
Como acaba de facer público EuropaPress o concello de Chantada é un dos concellos galegos que máis gasta en festas, en proporción ao seu orzamento. E iso que os datos que oferece EuropaPress son de trazo groso sen teren en conta que hai gastos no Orzamento de 2014 ou de 2016 que, vinculándose a festexos, non figuran na partida orzamentar específica de festas. Así pois, desde Por Chantada pareceunos atinado aclarar, na medida do posíbel, canto gasta o concello de Chantada por este concepto, así como reiterar as advertencias que temos feito de que estes gastos non se corresponden coa incidencia económica dos festexos xa que non é unicamente cuestión de cartos senón de enfoques.
Segundo EuropaPress, con datos facilitados polas entidades locais ao Ministerio de Facenda a 30 de decembro de 2015, o concello de Chantada destinou 15’60€ por habitantes neste concepto fronte aos 5’24€ que destinou Monforte de Lemos, os 6’16€ do Saviñao ou os 7’91€ por habitante de Taboada. Carballedo destina 12’33€. Así pois, Chantada é o concello da redonda cunha partida maior na aplicación orzamentaria 338 de Festas e festexos, só superado en gasto por habitante neste capítulo por Pantón (25’59€).
A continuación inserimos o mapa tirado do site da EuropaPress para que podades ver os valores nos diferentes concellos. No caso de Chantada, é evidente que o gasto non semella corresponderse nin cunha actividade cultural ben planificada, diversa e variada nin con eventos multitudinarios ou, cando menos, máis concorridos que os de outros concellos da zona (é máis as festas patronais non deixan de perder asistencia ano a ano, incluído o día do Folión de carros a unha hora intempestiva).
https://epinternet.cartodb.com/viz/681653c8-d620-11e5-8363-0e674067d321/embed_map
O gasto en festas e festexos no ano 2016
A continuación, queremos afinar máis os datos anteriormente empregados, xa que dispomos do Orzamento para 2016, contra o que apresentamos alegacións, coas súas diversas partidas. Os gastos relacionados con festas e festexos recóllense fundamentalmente en dúas grandes partidas orzamentarias dependentes da área de Cultura do concello de Chantada. Para 2016 os datos son os seguintes, segundo o orzamento:
Concepto
|
Partida orzamentar
|
Gasto (en euros)
|
Administración xeral de cultura |
330 |
172.323,23 |
Festas e festexos |
338 |
123.300 |
TOTAL |
– |
184.623,23 (21’58€/hab.) |
Porén, sería desmesurado imputar todo o orzamento da área de cultura a festas e festexos. Na Conta Xeral do 2014 obsérvase tamén un maior gasto na área de cultura como consecuencia dos xuros e a débeda asociada con gastos feitos en festexos doutras anualidades que aínda estaban sen pagar.
Desgranando a súa composición o lector pode xulgar que se pode ou non imputar a a este concepto, ao que habería que sumar a promesa de restituír no 2016 a subvención de 150€ por parroquia e ano para festas (como “medida estrela” para o rural da administración Varela, o cal xa se califica por si mesmo e ascendería a 5.400€ se as 36 parroquias do concello se acollen a esta medida- non está aínda dotada a correspondente partida de “A institucións sen ánimo de lucro” con eses cartos):
Concepto
|
|
Gasto (en euros)
|
Administración xeral de cultura
(P.O. 330: 3’12% do Orzamento 2016 e 20’14€ por habitante)
|
Soldos e complementos
|
49.823,23€
|
Aluguer edificios e maquinaria
|
3.000€
|
Prensa e publicidade
|
23.500€ (14.900€ en 2014)
|
Comida e protocolo
|
2.500€
|
Teléfono
|
3.500€
|
Electricidade
|
3.000€
|
Contenciosos
|
1.000€
|
Actividades culturais e deportivas
|
14.500€
|
Outros
|
4.700€
|
Dietas goberno
|
1.000€
|
A institucións sen ánimo de lucro
|
42.800€
|
Subcontratas
|
22.000€
|
Concepto
|
|
Gasto (en euros)
|
Festas populares e festexos
(P.O. 338: 2’23% do Orzamento 2016 e 14’41€ por habitante)
|
Prensa e publicidade
|
5.000€
|
Comida e protocolo
|
3.000€
|
Actividades culturais e deportivas
|
40.000€
|
A institucións sen ánimo de lucro
|
52.500€
|
Subcontratas
|
21.800€
|
Outros
|
1.000€
|
A maiores habería que recorrer as diversas facturas para vermos a que se destinan concretamente eses fondos. Por exemplo, as Festas do Carme reciben máis de 30.000€ de fondos públicos e nelas gastouse máis de 11.000€ en alumeado.
Confira tamén outros artigos relacionados:
As contas do concello I: o financiamento da imprensa
As contas do concello II: o gasto telefónico
Orzamento 2016: documentación