Resumo do pleno 11/09/2017

 

Foi o pleno máis concorrido da lexislatura. Cabo da secretaria, da interventora, do funcionario Segundo Navaza e dos trece concelleiros asistiron 16 persoas e dous xornalistas de Televinte. Un dos asistentes era aínda un bebé e puxo de manifesto o inaxeitado do salón de plenos pola falta total de accesibilidade. De seguido, a crónica completa para todos os asuntos tratados no pleno.

1.-APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR: ORDINARIA DE DATA 10 DE XULLO DE 2017 E EXTRAORDINARIA URXENTE DO 18/08/2017.

Documentación: Rascuño da acta da sesión ordinaria do pleno ordinario do 10 de xullo de  2017 e Rascuño da acta do pleno extraordinario urxente do 18 de agosto de 2017.

Con respeito da acta do 10 de xullo, desde o PSOE sinalouse que na páxina 25 debe mudarse “ven” por “ben” e que na páxina 7 hai un erro compilándose un parágrafo cunha intervención que non se deu nese ponto (o 6º).

O voceiro do PP di que pensaba o que se recolle na acta no ponto da pediatría, mais que non o dixo. Dixo que apoiaban e entendían o que se pedía, aínda que condenan a entrada na plataforma de “elementos para manexala, co cal parécenos un instrumento político”. Na de 18 de agosto di que aprobaron a emenda apresentada por Pamela, mais que se abstiveron nos orzamentos.

A CUP observa que as actas non se subiron ao Xestiona até o 8 de setembro de 2017 e inquire pola causa disto. A secretaria móstrase sorprendida e dixo que ela deixou todo preparado (estivo ausente uns días) e a voceira do PSOE ratifica isto. Prosegue Fente lembrando que toda a documentación debería estar dispoñíbel desde o momento da convocatoria do pleno existindo xurisprudencia que anula os acordos plenarios como nulos de pleno direito cando as sesións se convocan contravindo a normativa que os regula. Tamén engade que os extractos que se fan das intervencións deixan bastante que desexar pola súa imprecisión nas actas, polo que roga que o que se recolla sexa o máis fiel posíbel á realidade. Na acta de xullo na páxina 3 hai que mudar “mayoría” por “maioría” no 5º parágrafo. Na páxina 16 debe indicarse que se votou en primeiro lugar a emenda do PSOE á moción da CUP, mudando a orde dos pontos, e que aceitamos desde a CUP. Na páxina 22 no 3º parágrafo debe pór “acordo” e non “acordó” e tamén “moito” e non “mito”. Na páxina 27 no 9º parágrafo debe pór “conselleiro” e non “concelleiro”. Na páxina 31 perguntouse se se remitiu o expediente ao xulgado non figurando o CD no texto da acta, co cal o sentido fica incompleto.

Votación: UNANIMIDADE.

PARTE RESOLUTIVA

2.- RESOLUCIÓN RECLAMACIÓNS Á CONTA XERAL E APROBACIÓN DA CONTA XERAL DE 2016 (EXP. GESTIONA 659/2017).

Documentación: Acta CI especial de contas do 22/06/2017 , Alegacións do grupo municipal Por Chantada-CUP á Conta Xeral 2016, Fiscalización de intervención 116/2017: Informe de alegacións á Conta Xeral 2016 e Proposta ao Pleno de aprobación da Conta Xeral 2016.

A voceira do PSOE comeza a quenda de intervencións dicindo que, a diferenza do que ocorreu co Orzamento [2017], o informe está fundamentado e é aclaratorio. Votar a favor da Conta Xeral sería contraditorio porque non avalan a xestión de Inta.

Javier Medela (PP) di que solucionouse a dúbida do Plano económico-financeiro (PEF), que o alcalde dixo que podía ser por un ano, e que, en consecuencia, vanse abster.

Antom Fente di que na comisión informativa (CI) especial de contas do 22/06/2017  ficou claro que non podía informar a CUP favorabelmente á Conta Xeral dado o indicado na Fiscalización da Intervención, así como o feito de que a xestión económica do Goberno xerou inúmeros reparos deixando latentes manifestas irregularidades como xa temos reiterado en múltiplas ocasións. No entanto, a acta nen recolleu o noso voto particular e mesmo se nos dixo naquela comisión que non procedía apresentarmos alegacións. Visto o anterior, vímonos na obriga de transformar en alegacións e apresentalas en tempo e forma os reparos exprimidos no seu día na CI e que coinciden mutatis mutandis co recollido no informe da intervención. Dáse así o paradoxo de que un informe de resolución de alegacións ten que negar o dito nunha fiscalización da intervención. Os camiños da gobernanza son inexcrutábeis.
De todos xeitos, cabe asinalar que, a diferenza do acontecido coas alegacións ao orzamento, aquí dáselle cumprida resposta o cal, vaia por diante, é de agradecer aínda que sospeitamos que responde unicamente a que estas alegacións obrigatoriamente incorpóranse ao expediente que debe remitirse ao Tribunal de Contas e non a calquera caste de propósito de emenda.
a.- Canto á primeira alegación en que reclamamos informe coas resolucións da alcaldía en 2016 contrarios aos informes da intervención imaxinamos que virá ao pleno ordinario de novembro, e isto correcto? [A interventora accidental Susana di que non, que xa se foron enviando os reparos] Fente lémbralle un escrito do seu grupo alá polo mes de xaneiro se mal non lembra e que contiña a lexislación de aplicación, onde fica meridianamente claro, así como nas proprias respostas ás alegacións… A alegación tamén permitiu que se detallen estes reparos co cal facilita a fiscalización da oposición dos mesmos, cando esta información xa debería darse na propria CI de oficio.
b.- No tocante ao PEF, aprobado en marzo de 2016 e produto de incumprir en 637.000€ no ano eleitoral de 2015 a regra do gasto, fíxose unicamente por ano cando a lexislación obriga a que sexa por dous anos. Xa cando se debateu mostramos as nosas reservas e o tempo deunos a razón. Así o lembrou a Dirección Xeral de política financeira e tesouro dependente da Consellaría de facenda da Xunta da Galiza, documento que na CI o alcalde descoñecía o cal é gravísimo.
No proprio texto de marzo de 2016, na introdución (p. 123) recóllese que o incumprimento da regra de gasto, posto de manifesto no Decreto 34/2016 de 29 de febreiro, «implica a necesaria formulación dun Plano económico-financeiro que permita, o ano en curso e o seguinte, o cumprimento da regra de gasto».
Meses despois insístese en que non é necesario prorrogalo mais un ano sen que conste documento oficial algún nen informe técnico que acredite tal circunstacia, co cal insto aos concelleiros a que teñan isto en conta á hora de votar neste ponto. É máis no informe de resolución das alegacións recoñécese que estamos certos citando o artigo 21 da Lei orgánica 2/2012 de 27 de abril de estabilidade orzamentar e sustentabilidad financeira que di que «a administración incumpridora formulará un plano económico-financeiro que permita no ano en curso e no seguinte o cumprimento dos obxectivos ou da regra de gasto» e engádese no informe:

<<O Plano no Concello de Chantada fíxose por un ano cunha medida: “aprobación do orzamento 2016” debería terse modificado engadindo a aprobación do Orzamento 2017. (…) En todo caso o plano económico-financeiro non ten reflexo na contabilidade polo que non afecta á Conta Xeral>>.
Dicir que un PEF non ten reflexo na contabilidade é subxectivo pois dos constrinximentos que impón derívase boa parte da xestión económica posíbel e as políticas locais públicas, sexan estas mellores ou piores. 

c.- Canto ao Decreto 3/4/2017 coa liquidación de 2016 infórmase en contra, mais recoñécese que se puxo nun segundo pleno como ponto con substantividade propria na orde do día (p. 136). Por outras palabras dásenos na prática novamente a razón, por non falar de que a interventora indicaba na súa FI que se incumpría o artigo 174.4 do TRLRFL.
d.- No tema das modificacións orzamentares, totalizando estas 672.000€, a FI 47/2017 de 3/4/2017 indicaba claramente que moitas se realizaron após ter efectuado o gasto o cal é incorrecto é pon de manifesto o inaxeitado do orzamento. Isto que é a cerna da correspondente alegación nen se menciona na resposta, fuxindo polo val do Navego cara Camba dicindo que as modificacións cumpren cos límites legais estabelecidos que é como dicir nada.
e.- Finalmente, tampouco se ampara legalmente a ausencia de destinar remanente de tesouraría a amortizar débeda en 2016 incumprindo, en consecuencia, a lexislación vixente. Cómpre lembrar que a resposta de que non se fixo porque non daba tempo a convocar un pleno en decembro após o pleno extraordinario urxente do 5/12/2016 (ponto 2º “Modificación de crédito para amortización de débeda financiada por remanente por importe de 560.714,55€”) é moi fébel, xa que o único que mostra é un completa e absoluta falta de previsión ao coñecerse desde facía meses o remanente após a aprobación da Conta Xeral, dunha parte; e confirma, doutra parte, que aquel pleno extraordinario urxente de decembro non era tal cousa senón unha ferramenta para pasar por cima do debate e o controlo por parte deste órgano colexiado da xestión municipal, o cal en democracia é gravísimo.
Por todo o exposto, e polas políticas concretas en que se traduce esta xestión, imos votar contra a Conta Xeral de 2016 ratificando o sentido das nosas alegacións.

Varela, que se reservou durante todo o pleno a quenda final curtando as posibilidades de réplica, recoñeceu algunhas eivas [sen concretar] e que Fente pode ter razón nalgunhas cousas. A Conta Xeral contodo é un puro trámite, segundo el, para dar conta. Non fai falta tanto debate. Así que coas reclamacións rexeitadas fica definitivamente aprobada.

Votación: A FAVOR: 7 (Inta)   Abstención: 2 (PP) EN CONTRA: 4 (CUP e PSOE)

3.- APROBACIÓN INICIAL DO SUPLEMENTO DE CRÉDITO 2/2017 POR IMPORTE DE 225,718,46€. (EXP. GESTIONA 1119/2017).

