Por Chantada-CUP apresentou o Dia Nacional da Galiza alegacións ao Suplemento de crédito 2/2018

 

No Día nacional da Galiza apresentamos reclamación contra a aprobación do SC 2/2018 por valor de 630,406,65€ en concepto de indemnización a dúas empresas (Fevisa e Oviga) por obras contratadas verbalmente en maio de 2015. No comezo da lexislatura puxemos o grito no ceo con esta cuestión, sendo unha das primeiras e principais batallas que mantivemos desde Por Chantada-CUP na defensa dos intereses do común.

Como sempre defendemos, as facturas foron declaradas nulas de pleno direito, decisión ratificada polo Consello Consultivo en 2016 ao abeiro do artigo 47.1.e) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, que configura como nulos de pleno direito os actos ditados «prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente estabelecido ou das normas que conteñen as regras esenciais para a formación da vontade dos órganos colexiados» e, xa que logo, é mester a depuración de responsabilidades por neglixencia grave que atinxe á facenda pública local, a anulación de oficio do SC e a súa remisión ao Consello Consultivo da Galiza e ao Tribunal de Contas.

No entanto, os 630,406,65€ cos que agora se pretende indemnizar ás empresas tampouco coinciden co que se intentara xa no SC 1/2016 por importe de 510.646,57€ nen co Recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2016 por importe de 631.486,97€. Nengunha explicación foi fornecida sobre esta cuestión.

Inta pretende, así, indemnizar as empresas sen descontar o beneficio industrial das facturas nulas de pleno direito fundamentándose nun informe do arquitecto, segundo o qual as empresas privadas farían as obras contradas verbalmente e adxudicadas a dedo, a perdas. Un caso único, certamente digno de estudo.

Desde Por Chantada-CUP, como sempre defendemos, acreditamos que nen un só euro público debe destinarse a fins que non lle son proprios. Neste caso, os xuros de demora e o beneficio industrial deben descontarse e, en todo caso, serán os responsábeis quen deban respondar legal e patrimonialmente debendo o Concello iniciar ipso facto un expediente de oficio de depuración de responsabilidades.

Novamente, toca aos chantadeses pagar a factura da desastrosa xestión e o pouco respeito pola Lei de Contratos do Sector Público e demais lexislación do alcalde Manuel Varela.

Podes consultar a nosa reclamación íntegra (PDF) premendo na seguinte ligazón:

Reclamación de Por Chantada-CUP na fase de exposición pública ao Suplemento de Crédico 2/2018

Resumo do pleno ordinario do 9 de xullo de 2018

O pleno comezou pasadas as 20 horas asistindo a secretaria e a interventora titulares, o funcionario Segundo Navaza, 12 dos 13 concelleiros (todos agás Salud Sotelo de INTA) e 9 persoas como público.

 

Áudio íntegro do Pleno ordinario do 9/7/2018: https://drive.google.com/open?id=1QAwu8njeIu8oAI2ZaJo8xcjcsom9xERL

 

1.- Aprobación da acta da sesión anterior: ordinaria de data 14 de maio de 2018.

BORRADOR ACTA PLENO ORDINARIO 14.05.2018

Aprobada por unanimidade.

2.- Aprobación do proxecto de obra de substitución do céspede artificial do campo de fútbol municipal do Sangoñedo. (Exp. 717/2018)

INFORME DE NECESIDADE

Informe urbanístico sectorial

Proxecto mudanza de céspede do estadio municipal Sangoñedo

Proposta da alcaldía ao Pleno para a aprobación do proxecto de cambio de céspede do Sangoñedo 

 

A favor: 11 (Inta, PP e PSOE) Abstención: 1 (CUP).

 

3.- Delegación de competencia do artigo 22.2.ñ) da LRBRL do Pleno na XGL. (Exp. 676/2018)

Providencia de solicitude de informe de secretaría

Informe da secretaria municipal 60/2018: Informe delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno Local

Proposta de acordo ao Pleno 

A favor: 6 (Inta)   En contra: 6 (CUP, PSOE e PP). Ao existir empate a votación decídese polo voto de calidade do alcalde.

 

4.- Suplemento de Crédito 1/2018 por importe de 1.194.737,82€ para amortizar débeda pública (Exp. 735/2018).

