Resumo do pleno ordinario do 3 de xuño de 2021 [audio]

Captura de pantalla 2019-04-21 a las 10.27.36

O Pleno comezou ás 20:05 horas coa asistencia de 12 concelleiros (non asistiu Manuel Diéguez), do secretario accidental, da interventora e dun funcionario municipal. O pleno remata ás 22:17 horas.

Accede ao audio da sesión plenaria aquí: https://drive.google.com/file/d/1JVenqG4snQZAA3IQrOXM2EuYxYN4Hr-M/view?usp=sharing

A) Parte resolutiva

1º.-Aprobación das actas das sesións anteriores. Ordinaria do día 8 de abril de 2021 e extraordinaria urxente do día 7 de maio de 2021.

Acta da sesión ordinaria do pleno correspondente ao 08 04 2021

Acta da sesión extraordinaria urxente do pleno correspondente ao 07 05 2021

Raquel pide que se corrixa o seu nome na páxina 9 e na páxina 16 na de 8 de abril.

Fente indica que na ordinaria de 8 de abril (p.1) dise que se alterou a orde do día con votación por unanimidade, mais dita votación non se produciu.

Procédese á aprobación por unanimidade.

 

2º.-Modificación orzamentaria 13/2021, mediante Crédito extraordinario 01/2021 por importe de 300.779,70€. Alegacións.-Exte. G301/2021. [min. 2]

Alegacións Por Chantada CE 1_2021

INFORMES DE INTERVENCION 2021-0011 [INFORME

PROPOSTA AO PLENO

Raquel di que lle sorprende que non se corroboraran os dados cando se informou do erro xa no proprio pleno e en canto admitir ou non as alegacións non lles queda outra que guiarse da intervención. Non se aclara o fundo da alegación e se as medicións están ben feitas. Non afectaría ao proceso e á operación non estaría en risco ao estaren as xestións rematadas co propietario. Insisten en que cando xurdan dúbidas deberían revisarse os expedientes e máis en casos coma este onde se advertiu dos erros.

Fente indicide en que en nengún momento se aclarou sobre o fundo das alegacións, tampouco na CI previa este pleno e só se escudaron nun acordo entre concello e proprietarios. Se o acordo existía para que se fai entón a taxación se se fai fal? Sobre a lexitimación activa fai unha detallada explicación con fundamentos xurídicos e sentenzas que podedes consultar aquí: Lexitimidade activa dos concelleiros. Fica claro entón que o informe non entre no fundo do asunto porque só está desenvolvido para desestimar a priori a alegación, non se explica en absoluto nada sobre o erro de medición sinalado que afectaría á contía e, portanto, ao expediente. A contestación posterior do alcalde é igualmente vacua. 

Manuel Varela di que os compañeiros do PSOE entendeu ben as cousas e que eses sentenzas tería que aclarar para que foron, que non foron para Chantada [sentenzas do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo que sentan xurisprudencia para Manuel Varela non son para Chantada. Está tan afeito a tratar a viciñanza como parvos ou menores de idade políticos que todo lle vale]. Fente está para entorpecer e non para esclarecer o labor do goberno. Teñen acceso aos expedientes como todos os cidadáns. Que pregunten a quen fixo o informe, el non pode ir en contra do técnico e é indispensábel facer ese informe. Se vostede quere seguir xogando a xurista eu aconsellaríalle que fixese direito. Nós entendemos isto doutra maneira, traballando rápido e axilmente para os cidadaos.

A favor: 10 (PP e PSOE). En contra: 2 (CUP).

Desestímase a alegación e apróbase o crédito extraordinario 1/2021 por importe de 300.779,70€.

 

3º.-Modificación orzamentaria 19/2021, mediante Suplemento de Crédito 02/2021 por importe de 141.688,20€.-Exte. G553/2021. [min. 11:20]

PROPOSTA AO PLENO SUPLEMENTO 02/2021

Informe_MO 2021-0017 [MP 192020 SUPLEMENTO 022021]

MEMORIA-PROPUESTA SUPLEMENTO

PROVIDENCIA SUPLEMENTO 022021

Desde o grupo municipal socialista ven ben dedicar parte do RTGX a mellorar accesos e se é con aglomerado mellor, mais preocúpalles que non se concreten obras para alén do tramo Vista Alegre-Santa Mariña e lémbranlle ao alcalde que quedara en facer partícipe das obras á oposición, extremo que incumpre. Sobre o Consorcio (18.420€) preguntan polos convenios e canto pon cada administración e que obras se van facer. A priori a dinamización turística parécelle ben e votarán a favor porque non se poden opor a mellorar no concello, aínda que estarán vixiantes.

Fente di que este segundo suplemento do ano ascende a 141.688,20€. Na CI non se nos aclararon os núcleos de poboación, para alén do que trecho ao que xa fixo referencia Raquel de Vista Alegre – Santa Mariña (400-500 metros). Desde Por Chantada lembramos que, por iniciativa nosa, aprobárase por unanimidade unha comisión de infraestruturas, que nunca foi convocada, para clasificar e arranxar as estradas segundo o seu estado. En total, díxosenos que se farán 4 quilómetros de aglomerado en quente, que fan moita falla.

Canto ao Consorcio, para alén da cota anual que pagamos todos os anos de 12.000€, agora abonaranse dúas cotas especiais para dous planos especiais aos que os concellos achegan o 30% e a Xunta o 70%. Dous planos que non se sabe para que son aínda. Isto redunda en anuncios de planos sen fundos, coma o da paisaxe que se anunciou hai pouco. Cando un vai ao plano os investimentos son cativos, sendo xenerosos, e fomentando rotas en carro cando falamos de descarbonización. Cousas de difícil entendemento como que se convoque un consello de parroquias e se avise só aos da parroquia dun, na ronsel do pior neocaciquismo.

Todo isto acaba redundando nunha situación de opacidade que ao mellor explica porque hoxe houbo que recuar na declaración da Ribeira Sacra como patrimonio da Humanidade, que se daba como un feito consumado aínda hai uns días en Fitur. Estivemos ás portas de ser a primeira candidatura do Estado español que a UNESCO desbotou e por que? Porque non se tivo en conta as persoas que moramos no territorio e non se deixou que participásemos para ver se queriamos esas figuras de protección [véxase as alegacións de Por Chantada ao expediente BIC da Ribeira Sacra e tamén á Reserva de Biosfera]. As cousas débense facer participadamente e non desde un gabinete de Santiago e os “indíxenas” a calar e quen abre a boca semella que vai contra o progreso… pois non, a razón e a verdade rematan por aflorar. Figuras deste tipo afectan á vida das persoas que viven no territorio como para marxinalas. Se non se coñece o contido dos planos do Consorcio o Concello debe ser o primeiro en pedir que se coñezan e divulgalos entre a poboación e non pedir cheques en branco e autos de fe.

Manuel Varela xustifica as “intencións” de 38.000€ para dous anos anos na situación sanitaria, pois tamén o Xacobeo vai con atraso e son necesarios autos de fe. Ao mellor están equivocados 24 concellos e a Xunta [unha falacia argumentativa que a UNESCO deixou xa ben aclarada]. Saca peito da situación económica do Concello, pois, segundo o alcalde, agora pode contribuír a estas cousas e até hai pouco non [como se non gobernara entre 1995-2007 e 2011-2021, é dicir, 22 dous últimos 26 anos, sendo o responsábel directo da bancarrota que levou ao contrato de Viaqua e da débeda que tiña o Concello e que nos mantivo décadas na indixencia.Van tirar para diante e a ver se lles gusta o que fai o Consorcio. 

 

Votación: 

A favor: 10 (PP e PSOE).

Abstención: 2 (POR CHANTADA).

Apróbase o suplemento de crédito 2/2021 por importe de 141.688,20€ para arranxos de camiños e achega ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

 

4º.- Modificación orzamentaria 20/2021, mediante Crédito extraordinario 03/2021 por importe de 68.000€.-Exte. G554/2021. [min. 19:46]

Informe_MO 2021-0016 INFORME CREDITO EXTRA

PROPOSTA AO PLENO CREDITO EXTRAORDINARIO 032021

Segundo o PSOE estas axudas chegan tarde mais son benvidas. Para os de Pedro Sánchez outros concellos e a Deputación de Lugo que gobernan eles foron máis previsores. O sector viuse afectado pola pandemía e pediron axudas xa no debate do orzamento. Solicítanlle o convenio da Xunta ao alcalde. Este responde que o asinou hoxe. A voceira socialista insiste en que tamén deberían repartir xa as axudas orzamentadas para a COVID-19 no orzamento e transmite a inquedanza do sector pola falta de oredenanza para as terrazas que se contemplaba no plano normativo aprobado polo PP.

Xa cando fora o debate do orzamento de 2021, entre outras cousas, demandamos desde Por Chantada nun documento axudas para o comercio e a hostelaría. Entendemos que, segundo o falado na CI, o orzamentado para 2021 (50.00€) será para bonos para gastar na hostelaría e os 68.000€ de agora para hostelaría. Como non se nos facilitou o convenio consultamos con outros concellos e hai pros e contras. Os pros que se xestiona a Xunta tíralle carga de traballo ao Concello, os contras unha tarifa plana para todos por igual e uns requisitos que obrigan a recorrer a subterfuxios porque perdendo interanualmente 60-70% dos ingresos a empresa estaría quebrada. Tamén se pode dar o paradoxo que dous bares pegados mais de diferente concello poden receber cantidades bastante dispares.

Todos os sectores foron atinxidos, mais a hostalaría e a cultura, ou as orquestras, con especial dureza. Seguen en curso ERTEs e EREs, aínda que os dados da EPA convidan a agardar que comece o rebote en positivo. 

Malia as reservas expostas ( a.- que chega tarde; b.- que a tarifa plana non é xusta; e c.- que o Concello podería facer as súas proprias bases e mecanismos de acordo coa autonomía municipal) consideramos que estes 68.000€ son un recoñecemento simbólico á difícil situación que atravesa a hostelaría e, daquela, que saia o acordo por unanimidade é unha forma como Corporación de recoñecer simbolicamente as dificuldades do sector. A Xunta e o Goberno central debería axudar realmente a estes sectores duramente atinxidos como a hostalaría ou a cultura

Manuel Varela repete os argumentos que sempre saca a relocir e que non significan nada: di que pagan os paganinis de sempre, que o Concello agora pode achegar cartos e antes non. Tamén afirma que as bases da Xunta lle aforrran traballo. Os bonos están facendo as bases nos servizos sociais e agarda que axuden a 400 ou 500 familias e que sexamos solidarios para que ese diñeiro recaia en quen realmente o precisa. Din vostedes que chegan tarde, mais van chegar e doutra Administracións non chegou nada. O diñeiro é o que hai.

Votación:

Apróbanse as axudas para hostelaría por importe de 68.000€ por UNANIMIDADE, con cargo ao RTGX (crédito 3/2021).

