Cuestión de orde: se unha moción é ditaminada favorabelmente pola comisión ten que incluírse na orde do día. Debería ser o ponto 7º de acordo co ROF (art. 93 ROF e 97 e 126; entre outros supletorios coma o 135, 136 e 137).
Art. 93.
La consideración de cada punto incluido en el orden del día comenzará con la lectura, íntegra o en extracto, por el Secretario, del dictamen formulado por la Comisión Informativa correspondiente o, si se trata de un asunto urgente, no dictaminado por la misma, de la proposición que se somete al Pleno. A solicitud de cualquier grupo deberá darse lectura íntegra a aquellas partes del expediente o del informe o dictamen de la Comisión que se considere conveniente para mejor comprensión.
Si nadie solicitare la palabra tras la lectura, el asunto se someterá directamente a votación.
Artigo 97
1. Dictamen, es la propuesta sometida al Pleno tras el estudio del expediente por la Comisión Informativa. Contiene una parte expositiva y un acuerdo a adoptar.
Art. 126.
1. Los dictámenes de las Comisiones informativas tienen carácter preceptivo y no vinculante.
2. En supuestos de urgencia, el Pleno o la Comisión de Gobierno, podrá adoptar acuerdos sobre asuntos no dictaminados por la correspondiente Comisión informativa, pero, en estos casos, del acuerdo adoptado deberá darse cuenta a la Comisión informativa en la primera sesión que se celebre. A propuesta de cualquiera de los miembros de la Comisión informativa, el asunto deberá ser incluido en el orden del día del siguiente Pleno con objeto de que éste delibere sobre la urgencia acordada, en ejercicio de sus atribuciones de control y fiscalización.
APROBADA POR UNANIMIDADE.
2. Modificación Ordenanza Fiscal da Taxa pola Rede de Sumidoiros e a Taxa pola Subministración de auga. Actualización de tarifas. Exte.: G1206/2022
No 2022 Viaqua vai recadar en Chantada, segundo os padróns bimestrais publicados polo Concello, 785.000 euros. Coa suba do 8,9% do IPC do desastroso contrato, que vostede (lembremos) ampliou ao máximo legal permitido, Viaqua vai embolsar 70.000 euros máis en 2023, é dicir, para o ano esta empresa extraerá de Chantada 853.910 euros.
No entanto, temos os sumidoiros atascados, rede aínda de fibrocemento, falta de separación de pluviais e fecais e unha depuradora insuficiente. Negocio redondo a privatización da auga: socialización dos problemas, ausencia de investimentos e privatización dos gaños.
Non mencionemos as parroquias sen abastecemento nen saneamento, a ausencia dun plan de seca… Non esquecemos tampouco a venda de auga ilegal e de custas ao Concello. Tivo consecuencias? Nen un expediente se abriu. Igualmente, non hai cláusulas sociais para aplicar a quen máis sofre con esta crise e a crecente desigualdade que vostedes tamén levaron ás ordenanzas da auga: rebaixa para grandes consumidores, suba do 8.9% para todos os demais e 853.910 euros en 2023 para unha empresa que non deixa nada en Chantada e que se demostrou que fomentou, cando se chamaba Aquagest, a corrupción.
Coas privatizacións fixo vostede un pan coma unha bica.
APROBADO cos votos a favor do PP (7), os votos en contra de Por Chantada (2) e a abstención do PSOE (4).
3. Acordo Regulador do Prezo Público pola prestación do servizo: Madrugadores.-Exte: G1171/2022.
Vaia por diante que esta medida é unha medida incluída no noso programa e que, portanto, apoiamos en canto servizo e mesmo celebramos que, finalmente, se faga nos dous colexios e non só nun. No entanto, hai que sinalar que a competencia é da Xunta da Galiza. A mostra é que tiveron que pedir autorización para poder exercer unha competencia impropria. Aquí a Xunta fala de conciliar da boca para fóra, poden consultar en Castela e León, onde goberna o mesmo partido, e si que oferta a CA o servizo por 16 euros ao mes e 3 euros ao día os esporádicos. Na Galiza, outros concellos coma Cambados teñen un prezo, para o servizo mensual (sen almorzo), de 4 euros ao mes desde 2015.
Neste sentido, achamos que podería reducirse a contía do servizo asumindo maior carga o Concello, xa que, segundo o informe de intervención, coas cotas actuais o Concello só asumiría 9.000 euros como custe do servizo (diferenza ingresos – gasto). Aínda que neses cálculos para bonificacións por exclusión social e familias numerosas aínda non se descontan 1000 euros e os dados de partido tiveron pouca participación e non son reais (pouca participación nos Inquéritos feitos nos CEIP)…
Sexa como for, tamén é máis xusto demandar a declaración da renda a ter que pedir informes nos servizos sociais e recoller dalgún xeito os criterios de renda e que só atende a situacións de exclusión social sen progresividade e alimentando unha visión de inxustiza nas políticas sociais en determinadas faixas da poboación, que, con recursos xustos aínda que traballan duro, vense excluídas sempre das bonificacións porque estas só atenden a casos extremos.
Como remarcamos na comisión informativa, desexamos tamén que o servizo sexa de xestión directa e non privatizado.
Entrando xa prorpiamente no texto da ordenanza, cómpre comezar unha reflexión, xa que a calidade das leis, dos decretos e das normativas configura un chanzo fundamental da seguranza xurídica e da calidade democrática dun estado de direito. No entanto, semella que este criterio non é todo o observado que se debera no marco das institucións do Reino de España. En particular, as ordenanzas do Concello de Chantada, ora por antigüidade, ora por redaccións feitas ás présas ou copiando por outras, merecerían unha revisión en conxunto para a súa mellora co que gañariamos todos. Non é unha cuestión esta necesariamente de cores políticas, aínda que si recollen decisións políticas, senón que refiro fundamentalmente a que sexan precisas, claras e sobretudo coherentes.
Para comezar, unha ordenanza que se fundamenta na corresponsabilidade e no III Plano de igualdade do Concello de Chaantada (PIOM) debería empregar a linguaxe inclusiva. Porén, o artigo 3º fala de pais e de titores, mais non de mais e tiroras, e fala de nenos, mais non de nenas. Son cousiñas, mais están aí e aínda no anterior pleno se lles advertiu que hai que mellorar no uso da linguaxe.
Como defendemos nas comisións informativas debería haber unha única ordenanza para o servizo, que se expuxese ao público como determina a lei, e non un regulamento que, amais, colide con aspectos da ordenanza. Por exemplo, a ordenanza regula as baixas, mais non as altas no servizo. O regulamento recolle as altas mais non o anexo co documento normalizado que cita. Fálase de expulsar a quen non pague dous meses do servizo, mais os recibos serán na modalidade permanente trimestrais o que é totalmente incongruente. Amais, recibos trimestrais supoñen unha contía importante para moitas familias, pois semella que sempre lexislamos desde unha posición pouco consciente da situación económica de moitas familias.
De por parte, se hai almorzo hai que regular a dieta. Debemos pór por escrito a aposta por produtos de proximidade e de temporada sempre que for posíbel mais por unha dieta elaborada por unha especialista en nutrición infantil que haberá que programar cunha temporalidade transparente.
En definitiva, un servizo necesario, mais ímonos ver na obriga de apresentar alegacións para mellorar a ordenanza, tanto na súa congruencia interna, canto na mellora do servizo que regula.
APROBADO cos votos a favor do PP (7) e a abstención do PSOE (4) e Por Chantada (2).
4. Regulamento Organizativo do Servizo de Madrugadores do Concello de Chantada.- Aprobación Inicial.-G1171/2022
En primeiro lugar, atendendo aos dramáticos dados de emprego da lingua galega entre a mocidade, deberíase estabelecer como lingua vehicular do servizo a lingua galega. Tampouco hai referencia á formación ou perfil que terán os adultos do servizo, así como ás súas funcións.
Do mesmo xeito, non vimos por nengunha parte mención aos cocientes do servizo, esta cuestión importante deberíase regular. Hoxe os textos legais que regulan os servizos sociais tenden a incluír esta cuestión. Segundo o Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia recóllese entendemos que procedería aplicar un cociente 1/20.
Mención á parte merecen os criterios de admisión que deben asociarse a puntuacións para seren obxectivos podendo reunir varios algunhas familias demandantes. Propomos asociar unha pontuación a cada criterio:
CRITERIO DE ADMISIÓN
VALORES
Familias en situación de exclusión social
40
Familias monomarentais e monoparentais cando aquela que ostente a garda e custodia e acredita estar traballando / estudando
35
Familias en que traballan / estudan os dous proxenitores ou persoas tiroras
30
Familias con crianzas que teñan recoñecido grao de discapacidade igual ou superior ao 33%
25
Familias numerosas
20
Familias onde cada proxenitor percibe 110% ou menos do SMI e acrediten traballar / estudar
15
Todas estas achegas que facemos agora na comisión e no pleno poderíanse en parte corrixir habendo vontade de diálogo previo, mais non se fixo ben coas AMPAS, que nalgúns concellos xestionan o servizo (Coles) como para facelo coa oposición…
Como xa dixemos débese refundir ordenanza e regulamento expóndose ao público durante 30 días un único documento.
APROBADO cos votos a favor do PP (7) e do PSOE (4) e a abstención de Por Chantada (2).
5. Moción do Grupo Municipal Por Chantada-CUP para inclusión prioritaria no mapa de axudas rexionais da UE das provincias de Lugo, Ourense e Zamora, atendendo ao elevado índice de avellentamento, a dispersión poboacional e á demotanasia.
Esta semana o Ministerio aceitou compensar a Aragón pola súa elevada produción de enerxía renovábel. Chantada e o interior galego seguen sen seren compensadas, talvez porque non temos peso político e forza para impor o que é xusto.
Non pode ser que Madrid sen nengún parque eólico e sendo o principal consumidor reciba de premio a sede fiscal das grandes corporacións. Non só iso, o modelo de Ayuso e Esperanza Aguirre foi o do dumping fiscal cunha deslealdade absoluta que lembra aquel Castelao que lle indicaba aos españolistas que «os verdadeiros separatistas sodes vós». Abofé que si, hai poucas capitais, por non dicir nengunha, que sexa tan insolidarias e nocivas para o resto do territorio. Hai que desmadrilizar a política para darlle futuro á Iberia baleirada, que non baleira, polas políticas que por acción e omisión alimentan a demotanasia.
APROBADA POR UNANIMIDADE.
6.- Moción do Grupo Municipal Socialista do Concello de Chantada para a ampliación do Polígono Industrial de “Os Acivros”.
Como xa indicamos na comisión informativa parécenos unha moción ben elaborada e cuxos acordos nos semellan moi necesarios, de feito, agardamos que o ponto primeiro xa se estea dalgunha forma cumprindo. Amais, o terceiro acordo incide na necesidade de que a Xunta aposte en serio por Chantada, xa que non ten feito investimentos coa mesma intensidade ca noutras comarcas desde unha perspectiva diacrónica e sincrónica.
De feito, a Lei 3/2022, de 18 de outubro, de áreas empresariais da Galiza dispón o procedemento e a normativa para o desenvolvemento de equipamentos, aínda que o PP fíxoa non pensando en Chantada mais en como furtar a participación cidadá e tentar acurtar prazos de exposición das DIA dos macroparques eólicos, para favorecer a grandes corporacións que levan o beneficio dos nosos recursos en troca de nada.
A moción é oportuna, que non oportunista como dixo o alcalde na comisión, e agardamos que saia de aquí un acordo dos tres grupos a prol da ampliación dos Acivros.
APROBADA POR UNANIMIDADE.
7.- Moción do Grupo Municipal Por Chantada-CUP con motivo do 25N, Día Internacional pola eliminación das violencias contra as mulleres.
9.- Dación en conta de decretos da Alcaldía. Números 788 a 988
10.- Dación en conta en materia económica.
C) Rogos e preguntas de POR CHANTADA
I.- Axudas e subvencións.
1.1.- Renuncia subvención e obra de rehabilitación do edificio nº 8 da rúa Manuel Formoso Lamas para uso sociocultural (exp. 1095/2022).
Poden explicar por que deixaron perder máis de 66.000 euros dunha subvención (regulada por Orde do 17 de xaneiro de 2022) para facer a moi necesaria nova biblioteca que se comprometeron a ter nesta lexislatura?
Que alternativas barallan? Demandamos que se orzamente e execute con fundos proprios en 2023.
Resposta do alcalde: a subvención eran só 20.000 euros e van falar co GDR para facelo através dese organismo.
II.- Saúde pública e seguranza cidadá.
2.1.- Fontes Lama das Quendas.
É necesario proceder á limpeza das dúas fontes da praza da Lama das Quendas, xa que hai presenza de lixo e cristais escachados. Rogamos que o fagan coa maior brevidade.
Resposta do alcalde: xa tiveron peticións nese sentido.
2.2.- Fonte Tarrío en San Fiz.
Un particular (Construcciones Voces) apropriouse dela e privatizouna, a pesar de que a viciñanza comunicoulle mediante burofax a súa oposición. O alcalde tamén foi informado do asunto, mais pasan os meses e non temos coñecemento de que se incoase nengún expediente ou se adoptase algunha medida.
Que pensa facer a alcaldía sobre este asunto? Resposta do alcalde: non sabe nada e fala dunha traída.
2.3.- Lavadeiro de Santo Estevo cara ás Córneas.
O lavadoiro ten auga todo o ano e estase perdendo a auga ao levar roto máis de dez anos. Rogamos que interveñan para solucionar isto. Está en Santo Estevo cara ás Córneas.
Resposta do alcalde: xa foron ver.
2.4.- Rúa Benigno Ledo.
Cando e como van solventar a chapuza de aparcadoiros en batería que fixeron e que non permiten entrar e saír das garaxes á viciñanza?
Resposta do alcalde: xa avisaron á empresa.
III.- Deportes.
IV.- SERVIZOS PÚBLICOS e INSTRUCIÓN PÚBLICA.
4.1.- Servizo de atención temperá.
No pasado pleno xa formulamos algunhas cuestións sobre este servizo, nomeadamente sobre as deficiencias que detectamos no espazo que non se axustan á orde reguladora. Agora vimos que se vai facer un salva-chanzos na rúa que limita con Avelino Gómez Ledo, mais non lle vemos a utilidade se o ascensor funciona moi mal.
Cando contemplan reparar un ascensor que se estraga día si e día tamén practicamente?
Resposta do alcalde: xa pediron todo á Xunta, que di que non se use mentres non se arranxe. Cándida Carnero di que se está usando. O alcalde di que confianza absoluta até agosto en estar alí, despois parasarían ao edificio da policía local.
V.- MEDIO RURAL E MEDIO AMBIENTE.
5.1.- Arranxo de pistas.
A viciñanza, para alén das pistas que xa lle temos indicado noutros plenos, tamén nos fixo chegar as seguintes demandas:
Ponte Barxela – Pedrafita. Vén desde a Santa Rosa a Mosteiro vai a Pedrafita e a ponte da Barxela e vai dar ao límite de Sobrecedo (Taboada).
Ponte Barxela – San Roque. Zahorra e é do Concello.
Cardavós – Pesqueiras
Sen resposta do alcalde.
5.2.- Carros abandonados.
Ao longo de dúas lexislaturas trouxemos en numerosas ocasións a problemática dos carros abandonados, mais continuamos sen ver resultados.
Lembramos que abandonar un vehículo na vía pública está considerado unha falta grave que debe ser sancionada conforme o artigo 106 de la Lei de Seguridade Vial e a autoridade competente de tráfico poderá ordenar a destrución e descontaminación do vehículo, trasladándoo a un Centro Autorizado de Tratamento (CAT). Todos os vehículos que sinalamos cumpren todos os requisitos: levar abandonado máis de dous meses sen que ninguén alegue nada; ter signos claros de deterioro e abandono ou levar máis dun mes estacionado (con ou sen placa de matrícula).
A Concellaría de Medio Ambiente do Concello debe adoptar medidas ao ser un residuo nocivo para a saúde e o medio ambiente podendo ser sancionado (até 30.000 euros) e todos os gastos que orixine a retirada do vehículo erán por conta do condutor infractor, ou na súa falta, polo condutor habitual, arrendatario ou o titular, como último responsábel.
Na Rúa da Barxela, no “aparcadoiro municipal” hai varios vehículos abandonados que levan desde antes do verao.
Nas inmediacións do pavillón, na rúa Poeta Añón, hai un vehículo destrozado que leva así moitos meses.
Tres abandonados na rúa Taboada, fronte á Fisioterapia Queitano.
Na Avenida de Ourense hai outros 2 aproximadamente á altura dos Recambios.
Na Costaña.
Rogamos que se adopten medidas xa.
Resposta do alcalde: a policía local tomou nota.
VI.- CULTURA E PATRIMONIO.
4.1.- Auditorio.
É necesario proceder a arranxar asentos no auditorio, xa que se afunden.
Sen resposta do alcalde.
VII.- ADMINISTRACIÓN E ASUNTOS XURÍDICOS.
7.1.- Plano estratéxico de subvencións.
Lembrámoslle máis unha vez a obriga legal que ten este Concello de dotarse dun plano estratéxico de subvencións, así como da necesidade de facer unha memoria anual das concedidas desde a alcaldía con arranxo ao disposto na lei.
Queremos que conste en acta que o principio de planificación, contemplado na Lei 40/2015 do Réxime Xurídico do Sector Público, foi reforzado en sentenza do TS (Sala do Contencioso-Administrativo), ao ditar que é requisito esencial e previo á concesión de calquera subvención o comprimento do Plano estratéxico de subvencións, contemplado no artigo 8.1 da Lei Xeral de Subvencións, polo que Chantada estaría concedendo as subvencións en nulidade o que xera unha manifesta inseguranza xurídica para as asociacións e entidades benefactoras. Seguindo a doutrina da Sentenza de 26/06/2012 a concesión dunha subvención sen o devandito plano é un vicio substancial e non formal, entrando xa que logo na nulidade do artigo 47 da LPAC.
Sen resposta do alcalde.
7.2.- Contratos limpeza.
Queremos que conste en acta que nos parece unha chapuza todo o procedemento e que condenamos a falta de transparencia e información cara ás traballadoras. Tamén nos opomos a que se subroguen cando figuran na estabilización de emprego.
Sen resposta do alcalde.
7.3.- Falta de entrega de documentación.
Xa llo dixemos no anterior pleno e reiterámolo niste. Temos pendente que se nos entreguen varios expedientes, queremos que conste en acta que levamos meses agardando documentación e isto imposibilita que exerzamos o noso labor de fiscalización do Goberno local.
A Xunta da Galiza pretende aprobar dúas novas taxas que van disparar a factura da auga. Concretamente, trátase de dous canons de nova criazón para o consumidor doméstico e outro para os concellos, incluídos no Anteproxecto de lei para a xestión integral do ciclo da agua, xa en tramitación.
Estimacións de profesionais do sector sitúan a suba do recibo en 180% na auga dos fogares e 130% no caso das empresas. Un despropósito que, na Galiza, coincide no tempo coa suba interanual máis elevada da inflación rexistrada do Estado español (4%).
