[FAQ] Novas tarifas eléctricas: información de utilidade

Captura de pantalla 2019-04-21 a las 10.27.36

Podes ler, se o prefires, este informe elaborado polo Grupo de traballo de consumo e TIC de Por Chantada en PDF: Nova tarifa eléctrica. Sobre tarifas eléctricas e como aforrar na factura da luz organizamos tamén desde Por Chantada un acto informativo o 23 de novembro de 2018, cuxo audio podedes consultalo aquí.

 

1.- Cando se comeza a aplicar e por que?

A partir do 1 de xuño de 2021 e, segundo o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a nova factura eléctrica «fomentará o aforro enerxético, o autoconsumo e o despregue do vehículo eléctrico». No entanto, en maio o prezo medio do kWh foi de 17 céntimos, é dicir, que as grandes eléctricas continúan inflando as tarifas no mercado da xeración, tal e como denuncia Facua

A restruturación responde a un mandato da UE e a proposta da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) foi modificar as peaxes para penalizar a quen consome máis nas horas de maior demanda. O Ministerio estabeleceu en abril os prezos definitivos da tarifa da luz a través dunha orde ministerial.

2.- A quen afecta?

Atinxirá a fogares e empresas, tanto os acollidos ao Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor (PVPC) coma os que están no mercado libre, aínda que dun xeito diferente en cada caso. O termo fixo do recibo, o “mínimo” que hai que pagar aínda que non se consuma, e o termo variábel, o que depende do consumo, calcularanse agora de forma diferente.

Como explicamos no acto de 2018 hai dous tipos de modelos para calcular a factura da luz: a PVPC, cuxa tarifa oficial fixa o Goberno, e as do mercado libre, onde é a comercializadora quen fixa o prezo unilateralmente. Naturalmente, a PVPC era até agora moitísimo máis recomendábel e barata, mais hai un problema: o límite de potencia contratada é de 10 kW e exclúe tamén os pequenos comercios.

 

3.- Que temos que facer os consumidores?

A priori nada, xa que a nova peaxe aplicarase de xeito automático. No entanto, o consumidor pode adoptar as súas potencias contratadas e as súas pautas de consumo para aproveitar as ventaxes da nova estrutura de peaxes (vid. 5, 6 e 7).

 

4.- Cales son os principais cambios?

Haberá tres faixas horarias, que estabelecerán o custe da enerxía. Pagaremos máis de luns a venres cás fins de semana e os feriados ás mesmas horas e poderán terse dúas potencias contratadas.

O período máis barato estabelécese entre as 24:00 horas e as 8 horas da mañá e durante a fin de semana e os feriados.

 

5.- Como funcionan as faixas horarias?

Desde o 1 de xuño todos os consumidores temos unha peaxe con discriminación horaria nos termos de potencia e enerxía. Por orde de custe, de maior a menor, as tres faixas horarias son:

  • Faixa ponta: de 10 a 14 horas e entre as 18 e as 22 horas. En total haberá 40 horas ponta á semana, que coinciden en grande medida con horas de moita actividade nos fogares para comidas e ceas. Como primeira medida para poupar, convén estarmos atentes para evitar os consumos que se poidan deslocar a un horario máis económico (lavadoras, lavalouza…). Na práctica o prezo de cada kWh co novo sistema en faixa horaria ponta será de 25 céntimos (20 céntimos antes de impostos).
  • Faixa chao: de 8 a 10 horas, de 14 a 18 horas e entre as 22 e as 24 horas. O horario chao terá unhas tarifas semellantes ás actuais para un fogar sen discriminación horaria.
  • Faixa val: entre as 24 e as 8 horas, fins de semana e feriados. En total haberá 88 horas val á semana, 52% do total. Será un bocadiño máis caro cada kWh que agora, polo que haberá que trasladar moito consumo á fin de semana.

Faixas horarias

A nova estrutura de tarifas eléctricas por treitos ou faixas horarias comezou este 1 de xuño cun mínimo de 14.61 céntimos kWh (impostos indirectos incluídos) na hora val, a máis económica; e un máximo de 31.55 céntimos en hora ponta, a máis cara. Segundo Facua, o prezo medio do kWh foi de 17,20 céntimos en maio, representando un encarecemento interanual de 45.4% na factura do utente medio. 

 

6.- Para que serve ter dúas potencias contratadas?

Contratar dúas potencias será agora posíbel: unha para a faixa val, que será moito máis barata, e outra para os períodos ponta e chan. Até o 31 de maio de 2022 permítense dúas mudanzas de potencia de balde. Segundo a CNMC deste xeito evítase pagar potencia desnecesaria durante todo o día. Porén, a potencia atinxe apenas ao prezo do termo variábel.

O kW contratado baixa 16% polo que a parte fixa da factura baixará. Para quen teña menos de 10 kW de potencia contratada pagar. Por exemplo, un fogar que subira a potencia de 3,3 a 7 kW para cargar o carro eléctrico pasaría de pagar 339€ ao ano co antigo sistema a 135€ ao ano contratando os 7 kW apenas para o horario val.

 

7.- Como interpretar a factura eléctrica actual?

A factura eléctrica actual componse de cinco partes:

7.1.- O termo variábel, que é o custe da enerxía, é dicir, o que pagamos en función do consumo.

7.2.- O termo fixo, o que se paga por receber o servizo, aínda que non se consuma nada. Denominamos isto popularmente como “o mínimo” e tecnicamente como tarifas de acceso. Dentro destas temos os cargos ao sistema eléctrico, que son prezos fixos que marca o Goberno e inclúen: subvencións a renovábeis, compensación do déficit acumulado en anos pasados, axudas aos sistemas non peninsulares etc. e as peaxes, que serven teoricamente para cobrir os custes de transportar a enerxía e distribuíla polos fogares.

7.3.- Os custes de produción (+/- 7 céntimos kW).O que as empresas produtoras de enerxía cobran vendéndoa ao por maior.

7.4.- Marxes de comercialización. Sons os lucros da comercializadora por encargarse da facturación, do cobro, do arrendamento do contador e o marxe de beneficio. Este último varía en función da comercializadora e da tarifa. Algunhas inclúen as marxes na parte fixa do recibo, como acontece na tarifa regulada PVPC.

7.5.- Impostos: o imposto eléctrico, que é 5,112% e o IVE, que é do tipo xeral, é dicir, 21%. O IVE subiuno até o 21% o Goberno de Mariano Rajoy (PP) en 2012. Previamente, o Goberno de Aznar privatizou as eléctricas do Estado, pasando logo a traballar en Endesa por 200.000€ ao ano. En 1998 remataba un proceso que xa comezara a xestarse no último Goberno de Felipe González (PSOE), quen tamén foi conselleiro independente de Gas Natural por 126.500 euros ao ano. Semella que traizoar os intereses populares para servir ao oligopolio eléctrico págase ben. Tamén na Galiza Beatriz Mato, conselleira de Feijoo, ten unha fulgurante carreira en Greenalia e na cúpula de Euskaltel.

Estes cinco pontos mantéñense, mais, desde o 1 de xaneiro, varía a fórmula para calcular os custes fixos e variábeis:  sobe o prezo do kWh e baixa o do kW contratado.

 

 

8.- Pagaremos máis ou menos?

Sobre as portas xiratorias xa falamos. Tal e como explica a OCU dependerá do consumo e da tarifa que teñamos contratadas. A facturación de peaxes e cargos reducirase para os consumidores que até agora non tiñan discriminación horaria, uns 19 millóns de consumidores, baixando a factura 3.4%. No entanto, aumentará para aqueles que estaban acollidos á discriminación (uns 11 millóns de consumidores) e que tiñan un prezo máis barato.

Por outras palabras, vai prexudicar aos que tiñan a popularmente denominada como tarifa de discriminación nocturna e aos que grandes consumidores. O Kw contratado baixa 16%, mais esta redución do termo fixo compénsase en parte cun incremento no prezo do kWh.

Para os utentes da PVPC: pór a lavadora ás 10 da mañá dun venres será o triplo de caro ca ás 10 de mañá do sábado. O PVPC repercute ao consumidor, desde 2014, o prezo dos custes do sistema, por iso se ve tan impactado por unha mudanza profunda.

Para os utentes de libre mercado o comercializador adaptará o prezo do contrato para incorporar a diferenza dos custes regulados polo que cómpre pór especial tino para que non nos estafen. Cada compañía fará unha proposta e o cliente ten o direito de acolllerse a ela ou irse. Para potencias inferiores a 10 kW recomendámosvos acollervos á modalidade PVPC.

Tarifas de acceso

 

9.- Que podemos facer para reducir a factura?

O primeiro é ter claro que tipo de modalidade temos (PVPC ou libre) e memorizar os novos horarios para adaptar os nosos hábitos na medida do posíbel.

Tamén axustar a potencia para reducir custes (vid. 6). Se o consumidor non solicita a mudanza aos dous novos períodos (val e ponta) aplicaráselle a potencia actual contratada en ambos de forma automática.

