

Desde a Comisión política de Por Chantada-CUP elaboramos, a partir dun proceso aberto á participación, un documento con propostas de mellora ao Proxecto de Decreto de turismo activo da Galiza. Na nosa proposta recollemos a totalidade das contribucións recebidas desde o pasado 5 de outubro.
Ao Pleno asistiron 12 concelleiro (Manuel Diéguez do PP só estivo presente no ponto 7º, o da privatización do SAF), a Interventora, a Secretaria e un funcionario. Asistiron 2 xornalistas e aproximadamente 30 persoas, no pleno ordinario máis numeroso dos últimos anos. Moitas e moitos dos asistentes levaban colantes contra a privatización do SAF, mostrando así o seu rexeitamento ao Goberno.
➽ Confire premendo aquí o AUDIO íntegro do PLENO
1.- Acta anterior, correspondente á sesión ordinaria do día 1 de agosto de 2019.
Indicamos que os rogos e perguntas deben recollerse con máis exactitude e que as actas da Xunta de Goberno Local (2/8/2019. 14/08/2019…) non se nos están remitindo, a pesar do que indica a lexislación.
Aprobada por unanimidade.
2.- Suplemento de crédito 05/2019 por importe de 80.719,97€ (Expediente G. 1021/2019).
Neste ponto viñan moitas facturas reparadas, a maioría de actuacións desenvolvidas durante a campaña eleitoral de 2019. Obras feitas sen respeitar a LCSP, sen licitación, sen crédito axeitado nen axeitado, etc.
O asunto aprobouse cos votos a favor do grupo PP (6) e os votos en contra: Por Chantada (2) e PSOE (4).
3.- Aprobación de facturas Recoñecemento extraxudicial 14/2019 por importe de 1.176,12€ (Expediente G. 1016/2019).
Facturas contratación menor para limpeza de decembro 2018.
O ponto apróbase cos votos do grupo PP (6) e os votos en contra de Por Chantada (2) e do PSOE (4).
4.-. Conta Xeral 2018, aprobación definitiva expediente G. 420/2019.
A documentación da Conta Xeral recolle todos os ingresos e gastos do Concello no exercicio 2018. Podes ver toda a documentación premendo aquí (ligazón a Google Drive). Tamén podes ver análises da Conta Geral doutros anos neste mesmo site. Neste ponto o alcalde tentou cortar o debate cando evidenciamos que a débeda unicamente se recurtou mercede a brutal suba impositiva dos últimos catro anos, unha Aposta Segura:
No período 2014-2019 os impostos directos (IBI, IVTM, ICIO) pasaron de 2.296.279,28€ a 3.164.452,78€, por outras palabras un incremento impositivo de 72,56% en só catro anos (868.173,5€ máis). Só o IBI urbano (Catastrazo) subiu 776.690,25€ (+64% en só catro anos!)
11,51% do orzamento non se executou, é dicir, de 8.692.669,61€ deixaron 999.873,65€ de remanente. Excesivo, máximo se temos en conta que son 329.284,26€ de remanentes de inversións reais (obras daquela tan necesarias e que non se fan pola mala xestión do goberno).
Votou a favor da Conta Xeral o PP (6) e en contra Por Chantada (2) e o PSOE (4), portanto fica definitivamente aprobada.
5.- Moción do grupo municipal socialista sobre Catálogo de camiños e inventario de bens e direitos. Expediente G. 1013/2019.
A moción aprobouse por UNANIMIDADE de todos os grupos.
6.- Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP para o estudo, catalogación e posta en valor do Patrimonio material e inmaterial do Concello de Chantada (expediente G. 1013/2019).
A moción foi rexeitada, aínda que todos os grupos recoñeceron o valor das propostas, cos votos en contra do PP (6) e os votos a favor de Por Chantada (2) e do PSOE (4).
7.- Iniciación expediente de contratación externa do Servizo de Axuda no Fogar (expediente G. 925/2019).
A pesar da falta de argumentos do grupo de Goberno, que non contestou a ningunha das cuestións formuladas nas contundentes intervencións do grupo socialista e da CUP (vid. audio do Pleno), acordouse aprobar o inicio da privatización cos votos a favor do PP (6) e os votos contrarios de Por Chantada (2) e do PSOE (4).
8.- Moción e asuntos de urxencia.
Presentouse por urxencia a proposta de días feriados para 2020 porque, segundo o alcalde, ficara esquecido nalgún caixón do Concello. Por unanimidade aprobouse a urxencia e na votación do asunto o PP votou a favor e Por Chantada e o PSOE abstivéronse.
9.- Dación de conta de resolucións da alcaldía (Decretos 333 a 376).
10.- Rogos e perguntas.
