[OIP] Subvencións concedidas en concorrencia competitiva a entidades deportivas pola Deputación de Lugo para 2017

#Transparencia

Listaxe de subvencións concedidas na anualidade 2017, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades e clubes desportivos da comarca de Chantada por acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, en sesión celebrada o 29 de decembro de 2017, de “Conceder as subvencións individualizadas que se mencionan nas listaxes que se anexan así como a desestimación das subvencións que así mesmo figuran nas respectivas listaxes.” (BOP nº 10 do 13/01/2018). Esta liña de axudas totalizou, para toda a provincia 485.000€.

Cónstanos tamén que hai entidades culturais que aínda non perceberon a subveción de cultura da anualidade 2016, após numerosos requerimentos de documentación. Algo grave é que fala por si mesmo do funcionamento do ente púbico.

Entidade

Nome da actividade

Subvención

Concello

Escolas Deportivas de Chantada

Fútbol Sala

3.684,00

Chantada

Escolas Deportivas de Chantada

Fútbol

1.269,00

Chantada

Clube Billar Círculo Chantada

BILLAR

4.000,00

Chantada

Círculo Recreativo de Xadrez

Xadrez

3.000,00

Chantada

Círculo Recreativo de Xadrez

Torneo Internacional de xadrez memorial Dragan Paunovic

916

Chantada

Club SD Chantada

Fútbol

2.599,00

Chantada

Club Tenis Chantada

Tenis

1.852,00

Chantada

Club Xadrez de Chantada

Campionato xadres de colexicos

539

Chantada

TOTAL CHANTADA

17.859

3,68%

Taboada Club de Fútbol

FÚTBOL

2.087,00

Taboada

Club Ciclista Túzaros

CICLISMO

1.885,00

Taboada

CD Atlético Taboada

Fútbol

1.795,00

Taboada

TOTAL TABOADA

5.767

1,18%

Club Natación Escualos

Natación

1.275,00

Carballedo

Club Natación Escualos

Travesía a nado desafío encoro de Peares

916

Carballedo

TOTAL CARBALLEDO

2.191

0,45%

TOTAL COMARCA

25.817

5,32%

Notas:

  • As Escolas Deportivas de Chantada recebían tamén subvención nominativa do Concello para contratacións externas a pesar de que os salarios, instalación, etc. eran, a todos os efeitos, suportados polo ente local. A fórmula defendíase para ter capacidade de federarse e competir. No entanto, nos últimos orzamentos, e por presións da intervención municipal perante a irregularidade do sistema, optouse por asumir directamente toda a xestión a partir de setembro de 2018. Resta por ver se isto se consolida ou non. Portanto, a estes 4.953€ cómpre engadir unha contía moitísimo máis elevada da achega ou gasto que lle supón ao Concello.

    No Orzamento para 2017 a área 340 “Administración xeral de deportes” representaba o 8’02% do total do gasto, ou sexa, 51’66€/hab. En total, falamos de 441.920,68€, que representa un aumento de 62.248’32€ a respeito do Orzamento de 2016 (hai que ver logo a execución real na liquidación orzamentar do 2017 que adoita diferir sensibelmente do orzamentado, por exemplo no Orzamento de 2016 ficou máis dun millón de euros sen executar). O gasto da área 340 repártase no Orzamento 2017 do seguinte xeito:

                  • Salarios e complementos: 251.242,53

                  • Aluguer edificios e maquinaria: 15.000€

                  • Transporte e carburante: 51.000€

                  • Enerxía eléctrica: 30.000€

                  • Material e gastos varios: 4.650€

                  • Actividades culturais e deportivas: 1.500€

                  • Limpeza: 10.528’15€

                  • Cloro piscinas: 2.500€

                  • Vestiario: 16.400€

                  • Subcontratas: 1.000€

                  • A institucións sen ánimo de lucro: 57.600€

    A maiores existen outras partidas doutras áreas que tamén se destinan a unha finalidade deportiva e que, por falta de vagar, non podemos agora rastrexar e cuantificar. No entanto, fica a presente achega como unha aproximación bastante real do gasto público local en actividade desportiva.