As novas facturas deberán informar dos picos de máxima potencia durante os últimos 12 meses, o que axuda a axustar as potencias contratadas, permitíndose dúas mudanzas de balde até o 31 de maio de 2022. Tamén pode consultarse en Datadis.

Para saber o que gastan os electrodomésticos para pensar a potencia a contratar podes ver esta guía elaborada pola OCU.

 

 

10.- Por que o Reino de España ten un problema coa luz e por que é tremendamente inxusto para a Galiza?

O Estado español ten unha das facturas domésticas máis elevadas para un ben de primeira necesidade como é a luz. Isto non sempre foi así, senón que se produciu a partir das privatizacións de Felipe González (PSOE) e Aznar (PP) na década de noventa e da posterior subida impositiva de Mariano Rajoy (PP). O Goberno de PSOE e UP, presidido por Pedro Sánchez, prometera abaratar a luz e anunciou novas medidas, mais está por ver que iso se traduza nunha rebaixa substancia.

 

Os dados de Eurostat  non deixan marxe a dúbidas: a electricidade para os fogares galegos págase coma un luxo sendo un ben de primeira necesidade. Algo que é aínda máis grave cando en comarcas coma Chantada temos encoros, parques eólicos… e padecemos moitos impactos negativos destas infraestruturas sen calquera compensación. Nese sentido, desde Interior Galego Vivo demandamos un canon eólico que deixe beneficios a concellos e propietarios e que permita a xeración distribuída e pule por outro modelo enerxético que non sexa coto exclusivo do oligopolio enerxético.

EOLICOS_IGV

 

GRUPO DE TRABALLO DE CONSUMO E TIC DE POR CHANTADA

 

cropped-logo-redes-8m-blanco

Por Chantada apresentou alegacións ao Real Decreto sobre nutrición do solo.

 

 

 

Preme aquí para veres o documento íntegro das alegacións de Por Chantada.

 

 

O rascuño de Real Decreto polo que se estabelecen normas para a nutrición sustentábel nos solos agrarios (RD) impulsado polo Goberno do Estado esquece máis unha vez a realidade galega e atenta contra todos os sectores agrarios e gandeiros que apostan por modelos sustentábeis polo que, de non atender ás modificacións propostas, terá o efeito contrario aos obxectivos que, teoricamente, procura.

Neste sentido, Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular formulou 40 alegacións ao documento e vindicamos novamente normas legais e unha PAC axeitadas para a Galiza e o noso sector primario, fundamental para a comarca de Chantada, que se vería especialmente castigada polas disposicións do RD. Se non se revisa o rascuño inicial no sentido proposto será letal para as pequenas e medianas exploracións galegas, que son a maioría, e atinxe a todos os sectores: o vacún, a carne, o vitícola, o froiteiro, a horta ou o florestal. Todos estes sectores foron defendidos nas nosas alegacións.

A pesares das boas intencións expostas na súa redacción actual o RD apenas favorece o intensivo e determinadas industrias, nomeadamente o sector porcino polo lobbing das organizacións estatais, para alén de impulsar a venda de maquinaria agrícola e a venda de adubos sintéticos moito máis contaminantes. É o mundo ao revés e, coma sempre, esquécese á maioría social que resiste no medio rural producindo.

 

Inxectores de xurro e obrigas burocráticas.

Embora na imprensa o pouco que trascendeu do RD foi a necesidade de inxectores de xurros, resulta que as disposicións son tan lesivas para a Galiza que isto sería o mal menor dentro das novidades que este traerá. Moito piores van ser as enormes obrigas burocráticas: análises de solos e materiais empregados, obrigatoriedade de asesoramento externo privado, caderno de fertilización, restricións ao amoreamento de esterco obviando o sistema tradicional galego de muricos que actúa como semicompostaxe e con nulo impacto ambiental, inspeccións de equipas, planos de adubado etc. Estas medidas van atinxir de cheo a todo o sector primario: desde unha pequena horta ou viñedo até calquera cultivo froiteiro ou florestal.

No caso de Chantada, con titulares de elevada idade, é totalmente surrealista tentar aplicar estas medidas nunha orografía como a dos socalcos da Ribeira Sacra ao ser imposíbel amorear os estercos e enterralos nas catro horas seguintes á súa aplicación e favorecería, por un lado, o abandono, e, por outro lado, o uso de adubos sintéticos que contaminan acuíferos.

 

Non se estabelece a diferenza entre esterco e xurro.

De feito, o RD é tan incompleto e nefasto que non diferenza o esterco do xurro obviando que o primeiro ten menores perdas de amoníaco, maior contido de carbono orgánico e conserva mellor a estrutura do solo, pola mineralización máis lenta e o favorecemento da microbioloxía etc. É unha aberración condenar aos mesmos controis e obrigas (análises, rexistros, sistemas de aplicación, etc.) a unha pequena granxa ecolóxica que elabore esterco do que a unha macroexplotación de porcino sen terra, o cal é un disparate e un auténtico despropósito a nivel ambiental. Tampouco se teñen en conta as características edafoclimáticas da Galiza como se todo o Estado tivese un único tipo de solo e clima e considerando igual unha granxa isolada na montaña do que miles de exploracións concentradas.

 

O eucalipto trátase como SAU.

Outra barbaridade é considerar o cultivo de especies forestais de crecemento rápido como superficie agraria útil. Entre o ano 1985 e 2005 na Galiza 43% da superficie agraria mudou de uso e representa xa menos da cuarta parte da superficie total da Galiza, a metade que na UE, e a perda de SAU entre 1985 de 2015 cífrase entre 160.000 e 185.000 has. As plantacións de eucalipto e piñeiro pasaron a ocupar 378.718 hectáreas máis de territorio, das cales 150.000 hectáreas plantadas en solos agrícolas nos últimos 30 anos. A porcentaxe de superficie florestal que ten xa hoxe a Galiza a respeito do seu territorio (69%) é a mesma que Finlandia e Suecia. En síntese, a menor SAU maior despoboamento e piores condicións para producir alimentos de calidade e sustentábeis no rural en canto os usos alternativos para esa SAU que se perde son incumpatíbeis cun interior galego vivo. O RD acelera a conversión do interior galego nunha Laponia sen renos nen nenos.

 

Impón a necesidade de asesoramento externo.

No tocante a outra novidade como é o asesoramento, obriga a pagarlle a un asesor en fertilización para estercar as fincas sen reparar na extensión da exploración, na súa natureza (autoconsumo ou venda maciza) e no uso de adubos da propria granxa ou non. Para máis Inri, fica a porta aberta a que os asesores teñan relación con comercios agrícolas e empresas de fertilizantes favorecendo o negocio para unha minoría e a ruína da maioría.

 

Impúlsase o uso de lodos de depuradora, refugallos da agroindustria e até residuos plásticos na produción de alimentos.

A realidade supera a ficción. Un decreto que leva a palabra sustentábel no seu nome resulta que permite e incentiva o emprego de lodos de depuradora e outros refugallos da agroindustria, favorecendo que os microplásticos pasen á cadea trófica. O RD mesmo permite até medio quilo de plásticos por tonelada de material, un atentado á saúde da cidadanía e dos propios solos agrarios. Os cidadáns non merecemos gobernos que poñan por cima da nosa saúde e benestar os intereses da agroindustria.

De por parte, os níveis de metais pesados máximos permitidos son obsoletos. Deberíase ter en conta a revisión á baixa que xa fixeron destes valores varias CCAA.

 

Despropósito nas medicións GEI e no tratamento da agricultura ecolóxica.

Outro aspecto a pór en destaque é que a base de dados do Ministerio para calcular as emisións do sector vacún de leite está errada e non cumpre as directrices metodolóxicas internacionais, o cal é especialmente grave e lesivo para a Galiza. Indícanse 0 horas (si o horas!) de pastoreo cando 61,2 % das granxas galegas fan pastoreo con algún ou coa totalidade dos lotes do rabaño (produción, secas e xatas). Amais, en nengún momento se fala dos pastos permanentes, a pesar de seren sistemas de produción máis extensivos e sustentábeis que reducen os gases de efeito estufa (GEI) e crian un solo vivo. Contrasta este maltrato á agricultura ecolóxica coa ausencia de regulación da gandaría intesiva sen base territorial e moito menos se potencia a soberanía alimentar e os alimentos quilómetro 0.

 

Síntese das nosas alternativas.

Así as cousas, Por Chantada defende:

  • Aplicar medidas de discriminación positiva para a produción ecolóxica e as pequenas e medianas granxas familiares e os proxectos agrarios biodiversos.
  • Excepcións no RD para as granxas de pequeno tamaño que practiquen a agricultura sustentábel e que empreguen métodos de aplicación tradicional dos estercos ou que estexan en zonas de alto valor natural ou que sigan prácticas agroecolóxicas en todo o seu conxunto.
  • Normas máis estritas para as granxas sen terra, restricións severas ao uso de lodos de depuradora e refugallos industriais e a consideración como SAU apenas das parcelas destinadas á alimentación humana e animal, nunca o eucalipto.