 

5º.-Bonificación ICIO que solicita Don Iván Fernández Expósito en expediente de concesión de licenza de obras e actividades G450/2021 para Construción de Nave en Planta Baixa e Entreplanta na Parcela 13 da Ampliación do Polígono Industrial de Os Acivros. Exte. G450/2021. [min. 28:50]

6.1.- PROPOSTA BONIFICACIÓN ICIO IVAN FERNANDEZ EXP

6.2.- FISCALIZACION DE INTERVENCION 2021-0055 [FISCALIZACION]

6.3.- INFORME TECNICO

Os socialistas ven ben a bonificación do 95% do ICIO no Polígono e acusan ao PP de querer rematar con esta bonificación en xaneiro, que finalmente o PP retirou. Piden acelerar a modificación da ordenanza. Piden bonificacións para construcións agrícolas e rehabilitacións no rural

Antom Fente reitera tamén os argumentos xa expostos unha e outra vez desde o Grupo Municipal de Por Chantada, a última vez no Pleno de abril, cando viñeron 3 bonificacións desta natureza. Estamos a favor destas bonificacións do ICIO, se ben insistimos na nosa demanda de facela extensíbel ao sector primario, é dicir a agricultores e gandeiros, e outras industrias que se asentan no rural polas súas característica, e que, a pesar de non estaren no Polígono Industrial, contribúen para o mantemento do medio rural coa súa actividade e tamén crean emprego e fixan poboación. Para nós, o sector primario é aínda a base da estrutura económica local e de contribuír ao relevo, ou non, en moitas explotacións e de incentivar novas iniciativas no campo vai depender o noso futuro. De como actúen as administracións vai depender que haxa ou non relevo nas exploracións e vai determinar se fixamos ou non poboación no territorio, polo que cómpren facilidades para o sector primario no tocante a actuacións como construcións de naves e que crian riqueza polo elevado volume de facturación e iso significa que hai moitas persoas que directa e indirectamente se nutren e manteñen a súa actividade económica do leite, da carne e do viño… e outros que van despegar como o do aceite, do mel ou da cireixa. Fiar todo á terciarización e ao turismo é ser cegos perante a pandemía da COVID-19, os padróns que van mudar pola descarbonización ou, simplemente, porque fomos sempre unha comarca agro-gandeira. O monocultivo sempre é pernicioso e empobrece a medio-longo prazo. 

Entendemos que xa entraría no artigo 6 da ordenanza actual concederlle a bonificación, mais en todo caso se se revisa deberíase contemplar.

O alcalde pide que se pase á votación e di que están de acordo coa bonificación e que retiran o que dicían en xaneiro. Doutras cuestións xa se falará porque non se poden distorsionar os ingresos do Concello. Para o alcalde o agro galego, neste caso o de Chantada, como non lle engadan valor aos produtos mal imos por moito que se lles axude. Só o prezo lle mete diñeiro á xente, mais rebaixar nunha nave tres mil euros se logo non lle é rendíbel mal imos. Desde xeito o Concello e outras administracións teñen que engadirlle valor ao que producen.

 

Aprobáse a bonificación do ICIO que solicita Iván Fernández Expósito por UNANIMIDADE.

Bon ICIO no rural

 

6º.- Moción que apresenta o grupo municipal socialista sobre recuperación e posta en valor do patrimonio das augas minero-medicinais do Concellos de Chantada. [min. 35:53]

MOCIÓN PSOE AUGAS MEDICINAIS ASINADA

O PSOE expón os argumentos cos que defende a moción após a leitura dos acordos polo secretario accidental [min. 37:05 – 38:50]. 

Falan de Ourense e de Ferreira e a páxina da Deputación de Lugo dentro da historia das augas da provincia cita a Mouriscados, que foi unha referencia, se ben lonxe da potencia en termalismo que ten Ourense. A moción parécenos correcta e poderiamos subscreber case palabra por palabra o seu contido, como en todas as iniciativas sobre o patrimonio que temos traído a esta cámara.

Chantada ten un patrimonio riquísimo e é unha arma de duplo fío, pois, por unha banda, temos moito que recoñecer e promover, para que nos visiten e marchen con moi bon sabor de boca desta terra; mais, por outra banda, cómpren moitos recursos para manter todo. Un pouco como esa xente a que se lle legan moitos bens, mais que se non producen non hai capacidade económica para mantelos. Habería que facer unha reflexión se callar: moitas leis para protexer o patrimonio, poucos fondos para rehabilitar e conservar o patrimonio.

Entendemos que desenvolver os pontos propostos non son Misión imposíbel, como aquel filme, mais dependen da vontade política e da capacidade de traballo dos concelleiros e concelleiras, nomeadamente os que teñen responsabilidades de Goberno. As xestións diante da Xunta para o recoñecemento dos mananciais e protexer o balneario de Mouriscados parécennos axeitadas e neste ponto a figura do ENIL que xa veu a pleno, sen suceso, para os Cachóns do Asma podería ser unha solución. En todo caso que se lle dea un marco de protección e se reverta o estado lamentábel co teito derrubado que ten actualmente.

Canto a accesos e sinalización sería un investimento ao alcance do Concello, ora mediante crédito extraordinario con cargo ao RTGX ou ben contemplándoo no capítulo VI de gastos do Orzamento de 2022. Podería tamén, facerse con cargo ao Plano único os accesos e a sinalización a cargo do Consorcio de Turismo, que entraría entendemos nese plano de dinamización que anuncian. Reiteramos, trátase de facer xestións e ter vontade política, pois ferramentas hai.

Para a divulgación podería solicitarse axuda aos centros educativos locais e mesmo criar unha bolsa de investigación local que anualmente se foque nun aspecto patrimonial ou cultural de interese e do desenvolvemento de unidades didácticas e materia para a súa promoción. Poderíase facer desde a concellaría de Cultura ou a de Patrimonio. De feito, esta era unha das proposta que estaba dentro da Estratexia local para o Patrimonio e o turismo 2020-2030, que non se aprobou mais as nosas ideas están aí para usarse polo ben da viciñanza.

Varela ve a moción interesante mais adoece de defeitos. Desde o Concello non van orientar a xente a esas augas. A farmacéutica Ana Méndez Rojo da rúa Xoán XXIII dixo que facía analítica, mais é mellor que a faga Esther Fernández de la Vega. Van comezar por aí e a ver que tipo de cuestións teñen esas augas. Acusa ao PSOE de non falar con Eduardo, un dos proprietarios, que pensaba que se lle ía expropriar. O alcalde explicoulle que en todo caso valoraríase e compraríase. Van facer analítica e ver se son aptas para o consumo. 

Para o alcalde o acceso actual a Mouriscado xa é extraordinario, pois o balneario é de risa ao lado de Pantón ou Ourense. Comprométese a traer analítica ao vindeiro pleno e a partir de aí pórse a traballar. O PP propón unha emenda in voce que é facer a analítica e dar conta no vindeiro pleno ordinario.

Raquel di que tamén tramitar ante a Xunta e que o Concello o que tería que falar co proprietario. Varela dille que é viciño de Raquel, que debería ter falado xa con el. Raquel aceita as boas intencións mais a moción debe votarse.

Votación:

A favor: 6 (POR CHANTADA e PSOE). 

En contra: 6 (PP).

Rexéitase a moción do PSOE polo voto de calidade do alcalde.

 

7º.- Moción do grupo municipal Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular para favorecer a descarbonización mediante modificacións nas ordenanzas fiscais. [min. 48]

Moción do grupo municipal Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular para favorecer a descarbonización mediante modificacións nas ordenanzas fiscais.

[min. 49:57 – 1:00:44] Antom Fente, após a leitura dos acordos que se propoñen na moción polo secretario accidental, explica a moción de Por Chantada e as razóns do seu grupo para defender esta moción recalcando a reforma que habería que facer das ordenanzas do ICIO e do IVTM para favorecer os vehículos híbridos e eléctricos, así como reformas de garaxes comunitarias para poder cargalos. Esta moción sería continuación dunha anterior xa debatida nesta Corporación en que pediamos ligazón territorial entre o caborno secuestrado e as cotas evitando que sexan un mercado especulador máis.

[1:00:46-1:02:38] Para o PSOE ninguén discute xa a mudanza climática hoxe. Nas nosas maos como cidadaos e mais como representantes políticos revertir esta realidade. O PSOE está contente coa Lei de mudanza climática e afean que un PACES irreal aprobado polo PP sexa papel mollado se non se aproban iniciativas como esta. A rebaixa é perfeitamente posíbel e só ten dúbidas sobre a bonificación do ICIO, mais para iso se piden os informes técnicos. Pídelle ao alcalde predicar co exemplo.

[1:02:40 até 1:05:08] Para o grupo popular na CI comentaron que lles gostaba a moción, mais non a ven ao nível de Chantada, senón de cidades como Barcelona ou a Cruña. Na FEGAMP ou na FEMP tense falado disto e van estar sempre dispostos a receber o apoio da FEGAMP e da FEMP para desenvolver na medida do posíbel o  PACES e xa se pasou de falar de 2030 a 2050… Aínda que el falaría de hoxe, de mañá e de pasado. Seguirán o que fagan eses organismos, mais negan que teña condicións económicas o Concello para modificar a ordenanza [totalmente falso o que non queren é traballar], pois non queren paralizar o Concello. Non se poden comprometer con isto, aínda así di que Chantada está na primeira liña contra a mudanza climática para o que están estudando aparcadoiro subterráneo en Chantada con 20-30 prazas bonificadas con enchufes para carros eléctricos [O que cómpre ouvir! na CI o alcalde confesou que quería facer o aparcadoiro subterráneo no Cantón! A empresa madrileña dille que mellor en Xoán XXIII. Para Por Chantada o gasto e impacto dun aparcamento subterráneo é un despropósito cando non se fai o máis mínimo en ordenanr o tránsito].

[1:05:10 até 1:06] Lamentamos que non apoien a moción, di Antom Fente. Falaron de Barcelona e da Cruña tamén, mais hai concellos sen esa dimensións que si fixeron as bonificacións que propomos aquí. Concellos coma Cambados, que non é unha urbe, e non paralizaron toda a administración. Varela di que a bonificación para Chantada sería para dous vehículos e non de persoas que precisen axuda [máis ao noso favor entón]. Entón é o momento para facelo e non agardar máis adiante, retruca Fente. Varela non permite continuar co debate e pide votar aos grupos.

 

Votación:

A favor: 6 (POR CHANTADA e PSOE). 

En contra: 6 (PP).

A moción de Por Chantada rexéitase polo voto de calidade do alcalde.

 

8º.-Mocións e asuntos de urxencia: subvención nominativa para a Escudaría de Chantada por importe de 11.000€. [min. 1:00:16]

PROPOSTA ABROBACION SUBVENCION NOMINATIVAS ESCUDARÍA 2021

FISCALIZACION DE INTERVENCION 2021-0068 [INFORME DE INTERVENCION]

O alcalde xustifica este ponto, que lle tivo que lembrar o secretrario accidental, o 30, 31 e 1 de agosto será a Subida se as condicións sanitarias o permiten. A subvención municipal, nominativa, será de 11.000€, mil máis que na anualidade anterior.

Votación da urxencia: UNANIMIDADE.