Comeza dicindo a secretaria que se trata da aprobación inicial do SC 2/2017 e que pasará a exporse 15 días a partir do anuncio no BOP para que se alegue se é procedente. Tamén di que hai erros na documentación que se subsanaron e que non son 225.718,46€ como figura na orde do día, senón finalmente 172.818’96€ xa que se incluían dúas facturas de Ascan que xa se aboaron.

Raquel Rodríguez (PSOE) di que para facer fronte a dous REC moi distintos (pontos 4º e 5º) chega este SC. Engade que vimos de aprobar uns orzamentos e xa estamos con modificacións e recoñecementos polo que non hai planificación. Hai un REC que non poden apoiar o cal implica tamén votar contra o SC que o engloba, polo que o voto do PSOE será negativo.

O voceiro do PP di que a intervención di que pode perturbar o funcionamento do Concello polo que pide moita cautela e fai referencia a que moitas facturas son do 2016. O seu grupo, fronte ás dúbidas da intervención no seu informe, vaise abster.

A interventora accidental, Susana Martínez, contéstalle que a Lei de Orzamentos do Estado autoriza a usar o remanente para suplmentos, só que como a LOE se aprobou tan tarde non se puido facer antes.

Desde Por Chantada comeza dicíndose que entre o SC 1/2017 (500.000€) e este que vén agora (172.818,96) totalizan 672.818,96€ co cal dificilmente se vai poder executar a sentenza de canalización do regato con cargo ao remanente. Así pois, o Goberno mostra novamente como di “si-si” a todo para logo facer o que lle dá a gaña mesmo incumprindo sentenzas xudiciais, a LCSP e os procedementos legais máis elementais como ter cosignación orzamentar previa para executar gastos.
Por outra banda, na proposta orixinal había erros. Na CI díxose por parte da interventora accidental que figuraba unha factura de Ascan de outubro de 2016 de 27.000 que se retirou do REC 7/2017 xa que xa tiña sido aboada. Estes pagos a Ascan reponden a que en setembro de 2016 esgotaron contrato, nada se soubo nesta cámara exemplo da “transparencia” do Goberno, e desestimouse a súa previsión de prezos á alza devolvendo as facturas que agora habería que pagar agás a de outubro ao aceitar a empresa baixalas. O grave é que non se soubo dicir porque a de outubro se devolveu pagándolle, por tanto, demais á empresa.
Porén, agora para a nosa sorpresa o que figuran son 52.899,5€ menos, ou sexa duas mensalidades… antes de máis debería aclararse cando se pagou demais en menoscabo da facenda pública e quen é o responsábel. Tamén porque na CI se fala dunha factura e no pleno xa son dúas xa que iso non é o que ditaminou a CI.
Por último, un orzamento aprobado en 15 de agosto que xa ten que modificarse con dous REC e un SC o día 9/09/2017, e que conta xa con varias MC que non pasan polo pleno senón que se aproban por decreto, mostra a insolvencia e limitacións deste Goberno que aprobou un Orzamento de xoguete para seguir en piloto automático.

Susana di que son as faturas de outubro e novembro pagadas e aprobadas con endoso. A diferenza é de 490€ e compensarase o ano que vén coa suba que si se vai producir.

Varela felicita á interventora accidental e di que isto podería térselle pasado se nonfose por ela, que estaba ocorrendo. Non lle gosta á oposición que amorticemos débeda, mais o bo facer deste goberno permite facer pagos de 2016 e se lle toca gobernar á oposición, espera que dentro de moitos anos, con 300.000€ de inversións se vén un mal inverno a ver que fan senón levantar reparos. Dálle pena terlle que pagar a 3-4 empresarios locais con 1 ano de atraso, mais vénse nesta tesitura polas reclamacións ao orzamento que apresetnou a CUP. Di que o remanente de tesouraría lles dá para canalizar a auga até neste ano se llo permite a Confederación.

O alcalde pide votar os pontos 3, 4 e 5 xuntos e os voceiros da CUP e do PSOE néganse, para alén de que a secretaria xa ten lembrado en varios plenos que iso é ilegal.

Votación: A FAVOR 7 (Inta) ABTENCIÓNS: 2 (PP) EN CONTRA: 4 (CUP e PSOE)

4.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO 6/2017 (EXP. GESTIONA 1118/2017).

Raquel López (PSOE) comeza a súa quenda para dicir que como pode pretender votar dous REC totalmente distintos. Na relación 56 hai unha factura de Viaqua por valor de 5.300€ por un cruzamento na LU-1809.

O alcalde contesta que non sabe dicir de que é esa factura, ten que ser un cruce de auga e sumidoiro. [A estrada LU-1809 é de titularidade da Deputación de Lugo e conecta Antas de Ulla e Chantada]

Segue a voceira do PSOE dicindo que máis unha vez veñen reparos da intervención municipal, o 133 e 134/2017 que erguen desde o Goberno con alegría: inexistencia de crédito e omisión dos trámites fundamentais. Obras como e cando e quere e non poden avalar algo reparado polo que votarán negativamente.

O PP di unicamente que se abstén e mantén o criterio do anterior ponto.

Fente lembra que as discrepancias manifestadas pola intervención son porque se supera o importe e duración do contrato menor estabelecido no Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro para contratación menor e o disposto na TRLCSP (artigos 23.3, 86, 109, 111.1 e 138.3). Igualmente, existen facturas sen consignación orzamentar unha constante xa neste Concello e que revela unha deficiente xestión.
Concretamente, dise que «abúsase dos contratos menores, tratando todos os suministros e servizos do Concello, como contratos menores». O Reparo 133/2017 indica inexistencia de crédito nas relacións de facturas nº 52, 53, 54, 55, 56 e 57 de 2017. E o Reparo 134/2017 indica omisión dos trámites esenciais incumprindo o artigo 111.2 do TRLCSP por importe de 12.000€.

– Nas facturas da xestoría non se factura o total senón que se acrescenta o 15% do IRPF cando en contabilidade os organismos públicos sempre facturan o total indicado na factura.
– A factura nº 363 de material para obradoiro e emprego non aparece desglosada nen inclui prezo unitario. O mesmo coas facturas nº 269, 296, 297, 298, 299 e 424. Isto é abondo grave, xa que mesmo a calquera asociación se lle pide para xustificar unha subvención as facturas debidamente conformadas.
– Hai 10.000€ da empresa de limpeza contratada por licitación polo que ao non haber crédito suficiente para pagar trátase dunha falta de previsión manifesta.
– A factura nº 247 non inclui nem os metros nem o prezo da hora da pala.
Isto parécenos moi grave. Tamén que mediante contratos a dedo, sen consignación orzamentar e/ou licitación pública, se estea facturando, só no recollido neste REC, 49.000€ cunha única empresa chimpando así por cima da lei, da licitación pública, e dos controis legalemente estabelecidos.
Solicitamos votación nominal e estase recuncando en práticas que xa no pasado orixinaron serios contratempos e problemas á facenda local, tendo que pedir mesmamente un informe ao Consello Consultivo que corroborba a nulidade de pleno direito das facturas así adoptadas. Solicitamos votación nominal neste ponto.

Desde Inta escúdase o alcalde no obradoiro de emprego e se a oposición non o quere. Que van ter outro este ano. Os reparos érgueos porque para iso está o alcalde e a Corporación. El non gosta diso, mais é algo que contempla a lei, os REC son totalmente legais. Hai quen está para arriscarse e hai quen non. O que non queira risco que se vaia para a casa.

Votación nominal:  A FAVOR: 4 (CUP e PSOE)   ABSTENCIÓNS: 2 (PP)   EN CONTRA: 7 (Inta)

Votación: A FAVOR: 7 (Inta)   ABSTENCIÓNS: 2 (PP)   EN CONTRA: 4 (CUP e PSOE)

5.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO 7/2017 (EXP. GESTIONA 1118/2017).

Comeza a secretaria indicando que con referencia ao importe, como xa advertiu no SC, hai unha mudanza.

A voceira do PSOE di que non é o mesmo caso que o anterior e que o sentido do voto do seu grupo non vai ser o mesmo. As dúas facturas que se retiraron pagando de máis, como xa dixo outro concelleiro, suscitan dúbidas de que tipo de negociación se fixo coa empresa. Hai unha factura de Cidades saudábeis de 2014, porque se paga agora?

O alcalde contesta que non sabe. Pamela explica que é a cota por pertencer á rede. Raquel di que achega iso. Pamela contesta que campañas como polo día mundial sen tabaco e que mesmo no bipartito chegaron a traballar dúas persoas niso. Susana Martínez di que se paga agora porque a apresentaron en 2017, que pensa que en 2015 e 2016 se pagaron. Fente di que efectivamente. Raquel di que se lles dea información ao respeito e que a factura de Ascan non foi transparente.

Desde o PP din que se absterán como xa fixeron nos demais pontos.

Canto a Por Chantada-CUP insisten en que se explique a retirada de facturas e porque se correu o risco de aprobar un REC para facturas xa pagadas, iso é algo grave.

Susana di porque estaban pendentes. A empresa facturou tres veces polo mesmo conceito, co mesmo número e distinta letra. As mudanzas na intervención en outubro e en xuño tamén complicaron a situación. Pagouse con endoso. Solicitaban suba polo IPC e múdanas inteiras con distinta letra, o Concello rexeítaas, a empresa alega e finalmente desde decembro o Concello devolve as facturas polos importes. A partir de maio preséntanas co novo importo, o que non sabe é porque se fixo en maio. Anuncia que até xuño o IPC contempla unha suba de 1’4% que se aplicará este ano.

Votación: FAVOR 7 (Inta) ABTENCIÓN 5 (PSOE E PP) EN CONTRA 1 (Por Chantada-CUP)

6.- MOCIÓN DE POR CHANTADA-CUP PARA A INCORPORACIÓN DO PAZO DE MEIRÁS AO PATRIMONIO PÚBLICO E A SALVAGARDA DA MEMORIA HISTÓRICA.

PDF coa moción: Moción de Por Chantada-CUP para a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público e a salvagarda da memoria histórica 

Fente fai unha síntese da exposición de motivos.