 

GRUPO MUNICIPAL POR CHANTADA – CANDIDATURA DE UNIDADE POPULAR.

Canto nos vai custar a privatización do SAF?

A privatización do SAF de Chantada en cifras: a privatización custaranos máis de 160.000€ cada ano e máis de 20€ a cada habitante.

As traballadoras públicas do SAF de Chantada protagonizaron unha das principais loitas das últimas décadas no eido laboral en Terras do Asma. No entanto, o Goberno de Manuel Varela (antes Inta e agora PP) mostrouse totalmente insensíbel a manter un servizo 100% público a pesar de que o vai encarecer o mesmo coa privatización.

Este informe podes tamén consultalo en PDF premendo aquí: O SAF en cifras.

Vexamos, entón, cales eran as cifras do SAF até agora e cales van ser a partir de agora. Comecemos polo que recauda o Concello entre os utentes do servizo, é dicir polos ingresos do servizo.

1.1- Os ingresos.

Padrón SAF

Xuño 2020

4.953,44

Maio 2020

4.145,74

Abril 2020

3.753,63

Marzo 2020

5.073,84

Febreiro 2020

5.820,88

Xaneiro 2020

6.071,58

TOTAL

29.819,11

Media mensual 1º semestre 2020

4.970

Segundo a Conta Xeral de 2019 do Concello de Chantada, na aplicación orzamentar 34100 de ingresos, constan pagos dos utentes do SAF por importe de 80.628,10€ para todo o 2019. O ano 2020 vai ser excepcional porque a COVID-19 alterou moito o número de utentes e a recadación á baixa.

Entón, o que se recauda dos utentes do servizo é moi pouco, mais cómpre ter en conta que a Xunta da Galiza cofinancia o servizo. En todo caso, por pórmos un dado comparativo o padrón das piscinas en Febreiro de 2020 foi de 13.892,73€ ou o de vaos para todo 2020 é de 7.109,68€.

Ingresos Xunta da Galiza

Ano

Aplicación orzamentar

Euros

2020

45002

463.854

2019

450020

418.643,19

A maiores, o Concello de Chantada tamén ten recorrido ao Plano Único para os concellos da Deputación provincial de Lugo para o financiamento do SAF:

Plano único para os Concellos Deputación de Lugo

2020

46100

52.000

2019

461001

30.000

En consecuencia, podemos sintetizar así os ingresos:

Ano

Concepto

Cantidade (en euros)

2020 (6 meses)

(34100) Pago utentes do servizo

(cálculo sobre media 1º bimestre)

60.000

2020

(45002) Xunta da Galiza

463.854

2020

(46100) Plano Único

52.000

TOTAL 2020

575.854‬

2019

Pago utentes servizo

80.628,10

2019

Pago Xunta da Galiza

418.643,19

2019

Pago Deputación de Lugo

50.000

Total ano 2019

549.271,29

1.2.- Os gastos.

1.2.1.- Gastos de persoal.

Gastos persoal SAF (inclúe soldo base, trienios, SS e quilometraxe)

Ano

Cantidade en euros

(estimación intervención)

Orzamento 2020 e Conta Xeral 2019

2019

743.115,98

600.000

2020

752.321,13

583.480,29‬

2021

762.023,37

2022

771.474,32

2023

783.742,60

Pola mala planificación dos xestores públicos estabanse prestando 780 horas menos das recoñecidas pola Xunta para dependencia, co cal se perden transferencias e 66 persoas ficaban na listaxe de agarda en novembro de 2019.

1.2.2.- Gastos en fornecementos para mantemento do servizo.

Custes exploración do servizo

Fornecementos1

3.495,84

Vestiario2

4.941,44

Outros3

2.960,96

TOTAL

11.398,24

1.2.3.- Gastos en contratacións de empresas externas ao SAF.

En 2019 e 2020, mentres o Goberno desenvolvía o proceso de privatización do servizo, que finalmente recaeu na empresa viguesa Samaín (grupo Clece da corporación ACS), recorreuse a un contrato menor, sen licitar, e que incumpria a lei, concretamente os artigos 118, 99.2 e 28.2 da Lei de Contratos do Sector Público (LCSP). Dito contrato empregouse para cubrir baixas, ferias e días de libre disposición das traballadoras municipais, xa que nen sequer se sacou a bolsa de emprego até que xa caducara a anterior e non había a quen recorrer. Por outras palabras, chegouse a este ponto por unha crónica mala xestión do servizo, da cal é responsábel o Goberno municipal e non os Servizos Sociais ou as traballadoras do SAF como se ten acusado desde o Goberno en reiteradas ocasións.

As empresas que “complementaban” o SAF de Chantada foron primeiro a local AFA, que por atraso nos pagos non puido seguir fornecendo o servizo e incorreu en impagos ás súas traballadoras, e logo Asanis Galicia (exp. 243/2020).

Ano

Empresa

Aplicación orzamentar

Factura en euros

Observacións

2020

Asanis Galicia

231.227.99.04

11.665,22

Omisión de fiscalización4 (OF) 14/2020

2020

Asanis Galicia

231.227.99.04

7.493,20

OF 13/2020

2020

Asanis Galicia

231.227.99.04

3.467,76

OF 12/2020

2020

Asanis Galicia

231.227.99.04

1.404,98

OF 11/2020

2020

Asanis Galicia

231.227.99.04

5.827,98

OF 7/2020

2020

Asanis Galicia

231.227.99.04

6.925,78

OF 5/2020

2019/

2020

Asanis Galicia

231.227.99.04

8.909,88

OF 1/20205

2019/

2020

AFA Chantada

231.227.99.04

13.750,14

OF 1/2020

2019

Asanis Galicia

231.227.99.04

272,55

2019

Asanis Galicia

231.227.99.04

8.637,63

Totais servizos prestados por empresas externas

2019 Conta xeral

125.557,57

2020 Orzamento (231.227.9904)

454.946

Diferenza

329.388,43

1.3.- A privatización do servizo.

Aos efeitos de calcular o valor estimado para todo contrato, tense en conta a duración inicial prevista (2 anos), as prórrogas máximas ordinarias (2 anos), e as opcións eventuais previstas consistentes na modificación de 20 % de horas máximas previstas no PCAP ao longo de toda a duración máxima do contrato:

Estimacións na memoria da privatización sobre o custe do contrato (22/10/2020)

Orzamento anual sen IVE

874.896,96

Orzamento duración inicial (2 anos) sen IVE

1.749.793,92

Prórrogas (2 anos máximo) sen IVE

1.749.793,92

Modificacións sen IVE (20%)

699.917,57

Valor estimado contrato

4.199.505,41

Dados económicos da privatización do SAF (exp. 37/2020)

Orzamento base de licitación por ano

874.896,96

Orzamento anual con IVE

909.892,84

Valor estimado do contrato (total)

4.199.505,41

Orzamento 2020 (231.227.99.04)

454.496,426

1.4.- Conclusións: canto nos custa a privatización?

O servizo SAF privatizado, segundo as proprias estimacións municipais, ascenderá a un impacto sobre a facenda local de case un millón de euros cada ano: 909.892,84€. Só en concepto de IVE imos gastar 35.000€ cada ano.

O SAF 100% público e municipal, coas deficiencias de xestión e falla de persoal que cunha xestión eficaz suporían maiores gastos (e ingresos) é de (estimacións alcistas): 750.000€. Con esta xestión pública o recadado entre utentes e Xunta case cobriría os custes do servizo, completando con fondos do Plano único da Deputación de Lugo (50.000€).

Porén, vexamos como, coa privatización do servizo se impón o beneficio industrial e se disparan os custes, xa sen falarmos da degradación das condicións laborais ou das condicións do servizo:

Síntese situación actual SAF e custo privatización

Ingresos

Gastos

Xestión pública

Empresa privada

(Samaín)

Usuarios

80.000

Gasto de persoal

600.000

909.892,84

Xunta

460.000

Empresas externas

130.000

Deputación

50.000

Fornecementos

10.000

TOTAL

750.000

Total

740.000

Diferenza xestión pública a privada

169.892,84‬€ ao ano (20,62€/hab.)

Custe por habitante SAF privatizado

110.44€/hab.

Ten lóxica esta decisión do Goberno de Manuel Varela? No medio da pandemía da COVID-19, cuns dados macroeconómicos que nos sitúan na pior crise sistémica, con especial incidencia no Estado español pola súa estrutura económica, e sen nengunha medida audaz no Orzamento 2020 para previrmos o terríbel cenario laboral, social e económico de 2021 ten sentido gastar máis de 160.000€ cada ano nunha privatización? Cantas medidas sociais ou de estímulo económico poderían facerse con eses cartos?

Eles desfalcan, ti pagas.

Este informe foi elaborado a 2 de agosto de 2020 pola Comisión política de Por Chantada-Candidatura de Unidade Popular, órgano dependente da Coordinadora do partido que fará anualmente un seguimento para valorar exactamente os custes da privatización. As fontes que se empregaron foron: Orzamento do Concello de Chantada 2020, Orzamento do Concello de Chantada 2019, Conta Xeral do Concello de Chantada 2019, Expediente 37/2020 (privatización SAF) e varios decretos da alcaldía.