Para o PSOE a subida é para evitar facturas posteriores. O alcalde di que está no certo e que non se estaba facendo ben pagando facturas directas fóra da subvención. Agora xa se lles avisou. Dependendo como sexa a Subida este ano daranlle máis ou non, porque se é unha matraca os cidadaos de Chantada non están para tirar cos cartos. Hai que ser serios. Agora os 11.000€ e esquecerse de máis facturas, nen bocadillos nen trapalladas. Se este ano o evento é un éxito de ocupación hosteleira para o ano verán de subirlles. O PSOE lembra que hai outras entidades como a Irmandade Cultural País do Faro que precisan subvencións. O alcalde di que na medida que o vaian pedindo vanas ir outorgando coa partida que reservaron para iso, se a oposición sabe dalgunha que o diga tamén, sempre que as podan xustificar. Van estabelecer unha para axudar a parroquia de Santa Mariña, a Caritas, mais nega que os Servizos Sociais desviase xente para Caritas. O alcalde afirma que isto é mentira e que esa xente dálle pena, este Goberno non comunga con rodas de muíño [no entanto está demostrado que o alcalde mente]. Aínda a teñen sen determinar, a ver se poden dar 5-6.000€ para Caritas, que virá no próximo Pleno. Facer política coas necesidades da xente… ten adxectivos mais non os vai usar. Hai moito espabilado, que lle poñen os pelos de ponta. Raquel fai referencia ao informe de intervención e ao plano de subvencións caducado. Varela di que van contratar unha empresa para facer as ordenanzas para non paralizar a administración, como pasaría coa moción de Antom Fente Parada. Tamén o van facer así cos contratos menores. Os proprios servizos de intervención así llo pediron, se ben xa están pedindo tres orzamentos na maioría dos casos, aínda que non é a maneira de facelo polo visto. De todas formas, agora en Chantada xa se paga ao día e non se nos “cargan” as facturas ou chaman ao provedor por teléfono.

[1:16:18] Aínda solicitaron agora a axuda – cuestiona Fente- despois da CI? Non, díxollo hai días mais tiña que vir a Pleno [faise o parvo porque tería que ter vido á CI]. Entón por que vén por urxencia? Pasóuselles tramitar o expediente e lembráronllo desde a organización da Subida, calquera lle falla ao Alfonso que se non vén unha vez polo Concello ao día vén dúas. Normal, ten que defender o seu, que bastante traballo dá facer eventos, por experiencia. Sobre o Plano estratéxico e a ordenanza non imos insistir, mais había outro tema que é que as bases do orzamento só permiten adiantos do 50%, mais á Escudaría concedíaselle o 100%, que non sabemos se seguirá sendo así. Van intentar que non. É un tema que hai que intentar que sexa para todo o mundo igual se nas bases pon un 50%. Varela contradí o que eles mesmos aprobaron e di que a Escudaría é outro caso. Xustifícao polo seguro que teñen que pagar e non teñen remanente como a SD Chantada para as fichas. Ao mellor non fan as contas como é debido para ter remanente, mais a Escudaría ten a súa desculpa, por así dicilo. A interventora di que baixo nengún conceito se lle pode dar o 100% a ninguén, terán que ir a un banco e facer unha póliza de crédito de 15.000€, para o que recebe de Concello e Deputación. Andan escasos… Bon traballo fan para o que gañan, di Jisi. O alcalde di que hai máis xente interesada en organizar a Subida… aínda que el non o faría, xa non é moi afeccionado ao mundo do motor. Que fan un traballo excepcional, por suposto, e 2-3 meses antes unha chamada diaria e visita ao Concello, mais ben eles teñen que arranxar a súa vida. Xa está todo falado non vai subir el cun coche vello. O safety car. O Ibiza que aínda ten a miña muller. 

Votación do asunto:

Apróbase a subvención da Escudaría por UNANIMIDADE.

 

B)Actividade de Control

b1) Dación de conta Resolucións da Alcaldía (da 021/2021 a 401/2021).

 

b2) Informe-Resumo de Intervención Ano 2020. Expediente 476/2021.

INFORMES DE INTERVENCION 2021-0009 [INFORME RESUMO]

Hai recomendacións ás que se debe antender:

  • o xa cronificado uso discrecional do contrato menor con omisión nos trámites esenciais e incumprimento dos artigos 29.8 (duración), 99.2 (fraccionamento) e 118 (importe) da LCSP;

  • pagos domiciliados;

  • falla de control axeitado dos contratos, especialmente de obras;

  • contratos vencidos que non se licitan;

  • responsábeis de contratos e documentación preparatoria;

  • aluguer do Telecentro sen calquera expediente;

  • RPT e Convenio colectivo;

  • Plano estratéxico de subvencións caducado e falla de ordenanza xeral de subvencións…

C)Rogos e Preguntas

PARTE RESOLUTIVA

PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN:

14.- DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (DECRETOS 31/2021 A 206/2021).

15.- ROGOS E PREGUNTAS.

 

15.1.- PSOE [1:22:45 deica 1:48:50].

 

15.2.- Rogos e perguntas de Por Chantada [1:48:52 até ]

I.- Axudas e subvencións.

1.1.- APROL rural.

Acolleranse como noutros anos a liña de axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (APROL rural) que saíron no DOG do 20 de abril? Si.

1.2.-Peóns RISGA (DOG 27/04/2021).

Acolléronse á convocatoria e cando van saír as bases? Pediron 5, coma todos os anos.

 

II.- Saúde pública e seguranza cidadá.

2.3.- Tarima descansos paseos fluviais [min. 1:49:14].

Nos días de choiva os miradoiros no paseo até o Sangoñedo son perigosos nas áreas con tarima de madeira. Esta non foi tratada e acumula unha película que a fai altamente esvaradía, converténdoas en pistas de pastinaxe. Cómpre ter en conta que é precisamente a xente máis maior a que emprega os bancos para descansar que, ao estaren situados sobre a tarima, poden provocar caídas.

Rogamos que se actúe e se conserve axeitadamente o mobiliario público.

Segundo Conchi hai xa orzamento para cambialas e a pasarela xa se mudou.

2.4.- Baldosas praza do Cantón [min. 1:50:14].

Na praza do Cantón, xunto á Igrexa de Santa Mariña e, portanto, en pleno casco histórico hai varias baldosas en mal estado que poden provocar caídas.

Amais, séguese aparcando impunemente nesta praza que, en teoría, é peonil, algo que só se explica pola pasividade do Goberno municipal.

2.5.- Carros abandonados [min. 1:50:25].

Pasados xa uns meses volvemos lembrar que hai varios carros abandonados na vila sen que se adopten solucións (Estrada de Ourense vella; Telecentro; camións…).

Falou o xoves da semana pasada co xefe da policía local. Hai un furgón tamén xunto ao tanatorio do Cristalar, que leva alí préto de dous anos… e outros tres máis, o do pavillón… un desastre. Os que non teñan orde xudicial pódense eliminar.

 

2.6.- Rúa do Rego [min. 1:51:20]..

Precisa limpeza, xa que hai lixo acumulado e hai tempo que os varredores non pasan. Tamén precisa arranxo polo seu estado de deterioro.

Haille que dar unha volta á rúa que sobe cara ao parque, que está feita un desastre.

 

III.- Servizos públicos.

3.7.- Piscinas.

As piscinas levan anos nun lento devalo dos ingresos, acelerándose a situación coa pandemía, como era esperábel e natural. No entanto, neste mes de maio que a situación se ten normalizado, os ingresos do padrón mal pasan dos 7.600€.

  • Contemplan algunha campaña ou medida para mellorar esta tendencia preocupante de perda de utentes e ingresos? Si, tan pronto se poida teñen que ir ao nível de 550 a 600 asociados, senón é unha ruína. Antes da COVID puñan entre 25 e 30.000€ cada ano desde o Concello para as piscinas. Rendíbel non vai ser nunca, mais coa empresa privada púñanse 120.000€ de fundos proprios.

  • Valoran incrementar inversións para renovar e mellorar equipamentos? Diego Otero di que cando se recupere un pouco isto farán varias cousas, como actualizar as tarifas que están desde 2014 sen actualizar, subíndoas. Tamén arranxaron o pavimento do ximnasio e seguirán facendo pequenas cousas.

3.8.- Aparcadoiros [min. 1:53:30].

Existen aparcadoiros que o concello non mantén en condicións, enchéndose de malezas ou con fochancas que os fan impracticábeis para moitos vehículos. Rogamos revisen os mesmos.

Conchi di que van iragora coa rozadora do tractor [non sabía nen como se chamaba a máquina] cando rematen nas estradas e botarlle zahorra. 

3.9.- Baños parque Campo da Feira Vello [min. 1:54:18].

Recebemos queixas de utentes que din que siguen fechados e indican que agora son de uso exclusivo para clientes dos Pendellos. Poden aclarar isto?

Van ser só para Os Pendellos, di o alcalde. Agora fixéronse uns para as pista de tenis e ándanlle dando voltas aos dous refuxios que ficaban no parque para comer polbo e ao mellor fan alí baños públicos, mais son problemáticos, porque a xente non é cívica. Non hai civismo. Raquel di que os utilizan tamén para outras cousasFente pergunta como se fixo a cesión aos Pendellos, pois non vimos o expediente. Fíxose así e non sabe se é legal o que había até agora [ampara entón ilegalidades durante dúas lexislaturas en que foi alcalde?]. Non poden limpar os baños dun local privbado, agora límpaos e papa el e tamén paga unha cota mensual. Fente aclara que a cota xa estaba no expediente orixinal da adxudicación ao cumprirse “x” anos desde a concesión [manía de anotarse tantos e manipular].

 

3.10.- Feira do 5 e do 21 [min. 1:54:26].

A pandemía alterou usos e costumes e atinxiu duramente as feiras e os mercados de alimentos, cuxo mantemento é, no entanto, ensencial para favorecer o consumo local e sutentábel.

As rúas do Comercio e as prazas do Comercio e do Cantón deberían ser o lugar escollido para os postos de plantón, aves e coellos e liberar na medida do posíbel Xoán XXIII. O Mercado Gandeiro non é unha boa ubicación.

O que temos é que avanzar, se vai ser zona peonil e via ter lousado en perfeito estado… no mercado gandeiro están encatandos e a xente tense que acostumar a outras cousas. O do polbo, o que está onde a Ascensión, querémolo pasar para onde estaban os piñeiros centenarios xunto á casa sindical [Agora resulta que as árbores eran centenarias e cando se cortaron non].

Fente, sobre o que comentou do lousado do Cantón, roga e insiste que se respeite o empedrado. Non falou do Cantón.  A rúa do Comercio, baixo o criterio de Fente sería un atentado ao patrimonio substituílo por lousado e eliminalo. O alcalde di que hai quen lle dixo que era preferíbel erguer o empedrado e mantelo  Si, ese é o noso criterio [ou deixar todo tal e como está antes de escarallar nada]. Se lle pergunta ás señoras que andan en tacón non opinan o mesmo. As señoras que andan en tacón con todos os respeitos que vaian a outros sitios, como o que anda descalzo. Se temos que facer as obras pensando no que anda en zocos. Que fique constancia do noso criterio e logo coa súa maioría fagan o que lles pareza. Daniel do PSOE dilles que teñan coidado que pasa por aí o camiño de inverno. Tamén vai por Leonardo Rodríguez e non se queixa ninguén. Non lle gosta o empedrado do Cantón, que non permite danzar e require palco. Jisi di que é moi fácil de erguer o empedrado. Hai pedreiros con experiencia dilatada.   En Santa Ana hai unha especie de empedrado e dá problemas, van meterlle formigón ou aglomerado en quente. Iso discutiuno Jisi co anterior aparellador e mentres teña tránsito non hai outra altenativa e aínda pasa algún trailer. 