Trátase doutra volta de porca na política de mercantilización dun ben público e esencial que comezou coa Lei de augas da Galiza, que desde 2012 xa aplica un canon.
Por Chantada demanda a paralización inmediata da tramitación do anteproxecto e un plano de depuración e saneamento para as parroquias do rural galego.
Ao seu paso polos Cachóns do Asma as augas do río teñen un fedor moitos días insoportábel consecuencia da deficente depuración de augas. O Concello leva anos cunha problemática á que as diferentes administracións non lle dan solución e que nen sequera se inclúe no PACES (Plano de acción para o clima e a enerxía sustentábel).
Chantada 20 de setembro de 2021.
En sintonía coas políticas ultraliberais e aporofóbicas do PP, a nova lexislación castigará máis aos consumidores domésticos e, nomeadamente, aos que teñen un consumo máis baixo que, polo xeral, son fogares máis humildes. Apenas contemplan bonificacións de 50% para familias numerosas e fogares en risco de exclusión social, mais deberían ser nestes casos do 100%.
Para o uso doméstico existe agora no trecho máis baixo de consumo unha tarifa de 0€ que pasaría cos novos impostos a 0.15€ por metro cúbico, avanzando no mercado e mercantilización da auga. Por exemplo, nun fogar onde vivan 3 persoas cun consumo de 25 m3 de auga cada trimestre pagaríase case o triplo: dos actuais 6.65€ a 18.7€. Para alén do consumo os novos canons incorporan unha parte fixa (1.54€ por persoa e mes) remedando a factura da luz.
A auga vai ser un ben crecentemente escaso, por iso se debe instar ao seu uso racional por parte da poboación con taxas que penalicen os consumos elevados e a falla de eficiencia desde os principios de proporcionalidade e progresividade fiscais, é dicir, que pague máis quen máis consome. Amais, debe garantirse o seu fornecemento a todas as poboacións, así como o seu correcto tratamento e depuración.
Por Chantadademandará no vindeiro pleno ordinario que a Xunta paralice a tramitación do anteproxecto para desde o diálogo social incorporar os principios de proporcionalidade e progresividade fiscais. Amais, exiximos saneamento e deputación axeitadas para as parroquias do rural a comezara polas do interior galego e, nomeadamente, as atinxidas por figuras de protección como a de Reserva de Biosfera.
Alertados pola viciñanza denunciamos a recollida de dados que está desenvolvendo o Concello de Chantada nas parroquias sen dar calquera explicación oficial á viciñanza. É bochornoso que un alcalde dun concello non emita un bando nen dea calquera explicación pública á viciñanza cando se están recollendo dados para un uso e tratamento que os afectados descoñecen.
Consultados varios xuristas e expertos relacionan este censo coa intención da Xunta de “municipalizar” as traída do rural, de momento “voluntariamente”, para que se lles poda cobrar o canon da Xunta (Lei de augas) mais os novos impostos que prevé o Anteproxecto de lei de mellora do ciclo integral da auga, denunciados nunha moción rexistrada onte. Amais, unha vez exista rede municipal nun territorioxa non será posíbel desengancharse e criar unha autoxestionada entre a viciñanza, pois non o permite a normativa e a Confederación Hidrográfica denegaría a renovación até daquelas traídas debidamente legalizadas, que no noso termo municipal non chegan a 10%).
Lembrade que, co modelo actual de mercantilización dun ben esencial e público por parte de Feijoo en sucesivas reformas normativas:
1.- Pagamos por trechos e non por consumo real (empresas) pasando o trecho máis baixo para consumidores domésticos de 0 a 0.15€ por metro cúbico.
2.- Pagamos canon autonómico en base a ese importe (imposto Xunta).
3.- Pagamos coeficientes de verquido en base a unha estimación non real de convivintes por morada (imposto da Xunta).
4.- Pagamos IVE de 10% e non de 4% porque seica non é un ben de primeira necesidade cando é para consumo.
5.- Pagaremos dous canons de nova criazón (impostos Xunta) triplicando o que se paga agora e cunha cota fixa de 1.54€ por persoa ao mes (haxa ou non gasto), o que supón un “mínimo” de case 20€ ao ano.
Están criando as condicións para facer, paso a paso, outro mercado piramidal e espoliador como o da luz, agora coa auga, ao tempo que acaban coa sanidade, coa educación e presionan cada vez máis as pensións.
Na defensa do ben común e da maioría social nen un paso atrás.
O Miño ao seu paso por Cartemil (Santa María de Nogueira) estase vendo atinxido por unha falta de regulación das embarcacións a motor (perdas de aceite, combustíbel, ruídos…) e os verquidos son frecuentes ao careceren as parroquias de sistema de depuración. A Confederación Hidrográfica segue a ser moi pouco transparente e as diferentes administracións non se cordinan para solventar un problema que contradi na práctica a recente declaración de Reserva de Biosfera. Ríos cada vez con menos flora e fauna autóctona poden ser reserva de biosfera?
Asistiron 11 concelleiros, ausentándose Manuel Diéguez do PP e María Varela do PSOE. Tamén asistiron a secretaria, a interventora e un funcionario. O Pleno comezou ás 9:35 horas e finalizou ás 12:36 horas. Como público, só asistiron dúas persoas e non houbo presenza da imprensa.
1.- Actas anteriores, correspondentes ás sesións: Ordinaria do día 03/10/2019, extraordinario de 17/10/2019, extraordinarias urxentes dos días 21/10/2019, 29/10/2019 e 04/11/2019 (sorteo mesas). [Audio min. 0-3]
Neste ponto, desde Por Chantada salientamos que nos parecía excesivo e, sen correspondencia noutros concellos, celebrar 3 plenos polo sorteo das mesas eleitorais. O noso voceiro propuxo que non se cobrasen os plenos dos sorteos eleitorais e, após un pequeno debate, decidiuse que non se cobrarían os dous extraordinarios urxentes convocados por este motivo.
2.- Modificación ordenanza fiscal da taxa pola rede de sumidoiros e a taxa pola subministración de auga (G-1123/2019). [Audio min. 3-14:04]
Subirá, portanto, 0.5 conforme ao IPC. Contrasta que esta ordenanza sempre se actualice co desleixo que se ten coas demais. A empresa, que vendeu auga ilegalmente e sen contador, segue facendo o que quere e a intervención municipal xa solicitou dúas veces por escrito unha auditoría externa que o alcalde segue sen facer.
A favor: 6 (PP). En contra: 0. Abstencións: 5 (CUP e PSOE).
3.- Suplemento de crédito 05/2019 por importe de 80.719,97€ (expediente G.-1021/2019). [Audio min. 14:20-21:53]
O 29/11/2019 xa se publicou no BOP a aprobación defintiva. Son múltiplas actuacións feitas en período eleitoral, sen dispor de crédito e contravindo tamén a LCSP no tocante aos contratos menores. Os argumentos do alcalde merecen ser escoitados, esta convencidísimo de quen non hai quen lles gañe e se gastando isto conseguen nas próximas a maioría estaría orgulloso e son uns “fenómenos”.
Un proceder que xa se desenvolveu en 2015, daquela con máis de 650.000€, aos que cómpre somar agora por volta de 150.000€ dunha sentenza xudicial en conceito de xuros de demora cando, de facerlle caso á interventora, terían que ter abonado 400.000 e non 600.000€. Claro que son cartos de todos e así paga calquera.
(Votábase rexeitar a alegación de Por Chantada-CUP ao Suplemento 5/2019): a favor 6 (PP). En contra: 5 (CUP e PSOE). Abstencións: 0.
4.- Modificación horarios sesións plenarias. [Audio min. 22:03-31:10]
O PSOE tamén apresentou unha emenda antes xusto de iniciar o Pleno, que non podemos pór ao entregársenos en papel. En todo caso tampouco foi aceite. Por Chantada demandaba que os plenos fosen o venres ás 20 horas. O alcalde dixo que a súa proposta era innegociábel e que se facía para atender a dous compañeiros seus que traballan na empresa privada e non na pública, que eses non teñen problema (en alusións a algúns integrantes da oposición).
Votación emenda Por Chantada-CUP (mudanza día Pleno de xoves a venres): a favor 2 (CUP), abstención 2 (PSOE) e en contra 6 (PP).
Votación emenda PSOE (mudanza comisións informativas para a tarde): a favor 5 (PSOE e CUP), abtencións 0 e en contra: 6 (PP).
Votación proposta PP (mudanza horario Pleno das 9:30 para as 20:00 horas): a favor 6 (PP), abstención: 3 (PSOE) e en contra 2 (CUP).
5- Moción grupo municipal Por Chantada-CUP para a adopción de medidas a prol da igualdade. [Audio min. 31:39-44:03]
6.- Moción de Por Chantada-CUP sobre a adopción de medidas necesarias na escola infantil e para ampliación das prazas públicas. [Audio min. 44:10-1:04:4]
O PP culpa á Deputación e o PSOE á Consellaría de Industria, centrando nisto o debate. Sae tamén a problemática dun gandeiro de Camporramiro. Por Chantada propón que se mude o acordo para exixir á Xunta e á Deputación á resolución do problema. Non se acepta.
A favor: 5 (CUP e PSOE). En contra: 6 (PP).
9.- Mocións e asuntos de urxencia.
Non se produciron.
10.- Dación de conta de resolucións da alcaldía.
11.- Dación de conta do acordo de incorporación en conxunto dos funcionarios que perciben asistencia sanitaria por ADESLAS ao Réxime Xeral da Seguridade Social.
Este asunto non debería figurar na orde do día do Pleno, si na comisión informativa. O que debería figurar é a mudanza de horario das Xuntas de Goberno Local (XGL).
12.- Dación de conta de informe de control financeiro de acordo co Plan anual financeiro para o exercicio 2018. [2:20:25-2:22:00]
Precioso o documento. Non deixa títere con cabeza e revela máis unha vez a súa deficiente xestión, con aspectos gravísimos. Paga a pena lelo. Aclarámoslle ao alcalde que a interventora xa pediu auditoria externa sobre a empresa dúas veces. Tamén que moitas ordenanzas actuais, que xa están feitas, non se actualizan nen se aplican.
13.- Dación de conta da resolución da alcaldía pola que se aproba o Plano de Igualdade entre Mulleres e homes do Concello de Chantada. Expediente 1132/2019. [2:22:00-2:23:22]
Por Decreto 515/2019 de 8 de novembro (exp. 1145/2019) aprobaron F/2019/33, correspondente á elaboración do III PIOM por importe de 4.495,15€. O compromiso de ingreso efectuado polo Instituto da Muller e para a igualdade de oportunidades e a FEMP, para o Plan de Igualdadeten un por importe de 3.703,00 €. Puxo o Concello os 792,15€ de diferenza? Si. Cuestionamos tamén que se afirme que se cumpriu 70% do II PIOM.
14.- ROGOS E PREGUNTAS.
14.1.- Preguntas PSOE. [Audio min. 1:50:00-2:20:26]
14.2.- Rogos e perguntas Por Chantada-CUP.
0.- Perguntas por escrito Pleno outubro. [2:23:23-2:24:00 + 2:52:56-3:01:06]
1.- Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se regulan os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas da Galiza. [2:24:00-2:24:50]
Analizaron o novo Decreto da Xunta e como pode impactar na xestión da piscina? Responde Diego Otero (PP) indicando que está en estudo e que no site de Sanidade hai novos protocolos. Xa está feito o das piscinas interiores e con revisión da inspección de sanidade.
2.-Consello escolar CEIP de Requeixo. [2:24:50-2:28:25]
A quinta-feira 7 de novembro celebrouse Consello escolar no CEIP Xoán de Requeixo, para aprobar o seu Plano Xeral Anual (PXA). Novamente, ninguén do Goberno se dignou en aparecer e iso, que no pasado Pleno ordinario, trouxemos a cuestión do IES Lama das Quendas, onde levan anos sen aparecer. [Panela indica que se disculpou]
Na páxina 55 do devandito documento hai unha referencia a unha obra de accesibilidade na escola non desenvolvida polo Concello. Concretamente dise:
Neste curso, creouse unha unidade específica de educación especial, resaltar que aínda que contamos con todos os recursos, tanto humanos como materiais, a aula non está funcionado, debido a que non hai acceso a ela debido ás barreiras arquitectónicas existentes. Era un compromiso do Concello eliminalas durante este verán, pero seguimos á espera. A dirección do centro fixo todas as xestións que estaban na súa man, pero non se conseguiu nada ata o momento. A Xefatura Territorial é coñecedora deste problema, xunto con Inspección e unidade técnica (enviouse un escrito solicitando se solventase o problema con data 1 de outubro de 2019).
Poden explicar por que é que non se desenvolveu esta actuación e cando teñen pensado pórlle remedio a esta deficiencia? [Varela di que non é competencia municipal e que o farán, en todo caso no Nadal]
Agora, o Consello Escolar, por unanimidade, aprobou unha queixa ao Concello dado o incumprimento continuado de diferentes intervencións de mantemento e outras de accesibilidade (RE-08/11/2019). Xa o 19/04/2019 remitiuse desde a Dirección escrito ao Concello solicitando unha rampla que dese acceso ao edificio antigo do colexio, onde se localiza a xa mencionada unidade de educación especial, para pícaros con NEAE, algúns deles con mobilidade reducida. Deron compromiso verbal, como fan sempre, mais aínda non fixeron nada e a aula está inutilizada por este motivo.
As demandas urxentes do CEIP son:
Rampla de acceso para a unidade de educación especial coa que se comprometeron, mais segue sen facerse.
Inspección das instalacións eléctricas, pois o inspector da Consellaría de Industria dixo que tiñan que ser feitas inminentemente, xa que caducou a data límite para facer a revisión por parte do Concello e segue a velas vir. [Varela di que xa está pedida]
Limpeza das baixantes dos diferentes edificios, pois está entrando auga no comedor. [Varela di que iso é da Consellaría e que parece que as direccións teñen medo a chama á Delegación e que procuran aforrarlle os cartos]
Solventar as deficiencias na limpeza dos patios, nomeadamente a segunda-feira polos restos que fican da fin de semana. Este ano, na véspera de comezar o curso aínda estaba o patio sen limpar, con árbores caídas e o céspede sen rematar de cortar. [Varela nega a maior e nega isto]
Reposición de azulexos caídos e mantemento variado.
Retirada de pintadas existentes nos diferentes edificios.
Modificación no muro situado entre o edificio principal e o comedor.
En definitiva, que o Concello deixe a un lado o seu proverbial desleixo e o abandono total das súas responsabilidades e atenda ás necesidades dos cidadáns e do ensino público.
3.- Fosa séptica en Nogueira. [2:28:26-2:28:44]
Hai meses solicitamos mediante un rogo que se baleirase a fosa séptica de Nogueira, o cal se fixo, mais esta apresenta importantes fugas polos laños e fisuras coas que conta, expondo a cheiros e vertidos incontrolados as inmediacións.
Rogamos máis unha vez que se proceda, o antes posíbel, á súa reparación.
4.- Robaliza comunicación. [2:28:44-2:28:57]
Desde a pasada lexislatura as RRSS do Concello de Chantada están xestionadas por Robaliza Comunicación. Segundo este grupo ten entendido, a empresa acumula impagos nos últimos seis meses. Que explicación dan desde o Goberno a este atraso? [Pamela di que non é certo. Ao rematar o Pleno Pamela acláranos que había unha factura mal por parte da empresa e que xa foron abonadas algunhas delas.]
5.- Pista Pincelo. [2:29:03-2:29:13]
A pista de Pincelo indicámoslle no pasado Pleno que estaba con madeira caída e comunicóusenos que fora retirada. Para a nosa sorpresa comprobamos aínda o 19 de novembro, que isto non é así, e que os problemas sinalados persisten dous meses despois. Rogamos novamente que o Concello actúe.
6.- Pistas Caíbe e Vilardamos. [2:29:14-2:30:00]
Esta pista precisa ser arranxada con urxencia. Rogamos se faga canto for posíbel.
Tamén vimos que a pavimentación do núcleo de Vilardamos foi adxudicado a Construcións Voces por importe de 25.410€. Cando van comezar estas obras que xa se contemplaban no Plano Único da Deputación e que parte achega o Concello? [Varela indica que a Deputación achega o 100% do financiamento e que ao Concello non lle custa nada e que, canto ao inicio da obra que depende agora da empresa]
7.- Rúa do parque. [2:30:00-2:32:39]
Transmitimos queixa viciñal para a mellora da Rúa do parque, entre Santa Ana e o Campo da Feira Vello, que eviten o aparcamento indebido e en relación cos bolardos.
En xeral, a ordenación do tránsito urbano, primeiro ponto do programa eleitoral do PP nas pasadas municipais, segue igual que estaba. Que accións contemplan neste eido? [Varela nega que haxa problemas e que só se queixa unha viciña. Cruz lémbralle escritos da comunidade de viciños á que pertence, xa hai tres anos. Varela di que se chame á policia local]
8.- Biblioteca. [2:32:40-2:33:12]
Rogamos, desde este grupo municipal, que se recupere o horario de apertura en fin de semana da Biblioteca. Por que se suprimiu? [Falta de persoal, indica o alcalde]
Que xestións se fixeron para a consecución da nova biblioteca desde o Goberno? [Non hai novidades, pendentes da compra duns edificios]
9.- Alumeado público. [2:33:15-2:35:08]
Temos reiterado en varias ocasións que o alumeado público precisa dunha revisión e optimización, para alén de apostar polas lámpadas de poupanza enerxética e de mellora da eficiencia. Rogamos o arranxo do alumeado nocturno do paseo fluvial, concretamente no treito que vai dende a Ponte Peonil (altura da piscina municipal) ata a Alameda, que neste momento é inexistente e xa se acumulan varias caídas pola falta de visibilidade. [Varela di que está reposto agora. Falta unha marxe por arranxar, a direita. Di que se van gastar 198.000€ para aforro enerxético e que son independentes dos 46.000€ que se investiron en Uxío Novoneyra coa empresa Rabelas e que suporán 70% de aforro, financiándose co fondo de compensación]
10.- Casa da música. [2:35:08-2:35:46]
Recentemente, como consecuencia dunha caída dado o esvaradío da superficie, tivo que ser trasladada unha persoa en ambulancia. É un tema que traemos todos os invernos e segue sen solventarse. O Goberno apenas colocou un balado de obra que non solventa ren. Rogamos se feche con garantías o teito da Casa da música entre os meses de outubro e abril.
11.- Pista de padel. [2:35:47-2:37:17]
Falando de teitos, a coberta da pista de padel que custou 41.932€ (dos cales o Concello achegou 2.046,64€ e o resto a Deputación através do Plano Único 2018) e leva pouco feita semella que non está cumprindo axeitadamente a súa función e a auga segue penetrando.