Notas aclaratorias.

1Inclúe o material sanitario e de prevención, que comprende os medios de protección persoal de carácter preceptivo adecuados para o persoal auxiliar do SAF, cunha estimación de servizos segundo o persoal usuario.

2Estímase o custo dos uniformes do persoal, dado que segundo o PPT a empresa adxudicataria está obrigada a facilitar ás auxiliares do SAF uniformes anuais. Este custe realmente sería moito inferior de continuar coa exploración pública do servizo.

3Recóllese a estimación dos restantes gastos derivados do PPT non estimados nos gastos de persoal, como local de referencia, prevención de riscos laborais, asesoría laboral e fiscal e financeiros. No caso do local, sería un gasto que non se daría na exploración pública do servizo.

4A intervención municipal indica así que o expediente non foi debidamente fiscalizado pola mesma e sinala en todas as OF que se incumpre a LCSP, xa que non se pode tratar como un contrato menor o que, por duración e montante do contrato, se debería ter licitado para cumprir cos principios legais de publicidade, transparencia e concorrencia.

5Para alén do xa explicado, son facturas do 2019 pendentes de pago, cuxa imputación ao Orzamento prorrogado de 2019 en 2020 requiría un recoñecemento extraxudicial de crédito competencia do Pleno.

6Ao comezar o servizo privatizado en agosto-setembro é esperábel que desta partida teña que haber un remanente importante, que en todo caso fiscalizaremos na Conta xeral de 2020, que se fai en 2021. En todo caso, aínda hai facturas de Asanis Galicia pendentes de abonamento que terían que ir tamén con cargo a esa partida.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Información sobre as axudas ARI para a Ribeira Sacra.

 

Trátase do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural previsto no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plano estatal de vivenda 2018-2021 (doravante, Plano 2018-2021), no ámbito da área de rehabilitación integral (doravante, ARI) da Ribeira Sacra. DOG, nº130, de 2 de xullo de 2020.

1.- Prazo: até o 31 de decembro de 2021. Seguramente antes por mor do exiguo orzamento, xa que é concorrencia non competitiva até esgotar o crédito dispoñíbel).

2.- Contías das axudas.

Son axudas do IGVS (até 5.000€) mais do Estado (de 2 a 30.000€), que ten en conta os menores de 35 e os maiores de 65 anos e o IPREM. A contía máxima determinarase atendendo ao custo total da intervención.

2.1.- IGVS-ARI.

Até 4.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación, sen que a subvención poida exceder o 10 % do orzamento protexido de actuación da vivenda ou do edificio.

Até 1.000 euros se se adapta á Guía de cores e materiais aprobada pola Xunta de Galicia.

2.1.- Plano 2018-2021.

A contía máxima das axudas previstas non poderá exceder, de forma individualizada, 40 % do custo subvencionábel da actuación. No caso de actuacións en vivendas unifamiliares ou actuacións no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva, esta porcentaxe máxima poderá ser do 75 %, cando resulten acreditados ingresos na unidade de convivencia inferiores a tres veces o IPREM. Esta mesma porcentaxe aplicarase cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite na unidade de convivencia da persoa propietaria que existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.

  • Até 12.000 euros por cada vivenda que se rehabilite, sexa unifamiliar ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, para actuacións de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con redución da demanda enerxética.
  • Até 8.000 euros por cada vivenda que se rehabilite, sexa unifamiliar ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, para actuacións de conservación, de mellora na seguridade de utilización e de accesibilidade en vivendas.

No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva incrementaranse con 120 euros por cada metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos. Ademais, poderá incrementarse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros por cada metro cadrado de superficie construída de uso comercial ou outros usos nos edificios e vivendas declarados ben de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente.

Ademais, estas axudas unitarias incrementaranse nun 25 % cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes.

Ata 30.000 euros, por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida ou construída, nos casos de infravivenda e chabolismo.

Ata 2.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación e/ou por cada vivenda construída, para as actuacións de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano.

3.- Síntese de requisitos e actuacións subvencionábeis.

Serán subvencionábeis as actuacións realizadas en vivendas unifamiliares, en edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva ou nas vivendas situadas nestes edificios. No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva será necesario o acordo validamente adoptado da comunidade.

As actuacións deberán dispoñer de licenza municipal, así como dispoñer de todas as autorizacións sectoriais preceptivas.

As actuacións deberán axustarse ao proxecto de execución das obras, presentado coa solicitude de cualificación provisional ou, se é o caso, á memoria elaborada para a súa execución. A memoria deberá estar asinada por un/unha técnico/a competente, este/a será o/a profesional con capacidade técnica suficiente para redactar o orzamento, dirixir ou executar a obra.

As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de xaneiro do ano en que se presente a solicitude de cualificación provisional e non poderán en ningún caso estar finalizadas na data da presentación desa solicitude.

Todas as actuacións subvencionábeis incluirán tamén os honorarios das persoas profesionais que interveñan, o custo da redacción dos proxectos, das direccións técnicas ou facultativas, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e calquera outro gasto similar, derivado da actuación, sempre que estean debidamente xustificados. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos. Non poderá superar os custos medios do mercado.

4.- Procedemento.

Solicitar na área lucense do IGSV a cualificación provisional das actuacións de rehabilitación ou renovación e, de ser o caso, das obras de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano (código do procedemento VI408L). A cualificación provisional pode solicitarse en calquera momento anterior á finalización das obras. A persoa interesada deberá solicitar a cualificación definitiva no prazo máximo dun mes desde o remate das obras.

O prazo para ditar e notificar as resolucións sobre cualificación, provisional ou definitiva, será de dous meses, que se contarán desde a data da presentación da solicitude da cualificación provisional ou, se é o caso, definitiva. Transcorrido o dito prazo sen que se notifique a resolución expresa, esta entenderase denegada.

5.- Apresentación das solicitudes.

Mediante o anexo III (código de procedemento VI408L) e anexo IV (código do procedemento VI408M) da resolución para as cualificacións provisional e definitiva. As persoas físicas apresentarán as solicitudes preferibelmente por vía electrónica (https://sede.xunta.gal) e poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

FAQ #fase1: perguntas e respostas frecuentes sobre a Fase 1 do desconfinamento progresivo.

 

 

Perguntas e respostas frecuentes sobre a Fase 1 do desconfinamento progresivo.

A Fase 1 iníciase o 11 de maio e non ten unha data definida de finalización. En principio, o paso ás seguintes fases debe agardar, cando menos, 14 días, que é o tempo mínimo para valorar os efectos sanitarios da reapertura da actividade e da mobilidade. A Fase 2 podería atrasarse algo máis se se detectan rebrotes e contaxios excesivos e mesmo podería haber pasos atrás, regresando a normas de confinamento máis duras. #sentidiño

1.- Que medidas se lle exixen aos negocios que abren agora?

A desinfección del estabelecemento mínimo dúas veces ao día (unha ten que ser ao cabo da xornada). A distancia co cliente ten que ser dun metro cando existen biombos ou anteparos e dous en caso contrario. Os clientes non poden empregar o baño agás que sexa «estritamente necesario» e deben permanecer nos locais o tempo mínimo imprescindíbel para faceren a compra. Deben ter a disposición xeles hidroalcohólicos; desinfectar os probadores após cada uso, así como as pezas de roupa; e, nas zonas de autoservizo, os produtos débeos entregar un traballador «coa fin de evitar a manipulación directa por parte dos clientes».

2.- Terrazas e hostalaría.

2.1.- Que debo saber como cliente?

O aforo das mesmas fica reducido en 50% e o máximo por mesa ou agrupación de mesas será de dez persoas, mais non podería estar, por exemplo, unha parella con fillos porque os menores só poden saír á rúa coas persoas coas que conviven. En Chantada, ao non aplicarse a faixa de horarios, os restantes grupos poderían estar a calquera hora na terraza. Considéranse terrazas ao ar libre os espazos abertos e non cobertos, rodeados por un máximo de dúas paredes ou muros. Cómpre manter a distancia interpersoal entre os clientes.

2.1.- Que debo saber como hostaleiro?

Alén do anterior, os locais deberán dispor na entrada de xel hidroalcóholico ou desinfectantes con actividade virucida autorizado e rexistrado no Ministerio de Sanidade e na saída balde do lixo. Canto aos baños pode acceder unha persoa de cada vez, a non ser que sexa dependente e precise axuda, e deberanse desinfectar os aseos seis veces ao día como mínimo. As superficies e as mesas hai que desinfectalas entre un cliente e outro. Non se poden ter elementos de uso común como cartas, panos de mesa etc. Aínda que non está suficientemente aclarado entendemos que as crianzas non poderían acudir ás terrazas. Fomentarase o pago mediante cartón bancario. EPIs axeitados para os traballadores.

3.- Aplícanse faixas horarias en Chantada?