Salvemos o casco histórico_Por Chantada

IV Medio ambiente.

4.11.- Ordenanza entullos [min. 2:04:54].

O Concello de Chantada ten unha ordenanza de entullos (BOP 14/05/2007) e as empresas que con el contraten deben ser as primeiras en cumprir o disposto na mesma. No entanto, cónstanos que non se está facendo un correcto tratamento dos mesmos, por exemplo, existiron depósitos nas inmediacións da rúa Taboada.

Poden explicarnos como vixía e garante o Concello a correcta xestión dos entullos por parte das empresas que contrata mediante contrato menor, xa que supoñen un atentado medioambiental e unha mala praxe?

Ven aberracións de vez en cando e chaman á policía local. Fente fala de que se trata de obras públicas. Faise para ter acopio e non ir cun carretillo. A finca do Voces levou o que levantou en Vista Alegre e cargouno para levar a Monforte. Cumpriría algún sitio apto para declaralo como vertedeiro de entullos. Jisi propón as antigas canteiras… Varela di que non valen, que xa foron alí

 

4.12.- Rozado de gabias [min. 2:07:08].

Coa primavera e o crecemento da vexetación nas gabias urxe que o Concello comece o rozado mecánico das mesmas. Cando se vai comezar e por que se agarda tanto?

Estes días tiveron un dos tractores no taller e anda un só di Maneul Varela. Contradi Diego Otero afirmando que xa comezaron os dous, mais o que se fixo hai un mes xa lle cómpre volver pasar, polo que van volver darlle unha volta a todo o concello.

V Cultura.

5.13.- Casa da música [min. 2:07:50].

En meses pasados recortaron a subvención da Casa da Música e anunciaron que en maio se produciría unha xuntanza para determinar que futuro darlle entre os colectivos implicados e tamén coa oposición. Vimos que xa anunciaron a matrícula para o vindeiro curso e actividades para o verán.

Cando se van facer esas xuntanzas?

Pasado mañá é a despedida do director da banda e están en “estudos permanentes”, di o alcalde, até que lles digan unha cousa ou outra non saben que dicirlle. Estudos permanentes? Van facer unha nova selección de director de banda e quen rexía a banda vai mudar polo que a ver que estudos lles apresentan.

 

VI Administración e asuntos xurídicos.

 

5.14.- Despido improcedente (Expediente: 422/2021).

No Decreto 253/2021, de 16 de abril, acórdase abonar 7.904,82 por despido improcedente a Israel Bóveda Ogando, segundo os termos da Sentenza nº 195/2021 do xulgado do social nº2. Poden render contas disto?

Unha sentenza que había que readmitir ou despedir.

5.15.- Relación de postos de traballo (RPT). [min. 2:09:50].

Fente lembra a sentenza do TSXE sobre a contratación en fraude de lei no Reino de España e o desaxuste fronte á normativa europea polo que a RPT ten certa premura. Avanzaron algo?

Levan un mes agobiados, mais retomarán o asunto que xa está avanzado.

 

5.16.- Antena no monte comunal da Vacariza.

Desde Por Chantada interesámonos polo decreto en que se lles pedía documentación desde o Concello. Contesta o secretario accidental. Non debe ser instalación, mais legalización da mesma. Non xustificaba axeitadamente a comunicación previa. É unha legalización. O alcalde di que se entera destas cousas cando asina e que aínda non asinou. Aínda non se rematou entón.

 

Comprometidos cun interior galego vivo

O vindeiro 10 de xullo celebrarase a asemblea de Interior Galego Vivo. Se desexas inscreberte podes facelo en interiorgalegovivo@gmail.com

Asemblea do courel

Resumo do Pleno ordinario de novembro de 2019 [Audio]

 

 

Asistiron 11 concelleiros, ausentándose Manuel Diéguez do PP e María Varela do PSOE. Tamén asistiron a secretaria, a interventora e un funcionario. O Pleno comezou ás 9:35 horas e finalizou ás 12:36 horas. Como público, só asistiron dúas persoas e non houbo presenza da imprensa.

 

Audio do Pleno: https://drive.google.com/open?id=1nts08qOgZ1Ee5yRLHGh7i-5K3Xm_OAVI

 

1.- Actas anteriores, correspondentes ás sesións: Ordinaria do día 03/10/2019, extraordinario de 17/10/2019, extraordinarias urxentes dos días 21/10/2019, 29/10/2019 e 04/11/2019 (sorteo mesas). [Audio min. 0-3]

Acta PLENO ordinario 3_10_2019

O resumo da sesión do 3/10/2019 pode escoitarse premendo na seguinte ligazón: resumo pleno ordinario outubro 2019.

 

Neste ponto, desde Por Chantada salientamos que nos parecía excesivo e, sen correspondencia noutros concellos, celebrar 3 plenos polo sorteo das mesas eleitorais. O noso voceiro propuxo que non se cobrasen os plenos dos sorteos eleitorais e, após un pequeno debate, decidiuse que non se cobrarían os dous extraordinarios urxentes convocados por este motivo.

 

 

2.- Modificación ordenanza fiscal da taxa pola rede de sumidoiros e a taxa pola subministración de auga (G-1123/2019). [Audio min. 3-14:04]

PROPOSTA IPC  REDE SUMIDOIROS-SUBMINISTRACIÓN AUGA

FISCALIZACION DE INTERVENCION 2019-0117 [INFORME ACTUALIZACION IPC

Informe_INFORME XURÍDICO

Escrito Viaqua

 

Subirá, portanto, 0.5 conforme ao IPC. Contrasta que esta ordenanza sempre se actualice co desleixo que se ten coas demais. A empresa, que vendeu auga ilegalmente e sen contador, segue facendo o que quere e a intervención municipal xa solicitou dúas veces por escrito unha auditoría externa que o alcalde segue sen facer.

 

A favor: 6 (PP). En contra: 0. Abstencións: 5 (CUP e PSOE).

 

3.- Suplemento de crédito 05/2019 por importe de 80.719,97€ (expediente G.-1021/2019). [Audio min. 14:20-21:53]

Reclamación Por Chantada-CUP SC 5_2019

INFORME ALEGACIÓNS AO SUPLEMENTO CREDITO 05/2019

PROPOSTA ALEGACIÓN DO SUPLEMENTO CREDITO 05/2019

O 29/11/2019 xa se publicou no BOP a aprobación defintiva. Son múltiplas actuacións feitas en período eleitoral, sen dispor de crédito e contravindo tamén a LCSP no tocante aos contratos menores. Os argumentos do alcalde merecen ser escoitados, esta convencidísimo de quen non hai quen lles gañe e se gastando isto conseguen nas próximas a maioría estaría orgulloso e son uns “fenómenos”.

Un proceder que xa se desenvolveu en 2015, daquela con máis de 650.000€, aos que cómpre somar agora por volta de 150.000€ dunha sentenza xudicial en conceito de xuros de demora cando, de facerlle caso á interventora, terían que ter abonado 400.000 e non 600.000€. Claro que son cartos de todos e así paga calquera.

 

(Votábase rexeitar a alegación de Por Chantada-CUP ao Suplemento 5/2019): a favor 6 (PP). En contra: 5 (CUP e PSOE). Abstencións: 0.

 

 

4.- Modificación horarios sesións plenarias. [Audio min. 22:03-31:10]

PROPOSTA ALCALDÍA MODIFICACIÓN HORARIOS CONVOCATORIA PLENO.doc

DECRETO 2019-0541 [DECRETO modificación horario Xunta de Goberno Local.doc]

Emendas de Por Chantada ao ponto 2 da Comisión Informativa de Réxime Interior de 25 de novembro

 

O PSOE tamén apresentou unha emenda antes xusto de iniciar o Pleno, que non podemos pór ao entregársenos en papel. En todo caso tampouco foi aceite. Por Chantada demandaba que os plenos fosen o venres ás 20 horas. O alcalde dixo que a súa proposta era innegociábel e que se facía para atender a dous compañeiros seus que traballan na empresa privada e non na pública, que eses non teñen problema (en alusións a algúns integrantes da oposición).

 

Votación emenda Por Chantada-CUP (mudanza día Pleno de xoves a venres): a favor 2 (CUP), abstención 2 (PSOE) e en contra 6 (PP).

Votación emenda PSOE (mudanza comisións informativas para a tarde): a favor 5 (PSOE e CUP), abtencións 0 e en contra: 6 (PP).

Votación proposta PP (mudanza horario Pleno das 9:30 para as 20:00 horas): a favor 6 (PP), abstención: 3 (PSOE) e en contra 2 (CUP).

 

 

5- Moción grupo municipal Por Chantada-CUP para a adopción de medidas a prol da igualdade. [Audio min. 31:39-44:03]

Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP para a adopción de medidas a prol da igualdade_signed

A favor: 5 (CUP e PSOE). En contra: 6 (PP).

6.- Moción de Por Chantada-CUP sobre a adopción de medidas necesarias na escola infantil e para ampliación das prazas públicas. [Audio min. 44:10-1:04:4]

Moción de Por Chantada-CUP sobre adopción de medidas necesarias na Escola Infantil e para ampliación das prazas públicas

A favor: 5 (CUP e PSOE). En contra: 6 (PP).

7.- Moción que apresenta do grupo municipal socialista do Concello de Chantada sobre transparencia e bo goberno. [Audio min. 1:04:12-1:27:27]

Moción PSG-PSOE sobre transparencia e bo goberno.

A favor: 5 (CUP e PSOE). En contra: 6 (PP).

 

 

8.- Moción do grupo municipal socialista do Concello de Chantada sobre o subministro eléctrico no polígono dos Acivros. [Audio min. 1:28:00-1:49:30]

Moción PSG-PSOE sobre o subministro eléctrico no polígono industrial dos acivros.

O PP culpa á Deputación e o PSOE á Consellaría de Industria, centrando nisto o debate. Sae tamén a problemática dun gandeiro de Camporramiro. Por Chantada propón que se mude o acordo para exixir á Xunta e á Deputación á resolución do problema. Non se acepta.

A favor: 5 (CUP e PSOE). En contra: 6 (PP).

9.- Mocións e asuntos de urxencia.

Non se produciron.

10.- Dación de conta de resolucións da alcaldía.

11.- Dación de conta do acordo de incorporación en conxunto dos funcionarios que perciben asistencia sanitaria por ADESLAS ao Réxime Xeral da Seguridade Social.

Este asunto non debería figurar na orde do día do Pleno, si na comisión informativa. O que debería figurar é a mudanza de horario das Xuntas de Goberno Local (XGL).