O PSOE di que familias expolian o patrimonio veciñal e están por riba da legalidade. Motivada a moción e a preocupación pública porque os verdugos seguen actuando como terratenentes. Un caso sen parangón nos países democráticos. O PSOE cre na xustiza e non esquece o pasado. Apoian a moción.

O PP cre que esta moción non ten sentido porque Meirás está lonxe. As leis están aí e a Xunta incoou expediente sancionador: 4.500€. Deixar actuar a quen ten actuar. Desexan que se solucione, mais Chantada non pinta nada nisto.

Varela dille á secretaria que lea os acordos da moción. A secretaria di que xa os leu, mais volve ler o acordo. O alcalde di que lle parecen ben os pontos 1 e 4. Coincide co PP en que a sanción é axeitada. Iso foi regalado non expoliado, segundo ten entendido. Di que prefere ir á súa casa de Centulle que entrar alí suscitando risadas na súa bancada.

A CUP aceita a emenda de Inta en aras de conseguir que parte do acordo vaia para adiante. Sométese a emenda a votación (pontos 1 e 4 da moción):

VOTACIÓN EMENDA: UNANIMIDADE.

VOTACIÓN MOCIÓN CON EMENDA: UNANIMIDADE.

7.- MOCIÓN DE POR CHANTADA-CUP PARA IMPULSAR A ADQUISICIÓN E XESTIÓN PÚBLICAS DO MOSTEIRO DE SAN SALVADOR DE ASMA.

PDF coa moción: Moción de Por Chantada-CUP para impulsar a adquisición e xestión públicas do mosteiro de San Salvador de Asma

O voceiro da CUP sintetiza a exposición de motivos e lembra as disposicións do DOG d0 22/01/1992 concretamente o artigo 4º do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, polo que se regula a tramitación para a declaración de bens de interese cultural da Galiza e se cria o Rexistro de bens de Interese Cultural da Galiza que como xa advertira Fente en novembro de 2015 contiña exixencias ás que debía atender o Goberno de Inta. O artigo 4º di que “xuntarase á solicitude de declaración de bens de interese cultural a documentación que figura no anexo do presente decreto. En todo caso, indetificarase de maneira concreta e exhaustiva o ben que se pretende declarar.” Por iso, o 5 de febreiro de 2017 entrou por rexistro no Concello unha solicitude do subdirector xeral de Protección do Patrimonio Cultural que demandaba a delimitación da contorna afectada coa súa plasmación gráfica  e literal motivando tal decisión, así como especificar a situación xurídica do mosteiro e claustro de San Salvador de Asma. No entanto, o Concello nunca enviou a resposta nen fixo este traballo a pesar de que Xosé Méndez a instancia do alcalde elaborou un documento de 3 follas con algunhas directrices para dar esa cumprida resposta (extrátase parte do documento para ilustrar o que se debería ter feito e non se fixo).

[CRONOLOXÍA DUNHA NEGLIXENXIA

04/11/2015: Informe para a moción de Xosé Méndez.

09/11/2015: Acordo, por unanimidade, do Pleno municipal relativo á solicitude de declaración do mosteiro e claustro de San Salvador de Asma como ben de interese cultural.

11/11/2015: carta ao alcalde da asociación O Sorriso de Daniel.

15/01/2016: Saída do oficio dirixido á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no que se achegaba certificado do acordo adoptado polo Pleno da Corporación municipal o 9 de novembro.

05/02/2016: rexistro de entrada da carta da Xunta da Galiza cos requerimentos dos que xa advertira a CUP no pleno (solicitude SB 000045632). Concretamente, para cumprir co artigo 4 do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, publicado no DOG do 22/01/1992, polo que se regula a tramitación dos Bens de Interese Cultural da Galiza o Concello debía achegar: a) delimitación da contorna atinxida coa súa plasmación gráfica e liñar motivando tal decisión e b) especificar a situación xurídica do mosteiro e claustro de San Salvador de Asma.

02/2016 Posteriormente Xosé Méndez fala co alcalde a petición deste, que o require para dar contestación á carta da Xunta elaborando este un texto dicindo o que cómpre facer e pór, traballo non remunerado e que correspondería ao Concello (que non fixo nada ao respeito).

Neglixente o Concello e neglixente a Dirección Xeral de Patrimonio.]

Raquel di que desde o PSOE vén neste asunto unha auténtica desidia, moito pior do que xa sabían a teor dos dados que nos dá outro concelleiro. Desde o Concello a PSOE e PP non se lles deu esa información no expediente, non se fixo memoria nen hai outra cousa que a comunicación do acordo do Pleno en novembro de 2015 á Xunta. O alcalde dixo na CI que a Xunta non tiña interese, mais vese que el tampouco o ten. O PSOE perguntou dúas veces polo expediente e xustificáronse a primeira vez nas ferias dun funcionario e na segunda ocasión, acompañada do voceiro do PP, só había a remisión do acordo plenario e agora aparece documentación que non consta no expediente. Isto é moi grave sexa por ocultación, sexa por mala organización. Desde o PSOE propoñen alterar a orde dos acordos que propón a CUP. A declaración BIC debe ser o primeiro obxectivo polo que o ponto 3º pasa a 1º, o 2º mantense, o 5º pasa a 3º, o 4º mantense, o 1º pasa a 5º e o 6º mantense engadindo a solicitude de informes municipais técnicos, xurídicos e económicos . Dubidan que o Concello poda comprar o mosteiro.

Javier Medela di que coincide cos compañeiros que o precederon no uso da palabra. Houbo un acordo plenario e é grave que se incumplise outra vez algo decididio no pleno. Como dicía Antom é necesaria unha equipa interdisciplinaar que xere o que require o protocolo da web para que a Xunta tramite a declaración BIC. O Concello o que fai é canalizar o inicio da tramitación do expediente.

Varela di que falou co fillo do dono. Agradeceulle que se achegase ao Concello. Hai iniciativas privadas, unha delas moi coñecida aquí en Chantada que poderían mercar o mosteiro. Di que é algo en mans privadas que se lle esquece aos grupos das oposición. Na reunión da candidatura da Ribeira Sacra para patrimonio da humanidade dicíase que era BIC San Salvador pois entran este tipo de edificacións. Se se fai desde a iniciativa privada para albergue parécelle ben. Tamén o Concello pode facerlle fronte e ver a que se pode destinar grazas a súa xestión.

Medela di que, sen que conste na acta, pode informar que hai un proxecto empresarial para o mosteiro.

Raquel di que non se lle contesta o do expediente. O alcalde di que a el non llo pediron, aos funcionarios. Retruca a voceira do PSOE que perguntaron na CI e negouse que a Xunta se puxese en contacto o cal acaba de desmontar outro concelleiro. O alcalde di que da Xunta sabe o que se dixo en Nogueira de Ramuín na reunión da Ribeira Sacra. A voceira do PSOE di que na CI a resposta que deron foi que non houbera requerimento da Xunta e os funcionarios din o mesmo. Varela contesta que a el tamén o enganaron. Muda de tema dicindo que o fillo do proprietario lle dicía que se podía vender o mosteiro sen as 5 Ha.

Fente lembra que o requerimento da Xunta entrou o 5 de febreiro de 2016 co nº 425 de rexistro no Concello, polo que se isto ocorre con esta documentación que outras cousas non pasarán. Sobre a emenda in voce do PSOE indica que os pontos da proposta da CUP non están postos por importancia xa que os acordos das mocións son de igual importancia. En todo caso aceitan todas as propostas do PSOE, especialmente o engadido dos informes se ben tamén deben recoller o procedemento para a declaración BIC visto o que se pasou. Di que calquera pode ter erros, mais roga que non volva ocorrer o da última vez e que se sexa delixentes neste asunto.

Raquel di que a súa emenda visa que teña a moción unha orde cronolóxica lóxica máis ca importancia.

Varela di que dirixirse ao Goberno central non o ve moito… sobre todo á Xunta e ao mellor poden estudar conseguir fondos europeos.

VOTACIÓN EMENDA: 13 UNANIMIDADE

VOTACIÓN MOCIÓN CON EMENDA: 13 UNANIMIDADE

A secretaria pede que se aclare se os informes que se peden son xenéricos sobre a compra… a voceira do PSOE di que sexan xurídicos e económicos e Varela engade tamén técnicos. Fente subliña tamén que se pronuncie o informe xurídico sobre o procedemento vistos os precedentes. Varela pede axilidade que se aburre o neno que hai no público.

8.- MOCIÓN DE POR CHANTADA-CUP PARA A DEFENSA DO DEREITO AO TRANSPORTE PÚBLICO DA CIDADANÍA DE CHANTADA.

PDF coa moción: Moción de Por Chantada-CUP para a defensa do direito ao transporte público da cidadanái de Chantada

Comeza o voceiro da CUP sintetizando a exposición de motivos logo da leitura dos acordos propostos na moción pola secretaría. Fente recalca, entre outras cousas, que hai 269 asinantes do texto incluído na moción que se enviou á conselleira de transportes e que se trata dunha moción feita de acordo coas persoas que se están mobilizando e que deixan ficar á Corporación en mal lugar, sempre a remolque da iniciativa cidadá. Lembra que o Concello nen alegou, como fixo Por Chantada, nen sequera cobriu o inquérito que se enviou desde a Xunta para que lle indicasen as necesidades de cada concello.

No tocante ao PSOE afirman que é obriga do Concello preocuparse polas cousas que fai a Xunta e nos afectan.

Varela di que participa na FEGAMP e a través dela fan as xestións todos os concellos. Di que agora co transporte escolar mixto se solventará a problemática, que se aplicará en todos os centros de Chantada [Fente di que tamén en Carballedo]. O alcalde di que asinou na Casa da Cultura que non sabe se outros así o fixeron. Para el o pior é o do fin de semana para ir a Santiago, xa que os novos horarios perxudican aos universitarios aínda que o horario para marchar ás 8:30 ou 7:30 tampouco é un desfase. AS xestións hai que facelas coa empresa non coa Xunta, que fai as concesións mais non pode obrigar é a facer horarios [Ao día seguinte sai en La Voz de Galicia. Lemos esta nova que deixa máis unha vez patente o falar por falar do alcalde]. Di que Inta considera prudencial agardar a ver como funciona o transporte escolar partillado. As xestións deben ser coa empresa, recalca Manuel Lorenzo, pois a Xunta unha vez o ten adxudicado só pode influír no horario dos colexios.