Rogo para arranxo de pistas municipais que o precisan con urxencia a solicitude da veciñanza: Brigos de Arriba, a do lugar; Baltar, moi deteriorada; Casas Novas-Eiriz: fochancas que superan os centímetros que ditaminan que a responsabilidade civil é do encarregado de manter a estrada; Garabelos – Paderne: está tamén en moi mal estado; Carballeira – Río Pedroso: totalmente estragado o firme e con fochancas que superan o máximo legal, canto a responsabilidade civil municipal [comezarán o martes ou o mércores “posibelmente”]; Vilardamos-Burgás e Santa Cruz; Pista de Pincelo, hai árbores caídas e todo, urxe actuar [dísenos que os piñeiros foron retirados); Nogueira de arriba, necesario arranxar a pista desde a que se accede cara a Igrexa, xa que o Concello deixouna no seu día mal e cando arroia inunda a antiga escola das rapazas (hoxe unha casa particular); en Laxe están practicamente todas desfeitas e requiren actuación.
Rogamos novamente que se faga un inventario e se ordenen por orde de prioridade para o seu arranxo as estradas de titularidade municipal.
Horario biblioteca municipal. Nos pasados días anunciaron que a partir do 15 de setembro a Biblioteca municipal voltaría ter o horario de inverno, mais recentemente mudaron o cartaz e adiaron a súa apertura até o 1 de outubro. A que se debe isto? [Necesidades do servizo di Varela] Que xestións fixeron para a construción da máis que necesaria nova biblioteca? [Varela di que imos ter novas axiña e que probabelmente haberá un pleno extraordinario neste mes de outubro con novidades sobre o asunto e explicando que queren facer].
Limpeza solares. Cantos proprietarios foron notificados, xa que os solares que pedimos que se rozaran seguen igual? [Non saben, di Varela. Se seguen igual é porque non fixeron caso. Vai a Xunta meter man no asunto] Por que non se executa e limpa pasando as minutas? Rogamos que se cumpra a Lei de Montes (Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes da Galiza), a Lei de acompañamentos (Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. DOG nº247 do 28/12/2017) e o Decreto 15/4/2018. Lembrámoslle que, segundo a lexislación vixente, o prazo para facer os requirimentos é antes do 30 de maio, ao igual que deberan ter a brigada municipal antes do 1 de agosto.
Rúas sen luz. En Xoán XXIII estiveron na semana do 23 ao 29 de setembro sen luz varios días e tamén ocorreu en Pardo Bazán. [Pode ser que estean mal regulados, aí o que hai é baixada de potencia para aforro enerxético]
Proxectos de prevención de adiccións nos concellos. No pasado Pleno do 1 de agosto aprobamos por unanimidade unha moción do noso grupo sobre as apostas que facía fincapé no labor de prevención que pode ser feito desde os concellos. Asemade, entidades sociais como ARCHA tamén partillan este obxectivo, no tocante ao alcohol. No DOG nº 184, do 27 de setembro de 2019, publicouse a Orde do 16 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma da Galiza, e se procede á súa convocatoria (código deprocedemento SA463G) [Vaise falar con ARCHA para optar a esta liña]
<<que no tiene sentido la conducta de la [parte] demandada, lo que resulta incomprensible es que se acuerden cosas, se adopten decisiones, como la de suspensión inmediata de la ejecución de las obras, para no cumplirlos, para no llevarlos a efecto, con el extravagante paraguas de que igual la conclusión del expediente de reposición urbanística favorece o respalda la continuación de las obras”.>>
[O alcalde di que van executar que xa se dirixiron aos servizos xurídicos o martes desta semana, a ver o que din]
Após meses de traballo desde unha equipa interdisciplinar hoxe, 23 de setembro, rexistramos no Concello a Moción de Por Chantada-CUP para o estudo, catalogación, conservación e divulgación do Patrimonio material e inmaterial do Concello de Chantada. Estratexia local para o Patrimonio e o turismo 2020-2030. Consideramos que facemos un achegamento holístico a unha cuestión fundamental para o futuro da nosa comunidade: a conservación do Patrimonio, así como a xestión correcta dos fluxos turísticos para que impacten positivamente no conxunto da poboación. Non podemos permitirnos seguir sen facer nada e no desleixo máis absoluto neste tema, mesmo deixando que se esfarele e se perda boa parte do noso patrimonio.
Anexamos o documento de 12 páxinas cos nosos argumentos e as propostas que se votarán no Pleno ordinario de setembro, o cal debería celebrarse o día 26 de setembro mais que aínda non foi convocado (sen dar explicacións por parte do Goberno á oposición).
#construírfuturo
Desde Por Chantada-CUP impulsamos máis un acto para reflexionar sobre o tempo e o lugar que nos tocou vivir. Desta volta será o 14 DE SETEMBRO ás 19:30 horas no Círculo Recreativo e Cultural de Chantada (Casino).