Ningunha parroquia de Chantada dispón de máis de 5.000 habitantes e, de feito, estas limitacións xa non se aplicaban para ir ao supermercado, á farmacia ou comprar o xornal. Coa nova interpretación normativa, en Chantada non hai faixas horarias para saídas, mais debe ser só unha vez ao día.

 

4.- Hai mudanzas para as crianzas?

As persoas até 13 anos poden saír do seu fogar até un máximo de tres xuntos sempre cando os acompañe un único aulto e apenas nun radio de 1 quilómetro.

 

5.- Podo visitar familiares?

Podemos visitar os nosos familiares e amigos se non son grupo de risco, maiores de 70 anos por exemplo, e sempre e cando nos encontremos dentro do ámbito provincial. Tamén se pode acudir a segundas residencias se se encontran na provincia. Os desprazamentos interprovinciais só se permiten por causas laborais ou atención de dependentes até, se non hai mudanzas, pasar a fase III (agás en Euskadi).

Permítense xuntanzas até 10 persoas, mantendo a distancia interpersoal e as outras medidas de seguranza, tanto en espazos públicos canto en espazos interiores privados. Fican excluídas as persoas con patoloxías previas e vulnerábeis.

6.- Como queda o desprazamento en vehículos?

As persoas que convivan habitualmente sen restricións e as que non dous viaxeiros por cada fila de asentos e con máscaras.

 

7.- Centros educativos e bibliotecas.

Abren apenas para a súa desinfección, acondicionamento e desenvolvemento de funcións administrativas. As bibliotecas si que poden abrir, o Concello de Chantada anunciou que de momento non o fará, para recoller e devolver libros ou ler en sala con limitación de aforo. Unha vez consultadas as obras depositaranse nun lugar apartado e separadas entre si durante, cando menos, 14 días.

8.- Actos culturais e turismo de natureza.

Limítase o aforo a un terzo e un máximo de 30 persoas nos espazos fechados e nos abertos o máximo elévase até as 200 persoas. O turismo activo e de natureza para grupos reducidos habilítase.

9.- Velorios.

En recintos fechados para cerimonias como velorios e pasamentos até 10 persoas sen contar o crego. En espazos abertos até 15. Canto á misa, o aforo do templo redúcese a 30% e gardando a distancia interpersoal debendo usar máscara. Unha persoa por cada fila de bancos e un asistente como máximo por metro cadrado. Non se pode usar auga bendita, ter coro ou tocar e bicar obxectos. Os bispos de varias dioceses emitiron recomendacións para que os maiores de 65 anos se absteñan de momento de acudir aos oficios.

10.- Ximnasio e actividades deportivas.

Permítense os deportes colectivos sempre e cando sexan ao ar libre e sen contacto, por exemplo o tenis ou o golf. No tocante aos ximnasios, poden habilitarse con cita previa para actividades individuais, sempre que non impliquen contacto e sen uso de vestiarios. As instalacións ao ar libre teñen o aforo limitado a 30% e usaranse por quendas após cita previa.

Fican prohibidas por en canto a pesca e a caza deportivas, coa salvidade da recomendación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que, desde o 14 de abril, permite que a Xunta poda regular actividade cinexética para o control do xabaril por mor dos «problemas causados pola súa proliferación nas exploracións agrarias». A partir da Fase II permítese a caza deportiva «unha actividade imporante para o medio rural, xa que xera máis de 186.000 empregos (…) e un valor de case 6.500 millóns de euros anuais».

 

11.- Autoconsumo e mercados ao ar libre.

Como na fase 0, permítese o cultivo de forma individual dentro do termo municipal ou nun limítrofe. Medio Rural demanda unha declaración responsábel e o BOE non, polo que sería facultativa. Recomendámola para evitar problemas. Tendes un modelo aquí:

http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=1642&fbclid=IwAR2ZqsBVH78_5NP0TAErXV5bhRyRbibfHS6oatZ3wmNL1T65QNia2Azi7Wo

Canto aos mercados de alimentación e proximidade, poden reanudarse se o permite a Xunta e o Concello coas debidas condicións. Só poderán instalarse 25% dos postos habituais ou aumentar a superficie dispoñíbel para manter a distancia de seguranza entre postos e entre viandantes.

 

12.- Animais domésticos (cans na vila).

Segue vixente a saída de cans en paseos curtos para cobrir as súas necesidades fisiolóxicas, sen contacto con outros animais e persoas e priorizando so horarios de menor afluencia. Sempre que se realice así, poden pasear co can dúas persoas que convivan.

13.- Taxis.

É obrigatorio o uso da máscara ao ser un transporte público.

 

 

 

Fontes

Resumo das axudas supramunicipais ás que vos podedes acolller [COVID-19]

Na nosa vontade de achegar ideas e información útil e de continuarmos o noso labor, agora toca desde a casa, deixámosvos un resumo 𝗱𝗲 𝗮𝘅𝘂𝗱𝗮𝘀 𝘀𝘂𝗽𝗿𝗮𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗶𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗶𝗿 𝗮𝗰𝘁𝘂𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗻𝗱𝗼. Trátase de informar de medidas ás que vos podedes acoller. Toda a información foi sacada dos Reais Decretos, do DOG e, en definitiva, de fontes contrastadas. Xa que non podemos caer nos titulares que poñen moitos xornais e paxinas webs, que tratan de confundir e dividir ou transmiten informacións que non se corresponden co contido real dos documentos lexislativos. Nestes días tan complexos para todas e todos é tempo de arremangarse a arrimarmos o ombreiro, cadaquén co que poida. A comisión política de Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular quere agradecer a colaboración das entidades integrantes da plataforma Por un Interior Galego Vivo (IGV) para elaborar este documento, nomeadamente aos compañeiros de Courel Vivo.

Grazas de corazón a todas e todos os que estades contribuíndo, na primeira liña ou ficando na casa, que hoxe fique un día menos ca onte!

 

Última actualización: 12/06/2020.

 

Índice de contidos:

1.- Ingreso Mínimo Vital (IMV).

2.- Apoio de suprimentos básicos e aprazamentos de luz.

3.- Moratoria de hipotecas para xente que estexa desempregada ou reducise os ingresos.

4.- Axuda  a autonomos, por cesamento de actividade por Coronavirus.

5.- Adiamento de Impostos por Coronavirus para autónomos.

6.- Moratoria da Cota de Autónomos por Coronavirus.

7.- Creditos para autónomos no sector turístico ou hosteleiro polo Coronavirus.

8.- Préstamos IGAPE E ICO con motivo da COVID 19

9.- Bono social eléctrico para autónomos pola crise da COVID-19.

10.- Reparto de mascarillas FFP2 co obxecto da súa posterior distribución no ámbito do sector do transporte (listaxe da provincia de Lugo)

11.- Listado de hoteis a disposición de sanitarios.

12.- Adiamento e axudas ao alugeiro.

13.- Emprego agrario e deducións IRPF para o sector agrario (módulos).

14.- Adinato ERTEs da Xunta da Galiza.

15.- Subsidio extraordinario para persoas empregadas no fogar polo cese ou redución de actividade.

16.- Anteparos para taxis.

17.- Axudas para proprietarias e proprietarios de abellas.

18.- Plano de dixitalización para empresas (páxinas web, posicionamento, mercadotecnia…).

19.- Conciliación da vida laboral e familiar.

20.- Antecipo PAC e axudas comisión de apertura.

 

1.- Ingreso mínimo vital (IMV).

2.- Apoio de suprimentos básicos e aprazamentos de luz.

Ninguén sen luz nen auga: un mes sen cortes de servizos de enerxía eléctrica, Internet, telefone, nen auga para as familias máis vulnerábeis. Implementaron un mes de moratoria para evitar a interrupción da subministración de servizos ás familias máis vulnerábeis. Durante ese mes os subministradores de enerxía, gas natural e auga non poderán suspender a subministración a aqueles consumidores vulnerábeis ou en risco de exclusión social. Quedarse  sen traballo ou ingresar menos pola crise, durante o estado de alarma, ningunha compañía poderá cortarche as subministracións.

Segundo o RDL 11/2020 di no Art. 44. Suspensión de facturas de electricidade, gas natural e produtos derivados do petróleo:

Excepcionalmente e mentres estea en vigor o estado de alarma, os puntos de subministración de enerxía eléctrica, gas natural, gases manufacturados, titularidade de autónomos e PEMES, poderán solicitar, por medios que non supoñan desprazamento físico, ao seu comercializador ou, no seu caso, ao seu distribuidor, a suspensión do pago das facturas que correspondan a períodos de facturación que conteñan días integrados no estado de alarma.
Unha vez finalizado devandito estado de alarma, as cantidades debidas regularizaranse a partes iguais nas facturas emitidas polas comercializadoras de electricidade e gas natural e as distribuidoras de gases manufacturados e gases licuados do petróleo por canalización, correspondentes aos períodos de facturación nos que se integren o seguintes seis meses.