Raquel López di que na CI xa dixo que misturar no transporte escolar rapazada e maiores non lle parece ben. Concordan coa moción, especialmente co ponto 2º relativo ás bases para as axudas ao transporte orzamentadas que debe tirar o Concello e pergunta polo estado disto e se van usar as que existían cando gobernaba o PSOE.

O alcalde retruca que hai 12.000€ reservados no orzamento para estudantado universitario. Engade que se van usar o “regulamento” (sic.) de 2009-2010 e que é cousa dos servizos económicos [Susana fai nese intre unha moeca de estupefacción ante a aseveración do alcalde].

Retoma a palabra a voceira socialista e di que o ponto 6º ao mellor está fóra de lugar, mais que non lle van dar máis voltas á moción.

Desde o PP, Javier Rodríguez Medela defende o plano de transportes da Xunta para garantir emprego e liñas e acusa a Fente de non querer empregos. Di que para a conexión con Santiago e Monforte hai certas deficiencias, ben é certo, que habería que axustar as frecuencias.

Varela di que cómpre facer unha “alegación” (sic.) á moción: “Instar á Xunta para axustar horarios de Santiago e Monforte” o resto do que propón a moción agardar a ver como funciona a proposta da Xunta.

Medela, dirixíndose a Raquel, di que funciona noutras comunidades e faino ben. Raquel di que persoalmente non partilla esa medida. Medela di que se trata de optimizar recursos e que concorda co ponto 2º da moción.

Intervén Fente para indicar que deben ser bases non regulamento que garantan a concorrencia pública en condicións de igualdade de todos os aspirantes para o reparto deses 12.000€ de axuda ao estudantado (non só universitario pois tamén hai ciclos). A secretaría pergunta como fica o acordo e Fente di que aceita o que se di e propón que fique así: mantense o ponto 2º como está redactado, manter a demanda do transporte baixo demanda e a realización dun estudo por parte do Concello…

Varela di que non concorda con asumir competencias improprias, que xa lles chega co 33% de cofinanciamento dos servizos sociais que son competencia da Xunta [os concellos teñen competencias sobre transporte, por iso os urbanos dependente dos entes locais].

Engade Fente que, en vista das reticencias, retíranse todos os demais pontos, agás o 2º, engadindo un novo do seguinte teor: “Remitir á Xunta da Galiza a moción instándoa a antender as demandas cidadás, así como as alegacións formuladas desde a comarca de Chantada, para mellorar as conexións – especialmente con Compostela pola universidade e Lemos polo hospital comarcal- ao tempo que se estudan medidas para implementar o transporte baixo demanda con taxis de 9 prazas para a conectividad intracomarcal”.

Diego Otero intervén para dicir que naquel momento el era concelleiro de educación. Primeiro criticouse que non había axudas e agora que as hai critícase tamén. Di que agora se pide algo de tempo que van adaptar aquelas bases e que tirando de hemeroteca cando gobernaban outras sacáronas a día 1/12/2009 polo que até entón aínda lles fica tempo.

Raquel tente replicar e Varela córtalle a palabra.

Votación EMENDA: UNANIMIDADE
Votación MOCIÓN con EMENDA: UNANIMIDADE

9.- MOCIÓN CONXUNTA INTA, PSG-PSOE E PP, SOBRE PARALIZACIÓN DE EXPEDIENTES URBANÍSTICOS DA AXENCIA URBANÍSTICA NAS RIBEIRAS DE CHANTADA.

PDF coa moción: MOCIÓN CONXUNTA INTA PSG-PSOE E PP, SOBRE PARALIZACIÓN EXPEDIENTES APLU

PDF coa emenda de Por Chantada-CUP á totalidade da moción: Emenda MOCIÓN sobre as adegas denunciadas pola APLU

Raquel di que xa fixo declaracións nos medios. Concorda coa moción porque parte dos veciños. Tamén poden subscreber a emenda feita agás o ponto 1º do acordo que lle parece excesivo, que non irreal. Comprenden a problemática e entenden que estan molestos. Os veciños vense desvalidos se piden licenza e pensan que están na legalidade e logo veñen problemas gravísimos. Agardan que os acordos sexan para ben dos veciños. No comparten os criterios da APLU. Que aclaren o das licenzas desde o Concello e que a secretaria explica que se se pode asumir o ponto 3º.

A secretaria di que tería que ser obxecto de estudo, que non o pode dicir agora mesmo.

O PP pide que se crie unha comisión específica xa que se trata dun sector estratéxico. As emendas de Antom son querer pórlle a cireixa ao pastel cando puido participar antes.

Fente expón brevemente a razón de ser da súa emenda e di que a CUP non vai participar dun engano e unha fraude aos viciños, que falar con alguén en Santiago non soluciona nada e que a APLU é un organismo autónomo regulado por lexislación específica á que se acolle e con competencias en solo de núcleo rural, polo que o procedente é facer unha ráfaga de medidas que permita buscar solucións e non quedar ben sen gastar un peso como pretende esta moción conxunta. O populista sería darlle para diante e calar, mais non está Por Chantada representando a veciñas e veciños para iso. Lembra que o que se afirma sobre o PXOM é falso e é dar esperanzas que non se poden cumprir. O Concello botou anos varrendo para debaixo da alfombra ducias de denuncias e agora que sai na imprensa e hai ameazas de derribo quere aparecer como valedor. Advirte das problemátias que trairá consigo a declaración BIC da Ribeira Sacra e das que non se está informando. Lembra que o Concello ten responsabilidade, xa non só por dar licenzas sen vixiar o que outorgaba  senón tamén por:

non estudar alternativas que permitisen criar ordenanzas urbanísticas ás que acollerse;
non presionar nen alegar para suscitar mudanzas lexislativas que recollesen a nosa realidade local;
non procurar solucións políticas e legais nen acordos con outras administracións, aínda despois de chegadas ducias de denuncias;
non enviar comunicacións á APLU nen a Consellaría para demandar arbitrio e procurar unha solución a un problema que afecta, na verdade, a centos de adegas da Ribeira Sacra;
non estudar na revisión do PXOM, aprobada inicialmente aínda nesta lexislatura cando xa existían múltiplas denuncias en curso, rexistrar as adegas históricas no catálogo e inventario de bens patrimoniais a protexer, que tería permitido se callar cando menos amparar a boa parte das construcións existentes;
non impulsar nen valorou a declaración das ribeiras como Ben de interese local, figura amparada pola lei e que podería se callar ter servido para encetar o marco regulatorio, etc.

Fente quere deixar claro que, prevendo xa o que se dirá nos mentideiros, o seu grupo entende que a APLU non está sendo ecuánime senón que se denuncian uns casos e outros non cando a lei debe ser para todos igual: ou se denuncian e derriban todas, por tanto centos de adegas, ou se procura unha solución política que xa hai tempo que debería terse encetado para non chegar a estes extremos amparando aquilo que sexa lóxico e non calquera atropelo dos cometidos na zona. Recálcase que ou se aplica a lei a todos as adegas nunha situación análoga, suposto uso residencial, ou se arbitra unha solución para o conxunto das que respeitan volumetría, tipoloxía, etc. De todas formas recalca que a súa moción trai consigo facer informes e medidas concretas a diferenza da proposta dos restantes grupos que non pasa dun brinde ao sol non estando dispostos a participar en cerimonias de confusión.

Varela di que como non van denfender o que se propón na moción e di que a emenda da CUP non é tal cousa senón outra moción distinta. Di que o ponto concreto é defender as licenzas e as adegas e que a defensa colectiva non se pode facer. A continuación, contradise ao dicir que o Concello debe ir ao Contencioso pola responsabilidade civil patrimonial. Carga contra a APLU e di que parece que van amansando. En todo caso, espera que coas xestións políticas se poda paralizar nunha zona especial e protexida, aínda que hai cousas que nunca se deberían deixar facer. Acusa a Fente de estar de acordo da APLU para logo afirmar que nalgún caso pode ter razón. Móstrase indignado coa CUP porque el nunca dixo o de “ti vai facendo” e quere que iso fique moi claro e di que iso que o dirá vostede [na moción dise o Conello ao longo de décadas, polo que semella que xa confunde a institución coa súa persoa]. Prosegue dicindo que as de antes de 2006 ou con licenza non van ter problemas como construcións, só polo uso aínda contando coa licenza de edificación. Di que poida que haxa que ir [xudicialmente] contra a APLU e denunciala, pois o Concello é un ente autónomo e as súas decisións van dentro da súa competencia e ao mellor quen se excede é a APLU, a non ser que non se adaptasen á licenza recoñecendo que debería ter vixiado iso o Concello. Continúa facendo referencias ao público e a casos concretos de diálogos entre APLU e afectados. Van defender a xente e pronostica que vai ser fácil aínda que con algunha dor de cabeza. Fala doutro caso onde ser invertiu para facer adega e métense con el por conciña empotrada e por ter un cuarto. Di que el estará da man da xente e que Inta non admite a “alegación” (sic.) de Por Chantada e insta a Fente a somarse aos 3 grupos que coa súa moción sobra. Na “alegaciòn” dá a impresión de que a APLU pode ter razón, o que faltaba. Pode ser e o proprio Concello tería que intervir. O PXOM ten presa, é neesario que se aprobe coas reformas certas neste ponto.

Votación EMENDA CUP: A FAVOR 4 (CUP e PSOE) EN CONTRA 9 (Inta e PP)

Votación Moción sen emenda: A FAVOR 12 (INTA, PSOE e PP) ABSTENCIÓN: 1 CUP

10.- MOCIÓN PSG-PSOE SOBRE A RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE LEI DE MODIFICACIÓN DA LEI 8/2008 E MANTEMENTO DAS AREAS SANITARIAS DA MARIÑA LUCENSE E DA COMARCA DE LEMOS.

