o descontento polo escaso seguimento das cuestións laborais.  [Audio min. ]

8.2.14.- Equipamento para emerxencias por desaparicións. [Audio min. 1:45:38]

Rogo para que se dote con focos potentes e material o Concello que permitan a búsqueda durante as primeiras 24 horas, que son vitais e sen medios é moi difícil. Non é o momento de tratar isto, mais si mellorar a coordinación e tomar nota do material preciso para cando saian as subvencións para equipamento de emerxencias. Varela di que cando situacións de emerxencia hai que avisar antes de que se dea o caso, que isto máis ou menos sabíase. Fente di que non lle faga falar e lémbralle que avisou xa en 2019, en pleno confinamento, á concelleira de Servizos Sociais, Cándida Carnero, e que desde iso a viciñanza tamén se dirixiu a eles en varias ocasións. Pamela discúlpase dicindo que ese caso en particular era algo que levaban os servizos sociais do centro de saúde. O día que faltou houbo outra notificación da viciñanza e xa tiñan visita proxectada para o luns. Varela di que miraron dunha residencia, mais que o señor non quere e que dúas fillas se fan cargo del. Houbo unha mudanza na lei. Pamela explica que lle porán xeolocalizador, SAF e limpeza de choque. As 24 horas do día non poden estar. Fente lembra que se poden facer informes e envialos a outras instancias para que actúen. Xa está agora mandado, di Pamela, ao xulgado.

8.2.15.- Documentación [Audio min. 1:49:23]

Seguimos sen receber numerosa documentación que demandamos ao Concello de Chantada. Varela diríxese ao secretario accidental. Fente dille que o interpela a el e non aos funcionarios, debendo as solicitudes dirixirse a el. Varela di que se lle dea trámite o funcionariado, sempre e cando poda, que teñen acceso a todo e el non impide nada. Que para faciliar traballos que se acheguen por alí, que os funcionarios son escasos. Teñen acceso a todo através do Gestiona. Xa pediron através do Gestiona. [A interventora di que tivo que haber descordinación e Cores que o papel ten que estar en contratación].

_______________________________________________________

AVATAR 25xullo

Por Chantada celebrou unha asemblea e traballa xa nunha candidatura plural para conseguir a maioría que traia a mudanza que o Concello precisa.

Chantada, 23 de maio de 2022.

  • Aprobouse un Plano estratéxico para conseguir a maioría que traia a mudanza que a viciñanza nos demanda o vindeiro mes de maio de 2023 e sen temor de confrontar o PP e as marcas brancas que xa está impulsando para tentar perpetuarse no poder.

  • Trabállase nunha candidatura plural de veciñas e veciños, atendendo ás nosas 36 parroquias e os diferentes sectores do noso territorio, co gallo de conformarmos unha candidatura gañadora e con capacidade de xestión e transformación.

  • A candidatura viciñal acordou impulsar a II Romaría Galeguista o vindeiro 16 de xullo.

 

IMG-20220521-WA0001
Antom Fente, voceiro de Por Chantada, nun momento da asemblea do pasado 21 de maio. Foto: Por Chantada.

O pasado 21 de maio, no Círculo Recreativo Cultural de 10:30 até as 13:30 horas, celebrouse unha asemblea de Por Chantada na que se expuxeron e explicaron as contas da candidatura viciñal en 2021. A nosa formación sempre apostou pola transparencia e a rendición de contas ao tempo que enceta o período de cobranza das cotas de 2022 após a paréntese que supuxo a irrupción da Covid-19.

De igual xeito, acordouse adaptar e actualizar o Plano estratéxico para conseguir a maioría que traia a mudanza que a viciñanza nos demanda o vindeiro mes de maio de 2023. Somos conscientes de que, a pesar de que desenvolvemos un labor intenso nestes últimos catro anos e que soubemos facer unha oposición construtiva tamén no pior da pandemía, debemos aínda convencer a moitas viciñas e viciños que senten a mesma paixón e ilusión ca nós á hora de mellorar Chantada.

A sociedade local foi abalada por múltiplas crises e calquera pode enxergar un panorama con máis sombras ca luces para os vindeiros anos que exixe que xente formada, con ideas novas e con capacidade de traballo e sacrificio tome as rédeas do Concello se queremos evitar ser un territorio sen proxección e futuro para as novas xeracións.

Por iso, coa vista posta en atinxirmos esa maioría que precisamos para construír futuro e benestar no noso Concello, traballamos nunha candidatura da viciñanza, plural e aberta, atendendo ás nosas 36 parroquias e os diferentes sectores do noso territorio.

Non nos van condicionar as tentativas, xa en marcha, de erguer marcas brancas coas que os de sempre pretenden perpetuarse no poder en canto Chantada esmorece e os desequilibrios aumentan. Por Chantada traballa por un Concello de todas e para todos para o que precisamos unha candidatura gañadora e con capacidade de xestión e transformación.