O novo paquete de medidas trata de garantir as subministracións básicas a máis fogares. Así, amplíase o colectivo de potenciais perceptores do bono social eléctrico, como os autónomos que cesen a súa actividade ou vexan reducidos os seus ingresos en máis dun 75%. Ademais, nun contexto no que, por unha maior permanencia no fogar derivada das medidas de contención e polo desenvolvemento no mesmo de actividades profesionais que, normalmente, se realizan fóra da vivenda habitual, estabelécense medidas para garantir a continuidade das subministracións enerxéticas e de auga no fogar, prohibíndose a súa suspensión por motivos distintos á seguridade da subministración. Ademais, o período durante o que estexa en vigor o estado de alarma non computará a efectos dos prazos dos procedementos de suspensión da subministración iniciados con anterioridade.

3.- Moratoria de hipotecas para xente que estexa desempregada ou reducise os ingresos.

Calquera persoa que se atope nunha situación de vulnerabilidade, calquera cidadán que debido á crise do coronavirus se vexa en situación de non poder pagar a súa hipoteca, terá este direito asegurado. Así pois, ponse en marcha unha moratoria do pago durante a cal a entidade acredora non poderá esixir o pago da cota hipotecaria nin de ningún dos conceptos que a integran (amortización de capital, pago de xuros, etc.), sen incrementar a débeda con máis xuros e recargas.

Cando será posíbel solicitar a moratoria das hipotecas?
Desde o momento en que o debedor pase a atoparse nos supostos de vulnerabilidade económica até 15 días despois da vixencia do Real Decreto Lei, que é dun mes prorrogábel segundo as circunstancias. Para pór en marcha o proceso deberá presentar unha solicitude á entidade financeira que concedese o préstamo, acompañándoa cos documentos que acreditan a súa situación de vulnerabilidade.Supostos de vulnerabilidade:

  1. Que o debedor hipotecario pase a estar en situación de desemprego ou, en caso de ser empresario ou profesional, sufra unha perda substancial dos seus ingresos ou unha caída substancial das súas vendas.
  2.  Que o conxunto dos ingresos dos membros da unidade familiar non supere, con carácter xeral, o límite de tres veces o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples), con incrementos por fillos a cargo ou familiares con discapacidade ou en situación de dependencia.
  3.  Que a cota hipotecaria máis os gastos e subministracións básicas resulte superior a 35 % dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar.
  4.  Que, a consecuencia da emerxencia sanitaria, a unidade familiar sufrira unha alteración significativa das súas circunstancias económicas.

Entenderase que se produciu unha alteración significativa das circunstancias económicas cando o esforzo que represente a carga hipotecaria sobre a renda familiar se multiplicou por polo menos 1,3. E que se produciu unha caída substancial das vendas cando esta caída sexa polo menos de 40%. 

4.- Axuda  a autonomos, por cesamento de actividade por Coronavirus.

Esta medida foi aprobada co Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo e será aplicábel a todos os autónomos que teñan perdas severas polo Coronavirus . Decreta que polo cesamento de actividade quedarán  exentos de pagar as súas cotas á Seguridade Social durante un mes prorrogábel até o último día do mes en que finalice devandito estado de alarma. Tamén se decreta unha axuda para estes autónomos, que se calculará con 70 % da base reguladora ou con 70 % da base mínima de cotización cando non se dispoña do tempo mínimo cotizado para optar a ela. Os beneficiarios serán os afectados cuxa actividade sexa suspensa debido ao anuncio do estado de alarma ou cuxa facturación se reducise polo menos en 75% en relación coa facturación media do período anterior de seis meses.  En caso de que se alargue, esta sería a duración da prestación.
desempleo autonomos coronavirus

5.- Adiamento de Impostos por Coronavirus para autónomos.

Coa aprobación do Real Decreto  Lei 7/2020, os impostos que un autónomo pode pospor até os 6 meses á hora de realizar o pago son tanto o IVE (Modelo 303) como o IRPF (tanto en estimación directa co Modelo 130 como en estimación obxectiva coModelo 131) para contribuír á súa liquidez nestes momentos. Debemos ter en conta que é unha moratoria e non unha exención co que, tarde ou cedo, teremos que pagalos. Tendes máis dados na páxina da Axencia Tributaria de como proceder con este trámite.
O adiamento destas cotas para os autónomos polo Coronavirus está suxeito aos seguintes puntos:
  1. A data de aplicación desta medida vai desde a aprobación do decreto ata o 30 de maio de 2020.
  2. Poderanse aprazar os pagos como máximo 6 meses.
  3. Durante os 3 primeiros meses de demora non haberá xuros de ningún tipo.
  4. O máximo permitido nesta débeda co Estado é de 30.000 euros.
  5. Só se poderán acoller as empresas con volume de facturación non superior a 6.010.121,04 euros no ano 2019.
Tamén se poderan aprazar as debedes con Facenda. Mira como facelo neste enlace.

6.- Moratoria da Cota de Autónomos por Coronavirus.

Esta medida foi moi demandada por todo o colectivo e, por fin a día 31 de marzo, decretouse unha moratoria sen xuros para todo o colectivo. Poderán solicitala até o 30 de xuño de 2020, aquelas cuxo prazo regulamentario de ingreso teña lugar entre os meses de abril, maio e xuño de 2020. Só será aplicada a todos os autónomos que non se acolleron á axuda por cesamento de actividade, xa que nesta contémplase que os pagos á Seguridade Social están suspensos. As solicitudes de moratoria deberán comunicarse á TGSS dentro dos 10 primeiros días naturais dos prazos regulamentarios de ingreso. Amais, poderase solicitar unha moratoria sen xuros no pago da cota do mes de marzo ou dos días traballados. Devolveríase de oficio a cotización desde o 14 de marzo, día no que se decretou o Estado de Alarma.
Coa aplicación GOHU (baixar nos dispostivos móbiles desde Google Play Store e Apple Store) tendes acceso á información da Xunta para empresas e autónomos. A Resolución do 31 de marzo (DOG nº 64) permite solicitar préstamos para pago de salarios, facturas, alugueiro e impostos. Entre 3000 e 200.000€ por beneficiario con 1.5% de xuro amortizábeis até 4 anos e cun ano de carencia. Máis información accedendo á Oficina do autónomo.

7.- Creditos para autónomos no sector turístico ou hosteleiro polo Coronavirus.

O estado decretou axudas mediante créditos ICO, tanto para empresas como para autónomos, sempre que a súa actividade estexa encadrada dentro do sector turístico. Desta forma calquera autónomo que a súa actividade teña relación co turismo, a hostalaría ou o transporte poderá optar a esta axuda.
Os destinatarios non poderán estar en ningún rexistro de morosidade nin insolvencia.
  • Non poderá usar este crédito para refinanciar outros pasados ou futuros.
  • O importe máximo por autónomo e ano é de 500.000 euros.
  • O financiamento formalizarase baixo a modalidade de préstamo coas entidades acreditadas (BBVA, Santader e Cajamar).
  • Prazo de amortización de 4 anos cun máximo de 1 ano de carencia.
  • Taxa de Interese Fixo até un máximo do 1,5% (incluídas comisións).
  • Cos créditos ICO que se pon a disposición dos autónomos quérese axudar a que estes conten con máis liquidez, para poder paliar a falta de traballo nestes momentos de crises ou cumprir coas súas obrigacións económicas.

 

8.- Préstamos IGAPE e ICO con motivo da COVID 19.
Nos dous (ICO e IGAPE) están limitadas as contías máximas: 25% do volume de negocio de 2019 ou o duplo dos custes salariais de 2019. Ao seren os xuros moi baixos cómpre ver que é o que interesa máis, xa que no ICO non se subvencionan os xuros, mais si o aval. Cada un ten que ver cal se axusta mellor ás súas necesidades. No caso do ICO o banco xere todos os trámites (hai máis papeleo ca nun préstamo normal). No caso do IGAPE hai que solicitalo a este organismo (non o fai o banco, que só presta en calquera caso os cartos). Os bancos non poden aproveitar para vender seguros ou outros produtos financeiros.
  • No caso do ICO

• avalan 80% do principal (ese aval non ten custe);
• o préstamo ten un tipo de xuro que varía en función do perfil de risco da persoa e/ou empresa solicitante e de se é fixo ou variábel: entre 1,5% a  4%;
• un máximo de 5 anos e máximo 1 ano inicial de carencia (páganse os xuros e non se devolve nada do principal);
• é para as necesidades de liquidez inmediata: pagos aos que haxa que facer fronte entre os próximos 3 – 6 meses;
• é para atender as necesidades de financiamento de: pagos de salarios, facturas provedores, alugueiros, subministros, circulante, pagos a facenda e xuros;
• non pode dedicarse a cancelación de débedas preexistentes;
• o abono e os pagos fanse desde unha conta aparte. O ICO pode reclamar a xustificación de que o destino do préstamos foi realmente para o que se pediu;
• a tramitación faina toda a entidade bancaria;
• pode solicitarse para préstamos tramitados entre o 18 de marzo e o 30 de setembro.

 

  • No caso do IGAPE.