12.- Dación de conta de informe de control financeiro de acordo co Plan anual financeiro para o exercicio 2018. [2:20:25-2:22:00]

FISCALIZACION DE INTERVENCION 2019-0089 [CONTROL FINANCIERO PROVISIONAL 2018]

Precioso o documento. Non deixa títere con cabeza e revela máis unha vez a súa deficiente xestión, con aspectos gravísimos. Paga a pena lelo. Aclarámoslle ao alcalde que a interventora xa pediu auditoria externa sobre a empresa dúas veces. Tamén que moitas ordenanzas actuais, que xa están feitas, non se actualizan nen se aplican.

13.- Dación de conta da resolución da alcaldía pola que se aproba o Plano de Igualdade entre Mulleres e homes do Concello de Chantada. Expediente 1132/2019. [2:22:00-2:23:22]

III PIan Igualdade_Concello de Chantada

Valoración e emendas de Por Chantada-CUP ao III PIOM

II Plan_Igualdade_de_Oportunidades_Chantada

Propostas Actividades Plan de Igualdade de Chantada

Por Decreto 515/2019 de 8 de novembro (exp. 1145/2019) aprobaron F/2019/33, correspondente á elaboración do III PIOM por importe de 4.495,15€. O compromiso de ingreso efectuado polo Instituto da Muller e para a igualdade de oportunidades e a FEMP, para o Plan de Igualdade ten un por importe de 3.703,00 €. Puxo o Concello os 792,15€ de diferenza? Si. Cuestionamos tamén que se afirme que se cumpriu 70% do II PIOM.

14.- ROGOS E PREGUNTAS.

14.1.- Preguntas PSOE. [Audio min. 1:50:00-2:20:26]

14.2.- Rogos e perguntas Por Chantada-CUP.

0.- Perguntas por escrito Pleno outubro. [2:23:23-2:24:00 + 2:52:56-3:01:06]

PREGUNTAS DE POR CHANTADA-CUP por escrito para o Pleno ordinario de setembro 2019_signed Foron presentadas conforme ao ROF e deberían terse respondido xa no outro Pleno.

1.- Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se regulan os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas da Galiza. [2:24:00-2:24:50]

Analizaron o novo Decreto da Xunta e como pode impactar na xestión da piscina? Responde Diego Otero (PP) indicando que está en estudo e que no site de Sanidade hai novos protocolos. Xa está feito o das piscinas interiores e con revisión da inspección de sanidade.

2.-Consello escolar CEIP de Requeixo. [2:24:50-2:28:25]

A quinta-feira 7 de novembro celebrouse Consello escolar no CEIP Xoán de Requeixo, para aprobar o seu Plano Xeral Anual (PXA). Novamente, ninguén do Goberno se dignou en aparecer e iso, que no pasado Pleno ordinario, trouxemos a cuestión do IES Lama das Quendas, onde levan anos sen aparecer. [Panela indica que se disculpou]

Na páxina 55 do devandito documento hai unha referencia a unha obra de accesibilidade na escola non desenvolvida polo Concello. Concretamente dise:

Neste curso, creouse unha unidade específica de educación especial, resaltar que aínda que contamos con todos os recursos, tanto humanos como materiais, a aula non está funcionado, debido a que non hai acceso a ela debido ás barreiras arquitectónicas existentes. Era un compromiso do Concello eliminalas durante este verán, pero seguimos á espera. A dirección do centro fixo todas as xestións que estaban na súa man, pero non se conseguiu nada ata o momento. A Xefatura Territorial é coñecedora deste problema, xunto con Inspección e unidade técnica (enviouse un escrito solicitando se solventase o problema con data 1 de outubro de 2019).

Poden explicar por que é que non se desenvolveu esta actuación e cando teñen pensado pórlle remedio a esta deficiencia? [Varela di que non é competencia municipal e que o farán, en todo caso no Nadal]

Agora, o Consello Escolar, por unanimidade, aprobou unha queixa ao Concello dado o incumprimento continuado de diferentes intervencións de mantemento e outras de accesibilidade (RE-08/11/2019). Xa o 19/04/2019 remitiuse desde a Dirección escrito ao Concello solicitando unha rampla que dese acceso ao edificio antigo do colexio, onde se localiza a xa mencionada unidade de educación especial, para pícaros con NEAE, algúns deles con mobilidade reducida. Deron compromiso verbal, como fan sempre, mais aínda non fixeron nada e a aula está inutilizada por este motivo.

As demandas urxentes do CEIP son:

  • Rampla de acceso para a unidade de educación especial coa que se comprometeron, mais segue sen facerse.

  • Inspección das instalacións eléctricas, pois o inspector da Consellaría de Industria dixo que tiñan que ser feitas inminentemente, xa que caducou a data límite para facer a revisión por parte do Concello e segue a velas vir. [Varela di que xa está pedida]

  • Limpeza das baixantes dos diferentes edificios, pois está entrando auga no comedor. [Varela di que iso é da Consellaría e que parece que as direccións teñen medo a chama á Delegación e que procuran aforrarlle os cartos]

  • Solventar as deficiencias na limpeza dos patios, nomeadamente a segunda-feira polos restos que fican da fin de semana. Este ano, na véspera de comezar o curso aínda estaba o patio sen limpar, con árbores caídas e o céspede sen rematar de cortar. [Varela nega a maior e nega isto]

  • Reposición de azulexos caídos e mantemento variado.

  • Retirada de pintadas existentes nos diferentes edificios.

  • Modificación no muro situado entre o edificio principal e o comedor.

En definitiva, que o Concello deixe a un lado o seu proverbial desleixo e o abandono total das súas responsabilidades e atenda ás necesidades dos cidadáns e do ensino público.

 

3.- Fosa séptica en Nogueira. [2:28:26-2:28:44]

Hai meses solicitamos mediante un rogo que se baleirase a fosa séptica de Nogueira, o cal se fixo, mais esta apresenta importantes fugas polos laños e fisuras coas que conta, expondo a cheiros e vertidos incontrolados as inmediacións.

Rogamos máis unha vez que se proceda, o antes posíbel, á súa reparación.

 

4.- Robaliza comunicación. [2:28:44-2:28:57]

Desde a pasada lexislatura as RRSS do Concello de Chantada están xestionadas por Robaliza Comunicación. Segundo este grupo ten entendido, a empresa acumula impagos nos últimos seis meses. Que explicación dan desde o Goberno a este atraso? [Pamela di que non é certo. Ao rematar o Pleno Pamela acláranos que había unha factura mal por parte da empresa e que xa foron abonadas algunhas delas.]

 

5.- Pista Pincelo. [2:29:03-2:29:13]

A pista de Pincelo indicámoslle no pasado Pleno que estaba con madeira caída e comunicóusenos que fora retirada. Para a nosa sorpresa comprobamos aínda o 19 de novembro, que isto non é así, e que os problemas sinalados persisten dous meses despois. Rogamos novamente que o Concello actúe.

 

6.- Pistas Caíbe e Vilardamos. [2:29:14-2:30:00]

Esta pista precisa ser arranxada con urxencia. Rogamos se faga canto for posíbel.

Tamén vimos que a pavimentación do núcleo de Vilardamos foi adxudicado a Construcións Voces por importe de 25.410€. Cando van comezar estas obras que xa se contemplaban no Plano Único da Deputación e que parte achega o Concello? [Varela indica que a Deputación achega o 100% do financiamento e que ao Concello non lle custa nada e que, canto ao inicio da obra que depende agora da empresa]

 

7.- Rúa do parque. [2:30:00-2:32:39]

Transmitimos queixa viciñal para a mellora da Rúa do parque, entre Santa Ana e o Campo da Feira Vello, que eviten o aparcamento indebido e en relación cos bolardos.

En xeral, a ordenación do tránsito urbano, primeiro ponto do programa eleitoral do PP nas pasadas municipais, segue igual que estaba. Que accións contemplan neste eido? [Varela nega que haxa problemas e que só se queixa unha viciña. Cruz lémbralle escritos da comunidade de viciños á que pertence, xa hai tres anos. Varela di que se chame á policia local]

 

8.- Biblioteca. [2:32:40-2:33:12]

Rogamos, desde este grupo municipal, que se recupere o horario de apertura en fin de semana da Biblioteca. Por que se suprimiu? [Falta de persoal, indica o alcalde]

Que xestións se fixeron para a consecución da nova biblioteca desde o Goberno? [Non hai novidades, pendentes da compra duns edificios]

9.- Alumeado público. [2:33:15-2:35:08]

Temos reiterado en varias ocasións que o alumeado público precisa dunha revisión e optimización, para alén de apostar polas lámpadas de poupanza enerxética e de mellora da eficiencia. Rogamos o arranxo do alumeado nocturno do paseo fluvial, concretamente no treito que vai dende a Ponte Peonil (altura da piscina municipal) ata a Alameda, que neste momento é inexistente e xa se acumulan varias caídas pola falta de visibilidade. [Varela di que está reposto agora. Falta unha marxe por arranxar, a direita. Di que se van gastar 198.000€ para aforro enerxético e que son independentes dos 46.000€ que se investiron en Uxío Novoneyra coa empresa Rabelas e que suporán 70% de aforro, financiándose co fondo de compensación]

 

10.- Casa da música. [2:35:08-2:35:46]

Recentemente, como consecuencia dunha caída dado o esvaradío da superficie, tivo que ser trasladada unha persoa en ambulancia. É un tema que traemos todos os invernos e segue sen solventarse. O Goberno apenas colocou un balado de obra que non solventa ren. Rogamos se feche con garantías o teito da Casa da música entre os meses de outubro e abril.

 

11.- Pista de padel. [2:35:47-2:37:17]

Falando de teitos, a coberta da pista de padel que custou 41.932€ (dos cales o Concello achegou 2.046,64€ e o resto a Deputación através do Plano Único 2018) e leva pouco feita semella que non está cumprindo axeitadamente a súa función e a auga segue penetrando.

  • Contemplan solucións? [Varela di que de momento non. Diego di que é eficiente e que non hai problemas. Diego di que o proxecto foi feito polo arquitecto e o técnico deportivo. Algo sempre entra cando fai vento. Varela di que non xoguen cando fai mal tempo, que aínda quererán ar acondicionado no verao. Hai necesidades máis urxentes]

 

12.- Rúa Rosalía de Castro. [2:37:18-2:38:26]

Cimentouse a parte da beirarrúa que caiu, mais deixáronse os balados de obras do Concello que están ciscados e dan unha imaxe lamentábel. Rogamos a súa retirada e que, no sucesivo, se fagan mellor estas actuacións. [Foi unha rotura. Vaise arranxar cando non chova con formigón impreso]

 

13.- Piscinas. [2:38:27-2:41:36]

Hai lixo e neveiras fóra e dentro do cuarto das piscinas de fóra, xunto aos baños, comida apodrecendo que ficou da Wolf race, cando temos un banco de alimentos e xa pasou o mesmo no pasado ano. Nas duchas ficou todo cheo de bulleiro, tendo que limpar o servizo municipal. Xunto ao río ficaron garrafas de auga de plástico, que remataron no curso fluvial. Desa mesma carreira ficaron varios outros elementos sen retirar. Cal é o motivo deste proceder? [Varela di que haberá que darlle un tirón de orellas á asociación e retirarlle a axuda se volven reincidir]

Na beira de fóra afundírase o terreo e non funciona a depuradora, mais aí colocouse unha lanzadeira que pesa e segue sen recoller. Rogamos que se recolla. [Diego que ficará aí para o ano pasado. Indica que as garrafas de auga se recolleron ao día seguinte]

Nas piscinas de dentro a ventilación non funciona e a condensación está derramando a madeira do vestíbulo. Rogamos que se arranxe. [Diego di que só leva 3 meses así e que se vai arranxar]

Cal é o motivo polo que a cafetaría leva meses fechada e non se licita? [Esta fechada, de momento non se vai licitar]

 

14.- Fincas expropiadas. [2:41:37-2:44:44]

Vemos que pagaron a expropiación dunha finca por tras do IES Val do Asma por valor de 89.657,38€. Que uso lle teñen contemplado dar? [Varela di que, se callar, para horta escolaar, como no grupo escolar de arriba]

Tamén na rúa Pardo Bazán, por importe de 28.411,27‬€, cal vai ser o seu destino? [Tratar comprar as fincas colindantes para facer un parque]

 

15.- Sentenza 254/2019 (120.140,43€ en xuros de demora). [2:44:45-2:46:10]

A sentenza estimatoria do xulgado Contencioso-administrativo nº1 de Lugo, de data 27/09/2019, con número 00254/2019, que ten o carácter de firme, dá dez días para a súa execución solicitando o Concello unha moratoria para facer o pago através do Orzamento de 2020. Trátase de 120.140,43€ en xuros de demora.