Trátase de ouvirmos e debatermos cos autores de dous dos ensaios fundamentais publicados na nosa Terra neste 2018: O colapso territorial en Galiza de Xose Constenla e O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega de David Rodríguez.
Xosé Constenla Vela (Compostela, 1980) licenciouse e doutorouse en Xeografía pola USC, exercendo actualmente como docente na UVigo e de León, após o seu paso pola universidade Carlos III de Madrid e a UdC. É tamén autor de (Re)Imaxinando o universo urbano. De Baltimore a Santiago de Compostela e hai uns meses, en marzo, estivo connosco precisamente para falarmos de modelos de xestión do #territorio na secuencia da declaración #BIC da #RibeiraSacra. Precisamente, froito daquel debate foron as alegacións que apresentamos ao expediente e que intitulamos Os indíxenas imos comer turismo. Agora, Xosé Constenla achéganos o seu novo ensaio O colapso territorial en Galiza, galardoado co Premio Ramón Piñeiro de ensaio no ano 2017.
David Rodríguez (Vigo, 1975) é deseñador gráfico. Publicou teatro radiofónico como O Bamban (2007) ou Nunca me esquecerei de ti (2010), o poemario Lapidarias, os versos escuros (2010) e partipou de ensaios colectivos como Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural (2010), A praza é nosa (2011), 15-M. O pobo indignado (2011), Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado exceção (2012), Entrementres. Ensaios para unha nova cultura política (2014). Desde 2005 mantén tamén a súa bitácora persoal O Funambulista Coxo que peneirou en papel nun volume publicado en 2012 e intitulado Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crac financeiro. No tocante a O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega estamos perante un monllo de reflexións imprescindíbeis e necesarias sobre o noso aquí e agora como pobo.
#SomosAlternativa #CUPChantada
https://porchantada.wordpress.com/
Se nos queres axudar a promover o acto colando cartaces nos teus espazos de relacionamento social , o cal agradecemos de antemán, podes imprimir o seguinte PDF: cartaz definitivo.
Asisten o señor secretario, que deixará o concello, o interventor, a recadadora e todos os concelleiros, incorporándose un de Inta comezado o pleno.
1.- ACTAS ANTERIORES, correspondentes ás sesións do 11 de xullo (ordinaria) e do 31 de agosto (extraordiaria)
Min. 0:15.
acta-pleno-11-07-2016-completa
acta-pleno-sorteo-31-de-agosto-de-2016
[Aprovadas por unanimidade]
2.- CONTA XERAL DE 2015
Min. 0:32.
Consulta a documentación íntegra da Conta Xeral de 2015 premendo nesta ligazón e aquí a certificación do secretario de que non se rexistraron alegacións na exposición pública da mesma: certificacion-exp-publica-conta-xeral.
Intervención e análise da Conta Xeral 2015 do voceiro de Por Chantada-CUP en PDF: intervencion-sobre-o-estado-do-concello-conta-xeral-2015.
[A FAVOR: 6 (Inta), ABSTENCIÓN: 2 (PP) e EN CONTRA: 4 (Por Chantada-CUP e PSOE)]
3.- Aprobación provisional da modificación pontoal do PXOU no lugar de Esmoriz
Documentación da modificación do PXOU (EPTISA): adf_modificacion-puntual_chantada-_nr-esmoriz_-julio-2016_completo-con-anexosxullo16dilix
Min. 7:45
[A Favor: 11 (Inta, PP e PSOE), Abstención: 1 (Por Chantada-CUP)]
4.- Modificación dos estatutos do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
Documentación:
a.- informes-organismos-e-exposicion-publica
c.- texto-resultante-a-aprobar
Min. 14
[A Favor: 8 (Inta e PP), Abstención: 3 (PSOE) e En Contra: 1 (Por Chantada-CUP)]
5.- Moción do grupo Por Chantada-CUP para a adopción de medidas de apoio ao campo galego.
Consulta aquí o texto íntegro en PDF da Moción de Por Chantada-CUP para a adopción de medidas de apoio ao campo galego.
Min. 25
[A Favor: 4 (Por Chantada-CUP e PSOE), En Contra: 8 (Inta e PP)]
6.- Moción do grupo municipal socialista para a recadación de impostos locais.
Consulta aquí o texto íntegro en PDF da Moción do PSOE para a recadación de impostos locais.
Min. 47:15
UNANIMIDADE
7.- Dación de contas de resolucións da alcaldía.
8.- Dación de conta de informe de seguimento do plano de axuste do segundo trimestre de 2016.
9.- Dación de conta do informe de morosidade do 2º trimestre de 2016.
10.- Dación de conta do período medio de pago do segundo trimestre de 2016.