PDF coa moción: MOCION PSOE RETIRADA ANTEPROXECTO DA LEI 8-2008 E MANTEMENTO ARIAS SANITARIAS

PDF coa emenda de Por Chantada-CUP á moción: Emenda moción Moción para a retirada do anteproxecto de lei de modificación da Lei 8_2007

Comeza a voceira do PSOE arremetendo contra o PP que agrede brutalmente a educación e a sanidade e recalcando que o tema das áreas sanitarias afecta directamente a Chantada. A emenda da CUP non acaba de ver que achegue moito porque os pontos da moción do PSOE tamén se recollen na emenda e o 5º só é un desglose. Non ten nada en contra da emenda. Pergunta sobre a relación de colectivos e asociacións, sen que se tome como un ataque por parte da CUP, pois fálase de partidos sen representación municipal como En Marea, Podemos ou o BNG.

Javier Medela defende a modificación da lei porque é positiva para a comarca. De 86 artigos só se modifican 6 e vese que no PSOE non os leron. Mudar palabras non causa problema ningún. No 2011 detrás das faixas moitos dos que agora alarman e Monforte mellorou e non fechou e non pediron perdón á xente.

Fente di que ninguén é tan parvo como para desmantelar a sanidade dun día para outro. Sábeno facer pouco a pouco e lembra que  o día 3 de setembro de 2017 pola mañá avariouse unha lámpada cirúrxica avisando ao mantemento do hospital (dúas persoas, un calefactor e un electricista, están sempre de garda). Este informou que non podía mudar a lámpada pois iso é competencia xa da empresa privada. Logo, procedeuse a avisar á Supervisora de Garda da incidencia respostando que se existía algunha urxencia se derivase a outro quirófano ao non poder solucionarse até a segunda-feira. Un exemplo de manual de como funciona o novo xerencialismo: privatizar os beneficios e socializar as perdas sen importar a calidade do servizo nen as consecuencias socias. Outro exemplo é que non se solventan problemas informáticos en días feriados ao depender dunha empresa privada de Lugo
para dirixir aos informáticos no protocolo a seguir. No PAC de Chantada sabemos que a atención primaria precisa ser potenciada. O noso grupo xa ten dado dados e analizado o devalar en inversión pública na atención primaria e rexistrado aseivas do noso centro: a nova empresa que xestiona as ambulancias (Salutrans), por certo cun contrato moi xugoso, e a problemática derivada que pon en risco a saúde pública; baixas ou ferias de persoal médico que non se cobren (até 6 en simultáneo); a problemática denunciada pola plataforma cívica Chantada quere pediatría e
as súas mobilizacións (novamente a sociedade por diante da “Corporación”), etc. A isto cómpre derivar a amortización crecente de prazas profesionais e a privación de recursos materiais. É neste cadro de despece da sanidade pública para negocio da empresa privada (lembremos como o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo custou 4 veces máis pola parcería público-privada con execrábeis resultados finais que xeraron multitudinarias manifestacións na cidade olívica) e de continuo devalo e merma de servizos públicos no rural que debemos situar a nova ofensiva da Xunta do PP, vendendo “racionalizar” ao “integrar” disparan os cargos directivos nun 16% por provincia. Para nada se trata de mudar palabras como di o voceiro do PP. Canto ás cuestións formuladas pola compañeira do grupo socialista a CUP  ía traer unha moción ao pleno sobre o asunto e non lle parecía pertinente debater dúas mocións sobre un mesmo tema polo que a apresentou como emenda á moción do PSOE que é xenérica e non feita desde o local. A escolla dos colectivos responde a aqueles que están efectivamente sobre o terreo loitando por unha sanidade pública, universal e de calidade. Canto ao abano de partidos e outras entidades entedemos desde Por Chantada que hai temas que merecen o máximo consenso e participación, como a defensa da sanidade pública, polo que non corresponde discriminar a niguén leve unhas siglas ou outras. O esencial é evitar que Monforte sexa pouco máis ca un ambulatorio.

A voceira do PSOE di que o dos partidos é o menos importante. Retrúcalle ao voveiro do PP dicíndolle que lle explica ás asociacións iso. Os cidadáns teñen que ir cada vez máis a Lugo e non a Monforte. Espétalle a Medela se pediu el perdón polos recortes do PP.

Intervén o alcalde para dicir que non dialoguen en debates políticos proprios doutro foro. Di que foi unha pena que non foran a Santiago, como foron el e mais o voceiro do PP. Di que acredita nas persoas máis ca nas siglas. O Conselleiro é médico, ex-alcalde de Baiona e amigo seu. Quere crer que non vai ir contra a sanidade, senón estaría tolo, e todo o que fai é para mellorala. Díxollo o da pediatría e pode dar unha boa nova: desde a Xerencia de Lugo recentemente dixéronlle a Pamela que haberá pediatra desde o 1/10/2017. A sanidade española está entre as mellores do mundo e non se pode deixar desmantelar, ora pensa que estas son medidas para beneficiar a cidadanía galega. Deulle pena non poder ir á xuntanza de PLADESAPU, mais coincidía coa CI. Unha reunión o luns e outra o martes non fai sentido. A partir de agora serán conxuntas. Critica que o PSOE veña cunha moción e Por Chantada con outra a ver quen se anota máis tantos cando todas as asociacións e partidos collen no auditorio municipal e non lle achegan nada a sanidade, pode darse pinión e expor cousas, mais non hai coñecementos. Iso sería un guirigai. É un tema científico polo que con el que non conten. Hoxe no helicóptero vaise a Lugo ou a Cruña se un ten algo grave sen pasar por Monforte a perder o tempo, pois non podemos ter todo en todas partes. El se te algo que o leven onde están os mellores especialistas e os profesionais queren os mellores hospitais en cada especialidade. Monforte está ben como referencia e que non desaparezan especialistas. Que faga previsións o Goberno central, que é o competente na materia, para a pediatría. Non se lle vai dicir a Almuíña e os médicos o que teñen que facer. Di que Inta apoia a moción do PSOE se retiran o 3º ponto.

Javier Medela di que hubo tempo para apresentar alegacións e que os que tanto critican pouco traballan [Por Chantada-CUP apresentamos alegacións, como anunicamos nesta mesma bitácora en días pasados, así como moitos outros colectivos].

Desde o PSOE din que se comunicou de véspera a xuntanza e que  descoñece se as obrigas profesionais doutras persoas lles permiten con tan pouco tempo ir, mais non é o habitual para a maioría. Pide aclarar se o ponto 3º é o da emenda ou da moción e defende o 3º da súa moción.

Varela dirá que a FEGAMP fará o que vexa, mais Chantada non se vai dirixir a todos os Concellos. El só vai participar onde haxa xente cientificamente preparada e non en grupos de traballo como os que propón Fente Parada para non tirar conclusión ningunha.

Raquel retruca que a moción fala do nível galego non de Chantada, que o alcalde confunde cousas.

Varela di que xa leu na imprensa que Paula Verao levou unha proposta de traballo ao parlamento e que imaxina que outros grupos tamén levarán. Que ese é o foro. A voceira socialista mantén o ponto 3º e Varela insiste en que o retiren para poder apoiarlle a moción. Négase e procédese á votación.

Votación emenda CUP: A FAVOR 4 (CUP e PSOE) EN CONTRA 9 (PP e Inta)

Primeiro Inta voutou a favor da emenda, dándose de conta o alcalde de que foi un erro fan repetir a votación sen que secretaría sinala que é algo totalmente irregular.

Votación moción sen emenda: A FAVOR 4 (CUP e PSOE) EN CONTRA 2 (PP) ABSTENCIÓNS 7 (Inta)

11.-MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE O PLAN ESPECIAL DO CASCO ANTIGUO DE CHANTADA (PEP).

PDF coa moción: MOCION PSOE SOBRE O PLOAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO CASCO ANTIGO

A secretaria comeza advertindo á Corporación que a declaración de nulidade debería pasar polo Consello Consultivo e facerse a instancias do alcalde pasando polo pleno, segundo fixa o capítulo III da Lei 39/2015, de 1 de outubre, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas).

[Esta cuestión xa foi formulada na CI polo voceiro da CUP contestándoselle por parte do alcalde que era posíbel o acordo de nulidade tal e como se formulaba na moción (a secretaria non estaba nesa CI e o substituto non pudo pronunciarse sobre o asunto). Fente insistiu en que dubidaba dese ponto do acordo e tamén pertuntou se o “reinicio” equivalía a comezar desde 0 PEP ao que se contestou por parte do alcalde deixando claro que só se comezará desde 0 (aprobeitando o xa existente aínda así) se é necesaria unha nova licitación pública para contratar a futura empresa de Alfonso Botana (ex-EPTISA e redactor do PXOM e do PEP).]

A voceira do PSOE indica que na CI se dicía que era posíbel e pergunta entón polo procedemento. Dado que se comprobou que o PEP non chegou a todos os grupos políticos e só se lles deu a Declaración ambiental e diso deu fe o anterior secretario [aprobouse no último pleno ordinario da anterior lexislatura, en abril de 2015, por unanimidade dándolle á oposición só a Declaración ambiental como se fose a totalidade do PEP enganándoos. Para maior Inri incumpriuse o acordo, pois non se notificou aos proprietarios até decembro de 2016 e febreiro de 2017]. Raquel demanda tamén que quede ratificado por escrito as palabras do señor alcalde e a intención de blindar parte emblemática do paseo fluvial e engade que non sabe que solución se lle pode dar ao ponto 1º da moción [realmente nas declaracións – ambiguas- do rexedor nunca se dixo stritu senso que o PEP se vai anular e que non se vai facer o aparcadoiro, supeditando este a unha hipotética “negociación” con algúns dos proprietarios das hortas: véxase este vídeo en Televinte].