A que fai referencia exactamente a sentenza?

Cando teñen previsto traer a Pleno o Orzamento de 2020?

[Varela di que agora quere todo papeis, que non se fía das palabras. Que é para indemnizar a empresa FEVISA polas obras de 2015. Fente mostra a indignación que lle produce ter gasto en período eleitoral e sen crédito máis de 640.000€, a pesar de que a interventora defendía que eran pouco máis de 400.000€ o que lles correspondía a Fevisa e Oviga. Agora isto. O orzamento contemplan que veña xa en decembro se se poñen xa a traballar nel]

16.- Terrazas. [2:46:11-:2:47:14]

Volvemos facer o rogo para que se desenvolva unha ordenanza actualizada e axeitada ás nosas necesidades para as terrazas e a ocupación do espazo público. Vimos o Decreto 488/2019, de 29 de outubro polo que se dá a coñecer que no 2019 se recaudaron 5.335,60€ por este concepto, por volta de 2.000€ máis que na anualidade pasada. [Varela di que é urxente revisar o que se cobra, que é axudar demais]

17.- Reparos e omisións de fiscalización.

Non se están enviando. Lembramos un informe do anterior secretario, Baños, a instancias do noso grupo sobre este asunto. Se non se remite pedirémolos por escrito mes a mes, co cal é pior para todos e todas.

 

18.-Pronor Chantada S.L. [2:47:15-2:48:02]

Mediante Decreto 509/2019, de 7 de novembro de 2019 o Concello de Chantada encomenda a defesa xurídica do procedemento a José Antonio Carnero Blanco e non ao Servizo da Deputación de Lugo, como vén sendo habitual. Cal é o motivo? [A Deputación estalle perdendo todos os xuízos, non lles convence]

Coidamos que non é procedente que o Goberno contrate a persoas relacionadas por parentesco directo, xa que incumpre as disposicións legais. [O PP di que se consultaron e que non hai problema]

19.- Luces Nadal. [2:48:03-2:49:01]

Canto se vai gastar? [Varela di que coma o ano pasado, sobre 12.000€]

20.- Pregos privatización SAF. [2:49:02-2:50:10]

Aprobáronse? [Están niso, afirma o alcalde] Cando se van aprobar? [Virán a Pleno] Que vai pasar coas 15 traballadoras que rematarán contrato a 31/12/2019? [Indican que todas, que a ver se son capaces de anotarse á bolascurioso cando sacan unha bolsa de emprego e nen eles saben realmente que van facer-] Como se conxuga a privatización, cunha bolsa de emprego en marcha e cunha empresa externa funcionando? [O alcalde di que vai para largo, que se privatizará en maio ou máis adiante, non en xaneiro]

21.- Capela do Faro. [2:50:11-2:50:26]

Que xestións fixo o Concello perante a falla de licenza? [O presidente da Corporación unicamente sinala que se encamiñou un informe a Cultura, a petición desta Consellaría]

22.- Níveis elevadísimos de gas radon na casa do concello. [2:50:36-2:52:53]

Inquerimos se lembraban como se riran de nós cando apresentaramos a Moción de Por Chantada-CUP para impulsar un estudo sobre a incidencia do cancro no Concello de Chantada e a adopción de medidas preventivas fronte esta doenza. [Varela di que non é risa e que ninguén se riu da moción. Fente lémbralle a acta correspondente. Di que o van arranxar cuns ventiladores].

Sobre isto deixamos algúns materiais a maiores do exposto no seu día sobre a relación entre altas taxas de radon e o incremento exponencial do cancro, nomeadamente de pulmón:

4.6_WEB

ICRP_Publication_103-Annals_of_the_ICRP_37

Radon_gas_in_homes_increases_lung_cancer_risk

Pleno ordinario 1 de agosto de 2019 [audio]

O 1 de agosto celebrouse sesión ordinaria do Pleno de Chantada, a primeira da 11ª lexilatura do período democrático. Comezou ás 9:36 horas e finalizou ás 12:45 horas.

Asistiron os 13 concelleiros da nova corporación (polo PP sete, polo PSOE catro e polo noso grupo dous), a secretaría María Yebra-Pimentel López, a interventora accidental Susana Martínez e o funcionario municipal Segundo Navaza. Incorporouse mediado o ponto 5º e até o final do 7º o técnico municipal de urbanismo Juan García Pérez. Canto ao público, asistiron 3 cidadáns e un xornalista.

Audio íntegro da sesión plenaria na seguinte ligazón: Audio da sesión ordinaria do Pleno de Chantada correspondente ao 1 de agosto de 2019

1.- Acta da sesión organizativa, correspondente ao 2/07/2019.

ACTA da sesión organizativa do PLENO de 02.07.2019 completa

Aprovouse por UNANIMIDADE, incorporando algunhas correccións indicadas polo grupo socialista, que indicou votar favorabelmente ás comisións de goberno.

2.- Aprobación “PROXECTO MODIFICADO 1 MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL (AGADER 2019-2020)”. EXPEDIENTE G-749/2019.

INFORME URBANISTICO SECTORIAL VIABILIDADE

PROPOSTA ALCADÍA PARA PLENO APROBACIÓN PROXECTO MELLORA DE CAMIÑOS 2019-2020

Aprovouse por UNANIMIDADE. Deben estar rematados antes do 31/12/2019 e son catro pistas que figuran na documentación do ponto e que totalizan 3.773 quilómetros cun orzamento de 108.006,77€.

Camiño Argozón-Moreiras (1.252 metros)

Camiño Vilanova-Riazón (655 m)

Camiño San Cristovo-Nande (1.271 m)

Camiño de Bermún (595 m)

A maiores, soubemos despois do Pleno que a Xunta concedeu axuda para arranxar, con aglomerado a pista de Fornas, que se atopa nun estado lamentábel.

3.- Delegación de competencias plenarias na XGL. EXP. G-777/2019.

Proposta Pleno aprobación de proxectos pola Xunta de Goberno Local

A favor: 7 (PP) En contra: 6 (Por Chantada-CUP  e PSOE).

Neste ponto o ACORDO adoptado é o seguinte:

ÚNICO.- Delegar na Xunta de Goberno Local polo Pleno da Corporación a seguinte atribución:

1.- Aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando non estén previstos nos orzamentos.

 

4.- Modificación orzamentar 16/2019 mediante Suplemento de crédito 03/2019 a cargo do RTGX por importe de 26.277,05€. Resolución de alegación. [Exp. 387/2019]

Reclamación Por Chantada-CUP SC 3_abril 2019

2FISCALIZACION DE INTERVENCION 2019-0050 [INFORME ALEGACIÓNS AO SUPLEMENTO CREDITO 03/2019]

PROPOSTA ALEGACION DO SUPLEMENTO CREDITO 03/2019

A favor: 7 (PP) En contra: 2 (Por Chantada-CUP) Abstencións: 2 (PSOE).

A nosa reclamación figura na documentación que incluímos no ponto. Desestímase, sen informe xurídico e co único informe da intervención, ao considerarse unha reclamación contra o orzamento e non contra o acto administrativo e o procedemento, tal e como entende o noso grupo ao acordar pagar, sen crédito, unha sanción de 2015 da Confederación Hidrográfica por valor de 15.000 euros, cuxo pago foi ordenado no seu momento sen existir partida para tal efecto e, contravindo, xa que logo, varios artigos da lexislación vixente e incorrendo no vicio de nulidade de pleno direito.

5.- MOCIÓN DO PSG-PSOE, SOBRE ORDENACIÓN DO TRÁFICO. EXP. G-777/2019.

20190723_Outros_MOCION

A Favor: 6 (Por Chantada-CUP e PSOE) En contra: 7 (PP) 

A moción é rexeitada cos vostos do PP. Debateuse sobre a cuestión dos problemas do tránsito en Chantada, expondo as diferentes visións de cada grupo sobre o asunto. O PP pediu seis meses para ir facendo cousas e que a policía local poda facer os informes que eles consideran necesarios.

6.- Moción de Por Chantada-CUP para controlar a proliferación de apostas en liña, máquinas comecartos de apostas deportivas e casas de xogo na Galiza e proposta de medidas de prevención perante a ludomanía. EXP. G-777/2019.

Moción de Por Chantada-CUP para controlar a proliferación de apostas e proposta de medidas de prevención perante a ludomanía.

Os acordos da moción foron adoptados por UNANIMIDADE, ao aceptarse a emenda do PP, apresentada in voce durante o debate da nosa moción, e ficando o ACORDO coas seguintes modificacións a respeito da proposta orixinal:

a.- Incorpórase unha liña inicial ao texto do ACORDO que di:

Dirixirse á FEGAMP e á FEMP para que estude as seguintes medidas:

b.- Suprímese integramente a epigrafe 3ª, os asuntos relativos ao nivel municipal, que en todo caso asume o Goberno como recomendacións ou propostas de Por Chantada para estudar.

c.- A epígrafe 4ª pasa a ser a 3ª.

7.- Urbanismo: proposta convenio Hotusa-Concello. Expediente 790/2019.

Chantada_PresentacConvenio

ChantadaHotusa_Convenio

PROVIDENCIA SOLICITUDE DE INFORMES

Informe técnico

INFORME XURIDICO

FISCALIZACION DE INTERVENCION 2019-0060 [INFORME DE INTERVENCION DE EXPDTE CONVENIO URBANISTICO]

A favor: 7 (PP) En contra: 2 (Por Chantada-CUP) Abstencións: 4 (PSOE).

Neste ponto produciuse un intenso debate entre os tres grupos políticos, coas intervencións técnicas do técnico de urbanismo e mais da secretaria municipal. Ao rematar o Pleno solicitamos copia do expediente relacionado co convenio e que non veu ao Pleno, o cal consta de varios centos de follas e planos que constrastan coa parca información transmitida aos grupos antes e durante a sesión plenaria, non entendendo pola nosa parte que hai que ocultar para actuar con total transparencia se todo é tan idílico e positivo como o trazan nos papeis do convenio.