01 Providencia Suplemento de crédito 1/2018

02 Memoria-proposta SC 1/2018 

03 Proposta ao Pleno SC 1/2018

Decreto 82/2018: decreto liquidación 2017 

Fiscalización da Intervención 22/2018: informe de estabilidade orzamentar liquidación 2017

Fiscalización da Intervención 98/2018: Informe intervención SC 1/2018 amortización débeda

A favor: 6 (Inta)   En contra: 1 (CUP)  Abstención: 5 (PP e PSOE)

5.- Suplemento de Crédito 2/2018 por importe de 630.406,65€ para indemnizar a dúas empresas por facturas nulas de pleno direito (Exp. 745/2018).

01 Providencia SC 2/2018

02 Memoria-proposta SC 2/2018 

03 Proposta a Pleno do SC 2/2018

04 Acta de recepción da obra de Fevisa e Oviga completa

05 Fiscalización da intervención 101/2018: informe da intervención sobre a indemnización SC 2/2018

06 Informe valoración técnico municipal

Votación nominal solicitada desde Por Chantada-CUP:

A favor: 4 (CUP e PSOE) En contra: 6 (Inta) Abstencións: 2 (PP).

Votación ordinaria:

A favor: 6 (Inta) En contra: 4 (CUP e PSOE) Abstencións: 2 (PP).

Con posterioridade ao Pleno, no 25 de xullo Día Nacional da Galiza, Por Chantada-CUP apresentou a seguinte reclamación a este ponto:

Reclamación de Por Chantada-CUP ao SC 2_2018

 

6.- Aprobación da Conta Xeral 2017. (Exp. 460/2018)

Informe sobre a existencia no rexistro de entrada de alegacións á Conta Xeral 2017

Proposta aprobación Conta Xeral 2017

Fiscalización 99/2018: informe-proposta aprobación Conta Xeral 2017 

A favor: 6 (Inta) En contra: 4 (CUP e PSOE) Absntecións: 2 (PP)

7.- Aprobación definitiva do Orzamento xeral 2018. (Exp. 8/2018)

A documentación orzamentar xa foi publicada no seu día e é accesíbel premendo aquí. Tamén podedes ver nesta ligazón as nosas alegacións ao Orzamento na fase de exposición após a aprobación inicial.

Certificacións aprobación inicial do Orzamento do Concello de Chantada 2018 (EXP 8_2018)

Ditame da Comisión Informativa

Certificado 78/2018: certificado alegacións ao orzamento 2018

Fiscalización da intervención 100/2018: informe alegacións Orzamento

Informe da secretaría municipal 61/2018: informe alegación referida execución sentenza g8/2018

Proposta proxecto orzamento 2018 con erro

Proposta proxecto orzamento 2018 sen erro

 

A favor: 6 (Inta) En contra: 4 (CUP e PSOE) Abstencións: 2 (PP).

 

8.-  REC Xantar na Casa. (Exp. 258/2018)

Fiscalización da Intervención 95/2018: proposta xantar na casa 4º trimestre 2017

Informe liquidación 4T 2017

Libro contabilidade 260/2018 [RC XANTAR NA CASA 4 TRIMESTRE]

XANTAR NA CASA OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO

 

A favor: 8 (Inta e PP) Abstencións: 4 (CUP e PSOE)

 

9.- Moción de Por Chantada-CUP para responder á necesidade dunha rede comarcalizada de refuxios de animais na provincia de Lugo.

Moción para responder á necesidade dunha rede comarcalizada de refuxios de animais na provincia de Lugo

Votación emenda:

A favor: 4 (CUP e PSOE) En contra: 6 (Inta) Abstencións: 2 (PP)

Votación moción:

A favor: 4 (CUP e PSOE) En contra: 8 (Inta e PP) 

 

10.- Moción do grupo municipal socialista sobre o camiño da estrada de Pesqueiras a Vilameá por Outeiro.

Unanimidade.

11.- Moción do grupo municipal socialistas sobre o arranxo de rúas no casco urbano de Chantada.

Unanimidade.

12.- Mocións e asuntos de urxencia.

Unanimidade declaración exixindo fisioterapeuta no Centro de día.

PARTE DE CONTROLO DA XESTIÓN

13.- Dación de contas de resolucións da alcaldía.

14.- Dación de contas de reparos da intervención 15 a 54, 56 a 59 e 61, 62 de 2018 e informes de omisión de fiscalización 1 e 2/2018.

15.- Rogos e perguntas.