• Avala o 100% a SGR (sociedade de Garantía Recíproca: AFIGAL E SOGARPO). A SGR pode cobrar ate o 0,50% en concepto de comisión do aval e o 4% en concepto de achega ao capital social da SGR (pódese solicitar o reembolso unha vez remate a súa relación coa SGR). Estes dous importes poden formar parte do préstamo avalado.
• Reavala o IGAPE 25% do risco.
• O tipo de xuro é de 1,5%, que será subvencionado polo IGAPE e pagarase dunha soa vez.
• Un máximo de 4 anos e máximo de 1 de carencia.
• Un 35% mínimo do préstamo ten que dedicarse a pagar a: provedores, aprovisionamentos, prestación de servizos, alugueiros, nóminas, seguros sociais, gastos financeiros, impostos, seguros.
• Un máximo do 65% pode ser aplicado a cancelación de débedas bancarias e outros conceptos
• A tramitación é electrónica a través da páxina do IGAPE e preséntase con certificado dixital (vid. infra).
• Unha vez rexistrada a solicitude, o IGAPE remitiralla é entidade de crédito e á SGR. En calquera caso, é mellor ir polo banco.
• Prazo: até o 30 de setembro.

Para a tramitación do IGAPE, as instrucións están aquí: (é preciso certificado dixital)

http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/pdf/4095/raw

Hai que enviar a seguinte documentación ao IGAPE: (a entidade bancaria pedirá outra):

  • Persoas xurídicas: escritura de constitución e dos estatutos , poder do representante que presenta a solicitude, contas anuais depositadas.
  • Persoas físicas e comunidades de bens: copias da declaracións do IVE, resumo do IVE exercicio anterior. Para as comunidades de bens: Anexo III da orde de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.
  • Para a xustificación: 15 días hábiles seguintes ao da última utilización do préstamo para as finalidades previstas.

Se o importe é de menos de 30.000 euros pode chegar coa conta xustificativa simplificada do artigo 51 do Decreto 11/2009 ou poden pedir tamén, como as de máis de 30.000, a seguinte documentación dixitalizada:

1. Extracto da conta bancaria na que se abonou o préstamo
2. Facturas que se pagaron co préstamos
3. Nóminas, retencións e Seguridade Social que se pagaron co préstamo
4. Xustificantes bancarios de todos os gastos pagados co préstamo.

 

9.- Bono social eléctrico para autónomos pola crise da COVID-19

Esta é unha medida extraordinaria aprobada polo goberno para todos aqueles autónomos que cesasen a súa actividade pola crise ou ben visen reducida a súa facturación nun 75%. Débese achegar toda a información acreditada pola Axencia Tributaria á eléctrica, así como os dados persoais e familiares da vivenda. O desconto roldará 25%, mais pode ser maior se a autónomo conta con discapacitados na súa familia, membro dependente ou se é familia numerosa.
Documentación a achegar:
  • Copia do DNI ou *NIF
  • Certificado de empadroamento
  • O libro de familia
  • Certificado expedido pola Axencia Tributaria de cesamento

Se a empresa enerxética detecta algún problema na solicitude dispón de 5 días para comunicarllo ao afectado para que emende o erro ou achegue a información necesaria. Empezarase a contar este desconto no ciclo onde fose achegada toda a documentación e a empresa a aceitase como válida.

Para solicitalo hai que rechear o ANEXO lV que podes ver aquí
​​​​

10.- Reparto de mascarillas FFP2 co obxecto da súa posterior distribución no ámbito do sector do transporte (listaxe da provincia de Lugo)

Na  Orde TMA/263/2020, di:  “Artigo 2. Destinatarios finais da devandita adquisición”: as máscaras serán adquiridas para a súa posterior distribución ao persoal que presta os seus servizos no sector do transporte en áreas de risco, segundo os criterios indicados con carácter xeral polo Ministerio de Sanidade, distribuíndose aos traballadores relacionados co servizo de transporte público de competencia estatal, autonómica e local, así como aos traballadores do ámbito privado relacionados co transporte de viaxeiros e de mercadorías en todo o territorio nacional. Sae a listaxe  dos transportistas que teñen direito a elas , preme aquí.

 

11.- Listado de hoteis a disposición de sanitarios.

Os sanitarios, forzas de seguranza e outros profesionais cuxo labor é fundamental no estado de alarme e que teñan problemas á hora de estar en corentena, por exemplo familias cun só cuarto de baño na casa, poden pernoctar nos seguintes hoteis.

 

12.- Adiamento das rendas e axudas de alugueiro.

No site de FACUA (https://www.facua.org/alquilerescovid) tendes un simulador para acceder aos adiamentos, quitas e axudas no alugueiro de vivenda. A ferramenta solicita aos consumidores información sobre a súa situación económica e verifica se cumpren os dous supostos de vulnerabilidade económica estabelecidos na normativa que regula ambas moratorias. No caso de que cumpran os requerimentos, poden solicitar ao arrendador o aprazamento temporal no pago da renda se é unha empresa ou unha entidade pública e tamén se se trata dun particular propietario de máis de dez inmóbeis urbanos (excluíndo as garaxes e trasteiros) ou dunha superficie construída de máis de 1.500 m². Con todo, o RD non indica como o arrendador pode ter acceso a esta información… De non aceitar a solicitude, no prazo de sete días laborábeis, terá que oferecer ao inquilino como alternativas a recución de 50% da renda ou unha moratoria no seu pago durante até catro meses. Se o arrendador é un particular proprietario de máis de dez vivendas (ou dun número de vivendas que somen máis de 1.500 m²), o inquilino que cumpra conxuntamente os supostos de vulnerabilidade económica terá direito a solicitar unha axuda pública de até 900 euros ao mes e de até 100% da renda arrendaticia mediante un préstamo ICO até un máximo de 6 meses (“Programa de axudas transitorias”, art. 9 RDL 11/2020).

Se non aceita a petición, no prazo de sete días laborábeis terá que oferecer ao inquilino como alternativas a redución de 50% da renda ou unha moratoria no seu pago de até catro meses. No DOG nº 77 de 22 de abril de 2020 publícase a Orde do 17 de abril de 2020 pola que se modifica a Orde do 2 de agosto de 2019 pola que se estabelecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plano estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual.

 

 

13.- Emprego agrario e deducións IRPF para o sector agrario (módulos).

O Real Decreto-lei 13/2020, de 7 de abril, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes en materia de emprego agrario (BOE 08/04/2020, nº 98) ten por obxecto favorecer a contratación temporal de traballadores no sector agrario mediante o estabelecemento de medidas extraordinarias de “flexibilización” do emprego, de carácter social e laboral durante a vixencia do estado de alarme, sendo aplicábel até 30/06/2020. Os contratos laborais atinxidos serán todos aqueles de carácter temporal para desenvolver actividades en réxime alleo e dependencia en exploracións agrarias comprendidas en calquera dos códigos de CNAE proprios da actividade agraria.

Por outro lado, a Orde HAC/329/2020, de 6 de abril, pola que se reducen para o período impositivo 2019 os índices de rendemento neto aplicçaneis no método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas para as actividades agrícolas e gandeiras afectadas por diversas circunstancias excepcionais, suporá que se pagará menos na declaración da renda de 2019, dado que o Goberno publicou no BOE unha rebaixa dos módulos do IRPF no agro para aqueles profesionais que tributen no que popularmente se coñecen como “módulos” (1.000.000 de declarantes no sector). Inclúese o vacún de leite, a gandeiría extensiva de carne e a apicultura. A medida busca paliar crises de mercado e os efeitos das inclemencias metereolóxicas en diferentes territorios.

 

14.- Adianto ERTEs Xunta da Galiza.

 

 

15.- Subsidio extraordinario para persoas empregadas no fogar.

 

Segundo o Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19 as persoas que estexan rexistradas como traballadoras do fogar antes da entrada en vigor do estado de alarma, que deixaron de prestar servizos nunha ou varias moradas, total ou parcialmente, terán direito a esta nova prestación, para reducir o risco de transmisión debido á crise sanitaria Covid-19. Tamén as persoas traballadoras do fogar que foron sometidas a despedimento ou finalización de contrato durante a crise sanitaria.
Para solicitar o subsídio será necesario acreditar a perda total ou parcial da actividade cunha declaración responsábel asinada pola persoa empregadora, a carta de despedimento, a comunicación de despedimento ou a retirada do Sistema especial de empregados domésticos do Réxime Xeral de Seguridade Social.
As empregadas do fogar terán dereito a un subsidio equivalente ao 70% da súa base reguladora no caso de que a perda de actividade sexa total. Se a empregada reduce a súa xornada laboral, percibirá a parte proporcional correspondente a esa redución de xornada. O novo subsídio é compatíbel con outros ingresos por conta propia ou por conta allea, sempre que non superen, en xeral, o SMI. No entanto, será incompatíbel co subsídio por incapacidade temporal ou co cobro do Permiso Retribuído Recuperábel. Este subsídio extraordinario por falta de actividade percibirase por períodos mensuais desde a data do nacemento do direito.