Manuel Varela di que houbo unha reunión entre a secretaria el e Alfonso Botana de EPTISA. Di que a empresa como saíra na imprensa [cuestión que levamos desde a CUP a pleno e que o Goberno descoñecía dito sexa de paso] foi adquirida polos chineses e que non queren saber nada dos planos urbanísticos e que Alfonso vai constituir unha nova empresa e formuláronlle a anulación e o dos aparcadoiros, que en todo caso ten que dicir unha cousa que é unha posibilidade, máis nada e que lamenta o barullo que se fai sobre este tema. Está disposto a vir o redactor con ou sen empresa a Chantada pra explicar o plano e se fai falta modificalo ou concretalo de novo. Varela prosegue dicindo que o PEP comezouno outro alcalde en 2010 e haberá que decidir  se hai que comezar de novo se hai modificacións esenciais, aínda que acredita que está todo ben no PEP, se acaso falta recoñecer algunhas ampliacións e alturas [cómpre lembrar que un redactor nen é un especialista en direito, que non forma parte da empresa redactora nen existe aínda a nova empresa após pasar pola pertinente licitación pública, que non pode responder do que fixeron mal porque non ten que responder polo contido do plano nen pode garantir nada adaptándose ao que o “pagador” indique e porque facer ou non un plano novo dependente exclusivamente do alcalde].

Raquel contesta que houbo varias alegacións e non só sobre o aparcadoiro e que é moi grave votar algo do que non tiñan constancia.

Varela deféndese dicindo que eles tamén só tiñan esa documentación [é manifestamente falto porque toda a documentación estaba no Concello desde, cando menos, novembro de 2014 na súa maior parte agás o informe ambiental] e discrepa do PSOE. Di que hai que revisar o do aparcadoiro falando cos proprietarios das hortas e hai máis cousas que se poden ver, pois non gostan delas, como non amaparar todas as alturas, que na súa opinión deben consolidarse aínda que lle dixeron que poda que a Xunta non permita iso. Di sobre a anulibilidade que non entende a problemática e pide tranquilidade que xa hai un procedente cando en 2010 se anulou o PXOM (goberno PSOE-BNG).

Raquel solicita que se comece de novo e con participación cidadá. Varela contrapón a iso axilidade. Que a empresa redactora veña e se explique aos proprietarios e se non lle vale que non hai problema. A voceira socialista di que axilidade sería ter feito as cosuas ben. O alcalde retruca que se iniciou con outro goberno en 2010 e até 2016 non tiñan o traballo feito desde EPTISA [aprobouse en abril de 2015! Mestura o PXOM co PEP], insiste en que a maior parte do feito ten que valer. Raquel di que manteñen a petición. Varela insiste en traer a empresa redactora [realmente o redactor a empresa desentendeuse segundo as súas proprias palabras] para que explique o PEP e modificar se fai falta 3-4 cousas, que así con certeza xa valerá e gáñase tempo.

Javier Medela do PP di que hai que camiñar xuntos, o ideal sería comezar de cero mais se a secretaria di que non se pode (pois hai que ir ao Consello Consultivo perdendo tempo) hai que tirar co que hai. Di que tiveron coñecemento do PEP o 23/01/2017 xa que antes non estaban [o PP votou a favor en abril de 2015! Non exime que foran outras persoas ao partido sobre o coñecemento e responsabilidade!]. Din que EPTISA ten o contrato actual e pergunta se se vai facer subrogación do contrato coa nova empresa. O alcalde contesta coa boca pequena que si [non é legal nen ese é o procedemento, mais aquí a secretaria non se pronuncia a diferenza da anulibilidade]. Campelo di que hai que fiar fino e valorar licitar o novo contrato [o que contradí que non se pode comezar de cero pois pérdese tempo!].

Desde Por Chantada-CUP comeza solicitándose á secretaria que sintetice o procedemento de anulibilidade. A secretaria explica que a posibilidade de revisión debe ser por nulidade de pleno direito por oficio, revisión de acto viciado.. que hai que revisar a posibilidade legal máis acaída. Fente di que desde o momento que non se entrega ao órgano colexiado que adopta o acordo todos os antecedentes e documentación pouca discusión hai sobre a irregularidade e nulidade do acordo. Prosegue recalcando que a cidadanía outra volta vai por diante dos partidos, que debería facer reflexionar ao conxunto da Corporación. Canto á moción propriamentedita suscita moitos problemas, toda vez que o ponto inicial non pode adoptarse sen informes e a instancias da alcaldía e non compromete a nada ao Goberno. En segundo lugar, tampouco gostan da expresión “reiniciar o proceso” do segundo ponto, pois permitiría na prática abrir un novo período de alegacións e tirar cos informes sectoriais xa existentes sen que se modifique nada no substancial, pois non se trata só do aparcadoiro, etc. En terceiro lugar, o derradeiro ponto, entendendo o que expresa “principio inspirador” non obriga a nada, o ideal sería procurar a fórmula ou fórmulas xurídicas certas que permitan traducir na práctica o devandito principio.  Ve abondo ambigua a posición do alcaldía e, en todo caso, correspóndelle adoptar a este unha posición clara sobre o PEP sen seguir xogando ao delitantismo, portanto, ollo ao que se propón e aproba.

Sexa como for, a CUP entende, como as persoas que asinaron e se mobilizan en defensa do Casco histórico,  que o que é preceptivo é comezar desde cero todo, un novo procedemento onde se permita que os cidadáns fagan achegas xa durante a fase de redacción e non unicamente nas alegacións. Asemade, que se informe debidamente sobre a importancia e consecuencias deste instrumento urbanístico e que se solicite a declaración de impacto ambiental ordinaria e non a simplificada declarando as hortas mesmo como área de especial interese do Concello, figura contemplada no ordenamento xurídico e que pode concretar esa blindaxe que se demanda. Non nos preocupa só a barrabasada do aparcadoiro na unidade de intervención 1 (UI-1) do actual proxecto, mais tamén a xestión de alturas, soterramento de cabos e xestión do lixo, peonalización, usos terciarios nos baixos, problemas normativos existentes na proposta de ordenación actual, área total delimitada que exclúe áreas que deberían incorporarse ao proprio casco como o bairro da Ponte, áreas de reparto do PXOM colindantes que deberían deixarse como zonas verdes ou zonas comunitarias limítrofes co casco, etc. En consecuencia, Fente propón retirar a moción.

O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, di que a el válelle a proposta do PSOE sen o primeiro ponto. Di que non fai sentido un novo plano que vai coincidir co xa existente e é perder o tempo. Quérelle moito ao casco histórico e lembra que foi el quen desde 2002 o rehabilitou xestionando axudas e que xa fican poucas cousas en mal estado sobre as que incidir, que o teñen felicitado polo casco histórico que temos.

A voceira do PSOE intervén como propoñente da moción para dicir que o ponto 1º, unha vez hai que retiralo aínda que na CI se dixo o contrario, baleira de sentido a moción e non compromete a nada polo que aceita a proposta de retirada. Epera que o alcalde cumpra a súa palabra e comece de novo desde 0 [realmente o alcalde o que entendemos nós que di Varela é que só comezará de cero (cortanto e pegando polo que nen iso) se non resta outra saída para seguir contando co redactador do actual plano!]. Varela retruca que todos van ter a oportunidade de escoitar os técnicos. As alegacións recoñece que el non as leu e se se pode aprobar canto antes gáñase tempo. Raquel pergunta á secretaria se a nulidade pode iniciala o Goberno ou pode facelo a oposición. A secretaria aclarar que ten que ser o órgano que o aprobou, neste caso o pleno, cos informes pertinentes [no entanto cala que eses informes só se elaboran a instancias de providencias da alcaldía]. Varela di que por el non hai problema que neste momento non hai supresión de licenzas e que neste momento non existe PEP só unha aprobación inicial polo que non hai problema. Desde o PSOE cuestionan a adxudicación e o alcalde di que é cousa da secretaria. Javier Medela pide axilidade e traer xa para o próximo pleno algo claro. Varela di que incluso pode que se faga un pleno extraordinario.

VOTACIÓN da RETIRADA MOCIÓN: UNANIMIDADE.

12.-MOCIÓNS E ASUNTOS DE URXENCIA

Non se formulan.

PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN

13.- DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

14.- DACIÓN DE CONTA DE REPAROS DE INTERVENCIÓN 129 A 132 DE 2017.

15.- DACIÓN DE CONTA PLAN DE AXUSTE 2º TRIMESTRE 2017.

16.- DACIÓN DE CONTA PERÍODO MEDIO DE PAGO 2º TRIMESTRE DE 2017.

PERIODO MEDIO DE PAGO 2º TRIM

Supéranse os 30 días que fixa a lei, volvendo practicamente duplicar o período.

17.- DACIÓN DE CONTA INFORME DE MOROSIDADE 2º TRIMESTRE DE 2017.

Informe morosidade 2ºT-2017

Pagos fóra de prazo e facturas pendentes de pago superan nunha relación 4 a 1 ás que van dentro do prazo. Especialmente grave no caso de pequenos provedores.

18.- DACIÓN DE CONTA EXECUCIÓN TRIMESTRAL 2º TRIMESTRE DE 2017.

19.- ROGOS E PREGUNTAS.

19.1.- Rogos e perguntas PSOE.

19.1.1.- Perguntas pendentes pleno ordinario de xullo.

A voceira do PSOE di que por parte doutro concelleiro se rexistraron perguntas no pasado pleno e que nen se lle facilitaron as contestacións nen as proprias perguntas. Roga que se lle envíen. Varela di que se responderán de viva voz. Raquel pide que se faga mellor por escrito.

19.1.2.- Bases transportes.

Solicita unha previsión de cando van saír. Castor contesta que en breve. A voceira socialista critica que quen ten decidación exclusiva critique que no bipartito se sacaron en decembro, cando non existían dedicacións.

19.1.3.- Reparo da intervención proceso selectivo Depuemprego.

Pasaron á segunda proba persoas que non superaron a primeira. Xa no pasado pleno solicitou aclaración e segue sen explicarse isto que é de extrema gravidade. O alcalde deféndese dicindo que os políticos non están nos tribunais. Raquel di que terá que dar conta. Varela di que non é responsabilidade súa, nen dos membros da Corporación e sinala ao tribunal novalmente.

