1.- Comparativa de como estaba o concello no ano 2007, após a derrota de Lorenzo Varela e o PP, e no ano 2011, cando INTA gaña as eleccións.
No Anexo I vese que o concello tiña unha débeda de 6.927.365€ após 11 anos de goberno ininterrompido do PP (1996-2007).
As facturas pendentes de pago ascendía a 3,4 millóns de euros.
A débeda que Chantada tiña coa Deputación de Lugo ascendía a 1,4 millóns de euros, ao non pagarse o IAE de Belesar. Ao cobrar o canon esta débeda subsumiuse, ao aprobarse que fose descontada do total a cobrar polo canon.
Ao remate da lexislatura de goberno PSOE-BNG a débeda do concello asendía a pouco máis de 4 millóns de euros, polo que esta se reduciu en cáseque 3 millóns de euros en 4 anos.
No ano 2012 o concello adopta a decisión de realizar un plano de axuste para pagar a provedores. Neste plano, aprobado por unanimidade, decídese que o Concello pida un crédito por valor de 2.575.468€ [Anexo II], podendo verse na acta que se anexa as facturas que se aproban e que entran para ser pagas (en amarelo as do goberno PSOE-BNG, posteriores a setembro de 2011, e as anteriores do goberno do PP en azul xunto ás posteriores do goberno de INTA, ou sexa anteriores ao 2007 ou posteriores a setembro de 2011) [Anexo III]. A unanimidade no voto quere dicir que todos os partidos aceptaban a validez destas facturas e a necesidade do plano de axuste.
Débeda do concello a xullo de 2011: 4,1 millóns de euros (frente aos case 7 que deixou en 2007).
Facturas sen pagar do goberno PSOE-BNG: 1,6 millóns de euros (non 3,4 millóns como asegurou Manuel Lorenzo Varela). Desta cantidade, varias facturas foron rexistradas cando el xa volvía ser alcalde, polo que o anterior goberno non podía pagalas en ningún caso.
Os restantes 938.596€ que se piden no crédito corresponden a facturas do propio Varela, anteriores a 2007 e posteriores a 2011.
A isto hai que engadir o plano de axuste de 2009, desenvolvido por PSOE-BNG, por valor de 606.000€ con moitas facturas anteriores a 2007, onde só 300.000€ eran débeda cun único construtor e 160.000€ ao avogado que levou o tema do canon (en vermello no Anexo III).
No Plano de Axuste de 2009 intervención aseguraba que non había recursos propios para afrontar máis inversións reais. O concello tiña moitas factuas pendentes de pago e sen recoñecer (os gastos non figuraban en ningunha partida das contas do 2007), gastos autorizados á marxe do orzamento, etc.
Segundo intervención novamente, tamén naquela altura, o concello non tiña capacidade para normalizar as contas e non se podía recorrer ao crédito bancario, porque a lexislación impedíallo aos concellos con “aforro neto negativo”, curioso neoloxismo para a lousa da débeda, sendo entón o de Chantada de -586.474€, ao que que había que sumar os pagos pendentes e os cáseque 7 millóns de euros de débeda pública.
Peor xestión imposíbel, que se agrava con algúns outros exemplos recollidos nos Anexos IV, V, VI e VIII.
ANEXO I: Situación económica lexislatura 2007-2011
ANEXO II: Plano de axuste ano 2012. Préstamo: 2.575.468
ANEXO III: ACTA DA SESION EXTRAORDINARIA URXENTE DO PLENO DA CORPORACION DE 14 DE MARZO DE 2012: acta 14 de marzo 2012. Plan de axuste.