A disposición transitoria terceira estabelece que o Servizo Público de Emprego do Estado fixará no prazo dun mes, a partir da entrada en vigor deste Real decreto lei, o procedemento para a tramitación das solicitudes, que determinará as formas e o sistema de tramitación (presencial ou telemática) e os prazos de presentación.

16.- Anteparos para taxis.

Regúlanse este tipo de axudas (300.000€) para a adquisición e instalación de anteparos mediante orde do 2 de xuño publicada no DOG nº113 de 11 de xuño (consultar aquí).

Poderán ser obxecto de subvención os anteparos adquiridos e instalados entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de xullo de 2020 como un elemento de protección fronte á COVID-19, debendo consistir nun elemento non permanente e que resulte doado desmontar, de carácter transparente, e que permitirá separar a fila de prazas dianteiras, en que se sitúa a persoa condutora, do resto de filas de asentos do vehículo.

A contía que se subvencionará será a correspondente ao importe, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), que conste na factura presentada pola persoa titular da licenza xunto coa solicitude e cun importe máximo de setenta e cinco (75) euros por anteparo e vehículo.

 

17.- Axudas para proprietarias e proprietarios de abellas.

Prazo: até o 28 de xuño.

Reguladas mediante Orde do 20 de maio de 2020 pola que se estabelece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (consultar aquí o DOG).

 

18.- Plano de dixitalización para empresas (páxinas web, posicionamento, mercadotecnia…).

Prazo: até o 2 de xullo.

Reguladas mediante Resolución conxunta do 18 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (consultar aquí o DOG).

 

19.- Conciliación da vida laboral e familiar.

Prazo: até 12 de xullo.

Reguladas estas axudas mediante Resolución do 5 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se estabelecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (consultar DOG aquí). Finánciase nun 80% polo FSE.

Destinadas a proxenitores que, entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020 (período máximo subvencionábel de 8 meses), ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo (mínimo 12,5 % da xornada ou porcentaxe equivalente para o caso de que a xornada sexa a tempo parcial) para o coidado de fillos e fillas menores de 3 anos (ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %). Os ingresos da unidade familiar non poderán ser superiores a 7 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2019.

 

20.- Antecipo PAC e axudas comisión de apertura.

Prazo: até 30 de xullo.

 

 

 

Para calquera outra cuestión podes contactarnos. Saúde!

 

Comisión Política de Por Chantada-CUP.

Rendición de contas das actuacións de Por Chantada durante a crise do COVID-19 [última actualización 07/06/2020]

 

 

 

Na presente entrada da nosa bitácora iremos rendendo contas das principais actuacións desenvolvidas desde o noso grupo municipal en relación coa crise sanitaria derivada do COVID-19. Neste sentido, a nosa actuación caracterízase por brindar a nosa total disposición a colaborar co Goberno municipal para a mellor resolución da crise mediante a achega de propostas.

  1. Propostas de Interior Galego Vivo ante a crise do coronavirus (13/03/2020).
  2. Interior Galego Vivo: FAQ Ninguén é unha illa. Preguntas e respostas para o mundo rural perante a crise do coronavirus (15/03/2020).
  3. Propostas de Por Chantada-CUP para actuación desde o Goberno municipal perante a emerxencia sanitaria derivada do COVID-19. (21/03/2020)
  4. Proposta de protocolo para o SAF no Concello de Chantada a aplicar durante a crise do COVID-19. (22/03/2020)
  5. Documento achegas Por Chantada comisión seguimento 24 de marzo de 2020 (24 de marzo de 2020)
  6. Proposta de protocolo para a limpeza viaria no Concello de Chantada a aplicar durante a crise do COVID-19 (27/03/2020)
  7.  “Estamos mellor no rural na crise do coronavirus?“, artigo en Nós Diario de Paula Verao (Agroma Sober) e Antom Fente (Por Chantada) sobre a crise e a situación no rural (30/03/2020).
  8. Parte diario da situación sanitaria en Chantada a partir do 1 de abril de 2020 nas nosas RRSS e até que o Concello de Chantada dea conta da mesma nas canles oficiais, así como información variada de utilidade á cidadanía.
  9. Comunicado de imprensa sobre a residencia de Chantada (02/04/2020, publicado o día 4).
  10. Resumo das axudas supramunicipais ás que vos podedes acolller [COVID-19] (07/04/2020).
  11. Proposta de protocolo para reparto de máscaras no Concello de Chantada a aplicar durante a crise do COVID-19 (18/04/2020).
  12. Consideracións ante a emerxencia sanitaria e a crise social e económica pola COVID19 da plataforma Por un Interior Galego Vivo (IGV) (19/04/2020).
  13. Decálogo de propostas urxentes perante a evolución da crise da COVID-19 e o novo cenario de confinamento. (22/04/2020).
  14. Propostas derivadas da Comisión de seguimento da crise da COVID-19 do día 24 de abril. (25/04/2020)
  15. FAQ #fase1: perguntas e respostas frecuentes sobre a Fase 1 do desconfinamento progresivo. (09/05/2020).
  16. Por Chantada denuncia a privatización do SAF en plena pandemía (2/06/2020).
  17. Solicitude de Por Chantada-CUP en relación co PACES (07/06/2020).

Estamos tamén en permanente contacto coas candidaturas e entidades da plataforma Por un Interior Galego Vivo para partillarmos propostas e informacións.

 

Consideramos tamén interesante a seguinte información, que sintetiza cuestións, do ámbito sanitario (consulta máis información básica para a cidadanía aquí: https://porchantada.wordpress.com/2020/04/11/blindar-o-rural-covid-19-recomendacions/):

 

 

 

 

 

 

Queremos, por último, reiterar os chamamentos á calma e a importancia de guiarnos por informacións contrastadas e facer caso das disposicións das autoridades sanitarias. Para calquera cuestión que nos queirades facer chegar podedes contactarnos ben através do formulario de contacto da nosa bitácora ou ben nas redes sociais.

 

#ficanacasa #apoiomutuo #solidariedade

Propostas de mellora de Por Chantada-CUP ao anteproxecto de decreto polo que se crea a Comisión Interdepartamental da Ribeira Sacra.

 

No día de onte (11/02/2020) rexistramos as nosas Propostas de mellora de Por Chantada-CUP ao anteproxecto de decreto polo que se crea a Comisión Intedepartamental da Ribeira Sacra. O documento foi elaborado desde o Grupo de traballo para o Rural de Por Chantada, dependente da Comisión política.

Este novo ente, impulsado pola Xunta, visa, en teoría coordinar as políticas das diferentes administracións que se apliquen na Ribeira Sacra que, para o efecto se constitúe por concellos que ocupan máis de 10% da superficie da Galiza. Fronte ao BIC Ribeira Sacra, á declaración de Reservade Biosfera e á candidatura de Patrimonio da Humanidade preténdese harmonizar e elevar informes e demandas por parte das AA.PP.  Podemos sintetizar o documento das nosas achegas nos seguintes piares básicos que demandamos: pular por unha participación real da sociedade civil dos territorios implicados fronte ao actual modelo vertical, que exclúe e desouve sistematicamente aos “indíxenas”, polo que dificilmente a comisión pode atinxir os alvos fixados; e mellorar a eficiencia, a transparencia e o funcionamento democrático da Comisión.

 

Documentación (PDF):

Alegacións Por Chantada-CUP ao decreto de criación da Comisión interdepartamental da Ribeira Sacra

CT-decreto-comision-RibeiraSacra-gal

 

#ConstruírFuturo #PorUnInteriorGalegoVivo

Suxestións de mellora de Por Chantada ao proxecto de Decreto de turismo activo da Galiza.

Desde a Comisión política de Por Chantada-CUP elaboramos, a partir dun proceso aberto á participación, un documento con propostas de mellora ao Proxecto de Decreto de turismo activo da Galiza.  Na nosa proposta recollemos a totalidade das contribucións recebidas desde o pasado 5 de outubro.

Anexamos o documento orixinal e as nosas propostas de mellora:
#defenderAmaioría #ConstruírFuturo #UnidadePopularEnMarcha

Suxestións de mellora de Por Chantada ao proxecto de orde para regular horarios de abertura e feche dos estabelecementos na Galiza.

Ao rematar o prazo inminentemente, e após abrir un proceso de participación, desde a Comisión Política de Por Chantada elaboramos un documento con propostas de mellora ao Proxecto de orde pola que se determina o horario xeral de abertura e feche dos estabelecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas na Comunidade Autónoma da Galiza. Dita orde, desenvolve algúns aspectos da Lei 1072017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas da Galiza. Entón, afecta ao horario de abertura e feche de todos os estabelecementos e regula os procedementos exepcionais para ampliación de horarios (competencia municipal).

Na nosa proposta recollemos a totalidade das contribucións recebidas desde o pasado 5 de setembro. Facemos especial fincapé na nosa demanda de que os estabelecementos de apostas fechen ás 00:00 horas e que se contribúa a que os concellos podan exercer as súas proprias competencias.

Anexamos o documento orixinal e as nosas propostas de mellora: