No vindeiro pleno ordinario, a celebrar o día 12 de novembro ás 20 horas coa seguinte orde do día, desde Por Chantada-CUP imos apresentar dúas mocións.
A primeira delas denomínase Moción de Por Chantada-CUP para a defensa da independencia e a calidade dos medios de comunicación públicos galegos e céntrase no apoio ao audiovisual local e, nomeadamente, á nova Canle Ribeira Sacra ao tempo que fai fincapé na necesidade duns medios públicos galegos de calidade e independentes, nada a ver coa xestión politizada da RTVG por parte do PP. A moción íntegra pode ler aquí (PDF): MOCIÓN DE POR CHANTADA-CUP PARA A DEFENSA DA INDEPENDENCIA E A CALIDADE DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PÚBLICOS GALEGOS.
A segunda é a Moción de Por Chantada-CUP a prol dunha educación pública, galega e de calidade para o rural galego e versa sobre as problemáticas asociadas ao comezo do curso escolar no IES Lama das Quendas e no IES Val do Asma. Pode tamén consultarse aquí en formato PDF: Moción de Por Chantada-CUP a prol dunha educación pública, galega e de calidade para o rural galego.