  • A SD Chantada recebe tamén 15.000€ do concello mediante subvención nominativa, o que totaliza 17.599€ en 2017.

  • O Círculo Recreativo de Xadrez contou cunha subvención nominativa do Concello por valor de 2.500€ en 2017, o que totaliza 6.416€ públicos.

  • O Club Tenis Chantada recebeu en 2017 tamén 1.000€ (subvención nominativa) do Concello de Chantada o que soma 2.852€ de fondos públicos de entes locais (as Deputacións computan como administración local).

 

[+ Información]

As contas do Concello VII: Subvencións nominativas concedidas polo Concello de Chantada en 2017.

OIP: subvencións en concorrencia competitiva entidades deportivas en 2016.

Resumo do pleno extraordinario do 15 de xuño de 2017

Comezou ás 20:10 ao agardar pola chegada do voceiro do PP, Javier Rodríguez Medela. Asistiron os 13 concelleiros, a interventora, a secretaria municipais e o conserxe do Concello Segundo Navaza. Tamén estivo en boa parte do pleno Televinte. No entanto, e a pesar da importancia dos asuntos tratados, entre eles o Orzamento para 2017, non asistiu ningún cidadán (un fenómeno que non é novo, xa que a asistencia é sempre mínima).

Seguir lendo

Por Chantada condena a discrecionalidade e opacidade coa que o alcalde emprega os fondos públicos

logo-por-chantada

 

O 22/09/2016 o xornal La Voz de Lemos informaba sobre o “Déficit nas contas do Chantada“. Segundo recollía este xornal, a directiva cesada do SD Chantada obtivo na última asemblea a maioría necesaria para aprobar unhas contas cun superávit de máis de 8.000 euros e a nova directiva demostra que o realmente existente é un déficit de máis de 9.000 euros. No mesmo corpo da nova informábase que, tanto a directiva saínte canto a entrante, existe un compromiso verbal de Manuel Varela de asumir con fondos públicos esa débeda. Ao respecto desde Por Chantada-CUP queremos facer as seguintes valoracións:

1.- A SD Chantada recibiu a subvención nominativa recollida no Orzamento de 2016 en vésperas da asemblea en que mudou a directiva, non sabemos se é unha casualidade ou unha axuda persoal do alcalde para contribuír á maquillaxe das contas.

2.- Os fondos públicos non os outorga verbalmente nin como favor persoal a persoa senón os órganos colexiados existentes na institución e só na medida en que son representantes dos cidadáns e axustándose á lexislación vixente. O contrario son as vellas prácticas herdadas do caciquismo do século XIX e que semellan resistirse a desaparecer nun país que di querer ser europeo.

3.-  Neste momento o concello gasta tanto en pagarlle a unha empresa por xestionar o facebook do concello (3.000€ cada 6 meses) como en emerxencia social (6.000€ ao ano) ou págalle proporcionalmente máis ao concelleiro da dedicación parcial, cuxas funcións seguimos descoñecendo, que cobra un profesor da secundaria ou un médico recén incorporado á sanidade pública. Ao tempo incumpre o plano de axuste onde lle convén (transparencia na contratación, escolla da mellor oferta, incremento expoñencial do gasto en persoal, etc.), mais é celoso e rigorista na aplicación de suba de impostos como o IBI ou a creación de novas taxas. E como mostra o seguinte extracto do informe da intervención municipal (para lelo íntegro preme aquí).

subvencions-no-plano-de-axuste-1

En definitiva, Por Chantada-CUP condena a discrecionalidade coa que a alcaldía do concello de Chantada outorga os fondos públicos, así como a falta total de transparencia  e unha política económica desastrosa e irresponsábel. Se o concello asume a débeda da SD terá que facelo mediante un acordo do órgano colexiado competente e rendendo as debidas contas, alén de precisar dunha modificación orzamentar que debe pasar polo pleno.  O contrario é un emprego caciquil e espúreo das institucións, como se fosen feudos persoais e non patrimonio colectivo de toda a veciñanza de Chantada.

#SomosAlternativa #CUPChantada