Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP a prol dunha PAC axeitada para o interior galego.

O 23 deste mes de setembro celébrase a sesión ordinaria do pleno do Concello de Chantada. Apresentamos por urxencia unha moción con propostas e análises sobre a PAC.

Tanto o Concello de Chantada, canto moitas das exploracións do sector primario e mais o GDR dependen destes fundos da UE, que van sofrer mudanzas decisivas para o noso país nos vindeiros anos.

No entanto, nen na campaña eleitoral das galegas nen depois as formacións políticas teñen unha folla de rota clara para a nova PAC que a Galiza precisaría. Tampouco hai novas nen audacia na Consellaría de Medio Rural mais na Xunta.

Por iso, apostamos por elaborar un documento de análises e alternativas para termos unha PAC mellor e máis xusta para as labregas e labregos. Unha PAC ao servizo do país e dos intereses da Galiza e da nosa comarca. Un traballo que desenvolvemos este verao en colaboración con persoas de diferentes sectores envolvidos e profesionais cunha contrastada traxectoria no medio rural e bons coñecedores da política agrícola común.

👉🏽 Anexamos en PDF o texto íntegro da Moción:

Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP a prol dunha PAC axeitada para o interior galego.

 

 

MOCIÓN DE POR CHANTADA-CUP PARA O CUMPRIMENTO REAL E EFECTIVO DA CARTA EUROPEA DAS LINGUAS REXIONAIS E MINORIZADAS

Manifestación de Queremos Galego, esta mediodia en Santiago
Foto: Manifestación de Queremos Galego en Santiago de Compostela.

Desde Por Chantada-CUP queremos formar parte das numerosas entidades e partidos políticos que apoian a demanda de que cumpra a Carta europea das linguas, para termos unha política lingüística que garanta unha axeitada normalización para a nosa lingua propia, así como o estreitamento de lazos culturais e lingüísticos coa Lusofonía.

O último informe de expertos europeos lanzou seis recomendacións ao Estado español tocante ao galego e mais a solicitude de derogar o coñecido como Decreto de plurilingüismo e que, contrariamente ao que suxire o seu nome, contribúe a normalizar o galego e a impor un bilingüismo  substractivo e non aditivo, cuxa consecuencia é a invisibilidade, descriminación e retroceso do uso da lingua galega e, por ende, da nosa cultura.

Podes descargar a moción na seguinte ligazón: Moción Por Chantada-CUP para o cumprimento real e efectivo da Carta Europea das Linguas