19.1.4.- Auga.

a) Vertidos Enviande: recibiron comunicación de trámite de audiencia. Alegaron? O alcalde di que a Confederación di que a empresa ten todas as beizóns para funcionar, embora non sabe como lle irá porque traballa baixo mínimos.

b) Moción PSOE repercutir sancións por vertidos. Quedouse de facer un regulamento, u-lo? Varela di que contactan con Seprona cando se produce algún. Raquel di que iso non foi o que se aprobou na moción. Varela di que é unha cuestión bastante complicada, que leva tempo.

c) Análises de auga. No Sangoñedo deron mal e íanse repetir. Castor di que o 29 de agosto, o martes da empenada pola riada deron mal, mais que o venres xa deron ben. Raquel di que porque non se comunicou aos viciños. Castor contesta que eles xa sabían que era algo pontual.

d) Venda de auga por Viaqua. Perguntan durante canto tempo se produciu isto. Varela di que desde o venres anterior cortóuselle o subministro. As augas son públicas non é competencia municipal e que se a concesionaria ten permiso da Confederación non hai nada que facer. Viaqua non soubo dicir, haberá que ver se a Confederación di se teñen ou non permiso, mais o Concello non ten competencia. Raquel di que sobre a empresa concesionaria si hai competencias. Varela di que o único que lle compete é que se lle dea bo subministro aos cidadáns ao mellor prezo posíbel e que coiden o sistema dos sumidoiros, máis nada. Tamén pagan a luz do bombeo. Iso si, comicoulles que había unha prealerta da Confederación por seca. Raquel di se a secretaria pode dicir algo ao respeito de se o Concello pode intervir sobre a empresa. Esta di que non pode respostar neste momento. A voceira do PSOE di que entón apresentarán unha petición de informe por parte dos tres grupos da oposición e que no prego de condicións recóllese a limpeza de submidoiros que non se cumpre ben; por exemplo, o domingo das festas había cheiros pola treboada. Varela di que a policía local ten orde de facer comprobacións de cando limpan, que adoitan vir antes do inverno (unha vez ao ano). Raquel pergunta se o Concello recebia cartos da venda da auga para que conste na acta. Varela cotesta airado que por favor, se a voceira do PSOE está de broma, que esa acusación é moi forte. O Concello quen é o Concello pergunta. Raquel dixo que non acusa a ningunha persoa, que non se retorzan as súas palabras e que conste en acta que a venda da auga só beneficia á empresa e non repercute en nada para os veciños.

19.1.5.- Limpeza mercado gandeiro cabo do río.

Desde o PSOE entenden que está cheo de porcaría. Varela responde que no seguinte pleno.

19.1.6.- Camiños.

Raquel di que se falou no outro pleno de arranxar o camiño de Liñares e que se ía pór en funcionamento a brigada de rego asfáltico. Varela di que están co aglomerado en frío, como o usado na pista do Faro, e usarano para fochancas polo que o de Liñares irá despois cando estea operativa a equipa de rego.

19.1.7.- Brigada de incendios.

O PSOE pergunta como se solucionou o problema que se xerou no proceso selectivo. O alcalde contesta que están traballando xa e que non teñen competencia aí, que o tribunal se encargou de facer as probas.

19.1.8.- Avespa velutina.

No paseo fluvial veciños chamaron tres veces á policía local para a retirada dun niño e dixéronlles que as mataran co matamoscas. Castor di que forno á zona indicada no paseo e non o atoparon. Unha persoa do público salienta que poden ir con el mañá a velo. A voceira do PSOE pergunta polo telefone ao que hai que chamar. Dille Fente que o 012.

19.1.9.- Problemas de tránsito.

O PSOE volve insistir que cando hai polbeiros hai problemas de tránsito e que se revise. Varela contesta que xa lle comunicou ao polbeiro e que este se coloca xa máis para atrás. Castor engade que co repintado da rúa vaise suprimir un paso de peóns a solicitude da policía local para que flúa mellor o tránsito. Raquel celebra a medida.

19.1.10.- Lousas das beirarrúas.

Rogan desde o grupo municipal socialista que se corrixan as deficiencias existentes, xa que unha persoa caeu no antigo bar Bambi por mor dunha lousa en mal estado.

19.2.- Rogos e perguntas PP.

O voceiro do PP comeza dicindo que moitas cuestións xa as formulou o grupo socialista e brinca con que debería preparar xuntos o ponto de rogos e perguntas.

19.2.1- Auga.

O PP móstrase perplexo polo feito de que denunciou a substracción da auga xa no mes de xaneiro e non só non se tomaron medidas senón que até que alguén foi a imprensa non pasou nada. O foro no que se deben dicir as cousas debe ser o pleno. Denunciaron isto xa o 23 de xaneiro de 2017, que conste en acta, e facía referencia a sucesos do ano anterior cando se collía auga no mercado pagando o Concello o contador do mercado. Pide que se investigue iso se formule expediente sancionador á empresa.

19.2.2.- Sumidoiros tupidos.

O PP denuncia a existencia de sumidoiros tupidos na praza da Galiza, na rúa Portomarín… Roga que se solucione.

19.2.3.- Decreto 389/2017

Interésase pola polémica da brigada municipal de incendios e como se resolveu. [Non se contesta]

19.2.4.- Gabias.

O 8 de agosto de 2017 desbroce de gabias, mais non sabe como vai o calendario de actuacións e que planificación se segue. Varela di que hai unha contía e unha relación de pistas, mais nada. O problema é que todas as ofertas superaban os 12.000€ disponíbeis na partida polo que teñen que volver licitar aumentando a cantidade, tirando pistas da relación ou tirando metros

19.2.5.- Multa Coneferación hidrográfica.

O PP interésase por unha multa da Confederación hidrográfica ao Concello. Varela indica que se trata de dous pozos no polígono, carecendo un da alta pertinente.

19.2.6.- Curso escolar.

Medela asinala  atascos no grupo de arriba e roga que se poña a andar a policía local. Castor di que desde o venres a policía local está alí, ponse panel informativo e envíanse 2 policías locais.

19.2.7.- Pistas.

Desde o grupo municipal popular demandan o arranxo das seguintes pistas: Xestoso-Sorribas, Vilauxe-Brandián, Xedive-Lagoa, Cantina de Requeixo-Caíbe.

 

19.3.- Rogos e perguntas por escrito de Por Chantada-CUP.

O voceiro da CUP asinala que non se contestaron as perguntas rexistradas no pleno anterior, hai dous meses a pesar do disposto no ROF e que as volveu rexistrar coas novas perguntas por escrito. Varela di que pode contestar oralmente. O voceiro da CUP di que para favorecer o transcorrer do pleno pódeno facer por escrito sempre e cando se remitan axiña as respostas. Varela di que así farán [a 16/09/2017, aínda non se recibiu resposta algunha].

Rogos e perguntas Por Chantada-CUP por escrito setembro 2017

19.4.- Rogos e perguntas orais de Por Chantada-CUP

19.4.1.-Servizo pediatría Chantada.
Na CI o noso grupo perguntou polas xestións feitas polo Goberno desde o último pleno ordinario de xullo e díxosenos que non había novidades. No pleno indicouse que se comunicou que o 1 de outubro se cobrirá a praza, entendemos ben? Pamela di que si, aínda que non hai garantía que sexa un pediatra, pode ser un médico de familia.

19.4.2.- Pista entre Rio e Arcilleiros.
Apareceron por fin, depois de máis de medio ano as facturas da fonte pascual de Arcos e da pista entre Río e Arcilleiros, iso si con reparo da intervención e dentro dun expediente extraxudicial de crédito. No tocante á pista entre Río e Arcilleiros factura sen especificar horas nen prezo unitario.
a.- Fente pergunta como é que se aceitan facturas deste teor cando até as asociacións para xustificar unha subvención deben entregar facturas como xustificante debidamente conformadas. Contesta Susana dicindo que se hai orzamento se aceitan este tipo de facturas.
b.- Fente pergunta tamén porque se ocultou que estas facturas estaban pendentes de recoñecemento extradudicial e reparadas pola intervención por inexistencia de crédito, e incumprimento do TRLCSP no tocante ao contrato menor (artigos 23.3, 86, 109, 111.1, 138.3…). [Non se contesta]

19.4.3.- Brigada de incendios
O 21/06/2017 convócase o proceso selectivo para a brigada de incendios subvencionada pola Xunta da Galiza xustificando na urxencia dar só 5 días para concorrer aos aspirantes.
Porén até o 20/07/2017, un mes despois, non se publica a listaxe definitiva, após erros na habitual desidia que caracteriza a este Concello. A 26 de xullo aínda había persoas pendentes das probas. O atraso, unha nova mostra de total falta de previsión, fixo que moitos candidatos entrasen noutras brigadas que como Taboada e Saviñao estaban operativas na segunda quincena de xuño e tamén puxo en risco todo a propria subvención. En Taboada mesmo se tivo que recorrer a unha segunda convocatoria e non se atrapallou todo como en Chantada.
O 25/07/2017 rexístrase reclamación dun dos aspirantes que expón que, os méritos doutro aspirante nun caso sofren un incremento de 0’35 ao pasar o alto do San Roque (1,80 en Taboada, 2,05 en Chantada) co cal un opositor supera a outro por 0,05. En Taboada non se lle valora un curso de 18 horas de extinción de incendios redundante co ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural exixido que si se valora en Chantada achegando na contestación do Concello os contidos do mesmo e indicando que foi «homologado co selo do Concello de Chantada» (Decreto 356/2017 de 4 de agosto de 2017).
Consultados o módulos profesional 1.8 do ciclo referido (87 horas), efectivamente, figuran os contidos do curso de 18 horas por extenso e, xa que logo, estase valorando unha formación que, en todo caso, xa era exixida como básica e obrigatoria nas bases, o cal é grave.
As probas de FREMAP non se desenvolven até o 4/08/2017 non superándoas a maioría dos aspirantes, co cal o procedemento é comezar o proceso cunha nova convocatoria como se fixo en Taboada, mais trairía consigo pola falta de previsión perder a brigada.
A solución foi facer unhas segundas probas físicas, en data tan serodia como o luns 14/08/2017 e após terlle perguntado desde a CUP por esta cuestión en CI sen saberen aínda que facer.
Esas segundas probas, a cargo de membros do proprio tribunal e dun médico contratado polo Concello (ou iso supomos, en todo caso un médico alí había), foron notificada o venres día 11 aos aspirantes e con carácter previo ao Decreto 376/2017 de 14/08/2017 polo que se convoca ao tribunal do proceso selectivo… ou sexa notificase antes aos aspirantes de convocar ao tribunal polo que isto é contraditorio coas afirmacións feitas desde o Goberno de que é algo que depende só do tribunal. Para máis INRI as probas transcorreron no ximnasio das piscinas ás 11 horas sen avisar aos seus utentes e xerando malestar nos mesmos, pois algúns viñan desde máis de 20 quilómetros.
Finalmente, por Decreto 389/2017 de 21/08/2017 contrátase a brigada de incendios municipal estando operativa no día 24 de agosto após realizar o curso obrigatorio que estipula a Xunta [pp. 735-736].
19.4.3.1- Non contempla nengún membro do Goberno asumir as responsabilidade por este total e absoluto despropósito? Varela di que non.
19.4.3.2.- Que amparo legal ten esta fórmula nun traballo que, como todos sabemos, ten implícitos riscos importantes para a saúde das persoas? Se acontecese algo, que dada a altura no ano en que estamos é improbábel, de gravidade existindo unhas probas que non se superaron que se repiten logo nun mesmo proceso selectivo quen sería o responsábel e cales as consecuencias? [Manuel Diéguez comenta en alto que isto é certo mais non hai respota formal á pergunta].
19.4.3.3.- Que responsabilidade tería o Concello, señora secretaria, en caso de accidente laboral grave existindo dúas probas físicas para os mesmos aspirantes nun único proceso laboral e non tendo superada a primeira? Poden legalmente valorarse cursos que redundan, á baixa, nos contidos mínimos exixidos na formación básica do concurso-oposición? A secretaria escorrega o bulto contestando que os rogos e perguntas deben dirixirse ao Goberno non aos funcionarios. Fente lémbralle que lle corresponde aclarar as dúbidas xurídicas da Corporación no transcurso dos plenos. Varela di que non pode contesar nen valorar estas cuestións.