O ACORDO adopatado é o seguinte:

PRIMEIRO.- Autorizar ao Alcalde do Concello de Chantada para negociar o convenio de planeamento proposto por Mirta Properties SLU, apresentado por Rexistro de Entrada número 131, e para efectuar a tramitación estabelecida no artigo 401 do Regulamento da Lei do Solo da Galiza.

8.- MOCIÓNS E ASUNTOS DE URXENCIA: Modificación Pontoal do PXOU de 1985 no lugar de Esmoriz.

20190130_ADF_201901_Modificación Puntual NR Esmoriz

A favor: 11 (PP e PSOE) Abstención: 2 (Por Chantada-CUP).

Trátase dun instrumento de planeamento urbanístico no lugar de Esmoriz para solventar unha problemática urbanística e que afecta á ordenación de todo o lugar.

9.- DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (DECRETOS 244 A 334).

10.- DACIÓN DE CONTA DE REPAROS DE INTERVENCIÓN E OMISIÓN DE FISCALIZACIÓN. (21 A 34 DE 2019).

REPAROS 2019-0034 FDOP ANTICIPO 100 DA ESCUDERIA CHANTADA IR332019

REPAROS 2019-0033 FD CONTRATACION PLT AUXILIAR POLICIA LOCAL IR 32

REPAROS 2019-0032 FO NOMINAS XUNO PAGA EXTRA POLICIAS REPARO 31201

REPAROS 2019-0031 5052018 FD CONTRATACION SOCORRISTA IR 302019

REPAROS 2019-0030 6352019 FO NOMINAS XUNO REPARO 292019

REPAROS 2019-0029 INF INTERV DOMICILIADOS IR 282019

REPAROS 2019-0028 01 FACTURAS SIN CREDITO IR 272019

REPAROS 2019-0027 6592019 APROBACION FACTURAS IR 262019

REPAROS 2019-0026 6342019 FD CONTRATACION TURISMO

REPAROS 2019-0025 6002019 APROBACION FACTURAS IR 242019

REPAROS 2019-0024 4702019 REC 092019 REPARO 232019

REPAROS 2019-0023 FA CONVOCATORIA PLT AUXILIARES POLICIA LOCAL 201

REPAROS 2019-0022 FA CONVOCATORIA PERSOAL LABORAL TEMPORAL APROL R

REPAROS 2019-0021 INFORME AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL REPARO 202019

Hai 14 reparos da interventor municipal desde o último pleno ordinario (13/05/2019).

11.- ROGOS E PREGUNTAS.

ROGOS E PREGUNTAS DE POR CHANTADA

1.- Patrimonio.

No DOG do 24 de xuño de 2019 saíu publicada a Resolución do 14 de xuño de 2019 pola que se convoca, para a anualidade de 2019, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (código de procedemento VI438A). Acolléronse á mesma e, caso afirmativo, con que proxecto?

Contestouse que non sabían. Posteriormente, Diego Otero explicounos que non se solicitou ao non estar o proxecto feito e que, se volve saír para o ano, meterán o edificio onde se encontra actualmente a policía local.

2.- Infraestruturas I: camiños San Salvador de Asma.

Nas Córneas hai unha pista principal feita pó, cunha fochanca onde revolve o bus todos os días e ten problemas, non só porque o lugar sexa estreito. No entanto, hai un mes decidiron asfaltar unha pista que só dá servizo a unha casa e non arranxaron a principal.

Poden explicar esta actuación?

Contesta Manuel Varela indicando que é un servizo para unha casa que non tiña, botouse formigón e a outra pista é de asfalto. Indicamos que se rexenere en canto for posíbel e que se inclúa a que vai a Outeiro.

3.- Infraestruturas II: camiño antigo que vai desde a ponte de Portotide até Nogueira e que pasa por Soto.

No devandito camiño primitivo, que ía de Castro até Chantada, o estado é lamentábel. Cómpre lembrar que por el subían as carrocetas e agora está cerrado por un particular, plantáronse árbores e aumentouse un muro, non podendo case xa pasarse a pé.

  • Conta con licenza municipal algunha destas actuacións?

  • Que medidas teñen previsto adoptar?

 

Contesta o alcalde indicando que irán ver que acontece ao lugar indicado.

 

4.- Infraestruturas III: Plano único Deputación de Lugo.

Contemplábanse unha serie de actuacións, algunhas urxentes no rural. Cal é a razón da demora na súa execución?

Contéstase que están para facer, tamén a de Vilardamos.

5.- Axudas ao transporte.

Cando teñen previsto tramitar as axudas ao transporte reflectidas nos orzamentos e nunca executadas como é debido?

Contestan que as queren sacar antes de comezar o curso (as do curso 2018/2019 non saíron).

6.- Auga: extracción de auga no Polígono de Chantada.

No Polígono dos Acivros estase extraendo auga novamente por parte dunha empresa falando de milleiros de metros cúbicos ao día, cando a auga é un ben escaso.

Na CI da segunda feira o Goberno dixo descoñecer o asunto e, xa que logo esa auga non se está cobrando, solicitando o noso grupo que se dirixisen a Viaqua, á Policía Local e a outros organismos para aclarar o asunto. 

Manuel Diéguez entregounos un documento de Viaqua no que recoñece que estaba ao tanto da venda. O Goberno di descoñecer o asunto e vai investigar. Semella que seguen reacios a abrirlle un expediente a pesar de incumprirse o contrato da concesión por enésima vez.

7.- Urbanismo I: Informe xurídico de 15/3/2018 da Deputación de Lugo en relación co procedemento xudicial relacionado co edificio da praza Santa Ana de titularidade do Sareb (A.X. 3/18).

Seguen sen adoptarse medidas nen executar o acordado na moción apresentada polo noso grupo, aprobada por unanimidade, sobre a praza de Santa Ana e sen seguir o disposto no Informe xurídico 15/3/2018 da Deputación de Lugo1. Rogamos se adopten medidas coa máxima celeridade.

8.- Urbanismo II: hórreo e pallar Alameda.

Hai uns meses o derribo dun hórreo en Chantada foi nova e semellaba que a intención de construír firme. No entanto, pasados os meses, en que estado de tramitación no Concello se encontra o proxecto?

Responde o alcalde que teñen dúbidas xurídicas, en relación ás alturas, que poden ser seis ou tres. Di que comprende o cabreo.

9.- Seguranza vial. Maceteiros no paso de peóns.

Nunha das vías con máis tránsito, como xa comunicamos na CI, existen dous maceteiros do Concello que restan visibilidade aos condutores e supoñen un perigo para a integridade dos peóns. Rogamos a súa inmediata retirada.

Contéstase que se vai proceder á súa retirada e reubicación coa máxima celeridade. Tamén se fala de retirar o paso de peóns á altura do Quinzán.

10.- Rozadura de gabias.

Rogo urxente para o comezo das actuacións e solicitar o mesmo da Deputación de Lugo.

Dise que van ter dous tractores para darlle máis axilidade en próximos días.

11.- Maleza nos solares.

Indícanse os seguintes: entre a Viñoteca e o Mar, o canto xunto ao Tropic, Ribeira Sacra con Pardo Bazán, Ribeira Sacra con Carlos Otero e xunto á fonte da Lama das Quendas.

A concelleira de Parques e xardíns tomou nota e van proceder á súa limpeza.

12.- Terrazas.

Anos pedindo unha nova ordenanza, fóra de control.

13.- Axudas de emerxencia social.

Anos tamén pedíndoa e produce reparos de intervención que perxudican a quen máis o precisa.

14.- Reparo intervención 28/2019 de 12 de xuño.

Figuran varias facturas, moitas coinciden con actuacións desenvolvidas no mes de maio, durante a campaña eleitoral.

O alcalde nega calquera intencionalidade, que todos os meses se fan moitas obras.

1 O informe serve de pouco, para alén, de evidenciar que o Concello non seguiu o procedemento que debera, pois, segundo a Sentenza 70/2017, de 6 de marzo, ditada polo xulgado do Contencioso-administrativo nº2 de Lugo:

«si el Concello entiende que el edificio (…), a medio hacer, carece de licencia y además representa un peligro para la seguridad de las personas, lo que debió incoar fue un expediente de reposición de la legalidad urbanística, y en su tramitación optar por alguna de las soluciones a las que se refería el art. 209.3 LOUGA, tal como por otra parte, insistimos, claramente ya se pronunciaba el técnico municipal en su informe de 12 de mayo del 2014».

O cumprimento do acordado por unanimidade por este órgano colexiado era:

«Informe xurídico onde se sintetice o proceso xudicial até este momento, se contemplen as posíbeis neglixencias e responsabilidades, a lexislación de aplicación, o procedemento a seguir nestes casos (tendo en conta a actual fase do proceso) e se eleve proposta de actuación, tanto para garantir o desenvolvemento da disciplina urbanística, canto para defensa dos intereses locais».

Resumo do pleno ordinario do 9 de xullo de 2018

O pleno comezou pasadas as 20 horas asistindo a secretaria e a interventora titulares, o funcionario Segundo Navaza, 12 dos 13 concelleiros (todos agás Salud Sotelo de INTA) e 9 persoas como público.

 

Áudio íntegro do Pleno ordinario do 9/7/2018: https://drive.google.com/open?id=1QAwu8njeIu8oAI2ZaJo8xcjcsom9xERL

 

1.- Aprobación da acta da sesión anterior: ordinaria de data 14 de maio de 2018.

BORRADOR ACTA PLENO ORDINARIO 14.05.2018

Aprobada por unanimidade.

2.- Aprobación do proxecto de obra de substitución do céspede artificial do campo de fútbol municipal do Sangoñedo. (Exp. 717/2018)

INFORME DE NECESIDADE

Informe urbanístico sectorial

Proxecto mudanza de céspede do estadio municipal Sangoñedo

Proposta da alcaldía ao Pleno para a aprobación do proxecto de cambio de céspede do Sangoñedo 

 

A favor: 11 (Inta, PP e PSOE) Abstención: 1 (CUP).

 

3.- Delegación de competencia do artigo 22.2.ñ) da LRBRL do Pleno na XGL. (Exp. 676/2018)

Providencia de solicitude de informe de secretaría

Informe da secretaria municipal 60/2018: Informe delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno Local

Proposta de acordo ao Pleno 

A favor: 6 (Inta)   En contra: 6 (CUP, PSOE e PP). Ao existir empate a votación decídese polo voto de calidade do alcalde.

 

4.- Suplemento de Crédito 1/2018 por importe de 1.194.737,82€ para amortizar débeda pública (Exp. 735/2018).

01 Providencia Suplemento de crédito 1/2018

02 Memoria-proposta SC 1/2018 

03 Proposta ao Pleno SC 1/2018

Decreto 82/2018: decreto liquidación 2017 

Fiscalización da Intervención 22/2018: informe de estabilidade orzamentar liquidación 2017

Fiscalización da Intervención 98/2018: Informe intervención SC 1/2018 amortización débeda

A favor: 6 (Inta)   En contra: 1 (CUP)  Abstención: 5 (PP e PSOE)

5.- Suplemento de Crédito 2/2018 por importe de 630.406,65€ para indemnizar a dúas empresas por facturas nulas de pleno direito (Exp. 745/2018).