11.- Dación de conta da execución orzamentar do 2º trimestre de 2016.
12.- Rogos e preguntas
(ver audio min. 50:50)
Para consultar unha entrada-resumo para entender mellor que é o PXOM e como é este PXOM podes premer aquí.
Para leres o resumo do pleno, infelizmente o máis bronco da presente lexislatura, preme en seguir lendo (inclúe algunha documentación ao final).
Consulta en pdf a nosa Moción para impulsar un proceso de fusión entre as entidades locais de Chantada
Con Capitalismo y turismo en España. Del “milagro económico” a la “gran crisis” comezamos a artellar unha pequena sección de recursos que pomposamente denominamos “biblioteca”. Libros, reflexións ou documentais para pensar e construír unha cidadanía crítica.
Descarga aquí o libro en formato pdf aquí: Capitalismo y turismo en España
Preme en ler máis para veres unha reseña sobre o libro. Seguir lendo
A nova trata sobre o punto 3 da orde do día do pleno da segunda-feira día 9 de novembro de 2015. Podes ler o resumo completo do pleno aquí: https://porchantada.wordpress.com/2015/11/11/resumo-da-sesion-ordinaria-municipal-do-9-de-novembro-de-2015/ Este punto aprobouse por 12 votos a favor (INTA, PSOE e PP) e 1 abstención (CUP).
3.- Determinación de espazos de maior afluencia turística a efectos das subvencións convodacadas polo consorcio de turismo Ribeira Sacra en materia de uniformidade das terrazas
Neste punto desde a CUP quixemos salientar que a convocatoria de axudas saíu o día 21 de setembro no BOP, sendo preceptivo a publicación por parte do concello dos espazos que se poden acoller a estas axudas.
O día 22 de setembro envíamoslle unha solicitude a este Goberno informando das susoditas axudas e, entre outras cousas, propondo axudas complementarías para o conxunto da hostalaría e unha reunión co sector.
Con todo, esa reunión non se produciu até a última semana de outubro, ou sexa un mes despois, ea aprobación dos espazos non se deu até o 9 de novembro rematando o día 15 de novembro o prazo. Como xa dixemos no anterior punto, estase sempre bordeando os límites nos prazos e se se xoga con lume hai altas probabilidades de queimarse.
Aínda que na comisión se nos dixo que non era preceptivo o punto 4º da Convocatoria para a concesión de subvencións en materia de uniformidade das terrazas do destino turístico Ribeira Sacra, ano 2015 non deixa lugar a dúbidas. Cito textualmente: «Os espazos de maior afluencia turística serán determinados por cada Concello e incorporados a ordenanza reguladora segundo acordo plenario de data 06 de agosto de 2015. Os interesados terán que facer consulta ao respecto nas dependencias municipais e solicitar o informe que acredita como local ubicado en punto de afluencia turística». Por outras palabras, até o martes 10 non se poderá emitir ningún estes informes e o día 15 remata o prazo. Non é serio cando avisamos hai máis dun mes, o 22 de setembro.
Logo, na comisión preguntamos sobre os criterios para determinar as zonas de afluencia turística. A contestación foi parca e non nos quedou nada claro cales foron eses criterios alén do camiño de inverno. No entanto, o camiño de inverno non pasa só por Belesar nin é Belesar a zona de maior afluencia turística no rural, cando menos a parte que é de Chantada. En relación con outro punto deste pleno hai numerosos monumentos románicos e parroquias con estabelecementos hosteleiros que se poderían ter incluído e até outras zonas da vila como a Costaña e os catro camiños.
Entón, volvemos á improvisación e non vemos rigor nin criterios claros á hora de tomar decisións. Hai un problema engadido volvendo ao punto 4º. Nel recóllese que os estabelecementos para acollerse deben ter licenza urbanística e licenza para uso do espazo público destinado a terraza e «regulado por odenanza municipal»… u-la ordenanza municipal? Até onde nós sabemos non existe.
En consonancia con esta harmonización turística tamén estaría ben apostar por placas artísticas como as que hai en Ourense, con explicación da denominación e primando as denominacións tradicionais do noso rueiro, cando menos no casco histórico.
Como tampouco se respondeu a nosa solicitude e, en virtude do exposto, imos absternos en sinal de protesta, xa que o noso voto non é decisivo para que o acordo saia adiante e instamos ao Goberno a ter maior diálogo nestas cuestións e a preparar unha ordenanza reguladora das terrazas.
Manuel Varela indicou, por súa parte, que o camiño de inverno coincide co casco antigo no caso de Chantada, non así noutros núcleos da Ribeira Sacra. Fóra de Belesar no camiño só está a de Penasillás e como moito Limiñón perto. Se o ano que vén sae a axuda de 200.000€ que prometeu a Xunta pódense ampliar os espazos.