19.4.4.- Bolsa contratación socorristas.
19.4.4.1.- Mediante Decreto da alcaldía 302/2016 contratouse un monitor socorrista e de aerobic para as piscinas municipais que suscitou un Reparo da intervención 1/2016 que, entre outras cousas e en sintonía co denunciado desde Por Chantada-CUP, afirmaba que «tramítase a contratación de persoal sen determinar o importe do gasto e a existencia do crédito adecuado e suficiente. Sen perxuízo de que debeu ser obxecto de fiscalización no seu momento. Non constando dita fiscalización nestes momentos no expediente remitido á intervención. A non publicación das bases no BOP».
Mediante dito acto administrativo levantouse o reparo ao tempo que se criou unha bolsa de emprego para a categoría de monitor socorrista e de aerobic para as piscinas municipais integrada por unha única aspirante. No entanto, nas sucesivas contratacións operadas no servizo das piscinas municipais, con continuadas irregularidades manifestadas polos reparos da intervención, nunca se empregou esta bolsa conculcando un direito fundamental da persoa que a conformaba.

 Castor di que fente está confundindo cousas, que nunca causou baixa por iso nunca se chamou. Varela dille a Fente que son rogos e perguntas que se limite a perguntar que non permite ler informes. Engade que llos lea á interventora que está para esas cousas. 

19.4.4.2.- Fente di que os comprende moi ben. Pergunta porque entón mediante Decreto 296/2017 de 3 de xullo de 2017 faise unha nova contratación laboral temporal de socorrista, criando unha listaxe de reserva sen ter en conta as existentes e sen bases nen concurso-oposición, que suscitou o Informe de reparo 128/2017 de 1 de xullo de 2017 da intervención municipal empregando o INEM como ETT do Concello, algo que xa temos denunciado, e que a xurisprudencia ten condenado en reiteradas ocasións, por exemplo nas sentenzas 205/2013, 206/2013, 207/2013 e 208/2013 do xulgado contencioso-administrativo de Ourense. Era estritamente necesario contratar a alguén para o bo funcionamento do servizo, segundo respotas do alcalde.

19.4.4.3.- Porque se realizou mediante Decreto 380/2017 de 16 de agosto de 2017 unha contratación laboral temporal con cargo a bolsa de traballo dun socorrista que suscitou o Reparo da intervención 130/2017 pola a) inexistencia de bases, b) ausencia de fiscalización das bases, c) descoñecemento do importe da cotratación? [Non se contesta]

19.4.4.4.- Porque, segundo o Informe de Reparo 103/2017 en referencia coa contratación dun socorrista para cobrir a baixa doutro, dise que «a maior abastanza, consta baixa laboral desde o día 02/06/2017; facendo constar que NON se pode cursar baixa laboral en período retribuído nen nas ferias, podendo chegar a considerarse unha fraude» e, de feito, comprobamos que por Decreto da alcaldía 276/2017 de 17/04/2017 se concedeu permiso retribuído até o día 2/06/2017 cando entra curiosamente a baixa laboral? Varela di que o Goberno pode e debe levantar reparos da intervención.

19.4.5.- Disciplina urbanística:

En que estado se encontran as obras e actividades sen licenza no  inmóbel sito na rúa Rosalía de Castro nº 37 cuxa paralización inmediata foi acordada xa 3 veces pola Xunta de Goberno Local (XGL), a primeira vez en outubro de 2016 e a última na sesión extraordinaria de 8 de agosto cando a secretaria informa ao Goberno de todos os antecendentes e informes (policía local, arquitecto municipal, acordos da XGL, etc)? Varela di que está en trámite de solución.

Fente pertunta entón porque segue dilatándose a aplicación do acordo de paralización inmediata datado de 4 de outubro de 2016 e, xa que logo, vai para un ano se, segundo a propria secretaria municipal, «o acordo de suspensión inmediata de actividade continúa ditado no procedemento, e que de conformidade cons artigos 38, 39, e 98 da Lei 39/2015 os actos das Administracións Públicas son imediatamente executivos e presumiranse válidos e producirán efectos dende a data que se diten e que o artigo 51 da Lei 7/1985 tamén dispón que os actos das Entidades Locais son inmediatamente executivos»? Varela di que o asunto está xudicializado.

Fente indica que iso non exime, ao contrario, e pergunta se o xulgado solicitou documentación. Varela di que xa lle informou que si. Fente pergunta se o Concello ten algún procedemento xurídico aberto no que sexa inculpado. Varela contesta que non sabe. Fente di que saberá que foron ou non notificados. Varela di que imaxina que si.

19.4.6.- Piscinas municipais.
Recebemos queixas que de que hai escuma na auga da piscina climatizada e que a auga está atoldada. Algún usario manifesta que tivo reaccións da pele desde a reapertura. Varela di que ao mellor andan botando o que non deben na pele. Risos xeralizados no seu grupo.
Fente insiste e formula a cuestión de  se poden explicar que tipo de produto se empregou e que composición ten. Diego Otero di que ningún, que a escuma responde ao ar que ficou nas tuberias e que as análises deron ben e non se usou nada extraño. O 21-31 persistían certos problemas e por iso se atrasou a apertura ao día 4 de setembro (desde 0 14 de agosto).

De por parte, a CUP manifesta que os usuarios mostran indignación polo cobro da mensalidade íntegra de agosto, demandando que non se lles cobre a quincena que as piscinas estiveron fechadas. Porque non se fixo xa no momento de aprobar o padrón de contribuíntes e publicalo no BOP?. Diego Otero di que non se vai devolver nada, ao non estar recollida esa posibilidade na ordenanza que estudarán modificar a ordenanza e compensar dalgunha maneira os usuarios.

A CUP roga que se empregue ozono e non cloro para o tratamento da auga, xa que é moito máis ecolóxico e saudábel, aínda que máis caro.

7.- Resolución de execución de sentenza nº 660/2007, auto 9/06/2008. Execución definitiva 4043/2016.
Por Procedemento ordinario 4917/2003, instado por unha viciña deste Concello, en que recaeu Sentenza 660/2017 que condena ao Concello de Chantada a aboar por responsabilidade patrimonial 12.762,63€ mais xuros de demora 5.710,81€ (segundo consta no Decreto 347/2017 de 1/08/2017). Varela di que non sabe de que lle fala. Fente dille que das alegacións particulares ao Orzamento de 2017 que aprobaron hai menos dun mes. Pode o Goberno aclarar porque a facenda local tivo que facer fronte a estes case 6.000€ ao non facerse cargo o seguro segundo dixeron en CI? Varela di que a compañía de seguros só compensa o principal. Fente di que entón os cidadáns pagamos 6.000€ pola demora en pagar a indemnización. Susana di que si. Varela di que pudo pagar o bipartido. Fente lémbralle que non chegou onte á alcaldía que leva 8 anos inenterrumpidamente. Pergúntalle como pensan facer para executar a actuación de canalización se mediante dous SC comprometeron xa o remanente de tesouraría para 2017? Varela di que iso é cousa de tesouraría, que hai remanente.

19.4.8.- Augas de Galiza.
Está en condicións despois de dous anos perguntándolle e de ter dito no último pleno que ia sabelo na semana seguinte a contía recaudada? Aínda non di Varela. Fente roga celeridade, aínda que sexa polas veces que veu a pleno a última vez no pleno ordinario de xullo da man do grupo socialista.

19.4.9.- Reparo 75/2017
No referido reparo inclúese a factura reparada por táboas de embutivos e comida da feira do viño. No pasado pleno ordinario de xullo o alcalde dixo que non sabía de que era isto, tal e como consta na acta. Xa pode ilustrarnos? Varela di que non sabe. Manuel Diéguez di que é algo que se fixo todos os anos, que non sabe porque se reparou.

19.4.10.- Empanada 2017.
Rogo para que se coloquen máis contedores no campo. Manuel Diéguez di que había suficientes contedores e que quedou máis limpo ca outros anos. Fente di que porque había menos xente máis que os contedores estaban moi desperdigados. Diéguez di que a xente non os usa.

Non habendo máis asuntos o pleno dáse por concluído.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s