01 Providencia SC 2/2018

02 Memoria-proposta SC 2/2018 

03 Proposta a Pleno do SC 2/2018

04 Acta de recepción da obra de Fevisa e Oviga completa

05 Fiscalización da intervención 101/2018: informe da intervención sobre a indemnización SC 2/2018

06 Informe valoración técnico municipal

Votación nominal solicitada desde Por Chantada-CUP:

A favor: 4 (CUP e PSOE) En contra: 6 (Inta) Abstencións: 2 (PP).

Votación ordinaria:

A favor: 6 (Inta) En contra: 4 (CUP e PSOE) Abstencións: 2 (PP).

Con posterioridade ao Pleno, no 25 de xullo Día Nacional da Galiza, Por Chantada-CUP apresentou a seguinte reclamación a este ponto:

Reclamación de Por Chantada-CUP ao SC 2_2018

 

6.- Aprobación da Conta Xeral 2017. (Exp. 460/2018)

Informe sobre a existencia no rexistro de entrada de alegacións á Conta Xeral 2017

Proposta aprobación Conta Xeral 2017

Fiscalización 99/2018: informe-proposta aprobación Conta Xeral 2017 

A favor: 6 (Inta) En contra: 4 (CUP e PSOE) Absntecións: 2 (PP)

7.- Aprobación definitiva do Orzamento xeral 2018. (Exp. 8/2018)

A documentación orzamentar xa foi publicada no seu día e é accesíbel premendo aquí. Tamén podedes ver nesta ligazón as nosas alegacións ao Orzamento na fase de exposición após a aprobación inicial.

Certificacións aprobación inicial do Orzamento do Concello de Chantada 2018 (EXP 8_2018)

Ditame da Comisión Informativa

Certificado 78/2018: certificado alegacións ao orzamento 2018

Fiscalización da intervención 100/2018: informe alegacións Orzamento

Informe da secretaría municipal 61/2018: informe alegación referida execución sentenza g8/2018

Proposta proxecto orzamento 2018 con erro

Proposta proxecto orzamento 2018 sen erro

 

A favor: 6 (Inta) En contra: 4 (CUP e PSOE) Abstencións: 2 (PP).

 

8.-  REC Xantar na Casa. (Exp. 258/2018)

Fiscalización da Intervención 95/2018: proposta xantar na casa 4º trimestre 2017

Informe liquidación 4T 2017

Libro contabilidade 260/2018 [RC XANTAR NA CASA 4 TRIMESTRE]

XANTAR NA CASA OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO

 

A favor: 8 (Inta e PP) Abstencións: 4 (CUP e PSOE)

 

9.- Moción de Por Chantada-CUP para responder á necesidade dunha rede comarcalizada de refuxios de animais na provincia de Lugo.

Moción para responder á necesidade dunha rede comarcalizada de refuxios de animais na provincia de Lugo

Votación emenda:

A favor: 4 (CUP e PSOE) En contra: 6 (Inta) Abstencións: 2 (PP)

Votación moción:

A favor: 4 (CUP e PSOE) En contra: 8 (Inta e PP) 

 

10.- Moción do grupo municipal socialista sobre o camiño da estrada de Pesqueiras a Vilameá por Outeiro.

Unanimidade.

11.- Moción do grupo municipal socialistas sobre o arranxo de rúas no casco urbano de Chantada.

Unanimidade.

12.- Mocións e asuntos de urxencia.

Unanimidade declaración exixindo fisioterapeuta no Centro de día.

PARTE DE CONTROLO DA XESTIÓN

13.- Dación de contas de resolucións da alcaldía.

14.- Dación de contas de reparos da intervención 15 a 54, 56 a 59 e 61, 62 de 2018 e informes de omisión de fiscalización 1 e 2/2018.

15.- Rogos e perguntas.

Resumo do pleno 11/09/2017

 

Foi o pleno máis concorrido da lexislatura. Cabo da secretaria, da interventora, do funcionario Segundo Navaza e dos trece concelleiros asistiron 16 persoas e dous xornalistas de Televinte. Un dos asistentes era aínda un bebé e puxo de manifesto o inaxeitado do salón de plenos pola falta total de accesibilidade. De seguido, a crónica completa para todos os asuntos tratados no pleno.

Seguir lendo

Por Chantada-CUP apresenta alegacións ao Expediente de vertido de augas residuais no río enviande e aos suplementos de créditos cos que se quere facer pagar ao concello sen dilucidar as pertinentes responsabilidades

logo-por-chantada

 

No día de hoxe, 19 de decembro de 2016, o Grupo Municipal Por Chantada-CUP vén de apresentar dúas alegacións no concello de Chantada que quere dar a coñecer e cuxo coñecemento entendemos que é importante sexa de libre acceso para que os cidadáns podan ter unha análise rigorosa para conformar a súa opinión sobre os asuntos públicos.

A primeira delas é un documento de 13 páxinas que recolle as Alegacións de Por Chantada-CUP e Asociación de Viciños Torre de Arcos ao “Expediente de vequido de augas residuais e obras en dominio público hidráulico” no río Enviande. Antes de máis queremos agraceder a confianza e o apoio da entidade viciñal na defensa do patrimonio natural de todas e todos, non só da viciñanza da parroquia de Arcos. Pola nosa banda, xa anunciaramos que iamos estudar o expediente e apresentar, se procedía, alegacións, perplexos perante a deixadez do Goberno local (as súas razóns terán opostas polo que se ve a velar polos intereses xerais). A seguir, indicar que o documento, pode leerse integramente nesta entrada, consta dunha exposición inicial dos motivos que nos levan a apresentar estas alegacións (pp. 1-5), continuando por 7 alegacións onde detallamos os principais aspectos do proxecto e do vertido que pomos en causa (pp. 5-12) e, por último, unha solicitude composta de 5 pontos (pp. 12-13).

 

O segundo documento é a Reclamación en trámite de exposición pública de expedientes de Suplemento de Crédito 02/2016 e 03/2016 onde explicamos todo o proceso desde o comezo, adxuntamos boa parte da documentación e, entre outras moitas cuestións, sinalamos as irregularidades que, ao entender do noso grupo e fundamentándonos no ordenamento xurídico vixente, existen en todo o proceso: máis de 600.000 euros en obras fraccionadas en contratos menores contratadas verbalmente e a dedo sen proxecto nin consignación orzamentar, prescindindo (tal e como recoñeceu o concello ao declarar a nulidade dos actos) total e absolutamente do procedemento. Consta de 20 páxinas que constitúen un completo dossier sobre todo o proceso mediante o cal procuramos informar á opinión pública ao tempo que evitar que o concello perda nin un só euro por malas praxes e/ou actuacións irregulares.

Todas estas cuestións achamos que poden levar aparelladas responsabilidades patrimoniais e xurídicas que deberán ser esclarecidas a fondo, xa non só polo Concello de oficio senón polo Consello de Contas, entre outros. O que non se pode, desde logo, é “cargarlle o morto” á Facenda local a través dun pleno extraordinario urxente sen entregar a documentación en tempo e forma e sen xustificar a urxencia no momento da convocatoria, aspectos que tamén nos levaron en días pasados a formular unha reclamación.

No caso deste segundo documento, o proceso segue en andamento e non descartamos ningunha actuación para defender os intereses de todas e todos.

CONFIRA OS DOCUMENTOS (PDF):

Reclamación en trámite de exposición pública de expedientes de Suplemento de Crédito 02/2016 e 03/2016

Alegacións de Por Chantada-CUP e Asociación de Viciños Torre de Arcos ao “Expediente de vequido de augas residuais e obras en dominio público hidráulico” no río Enviande

 

#SomosAlternativa #CUPChantada

 

stopfeminicidios

 

Nota de imprensa sobre o pleno extraordinario urxente do 05/12/2016

logo-por-chantada
No día de hoxe o concello de Chantada celebrou unha sesión extraordinaria urxente.
Antes da sesión enviamos o escrito (pdf)  que anexamos a esta nota de imprensa advertindo de que hai xurisprudencia suficiente para considerar os seus acordos nulos de pleno direito ao non ter xustificado a urxencia en ningún momento, moito menos no momento da convocatoria como fixa a lexislación vixente, nin ter remitido aos concelleiros toda a documentación dos asuntos recollidos na orde do día.
Finalmente, Inta empregou a maioría absoluta para sacar adiante a urxencia (ponto 1º) e dúas modificacións de crédito por valor superior ao millón de euros, máis de 500.000€ para amortizar débeda, após negarse facelo en 2015 porque o concello estaba “saneado” (cando agora recoñecen que ten “un alto valor de débeda”), e outra de máis de 600.000€, cun recoñecemento extraxudicial de crédito posterior (ponto 4º), para poder pagar a dúas empresas que o alcalde contratou abusando do contrato menor (a dedo), sen contrato nin concurso, fraccionando facturas para nunca atinxir os 50.000€ e sen fiscalización previa dun gasto para o que non había consignación orzamentar suficiente.
Actos nulos de pleno direito como o propio concello recoñeceu no pleno ordinario de marzo de 2016 e como ratifica o informe do Consello Consultivo da Galiza (pdf). A pesar de retirarse o ponto 4º finalmente é nulo de pleno direito polo xa exposto e é gravísimo que Inta tente eludir a súa propia responsabilidade facendo pagar ao erario público o total da indemnización ás empresas cando hai unha parte que a xurisprudencia imputa aos responsábeis de cometer un acto preciscindindo total e absolutamente do procedemento e das disposicións legais en vigor.
O reparo hoxe rexistrado é o paso  previo á formulación de denuncia administrativa perante o propio concello e, de cismar este en continuar adiante cuns acordos adotados nun pleno convocado precisdindo total e absolutamente do procedemento estabelecido o seguinte paso será o contencioso-administrativo de ser o caso.
Lembramos que se gastaron entre maio e agosto de 2015 máis de 600.000€ sen ter consignación orzamentar, sen fiscalización previa da intervención municipal, sen contrato de ningún tipo (factura directa), abusando da figura do contrato menor (a dedo), sen revisar o valor das obras polo técnico municipal (ou sexa pagando do peto de todos o que a empresa pedía nas facturas directas emitidas sen máis dores de cabeza) e prescindindo total e absolutamentemente do procedemento legalmente estabelecido tal e como o propio concello recoñeceu ao anular o seu propio acto no mes de marzo de 2016. [Vid. p. ex. pontos 4º e 5º do pleno de marzo]
Xa na altura, no mes de marzo cando o concello anulou finalmente o seu propio acto por presión da oposición, o noso grupo indicou e advertiu que isto ía pasar e que a negativa de envialo ao Consello de Contas e só ao Consello Consultivo (este último como o seu nome indica nunca sanciona) ia dilatar o proceso para envialo ao ponto de partida sen darlle solución satisfactoria:
 https://porchantada.files.wordpress.com/2016/03/sobre-os-informes-da-intervencic3b3n.pdf

Todos os grupos da oposición manifestáronse en contra na totalidade dos pontos da orde do día.