ANEXO IV: exemplo de facturas pendentes, neste caso correspondentes á VII Festa Homenaxe aos Xubilados (déficit de 17.064,31€)
ANEXO V: exemplo de sobrecustes nos servizos sociais
Custe do Centro de Día antes de 2007: 130.200€ por ano
Custe do Centro de Día após 2007: 25.651,80€
Débeda sen pagar do Centro de Día en 2007: 100.000€
Escola Infantil/Galescola: 41.496 euros/ano de aforro
EXTRACTO DA ACTA DO PLENO DONDE SE FAI MENCIÓN AOS GASTOS DO CENTRO DE DÍA E O PORQUE DO PASO Á REDE PUBICA
Aberto o debate pola Presidencia, o Sr. Tenente de Alcalde explica que a cesión da xestión do centro de día ao Consorcio supón moitas melloras no servizo a nivel asistencial que é o que mais nos interesa e a nivel económico. En canto ás melloras asistenciais sinala as melloras no equipo de persoal, nos recursos materiais, en educación social, traballo social, enfermaría, fisioterapia, terapia ocupacional, psicoloxía educacional, aloxamento, manutención e acompañamento, con diferenzas notables respecto ao modelo anterior. Afirma que o obxectivo é aumentar a eficacia e a eficiencia, tratando de atrasar o ingreso das persoas maiores en residencias.
En canto ao aspecto económico, argumenta o Tenente de Alcalde que no informe da Interventora se reflicten os datos anuais de gastos (137.000 euros) e ingresos (53.000 euros), co resultado presupostario de 84.920 euros, que son os gastos do Concello no ano 2006. Argumenta que co novo modelo co prezo de 40 euros/día/usuario (o que supón uns 240.000 euros por 25 usuarios), o concello achega un terzo desta parte (uns 80.000 euros), menos a subvención anual de 24.500 euros, polo que o concello asume uns gastos anuais duns 55.000 euros, case 30.000 euros menos que o ano pasado. Sinala tamén que no informe económico non constan os gastos de aluguer do centro de día, que se está a tratar de que se faga cargo o Consorcio, que a potestade tarifaria dos usuarios se regula na lei de Dependencia segundo o IPREM, e que en casos de resolución ou extinción do consorcio se creará unha comisión de seguimento que estableza as devanditas causas. Por último, conclúe afirmando que neste tipo de servizos non hai que mirar só o aspecto económico, senón tamén o asistencial, e que esta sobradamente xustificado o cambio de xestión do servizo.
Os datos referidos tamén foron recollidos na prensa, por exemplo no xornal ultraconservador La Voz de Galicia:
ANEXO VI: Hemeroteca sobre a débeda, os pagos atrasados e os planos de axuste
1º plano de axuste levado a cabo polo Concello no ano 2009. Millón e medio en facturas atrasadas
ANEXO VII: comparativa de ingresos e de inversións reais
ANEXO VIII: negociación eólicos
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/12/20/0003_7411003.htm
Ao final Enerfín pagou ao concello case cinco veces máis do que “negociara” o goberno do PP encabezado por Lorenzo Varela pola licenza de construción do parque eólico. Total: 450.000€ frente a 174.00€.
Se o desexas, podes descargar o informe en formato PDF: Estado contas lexislaturas pasadas
[…] en anos anteriores (2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011), do que xa falamos no correspondente “Informe do Grupo de Traballo institucional de Por Chantada-CUP sobre o estado das contas nas lexisla…”. A débeda a longo prazo (aos bancos) está incluída nesta dación de contas, e suman eses […]
GústameGústame
[…] ANEXOI: Informe de Por Chantada-CUP da situación financeira do concello de Chantada nas dúas últimas lex…: Estado contas lexislaturas pasadas (PDF) […]
GústameGústame
[…] tentativa de imputar esta débeda a unha suposta “herdanza” xa a desmontamos no seu momento cun informe na nosa páxina onde anexamos a acta dun pleno onde se recollen as débedas deixadas por Manuel Varela e as que este […]
GústameGústame
[…] explicativa sobre “herdanzas”: alén do que xa publicamos no seu día destrozando esta falacia da “herdanza” que invoca cando non ten saída o alcalde, lembrar que Manuel Varela foi alcalde 11 anos, entre […]
GústameGústame
[…] do Concello na primeira etapa de Manuel Varela no PP e a posterior débeda viva no goberno PSOE-BNG pódese consultar o seguinte informe de Por Chantada que desmente os dados do alcalde e tamén […]
GústameGústame