Contemplan solucións? [Varela di que de momento non. Diego di que é eficiente e que non hai problemas. Diego di que o proxecto foi feito polo arquitecto e o técnico deportivo. Algo sempre entra cando fai vento. Varela di que non xoguen cando fai mal tempo, que aínda quererán ar acondicionado no verao. Hai necesidades máis urxentes]
12.- Rúa Rosalía de Castro. [2:37:18-2:38:26]
Cimentouse a parte da beirarrúa que caiu, mais deixáronse os balados de obras do Concello que están ciscados e dan unha imaxe lamentábel. Rogamos a súa retirada e que, no sucesivo, se fagan mellor estas actuacións. [Foi unha rotura. Vaise arranxar cando non chova con formigón impreso]
13.- Piscinas. [2:38:27-2:41:36]
Hai lixo e neveiras fóra e dentro do cuarto das piscinas de fóra, xunto aos baños, comida apodrecendo que ficou da Wolf race, cando temos un banco de alimentos e xa pasou o mesmo no pasado ano. Nas duchas ficou todo cheo de bulleiro, tendo que limpar o servizo municipal. Xunto ao río ficaron garrafas de auga de plástico, que remataron no curso fluvial. Desa mesma carreira ficaron varios outros elementos sen retirar. Cal é o motivo deste proceder? [Varela di que haberá que darlle un tirón de orellas á asociación e retirarlle a axuda se volven reincidir]
Na beira de fóra afundírase o terreo e non funciona a depuradora, mais aí colocouse unha lanzadeira que pesa e segue sen recoller. Rogamos que se recolla. [Diego que ficará aí para o ano pasado. Indica que as garrafas de auga se recolleron ao día seguinte]
Nas piscinas de dentro a ventilación non funciona e a condensación está derramando a madeira do vestíbulo. Rogamos que se arranxe. [Diego di que só leva 3 meses así e que se vai arranxar]
Cal é o motivo polo que a cafetaría leva meses fechada e non se licita? [Esta fechada, de momento non se vai licitar]
14.- Fincas expropiadas. [2:41:37-2:44:44]
Vemos que pagaron a expropiación dunha finca por tras do IES Val do Asma por valor de 89.657,38€. Que uso lle teñen contemplado dar? [Varela di que, se callar, para horta escolaar, como no grupo escolar de arriba]
Tamén na rúa Pardo Bazán, por importe de 28.411,27€, cal vai ser o seu destino? [Tratar comprar as fincas colindantes para facer un parque]
15.- Sentenza 254/2019 (120.140,43€ só en xuros de demora). [2:44:45-2:46:10]
A sentenza estimatoria do xulgado Contencioso-administrativo nº1 de Lugo, de data 27/09/2019, con número 00254/2019, que ten o carácter de firme, dá dez días para a súa execución solicitando o Concello unha moratoria para facer o pago através do Orzamento de 2020. Trátase de 120.140,43€ en xuros de demora.
A que fai referencia exactamente a sentenza?
Cando teñen previsto traer a Pleno o Orzamento de 2020?
[Varela di que agora quere todo papeis, que non se fía das palabras. Que é para indemnizar a empresa FEVISA polas obras de 2015. Fente mostra a indignación que lle produce ter gasto en período eleitoral e sen crédito máis de 640.000€, a pesar de que a interventora defendía que eran pouco máis de 400.000€ o que lles correspondía a Fevisa e Oviga. Agora isto. O orzamento contemplan que veña xa en decembro se se poñen xa a traballar nel]
16.- Terrazas. [2:46:11-:2:47:14]
Volvemos facer o rogo para que se desenvolva unha ordenanza actualizada e axeitada ás nosas necesidades para as terrazas e a ocupación do espazo público. Vimos o Decreto 488/2019, de 29 de outubro polo que se dá a coñecer que no 2019 se recaudaron 5.335,60€ por este concepto, por volta de 2.000€ máis que na anualidade pasada. [Varela di que é urxente revisar o que se cobra, que é axudar demais]
17.- Reparos e omisións de fiscalización.
Non se están enviando. Lembramos un informe do anterior secretario, Baños, a instancias do noso grupo sobre este asunto. Se non se remite pedirémolos por escrito mes a mes, co cal é pior para todos e todas.
18.-Pronor Chantada S.L. [2:47:15-2:48:02]
Mediante Decreto 509/2019, de 7 de novembro de 2019 o Concello de Chantada encomenda a defesa xurídica do procedemento a José Antonio Carnero Blanco e non ao Servizo da Deputación de Lugo, como vén sendo habitual. Cal é o motivo? [A Deputación estalle perdendo todos os xuízos, non lles convence]
Coidamos que non é procedente que o Goberno contrate a persoas relacionadas por parentesco directo, xa que incumpre as disposicións legais. [O PP di que se consultaron e que non hai problema]
19.- Luces Nadal. [2:48:03-2:49:01]
Canto se vai gastar? [Varela di que coma o ano pasado, sobre 12.000€]
20.- Pregos privatización SAF. [2:49:02-2:50:10]
Aprobáronse? [Están niso, afirma o alcalde] Cando se van aprobar? [Virán a Pleno] Que vai pasar coas 15 traballadoras que rematarán contrato a 31/12/2019? [Indican que todas, que a ver se son capaces de anotarse á bolas – curioso cando sacan unha bolsa de emprego e nen eles saben realmente que van facer-] Como se conxuga a privatización, cunha bolsa de emprego en marcha e cunha empresa externa funcionando? [O alcalde di que vai para largo, que se privatizará en maio ou máis adiante, non en xaneiro]
21.- Capela do Faro. [2:50:11-2:50:26]
Que xestións fixo o Concello perante a falla de licenza? [O presidente da Corporación unicamente sinala que se encamiñou un informe a Cultura, a petición desta Consellaría]
22.- Níveis elevadísimos de gas radon na casa do concello. [2:50:36-2:52:53]
Sobre isto deixamos algúns materiais a maiores do exposto no seu día sobre a relación entre altas taxas de radon e o incremento exponencial do cancro, nomeadamente de pulmón:
Ao Pleno asistiron 12 concelleiro (Manuel Diéguez do PP só estivo presente no ponto 7º, o da privatización do SAF), a Interventora, a Secretaria e un funcionario. Asistiron 2 xornalistas e aproximadamente 30 persoas, no pleno ordinario máis numeroso dos últimos anos. Moitas e moitos dos asistentes levaban colantes contra a privatización do SAF, mostrando así o seu rexeitamento ao Goberno.
Indicamos que os rogos e perguntas deben recollerse con máis exactitude e que as actas da Xunta de Goberno Local (2/8/2019. 14/08/2019…) non se nos están remitindo, a pesar do que indica a lexislación.
Aprobada por unanimidade.
2.- Suplemento de crédito 05/2019 por importe de 80.719,97€ (Expediente G. 1021/2019).
Neste ponto viñan moitas facturas reparadas, a maioría de actuacións desenvolvidas durante a campaña eleitoral de 2019. Obras feitas sen respeitar a LCSP, sen licitación, sen crédito axeitado nen axeitado, etc.
O asunto aprobouse cos votos a favor do grupo PP (6) e os votos en contra: Por Chantada (2) e PSOE (4).
3.- Aprobación de facturas Recoñecemento extraxudicial 14/2019 por importe de 1.176,12€(Expediente G. 1016/2019).
Facturas contratación menor para limpeza de decembro 2018.
O ponto apróbase cos votos do grupo PP (6) e os votos en contra de Por Chantada (2) e do PSOE (4).
4.-. Conta Xeral 2018, aprobación definitiva expediente G. 420/2019.
A documentación da Conta Xeral recolle todos os ingresos e gastos do Concello no exercicio 2018. Podes ver toda a documentación premendo aquí (ligazón a Google Drive). Tamén podes ver análises da Conta Geral doutros anos neste mesmo site. Neste ponto o alcalde tentou cortar o debate cando evidenciamos que a débeda unicamente se recurtou mercede a brutal suba impositiva dos últimos catro anos, unha Aposta Segura:
No período 2014-2019 os impostos directos (IBI, IVTM, ICIO) pasaron de 2.296.279,28€ a 3.164.452,78€, por outras palabras un incremento impositivo de 72,56% en só catro anos (868.173,5€ máis). Só o IBI urbano (Catastrazo) subiu 776.690,25€ (+64% en só catro anos!)
11,51% do orzamento non se executou, é dicir, de 8.692.669,61€ deixaron 999.873,65€ de remanente. Excesivo, máximo se temos en conta que son 329.284,26€ de remanentes de inversións reais (obras daquela tan necesarias e que non se fan pola mala xestión do goberno).
A área de gasto 0, correspondente á débeda pública totaliza 1.563.508,25€, todo un récorde por riba dos niveis de 2014 (1.200.000€) e representa o 20,33% do total do gasto. Iso explica en boa medida o por que de dúas lexislaturas in albis canto a inversións reais. O que vai para os bancos non pode ir para a viciñanza.
A deficiente xestión xerou continuos reparos da intervención; atraso no pago de facturas; incumprimento do período medio de pago a provedores; continuarmos no Plano de axuste e termos que ir a un Plano Económico Financeiro en 2019, polo incumprimento da regra do gasto…
Votou a favor da Conta Xeral o PP (6) e en contra Por Chantada (2) e o PSOE (4), portanto fica definitivamente aprobada.
5.- Moción do grupo municipal socialista sobre Catálogo de camiños e inventario de bens e direitos. Expediente G. 1013/2019.
A moción aprobouse por UNANIMIDADE de todos os grupos.
6.- Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP para o estudo, catalogación e posta en valor do Patrimonio material e inmaterial do Concello de Chantada (expediente G. 1013/2019).
A moción foi rexeitada, aínda que todos os grupos recoñeceron o valor das propostas, cos votos en contra do PP (6) e os votos a favor de Por Chantada (2) e do PSOE (4).
7.- Iniciación expediente de contratación externa do Servizo de Axuda no Fogar (expediente G. 925/2019).
A pesar da falta de argumentos do grupo de Goberno, que non contestou a ningunha das cuestións formuladas nas contundentes intervencións do grupo socialista e da CUP (vid. audio do Pleno), acordouse aprobar o inicio da privatización cos votos a favor do PP (6) e os votos contrarios de Por Chantada (2) e do PSOE (4).
8.- Moción e asuntos de urxencia.
Presentouse por urxencia a proposta de días feriados para 2020 porque, segundo o alcalde, ficara esquecido nalgún caixón do Concello. Por unanimidade aprobouse a urxencia e na votación do asunto o PP votou a favor e Por Chantada e o PSOE abstivéronse.
9.- Dación de conta de resolucións da alcaldía (Decretos 333 a 376).
xestións realizadas para conseguirmos unha nova ponte sobre o río Asma para o bairro da Ponte;
agresión patrimonial ao Mosteiro de San Salvador de Asma, declarado BIC;
e actividade de fabricación de formigón sen licenza nen título habilitante na ribeira do río Asma, segundo escrito recebido por este grupo municipal.
Rogos e perguntas orais de Por Chantada-CUP.
Rogo para arranxo de pistas municipais que o precisan con urxencia a solicitude da veciñanza: Brigos de Arriba, a do lugar; Baltar, moi deteriorada; Casas Novas-Eiriz: fochancas que superan os centímetros que ditaminan que a responsabilidade civil é do encarregado de manter a estrada; Garabelos – Paderne: está tamén en moi mal estado; Carballeira – Río Pedroso: totalmente estragado o firme e con fochancas que superan o máximo legal, canto a responsabilidade civil municipal [comezarán o martes ou o mércores “posibelmente”]; Vilardamos-Burgás e Santa Cruz; Pista de Pincelo, hai árbores caídas e todo, urxe actuar [dísenos que os piñeiros foron retirados); Nogueira de arriba, necesario arranxar a pista desde a que se accede cara a Igrexa, xa que o Concello deixouna no seu día mal e cando arroia inunda a antiga escola das rapazas (hoxe unha casa particular); en Laxe están practicamente todas desfeitas e requiren actuación.
Rogamos novamente que se faga un inventario e se ordenen por orde de prioridade para o seu arranxo as estradas de titularidade municipal.
Arranxo Deputación en Sabadelle e Axulfe – San Lucas. Ten o Concello coñecemento de cando se vai completar o arranxo da estrada e o mesmo para pista de Axulfe – San Lucas. [Varela chamou á Deputación e non se cumpriu o inicialmente previsto e desde o Servizo de Vías e Obras dixéronlle que iso era unha cacicada. Tamén comprender que a Deputación de Lugo ten moitos quilómetros. Daniel Camiñas (PSOE) aclara que tres das actuacións responden a un contrato extraordinario de reforzo de firme, son as de Sabadelle, a de San Pedro de Líncora-Belesar e a de Antas de Ulla. A do San Lucas non entraba nesta actuación, senón na conservación].
Fonte Muradelle. Rogo para limpeza e canalización axeitada do manancial.
Pista Muradelle ponto quilométrico 5.5, que vai a estrada vella de Lalín. As tubaxes levan tempo tupidas polo que arroia e deteriora a pista. É necesario limpalos.
Rogo limpeza traída da auga de Carballizos (Laxe). A viciñanza solicita que o Concello limpe a puza que está a carón da traída da auga do lugar, a auga corre pola estrada no inverno deteriorándoa. Tamén indican que a traída da auga de Riopedroso non é potábel, contemplan algunha actuación? [Non sabían nada, contesta o alcalde].
Piscinas. Compráronse as 25 biciletas que se ofertaban por 3.000€ e das que se informou ao Goberno? [Non, difícil de conseguir – di Diego Otero, concelleiro de Deportes. Novas os 3.000€ só chegarían para 5-6. Cruz amplía información sobre esas bicicletas e Diego di que para meter novo habería que ir a unha inversión maior] Que alternativas se prevén? Tense previsto facer algún timpo de mantemento das instalacións, como adquisición de materiais ou o preciso para os cursos de aqua-gym?
[este ano aínda non].
Rogo para rebaixa das beirarrúas de Chantada para que estas cumpran coa normativa. Actualmente a mobilidade é difícil na nosa vila, máxime co descontrol existente nos aparcadoiros indebidos e nas terrazas irregulares. Rogamos que se rebaixen as beirarrúas e se cumpra coa normativa. [Algunhas fóronse facendo].
Rogo para repintado dos pasos de peóns. Son varios os que precisarían ser repintados coa menor brevidade posíbel.
Limpeza viaria. Durante o verán e nomeadamente nas festas a recollida de lixo non foi a correcta. No tocante á vila o problema foi un deficiente deseño do plano de autoprotección. Igualmente o estado de suxidade das beirarrúas exixe tomar medidas e que se adopten sancións ou medidas perante actitudes incívicas. Excrementos de pombas e cans, papeleiras con cheiro no paseo a carón dos bancos, colectores nas festas toda a semana a tope de lixo… A imaxe que transmitimos dista de ser a axeitada. [Non hai outro remedio ca sancionar, afirman que limparan colectores e os expositores das necrolóxicas tal e como se lles pediu desde o noso grupo municipal]
Auga: extracción de auga no Polígono de Chantada. A raíz da información obtida no pleno ordinario do 1 de agosto, a instancias do noso grupo, ficou patente que Viaqua practicou máis unha vez a venda directa de auga a particulares, sen empregar contador e sen avisar ao Concello, polo tanto contravindo os pregos de contratación nalgo tan esencial e mesquiño que pasa de ser concesionaria a «dona e señora» da auga, subtraendo ao público e ao municipio competencias esenciais que lle son proprias.
• Que medidas adoptou o Goberno municipal até o día de hoxe? Ten previsto adoptar algunha medida? [Varela di que era para Estrella Galicia a maior parte, Fente retruca que en todo caso non se cumpre o indicado na concesión nen se usa contador. Raquel di que se vendeu a máis empresas]
Horario biblioteca municipal. Nos pasados días anunciaron que a partir do 15 de setembro a Biblioteca municipal voltaría ter o horario de inverno, mais recentemente mudaron o cartaz e adiaron a súa apertura até o 1 de outubro. A que se debe isto? [Necesidades do servizo di Varela] Que xestións fixeron para a construción da máis que necesaria nova biblioteca? [Varela di que imos ter novas axiña e que probabelmente haberá un pleno extraordinario neste mes de outubro con novidades sobre o asunto e explicando que queren facer].
Limpeza solares. Cantos proprietarios foron notificados, xa que os solares que pedimos que se rozaran seguen igual? [Non saben, di Varela. Se seguen igual é porque non fixeron caso. Vai a Xunta meter man no asunto] Por que non se executa e limpa pasando as minutas? Rogamos que se cumpra a Lei de Montes(Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes da Galiza), a Lei de acompañamentos (Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. DOG nº247 do 28/12/2017) e o Decreto 15/4/2018. Lembrámoslle que, segundo a lexislación vixente, o prazo para facer os requirimentos é antes do 30 de maio, ao igual que deberan ter a brigada municipal antes do 1 de agosto.
Rogo aos partidos para retirada de cartaces. Pasados 5 meses das municipais rogamos que se retiren os cartaces das eleicións, por exemplo do carballo da Cruz en Fornas (PSOE) ou da rúa do Comercio (PP). [Varela di que hai tamén nos colectores, que non se debía colar neles]
Limpeza colexios e Consello escolar. Rogo para non agardar ao día anterior do comezo do curso para limpar os colexios. Por que se fixo mediante unha subcontrata e segue sen licitar o contrato da limpeza municipal? Por que o goberno municipal leva, polo menos, tres anos sen acudir aos concellos escolares do IES Lama das Quendas e por que non foi ao último, celebrado neste mes de setembro? [Non saben porque non asistiron eles mesmos!!!]
Rúas sen luz. En Xoán XXIII estiveron na semana do 23 ao 29 de setembro sen luz varios días e tamén ocorreu en Pardo Bazán. [Pode ser que estean mal regulados, aí o que hai é baixada de potencia para aforro enerxético]
Proxectos de prevención de adiccións nos concellos. No pasado Pleno do 1 de agosto aprobamos por unanimidade unha moción do noso grupo sobre as apostas que facía fincapé no labor de prevención que pode ser feito desde os concellos. Asemade, entidades sociais como ARCHA tamén partillan este obxectivo, no tocante ao alcohol. No DOG nº 184, do 27 de setembro de 2019, publicouse a Orde do 16 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma da Galiza, e se procede á súa convocatoria (código deprocedemento SA463G) [Vaise falar con ARCHA para optar a esta liña]
Sentenzas. Alén das sentenzas do Contencioso de Lugo dando a razón a numerosos traballadores e traballadoras do Concello que litigan contra este pola deficiente xestión do persoal e o non recoñecemento dos seus direitos, agora tamén veñen dúas sentenzas do TSX da Galiza condenatorias.
Sentenza do 28 de novembro do 2019 da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, pola que se declara contraria ao ordenamento xurídico a resolución administrativa que deixou fóra a unha persoa que optaba un posto de traballo no Concello (obradoiro de emprego 2016). Portanto, o Concello deberá abonarlle o salario que deixou de percebir. Concretamente, no Fundamento de direito 4º da sentenza indícase que debe percebir a agraviada <<os salarios que tería percebido de terse efectuado o seu nomeamento>>. 5.400€ aproximadamente. [Nen idea di o alcalde]
Sentenza 459/2019, do 27 de setembro, que ractifica sentenza anterior do Contencioso-administrativo de Lugo pola que se condena ao Concello de Chantada a executar os seus proprios actos e se desestima o recurso de apelación apresentado por este e mais polo Grupo Hotusa. Impóñenselle as costas. Segundo a sentenza, o Concello debe executar o acordado pola Xunta de Goberno Local en numerosas ocasións: paralización da actividade e cerre do edificio sito na rúa Rosalía de Castro, por actividade ilegal de oficinas sen título habilitante nen licenza municipal. Na sentenza, entre outras cuestións lémbraselle ao Concello e, máis concretamente ao alcalde:
<<que no tiene sentido la conducta de la [parte] demandada, lo que resulta incomprensible es que se acuerden cosas, se adopten decisiones, como la de suspensión inmediata de la ejecución de las obras, para no cumplirlos, para no llevarlos a efecto, con el extravagante paraguas de que igual la conclusión del expediente de reposición urbanística favorece o respalda la continuación de las obras”.>>
[O alcalde di que van executar que xa se dirixiron aos servizos xurídicos o martes desta semana, a ver o que din]
O 1 de agosto celebrouse sesión ordinaria do Pleno de Chantada, a primeira da 11ª lexilatura do período democrático. Comezou ás 9:36 horas e finalizou ás 12:45 horas.
Asistiron os 13 concelleiros da nova corporación (polo PP sete, polo PSOE catro e polo noso grupo dous), a secretaría María Yebra-Pimentel López, a interventora accidental Susana Martínez e o funcionario municipal Segundo Navaza. Incorporouse mediado o ponto 5º e até o final do 7º o técnico municipal de urbanismo Juan García Pérez. Canto ao público, asistiron 3 cidadáns e un xornalista.
Aprovouse por UNANIMIDADE, incorporando algunhas correccións indicadas polo grupo socialista, que indicou votar favorabelmente ás comisións de goberno.
2.- Aprobación “PROXECTO MODIFICADO 1 MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL (AGADER 2019-2020)”. EXPEDIENTE G-749/2019.
Aprovouse por UNANIMIDADE. Deben estar rematados antes do 31/12/2019 e son catro pistas que figuran na documentación do ponto e que totalizan 3.773 quilómetros cun orzamento de 108.006,77€.
Camiño Argozón-Moreiras (1.252 metros)
Camiño Vilanova-Riazón (655 m)
Camiño San Cristovo-Nande (1.271 m)
Camiño de Bermún (595 m)
A maiores, soubemos despois do Pleno que a Xunta concedeu axuda para arranxar, con aglomerado a pista de Fornas, que se atopa nun estado lamentábel.
3.- Delegación de competencias plenarias na XGL. EXP. G-777/2019.
A favor: 7 (PP) En contra: 6 (Por Chantada-CUP e PSOE).
Neste ponto o ACORDO adoptado é o seguinte:
ÚNICO.- Delegar na Xunta de Goberno Local polo Pleno da Corporación a seguinte atribución:
1.- Aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando non estén previstos nos orzamentos.
4.- Modificación orzamentar 16/2019 mediante Suplemento de crédito 03/2019 a cargo do RTGX por importe de 26.277,05€. Resolución de alegación. [Exp. 387/2019]
A favor: 7 (PP) En contra: 2 (Por Chantada-CUP) Abstencións: 2 (PSOE).
A nosa reclamación figura na documentación que incluímos no ponto. Desestímase, sen informe xurídico e co único informe da intervención, ao considerarse unha reclamación contra o orzamento e non contra o acto administrativo e o procedemento, tal e como entende o noso grupo ao acordar pagar, sen crédito, unha sanción de 2015 da Confederación Hidrográfica por valor de 15.000 euros, cuxo pago foi ordenado no seu momento sen existir partida para tal efecto e, contravindo, xa que logo, varios artigos da lexislación vixente e incorrendo no vicio de nulidade de pleno direito.
5.- MOCIÓN DO PSG-PSOE, SOBRE ORDENACIÓN DO TRÁFICO. EXP. G-777/2019.
A Favor: 6 (Por Chantada-CUP e PSOE) En contra: 7 (PP)
A moción é rexeitada cos vostos do PP. Debateuse sobre a cuestión dos problemas do tránsito en Chantada, expondo as diferentes visións de cada grupo sobre o asunto. O PP pediu seis meses para ir facendo cousas e que a policía local poda facer os informes que eles consideran necesarios.
6.- Moción de Por Chantada-CUP para controlar a proliferación de apostas en liña, máquinas comecartos de apostas deportivas e casas de xogo na Galiza e proposta de medidas de prevención perante a ludomanía. EXP. G-777/2019.
Os acordos da moción foron adoptados por UNANIMIDADE, ao aceptarse a emenda do PP, apresentada in voce durante o debate da nosa moción, e ficando o ACORDO coas seguintes modificacións a respeito da proposta orixinal:
a.- Incorpórase unha liña inicial ao texto do ACORDO que di:
Dirixirse á FEGAMP e á FEMP para que estude as seguintes medidas:
b.- Suprímese integramente a epigrafe 3ª, os asuntos relativos ao nivel municipal, que en todo caso asume o Goberno como recomendacións ou propostas de Por Chantada para estudar.
A favor: 7 (PP) En contra: 2 (Por Chantada-CUP) Abstencións: 4 (PSOE).
Neste ponto produciuse un intenso debate entre os tres grupos políticos, coas intervencións técnicas do técnico de urbanismo e mais da secretaria municipal. Ao rematar o Pleno solicitamos copia do expediente relacionado co convenio e que non veu ao Pleno, o cal consta de varios centos de follas e planos que constrastan coa parca información transmitida aos grupos antes e durante a sesión plenaria, non entendendo pola nosa parte que hai que ocultar para actuar con total transparencia se todo é tan idílico e positivo como o trazan nos papeis do convenio.
O ACORDO adopatado é o seguinte:
PRIMEIRO.- Autorizar ao Alcalde do Concello de Chantada para negociar o convenio de planeamento proposto por Mirta Properties SLU, apresentado por Rexistro de Entrada número 131, e para efectuar a tramitación estabelecida no artigo 401 do Regulamento da Lei do Solo da Galiza.
8.- MOCIÓNS E ASUNTOS DE URXENCIA: Modificación Pontoal do PXOU de 1985 no lugar de Esmoriz.
A favor: 11 (PP e PSOE) Abstención: 2 (Por Chantada-CUP).
Trátase dun instrumento de planeamento urbanístico no lugar de Esmoriz para solventar unha problemática urbanística e que afecta á ordenación de todo o lugar.
9.- DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (DECRETOS 244 A 334).
10.- DACIÓN DE CONTA DE REPAROS DE INTERVENCIÓN E OMISIÓN DE FISCALIZACIÓN. (21 A 34 DE 2019).
Hai 14 reparos da interventor municipal desde o último pleno ordinario (13/05/2019).
11.- ROGOS E PREGUNTAS.
ROGOS E PREGUNTAS DE POR CHANTADA
1.- Patrimonio.
No DOG do 24 de xuño de 2019 saíu publicada a Resolución do 14 de xuño de 2019 pola que se convoca, para a anualidade de 2019, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (código de procedemento VI438A). Acolléronse á mesma e, caso afirmativo, con que proxecto?
Contestouse que non sabían. Posteriormente, Diego Otero explicounos que non se solicitou ao non estar o proxecto feito e que, se volve saír para o ano, meterán o edificio onde se encontra actualmente a policía local.
2.- Infraestruturas I: camiños San Salvador de Asma.
Nas Córneas hai unha pista principal feita pó, cunha fochanca onde revolve o bus todos os días e ten problemas, non só porque o lugar sexa estreito. No entanto, hai un mes decidiron asfaltar unha pista que só dá servizo a unha casa e non arranxaron a principal.
Poden explicar esta actuación?
Contesta Manuel Varela indicando que é un servizo para unha casa que non tiña, botouse formigón e a outra pista é de asfalto. Indicamos que se rexenere en canto for posíbel e que se inclúa a que vai a Outeiro.
3.- Infraestruturas II: camiño antigo que vai desde a ponte de Portotide até Nogueira e que pasa por Soto.
No devandito camiño primitivo, que ía de Castro até Chantada, o estado é lamentábel. Cómpre lembrar que por el subían as carrocetas e agora está cerrado por un particular, plantáronse árbores e aumentouse un muro, non podendo case xa pasarse a pé.
Conta con licenza municipal algunha destas actuacións?
Que medidas teñen previsto adoptar?
Contesta o alcalde indicando que irán ver que acontece ao lugar indicado.
4.- Infraestruturas III: Plano único Deputación de Lugo.
Contemplábanse unha serie de actuacións, algunhas urxentes no rural. Cal é a razón da demora na súa execución?
Contéstase que están para facer, tamén a de Vilardamos.
5.- Axudas ao transporte.
Cando teñen previsto tramitar as axudas ao transporte reflectidas nos orzamentos e nunca executadas como é debido?
Contestan que as queren sacar antes de comezar o curso (as do curso 2018/2019 non saíron).
6.- Auga: extracción de auga no Polígono de Chantada.
No Polígono dos Acivros estase extraendo auga novamente por parte dunha empresa falando de milleiros de metros cúbicos ao día, cando a auga é un ben escaso.
Na CI da segunda feira o Goberno dixo descoñecer o asunto e, xa que logo esa auga non se está cobrando, solicitando o noso grupo que se dirixisen a Viaqua, á Policía Local e a outros organismos para aclarar o asunto.
Manuel Diéguez entregounos un documento de Viaqua no que recoñece que estaba ao tanto da venda. O Goberno di descoñecer o asunto e vai investigar. Semella que seguen reacios a abrirlle un expediente a pesar de incumprirse o contrato da concesión por enésima vez.
7.- Urbanismo I: Informe xurídico de 15/3/2018 da Deputación de Lugo en relación co procedemento xudicial relacionado co edificio da praza Santa Ana de titularidade do Sareb (A.X. 3/18).
Seguen sen adoptarse medidas nen executar o acordado na moción apresentada polo noso grupo, aprobada por unanimidade, sobre a praza de Santa Ana e sen seguir o disposto no Informe xurídico 15/3/2018 da Deputación de Lugo1. Rogamos se adopten medidas coa máxima celeridade.
8.- Urbanismo II: hórreo e pallar Alameda.
Hai uns meses o derribo dun hórreo en Chantada foi nova e semellaba que a intención de construír firme. No entanto, pasados os meses, en que estado de tramitación no Concello se encontra o proxecto?
Responde o alcalde que teñen dúbidas xurídicas, en relación ás alturas, que poden ser seis ou tres. Di que comprende o cabreo.
9.- Seguranza vial. Maceteiros no paso de peóns.
Nunha das vías con máis tránsito, como xa comunicamos na CI, existen dous maceteiros do Concello que restan visibilidade aos condutores e supoñen un perigo para a integridade dos peóns. Rogamos a súa inmediata retirada.
Contéstase que se vai proceder á súa retirada e reubicación coa máxima celeridade. Tamén se fala de retirar o paso de peóns á altura do Quinzán.
10.- Rozadura de gabias.
Rogo urxente para o comezo das actuacións e solicitar o mesmo da Deputación de Lugo.
Dise que van ter dous tractores para darlle máis axilidade en próximos días.
11.- Maleza nos solares.
Indícanse os seguintes: entre a Viñoteca e o Mar, o canto xunto ao Tropic, Ribeira Sacra con Pardo Bazán, Ribeira Sacra con Carlos Otero e xunto á fonte da Lama das Quendas.
A concelleira de Parques e xardíns tomou nota e van proceder á súa limpeza.
12.- Terrazas.
Anos pedindo unha nova ordenanza, fóra de control.
13.- Axudas de emerxencia social.
Anos tamén pedíndoa e produce reparos de intervención que perxudican a quen máis o precisa.
14.- Reparo intervención 28/2019 de 12 de xuño.
Figuran varias facturas, moitas coinciden con actuacións desenvolvidas no mes de maio, durante a campaña eleitoral.
O alcalde nega calquera intencionalidade, que todos os meses se fan moitas obras.
1 O informe serve de pouco, para alén, de evidenciar que o Concello non seguiu o procedemento que debera, pois, segundo a Sentenza 70/2017, de 6 de marzo, ditada polo xulgado do Contencioso-administrativo nº2 de Lugo:
«si el Concello entiende que el edificio (…), a medio hacer, carece de licencia y además representa un peligro para la seguridad de las personas, lo que debió incoar fue un expediente de reposición de la legalidad urbanística, y en su tramitación optar por alguna de las soluciones a las que se refería el art. 209.3 LOUGA, tal como por otra parte, insistimos, claramente ya se pronunciaba el técnico municipal en su informe de 12 de mayo del 2014».
O cumprimento do acordado por unanimidade por este órgano colexiado era:
«Informe xurídico onde se sintetice o proceso xudicial até este momento, se contemplen as posíbeis neglixencias e responsabilidades, a lexislación de aplicación, o procedemento a seguir nestes casos (tendo en conta a actual fase do proceso) e se eleve proposta de actuación, tanto para garantir o desenvolvemento da disciplina urbanística, canto para defensa dos intereses locais».
A sesión ordinaria do Pleno iniciouse ás 20:08 horas coa presenza dos trece concelleiros da Corporación chantadesa mais a do secretario accidental Cores. Non asistiu a interventora municipal. Segundo Navaza foi o traballador municipal presente. Canto ao público, unicamente asistiron dúas persoas.
A Favor: 4 (CUP e PSOE). Abstencións: 2 (PP). En contra: 7 (Inta).
3.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE CHANTADA SOBRE A DOTACIÓN DE SERVIZOS PARA O CAMIÑO DE INVERNO. DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA.
A sesión ordinaria do Pleno municipal de Chantada comezou ás 20:03 horas coa asistencia de 12 concelleiros (todos agás Héctor Rodríguez do PSOE) mais a secretaria municipal María Alvar, a interventora acidental Susana Martínez e o traballador municipal Segundo Navaza. Tamén, como público, asistiron (a partir do ponto 2º) dous xornalistas de Televinte e 4 cidadáns.
Javier Medela (PP) indica que hai frases que non se recolleron ben, especialmente no ponto 6º, a modificación pontual do PXOU feita á medida do solicitado por Amancio Seijas no seu día, subliñando que defendeu que a lei deseña un procedemento específico.
Desde Por Chantada-CUP tamén se fai unha corrección dun erro material na acta. Na páxina 20, no debate do ponto 7º, dise que «o portavoz do Grupo Por Chantada-CUP, que di que na XGL tomouse razón de que se perdera o recurso». Debería indicar que, conforme ao que expuxemos realmente, se perdeu o contencioso-administrativo e a XGL negouse a apresentar recurso contra a sentenza ou a iniciar calquera outro procedemento para defender a súa posición en relación ao edificio do SAREB.
UNANIMIDADE.
PARTE RESOLUTIVA
2.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO 01/2018. (EXP. G-241/2018)
Neste ponto comezou falando a secretaria municipal para indicar que, conforme ao artigo 123 do ROF, ditaminouse favorabelmente a proposta na CI cos votos de Inta.
Desde o PSOE indicoused que se faga constar na acta o xa referido en todos os plenos sobre este asunto e cita o informe da interventora canto o fraccionamento que se fai coas facturas. O de sempre. Falta previsión e organización.
O PP di que se dan por enterados e que entenden que este é o mecanismo do que dispón o goberno para aprobar facturas.
Desde a CUP vemos como, máis unha vez, se exemplifica o deficiente e ineficiente funcionamento da administración local en Chantada, pois temos continuados reparos da intervención e REC. Comezamos este curso político vendo como chegan ao pleno 2 REC. En primeiro termo, queremos subliñar que, a diferenza doutras ocasións, non se remetiron as facturas orixinais para comprobarmos que, efectivamente, cumprían ou non os requerimentos. Esta cuestión, de por si, complica que se poda apoiar este ponto porque os órganos colexiados conforman a súa vontade en base a informes e consideracións obxectivas e non de profesións de fe. O que acabamos de asinalar non é en balde, máxime cando a LCSP foi reformada. Canto ás facturas, que integran a relación de facturas nº1 por importe de 97.689,20€ que sofreu o reparo 4/2018 da intervención municipal, aparecen algunhas rexistradas e emitidas hai meses que non entendemos como, ao final do ano, non foron abonadas tendo en conta a orde de pagos. Tamén figuran da xestoría, facturas continuamente reparadas ao longo de todo o ano 2017 sen que ningunha medida fose adoptada para subsanar tales reparos polo que dificilmente se pode dar cobertura a este REC 1/2018. A maiores, existen varias facturas que remiten a conceptos que deberían ser licitados por seren gastos de natureza periódica e recorrente no tempo que van alén do ano natural, tratando desde o Goberno todos os contratos municipais como menores e incorrendo nunha flagrante violanción da LCSP canto ao que dispón sobre contratos menores que, por certo, foi obxecto recentemente dun programa televisivo, que analizaba casos de corrupción e clientelismo nas institucións locais. Pésimo exemplo da Chantada mantendo estas condutas que foron reparadas en máis de 100 ocasións pola intervención no ano 2017. Outras son pagamentos a entidades cívicas sen dispor dun convenio en vigor que dea cobertura xurífica, seguranza e aclare os direitos e deberes das partes que é o mínimo cando falamos de cartos públicos e relacións coas organizacións e entidades da sociedade civil. O até aquí exposto resulta ser coincidente, en grande medida, co Informe da intervención sobre o expediente 241/2018 de 1 de marzo, que é o que agora nos ocupa. Dispón o citado informe: • que non existe informe con proposta de resolución contravindo o artigo 175 do RD 2568/1986, de 30 de novembro; • que se incumpre o Plano de axuste en vigor (aprobado por Inta, PSOE e PP) porque «abúsase dos contratos menores, tratando todos os subministros e servizos do Concello, como contratos menores», e, xa que logo; tamén se afirma que non se respeitan os artigos 23.3, 86, 109, 111.1 e 138.34 TRLCSP, do cal se derivan resposabilidades legais –até de tipo patrimonial– conforme a Disposición adicional 19ª do TRLCSP ou do artigo 8.1 da Lei Orgánica 2/2012. • que se conclúe no informe que «son gastos repetitivos no tempo, dos cales Intervención non posúe documentación algunha, polo cal, estanse a fraccionar, xa que non hai constancia de que se sacaran a licitación».
En consecuencia, expómonos a adoptar un acordo con elementos constituíntes na súa natureza de dubidosa legalidade e sobre os que paira a nulidade de pleno direito. Portanto, solicitamos a votación nominal (art. 102 do ROF) e imos votar en contra.
O alcalde cerra as intervencións e di que, a pesar dos reparos, que van sobretodo ligados con Fenosa, que non sabe como se pode facer porque hai mil e pico luces de tanto alzado. Haberá que licitar con varias empresas, aínda que tamén quere dicir unha cousa, que hai moita xente no rural que muda de compañía e, ao pouco tempo, xa está descontenta. Gas Natural tamén contribúe con impostos ao Concello e os reparos veñen por isto e, ao mellor, os técnicos deberían dicir como se fai isto e non só pór reparos. Pasamos logo á votación nominal que vai ter o mesmo resultado ca sempre.
Votación nominal:
A favor: 3 (CUP e PSOE) Abstención: 2 (PP) En contra: 7 (Inta)
Votación:
A favor: 7 (Inta) Abstención: 2 (PP) En contra: 3 (CUP e PSOE).
3.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO 02/2018. (EXP. G-245/2018)
A secretaria lembra que se ditaminou favorabelmente este asunto en comisión informativa co apoio de Inta.
Desde o PSOE dise que aquí, a diferenza do anterior, non hai reparo, mais figuran facturas de menciñas desde o ano 2014.
O alcalde deféndese dicindo que foi erro do farmaceútico novo que non facturaba e tíñao alí acumulado.
O PSOE di que, contodo se absterá.
O PP di que se dan por enteredados.
Canto á CUP, neste caso, ao exposto no debate da epígrafe anterior, cómpre engadir -como xa se fixo desde o PSOE- que existen facturas de anos anteriores, concretamente das anualidades 2016 ou até anteriores no caso das menciñas. Isto ten difícil explicación e non debería ter acontecido, sen que se xustifica suficientemente no expediente o motivo de chegarmos a esta situación nen a causa de que non se tramitasen nalgún dos numerosos REC que se aprobaron en 2017 desde o Goberno. Amais, o REC 2/2018 atinxe a Relación de facturas nº2 por importe 5.149€, fiscalizándose no FI 27/2018 de 1 de marzo [doc 1]. Cómpre engadir, que se o anterior REC facía referencia ás FAC nº 1 e este ás nº2 as nº 3, 4, 5 foron obxecto do RI 5/2018 de 6 de marzo indicándose que nestes 153.000€ se volve incumprir a LCSP e, por se isto fose pouco, afírmase que «o artigo 47.1.e) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, que configura como nulos de pleno direito os actos ditados “prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente estabelecido ou das normas que conteñen as regras esenciais para a formación da vontade dos órganos colexiados. Circunstancia confirmada polo artigo 32 TRLCSP». En consecuencia, non é sustentábel unha xestión baixo reparos e suspeitas permanentes, unha moi má xestión e un modus operandi que non partillamos, expóndonos a adoptar un acordo con elementos constituíntes na súa natureza de dubidosa legalidade e sobre os que paira a nulidade de pleno direito. Portanto, solicitamos a votación nominal (art. 102 do ROF) e imos votar en contra.
Votación nominal:
A favor: 3 (CUP e PSOE) Abstención: 2 (PP) En contra: 7 (Inta)
Votación:
A favor: 7 (Inta) Abstención: 2 (PP) En contra: 3 (CUP e PSOE).
4.- MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL DA TAXA POLA REDE DE SUMIDOIROS E PREZO PÚBLICO POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA. (EXP. G- 15/2018)
Desde o PSOE indícase que o informe de secretaría indica que non cabe recurso, mais alegación. A proposta ao Pleno non seguía o procedemento, o que é grave. Paradoxo que se viñese ao Pleno con dúbidas e non se aclarase. Remítese ás actas do Pleno de xaneiro e non se seguiron os procedementos e, por iso, non poden apoiar este ponto. Lembran o comportamento da empresa que deixa moito que desexar.
Medela di que o PP mantén a posición do Pleno anterior, xa que hai formalizado un contrato coa empresa e non entra en máis porque di que non nos compete.
Fente comeza perguntando se entendeu ben e, segundo a proposta ao Pleno, os novos valores apenas son computábeis dous meses após o acordo definitivo e publicación no BOP se a devindicación é bimensual? Entón a partir de xuño de 2018? [Susana Martínez di que a partir do 1 de maio de 2018] E como vai controlar o Concello que isto se cumpre… Curioso, en todo caso, que ningún grupo apoiara o noso voto particular, mais deba regresar ao Pleno dándose nos informes da secretaría e da intervención argumentos que, implicitamente, veñen a corroborar que as nosas dúbidas e argumentos expostos arredor desta cuestión eran certos (pp. 6-7 da Acta que aprobamos hoxe no primeiro ponto). No ponto 2º do Informe 17/2018 de 1 de marzo da Secretaria municipal dáse a razón á CUP en tanto en canto as modificacións incorporadas ao comezo do pleno do 8/01/2018 non eran a subsanación dun simple erro material ao afectaren á data de devengo e aplicación do acordo –mudanzas provocadas polo voto particular da CUP remitido á CI e que non se tivo en conta–. A maiores, non consta na acta plenaria (non pode constar ao non producirse) que se ratificara a urxencia da mudanza. Por outras palabras, esmágase coa maioría absoluta o debate e a adopción de acordos obxectivos e fundamentados que defendan o interese común. Se se nos fixese caso, tería vido a este pleno, retirándose o ponto, e evitando todos estes problemas e ter que alegar o mesmo en tres ocasións (na CI, no Pleno e no período de alegacións) para rematar conseguindo que se respeite a legalidade e volta ao Pleno. Abondaba con lermos a documentación e o expediente, porque da súa simples leitura deducíase que había cuestións que clarear en aras do interese da cidadanía que é a quen se debe o noso grupo, pondo sempre os intereses colectivos por cima dos particulares. O noso esforzo serviu en todo caso, tanto para facer ver que non se pode actuar coa forza da maioría sen atender á razón, e para librar dunha aplicación retroactiva aos cidadáns que, só pagarán as novas taxas 6 meses deste 2018 e non a anualidade inteira. A maiores, gardamos á administración local de confrontar un hipotético contencioso por incumprir a irretroactividade das normas, principio consagrado na CE de 1978.
Varela di que viríalle ben asistir ás CCII, pois son cousas xa faladas e debatidas e non teríamos que estar aquí aguantando cousas.
Votación:
A favor: 9 (Inta e PP) Abstención: 2 (PSOE) En contra: 1 (CUP).
5.- MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM NO LUGAR DE ALEMPARTE-MARIZ. (EXP. G-310/2017)
O expediente íntegro encóntrase agora a disposición da cidadanía para a súa consulta e para formularen as alegacións que estimen oportunas, se ben a semana seguinte ao Pleno non se subira aínda ao site do Concello de Chantada.
A secretaria, María Alvar, di que o ditame foi favorábel.
A voceira do PSOE comeza a quenda de intervencións, segundo a orde estabelecida, afirmando que a APLU ten fixación co Concello de Chantada. A documentación deixa claro que pasou, unha obra feita desaxustada con respeito ao proxecto que pode conducir a unha demolición. Isto condiciona o seu voto, a pesar da gravidade das cousas contidas no expediente. Sublíñase desde o PSOE que esta MP é diferente doutras por mor do informe da secretaría municipal, que afirma que non responde a un interese público e que se incorre en desviación de poder se se aproba esta MP. O PSOE ten que emitir o seu voto en función do único informe xurídico do que dispoñen, polo que non apoian. Contrasta que no pasado pleno a modificación do PXOU que se fixo si contaba cun informe externo da USC.
Javier Medela di que estamos aquí para solventar os problemas da viciñanza e que hai que axudar a esta familia e subsanar o erro, aínda que evidentemente cometeron un erro. O 7 de decembro de 2015 tivemos un caso semellante, debemos actuar dun xeito análogo. No PXOM aprobado inicialmente en marzo do ano pasado estaba contemplada esta modificación polo que van votar a favor.
Este expediente xa o consultamos cando estaba na Consellaría, se ben é certo que agora se fixeron algunhas mudanzas polos informes que chegaron. Deféndese a independencia dos funcionarios do Estado. Compartimos a dimensión humana e non a desporpoción do Leviatán do Estado, se ben Estado tamén é o Concello que debera vixiar e para iso cobra unhas taxas. O funcionamento urbanístico toda a vida en concellos como o de Chantada, non é precisamente un urbanismo do século XXI. Entón, hai unhas inercias, hai unhas crenzas, tamén por parte dos cidadáns de que “toda a vida se fixo así”, que nunca vai pasar nada. Até que un día chega a APLU, un organismo da Xunta, e denuncia. Cando esta acumula ducias de denuncias e a institución local, que tamén é Estado repetimos, non actúa e mira para outro lado créanse cerellos que crean uns problemas gordísimos que repercuten na cidadanía. O máis fácil é chegar aquí, dicir que apoiamos ao máximo, facer populismo -agora que está tan de moda a palabra-. Porén, cómpre ler as máis de cen páxinas do expediente para darse conta de que a pesar dos avisos da Consellaría sobre as previsións de crecemento isto non subsanou como indica o informe de secretaría ao existir unha única demanda de licenza, a da construción afectada. Isto xa acontecía no PXOM e volverá aflorar cando este continue a súa tramitación. Que se fixo? No documento de decembro, a diferenza do de febreiro, quitouse unha parte, mais segue habendo un problema por facer os proxectos a corre, porque podería tentar xustificarse un crecemento mínimo que atinxise parcelas interiores e unha exterior ou dúas ao sumo e non esta proposta totalmente sobredimensionada. Se se compara co PXOU do 85, sen crecemento algún por certo, é desproporcionado para alén de pagar solares inutilmente e van pór problemas seguramente por isto na Consellaría, que non poden estar por cima das leis e facer urbanismo á carta que bate coa comprensión oral que se poda ter. Aquí tamén entra a demora, porque isto tería que tramitarse antes e se co PXOM se coñecían os problemas de EPTISA solventalo antes e non andar con MP cando temos un PXOM en tramitación e as licenzas suspensas. Algo inaudito.
Varela di que a CUP está dicindo cousas que aclarou na CI, que se aconsellaron mal os proprietarios e que a licenza estaba ben dada, o Concello dá licenza sen perxuízo de terceiros. Hai este problema e non houbo alegación algunha co PXOU de Chantada por isto e foise falar con Urbanismo que pediu que reduciran o núcleo. Non hai trampa nin cartón. A xente é coma é. Di que se hai alegacións habería que ver que pasa, mais tampouco é bo saber de todo. El só sabe que non sabe nada. [Perguntámonos se entre as “aclaracións” está que, na acta aprobada unanimemente neste Pleno, recóllese (p. 9) que o alcalde recoñece que «até o de agora tratouse o uso de oficinas como uso comercial», ou sexa conscientemente incúmprese desde a institución local a lexislación que ela mesma emite, cando é quen debe velar e dar exemplo no cumprimento da lei. Isto ilustra como funcionan en Chantadas as cousas e o ponto que agora nos ocupa determina as consecuencias nefastas deste procedemento historicamente interiorizado na cultura política do ente local, mais propria da época de Cánovas e Sagasta, o século XIX, do que da Unión europea e o século XXI].
Córtasenos por parte do alcalde dicindo que este ponto xa está suficientemente debatido, eivándonos de acollernos ao artigo 92 do ROF solicitamos a retirada deste asunto e que volve ao pleno ordinario de maio, con informes que se centren na posíbel desviación de poder indicada no informe da secretaría, en relación coa documentación deste ponto da orde do día, e das dúbidas formuladas neste debate polo noso grupo.
Raquel do PSOE contéstalle ao PP que en ningunha MP constaba informe de secretaría como este.
Varela responde que se poden basear no informe técnico, que cando se trata de urbanismo el entende que prevalece o do arquitecto e que ten máis amparo legal. Cada un que pense o que queira [obvia que é a secretaria quen debe velar pola legalidade das actuacións do Concello e non o arquitecto municipal que opina sobre un proxecto simplemente].
Medela estamos para axudar aos viciños, estamos en fase inicial e vai haber alegacións.
Varela di que como está suficientemente debativo se pasa a votar.
Votación:
A favor: 9 (Inta e PP) Abstención: 2 (PSOE) En contra: 1 (CUP).
6.- MOCIÓN DE POR CHANTADA-CUP A PROL DUN NOVO ‘PLANO DE TRANSPORTE PARA A GALIZA” E DO ARRANXO DA 540 (EXP G- 246/2018).
Antom Fente exemplificou con esta imaxe as consecuencias terríbeis nos vehículos da viciñanza do calamitoso estado da N-540, que non é cousa de hai meses senón que é unha situación que se arrastra desde hai anos sen unha actuación enérxica das institucións locais da comarca.
A secretaria le os acordos.
A CUP defende a moción mediante unha exposición de motivos e mais fai referencia aos documentos 2 e 3.
Moitos pontos e moi diversos, di o PSOE: unha cousa é a 540 e outra o Casco antigo. Sómanse á reinvindicación. Nesta semana pasada varios altercados con vehículos na 540. Castigo e abandono do Ministerio nunha conexión de dúas capitais e afecta o Polígono. O PSOE foi o promeiro que apresentou unha moción sobre isto, aprobada por unanimidade, antes de que a CUP a levasen a outros sitios. Amais, na Deputación de Lugo e no Congreso. por medio de Margarita Pérez, tamén levaron iniciativas deste teor. Acusan ao alcalde de actuar unilateralmente sen contar co PSOE que traballou arreo neste tema e dar imaxe de unidade. Critica ao PP. A Xunta debe propor mobilidade e modelo de país, mais non sabe se o problema será o primeiro modelo. AMPAS chantaxeadas polos horarios. Apoian a mesa. Pouco que dicir sobre varias cousas aquí en Chantada. Tamén afirman que a peonalización do Casco ía no programa eleitoral do PSOE polo que apoian.
Medela di que o PP ve que son moitos pontos, como o PSOE. Na 540 apoian e dille ao PSOE que o PP apoiou na Deputación e na Xunta esas peticións. Dise que cando o PSOE apoie os Orzamentos Xerais do Estado (OXE) executaranse os sete millóns. Nas antípodas deste Plano de transporte que propón o señor da CUP e comparten o da Consellaría e aumentou en máis de 700 liñas e sastisfacción nos usuarios.
Varela di que Inta rexeita a moción porque é un totum revolutum difícil de pillar por ningún lado. Prestaríase para traer 20 mocións, ponto por ponto. O da 540 por pedila debería estar xa feita. Na Xunta local de seguranza da Feira do Viño o subdelegado tamén falou dos OXE e di que as obras serán en abril-maio. Tamén pular pola autoestrada Lugo-Ourense. Nós non lle imos facer o traballo á Xunta, xa faremos alegacións. Poden facerse reunións. Aínda hai eivas, transporte escolar Nogueira-Chantada segue sen dar cobertura e servizo. Pontos interesantes que se viñesen ponto por ponto poderían apoiarse.
Votación:
A favor: 3 (CUP e PSOE) En contra: 9 (Inta e PP)
7.-MOCIÓN DO PSG PSOE SOBRE A INSTALACIÓN DE ESTRUCTURAS PARA ANIÑAMENTO DE AVES. (EXP G-246/2018)
O PSOE expón os motivos que o levaron a facer esta moción.
O PP di que apoia.
A CUP tamén que apoia.
Inta di que van facer un estudo e ver onde estabelecer 3-4 pontos. Se callar coa mudanza climática rematan por ser unha especie de praga, como o xabarín que agora é unha praga. Apoian algo que pode ser un verdadeiro problema, coidado.
Votación:
UNANIMIDADE.
8.- MOCIÓN PSG PSOE SOBRE A REGULARIZACIÓN CATASTRAL E O IMPOSTO DE BENS INMOBLES. (EXP G- 246/2018)
A secretaria comeza indicando que o ditame da CI foi favorábel.
A voceira do PSOE procede a expor os motivos que a levan a defender esta moción. Di que o 0’6 de urbana lle parece axeitado e que o que propoñen é un acordo-marco, que logo debería concretarse a semellanza do que se fixo noutros concellos. Pasar de 0’4 a 0’3 en rústica. Noutro pleno xa trouxo a CUP a cuestión para de declarar o sector primario como estratéxico e así podermos aplicarlle as pertinentes bonificacións. Se agora o Concello está saneado como di Inta non hai excusa.
O PP di que ve complicado poder facer isto no medio dun plano de axuste co IBI afectado, aínda que eles apoian sempre baixar impostos [isto dio o do partido do Catastrazo, da conxelación das pensións…].
En nome de Inta o alcalde, Manuel Varela, di que hai que ser responsábeis con este tema, se a economía funciona pódese, senón non e, por iso, van facer un estudo. En rústica pouco suporía a baixada de 0,40 a 0,30 e, como as condicións económicas son totalmente saudábeis a pesar de estar en Plano de axuste, poderían liquidar a débeda de 1.600.000€ que ten aproxidamente hoxe o Concello de Chantada. O remanente de tesouraría é de máis de 2.000.000€, real, porque o total sería de 4.000.000€ [difícil manipular máis]. Baixando impostos para os cidadáns e para nós tamén. A revisión fíxoa o ministerio e Cadastro, non a imos facer nós. O Concello bótalle unha man a quen crea que estea mal feita a revisión. Na medida do posíbel tomaran medidas para xullo ou setembro, co fin de que entren en vigor o 1 de xaneiro de 2019.
Desde o PP pídese un informe e simulación do que suporía.
Varela di que teñen que facer os números, que xa na CI lle botaron contas a baixar do 0’40 para o 0’30 en rústica son por volta de 20.000€. Bonificar 95% os establos teñen que calcular co censo e ver canto se recauda.
O PP afirma que afloraron máis de 200 expedientes en Taboada coa bonificación do 0’40 (e non do 0’95 como pide o PSOE), ou sexa afloraron novos establos polo que se aumentou así a recaudación.
O PSOE defende que outros concellos con plano de axuste tomaron medidas e aplicaron bonificacións. Por que non se sae do plano de axuste?
O alcalde di que para iso hai que cumprir todos os parámetros, que xa o intentaron unha vez e non o conseguiron [en 2016 aínda co anterior interventor e cun desenlace do que xa advertimos desde a CUP].
A interventora accidental, Susana Martínez, di que é imprescindíbel liquidar a débeda [contraída na secuencia do pago a provedores e polo que se entrou no Plano de axuste].
Desde a CUP pídese a plabra, que aínda non se lle concedera a pesar das numerosas intervencións dos restantes grupos o que contrasta logo cos tempos e cos cortes que sufrimos en todos os plenos. Lémbrase que o Catrastrazo comeza cunha lei de Aznar do 2003 [o que serve de excusa a Inta para interromper a intervención] e que coa crise se aplicou para sanear as contas municipais e as débedas contraídas nos tempos de alegría mediante planos de axuste. En setembro de 2015 xa o PSOE trouxera unha moción nun sentido análogo á de hoxe. Inta votou en contra. En marzo de 2016 instamos desde Por Chantada a tomar medidas estudando o que se estaba facendo daquela en concellos como Lalín ou Silleda. Non se fixo nada. Despois, pedimos tamén que se contratase unha empresa para asesorar a xente que xa bastante tiña con pagar como para gastar tamén para reclamar e facer valer os seus direitos: tipos de usos, ponencias de valores e todas estas historias. En maio do 16, Por Chantada-CUP trouxo ao Pleno unha Moción apresentada polo grupo Por Chantada-CUP en maio de 2016 para declarar o sector agro-gandeiro como actividade económica de espeical interese ou utilidade municipal e impulsar unha nova ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmóbeis, incluso cunha proposta de ordenanza no sentido das bonificacións e medidas que hoxe novamente se piden aquí e que tampouco foi apoiada naquel intre. Un tema candente que percorreu toda a lexislatura e sobre o que sempre solicitamos medidas sen que se fixera nada ao respeito e o pasotimos do Goberno é indiscutíbel. Se imos ver os informes de seguimento do plano de axuste o que se nos dixo en todo momento, até cando se foi ao PEF, é que coa suba do IBI non había nengún problema entón veulle moi ben. Agora con estes pagos retroactivos estamos falando de máis de 900.000€ que van vir moi ben no ano eleitoral de 2019. Máis de 200.000€ por ano.
Varela di que non.
Fente retrúcalle que son dados de Cadastro e que, en todo caso, tornen públicos os documentos de Cadastro para ver o que é ou deixa de ser.
Varela di “si home si”.
Canto suporía baixar o 0’1 o tipo da urbana pergunta retoricamente Fente. 260.000€.
Da urbana pergunta a voceira do PSOE.
Fente di que si, que a rural apenas son en total algo máis de 100.000€ anuais.
Varela di que son noventa e pico mal.
Fente corríxeo, dicindo que agora son máis segundo as liquidacións de 2016 e 2017.
A interventora confirma mutatis mutandis as magnitudes económicas dadas pola CUP.
Desde a CUP afírmase que non hai xustificación de ningún tipo para non aceptar daquela a proposta de declarar o sector primario como estratéxico. 100.000€ de rústica nun orzamento anual de máis de 6 millóns de euros e con bonificacións que deben pedir quen ten a actividade agraria, polo que non era unha rebaixa fiscal desmesurada. Inexplicábel.
Varela intervén novamente para acusar, nun exercicio de demagoxia claro ao bipartito de cobrar 60.000€ en 2016 polo Centro de día e a Escola infantil e que, polo tanto, eses 100.000€ compren. Agora por cada praza no Centro de día o Concello paga 1.600€ e por cada crianza 900€ á Xunta da Galiza. Hai que facer eses números cando falamos destas cousas. Amais, non podemos superar o teito de gasto polo que non imos apoiar esta moción.
Retruca Fente mencionando a execución orzamentar, que se desprende da Liquidación de 2017 que vén hoxe ao Pleno, e os máis de 800.000€ que ficaron sen executar. Entón cartos debe haber cando lles sobran 800.000€ e os deixan sen executar.
Varela di que teñen un teito de gasto e que non poden incrementar o gasto máis do 2,4%. Que queren que faga? Reta ao voceiro da CUP a ocupar o seu lugar e que gaste o que queira e entra pola porta do xulgado.
Fente lémbralle que no ano eleitoral de 2015 superou o teito de gasto e non foi ao Xulgado [máis de 600.000€ gastados sen contrato e de palabra con dúas empresas en camiños, cuxas facturas foron declaradas nulas de pleno direito polo proprio Concello e polo Consello Consultivo da Galiza]. Apoiamos a moción.
Varela di que reciben a luba da moción para xuño ou setembro, o que non van é aprobar a moción nos termos en que vén, porque non se poden comprometer xa.
Votación:
A favor: 3 (CUP e PSOE) Abstención: 9 (Inta e PP).
Apróbase por maioría simple por erro de Inta ao votar, non se atreven a pedir unha nova votación. O voceiro do PP invoca unha cuestión de orde para perguntar se a moción fica aprobada e o voceiro da CUP di que si ao existir maioría simple (3 votos a favor e 9 abstencións), extremo que confirma a secretaria ao perguntarlle o alcalde pola maioría simple. Varela recoñece que é unha metedura de pata. Raquel dille que traia a proposta para xuño.
9.- MOCIÓNS E ASUNTOS DE URXENCIA.
Non se rexistran, aínda que o PP di que tiñan unha sobre a cadea perpétua revisábel.
Sobre este asunto perguntan desde o PSOE porque non veu a Pleno para ser aprobada, que anteriormente viña nos anos que ela leva de Concelleira.
Varela di que a Liquidación do orzamento é o ponto 10.
O PSOE di que porque non o traen a Pleno, que xa sabe que non é obriga mais que ten vido.
O PP di que mesmo houbo algún pleno monográfico sobre iso.
Fente intervén para aclarar que o que vén a Pleno é a Conta Xeral, que a liquidación sempre se aproba antes do 1 de marzo, segundo o TRLFL.
Susana Martínez corrobora o anterior.
O PP roga que se lle faga caso á intervención e as súas recomendacións sobre a contención do gasto e pergunta polos 2.000.000€ de remanente de tesouraría e o seu destino.
Varela di que veremos se lles deixan investilos, as previsións son que si que os van deixar.
11.- DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
12.- DACIÓN DE CONTA DE REPAROS DE INTERVENCIÓN 1 A 5 DE 2018.
13.- DACIÓN DE CONTA PLAN DE AXUSTE 4º TRIMESTRE 2017.
14.- DACIÓN DE CONTA PERÍODO MEDIO DE PAGO 4º TRIMESTRE DE 2017.
Lembra a CUP que son máis de 358 pagos feitos fóra do período legal, a maioría pequenas empresas e provedores locais. E 214 pendentes fóra do prazo legal, ou sexa, máis de 500 pagos fóra do prazo legal! Se aínda por riba se gaba Inta de que hai cartos cando falamos de máis de 800.000€ de atrasos pois algo falla na xestión.
16.-DACIÓN DE CONTA EXECUCIÓN TIMESTRAL 4º TRIMESTRE DE 2017.
17.- ROGOS E PREGUNTAS.
11.1.- Rogos e perguntas PSOE
11.1.1.- Contratacións en fraude de lei.
Que conste en acta o referido pola intervención sobre as contratacións en fraude de lei que fai o Concello de Chantada.
11.1.2.- Relación de Postos de Traballo (RPT)
Contrataron unha empresa.
Varela di que xa fixeron as entrevistas e que a proposta a farán en 3-4 meses.
11.1.3.- Decreto 362/2017: pago a Confederación Hidrográfica.
Imaxina que é por un regato que se canalizou na rúa do Rego. Agora para evitar máis problemas levantouse.
11.1.4.- Denuncia da viciñanza do 16 de outubro de 2017 a unha empresa de transportes. Que se fixo desde o Concello e como se encontra a cuestión?
Di que non se dá conta o alcalde.
Aclara a voceira do PSOE erguéndose e ensinándolle a documentación.
Varela di que enviaron os servizos técnicos para ver se esa empresa pode regularizar a actividade e comentoúselle que non. Agardan da Consellaría pertinente a denuncia que lles meteron.
11.1.5.- Informe solicitado polos grupos da oposición sobre Viaqua.
Faltaban dados doutras vendas de auga.
Varela di que Viaqua informou que vendera a esta empresa, mais a policía local incriminaba a outras dúas a maiores. Non pode asegurar se fixo negocio.
Os informes cando se encargaron?
O alcalde di que viu el mesmo a Cooperativa Lemos e que a policía local ten dados doutras. Debían ter constancia que isto se fixo antes da denuncia do PSOE.
A voceira do PSOE di que entón isto é máis grave.
Varela di que foi despois do aviso, que se lles mandou controlar.
Entón seguiuse producindo despois da denuncia a venda
Non paralizouse entón. Non aclara ben o alcalde de cando é o informe nen cal foi a secuencia dos acontecementos.
A secretaria di que non sabe cando pode facer o informe.
Varela di que non pode ser outro que o que de a empresa adxudicataria.
11.1.6.- Limpeza na praza do Cantón após as feiras. A situación non mudou.
Varela di que fale con propriedade que é un viciño, non viciños.
Raquel di que é un negocio e un viciño.
Varela di que fixeron algo xa.
11.1.-7 Rogo estrada A Ponte-Gasolineira.
Adxudícase mañá ou a quinta-feira di Varela. Non sabe se vai no plano da Deputación ou no da Xunta.
11.1.8.- Plano único. A prórroga remata o 21 de marzo, imos lentos.
Varela di que van ben.
11.1.9.- Noraboa ao concelleiro de cultura pola Feira do viño e celebrar o ponto de recollida de animais.
11.1.- Rogos e perguntas PP
11.2.1.-Ordenanza de plantacións no Concello. No capítulo 5º prohibe plantar árbores nos socalcos, mais están proliferando plantacións, nomeadamente de oliveiras. Concretamente di “prohíbese a plantación de calquera tipo de árbore nas ladeiras do río Miño nas zonas destinadas a viñedo”. Pide vixilancia se imos ser BIC. O olivo pode ser unha planta ou un frutal…
11.2.2.- Asesoramento legal externo. Sempre se encomenda o Concello aos Servizos xurídicos da Deputación, mas na reforma do PXOU do anterior pleno non se solicitou contratando informe externo.
Varela di que non mostraron interese estes servizos.
11.2.3.- Decreto 48/2018: subvención para o proxecto de azude por importe de 86.000€.
Varela di que é para legalizar a captación de auga de Chantada.
Medela pergunta polo alumeado do polígono.
Fente aclara que é de poupanza enerxética.
11.2.4.- Decreto 84/2018: contrato JL Consulting para RPT. Non a facía a Deputación?
Varela di que ía moi lenta a cousa, porque teñen varias. Aínda andan coa de Monterroso e que anda levantando todos os meses reparos polas nóminas sen necesidade. Esta empresa xa fixo en máis de 100 concellos RPT. Di que, aínda así, está contente coa Deputación de Lugo e coa axuda desta ao Concello.
11.2.5.- Decretos 94 e 95/2018 programas Musiqueando e Buxiganga. A Deputación dá axuda para a Escola de música como noutros Concellos?
Diéguez di que non lle consta.
Medela di que se pida, que Chantada non vai ser men0s.
11.2.6.- XGL do 16 de xaneiro de 2018: contrato emnpresa de limpeza en centros educativos.
Varela di que segue a empresa actual até que se volva licitar.
11.2.7.- Existe algún expediente sancionador na traída do Polígono?
Varela di que non, que só coa estación de bombeo. Alí suminístrase coa captación de pozos [feitos sen permiso da Confederación o que nos custou unha multa importante].
11.2.8.- Praza de Santa Ana.
Varela di que cómpre agardar o bon tempo para facer as obras e que están estudando o tratamento con formigón impreso.
11.2.9.- Excrementos caninos.
Varela di que é incríbel, que non lle fale diso.
Medela insta a adoptar medias.
Varela di que dá pena.
11.3.1.- Rogos e perguntas CUP
11.3.1.–Vertedoiros incontrolados.
A pesar de que nesta lexisaltura a cidadanía impulsou a limpeza dos vertidos incontrolados non nos consta que se adoptaran medidas encamiñadas a erradicación dos existentes nen a prevención da formación de novos vertidos.
Non existe unha ordenanza que regule unha problemática crecente que vai ter un impacto negativo crecente na promoción integral do patrimonio natural, material e inmaterial do país do Faro.
Concretamente, traemos algúns dos vertidos que, nos últimos tempos, teñen suscitado unha maior atención e rogamos que se adopten medidas ipso facto para a súa eliminación e prevención de novos vertidos deste tipo.
a.- Na estrada provincial entre Vilardamos e Trasar, xa no límite co termo municipal de Carballedo existe un grande vertido e varios menores na área do monte da Purreira.
b.- Entullo de obra e plásticos no cruce da aldea de Lamela de Abaixo coa pista de Camporramiro a Pereira. Foto cedida polo xornalista Roi Fernández.
c.- Entre a aldea de Lamela e o polígono dos Acivros na freguesía de San Salvador de Asma. Foto cedida por Roi Fernández.
d.- Entullo no Monte da Serra en Pradeda (Pereira).
e.- Capela do Faro: restos de lixo das romarías de agosto e setembro.
f.- Colchóns no Alto de Ramos. Refere a viciñanza que levan alí varios meses.
Varela fala de educación e denunciar, mais non concretan ningunha medida. Din que o do Faro non puido ser da romaría, senón noutro momento. Non se van ter 100 policías locais. O de Carballedo que o quite Carballedo, en Chantada di que non pode haber ningún que leve anos, xa que cada pouco tempo os limpan todos.
Castor di que por riba do Ponto Limpo tamén enchen todo e a 20 metros hai un vertido recente.
Facer un bando informativo para a recolla no rural de lixo.
11.3.2.- Caixas do lixo na rúa da Paz. Nesta lexislatura retiráronse caixas do lixo, concretamente tres, da rúa e da praza da Paz, concretamente unha estaba xunta ao Román e outra por onde o Cedrón. Pasaron xa máis de dous anos e a viciñanza quere saber cando é que van devolver estas ou substituílas.
Castor di que están para arranxar, poranse agora na primavera.
11.3.3.- Valedora do pobo praza da Paz. Sen movernos desa praza vimos na acta da XGL do 16/02/2018 que a Valedora do pobo se interesou polos problemas de saúde pública que provoca a situación de abandono e má sinalización que sofre esta zona, cuestión que xa denunciamos no pasado pleno e que, tocante ao tránsito, podería aplicarse por analoxía a outras áreas da vila con problemas de índole semellante. Na resposta falan dun acordo do 4/4/2017 que tomaron desde Inta en XGL e que, a día de hoxe, segue sen executarse. Cando teñen pensado pintar e sinalar correctamente esa zona? Rogamos que se faga coa máxima urxencia.
Diego Otero fala dun informe da policía local sobre sinalización e pintados.
Varela di que a Valedora vén o día 22 de marzo e quere reunirse coa Corporación.
11.3.4.-Baldosas beirarrúas Xoán XXIII e anexas. Recebemos queixas da viciñanza porque se empregaron baldosas de reposto que son bastante escorregadizas e perigosas. Que criterios seguiron para empregar este tipo de baldosas?
Castor di que non se substituíron. Varela fala dos traballadores do RISGA contratados e a súa actuación na Avenida de Monforte.
11.3.5.-Estrada de saída para Lalín. Por seguranza vial o Concello debe encarregarse de conseguir que se pinten as liñas antes de pasar Centulle, xa que con néboa varios usuarios referen que puxeron en risco a súa integridade. Especialmente existen queixas do estado tamén da rotonda que liga a N-540 co corredor rápido até o Faro en días de néboa, ao estar sen pintar nen correctamente sinalizado con material reflectante.
11.3.6.- Acto de concialización por despidementos improcedentes no xulgado após denuncia de traballadores municipais.
Non sabe sobre o acto de conciliación.
11.3.7.- Mámoas Monte da Cabeza do Faro.
Falou co alcalde de Rodeiro, Luís, e quedaron de ir alí, mais aínda non foron. Eles pensan que son deles.
11.3.8.- Plano orzamentar a medio prazo. Rogamos que se remita sen sinatura.
11.3.9.- Alegación BIC do Concello, en que consiste?
Poñen un tipo de adega para calquera parcela e queren que quere difinido que tipo de adega e para que tipo de parcela. O que defende Inta é que a máis metros e terra maís grante a construción e a adega.
11.3.10.- Execución forzosa camiño en Laxe. Foron 4 empregados municipais e non se fixo nada. Como é o tema?
Complicado o tema, di Varela, sobre todo para quen non deixou facela.
Mais se é público como é que non se deixou facer, ou entrouse en terreo privado.
Varela di que non que é un terreo público que ficou da concentración parcelaria. Deixan cada tomate… O señor que o aproveitou até agora púxose diante da pala.
Vanse aplicar as paralizacións en temas urbanísticos coa mesma premura e procedemento? Varela di que non se lembra cales di. Fente retruca que unha até hai unha modificación do PXOU en marcha relacionada con ela. A paralización está acordada e a secretaría di que os actos administrativos teñen que ser executados de inmediato. Varela di que non.
O Concello de Chantada e Malpica fixeron unha irmandade. O ex-alcalde estivo na Feira do Viño incluso. Convidoúselle para ver o que se pode facer en Chantada, reducindo aeroxeradores producir máis potencia. Pode facerse aquí dentro duns anos, sobre 2023. Neste momento non hai nengún proxecto en marcha.
11.3.12.-. Iberólica de Abella saíu no DOG con sede social na AV. de Lugo, 26, 3º en Chantada. Hai algunha licenza outorgada a esa empresa?
Pode ser alguén que traballa en Alemaña nunha transnacional e van promover un parque que colleron entre varios socios. Diso sabe moito un cidadán de San Vicente de Argozón.
Cada un de nós só será xusto na medida que faga o que lle corresponde, Sócrates.
Non podemos viver felices se non formos xustos, sensatos e bons; e non podemos ser xustos, sensatos e bons sen sermos felices, Epicuro.
O home xusto non é aquel que non comete nengunha inxustiza, se non o que podendo ser inxusto non quere selo, Menandro de Atenas.
O home perverso coñécese nun só día, mais para coñecer o home xusto fai falla máis tempo, Sófocles.
O pleno comezou pasadas as 20 horas, asistindo 10 concelleiros concelleiros (Salud Sotelo tomou posesión logo e Héctor incorporouse no ponto 2º tamén), o secretario en acumulación José María Baños Campo, a interventora accidental Susana Martínez López e o traballador municipal Julio Cuñarro Taboada. A maiores, asistiron como público 9 persoas e dous xornalistas (Televinte Chantada) sendo un dos Plenos máis concorridos da lexislatura e manténdose a maioría dos asistentes até o final da sesión sobre as 23 horas.
Pasamos, de seguido, a detallar a información relativa a cada asunto focado nesta sesión.
O pleno comezou ás 20:02 horas coa asistencia dos 13 concelleiros e o secretario e a interventora accidentais, Cores e Susana respectivamente. Canto ao público asistiron apenas 5 persoas e 2 xornalistas de Televinte. A data do pleno ordinario mudouse a petición de Inta, accedendo os restantes grupos.
1.- Aprobación da acta anterior.
Desde o PSOE piden extremar a cautela ortográfica, xa que se cometen moitos erros.
A CUP explica que vai votar en contra porque non constaba a acta no Gestiona e non se pode votar afirmativamente aquilo que se descoñece, amais solicita que se remitan as actas, pois non se enviaron as actas da XGL desde o último pleno ordinario.
A favor: Inta, PP e PSOE (12) En contra: CUP (1)
2.- Renuncia á condición e cargo de concelleira de María Cándida Carnero Blanco, do grupo municipal Inta.
O alcalde comeza brincando coa posibilidade de que aínda se pode volver atrás. O secretario accidental le o ditame da CI. Varela di que moi ao seu pesar se produce a renuncia e que en 2007 comezaron unha aventura no PP e, logo, tomaron a decisión con Penela e Castor de impulsar Inta. Agradece os servizos prestados, segundo el non ao partido mais aos veciños. Non aclara os motivos da demisión, mais recoñece que probabelmente non souberon coidar a Cándida como é debido. Onte dicía unha representante da subdelegación de Lugo, na reunión da mesa contra a violencia de xénero, que non lle ían sobrar noivos nas próximas eleccións. Moi válida onde estexa, tamén no Centro de Día onde desenvolve o seu labor profisional. Deséxalle o mellor a ela e a súa familia. Dálle apuro vela máis feliz e libertada desde fai uns dias. O labor político para ela foi arduo e sen cobrar, como a maioría dos concelleiros. Que lle vaia moi ben e sorte á familia. Grazas e sorte polo apoio recibido estes anos.
O PSOE tamén lle desexa boa xeira e pergunta quen vai asumir as responsabilidades e áreas de Cándida Carnero ao que desde Inta se contesta que se vai reorganizar novamente o goberno ao que entre a nova persoa (tampouco se aclara se será a nº 8 da listaxe de Inta, Salud Sotelo).
O PP agradécelle o traballo desenvolvido.
Desde a CUP, a pesar da distancia persoal e tamén de estar nas antípodas ideolóxicas, deséxalle bo camiño e remátase dicindo que no camiño, como din os poetas, é onde nos encontraremos. Coméntase que a experiencia é que a política actual nos fai piores persoas polo que non é bo eternizarse nos cargos, non debendo estar máis de 8-12 anos por hixiene democrática e persoal. Lémbrase que en política quen asume a responsabilidade e traballa realmente dedica moito tempo e traballo, só quen o fai o sabe, sen recoñecemento social de ningún tipo e, nos concellos pequenos, sen cobrar en boa parte dos casos.
Varela contesta ao “recado” dos 8 anos e di que iso dependende da valía da persoa, sen querer con isto desmerecer a ninguén.
[A xa ex-concelleira abandona o pleno entre abrazos do seu grupo e aplausos da Corporación].
3.- Alegacións de Por Chantada-CUP á modificación da ordenanza fiscal reguladora do ICIO e da ordenanza fiscal reguladora da taxa por licenzas e servizos urbanísticos (Exp. G-1123/2017).
O secretario accidental le o ditame da CI e a proposta ao pleno en base á seguinte documentación (PDF):
A voceira do PSOE, Raquel López, comeza indicando que non lle fica claro que se aceita e que non, xa que nas alegacións só se aceita o relativo ao informe económico-financeiro? O alcalde contesta que si e que o informe financeiro é técnico, da interventora accidental.
No entanto, o PSOE manifesta a súa disconformidade con esas explicacións. Mistúranse epígrafes e destacan como a ausencia de informes foi nomeada pola propia intervención municipal anteriormente, obvíandose desde o Goberno. Tendo en conta os apuros que pasa o rural, ao que o PSOE apoio decididamente, debíase facer unha nova proposta que fose un apoio real, ficando esta proposta de Inta moi lonxe diso polo que votarán en contra.
Javier Medela, voceiro do PP de Chantada, maniféstase a favor mantendo a postura da aprobación inicial, que vén a ratificar, ao seu xuízo, o informe ténico e económico.
Desde a Candidatura de Unidade Popular Por Chantada defendemos que a proposta de acordo di que aceita as nosas alegacións, mais non vemos que se modifique en consonancia a ordenanza, polo que ou se mofifica a redacción da proposta ou estase aceitando unha cousa e facendo a contraria coa inseguranza xurídica e a problemática que iso insire. Non se pode ser tran trapalleiros. Se non se aceitan as alegacións votaremos en contra, aínda que tendo que aceitar o dos informes demostramos que o alcalde mentiu tanto na comisión canto no pleno negando a obrigatoriedade duns informes que agora se recoñece que si hai que facer e que, aínda por riba, tamén falseou o montande e valoración da “rebaixa fiscal”, da que publicamente saíu alardeando o alcalde, cando o técnico cifra en menos de 4.000€ anuais. Ao tempo, as grandes inversións (naves e actuacións doutro teor diferentes ás do sector primario) concédenselle bonificacións de 95% e rexeitouse a nosa moción para impulsar bonificacións no IBI de entre 90-95% para o medio rural que sería unha actuación seria e de verdade e non esta pantomima. Máis un exemplo práctico do que significa o eixe esquerda-direita en política para quen o queira ver. Por último, é un tanto chocante que non se reparara explicitamente desde a intervención a ausencia dun informe económico-financeiro cando é preceptivo, co cal a única conclusión é que hai serias limitacións sobre a neutralidade e a independencia dos funcionarios polas dinámicas criadas durante décadas no Concello, demostrando que a rexeneración necesaria nas institucións vai moito alén da mudanza de cromos e peóns.
O alcalde nega que mentise e acusa á intervención dos vai-véns producidos. Móstrase extrañado polos 3.000€, porque lembra un caso que vira, aí ao mellor hai unha pequena “disfunción” por parte do técnico. Tampouco hai grandes investimentos no agro, ao mellor é por iso que o montante é pequeno, mais segue afirmando (a pesar dos dados do informe e da realidade!) que a rebaixa é dun 40-45%.
O voceiro da CUP lémbralle que segue faltando á verdade, porque lembramos perfeitamente como en novembro de 2016 tiveron que retirar a proposta de moficicación precisamente por falta do informe técnico-financeiro! Mentir, minte e de que xeito, pois na páxina 3 da acta do pasado pleno di textualmente <<o Sr. alcalde confirmou que non é preceptivo o informe económico-financeiro, só cando afecte a ingresos e que non entende tanto lío>> e afirmábao aínda existindo o criterio da interventora emitido no seu informe e o precedente ocorrido no pleno de novembro de 2016, xa non entramos agora noutras deficiencias e irregularidades expostas nas alegacións.
Alega Varela que cada funcionario ten a súa responsabilidade e se non fan os informes é seu problema. Faise rebaixa na vía impositiva e parécelle moi ben porque favorece a algunhas persoas, non a moitos recoñece. Independentemente dos informes el di que fai o axeitado sempre e que non hai trampa nin cartón.
A favor: 6 Inta En contra: 4 CUP e PSOE Abstención: 2 PP
4.- Reclamacións e suxestións no período de exposición pública do Suplemento de Crédito (SC) 2/2017 por importe de 172.818,96 € [Exp. G-1119/2017].
O secretario accidental le o ditame da comisión informativa, quen ratifica a desestimación das únicas alegacións apresentadas, as de Por Chantada-CUP, en base, segundo o alcalde, á necesidade de axilizar os pagos e obrando no expediente, en esencia, a seguinte documentación (PDF):
Coma sempre, comeza a quenda de intervencións o grupo con maior representación numérica da oposición, o PSOE. Raquel López di que as actuacións en materia económica do Concello sancionadas nos informes da intervención municipal son un reiterado desastre. Non poden votar a favor dun SC e dunhas partidas orzamentares (PO) que reinciden nunha má praxe económica unha e outra vez sen solucións á vista.
O PP di que se abstén <<por coherencia>> e en base ao informe da interventora accidental, Susana Martínez.
O voceiro de Por Chantada, Antom Fente, indica que, neste caso, desestímanse as nosas alegacións ao SC 2/2017, a diferenza do que aconteceu no ponto anterior, en base ao remanente que aínda ten o Concello, mais dificilmente poden saber se ese remanente é suficiente para executar a sentenza cando non existe un orzamento firme que cuantifique a actuación que se vai desenvolver. É máis o que se sabe certo é que o orzamento do anteproxecto de Viaqua ascendía a por volta de 200.000€ e que a Confederación Hidrográfica desestimou ese proxecto elevando a conatía seguramente a máis dun millón de euros. Con todo, a secretaria e a interventora titulares aclararon, a instancia do noso grupo, en Comisión Informativa (CI) que o preceptivo era incluír no orzamento, toda vez apresentada a alegación por parte da afectada, a contía do anteproxecto podendo incorrer, do contrario, en desacato reiterado de sentenza xudicial coas conseguintes consecuencias xurídicas e económicas para o Concello e os seus xestores. Porén, en vez de pensar en resolver o problema o único que fixo Inta, á última hora e previamente ao Pleno pola vía dunha emenda asinada por Pamela (Inta), após defender na CI o contrario, foi dar un pinchacarneiro, para sacar adiante o Orzamento sen cair nun explícito desacato xudicial, orzamentando unicamente 10.000€. Porque se fixo así? Porque a mediados de agosto aínda non existía orzamento para o ano 2017, magnífica xestión con maioría absoluta por certo, e incluír unha modificación de máis de 200.000€ en período de alegacións significaría reformar todo o orzamento e, en vista da (nula) capacidade de traballo do goberno elevar a aprobación definitiva, con sorte, a decembro de 2017. En consecuencia, non «queda suficientemente demostrado que o Remanente de Tesourería é suficiente», como se afirma para desestimar as alegacións da CUP, e o que si está claro é que o orzamentado non é unha reserva de crédito suficiente para facer fronte á Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza 660/2007 coas consecuencias que poden derivarse no medio prazo para a facenda local, tamén pensan do Orzamento para 2018 pór 10.000€? Vostedes fanas, os contribuíntes pagan.
O alcalde nega que houbese proxecto feito, que era un estudo detallado de 200-240.000€. Logo na Confederación falouse de perto dun millón de euros, ben é certo, o que sería inviábel para o Concello recoñece. Falaron co avogado da familia e chegaron a un acordo para prorrogar dous anos a actuación e conseguiren fondos das 3 administracións [Concello, Xunta da Galiza e Confederación hidrográfica Miño-Sil] e hai que agardar sobe 6 meses polo informe da Confederación que nos dirá o que e como o temos que facer, xa que o prazo dado pola sentenza non é viábel. Parao ano probabelmente, efectivamente, haxa que pór a mesma contía sempre e cando sexa suficiente para a porcentaxe que debe abeirar o Concello. Nestes casos as alegacións non deberían facerse, xa que a diferenza de cando están ben postas, só atrasan o cobro de obras do ano pasado e se se poden pagar é porque hai remanente e el xestiona moi ben o Concello.
Por moito que puxeran as outras administracións, que se van desentender probabelmente da Sentenza 660/2007 do TSX que a quen condena explicitamente é ao Concello pola súa neglixencia, coida o Goberno que con 12.000€ vai abondar nunha actuación que recoñeceu reiteradas veces que andará ou superará o millón de euros? Está insinuando que a Secretaria e a Interventora mentiron ou se equivocaron ao indicar cal sería o procedemento legal para evitar o desacato xudicial en beneficio do propio Concello e non dos intereses políticos do partido no Goberno? Canto ao atraso nos pagos é culpa de Por Chantada que obras de 2016 non se pagasen no primeiro trimestre de 2017, ao sumo no segundo, cando o Goberno podería ter aprobado a conta xeral, o remanente e liquidado as débedas facendo os correspondentes SC? Ten culpa a CUP, cun único concelleiro, de que o Orzamento para 2017 chegase no mes de agosto? É culpa de Por Chantada que se contraten actuacións sen crédito, sen licitar, abusando do contrato menor como lle repara constantemente a intervención? Onde consta o acordo coa familia? Debémonos fiar da súa palabra como no caso do informe económico que non era necesario para modificar o ICIO? O que está esperando é que pasen 2 anos cheguen as eleccións e a ver se a pataca quente queda de herdanza.
Varela retruca dicindo que é algo que tamén herdaron eles, que Fente non ten culpa do atraso do orzamento, mais as empresas tampouco por non cobraren e pide que se vote o ponto sen máis debate.
A favor: 6 (Inta) En contra: 4 (CUP e PSOE) Abstención: 2 (PP)
5.- Moción de Por Chantada-CUP para dirixirse á CNMC para evitar os abusos no prezo do leite.
Comeza Fente expoñendo os motivos nos que xustifica a apresentación da moción, após ler o secretario accidental o ditame da CI.
O PSOE concorda coa exposición de motivos e engade que a última referencia en orixe é de 31,1 céntimos, que se ben é o máis elevado desde a desaparición do sistema de cotas fica moi afastado dos 34 céntimos do umbral de viabilidade a longo prazo. Engade 3 pontos como emendas que entende aplicábeis polo Ministerio e di que o consumo de leite descendeu 2% en 2017 na Galiza. Tamén di que o acordo entre industrias é abusivo e deberíamos talvez somarnos á propia denuncia do SLG diante da CNMC.
Emendas:
2.- Instar as administracións públicas e ás propias empresas a que fagan campañas para reactivar o consumo de leite e derivados, especialmente para os galegos.
Que se aplique a normativa europea que prohibe chamar leite a derivados vexetais [este subepígrafe será logo retirado polo PSOE].
3.- Potenciar o papel das organizacións de produtores de leite da Galiza mediante as cooperativas e sindicatos agrarios para ter máis forza perante as industrias.
4.- Incrementar a vixilancia sobre os primeiros compradores para que cumpran coa consignación de finanzas que garantan os ingresos das explotacións.
O PP móstrase no fondo de acordo coa proposta da CUP, se ben indica que no mercado libre é ilegal marcar prezos. A nivel municipal o que podemos facer é arranxar pistas e o Banco de Terras e non estes brindes ao sol que non entende moi ben a que veñen.
Varela di que Inta está a prol dos agricultores e que todo o que se faga é pouco. A industria é abolustamente necesaria tamén, aínda que poda estar facendo manobras indebidas tampouco se pode presionar demasiado. A CNMC se se mete coas industrias pode provocar que estas deixen de recoller. Lembra igualmente que a cooperativa ICOS é primeira compradora e que non deberíamos apertar as cooperativas. Pregúntalle a Raquel se o seu compañeiro Héctor está de acordo con iso. Tamén afirma que falando con persoas do agro as industrias obríganlles a asinar porcentaxes de leite para envasar de dúas formas: un a 30-31 céntimos (B, 60%) e outro de pastoreo A (40%) a 34 céntimos. Di que pode ser unha boa solución.
Comenta o alcalde que vai primar as granxas que pastorean e que se debe explorar máis o Banco de Terras.
Héctor di que o Bantegal existía desde 2007 [fora unha das medidas estrela de Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural no Goberno bipartido do BNG] e estaba o regadío de Lemos e 2.700 hectares na nosa zona e foi deitado por Núñez Feijoo e o PP. Sempre se pediu desde as cooperativas e os sindicatos. Engade que co mesmo depósito de leite non poden existir dous tipos de leite, iso é unha fraude.
Varela contesta que, ultimamente, participou en reunións de fusións das cooperativas, que pidan eles o que temos que facer e non vir con cousas, como di o PP, que son brindes ao sol. Inta di que o que pode facer o Concello é rebaixar impostos, como fixeron co ICIO, e non meternos no que non dominamos ben.
A CUP lembra que denominar leite o que non procede dun mamífero é unha fraude ao consumidor. Sobre o mercado libre lembrámoslle ao PP que até dous dáis existía un sistema de cotas que lle veu moi ben, ao igual que a PAC, a franceses e alemáns e pola contra aquí liquidamos o tecido produtivo básico e afastámonos de ordenar o territorio, da soberanía alimentar… O mercado libre non pode ser o dereito de pernada permanente de Goliath sobre David. Tamén se comenta quen conxelou o Banco de Terras e como podería levar en activo 30 anos reordenando o territorio e dotando de maior base produtiva ás exploracións, xa que a terra que non se ten alúgase a un prezo elevado vía forraxes, ou como os termos municipais poderían tamén impulsar bancos de viñedos para a incorporación da mocidade ao sector primario, tal e como temos proposto, polo que podemos e debemos facer máis que acementar e pór farolas que dan pouca ou nengunha produción; mercados de alimentos locais, apresentamos un proxecto no seu momento que nen se leu, para producir e consumir localmente produtos de calidade e dotalos de proxección exterior; asinalamos tamén a responsabilidade política en orientar e subvencionar os labregos primeiro para o intensivo e agora chegar alegremente os mesmos como paladíns dos pastoreo; falamos do prezo do penso para producir ese leite que eleva o seu custe de produción ou as eivas na formación e no manexo que esta administración nen quere nen sabe suplir para reorientar o modelo e prepararse para o que aí ben; por último, completamos o repaso lembrando que o big to fail que se aplicou no sistema bancario galego, ao cabo agasallado a Venezuela e cos ruinosos xestores xubilados con pensións millonarias que pagou o contribuínte empobrecido pola crise, non ten porque repetirse no caso do tan cacarexado Grupo lácteo galego… Non por ser máis grande se corrixen os erros e eivas existentes a non ser que se manteña a ficción, durante un tempo, a golpe de subvencións públicas. Sobre o brinde ao sol non podemos pronunciarnos, dada a experiencia que teñen no tema os partidos políticos que din defender aos seus votantes e logo só saben mallar neles e repetir unha e outra vez que nada poden facer en cando benefician sempre ao grande para que cada vez os sexa máis. Por Chantada non se imaxina a comarca de Chantada sen leite e sen un agro vivo e, no entanto, entre todos os partidos o que están conseguindo é a chegada do deserto verde para gloria de 3-4 agroindustrias extractivas afondando na desigualdade social e económica.
Varela solicítalle a Raquel que volva ler as emendas á moción e esta reitéraas retirando o tocante ao leite cando desde Inta se afirma que iso xa non se produce e está controlado, pondo bebida de soia ou cousas semellantes. Pede pasar a votar e rematar o debate reiterando que as industrias poden ser atracadores, mais totalmente necesarias e falta un grupo lácteo galego que se leva esperando por el 35 anos.
Procédecese a votar, por esta orde e con idéntico resultado, as emendas do PSOE e a moción orixinal da CUP.
A favor: UNANIMIDADE (12: CUP, PSOE, Inta e PP).
6.- Moción de Por Chantada-CUP para rexeitar a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais na Galiza.
Le o ditame da CI o secretario accidental mais os acordos propostos e procede Fente da CUP a facer unha síntese da exposición de motivos da moción, que pode consultarse íntegra en PDF, facendo fincapé en como se nos rouba a auga ou o vento sen nengunha contraprestación para os indíxenas que resistimos no territorio:
Raquel López e o PSOE din partillar o fondo do propoñente. O tema da minería di que non nos afecta en Chantada, mais si, por exemplo, os eólicos. Acusa ao PP de facer unha manobra para recortar competencias aos cidadáns coa apariencia de facilitar as cousas favorécense as iniciativas privadas en contra dos cidadáns de a pé.
O PP deféndese dicindo que unha lei de que simplifica prazos sempre é boa. Regula, por exemplo, os pozos petrolíferos, mais aquí non hai que máis dá. Tamén acusa á CUP de non pór unha soa alternativa sobre a mesa facendo simple demagoxia eleitoral. Fente interrompe para dicir que non se presenta en Catalunya. Medela contesta que as locais están aí e xa andan facendo demagoxia pensando nelas. Recoñece, con todo, que estudou a lei a raíz da moción, xa que non a coñecía.
Varela di que se van abster, que é o máis fácil. Estivo en Lugo con Francisco Conde, o conselleiro de Industria, e coa Federación empresarial que están contentes coa lei. Os Concellos teñen a opción de participar con algunha empresa ou por libre nos parques eólicos. Acusa a CUP de facer unha moción de corte político, aínda que recoñece que política é todo e están no seu direito.