No aspecto máis lúdico, a asemblea tamén tivo tempo de aclarar o formato da II Romaría Galeguista, que terá lugar o vindeiro 16 de xullo, e que será unha encontro de carácter aberto e festivo no que haberá presenza de compañeiras e compañeiros de Interior Galego Vivo.

Por último, Por Chantada seguirá apostando por unha comunicación fluída e continua coa viciñanza, avanzar escoitando, trasladando as problemáticas das entidades sociais ao Pleno e traballar na resolución dos retos e problemáticas da sociedade local. Con humildade, entrega e constancia e sen nengunha dependencia exterior como até agora fixemos. O futuro ten partido.

 

A viciñanza interesada en receber máis información ou achegarse a nós pode facelo escrebéndonos através das nosas RRSS ou formulario de contacto desta bitácora.

 

Por Chantada proporá no vindeiro pleno medidas para protexer o mosteiro de San Salvador de Asma

A candidatura viciñal lamenta que prosiga o abandono por parte da Xunta e do Concello de Chantada a pesar de ser declarado BIC na categoría de monumento (BIC.000.705).

Por Chantada propón impulsar un plan especial de protección (PEP) do mosteiro de San Salvador de Asma como primeiro paso firme para deter o seu deterioro e demanda dirixirse á Consellaría de Cultura para que colabore nas actuacións protectoras através dun convenio de financiamento do devandito instrumento de planeamento urbanístico.

Antom Fente e Cruz Fernández defenderán no pleno que o Goberno central e a Xunta adquiran o mosteiro para darlle un uso público e garantindo o seu uso e desfrute, en tanto BIC, para a toda a cidadanía.

Mosteiro de San Salvador
O noso voceiro nas inmediación do mosteiro acompañado pola viciñanza que alertou das obras que se estaban efectuando sen licenza habilitante. Foto Por Chantada.

O mosteiro de San Salvador de Asma é un dos núcleos xustificativos da inventio da Ribeira Sacra e co románico base da candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio da humanidade que, reiteramos, ten deixado na marxe aos habitantes do territorio ao primar a configuración dunha marca territorial sobre a protección real do patrimonio material e inmaterial, a paisaxe ou a fixación de poboación. De feito, todas as parroquias ribeirás incluídas na delimitación da candidatura perderon entre 2000-2020 40% da poboación e o envellecemento é notábel. Uns dados tan rotundos só poden definirse como demotanasia, é dicir, o baleirado dun territorio alentado –por acción ou omisión– desde as institucións.

San Salvador de Asma é central para historia da comarca. A súa orixe remóntase ao século IX e consta documentación desde 1074, cando aínda era unha abadía. Dificilmente, se pode entender que semellante fito do noso patrimonio colectivo aparecese en pleno século XXI á venda en Milanuncios sen que a declaración de BIC por parte da Xunta tivese revertido a súa continuada degradación, ruína e abandono.

obras mosteiro são salvador de asma 4
Foto tomada desde o exterior do mosteiro cando a viciñanza da parroquia de San Salvador alertou das obras que se estaban efectuando no interior do mosterior. Foto: Por Chantada.

Desde Por Chantada levamos desenvolto numerosas iniciativas perante diversas institucións na defensa do noso patrimonio e, no que atinxe ao mosteiro de San Salvador de Asma, podemos salientar iniciativas como a Moción de Por Chantada-CUP para impulsar a adquisición e xestión públicas do mosterior de San Salvador de Asma (2017), varios expedientes demandando a intermediación da Valedora do pobo (2019-2022) ou perante a Dirección Xeral de Patrimonio. No entanto, o único certo é que, e isto cómpre subliñalo, a degradación de San Salvador de Asma continúa a pesar de que, no papel, a súa protección é integral.

obras mosteiro são salvador de asma 3
Foto tomada desde o exterior do mosteiro cando a viciñanza da parroquia de San Salvador alertou das obras que se estaban efectuando no interior do mosterior. Foto: Por Chantada.

Desta arte, Por Chantada demandará o cumprimento do artigo 20.1 da Lei 16/58 do Patrimonio Histórico Español, que fixa a obriga de redactar un Plano de especial protección para os lugares declarados BIC. Tamén o disposto no Catálogo do Patrimonio Cultural da Galiza, art. 30.1 da Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural da Galiza (LPCG) e no art. 35 LPCG para o grado de protección e usos permitidos.