Desde a CUP din que se lles pode acusar pola súa posición ideolóxica e diverxer desta, mais que chama a atención que se lles acuse precisamente a eles de non traer alternativas e propostas ao Pleno de Chantada unha e outra vez. Lembran que é un debate de modelo de país, de futuro e de prioridades: se o imporante é a maioría social e fixarmos poboación no territorio ou favorecer ás multinacionais. Engádese unha reflexión sobre o impacto que vai ter a declaración BIC na Ribeira Sacra e como se furta o debate, sendo os indíxenas convidados de pedra no seu impulso e aprobación ando deberiamos ser os protagonistas, responsabilidade das sucursais políticas de Santiago e Madrid.
Procédese á votación da moción:
A favor: 4 (CUP e PSOE) En contra: 2 (PP) A: 6 (Inta).
7.- Moción de Por Chantada-Cup na defensa dunha política agroforestal ao servizo do pobo galego.
Desde a CUP faise unha síntese da exposición de motivos e vendo que o PP trai un papel coas medidas propostas por Feijoo no Parlamento dise que moitas xa estaban en andamento ou foran paralizadas polo proprio PP, cunha miopía que só fará que o problema continúe sendo crónico en canto se gasta máis e máis en extinción e en contratos coa empresa privada.
O PSOE indica que é triste este ano para os lumes e para Chantada. Leron a moción e estaban tamén traballando nunha semellante. Neste caso, os acordos propostos son reiterativos e extensos. O problema non é só a xestión actual da política forestal senón que o que vén de atrás, como se dixo por parte doutro grupo, debendo buscar o acordo con sindicatos e partidos. Tamén está o vector da mudanza climática. Raquel López propón a reorganización dos pontos e agrupar outros ou eliminar [non imos dar conta polo miúdo dos cambios propostos e, en todo caso, aceitados desde a CUP, xa que non saíron adiante].
Medela di que non apoian a moción, están nas antípodas ideolóxicas. Defende que o presidente da Xunta ofereceu chegar a acordos, mais seguimos en campaña. Tamén di que a Galiza non arde, estana queimando. Discrepa do que se di sobre os eucaliptos e onde está o monte coidado non arde, como na Mariña lucense. Os solares que arderon en Vigo tamén son culpa do PP? Nunha noite 268 lumes forestais.
Varela di que “lo bueno si breve dos veces bueno” e que esta moción quere abranxer todo e iso non pode ser, unha moción debe ter 2-3 conclusións non algo tan extenso que é imposíbel. Os propios concellos e parrroquias teñen culpa por como es´ta o monte. Di que desde a parroquia de Fente, Santa Cruz de Viana, viciños queren investigar parcelas de monte e reordenar entre eles o monte. Así é, os proprios proprietarios deberían facelo. Nengún goberno nons vai ordenar o monte. Cando arde o que hai que facer é axudar a apagalo e denunciar a quen se sabe que prende e dar traslado á autoridade competente. Di que isto é maltrato ao monte galego. Nengún político lle pon lume ao monte. Abeirar o ombreiro todos para solucionar o problema. Pór en valor, como xa se dixo, o monte. Van votar contra esta moción.
Raquel López quere lembrar que en Arcos había unha UXFOR pola que traballou moito a asociación e o PP botouna para atrás ao chegar Feijoo.
Varela di que simplemente lles mudaron o nome, aquí na Galiza querémoslle moito á terra por iso non van as cousas adiante.
Medela quer intervir, por alusións ao PSOE, e di que en Arcos fracasou polo chamado efeito Panorama, pois querían os cartos para contratar orquestras.
Héctor do PSOE retruca que non había corta algunha nese caso, só plantación para un proxecto con balsa de incendios.
Campelo di que perderon axudas na época do PP na Xunta por non adiantaren os cartos.
Juan Alberto Diéguez (Inta) afirma que se o monte é dos de Arcos deben os de Arcos coidalo, a administración non vai facer todo.
Hector retruca cunha pergunta retórica sobre porque parcelou entón a administración en Laxe e porque noutros lugares as UXFOR avanzaron.
Medela (PP) di que a administración non pode facer todo e que as UXFOR seguen con outro nome as SOFOR.
Varela (Inta) di que en Arcos pasaría a SOFOR en todo caso que o problema tivo que ser outro.
A CUP di que aceita as propostas do PSOE, que todo o que sexa mellorar o texto orixinal, benvindo sexa, sobretodo se contribúe a suscitar un acordo. Falan de modelo de país e altura de miras alén do partidario. Explican que derogar unha lei non conduce a un baleiro legal, xa que pode derogarse pola aprobación dun novo e necesario marco legal. Retrúcanlle ao PP dicindo que na Mariña a pluviometría e a humidade non ten nada a ver con Ourense e que a fiscalía non ten unha soa evidencia da tese do terrorismo. Medela di que el non falou de terrorismo en nengún momento e que Por Chantada fai demagoxia. Fente contesta que para demagoxia Feijoo na oposición acusando ao goberno daquela altura de que co PP non morría xente nos incendios, polo que no PP estarían mellor caliños. O de Santa Cruz o que evidencia é un fracaso da administración e agora dise que o Goberno non pode ordenar o monte, mais desde o século XIX quen inseriu un modelo concreto de florestación e xestión do monte foi quen é. En canto a Galiza ten o maior índice de medre da biomasa forestal non facemos silvicultura de calidade nen transformamos a madeira explorando a cadea de valor senón que exportamos madeira barata cun altísimo custe ambiental e social como nas boas e mansas colonias. Tamén se explica que as UXFOR en canto agrupamentos de terreos, agora denominadas SOFOR, tiveron un alcance e potencial que o PP dinamitou, como aconteceu co Bantegal, e volveu ao modelo das brigadas municipais por puro clientelismo político. As SOFOR en hectares e actuacións ficaron a anos luz, non foi mudar o nome senón virar 360º no modelo de xestión territorial e agrupamento de terreos, xa que agora non se busca rédito e potencial para o pequeno proprietario, mas ao servizo das grandes empresas da celulosa ou da madeira onde logo se xubilan os políticos nos Consellos de administración.
Varela solicita cortar o debate e proceder a votar.
Votación da emenda e da moción, por esta orde:
A FAVOR: 4 (CUP e PSOE) EN CONTRA: 8 (Inta e PP).
A favor: 1 (CUP) Abstención: 3 (PSOE) En contra: 8 (Inta e PP).
8.- Mocións e asuntos de urxencia.
Non se produciron.
9.- Dación de contas de resolucións da alcaldía.
10.- Reparos intervención 136, 137, 139, 139 e 140.
11.- Plano de axuste 3º T 2017.
12.- PMP 3ºT 2017.
13.- Informe morosidade 3º T 2017.
14.- Execución trimestral 3º T 2017.
15.- ROGOS E PERGUNTAS.
15.1.- Rogos e perguntas PSOE.
15.1.1.- Reparos da intervención. Un clásico en todos os plenos. Falan das responsabilidades na administración pública. Reparos sobre contratacións, de carácter estrutural. Xa falamos do persoal das piscinas e dos monitroes e non comprenden como non se xustifica e como non se subsana o que di a intervención. Nóminas debería ser o persoal do Concello, falta RTP… Débito directo… Buscar a maneira de evitar estes reparos. Hai novidades canto á RTP? Que medidas se van tomar para evitar estes reparos? Varela di que o señor Maxi dixolle que se porán con iso na Deputación a partir do 1 de decembro que Raquel xa o debería saber. Sen RTP é imposíbel facer nada e se fala con alcaldes do PSOE verá como depende dos servizos da intervención que haxa reparos e que, se non os erguese, perxudícase a toda a administración. Ao mellor tiña que facelo para que quen repara non o faga ao non cobrar a final de mes. O alcalde xógase o pescozo todos os días. Raquel di se o da xestoría tamén entre nesa casuística que comenta… Varela di que se podería licitar. Comunica que aínda no día do Pleno recibiu unha factura de AFA Chantada polos servizos de SAF, iso era inaprazábel e había que contratar unha empresa. Seguen aínda traballando 4-5 persoas. Gostaría de saber como resolvería o PSOE esa cuestión. Raquel insiste que aínda comprendendo ao alcalde o que faltan son informes que non hai excusa para non facelos. Varela retruca dicindo que da actual interventora só pode pór adxectivos calificativos (sic.), mais da anterior prefire non falar e se ten que ir ao xulgado irá encantado e falará alí todo o que ten que falar a ver que pasa. Raquel pide que se estuden solucións. Varela di que como lle dicía Medela antes a Antom, vostede que faría? López indícalle que facer o informe tal e como piden os inforems da interventora. Varela di que o departamento que lle corresponde facelo é quen ao mellor non o fai e que iso non o di o PSOE.
15.1.2.- Perguntas CUP. Que conste en acta por terceira vez que non se remetiton. Diego Otero di que nas primeiras houbera un problema co enderezo electrónico en secretaría. Enviáronse hoxe, aínda esta mañá as respostas.
15.1.3.- Modificación de crédito. Critica que haxa ausencia de crédito e teña que recorrerse a isto por falta de PO cun orzamento aprobado hai un par de meses. Falta de previsión. Varela di que son cousas que acontecen, non se dá axustado tanto, nen previsto axudas e gastos que sobreveñen.
15.1.4.- Estado do río e da maleza do mesmo. Pergunta sen responder do pleno anterior. Varela explica que este ano a Confederación non vai limpar o río. O tramo da Ponte ao Sangoñedo onde deran permiso está en perfeito estado. Teñen que facer un azude [presa con exclusas e canais en orixe traída polos árabes] de 22.000€ para que suban as troitas e solicitar o abastecemento de auga para Chantada que leva daquela maneira desde época inmemorial. hai organismos que funcionan mal, non deixan facer, mais tampouco fan. Castor engade que o ano pasado a limpeza foi manual, con desbrozadora de mao, e logo accederon a tirar a sedimentación por risco para unha casa. Entón ese tipo de limpeza non serve sen tirar a sedimentación.
15.1.5.- Solicitude de informe por parte dos grupos da oposición pola xestión e venda da auga. Segue sen resposta. Varela di que a secretaria está de baixa polo que ese tema está parado. Raquel di se hai constancia de que se cargue auga a día de hoxe. Varela di que non lles consta , senón saberíao, non tocan a traída de Chantada e se o fixeran tería coñecemento o Concello e a local e tería que ser para algunha empresa local. Desde Viaqua lembráronlle contodo que o Asma e o río non é competencia do Concello, se teñen permiso da Confederación poden vender auga... Raque di que por iso é importante o informe. Varela retruca que se callar quen o ten que facer tamén ten que ir informarse primeiro.
15.1.6.- Casco histórico, empresas e alegacións PXOM. Varela di que debería xa saber, porque saiu na imprensa, que EPTISA, agora de propriedade chinesa, devolve os máis de 20 planos xerais que tiñan. Teñen que facer unha nova concesión. No Concello non teñen toda a documentación polo que primeiro terán que pedirlla a EPTISA e remitirlla á nova empresa. Non se atreve a facer unha previsión de tempo e hai discrepancias sobre se se pode adxudicar mediante contrato menor ou se hai que ir a unha concesión pública.
15.1.7.- Bases axudas transporte. Castor di que queren falar cos voceiros e xa estánmáis ou menos confeccionadas. O alcalde di que dá fe, que os viu traballando mesmo de noite. Castor di que traballou máis Susana Martínez. Susana di que a autorización da Xunta da Galiza aínda non chegou, sendo necesaria ao ser unha competencia impropria dos entes locais.
15.1.8.- Problemas de tráfico. Nos Castro camiños e no Mánix e á altura do polbeiro especialmente. É a terceira vez que o din e o paso de peóns do útimo tramo segue aí. O ano pasado en pleno falouse tamén de transporte de mercadorías da castaña que causa problemas e díxose que non ía volver pasar, mais este ano estamos na mesma. Varela indica que a policía local fixo xestións e Castor di que foi máis ben cousas de persoas individuais. Varela di que non poder ser o das castañas en plena vila que teñen que facer como os das uvas e iren para o mercado gandeiro. A xente dá pena.
15.1.9.- Procedemento xudicial 523/2017. Agradece a remisión da documentación do pleno ao seu enderezo electrónico, xa que non daba entrado no Xestiona. López di que hai un decreto que fala do Procedemento xudicial 523/2017 e pergunta en que consiste. Castor di que no roubo do Ponto Limpo, que xa vai de segunda.
15.2.- Rogos e perguntas PP.
15.2.1.- Parte de control da xestión. Ao outro pleno viñeron os reparos 26/2017 a 32/2017 e hoxe comezamos no 37/2017. Susana explica que foron ao pleno dous que xa non veñen no SC: o 133 e o 134/2017. Medela di que aínda así faltan o 135 e o 136. Susana di que se mandarán no próximo pleno entón. Di que desde o 22/08/2017 non hai actas da XGL. Varela di que a eles si lles chegan coa convocatoria da XGL.
15.2.2.- Polígono. Pergúntase se a limpeza é con cargo e conta da Deputación de Lugo. Varela di que fixo unha xestión na Deputación do mes de agosto e xa está o desbroce agora feito. A iluminación que falta xa llo dixeron tamén a el industriais.
15.2.3.- Rexistro cans de animais perigosos. Manuel Diéguez di que desde 2005-2006 existe. O PP pergunta polo lector. Castor di que a policía local ten un detector. Varela di que non estaría mal ter un censo de cans. Castor di que no medio rural moitos non teñen chip. Varela di que cómpre peinar todo o Concello e Manuel Diéguez di que sería mellor facer unha campaña de sensibilización.
15.2.4.- Vandalismo: parque Eloísa Ribadulla nas casteas dos polbeiros. Castor explica que iso xa foi na véspera da Feira do Viño deste 2017.
15.2.5.- Desbroce de pistas. Acaba de adxudicar en 2ª adxudicación, ao quedar a primeira deserta, e aprobouse aínda onte despois dun sorteo ao haber un empate porque as empresas póñense de acordo.
15.2.6.- Ausencia secretaria. O alcalde di que José Ángel Cores traballa 24 horas e que descoñece o problema que ten a secretaria titular, de baixa. Susana aclara que evidentemente a baixa é médica ante as perguntas reiteradas de Medela.
15.2.7.- Adxudicación PEP e PXOM. Varela di que si, que se adxudicará novamente como xa explicou.
15.3.- Rogos e perguntas CUP.
15.3.1.- As perguntas da pasada sesión plenaria non se contestaron. Xa se está convertendo en costume, ao que se une que non se enviaron as actas das XGL polo que se está incumprindo lexislación básica. Comprendendo a situación de interinidade da secretaría solicitan que se remitan en canto sexa posíbel.
15.3.2. PMP 3ºT 2017 e 13.- Informe morosidade 3º T 2017. Os dados do PMP volven ser terríbeis e as cifras de débedas a pequenos provedores, tanto do visto cuantitativo canto do cualitativo, son estremecedoras. Canto aos pagos realizados en prazo só se fixeron 14 (9.761’44€) e fóra de prazo 352 por un importe de 458.423’97€. E no tocante aos pendentes de pago fóra do período legal están xa 147 operacións por valor de 202.370’70€ e no caso dos materiais, subministros e obras falamos de 134 días de media para pagar as facturas. Varela di que chamaron dunha empresa das papeleiras, servíranse en febreiro e pagáronse hoxe. Trabucáronse nos servizos económicos, fora autorizado xa por Cristina e había crédito e agora parecía que non. Por veces, hai problemas deste tipo.
15.3.3.- Acolleuse o Concello á Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se estabelecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017? Varela di que non sabe.
15.3.4.- Comunicaron ás entidades cívicas e asociacións que receben subvencións nominativas que, na vixencia do orzamento de 2017, os antecipos apenas poderán ser de 40% conforme vén de rectificar o proprio Concello a instancias dun Recurso de reposición apresentado polo noso grupo? Están xustificando ao 100%. Susana aclara que non se notificou nada e recoñece que o dos antecipos do 100% está mal porque como di a CUP prevalece a base de execución sobre os convenios.
15.3.5.- Mámoas no monte da Cabeza do Faro. Desde a CUP denunciamos, perante a autoridade competente, a ilegal roturación da contorna das tres mámoas que conforman a necrópole do Monte da Cabeza. Un patrimonio con milleiros de anos de historia e de valor totalmente incalculábel que testemuña o valor simbólico-relixioso do Faro desde tempos inmemoriais.
Na súa maior parte as mámoas, sinalizadas con grandes cartaces por Enerfín cando a construción dos muíños de vento, encóntrase dentro dos límites do Concello de Chantada. Pola súa parte, o alcalde de Rodeiro anunciou que adoptaron medidas e informarán á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta da Galiza onde están catalogadas coas referencias GA36047074 (Monte Cabeza 1), GA36047075 (Monte Cabeza 2) e GA36047076 (Monte Cabeza 3).
Varela di que pensaban que eran todas de Rodeiro… Desde a CUP rógase que tomen inmediatamente medidas e Varela di que si, que así o farán.
15.3.6.- Adegas denunciadas pola APLU. Que xestións se desenvolveron ou se ten previsto desenvolver en relación coa moción apresentada conxuntamente por Inta, PSOE e PP en relación coas adegas denunciadas pola APLU? Varela descoñece que non fixo nada estritamente nese sentido, mais que tiveron varias reunións polo tema da declaración BIC da Ribeira Sacra e que aí van ir todas as adegas que teñan a parecela e a dimensión axeitadas… naturalmente haberá algunhas que non son viábeis e anuncia que con algunha vai haber problemas.
15.3.7.- Ordenanza. Rogamos que se desenvolva unha ordenanza de convivencia e tenza de animais que ampare legalmente as zonas de solta de cans e mellore a convivencia veciñal e a limpeza dos espazos públicos. Varela di que hai un canil. Chamaron o outro día que hai xente con problemas coas mascotas.
15.3.8.- Teatro. A canto ascendeu a achega do Concello á mostra de teatro Maruxa Villanueva no 2016? E no 2017? Diéguez di que 2.500€ cada ano. Fente di que non figura nas subvencións nominativas nen consta convenio, se se dá mediante o abono do facturas. Diéguez di que é con factura igual que a mostra de cinema.
9.- Criterios adquisición de libros [Decreto 439/2017 de 29/09/2017]? O alcalde di que é cousa da encarregada da biblioteca baseándose nas peticións e nas bases que impón a Xunta.
O pleno non comezou até as 20:06 xa que desde Inta fixeron tempo para que chegasen os seus concelleiros. Asistiu toda a Corporación, agás Manuel Diéguez (Inta) e a interventora, aínda habendo asuntos de índole económica. Tamén asistiu o funcionario Segundo Navaza. Canto a cidadás que asistisen só tres persoas se achegaron na tónica xeral da lexislatura, polo que semella que existe un fondo desisterese polo Pleno e a política local por parte da maioría da sociedade chantadina.