Entre as prerrogativas do Concello de Chantada atópase a de instar á redacción dun plan especial ou mesmo outras actuacións protectoras como a prevista na lei, mesmo a situación disposta no artigo 51 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural da Galiza no tocante á expropiación forzosa.

obras mosteiro são salvador de asma 2
Foto tomada desde o exterior do mosteiro cando a viciñanza da parroquia de San Salvador alertou das obras que se estaban efectuando no interior do mosterior. Foto: Por Chantada.

Por todo isto, Por Chantada propón, por unha banda, impulsar, como primeiro paso para a súa conservación, a redacción dun plan especial de protección (PEP) do mosteiro de San Salvador de Asma (BIC.000.705) e dirixirse á Consellaría de Cultura para que colabore nas actuacións protectoras através dun convenio de financiamento do devandito instrumento de planeamento urbanístico. Por outra banda, desde a candidatura viciñal entendemos que o Goberno central e a Xunta da Galiza deben pór os medios para adquirir o mosteiro de San Salvador de Asma dándolle un uso público e garantindo o uso e desfrute do BIC debidamente contextualizado.

obras mosteiro são salvador de asma 1
Foto tomada desde o exterior do mosteiro cando a viciñanza da parroquia de San Salvador alertou das obras que se estaban efectuando no interior do mosterior. Foto: Por Chantada.

Captura de pantalla 2019-04-21 a las 10.27.36

Por Chantada apresenta moción para garantir itinerarios accesíbeis aos peóns.

Consulta a nosa moción íntegra en PDF aquí: Moción Por Chantada itinerario peonil accesíbel

distanciasDimensións mínimas dun itenerario peonil accesíbel segundo a lexislación vixente. Fonte: http://www.oaamb.com

A atención das necesidades das persoas con discapacidade é un principio reitor da política social e económica proclamado na Constitución que obriga, por conseguinte, todos os poderes públicos e que se inscrebe no direito internacional através da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade de 2006, ratificada polo Reino de España en 2007, que estabelece que os poderes públicos deberán asegurar que as vías públicas sexan accesíbeis para as persoas con discapacidade.

A Orde TMA/851/2021, do 23 de xullo, pola que se desenvolve o documento técnico das condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados impón a necesidade de garantir o uso e a circulación de forma segura, cómoda, autónoma e continua de todas as persoas polos itinerarios peonís. Para iso, recolle unha serie de requisitos, entre os que podemos destacar a necesidade de que os ditos itinerarios linden coa liña de fachada a nivel do chan ou, de non ser posíbel, de que se usen pavimentos táctiles para sinalalose de que conten cunha anchura e cunha altura libres de paso non inferiores a 1,8 m e a 2,2 m respectivamente.

En numerosos puntos do casco urbano de Chantada faise patente un incumprimento claro da normativa en materia de accesibilidade, pois existen terrazas instaladas no espazo próximo á liña de fachada sen que exista un pavimento táctil indicador do itinerario peonil substitutivo. Isto supón, como razoa o Tribunal Supremo (Sentenza 354/2019, do 11 de febreiro), unha limitación do dereito de mobilidade polos espazos públicos das persoas con discapacidade que, no caso de Chantada, alcanza unha intensidade preocupante e que se está producindo coa total connivencia do Goberno municipal que leva anos adiando o debate e aprobación dunha ordenanza acorde cos tempos, as necesidades e os diferentes intereses en concorrencia, así como adiou sempre adaptar a mobilidade da vila ás persoas con mobilidade reducida.

O cumprimento desta regulación técnica debe entenderse como unha cuestión de primeira orde, por canto implica garantir a igualdade de dereitos das persoas con discapacidade visual e poñer fin a situacións de discriminación que conculcan o principio de igualdade, valor superior do noso ordenamento xurídico e núcleo duro da Constitución.

paso peónsFonte: Junta de Andalucía. Este organismo ten editado vídeos explicativos que son moi gráficos, por exemplo sobre vados ou itenerario peonil.

Que propón POR CHANTADA?

1.- Adoptar o compromiso como Corporación de respeitar os direitos das persoas con discapacidade e garantir a accesibilidade universal dos espazos públicos. 

2.- Condicionar as autorizacións da Xunta de Goberno Local á instalación de terrazas a que non se sitúen no espazo inmediato de fachada e a que deixen unha anchura e unha altura libres de paso de 1,8 m e de 2,2 m, respectivamente.

3.- A Xunta de Goberno Local deberá requerir a os estabelecementos que conten con terrazas para que garantan que deixen libre o espazo inmediato á liña de fachada, cunha anchura e cunha altura mínimas de 1,8 m e de 2,2 m, respectivamente.

4.- O Goberno municial elevará ao Pleno un informe coas actuación substanciadas en cumprimento desta moción e os puntos en que o itinerario peonil siga sen ser accesíbel nun prazo máximo de seis meses.

cropped-logo-redes-8m-blanco

#construírfuturo

#mellorarChantada

#opartidodaxente